en do de en - agroba.org · proxecto ““Restauración del Ecosistema Dunar de las playas de...
Transcript of en do de en - agroba.org · proxecto ““Restauración del Ecosistema Dunar de las playas de...
Pablo Covelo, Lidia Romero, Patricia Mariscal, Carmen Domínguez, Paula Marcuño, Esther Abad e Julio Valeiras. . Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
15/08/2012
Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
2 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
MEMORIA 2012
Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservación da Píllara das Dunas en Galicia”.
Autores
Pablo Covelo1,2, Lidia Romero1,2, Patricia Mariscal1, Carmen Domínguez1, Paula Marcuño1, Esther Abad1 e Julio Valeiras1,2.
1SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL (SGHN).
Delegación de Pontevedra. Apdo. 303. 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
www.sghn.org , correo‐e: [email protected] 2COORDINADORA PARA O ESTUDIO DOS MAMÍFEROS MARIÑOS (CEMMA).
Camiño do Ceán, nº2. 36350. Nigrán (Pontevedra).
www.cemma.org , correo‐e: [email protected]
Cita recomendada:
Covelo,P., Romero, L., Mariscal,P., Domínguez, C., Marcuño, P., Abad, E. e J. Valeiras, 2012. Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”. Memoria 2012. Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA). 21pp.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
3Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
Agradecementos
Moitas gracias a‐ ANABAM, especialmente a Agustín Ferreira e Noé Ferreira, que asesoraron, colaboraron e prestaron o material para a protección do niño.
Expresar o noso agradecemento a Jesús Domínguez e María Vidal (USC) que asesoraron, apoiaron e colaboraron no seguimento da reprodución.
A Xosé Lois Rey, delegado da SGHN en Pontevedra, polo esforzo de seguimento e trámites administrativos. Gracias a Álvaro Rodiguez y Moisés Asensi (SGHN), que axudaron a mellora deste informe.
A Francisco Docampo, César Vidal, Jorge Mouriño, Tito Salvadores, Antonio Fernández Cordeiro e Alberto Pastoriza, ornitólogos que colaboraron coa súa información sobre a especie en Praia América. A José Souza polo interese e intercambio de coñecementos sobre a especie.
A Salvador Moreira e Susana Suárez pola súa participación nas observacións e seguimento.
Noso agradecemento a Ignacio Vilas (Tenente Alcalde‐Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente) e Mª Jesús Alvarez (Gabinete Alcaldía), e ao persoal do Concello de Nigrán que facilitou o traballo de campo durante o seguimento da nidificación. Á Policía Local de Nigrán pola súa colaboración diaria no mantemento da parcela de exclusión situada no centro da Praia sen a que non sería posible conservar o niño. Aos servizos de limpeza e aos voluntarios de Protección Civil que estiveron en todo momento abertos a colaboración para o bo fin do niño.
A todas aquelas persoas que dunha ou doutra forma contribuiron ao éxito da reprodución.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
4 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
ÍNDICE
Agradecementos
Resumo executivo/Resumen ejecutivo/Executive summary
1. INTRODUCIÓN
1.1. Características da especie e da zona de actuación 1.2. Antecedentes 1.3. Obxectivos
2. MATERIAL E MÉTODOS
2.1 Protección directa do niño durante o período de incubación 2.2. Protección de adulto reprodutor e polos durante o período de cría 2.3 Programa de seguimento con voluntarios
3. RESULTADOS
3.1. Área de nidificación 3.2. Esquema de participación 3.3. Fase de incubación 3.4. Fase de cría
4. CONCLUSIÓNS
5. RECOMENDACIÓNS
Bibliografía ANEXOS
Anexo 1. Cartografía Anexo 2. Fotografías Anexo 3. Vídeo
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
5Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
RESUMO EXECUTIVO
Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
O 16/06/12 localizouse un niño de Píllara das dunas en Praia América, e nunha acción conxunta da SGHN e CEMMA e co apoio loxístico e asesoramento de ANABAM, decidiuse protexer de forma directa o niño e executar un programa de seguimento. Os días 4 e 5 de xullo obsérvanse dous polos. O terceiro ovo non eclosionou. Posteriormente localízase soamente a un polo. Durante a fase de cría as aves usan diferentes áreas da praia, ata completar a cría con éxito e o 07/08/2012 obsérvase o primeiro voo do polo.
Ese traballo de protección e vixilancia de niños foi desenvolvido a través da coordinación de varios voluntarios do 16 de xuño ata o 13 agosto de 2012. O Concello de Nigrán e a policía local participaron activamente na protección do niño. Con base aos resultados obtidos e a información recollida dende 2009, preparouse este informe para o Concello de Nigrán e a Xunta de Galicia, co fin de propoñer a inclusión da praia como zona de cría no Plan de Conservación da Píllara das dunas en Galicia, e de solicitar esforzos de conservación nos próximos anos.
RESUMEN EJECUTIVO
Voluntariado y custodia de la nidificación de Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación del "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
El 16/06/12 se localizó un nido de chorlitejo patinegro en Playa América, y en una acción conjunta de CEMMA y SGHN con el apoyo logístico y asesoramiento de ANABAM, se decidió proteger de forma directa el nido y realizar un programa de seguimiento. Los días 4 y 5 se observan dos pollos. El tercer huevo no eclosionó. Posteriormente, se localiza solamente uno de los pollos. Durante la fase de cría del pollo las aves utilizan diferentes zonas de la playa, hasta que se completa la cría del chorlitejo patinegro con éxito y el día 09/08/2012 se observa el primer vuelo del pollo.
Este trabajo de protección y seguimiento de la nidificación se ha desarrollado a través de la coordinación de varios voluntarios entre el 16 de junio y el 13 de agosto de 2012. El Concello de Nigrán y la Policia Local han participado activamente en la protección del nido. Atendiendo a los resultados obtenidos y la información recopilada desde 2009, se ha preparado este informe para el Concello de Nigrán y la Xunta de Galicia a fin de que se incluya la playa como zona de cría en el Plan de Conservación del chorlitejo patinegro, y de que se hagan esfuerzos de conservación en los próximos años.
EXECUTIVE SUMMARY
Volunteering and custody of the nesting Kentish plover (Charadrius alexandrinus) in Nigrán (Pontevedra) in 2012. Application of the "Conservation Plan of Kentish plover in Galicia".
On June 16th, 2012 we found a Kentish plover nest in Playa America. In a joint action by SGHN and CEMMA and with logistical support and advice of ANABAM, it was decided to directly protect the nest and perform a monitoring program. On July 4th and 5th we observed two chickens. The third egg didn´t hatch. Subsequently, it was located only one of the chickens. During the rearing period the birds use different areas of the beach, until it completes the plover breeding successfully and on August 9th shows the first flight of the chicken.
This work of protection and monitoring of nesting has been developed through the coordination of several volunteers from June 16th to August 13th, 2012. The City Council of Nigrán and the local police have been active in protecting the nest.
Based on the results obtained and information gathered since 2009, we prepared this report to be presented to City Council of Nigrán and to the Xunta de Galicia authority in order to include the beach and dune area in the "Conservation Plan of Kentish plover in Galicia", and to ask for apply conservation efforts in the coming years.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
6 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
1. INTRODUCIÓN 1.1. Características da especie e da zona de actuación.
A píllara das dunas Charadrius alexandrinus (chorlitejo patinegro en castelán) é unha ave limícola de pequeno tamaño que está amplamente distribuída na península Ibérica, pero que na costa norte española unicamente se atopa en Galicia. Presenta dimorfismo sexual na coloración da plumaxe polo que é posible distinguir machos de femias. No período invernal a súa distribución é ampla, pero na época de reprodución (abril‐agosto) utiliza praias non urbanizadas e con cordón dunar con vexetación dispersa (Amat, 2012; Domínguez y Vidal, 2008). A nidificación en Galicia comeza no mes de abril e pode alcanzar o mes de agosto, período no que as aves chocan 2‐3 ovos en niños sinxelos ubicados directamente na area de praias ou dunas primarias. Os polos son nidífugos, con capacidade de desprazamento pouco tempo despois de nacer, abandonando o niño para alimentarse de forma autónoma de presas pequenas en compañía dos adultos que protexen de forma agresiva ós polos de potenciais depredadores. É unha especie protexida baixo a figura de “Vulnerable” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, e para a cal a Xunta de Galicia presentou en marzo de 2012 un Plan de Conservación en Galicia, e que nestes momentos atópase en trámites de aprobación (Domínguez y Vidal, 2008). O areal onde se localiza a zona de actuación está situado no Concello de Nigrán, no tramo de costa entre Monte de Lourido ao sur e a punta do porto de San Xoán de Panxón ao norte. O frente costeiro está formado por un amplo complexo sedimentario que engloba os areais de Panxón ou Area Alta e Praia América separados na súa parte central pola desembocadura do Río Muíños que configura neste sector unha pequena área hidromorfa con marismas. A intensa transformación da paisaxe pola expansión urbana e turística motivou a progresiva degradación do complexo dunar asociado. Pertence a IBA “Entorno mariño de las Rías Baixas”. Trátase de costa sedimentaria cun pequeño sector acantilado en Monte Lourido, punto no que, aínda que os cantís mariños atlánticos (1230) non se desenrolan ben, existe potencialidad para o hábitat 1210, vexetación anual sobre desfeitos mariños acumulados. A praia mostra dunas incipientes e outras moi degradadas, incluibles no grupo 21 (dunas marítimas atlánticas). Tamén existe un área hidromorfa na desembocadura do Río Muíños entre depresión húmida intradunar (2190) e marisma (grupo13) (Xunta de Galicia, 2011) . Dende o ano 2005 se están realizando traballos de recuperación do sistema dunar, que foron reforzados a partir do proxecto “Proyecto de Restauración Dunar das Praias de Praia América e Panxón” desenrolado a partir de 2008 (A Peneira do Val Miñor, 2008) e continuado co proxecto ““Restauración del Ecosistema Dunar de las playas de Panxón y Playa América, Nigrán” en 2011. Praia América é a única praia do Concello de Nigrán que aparece recollida no borrador de Plan de Conservación da píllara das dunas. Aparece como “Lugar de presenza frecuente no período invernal” e delimítase nela un Área Prioritaria de Conservación, situada na explanada existente na desembocadura do río Muíños (Figura 1) Nas áreas de presenza a autorización de actividades deportivas e turísticas organizadas que impliquen aglomeracións de persoas ou perturbacións non habituais na praia, deben de avaliar previamente a súa posible interacción coa especie, e de forma específica prohíbese a práctica do kite‐surf en P. América entre outubro e febreiro, no tramo comprendido entre as coordenadas UTM 29T 515000/466540 – 29T 515100/4664970 (área prioritaria) (Domínguez y Vidal, 2008).
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
7Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
1.2. Antecedentes A especie é común durante todo o ano nas Praias de Panxón e Praia América (Nigrán). A presenza de aves na praia en outono e inverno é regular (datos propios, e Docampo, Vidal, Mouriño, Salvadores, com. pers.) en grupos que varían duns poucos individuos ata a veintena (18 aves en 2009, Docampo com. pers.; Dominguez y Vidal, 2008; 23 aves en 2011, C. Vidal com. pers.).
En primavera e verano a presenza é regular. Nos censos primaverais detéctanse unha media de 6 parellas de aves reprodutoras (Domínguez y Vidal, com. pers.). César Vidal (com. pers.) rexistra a presenza de aves reprodutoras polo menos dende 2007. Este mesmo autor, observa apareamentos de aves adultas en 2008. Dende 2009 recóllense rexistros de parellas nidificantes incluíndo observacións de apareamento e niños con ovos. Lahuerta observa dous polos o 7/05/2009 (Vidal, C., com. pers.). Non hai coñecemento de polos que teñan completado o período de cría con éxito na última década.
Segundo Dominguez e Vidal (2008) Praia América posúe un elevado grado de urbanización e uso humano, polo que resulta pouco propicio para a nidificación da píllara das dunas. Carece de medidas de protección. A área prioritaria de conservación abarca unha superficie de 3,71 ha que engloba a ampla explanada existente nas inmediacións do río Muíños. Estes autores sinalan que os principais factores de ameaza son:
1. Importante uso humano ó longo de todo o ciclo anual; 2. Presenza de cans soltos; 3. Práctica de kite‐surf con circulación de cometas despregadas no fronte de praia.
Efectos negativos provocados polos factores de ameaza durante o período de nidificación:
A. Destrución polos usuarios da praia de forma non intencionada (os niños poden ser pisados xa que son moi difíciles de detectar),
B. Abandono dos niños durante a incubación debido a actividades humanas nas proximidades,
C. Depredación dos ovos, polos ou proxenitores por cans soltos na praia, D. Destrución pola limpeza mecánica con máquinas nos areais, E. Molestias continuadas pola densidade de persoas e cans soltos nas zonas de
alimentación e repouso durante a preamar.
1.3. Obxectivos O traballo de voluntariado e custodia da nidificación en 2012 realizouse cos seguintes obxectivos básicos:
1. Protección directa de un niño de Píllara das dunas mediante parcelas de exclusión. 2. Seguimento da nidificación: incubación e cría de polos. 3. Detección de problemas de conservación.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
8 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
2. MATERIAL E MÉTODOS
Utilizouse una metodoloxía de traballo sinxela consistente en medidas físicas de protección, observación a distancia e información aos usuarios e traballadores da Praia. Esta metodoloxía e os materiais utilizados están baseados no Borrador do Plan de Conservación da Píllara das Dunas (Domínguez e Vidal, 2008).
2.1. Protección directa do niño durante o período de incubación
Realizouse o traballo básico de protección física do niño entre o 16 de xuño e o 5 de xullo.
a. Estrutura metálica de protección.
Características técnicas: tela de ferro galvanizado de 5x5 cm de luz de malla cadrada, 55 de altura e 210 cm de lonxitude. Esta tela disponse formando un cilindro de diámetro 67 cm de diámetro que se pecha con bridas de plástico pequenas. Malla lixeira metálica hexagonal de 6 cm de malla (enrellado de galiñeiro) para o peche da parte superior da estrutura. Esta estrutura en forma de gaiola se instala sobre o niño e se asegura o chan con paus de madeira recollidos na propia Praia que garantan a estabilidade e anclaxe da gaiola.
b. Parcela de exclusión perinido
Instalouse unha parcela de protección ao redor do niño.
Características técnicas: cercado ovalado‐circular compostos por 8 postes de madeira ou plástico PVC de 1.50 cm, cravados na area equidistantes e cinta de sinalización de emerxencias da Policía Local bicolor (azul‐branco). 6 carteis informativos de presenza de polos.
c. Carteis informativos.
Carteis informando de presenza do niño de Píllara das dunas. Características técnicas: tamaño DIN‐A4 en color e plastificados sobre tablilla e estaca de madeira.
Fotografía 1. Protección metálica.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
9Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
Fotografía 2. Parcela 1.
Fotografía 3. Cartel informativo – divulgativo.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
10 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
2.2. Protección de adulto reprodutor e polos durante o período de cría. a. Parcela de exclusión 1.
Trátase da parcela perinido instalada na localización do niño.
b. Parcela de exclusión 2.
Instalouse outra parcela de protección preto do extremo sur da Praia, nunha pequena duna parcialmente vexetada que as aves comezaron a utilizar o día, durante a preamar e ás horas de maior cantidade de xente na Praia.
Características técnicas: cercado ovalado‐circular compostos por 8 postes de madeira ou plástico PVC de 1.50 cm, clavados na area equidistantes e cinta de sinalización de emerxencias bicolor (vermello‐branco). 4 carteis informativos de presenza de polos.
c. Carteis informativos.
Carteis informando de presenza de polos. Características técnicas: tamaño DIN‐A4 en color e plastificados sobre tablilla e estaca de madeira.
d. Control de cans.
Información directa na Praia aos donos de cans soltos, con indicacións para que adoiten precaucións. É habitual o paseo de cans na praia, en especial a primeira e última hora do día ou ao longo do día cando a climatoloxía é adversa para os bañistas, pese a existencia de carteis fixos na praia que indican a prohibición.
Fotografía 4. Parcela 1: niño e detalle dun ovo.
Fotografía 5. Parcela 2.
Fotografía 6. Cartel informativo – divulgativo de presenza de polos colocado en diversas zonas da praia.
Fotografía 7. Zona de duna protexida con balizamento permanente no centro de Praia América.
2.3. Programa de seguimento con voluntariado
Este tipo de parcelas esixen unha vixilancia periódica ata a resolución do niño. Os observadores utilizan prismáticos e telescopio terrestre a una distancia suficiente para non perturbar ás aves e modificar o comportamento. Compróbanse a diario o perfecto estado da instalación e materiais. Durante o período de incubación comprobouse periodicamente que a malla metálica non estivera obstaculizada por algún material que moleste a entrada e saída do adulto. Retiráronse algún plásticos e lixo da parcela cando foi preciso, polos propios voluntarios.
Se realizaron un total de 126 visitas, con una media de visitas durante o período de seguimento de 2 diarias. Sumando o tempo adicado ás visitas de custodia durante o período de incubación (5 minutos media) e o seguimento no período de cría (45 minutos de media) efectuáronse 94 horas efectivas de observación, mantemento e información.
Fotografía 8. Labores de seguimento por voluntarios.
Fotografía 9. Labores de mantemento por voluntarios.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
13Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
3. RESULTADOS 3.1. Área de nidificación.
O niño de Píllara das dunas estivo localizado na zona central de Praia América, Concello de Nigrán, Provincia de Pontevedra (Figura 1). O período de incubación transcorre exactamente no punto do niño. A partir da eclosión dos ovos, comenza o período de cría, durante o cal as aves utilizaron diversas zonas da Praia debido ó carácter nidífugo dos polos desta especie. Nos seguintes apartados se detallan as zonas utilizadas. No anexo 1 indícanse as zonas xeográficas (Anexo 1‐Figuras 2, 3, 4 y 5). Figura 1. Vista aérea de Praia América e Panxón, e área urbana de influenza (tomado de Googlemaps).
3.2. Esquema de participación. Organizouse un programa de voluntariado para o seguimento e custodia do niño de Píllara das Dunas detectado en Praia América na temporada de cría 2012, no que participaron os seguintes colectivos:
1. Voluntariado: instalación de medidas de protección e desenrolo de programa de seguimento continuo. Coordinación con autoridades locais.
2. Concello de Nigrán: seguimento institucional. 3. Policía Local: Mantemento da parcela perinido. 4. Outros colectivos: Protección civil e usuarios de praias.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
14 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
3.3. Fase de incubación.
O 16 de xuño de 2012 realizouse una inspección da praia para detectar posibles niños de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) en Praia América (Concello de Nigrán‐Pontevedra). A última hora da tarde un grupo de voluntarios e voluntarias da SGHN e CEMMA localizaron un niño cunha posta de 3 ovos, xunto coa parella reprodutora.
Tendo en conta as figuras de protección desta especie e os problemas que son coñecidos para a súa conservación no litoral de Nigrán e co fin de aumentar as súas posibilidades de éxito reprodutivo nunha praia que é Bandeira Azul, decidiuse aplicar un sistema de protección ao niño que se ven usando noutros areais galegos e portugueses dende hai anos con éxito, mediante a instalación dunha malla metálica e un perímetro de seguridade perinido, complementado coa colocación de paneis informativos (en adiante Parcela 1).
A femia, aparentemente enferma e atopada na area preto da zona do niño, foi recollida e entregada no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo, recibíndose posteriormente a información, por parte da persoa que recolleu este animal, de que morrera. Segundo informacións posteriores a causa da morte foi una insuficiencia renal. Este feito é excepcional xa que soamente se coñece outro caso de entrada de aves desta especie nun centro de recuperación en Galicia. A morte dunha femia adulta reprodutora é prexudicial xa que compromete a cría da especie en Praia América e da poboación local de píllara das dunas no futuro.
O domingo 17 de xuño á madrugada a SGHN en colaboración coa CEMMA e co asesoramento de ANABAM procedeu a instalar unha protección do niño mediante unha gaiola metálica e parcela de exclusión e a colocación de paneis informativos coa fin de previr a aproximación reiterada de persoas, seguindo as directrices das liñas de actuación incluídas no documento do “Plan de Conservación del Chorlitejo Patinegro en Galicia (Xunta de Galicia, 2008)” para a protección de parellas nidificantes no hábitat que ocupan en Praia América. Durante a mañá vixiouse o niño e comprobouse que o macho adaptárase á presenza da gaiola e acostumouse á distancia de seguridade que marca o perímetro balizado, xa que incluso coa presenza de persoas lendo os carteis informativos, o macho non abandonaba o niño (estratexia que usan habitualmente para distraer e alonxar do niño a un posible depredador).
O día 17 informouse á Policía Local e Protección Civil desta actuación. Debido a ser domingo, non se puido contactar directamente co Concello de Nigrán. O día 18 de xuño comunícase a actuación ao Concello. O día 20 de xuño de 2012 tivo lugar unha xuntanza co Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente de Nigrán para informar detalladamente sobre a protección e seguimento do niño. Entregouse un informe realizado por SGHN e CEMMA para documentar a necesidade de protección, a existencia do “Plan de Conservación del Chorlitejo Patinegro en Galicia (Xunta de Galicia, 2008)” e os traballos realizados. O Concello recibiu positivamente a información e consensuouse a colaboración na protección do niño no estado actual mediante vixilancia periódica das autoridades locais.
O día 20 a Policía Local do Concello de Nigrán acordonou a zona con cinta plástica oficial xerigrafiada para mellor sinalización.
Na Táboa 1 preséntase a cronoloxía da fase de incubación.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
15Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
Entre o día 16 de xuño e o 5 de xullo realizouse o seguimento e custodia do niño. Durante este tempo o macho adulto encargouse de forma continua da incubación.
3.4. Fase de cría.
Os días 4 e 5 de xullo de 2012 detéctanse dous polos respectivamente. Entre o día 4 de xullo e o 15 de agosto realízase o seguimento da cría dos polos. Na Táboa 1 preséntase a cronoloxía da fase de cría. O terceiro ovo seguiu a ser incubado de forma intermitente polo macho ata que o abandona o día 6. O día 6 de xullo unicamente observase un polo e dase por desaparecido o outro. O día 10 de xullo recóllese o ovo que non eclosionou por solicitude de expertos da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Pesaba 9 gramos e mediu 33x24mm. Conxélase a ‐20ºC e entrégaselles o día 14 a J. Domínguez y M.Vidal para estudos de xenética (USC). Entre o día 6 de xullo e o día 15 de agosto realízase o seguimento da cría do polo. O comportamento observado indica que o macho adulto e o polo (as dúas aves) utilizan a Praia dependendo das condiciones meteorolóxicas, estado da marea e cantidade de persoas na Praia.
O patrón habitual durante o período (xullo e agosto) é o uso moderado ou intenso da Praia que varía dependendo da hora e das condicións meteorolóxicas. As aves durante o día repousan e diminúen a súa actividade agochadas en zonas altas da Praia que seleccionan segundo o grado de protección e tranquilidade. Por outra banda, descenden á Praia aumentando a actividade locomotora e o comportamento de alimentación durante as primeiras e últimas horas do día, especialmente se coinciden con marea media ou baixamar.
Tanto nas zonas de repouso dunares como na praia, obsérvase comportamento de depredación de pequenos invertebrados. Na praia seleccionan a líña de marea cando existen algas de arribazón traídas polos movementos das mareas, nas que se alimentan de insectos e crustáceos e outros invertebrados mariños.
Ao longo do período de cría pódense destacar os seguintes acontecementos (ver táboa):
• Días 4‐7 de xullo: Utilización de parcela 1 como zona de repouso durante o día. O perímetro periniño instalado protexe a zona do tránsito de persoas e as aves mantéñense no centro do círculo a maior parte do tempo.
• Días 8‐14 de xullo: Utilización da área de dunas protexidas por balizamento no centro de Praia América como zona de repouso durante o día. Obsérvase alimentación activa do polo e baixadas pola duna en diferentes ocasións. Como anteriormente, as aves están na duna protexida todas as horas de sol debido a carga humana nos días de bo tempo.
• Días 15‐17 de xullo: Utilización de parcela 1 como zona de repouso durante o día. As aves volven a utilizar a parcela protexida, especialmente o centro do círculo debido a presión da actividade humana na praia.
• Días 18‐23 de xullo: Utilización de parcela 2 como zona de repouso durante o día. O día 19 de xullo instalouse outra parcela de protección preto do extremo sur da Praia, nunha pequena duna parcialmente vexetada que as aves comezaron a utilizar
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
16 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
durante o día, durante a preamar e as horas de maior cantidade de xente na Praia. Foi necesario protexer a zona cun perímetro de cinta plástica e carteis debido a que bastantes persoas accedían á praia atravesando esa duna vexetada, pese a existencia de dous camiños laterais de area perfectamente adecuados para o paso.
• Días 24‐30 de xullo: Utilización de parcela 1 como zona de repouso durante o día. As aves volven a utilizar a parcela protexida.
• Días 31 de xullo‐5 de agosto: Desaparición das aves. Entre o 28 e 31 de xullo celébranse as Festas do Carmen de Nigrán, instalándose un gran número de postos de venta ambulante, atraccións de feira e chiringuitos o longo do paseo da praia. Varios postos se instalan pegados á Parcela 1, incluso o día 30 ao medio día instálase un posto ambulante directamente no borde superior da parcela. Recóllese información de que estes postos durante a noite utilizan xeradores de electricidade con motores que instalan dentro da parcela.
Estas molestias, unidas á gran afluencia de persoas, o ruído ambiental, as bombas de palenque durante o día e os fogos artificiais da tarde noite, fan que as aves abandonen a zona e non sexan localizadas durante os días posteriores.
• Día 6 de agosto: Retirada de parcelas 1 y 2, desmontando os perímetros e retirando carteis.
• Días 6 – 9 de agosto: Utilización da área de dunas protexidas por balizamento na parte sur da Praia de Panxón como zona de repouso durante o día. Obsérvase alimentación activa. Estímase que as aves deberon utilizar estas dunas entre os días 31 e 5. Obsérvase que as aves descenden á praia segundo os factores indicados (malas condicións meteoroloxícas para os bañistas, fluxo de mareas e densidade de persoas) e se alimentan na zona da desembocadura do río Muiños.
• Día 7 de agosto: Observación de primeiro voo. O polo realiza os primeiros voos
autónomos aínda que a plumaxe non está totalmente desenrolada.
• Día 13 de agosto: obsérvase o polo con plumaxe de ave xuvenil e prumas das alas case totalmente desenroladas. Capacidade de voo perfecta. Obsérvase que o polo sigue asociado a macho adulto, e ambos realizan a actividade de alimentación e voo de forma conxunta. Forman parte dun grupo de 9 píllaras das dunas (xunto con outros 7 individuos), e obsérvanse varios comportamentos de ataque do macho a outros individuos que se achegan cerca do polo.
• Día 15 de agosto de 2012: ave totalmente desenrolada. Dase por finalizado o período
de cría.
Táboa 1. Cronoloxía do seguimento da nidificación de Píllara das Dunas en Praia América na temporada de cría 2012.
2012Dia 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14
Registro del nidoInstalación de parcela 1 (Perinido)Periodo de incubaciónNacimiento del primer polloNacimiento del segundo polloPeriodo de cría del polloUtilización de parcela 1Utilización de dunas protegidas P. AméricaUtilización de parcela 2Instalación de parcela 2Desaparición de polloRetirada de parcelas 1 y 2Utilización de dunas protegidas P. PanxónObservación primeros vuelosAve juvenilPresencia de otros individuos en la playa 6 3 4 4 4 7
Número de visitas realizadas: 126 2 2 2 2 2 1 1 0 2 2 1 1 0 1 1 0 1 1 3 3 1 2 5 4 4 4 4 5 2 4 3 4 2 5 2 3 2 1 2 1 1 1 3 1 2 4 5 3 3 1 1 3 2 1 3 1 1 0 0 2
Parcela 2
Dunas proteg. Panxón
Periodo de incubación
Periodo de cría del pollo
Sin localizar
Junio Julio Agosto
Parcela 1
Dunas proteg. P. America
Parcela 1 Parcela 1
Fotografía 10. Macho adulto e polo na Parcela 1.
Fotografía 11. Macho adulto e polo na Parcela 2.
Fotografía 12. Macho adulto e polo en área dunar protexida con balizamento
permanente de Panxón.
Fotografía 13. Macho adulto e polo volantón en Praia América.
3.5. Datos recopilados da temporada de reprodución en 2012
Ata o momento coa información que temos recollido poderíamos falar dun mínimo de 7 niños detectados este ano 2012 neste areal (6 fracasados e o niño protexido). Na táboa 2 se presenta a información recopilada sobre niños detectados en 2012.
DATANúmero de
niñosNº
OVOSMedidas de protección
Eclosiones Data eclosiónÉxito de cría
Data primer voo
Fonte información
21/04/2012 1 3 NON 0 ‐ 0 ‐ Lidia Romero (SGHN)
28/04/2012 1 3 NON 0 ‐ 0 ‐Alejandro Baqueiro Alfonso e Antonio Fernández Cordeiro (Grupo Anelamento Anduriña)
11‐14 /06/2012 1 3 NON 0 ‐ 0 ‐Información directa de persoal do servizo de limpeza de praias do Concello.
Abril‐Mayo 2012 4 ‐ NON 0 ‐ 0 Jesús Domínguez e María Vidal
16/06/2012 1 3 16/06/2012 204/07/2012 (1) 05/07/2012 (1)
1 polo07/08/2012 (34 días)
SGHN e CEMMA
Táboa 2. Información recopilada sobre niños de Píllara das Dunas detectados en Praia América‐ Panxón na temporada de cría 2012.
Fotografía 11. Apareamento observado na chaira da zona do río Muiños no mes de maio de 2012.
Pablo Covelo
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
20 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
Fotografía 12. Hembra incubando en niño no mes de abril de 2012.
Fotografía 13. Macho incubando en niño no mes de abril de 2012.
Lidia Romero
Lidia Romero
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
21Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
CONCLUSIONS
O éxito de cría conseguido en 2012 en Praia América ten un reducido impacto na poboación da especie en Galicia pero supón por una banda un punto de inflexión da tendencia reprodutora neste tramo de costa e por outra banda ten un importante impacto no valor medioambiental da praia.
Os resultados desta acción de protección apoian as consideracións seguintes:
1. A reprodución exitosa de especies como a Píllara das Dunas engade riqueza medioambiental ao ecosistema litoral e valoriza socialmente os areais de Nigrán.
2. Os traballos de recuperación dunar están a ser moi positivos para a flora e fauna.
3. É posible compatibilizar o uso humano do litoral e a conservación de fauna e flora en Praia América‐Panxón.
4. Fomenta una concienciación social pola conservación da natureza e un interese pola nidificación das aves no areal.
5. Pequenas accións de conservación a nivel local con pequenos recursos humanos e materiais poden ser ferramentas útiles para a mellora e conservación medioambiental e a educación ambiental.
RECOMENDACIÓNS
1. Solicitar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Dirección Xeral De Conservación Da Natureza) que se teña en conta a información existente sobre reprodución da especie en Praia América no curso dos catro últimos anos (non recollida no “Plan de Conservación del Chorlitejo Patinegro en Galicia. Xunta de Galicia, 2008”) e en consecuencia que se modifique o Plan de Conservación da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) en Galicia, incluindo a Praia América no ANEXO III como praia de nidificación de Píllara das dunas.
2. Planificar as medidas de protección da nidificación nos vindeiros anos entre o período abril e finais de xullo, mediante programas de voluntariado que podan realizar traballos de protección directa e seguimento.
3. Mantemento do balizamento das dunas protexidas de Praia América e Panxón, reparando diversos sectores que están en mal estado actualmente e valando permanente das zonas de duna transitadas polas persoas fora dos camiños establecidos.
4. Implementar a protección directa de niños e a sinalización do seu perímetro en 2013.
5. Sinalizar as zonas de areal con nidificación con carteis informativos durante a época de reprodución.
6. Restrinxir o acceso a cans soltos durante a época de reprodución.
7. Seguimento periódico da evolución da poboación reprodutora con métodos a distancia e sen manipulación das aves.
8. Impulsar a implicación dos cidadáns na conservación do litoral e os sistemas dunares.
9. Participar en programas de conservación do litoral como o programa “Playas, Voluntariado y Custodia del territorio” da Fundación Biodiversidad.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
22 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
BIBLIOGRAFÍA
Amat, J. A. (2012). Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus). En: Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Salvador, A., Morales, M. B. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. http://www.vertebradosibericos.org/
ANABAM 2012. Plan de especial protección da píllara papuda (Charadrius alexandrinus) na Praia de Camposancos (A Guarda). http://www.anabam.org/PILLARA%20PAPUDA.PRAIA%20CAMPOSANCOS.html
Bárcena, F. y Domínguez, J. 1995. Charadrius alexandrinus. En, S.G.H.N. (Ed.): Atlas de Vertebrados de Galicia, Tomo II., p 411. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
Domínguez, J. y Vidal, M. 2003. Influencia del investigador en el éxito reproductivo del Chorlitejo Patinegro Charadrius alexandrinus. Ardeola, 50 (1): 15‐19.
Domínguez, J. y Vidal, M. 2007. Proxecto Píllara. Potenciación e Estudo da Poboación reproductora da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) nas praias de Galicia tras a catástrofe do Prestige. Santiago de Compostela.
Dominguez, J. y M. Vidal, 2008. Plan de conservación da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) en Galicia. Xunta de Galicia. 269 pp. http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion_da_natureza/biodiversidade/xestion_da_biodiversidade/conservacion_de_especies_ameazadas/plans/
Figuerola, J. y Amat, J. A. 2003. Chorlitejo patinegro Charadrius alexandrinus. En, R. Martí y J. C. d. Moral (Eds.): Atlas de las Aves reproductoras de España, pp. 252‐253. Dirección General para la Biodiversidad‐SEO/Birdlife. Madrid. http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/inventarios‐nacionales/chorlitejo_patinegro_tcm7‐21705.pdf
Figuerola, J., Amat, J. A. y Díaz, J. A. 2004. Chorlitejo patinegro Charadrius alexandrinus. En, A. Madroño, C. González y J. C. Atienza (Eds.): Libro Rojo de las Aves de España, pp. 228‐230. Dirección General para la Biodiversidad‐SEO/Birdlife. Madrid. http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/inventarios‐nacionales/LR_completo_para_web_tcm7‐164856.pdf
Pastoriza, A. e A. Fernández‐Cordeiro. Medidas para protexer a nidificación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) no areal de Nerga, Cangas, Pontevedra. Grupo de Anelamento Anaduriña. Abril 2012. http://grupodeanelamentoandurinha.blogspot.com.es/2012/05/unha‐especie‐en‐perigo‐cria‐na‐praia‐de.html
Souza, J. A. y Domínguez, J. 1989. Efectivos y distribución del Chorlitejo Patinegro (Charadrius alexandrinus) en Galicia. Ecología, 3: 305‐311.
Souza, J. A., Caeiro, M. L., Rosende, F., Monteagudo, A. y Fafián, J. M. 1999. Estacionamientos, estructura y patrones de residencia de la población invernante del Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus) en Galicia: un análisis preliminar. Chioglossa, 1: 23‐45.
Xunta de Galicia, 2007. Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2007/20070509/Anuncio141BE_gl.pdf Xunta de Galicia, 2011. Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, Praia América, Documento 06_07_408. http://www.xunta.es/litoral/web/index.php/pol
Xunta de Galicia, 2012. RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se acorda iniciar a tramitación e someter á participación pública as propostas dos decretos polos que se aproban o plan de recuperación do sapoconcho común (Emys orbicularis L.), o plan de recuperación da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Steinbacher) e o plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) en Galicia. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120412/AnuncioCA02‐030412‐14337_gl.pdf
ANEXO 1. Cartografía.
Figura 1. Parcela 1. Localización da parcela de exclusión perinido no centro de Praia América.
Figura 2. Parcela 2. Localización da parcela de exclusión preto do extremo sur da Praia, nunha pequena duna
parcialmente vexetada.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
24 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
Figura 3. Localización da zona dunar protexida por balizamento permanente situada na zona media de Praia
América.
Figura 4. Localización da zona dunar protexida por balizamento permanente situada na zona sur de Praia de
Panxón.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
25Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
Figura 5. Localización da zona de desembocadura do río Muiños separando os areais de Panxón e Praia
América.
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
26 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
Anexo 2. Fotografías
05/05/12
01/05/12
08/07/12
16/06/12
16/06/12
05/07/12
05/07/12
05/07/12
Lidia Romero
Lidia Romero
Lidia Romero
Pablo Covelo
Pablo Covelo
Pablo CoveloPablo Covelo
Pablo Covelo
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
27Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
05/07/12
06/07/12
08/07/12
17/07/12
09/08/12
10/08/12
01/10/11
01/10/11
Pablo Covelo
Pablo Covelo
Pablo Covelo
Pablo Covelo
Pablo Covelo
Pablo Covelo
Pablo Covelo
Pablo Covelo
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
28 Voluntariado e custodia da nidificación da Píllara das Dunas (Charadrius alexandrinus) en Nigrán (Pontevedra) en 2012. Aplicación do "Plan de Conservacion da Píllara das Dunas en Galicia”.
Anexo 3. VIDEO
VIDEO: NIDIFICACIÓN DE PÍLLARA PAPUDA EN NIGRÁN (PONTEVEDRA)
http://www.youtube.com/watch?v=UVfGl5yNnFw