EMBATE 3

16
- EMBATE Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) abril-maio-xuno 2006 numero 3 -

description

Voceiro nacional de ADIANTE

Transcript of EMBATE 3

Page 1: EMBATE 3

-

EMBATEV o c e i r o N a c i o n a l d e A D I A N T E ( M o c i d a d e R e vo l u c i o n a r i a G a l e g a )

abril-maio-xuno 2006 numero 3-

Page 2: EMBATE 3

EMBATE

número 3 − abril, maio, xuño 2006y

Voceiro Nacional deADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

y

[email protected]

y

EMBATE non ten por que compartirnecesariamente a totalidade das opinións

aquí expresadasy

Pódense reproducir os artigos citando afontey

Dep. Legal: C-1813-2005

cA principios deste ano a Dirección Nacionalde ADIANTE (Mocidade RevolucionariaGalega) aprobou a Axenda’06, a nosaparticular folla de ruta para o ano 2006, naque tras facer unha avaliación da nosasituación actual apuntamos os obxectivos aatinxir. Canda ela xa está en marcha oitinerario de formación básica daOrganización xuvenil, dando así respostaplanificada a unha das prioridadesexpresadas na nosa Asemblea NacionalConstituínte, a da formación que precisamosas novas xeracións de militantesrevolucionari@s.É vital na actual conxuntura espallar anecesidade que como mozas e mozos temosde organizarnos máis e mellor en defensados nosos dereitos, para a conquista danosa liberdade. Sen organización non haifuturo. E disto son ben conscientes osdistintos axentes do imperialismo español eas súas correas de transmisión na nosanación. Os tempos non son fáciles para otraballo colectivo e o labor comunal e apesar de estarmos rodeados debemos máisque nunca afiar as armas da intelixenciapara romper este cerco, harmonizar osnosos pasos e percorrer os camiños da loita,sabedores e sabedoras que a nosa vitoria écerta, está aí, cómpre tomala.Na actual fase da nosa Revolución épreciso, non cansaremos de dicilo, de calreloxeir@s, artellar mecanismos amplos eparticipativos baixo parámetros nacional-populares que sexan capaces de acumularforza social cara a ruptura democrática e ainstauración da República Galega.

Daquela a respostaestaría dada ápregunta do poeta,será a miña xeración

quen te salve? Irei un díado Courel a Compostela porterras liberadas?

Editorial CONtidos

[páx. 2] Editorial

[páx. 3] Adiante coa loita da muller mozaInaugurado centro social en Ribadavia

[páx. 4] A mocidade pola apostasía

[páx.5] Os accidentes laborais causan máismortes que a guerra

[páx. 6] Cangas, historia dun PXOM bencoñecido

[páx. 8-9] Audiovisual galegoA Mesa celebra o seu XX AniversarioManifestación da CUT o 1º de Maio

[páx. 10] Locais sociais na Galiza

[páx. 11] A fouce da inquisición

[páx. 12-13] Entrevista a... Sergio Cobos

[páx. 15] Música/libros/www

EMBATE

2

Page 3: EMBATE 3

pasado 8 de marzo celebrouse o Día da Muller Traballadora, e, máis un ano, asmulleres galegas saímos á rúa a exixir os nosos dereitos como mulleres, como traballadorase como galegas.A semana estivo repleta de actos reivindicativos nas distintas cidades do país. EnCompostela deron comezo o día 7 cunha exposición-recital organizada pola Marcha Mundialdas Mulleres no bar Casino, onde distintas mulleres amosaron mediante a súa arte a loitacontra o patriarcado. As obras estarán expostas ao longo de todo o mes de marzo, dandoasí unha continuidade aos eventos celebrados; non é unha semana, non é un día, o nosocombate será diario.O Día da Muller Traballadora as mulleresconcentrámonos en lugares coma Vigo,Ferrol, Pontevedra ou Compostela.. A praza8 de Marzo foi o lugar elixido nesta últimacidade para a celebración do acto. Baixodistintos lemas e gritos amosamos que,malia ás políticas de paridade, a mullersegue a sufrir desigualdade con respecto aohome e é sometida aos intereses e aosistema de dominacióm masculina. Acrecente feminización da pobreza, aviolencia de xénero, a publicidade sexista...son realidades das que non podemos fuxir,e contra as que se protestou nesta xornada. Ao remate da concentración unha compañeirade ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) leu o manifesto, baixo o lema de “Feminismosempre imprescindíbel”.Os actos reivindicativos culminaron o 11 de Marzo en Compostela, cando unhas 500mulleres da Galiza xuntas nunha manifestación enfrentámonos ao patriarcado. A marchasaíu da Alameda con globos lilas, música e a xenreira de todas esas mulleres que cheas deforza, de loita, non se rinden ante a dominación. Rematou na praza de Cervantes onde coaactuación de Blacktempo, un grupo formado por mozas novas. Despois da lectura domanifesto estoupáronse tódolos globos ao unísono levando a cabo, desta maneira o lema,“muller faite oír”.

O pasado día 24 de febreiro inaugurouse o Centro Social daAsociación Sociocultural Arrincadeira (O Ribeiro), situado

na rúa Mera Soto (casco histórico) de Ribadavia.Este novo local pretende ser un referente na comarca do

Ribeiro para a defensa da cultura e da lingua nacionalgalega, así coma unha alternativa de lecer e

formación social, desde unha perspectiva deesquerda.

Desde ADIANTE (Mocidade RevolucionariaGalega) celebramos iniciativas como a de

Arrincadeira, e convidamos a todas as persoas aparticipar neste tipo de proxectos no camiño da

autodeterminación do noso pobo. EMBATE

3

O

Inaugurado Centro Socialen Ribadavia

8 de Marzo

ADIANTE COA LOITADA MULLER MOZA

ribadavia

GZ

Page 4: EMBATE 3

Insubmisión aofundamentalismo católico

A mocidade polaapostasía

...o feito de estar bautizad@s fai que a igrexa católica dispoña dosteus datos persoais ao seu antollo vulnerando a Lei de protección de

datos persoais?...que o bautismo é un acto completamente fundamentalista, ritual, involuntario einsconsciente ao que nos somenten á forza sendo recén nacid@s?...a apostasía (borrarse da igrexa ou “desbautizarse”) é un dereito recoñecido por multitudede lexislacións oficiais estatais e internacionais?...ao aparentar ser a “confesión maioritaria” a igrexa católica recibe beneficios sociais efiscais por parte do Estado como o de non pagar o I.V.E. ou outros impostos?...a igrexa católica recibe unha cantidade fixa de cartos públicos por cada persoabautizada, aínda que esta persoa non participe nos seus “actos”?...con eses cartos a igrexa católica ataca e difama ás mulleres, ás persoas homosexuais, asminorías étnicas, etc...?...a igrexa aínda non pedíu desculpas polos seus crimes contra a clase traballadora ninpolo seu apoio ás clases dominantes e ás súas ditaduras e xenocidios? ...que a igrexa católica ten sido e segue a ser un axente colonizador no proceso deliquidación da nosa indentidade cultural galega e da nosa conciencia nacional?Desde ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) queremos animar á mocidadetraballadora galega, asalariada e/ou estudante, a dar o paso consciente de cortar os lazos

con esta institución reaccionaria engordada coa suor da nosaclase e coas mans luxadas co sangue do noso Pobo.O dereito a apostatar é algo que se pode facer dun xeitocompletamente legal, aínda que os responsábeis da seitacatólica e os seus aliados nos Gobernos resístense a concedeloe o silencian, polo que é preciso que nos xuntemos parainformar a outras persoas e apostatar dunha forma unitaria econtinuada.Cómpre deixarlles claro que somos insubmis@s aos seusdogmas, que non queremos ser responsábeis indirectos da súafinanciación e que non queremos colaborar nas súasactividades fascistas, españolistas, homófobas, machistas eracistas. Que nos escoiten... NON QUEREMOS PARTICIPAR!

Sabías qu

e...

Podes ler os pasos a seguir edescargar o formulario na nosa

web:www.adiantegz.org

EMBATE

4

Page 5: EMBATE 3

Os accidentes laboraiscausan máis mortes que a

guerra

EMBATE

5

Segundo a Organización das “Nacións” Unidas (ONU), organismointerestatal nada sospeitoso de ter intereses socialistas ou de defensa daclase obreira, os accidentes laborais causan máis mortes que a guerra.Afirmou recentemente un dos seus organismos, a OrganizaciónInternacional do Traballo (ILO, nas súas siglas en inglés), que unha mediade 6.000 persoas morren cada día no mundo (o equivalente a unhapersoa cada 15 segundos, ou 2,2 millóns cada ano) por enfermidades ouaccidentes relacionados co seu traballo. Nun artigo publicado co motivo do “Día mundial para a seguridade e asaúde no traballo”, unha desas datas que se inventan sen saber para que,a ILO “pide” (exixir sería moito) aos empresarios do mundo que tomenmedidas para garantir a saúde e a seguridade d@s súas/seustraballadoras/es.As “6.000 mortes diarias ou unha cada 15 segundos supón máis mortosque nas guerras”, di o artigo, escrito polos expertos Luc Demaret eAhmed Khalef. Engade a axencia da ONU, que morren dúas veces máis homes quemulleres porque eles están máis “dispostos” a levar a cabo tarefasperigosas. Sinala o informe que os accidentes matan a 350.000 persoas, pero cincoveces máis morren debido a enfermidades contraídas no traballo, comocando @ traballador/a se mira expost@ a produtos químicos velenosos.As neglixencias dos empresarios, que unicamente se preocupan polosbeneficios, e o fracaso dos gobernos para ratificar convenciónsinternacionais de seguranza ou inspeccións laborais, son as dúasprincipais causas dos accidentes mortais.De ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) insistimos en quedebemos sinalar aos culpábeis, debemos desenmascarar aos

responsábeis da cada vez maior precariedade notraballo, sobre todo no da mocidade e asmulleres.Debemos denunciar coa nosa unidade emobilización aos que nos envían á morte

diariamente para se lucrar a cambio de nos darunha esmola como se nos fixeran un favor.

Temos a responsabilidade, como mocidadetraballadora e estudante da clase obreira, como aparte máis nova do independentismo de clase ecomo o sector con maior conciencia patriótica erevolucionaria da xuventude galega, derecuperar a ilusión pola loita obreira e sindicaltras anos de abandono por mor do desprestixiocausado polos sindicatos vendidos ao réximeespañol e ao sistema capitalista.

y

Page 6: EMBATE 3

vDarío

Portela

CANGASHISTORIA DUN PXOMBEN CONTROVERTIDO

v

vMáis de cinco meses levan os veciños de Cangas, integrados no Foro Social, paralizando asobras do inmenso porto deportivo que se quere realizar na beira marítima da zona deMassó. Lembrémoslle ós lectores que estamos en período de tramitacións de plans xeraisde ordenación urbanística por todo o territorio galego e que a corruptela política e aespeculación urbanística co beneplácito dos equipos de goberno municipais está, máis canunca, á orde do día.O PXOM de Cangas, que desatendía as necesidades socioeconómicas desta vila e non erarespectuoso coas propiedades dos veciños, quedou anulado grazas á mobilización populare a dúas multitudinarias manifestacións na primavera do pasado ano. O peso específicodeste plan xeral, que quixo impoñer o alcalde Sotelo - do PP - e o seu equipo de gobernotutelado polo concelleiro de Urbanismo Gómez Millán, estaba nos convenios de Massó eAldán. O proxecto para Massó suporía a construción dunhas mil vivendas (varias delas deluxo), un centro comercial (que de seguro arruinará o pequeno comercio) e un hotel de cincoestrelas como baluartes máis destacados desta operación. No caso de Aldán xa entrariamosa falar da construción dunhas catro mil vivendas. Dende os distintos colectivos que integrano Foro Social, do que andado o tempo se irían desmarcando o BNG, confraría de pescadorese outras agrupacións acólitas ó empezaren coa paralización veciñal das obras, eraimprescindible deseñar un plan acordado por todo o tecido asociativo cangueiro e con vistasó desenvolvemento económico do municipio, sendo a súa vez, respectuoso co medio. Nasúa páxina web, www.cangasnonsevende.org , o Foro Social oferta unha proposta de PXOMelaborado nese sentido.Así e todo, malia a teórica anulación do vello plan, contra a fin do verán pasado, dun xeitosilandeiro e sen que case ninguén se apercibira, as escavadoras e os operarios deConstrucciones DIOS S.A. apareceron en Massó. Dende o primeiro momento un nutridogrupo de veciños, que iría a menos ó saltaren as contradicións por parte de determinadasagrupacións ás que xa fixemos referencia, optaron valentemente por aplicaren aparalización forzosa das obras mediante a decisión de situarse diante da maquinaria einstando ós obreiros a pousaren no chan a súa ferramenta. Actualmente, ós operarios deDIOS nin se lles permite entrar no recinto das obras nin vestir as súas roupas de traballo.Dende os primeiros momentos deixáronse ver polo lugar, e incluso comandando asprotestas, vellos coñecidos da movida cangueira como Mariano Abalo (FPG), A. Sangabriel(EU) ou Manolo Camaño (CUT).Acto seguido, sen deixa-la paralización veciñal, o Foro Social comezou unha serieinterminable de xestións (denuncias no xulgado, todo tipo de recursos, cartas a Touriño ea Quintana quen dixera nun mitin electoral que de chegar o Bloque á Xunta o devandito plannon se executaría,...) para acada-la paralización cautelar das obras por parte dasadministracións que en todo momento se amosaron distantes co asunto. As obras do portodeportivo que son ilegais por diversos motivos como erros na tramitación do expediente,por situarse nun caladoiro pesqueiro e marisqueiro, por afectar ás correntes mariñas econtribuír á desaparición da praia de Rodeira, por carecer os promotores de informe deimpacto de medio ambiente, etc... a día de hoxe, medio ano despois, aínda non foronparalizadas. Senón que son os veciños quen, pondo en perigo a súa integridade física eexpoñéndose a cotío ás identificacións da Garda Civil e ás correspondentes denuncias, estána velar polo cumprimento da legalidade. Grazas á decisión dos veciños puido evitarse ata ode agora a chamada “política de feitos consumados”, isto é: se dentro duns anos un xuíz dáa razón a estes veciños e a obra xa está executada, que facemos coa resolución xudicial quenos saíu favorable? Pois poderémola enmarcar nun cadro pero non esperedes que desfagano que está aterrado. Desvencellándose do asunto o alcalde de Cangas ten apuntado a través da prensa ou nos

EMBATE

6

Page 7: EMBATE 3

vplenos da corporación que o porto deportivo depende da Autoridade Portuaria e non tennada a ver coa política urbanística do Concello. Dita información é unha infamia dado queun porto deportivo aí e ó pé da fábrica de Massó (que ademais está en zona de dominiopúblico e está catalogado como solo industrial) conlevaría a adecuación e instalación dunsservizos para manter e abastecelo polo que o Foro considera que dita obra é a punta delanza para meter, novamente, o vello plan ó que o pobo dixera NON coas multitudinariasmanifestacións. Polo tanto, un porto deportivo para grandes iates con 432 amarres non sesostén sen o proxecto de Residencial Marina Atlántica (deseñado, seica, por Norman Foster),que supón un pelotazo urbanístico en toda regra.Esta é a realidade urbanística que impera nonoso país, quedando así as nosas costas baixoo xugo da “marbellización” máis salvaxe e dadesfeita peor que endexamais coñecera, non sóCangas, senon boa parte do territorio nacional.Esa é a política de indesexables como UbaldinoRodríguez Bello, da promotora ResidencialMarina Atlántica (dependente a súa vez dosnegocios de Florentino Pérez), Frigoríficos delMorrazo ou CAIXANOVA, dado que todos teñenparte no proxecto do que estamos, hoxe, aquía falar. E todo comprando vontades políticas a golpe de talonario como a do mesmo equipode goberno municipal, pode que da confraría de pescadores ou de espécimes do PSOE, dapóla dos GAL ámbolos dous, como Abel Caballero (presidente da Autoridade Portuaria deVigo da que depende Massó) ou Lois Pena (o glorioso “Bochechón” cuxas carreiras diantedos veciños percorreron as canles de todo o Estado e máis) que reaparece, dezaseis anosdespois – que curioso - para presentarse ás municipais (se lle deixan) do 2007. Curioso,tamén, que se vexa a este individuo, Lois Pena, non hai moito de cea co alcalde Sotelo nunrestaurante de Arcade. Gobernarán en coalición? Será quen a directiva autonómica do PSOE,de deixar concorrer a Pena ás eleccións municipais? Terán valor? Terán, mais o pobo taménfará que a historia se repita.Coa política urbanística que tanto vemos aplicar en Cangas coma en calquera municipiocosteiro, os galegos estamos abocados a vivir, exclusivamente, do sector servizos no cantode reactiva-la industria ou outras formas de desenvolvemento que supoñan o nosocrecemento económico e da nosa calidade de vida, así como o respecto polo medio. Conalcaldes como os de Sanxenxo que pensan que o concello é unha axencia inmobiliaria,tendo como ten un 65% das vivendas deshabitadas durante nove meses, que futuropodemos agardar para Galicia como non sexa aínda máis emigración?Fose como for, estamos asistindo á conversión da nosa nación nunha parcela de recreo paranarcotraficantes, marbellís, Pantojas, Florentinos e toda esa borralla pro-fascista,españoleira e capitalista que non atopa sitio, xa, onde arría-la súa merda no Levantepeninsular e que van vir a noso entorno habitacional a apodrecer aínda máis o ambiente. Ocal pode significar, non o dubidedes, a fase final, derradeira e definitoria no noso procesode asimilación e colonización. Quedándomos así, aínda máis afastados de cataláns e vascosno camiño cara a liberación e soberanía nacional.Para rematarmos, convidaría ós vigueses a subiren ó fermoso monte da Guía para quecontemplen, ademais das incribles vistas, a morea de portos deportivos que hai por toda aría e que reflexionemos todos se realmente fai falla tanto aterramento e tanta historia. Portodo iso, pola defensa das nosas rías e máis, na beira de enfronte desta fermosa paisaxecosteira que pronto se cruzará a pé se alguén non o impide, se pasades por Massó, hai unscantos tolos (para algúns: folloneros, vagos e terroristas), pretendendo dar exemplo a outrasvilas, vixiando día e noite que unhas obras, que van condiciona-lo seu futuro e o dasxeracións vindeiras, non se acometan.

CANGAS en loita

ADIANTE(Mocidade Revolucionaria Galega)

Artigo tirado d’A Gadoupa, número 6, revista doGrupo Revolucionario de Estudantes

Independentistas (GREI)

EMBATE

7v

Page 8: EMBATE 3

No ano 1975 fundábase, impulsada entreoutras persoas por Carlos Varela, aprodutora “Nós Cinematográfica Galega”,que tentaba incorporar o fenómenocinematográfico á cultura galega en todas assúas dimensións. A produtora tivo unhacurta vida e Carlos Varela, falecido en 1980,legounos unha morea de imaxes gravadasnunha película de 8mm que nos contan acrónica do nacionalismo galego nos anos damalchamada transición; unha historia dasmobilizacións populares, do activismo, dasprotestas... Déixanos, pois, a nosa propiahistoria.

Xa daquela, e dende o seu comezo no ano1896, a cinematografía galega contaba conimportantes eivas clave para o seudesenvolvemento, e que marcarían asdécadas posteriores. Porque, se o cineespañol é, no panorama internacional,secundario, que dicir do galego, radicado naperiferia do periférico e que ten que facerfronte, ademais, a unha dobre problemática:á da industria cinematográfica e á depreservar a súa identidade nacional.

É nesta dupla vertente na que se sitúa o

panorama actual. Se ben houbo importantesavanzos a nivel lexislativo que cabesalientar, non conseguiron estes consolidaro noso cine, nin normalizalo na sociedade.En 1983 Luís Álvarez Pousa chega áDirección Xeral de Cultura da Xunta ecomezan as primeiras medidas a prol doaudiovisual galego: o sistema desubvencións e a fundación do Centro Galegode Artes da Imaxe (CGAI, que actúa comaunha filmoteca). Mais non será até 1999cando se elabore a Lei do Audiovisual deGaliza, que o contempla coma un sectorestratéxico. Esta lei supuxo a creación doConsorcio Audiovisual de Galiza (2001) e oClúster do Audiovisual Galego (2002), entreoutros; entes públicos que nacenteoricamente coa función de promover,facilitar e dinamizar a industria do cinemagalego. A realidade é ben distinta. Asfuncións de estes organismos non estánclaras e semellan solaparse con Asociaciónsde Profesionais nacidas ao abeiro dainiciativa privada e da independencia (AGAPIe AEGA). Falamos, polo tanto, dun intento daXunta por controlar o sector e centralizalonos seus intereses. Por outra banda, ocontinuo vencello que dende o poder seestablece entre o audiovisual galego e apolítica turística móstranos a importancia

begoñamartínezv

AUDIOVISUalb

EMBATE

8

A Mesa celebra oseu Xx

aniversarioA Mesa pola Normalización Lingüística vende celebrar o 25 de marzo a súa AsembleaXeral no marco do XX Aniversario daasociación.Na Asemblea, que se realizou no Auditoriode Galiza en Compostela, saíu reelecto presidente Carlos Callón e nomeouse a XoséManuel Sarile “Presidente de Honra”. No acto de clausura, á que asistíu convidadaunha representación de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega), o reelectoPresidente anunciou que a Mesa prepara unha mobilización para o vindeiro 17 deMaio, co gallo do Día das Letras Galegas, para exixir que o galego sexa “un dereito eun deber” recoñecidos no novo Estatuto que están cociñando os partidos do sistemapara seguir amarrando ao Pobo Traballador Galego ao imperialismo español duranteoutros 25 anos.Desde ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) desexámoslle á Mesa moitos éxitosno traballo de normalización do noso idioma nacional, traballo imprescindíbel ecomplexo no actual marco colonial ao que está sometida Galiza.

Page 9: EMBATE 3

que para eles ten o noso desenvolvementocinematográfico: simplemente se contemplaeste coma unha ferramenta para poderaumentar a demanda hosteleira, e,consecuentemente, o negocio, a mafia e ocapital.

É así que o sistema de subvenciónsperdurou ao longo do tempo cuns criteriosmáis ou menos arbitrarios e se destinou, nasúa meirande parte, ás producións para aTVG repartíndose a financiación entre asdúas asociacións empresarias mencionadasanteriormente, AGAPI e AEGA. Deste xeito,podemos dicir que o noso audiovisualdepende enormemente do poder público eos seus axentes. Onde queda entón o cineindependente, as pequenas produtoras, ascurtametraxes de novos creadores? Asdificultades no financiamento levan a quenon se poida manter con continuidade eregularidade a produción de filmes, e a súapromoción e distribución son tan precarias,que rara vez chegan ao gran público. Moitasdestas producións non se estrean encircuítos comerciais e, cada vez máis,recórrese a fórmulas que poñen en perigo apervivencia do noso cinema como actividadeindependente, de expresión da nosa propia

voz e identidade. Referímonos áscoproducións e aos encargos. Estas formasnas que o capital maioritario non é galego,nin a lingua da versión orixinal a nosa, nonpoden considerarse obras galegas, postoque de facelo, alterarían considerabelmenteo panorama real ante o que nos atopamos.E non podemos esquecer o que xa CarlosVelo sinalaba en 1976, que amais de Galizaestán Portugal e Brasil, onde sen dúbidatería cabida o noso cine. A primeiraexperiencia neste senso foi “Inés dePortugal” (1996), coprodución entre oaudiovisual galego e o portugués. Detrásnon foron moitos os filmes que a seguiron,se ben cabe salientar “Santa Liberdade”(2005) de Margarita Ledo que conseguiríacartos de produtoras de Portugal, Venezuelae Brasil. É unha outra liña aberta que temosque tentar afortalar.

Con todo, e a pesares de que a vida daspequenas produtoras sexa polo xeral moibreve, de que a produción de filmes galegosindependentes, que loitan por facerse oír,por asentar a nosa cultura cinematográfica,sexa dura; o Cine Galego NACEU, e quere, edebe (e vai) SOBREVIVIR.

“Non estamos aquí afacer historia do cinegalego, pobre e curtahistoria, soloqueremos dicirvosque NACEU e quere, edebe SOBREVIVIR.Abondan as razóns.Coidade do CineGalego practicamentevirxe, pro conmanifesta vocaciónde mamar e incidirna realidadesociopolítica do nosopobo; matinade noscondicionamentos dof e n ó m e n ocinematográfico enGalicia, pro taménnas súas infindas eg r a n d e sposibilidades” (Boletín de suscriciónda produtora Nós).

hGZGALEGO

EMBATE

9

Manifestación da

cut o io de MaioA Central Unitaria de Traballadores/as (CUT)convoca como todos os anos manifestaciónnacional en Vigo con motivo do 1º de Maio,Día do Internacionalismo Proletario.Este ano a convocatoria centrarase contra anova Reforma Laboral que prepara ogoberno español coa conivencia dossindicatos antiobreiros UGT e CCOO.Desde ADIANTE (Mocidade RevolucionariaGalega) apoiamos a convocatoria echamamos á mocidade traballadora eestudante da clase obreira a asistir ámobilización da central sindical, que sairá ás11 da mañá da praza Fernando o Católico deVigo.A mocidade galega en loita contra a

precariedade laboral!Traballo digno na nosa Terra!

Page 10: EMBATE 3

LOCAIS SOCIAIS NAGALIZA

“Temos que salvar-nos nós mesm@s...” di um dos versos mais reveladores do cántico que une à nossaclasse numha sóa voz. Eu aliás diria mais: Temos que ORGANIZAR-NOS nós mesm@s e tamém Temosque LIBERTAR-NOS nós mesm@s. A estas alturas da luita, nesta jeira da história, ninguém nos vai vira tirar as castanhas do lume, ninguém nos vai fazer o trabalho sujo, o ingrato. Nom podemos aguardargrandes mudanças nem melhoras por parte de ningúm bipartito, tripartito ou polipartito. Nem sequeranos serve para nada pedir que se nos devolva o extinto Estado do Bem-Estar, porque já nom nos servecomo mediaçom no antagonismo social, porque seria ir cara atrás, porque seria reaccionário.É por isso que o proletariado lhe fazemos muito caso ao hino que nos identifica, e levamos décadasorganizándo-nos por nós mesm@s em partidos, associações vicinais, milícias; montando colectivos,organizações de mulheres, ateneus; abrindo jornais, locais sociais, sindicatos. Auto-organizaçom,espaços de luita e de liberdade.Na nossa Naçom sempre nos soubemos organizar em estruturas mais ou menos combativas, mais oumenos participativas, mais ou menos tradicionais. Umha das que está a colher mais força é a dos locaise centros sociais. Sempre os houvo, cumha vitalidade variável dependendo das épocas. Só temos nosque lembrar das distintas classes de comunidades obreiras de antano, que vam desde aqueles Ateneuse Liceus populares anteriores à guerra anti-fascista até os espaços de auto-gestom ligados aomovimento okupa de ´80 e ´90. Mas é agora quando se está a viver umha nova etapa dourada. A Revolta ou A Cova/Caleidoskopio em Vigo, A Esmorga ou Cultural Auriense em Ourense, A Tiradouraem Cangas, Alto Minho em Lugo, A Gentalha do Pichel ou a Casa Encantada em Compostela, Atreu!na Corunha, Revira em Ponte Vedra, Artábria em Ferrol... contam já com certa estabilidade.Proximamente associações culturais como Arrincadeira de Ribadávia ou A Fouce de Ouro do Vale deAmaia têm previsto a apertura dos seus próprios locais sociais. Algúns como A Cova/Caleidoskopio, Cultural Auriense, a Casa Encantada ou Artábria contam já combastantes anos de experiência. Outros nom tanto. Nestes locais fam-se variadas actividades de lazer,concertos de todo tipo, cursos e actividades, obradoiros de teatro, iniciativas a prol da língua, passesde cinema e documentais, charlas e debates... Criam movimento e dialéctica. Oferecem antagonismoconstrutivo. Por isso molestam, por isso estám no ponto de mira do antigo T.O.P. –agora AudiênciaNacional- como se puido comprovar o passado 14 de Novembro de 2005. Por isso interessacriminalizar às suas actividades; devolve-las ao nível da marginalidade. Aquí em Vigo o Local Social A Revolta, que cumpriu três anos recentemente, conta cada vez com maisdinamismo. Levo acudindo às suas actividades e festas populares desde o princípio, mas tenho queconfessar que de primeiras era bastante céptico sobre o sucesso deste local. Na minha memóriaestavam os fracassos anuciados de locais demasiado partidistas e inspirados em modelos foráneoscomo o Artefacto Burbur –que ao ser privado nom era um L.S., mas pretendia aparentá-lo- ou A Sereiaem Compostela, locais artelhados dum ponto de vista demasiado sectário, e que naturalmente nom sedavam sustentado. Se cadra, ao princípio A Revolta semelhava seguir por esse caminho, mas pronto se comezou aimpregnar do espírito aberto, colectivista e plural que caracterizou de sempre ao anti-fascismo viguês.Tamém aquí, em Vigo, sabia-se da experiência e dos erros do breve predecessor, o Fogar do Reviralho.As quedas servem para aprender. A Revolta de hoje é um local jovem mas que nom vive de costas aobairro no que está situado: o Casco velho, no esquecido Berbês marinheiro e operário. Eu atrevo-me a dizer que a consagraçom do modelo aperturista, popular e anti-sectário de A Revoltasignifica um antes e um depois na trajectória dos locais e centros sociais na Galiza. Já o tenhocomentado com outr@s companheir@s e sóci@s do local, e nom pouc@s amostram o seu acordo comesta opiniom. Acho que na maioiria dos locais sociais que abrirom desde aquela foi-se imponhendoum jeito de trabalhar e de agir mais próximo ao de A Revolta que ao daqueles primeiros fiascosconhecidos neste eido. Nos tempos que nos toca viver, de espanholizaçom, precariedade, acossa, manipulaçom... à mocidadetrabalhadora e estudante da classe obreira cumpre-nos criar e reforzar os espaços de luita, deencontro e de auto-organizaçom. Cumpre que apoiemos com trabalho e iniciativas próprias aconsolidaçom dos locais sociais e populares já existentes, e que nos impliquemos seriamente emajudar a criar outros novos, como os que se estám a construir com muito esforço na comarca doRibeiro.

MONCHOLAREUv

EMBATE

10

Page 11: EMBATE 3

A ninguén é alleo: no plano internacional observamos, nos moi últimos tempos, un avance,máis ou menos ruidoso, da relixión. No Estado español, ante as supostas medidasaperturistas que algúns albiscaban no novo goberno do PSOE, a dereita nacional-catolicista-a dereita española- reaccionaba furibunda, ignorante e franquista berrando por unha“unidade da familia” e polo mantemento da relixión católica na escola, tamén na pública.Como proba das conquistas do fanatismo relixioso, o goberno socialdemócrata español nonsó mantén o ensino da relixión católica como materia optativa, senón que ofrece, ademais,o ensino da relixión islámica. E aí se presenta, ben definido, perante o estupor de quencremos na liberdade de pensamento, o demagóxico concepto de “diversidade” que asocialdemocracia fai seu. A diversidade, o pluralismo, para a socialdemocracia, non é orespecto e o recoñecemento das linguas, das culturas e das nacións distintas, coconseguinte dereito á autodeterminación; a diversidade no capitalismo é un falso xesto detolerancia coa única fin de manter a calma nun sistema irrespirable, é dicir; de mitigar ascontradicións nesta sociedade quebrada para, así, obter unha longa vida do sistemacapitalista, pois del se fornece a socialdemocracia.Neste estado de cousas, a bomba de reloxería que é agora mesmo Oriente Medio -expoliadoe explotado, ben polo Imperio de EEUU, ben polo seu satélite, Israel- fai estalar as súas irasrelixiosas en forma de ameazas de morte a todo o que, en calquera punto do globo, ofenda,segundo os seus razoamentos relixiosos, a dignidade dos presupostos do Islam. Ásocialdemocracia non é difícil verlle o invés: acepta, con xesto amable, en nome datolerancia, a chantaxe da relixión que obriga a todos os países -incluídos os laicos, incluídosos comunistas, incluídos os anti-imperialistas, todos eles por vitoria popular- a actuar baixoas súas imposicións de orixe divina no seu propio territorio, nun delirio involutivo que sónos pode lembrar a guerra santa, a cruzada, a Inquisición ou ao franquismo. E todo iso aotempo en que nega a solidariedade internacionalista, exactamente no mesmo grao que adereita o fai, a países revolucionarios como Arxelia ou Palestina. Da socialdemocracia, pois,só se obterá un discurso mediocre, cuxa profundidade se verá impedida sempre poladefensa do capitalismo, xa o sabiamos, pero en momentos de treboada para a esquerda realé importante marcar a diferenza, porque a URSS, China, Burkina Faso, Vietnam, Arxelia ouCuba demostraron e demostran hoxe que a teoría do “choque de civilizacións”, inventadapolo fascista Samuel P. Huntington e secundada pola totalidade de partidos institucionais,é, como xa parecía, unha estratexia máis do capital -disfrazada, iso si, de comprensión ecaridade pola mal chamada “esquerda”- coa fin de impedir o socialismo internacional. Aliberdade chámase pensamento en todas as linguas do mundo, así o demostraron asciencias, elas indiscutibles e internacionais nos seus números, e o demostraron tamén asmulleres e homes cos seus actos cando fixeron a Revolución. A liberdade chámase, pois,Revolución en todos os países do mundo.E é, polo tanto, deber da esquerda real repetir que, contra o regreso da Inquisición e dosseus aliados, veñan de onde veñan, o combate pola liberdade de pensamento será firme, damesma índole que o será contra o capitalismo, pois é o mesmo combate para o mesmoinimigo: só ao capital interesa o obscurantismo, xa que será el quen traballe para anular anosa inquebrantable capacidade de decidir o noso futuro e tamén o noso presente: de loita,de resistencia, unha vez máis, de crítica, de solidariedade internacionalista, por un futuroesperanzador, por un futuro socialista, por un futuro Noso.

A fouce da

InquisiciónORIANAMÉNDEZv

EMBATE

11

Page 12: EMBATE 3

Moita xente en Galiza decide facer do folclore o seu medio de vida. Esta, resulta unhadecisión arriscada.Como aconsellaríamos a unha nena de Mugardos que quere ser escritora, ou músico?Poderiamos animala augurándolle un futuro prometedor?En Galiza son moitos os que se inician no mundo do folclore, pero poucos os que consiguenvivir del.Grupos de música como Fuxan os Ventos, A Roda iniciaron o camiño para aprofesionalización da música galega, e moitos seguíron este exemplo con éxito, OsDiplomáticos de Montealto, Berrogüeto, Anubía, Mercedes Peón… Sen embargo se botamosunha ollada ó mundo dos bailadores galegos o panorama é radicalmente distinto.Poderiamos dar algún nome propio dun bailador galego coñecido?

Conversamos con SergioCobos, un bailador quetraballa na vangarda dobaile tradicional galego.

Como foron os teus comenzos no mundo do baile?A miña avoa e a miña nai xa eran bailadoras. Comezei aprender a bailar no colexio ondemiña nai daba clases de baile. Aos trece anos mudamonos para Santiago, foi daquela candoentrei en Cantigas e Agarimos. Naquel entón impartía as clases Anxo, un revolucionario domundo do folclore, foi dos primeiros que comezou a utilizar material de recollida con moitorespecto e moita imaxinación, foi con el con quen fixen a miña primeira recollida ós 16anos, ás terras da costa da morte. Pasei sete anos en Cantigas e despois comenzei a darclases, primeiro na mesma escola de Cantigas e despois de maneira independente, enSanxenxo levei un grupo durante 11 anos. Traballei en talleres no estranxeiro, de maneiraindependente, tamén para a Administración.Con esta experiencia profesional dentro do mundo do folclore, poderías dicir que sepode vivir de el?Moi malamente, para empezar quen nos adicamos a dar clases non somos traballadores,non existimos como tales. E doutra parte, nesta terra os grupos de baile son todos amateur,e suplen a profesionalización, non hai compañías profesionais, nin circuitos nininfraestrutura creada para que alguén poida pensar aquí a adicarse profesionalmente ó

ENTREVISTA A...

SERGIO COBOSNA VANGARDA DA CULTURA

TRADICIONAL

EMBATE

12

Page 13: EMBATE 3

baile.Para que o traballo de mestre de baile e música tradicional se puidera recoñecer comotal, non crees que se debería de empezar por crear unha formación adecuada parapoder impartir estes coñecementos?Si, pero aí métome cunha parte moi profunda do meu gremio. Creo que todos deberíamosser conscientes do que facemos, e das nosas limitacións, e eu penso que non todo o mundovale para dar clase. Dentro do meu gremio atopo cousas que non faría nunca, nin comoformación, nin como espectáculo. Quero dicir, os grupos de baile que foron un pouco osque se apropiaron do baile tradicional, son unha parte dunha escaleira á que lle falta unchanzo: unha formación profunda. En moitos deles tan só se ensinan coreografías. Eu pensoque é necesario darlle unha volta de torca a todo isto, deixar de aprender bailes paraaprender a bailar. A maior desgraza do noso baile é que a súa esencia, está completamenteafastada do que se está facendo, o baile galego é algo absolutamente creativo, e isto, éomitido no contexto onde na actualidade se pode aprender baile tradicional, que son osgrupos.Eu na actualidade atópome totalmente desvinculado do mundo dos grupos de baile, teño ungrupo de rapaces, en Godos, de entre 8 e 6 anos, ós que lles ensino a bailar nun contextototalmente distinto ó dos grupos de baile, estas clases ó final non repercuten en ningúnfestival, nin en ningunha actuación, eles veñen bailar e eu intento que descubran o xogueteque teñen co seu corpo e que aprendan a utilizalo.Pero entón eres un privilexiado dentro das clases de folclore. Todas as Asociacións deveciños, culturais, etc. que imparten clases de folclore, exixen ós mestres actuaciónspara mostrar o traballo, e que de algunha maneira este sexa un reclamo para novossocios.Non me deron a liberdade, foi unha condición para impartir as clases. Eu négome a ser parteda titiritada montada en torno ó baile galego. Renunciei ás clases de baile convencionais,porque non creo nelas, eu formo á xente para que aprenda a bailar. En canto ás actuacións dos grupos, teño que dicir que padecemos da escenaritis aguda,temos a firme crenza de que todo se pode subir a un escenario. En todas as festas, ospequenos conviven co escenario con normalidade, polo que lle acaban perdendo o respecto,e esquécese que o escenario é o lugar onde te subes para comunicar, para transmitir, ata opunto de que o baile tradicional galego está confundido, nunha porcentaxe altísima, nomáis ridículo: a parte decorativa dunha festa gastronómica.Sei que na actualidade tamén estás traballando en Trebón, un espectáculo queevoluciona o baile tradicional, nunha liña que xa experimentaran os músicos co folque.Como xurde a idea de crear Trebón?A verdade e que eu non coñezo nada máis evolucionado que o baile tradicional en si mesmo.Trebón xurdíu un pouco despois dunha colaboración nunha serie de temas con Berrogüetoe unha bailadora extraordinaria que se chama Cristina.Trebón nace como un intento de ir máis alá do que fixeramos con Berrogüeto, de unhamaneira propia.Intentamos facer algo que desordenara completamente os esquemas convencionais, unintento de dar un xiro completo ó que se está facendo, tan encasillado. Por exemplo,sacámonos o traxe tradicional que moitas veces se convirte nun lastre para o baile, o baileten un peso específico propio sen necesidade do traxe.Xa para rematar, es optimista en canto ó que se refire á recuperación da nosa cultura,e en concreto á recuperación do baile tradicional?Si, moi costoso pero posible. No caso do baile eu creo que é moi difícil que desapareza,basta que haxa unha persoa que descubra esa maxia, para que de repente sexan dúas…ademais a necesidade de expresarse segue estando de actualidade, igual que as ganas defesta… por este motivo o baile nunca chegou a morrer como tradición, eu penso que nonestá morto, que está moi vivo, pero hai que abrir as xaulas onde está para poñelo onde semerece, tería que estar aquí, nun bar, nunha festa...

ADD EMBATE

13

Page 14: EMBATE 3

Pu

bl

ic

id

ad

e

EMBATE

14

ESPAD

ELA AR

TESAN

ATO · R

úa do

Vilar, 5

8-BCom

postel

aGR

ÁFICA

S PLAN

ETA · P

edrauc

ha 9 ·

Tameig

a-Mos

CELTIA

· prox

imame

nte...

LIBRER

IA MEN

DINHO

· Avda

. Cast

elao,

7 · Vi

goCA

SA DA

S CREC

HAS ·

Vía S

acra,

3 ·Com

postel

a

A POL

A NA P

OLA ·

Rúa C

ervant

es, 19

· Vigo

LIVRA

RIA A P

ALAVR

A PERD

UDA ·

Rua

Castan

heiros

13 r/

c, Pel

amios

· Com

postel

aO B

ARDO

· Cerv

antes

5, Bai

xo · V

igo

LIBRA

RIA AN

DEL · R

úa Pin

tor Lu

grís, 1

0 · Vi

goA T

ULLA ·

Entre

rrúas,

1 · C

ompos

tela

O TUT

O DE M

ORA ·

Entre

cercas

, 52 ·

Compos

tela

JCeltia

proximamente...

1as Xornadas da mocidade

revolucionaria galega

8, 9, 10, 11 - maio

compostela - gz

Page 15: EMBATE 3

MOSSIN NAGANT red skins ,sounds from Euskal HerriaDesde Gasteiz chéganos 8 descargas de auténtico street punk da man de MOSSINNAGANT que nos presentan o seu primeiro CD titulado RED SKINS,SOUNDS FROMEUSKAL HERRIA.Atopámonos con 8 temas de claro contido social e político como gasteiz 3-3-76 nacal nos falan da loita e da historia do movemento obreiro vasco ou coma gasteiz-leningrado onde dan mostras das suas raíces comunistas ou gora euskal herria docal é imposíbel non quedarse co seu pegadizo estribillo “independentzia“ auténticohimno a favor da soberanía do pobo vasco, cabe destacar que o nome do grupo éo dun popular fusil soviético. Aínda que este é o seu primeiro CD xa contan cunhaimportante presenza a nivel internacional (tocaron recentemente en Italia). Desdeas páxinas do EMBATE desexámoslles sorte pois de seguro que darán moito quefalar. Se queredes adquirir o seu CD podédelo facer a través da súa páxina web:www.mossin-nagant.tk

libros

A

wwwwww.redesescarlata.orgDiante da situación degradante das organizacións políticas e sociais que, agásescasas excepcións, están incorporadas ao sistema neoliberal, facemos unchamamento ás persoas críticas con este estado de cousas para integrármonosnun colectivo soberanista de intervención social e política, constituíndo unhaASOCIACIÓN SOCIO-CULTURAL ou barco de pedra, chamada REDES ESCARLATA.

Tirado do Manifesto das Redes Escarlata

MUSICA

Conversas con Mendez FerrinXosé Manuel del Caño, ed. Xerais, 2005 [Crónica]Este libro recolle as conversas que en Vilanova dos Infantes mantivo o xornalista Xosé Manuel

del Caño con X.L. Méndez Ferrín sobre historia, literatura e política. Méndez Ferrín é figuracimeira da cultura galega contemporánea: grande mestre do relato curto, renovador da novela,voz poética rupturista, rigoroso crítico e investigador literario, polémico articulista e infatigable

militante da liberación política e social de Galicia.

A morte de A.Anxo Angueira, ed. Xerais, 2003 [Narrativa]Un rapaz anónimo escribe unha longa carta ao director dun xornal... na que confesa ser o

autor da morte de A., unha moza belísima de longos cabelos derrotados en ondas. Os sucesosdun negocio de lixivia ilegal, a busca dunha nota onde se transcribiu unha estrofa dun dospoemas da Quinta Folla de Resistencia Poética e a vida dunha célula clandestina de mozos

resistentes mergúllanos na memoria dos primeiros anos da Reforma Política en Compostela enas terras da Arousa do Barbanza.

EMBATE

15

Page 16: EMBATE 3

nREVOLUCIÓ

N

NACIO

NAL

POPULAR

cara a I

ndependencia

e o So

cialis

mo

#M

oci d

ade

R ev o

l uc io n

a ri a

Galeg

aADIANTE