EMBATE 2

16
Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) Número 2 | Decembro de 2005 EDITORIAL |páx. 2| Breves |páx. 3| A LOE, esa lei de esquerdas... |páx. 4-5| Stop represión |páx. 5| Vixiantes e preparad@s ante a Reforma Laboral que se aveciña |páx. 6| A CUT celebrou o seu II Congreso Nacional |páx. 6| As aulas tampouco quedan fóra da violencia sexista |páx. 7| Estatutos, Constitución e Autodeterminación |páx.10-11| O futuro é noso |páx. 12-13| O patrimonio galego está a morrer! |páx. 14-15| Libros-WWW |páx. 15| |páx. 8-9| ! ! 6 de decembro, nin Constitución nin Estatuto: Autodeterminación Autodeterminación para construírmos a R R EPÚBLICA EPÚBLICA G G ALEGA ALEGA

description

Voceiro de Adiante

Transcript of EMBATE 2

Page 1: EMBATE 2

Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

Número 2 | Decembro de 2005

EDITORIAL|páx. 2|

Breves|páx. 3|

A LOE, esa lei deesquerdas...

|páx. 4-5|

Stop represión|páx. 5|

Vixiantes epreparad@s ante aReforma Laboralque se aveciña

|páx. 6|

A CUT celebrou oseu II Congreso

Nacional|páx. 6|

As aulas tampoucoquedan fóra daviolencia sexista

|páx. 7|

Estatutos,Constitución e

Autodeterminación|páx.10-11|

O futuro é noso|páx. 12-13|

O patrimoniogalego está a

morrer!|páx. 14-15|

Libros-WWW|páx. 15|

|páx. 8-9|

!!

6 de decembro, nin Constitución nin

Estatuto:

AutodeterminaciónAutodeterminación

para construírmos a

RREPÚBLICAEPÚBLICA

GGALEGAALEGA

Page 2: EMBATE 2

Con estas liñas encetamos osegundo número do VoceiroNacional de ADIANTE (MocidadeRevolucionaria Galega), segundo eúltimo número deste ano que xa remata de 2005.

Apenas tres cuestións queremos suliñar nestaeditorial que cremos cruciais: a reforma educativacoa chamada Lei Orgánica de Educación (LOE) quenon é máis que continuar nos aspectos principaispolo camiño trazado pola dereita española do PPno seu día, camiño de privatización e de elitismo quefoi masiva e contundentemente rexeitado poloestudantado galego nas mobilizacións contra a LOUe contra a LOCE. Organizar @s estudantes contraesta nova agresión e aportar alternativas paracontinuar a loita polo Ensino Galego, Público e deCalidade é unha tarefa na que a nosa Organizaciónestá comprometida e será unha das principais liñasde intervención neste ano que entra de 2006.

Xunto ao anterior é prioritario para a nosaOrganización a denuncia da nova Reforma Laboralque se aveciña da man do PSOE, reforma quecontinúa a tendencia descarada de recorte dedereitos da clase traballadora e que afectaráespecialmente ás novas xeracións que se vaianincorporando ao mercado de traballo: segundo o

2EMBATE

EMBATEnúmero 2

Decembro de 2005Voceiro Nacional de

ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)[email protected]

www.adiantegz.org

EMBATE non ten por que compartirnecesariamente a totalidade das opinións aquí

expresadas.

Pódense reproducir os artigos citando a fonte.

Dep Legal: C-1813-2005

ministro “progresista” JesúsCaldera, e entre outras pérolas,pensan reducir as indemnizaciónspor despido improcedente, nos

novos contratos, a 33 días por ano traballado. Desdexa cómpre denunciar e parar esta nova ofensiva daclase capitalista de ganchete co Estado ImperialistaEspañol.

Por último reafirmar neste ano de reformasestatutarias o noso rexeitamento do marco xurídico-político emanado da Constitución española.Rexeitamento por profundas convicciónsdemocráticas xa que o único suxeito de soberaníaé o Pobo Galego e correspóndelle ao Pobo Galegosen inxerencias externas decidir libremente o seufuturo en exercicio do dereito de autodeterminacióninternacionalmente recoñecido e sistematicamentenegado polo réxime español. Seguiremos, pois,loitando pola nosa Independencia Nacional, polaRepública Galega, contra a Constitución e o seuEstatuto, con reformas ou sen elas. E con Castelaodicimos “Así e todo a miña Terra está en condiciónsde salvarse, porque conta con persoalidadeindiscutíbel e quer esteriorizala en forma de culturae de leis públicas, e día virá en que se goberne por simesma. Entón as realidades do noso tempo seránlembranzas aleicionadoras”.

EditoriaLR

ec

om

en

da

mo

s:

ARTESANATORUA DO VILAR, 58-B

TEL. 981 577 805 COMPOSTELA

TAMÉN ESTAMOS NA CORUÑAR/ VARELA SILVARI N:19

Vía Sacra, 3 · 15704 Compostela

Telef.: 981 57 61 08

www.casadascrechas.com

Rúa Pintor Lugrís, 10 (PRAZA DA INDEPENDENCIA) · 36211-Vigo

teléfono: 986 23 90 00

Pedraucha 9 Tel.-Fax: 986 33 87 03, 36416 TAMEIGA-MOS (Pontevedra)

Page 3: EMBATE 2

Breves Breves Breves Brev

3

O 15 de outubro ADIANTE (Mocidade RevolucionariaGalega) participou nos actos de solidariedade coasRevolucións Cubana e Venezolana que, co gallo doXV Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e deGoberno, se convocaron en Salamanca, sede doCumio. Participamos integrad@s na DelegaciónGalega que até alá se desprazou e que xunto condelegacións e manifestantes de outros paísesmarcharon polas rúas salmantinas amosando a nosaprofunda solidariedade con Cuba Socialista eVenezuela Bolivariana.

Na mañá do día seguinte e xa de volta na nosanación recibimos na Praza do Obradoiro enCompostela ao Presidente Hugo Chávez quen nosconvidou ao seu país para asistir ao Foro SocialMundial que se celebrará en xaneiro en Caracas.

Con Cuba e Venezuela

Manifestación o 18 dedecembro: en defensa dosnosos dereitos PAREMOS A

REPRESIÓNA Plataforma Galega contra a Represión convocapara o domingo 18 de decembro unhamanifestación nacional que partirá da Alamedacompostelá ás 12:30 horas, baixo o lema común“En defensa dos nosos dereitos. PAREMOS AREPRESIÓN”.

ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) apoiaa convocatoria, aberta e plural, en defensa dosdereitos e liberdades fundamentais en proceso derecorte desde as altas instancias do Estadoespañol.

Xornadas en Vigo: ADIANTE NADEFENSA DA TERRA

O día 1 de decembro organizamos na Facultade deFiloloxía e Tradución da Universidade de Vigo aprimeira parte das Xornadas “Adiante na Defensada Terra”. Esta primeira charla-coloquio xirou entorno á loita contra a especulación urbanística enCangas, contando coa participación de Tiago Aríspolo Foro Social en Defensa do Pobo, MarianoAbalo, concelleiro do grupo municipal da FPG eCándido Martínez de Luita Verde.

Charla de X. M. Beiras e AntónDobao en Compostela

A Autodeterminación e a reforma dos estatutos é otema sobre o que xirará a charla-coloquio queADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)organiza o 14 de decembro na Facultade deCiencias Políticas da USC. Os ponentes que botaránalgo de luz sobre tan ensarillada cuestión seránXosé Manuel Beiras e Antón Dobao.

O 29 de decembro regresará a Selección Galega de fútbol

Cun partido contra Uruguay no campo de San Lázaro en Compostela regresará aSelección Galega de fútbol. O partido será ás 20:30 horas. Horas antes, ás 18:30,

Siareir@s Galeg@s convocan unha manifestación baixo o lema UNHA NACIÓN, UNHASELECCIÓN que partirá da Praza de Pratarías até chegar ao estadio de San Lázaro.

ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) chama á mocidade a participar namobilización así como a asistir ao partido reclamando o carácter de NACIONAL para a

selección recén creada.

EMBATE

Page 4: EMBATE 2

O pasado 22 de xullo doano 2005 o Consello deMinistros do EstadoEspañol aprobou oproxecto da Lei Orgánicade Educación, unhareforma educativa quese nos presentou comounha lei “de esquerdas”e que apostaba polacalidade da ensinanzapública.

Somos da opinión deque as diferentesreformas educativaslevadas a cabo polosdistintos partidos nopoder (Partido Popular ePartido Socialista ObreroEspañol) contribuíron todas elas a afondar nunhaperspectiva centralista, selectiva, segregadora ediscriminatoria da educación; dende logo, a LOXSE, aLOU, ou a LOCE aprobada polo PP no ano 2002inciden neste aspecto. Presentamos aquí algúnspuntos da LOE, suficientes estes para rexeitala:

FINANCIACIÓNNa Disposición Adicional 3.2 da Lei establécese que“ O Estado e as Comunidades Autónomas acordaránun plan de incremento do gasto público en educaciónque permita o cumprimento dos obxectivosestablecidos na presente Lei e a equiparaciónprogresiva á media dos países da Unión Europea”.Lembrar que no periodo 1993-2002, o goberno doEstado Español foi minguando o investimento naeducación (baixou 16500 millóns de euros), mentresque, nestes mesmos anos, aumentaron nun 81% oscartos destinados á escola privada-concertada.

Con esta disposición o goberno do Estado semellacomprometerse a aumentar a financiación, mais nonse fala de Escola Pública, polo que facilmementepodería destinarse este suposto aumento á escolaprivada, na súa maioría católica, adoutrinante ediscriminatoria. Ademais, na memoria económicaincorporada á Lei non se establecen prazos nincantidades fixas que sinalen en canto aumentará ecomo e cando se realizará este incremento.

PRIVATIZACIÓNO sistema neoliberal leva anos convertendo enmercadoría todo aquilo susceptíbel de producir

algún beneficio. Conesta Lei “de esquerdas” o

Goberno do Estado español afonda na privatizaciónda ensinanza á que viñamos asistindo dende anosatrás. Na LOE, auméntanse os concertos esubvencións a centros privados, que se extenden atodas as ensinanzas declaradas gratuítas (até agorasó podían concederse a Primaria e Secundaria),abranguendo os Ciclos Formativos e Bacharelato.Estes concertos terán un carácter singular, xa que aAdministración aporta menos subvención ao centro,pero permite que este cobre matrículas aosestudantes.

No referente aos centros públicos, no artigo 122.3permítese “aos centros docentes públicos obterrecursos complementarios” negociando conempresas privadas. E non só. No artigo 72.5contémplase, referido aos alumnos con necesidadesespeciais que “As Administracións educativaspoderán colaborar con outras Administracións ouentidades públicas ou privadas sen ánimo de lucrocon responsabilidade oucompetencias sobre oscolectivos afectados,para facilitar aescolarización destesalumnos”. É dicir, aAdministración poderíasubcontratar ONG’s (ameirande parte delaspertencentes á IgrexaCatólica) en vez decontratar directamente aun profesional.

ENDURECEMENTO DO ACCESO Á UNIVERSIDADENo texto do proxecto, o artigo 38.6, di o seguinte:“Dacordo coa lexislación vixente, o Gobernoestablecerá, previo informe do Consello deCoordinación Universitaria, a normativa básica quepermita ás universidades fixar os procedementospara a admisión dos alumnos que superaran aproba de acceso.”É dicir, que non se accederá á Universidadedirectamente tras aprobar a Selectividade, senón que

A L.O.E., ESALEIDE

ESQUERDAS...

4EMBATE

A Educación privada-concertada debedesaparecer. A

Educación Pública tenque acadar a totalidade

dos recursos; éinadmisíbel que cosnosos impostos se

sufraguen os interesesparticulares da patronal

educativa e da Igrexa.

O artigo convértese

en fume mentres non

exista un serio

compromiso no que

apareza especificado

como se realizará este

incremento.

A Educación é, e asíten que considerarse,un DEREITO BÁSICOao que tod@sdebemos ter acceso;non é unha empresa,nin un produto máisdo mercadocapitalista co quecomerciar.

Begoña MartínezV

Page 5: EMBATE 2

as Universidades poderánestablecer probas deacceso propias,e n t r e v i s t a sindividuais...Non estamosante outra modalidade dareválida que propuña oPartido Popular na LOU??

DISCRIMINACIÓNAo longo do Proxecto da LOE, fálase varias veces daLei contra a Violencia de Xénero. Non obstante, noartigo 84.3, referido aos centros concertados,establécese que “En ningún caso haberádiscriminación na admisión de alumnos por razónsideolóxicas, relixiosas, morais, sociais ou denacemento”. Poderá entón discriminarse por razóns

de sexo? Segundo este artigo un centro privado-concertado poderá impartir ensinanzas separadas

por sexo (colexiosmasculinos e femininos),contribuíndo a perpetuaros roles machistas nasociedade, pois non écunha educaciónseparada como seconsegue a igualdade.

Concluír dicindo que aLOE non é pois a Lei “deesquerdas” que se nos

presentou, nin avoga polos que deberían ser osprincipios mínimos do ensino: popular (plenamentepúblico), científico, laico (malia que a materia derelixión non será obrigatoria, as concesións aosconcertados, á Igrexa, son moitas) e plural.

O Estado español é parte en seis dos sete principais tratados de dereitos humanos das Nacións Unidas,podendo mencionar o Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos, o seu primeiro protocolo facultativoen relación ao tema da tortura; e a Convención Europea sobre a prevención da tortura e outros tratos oupenas inhumanas ou degradantes.

Malia todos estes tratados e acordos, a tortura continúa a ser no Estado Español unha práctica común tantonas detencións realizadas pola policía como no interior das prisións.

Segundo se constata no Informe do Relator Especial da ONU (Theo Van Boven) publicado polas NaciónsUnidas sobre a cuestión da tortura no Estado:

Malia que na teoría o goberno rexeita a tortura, na práctica o sistema permite a ocorrencia de tortura oumalos tratos, en particular en relación coas persoas detidas en réxime de incomunicación.

O Dereito Internacional prohíbe en termos absolutos a tortura ou tratos inhumanos, o que en ningún casodebe subordinarse a outros intereses nin entrar en conflito con calquera lexislación aprobada. No informesolicítase a desparición do réxime de incomunicación e da política de dispersión, por consideralos en simesmos formas de tratos e penas inhumanas ou degradantes

O texto sinala que o marco legal presenta baleiros que permiten a aparición de condicións idóneas paraa tortura e impiden a protección e garantías dos detidos.

Do estudo realizado conclúese que os colectivos máis torturados son inmigrantes, pres@s polític@s ecolectivos étnicos coma os xitanos.

No noso país temos o exemplo cercano de Ugio e Giana, que, nestes 4 meses que levan dentro da prisiónforon xa obxecto de agresións, réximes de aillamento, dispersión, retencións do correo... Poderiamosmencionar tamén (salvando as distancias) aos celtarras detidos supostamente por agredir a un nazi, e amoit@s outr@s pres@s que sofren diariamente a vulneración dos seus dereitos.

Desde ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) queremos manifestar a nosa solidariedade con Uxío eXiana, pola vulneración dos dereitos humanos que están a sufrir, así coma con todos os demais presos epresas que sexan obxecto de torturas, tratos ou penas inhumanas ou degradantes, sexa cal for a súacondición.

X

X

X

X

5

STOPREPRESION

EMBATE

Unha proba propia dasUniversidades ademaisda Selectividade supónque estas poidan escolleros alumnos que mellorse axusten aos seusintereses, polo que secamiña, inda máis, cara aunha clara elitización eprivatización dos estudossuperiores.

Na educación

financiada con

fondos públicos tería

que estar

completamente

prohibido unha

discriminación por

cuestións de sexo.

Page 6: EMBATE 2

O grandecapital pon enuso, unha vezmáis, as súasarmas aorecorrer á malc h a m a d a

socialdemocracia paralevar a cabo oscambios máis bruscos nomarco das relaciónslaborais do Estadoespañol. É moito máisdoado, e historicamenteveuse demostrando,golpear ás conquistas daclase obreira e doconxunto das clasespopulares baixo omando dun goberno“progresista”, coainestimábel cooperacióndas súas correas detransmisión sindicais, edeixándolle a dereitamáis reaccionaria a agraaberta para reformasmáis lights aínda quelevadas a cabo dun xeitomáis bravo, sen diálogonin talante.

Como se pon demanifesto nas cifrassocioeconómicas que seveñen dando nos últimosmeses, o paro, máis aláde datos conxunturais,continúa configurándosecomo un dos principaiscancros do actual modode produción capitalista,nembargantes o númerode contratos asinadosrompe records mes ames o cal significa a

precariedade existente,moito máis patente namocidade e nasmulleres. Os asasinatosde traballadores/asocultos baixo oeufemismo burgués de“accidentes laborais”estanse convertendo nunacontecer diario. Assubcontratas son ohabitual nun mercadolaboral onde moitasveces non se ten moiclaro nin para quen setraballa, nin a quen haique pedirlleresponsabilidades. Asclases populares, desdea chegada do euro,veñen sufrindo unhanotábel perda de poderadquisitivo.

Con este panorama ogoberno español doPSOE propón asseguintes medidas co finde “mellorar” a situación:

- Despois de abrir ocamiño ao despedimentolibre permitindo que nonexista un motivo paralevalo a cabo, agorapreténdese eliminar undos poucos freos dapatronal, ou polo menos

da pequena e mediana,para despedir a un/hatraballador/a, aindemnización, pasandoesta de 45 días por anode permanencia naempresa a 33 días cunlímite de 24mensualidades. Con estamedida preténdeseanimar ao empresariadoa contratar de xeitoindefinido, posto que odespedimento abarátasenotabelmente, o quecreará a inestabilidadeplena no traballo, pois ocarácter indefinido docontrato non será máisque papel mollado.

- O goberno asumirá atéun 40% das cotas aoFondo de GarantíaSalarial (FOGASA),garante dos salarios d@straballadores etraballadoras, e da cotada Seguridade Social,peto do que se abonanas pensións, que llecorresponde abonar aoempresariado, alegandoen ambos os dous caso osuperavit existentes.Sempre lle sacan á claseobreira directa ouindirectamente.

- P a r asolucionar oproblema dap e r d aadquisitiva eda continuasuba da

inflacción proponse aintervención nanegociación colectiva,marcando, comomáximo, as subassalariais no que o Estadoespañol “estime” vai sero incremento do IPCnese ano. Esta medida xafoi pactada este ano coascentrais sindicaismaioritarias.

Agora máis que nunca,desde ADIANTE( M o c i d a d eRevolucionaria Galega)exiximos un MarcoNacional de RelaciónsLaborais sen recortesdas conquistas da claseobreira e adaptado árealidade nacional donoso país.

Cómpre, pois, estarmosvixiantes ante a ReformaLaboral que se aveciña epreparad@s para darresposta clara econtundente a esta novaagresión aos intereses eaos dereitos da nosaclase.

VIxIANTES E pREpARAd@S ANTE

A REfORmA LABORAL

qUE SE AVECIñAADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)V

A CUT CELEBROU O SEU II CONGRESO NACIONALA Central Unitaria de Traballadores/as(CUT) celebrou o 19 de novembro o IICongreso Nacional co lema UN NOVOSINDICALISMO DE CLASE. Militantes deADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)afiliad@s á Central sindical participaronactivamente en todo o proceso congresualsendo electa unha compañeira da nosaOrganización como membro dos máximosórganos de dirección entre Congresos. Sendúbida os resultados deste II Congreso vansupoñer a apertura dunha nova etapa de

afianzamento e impulso da loita da claseobreira galega.

6EMBATE

Page 7: EMBATE 2

A violencia sexista, aoigual que calquera outrotipo de violencia ten asúa orixe en sentimentosde superioridade. Nestecaso, son os homes, nontodos, os que seconsideran superiores,distintos ás mulleres. Adiferenza non tería quecrear xerarquización, ninimposición nin maltrato,nin ridiculizacións pero éasí, e xa na primeiraetapa de socialización,cando na escola, nenos enenas teñen queaprender a convivir

xuntos e a respectarse.Xa desde un principio,atopámonos cunhasocialización sexista:cores ao nacer, contoscon modelos distintos,xogos e xoguetesdiferentes, medios dec o m u n i c a c i ó n(fomentando aagresividade neles e aapariencia externanelas), tarefasdomésticas asumidas engran parte polasmulleres... e con todaesta carga de xénerochegan ás aulasacompañados dosefectos da primeirasocialización: os nenosmedran sentindo que asdiferentes son as nenas eque eles son os suxeitosde referencialexitimando así o poderpara ridiculizar todo o

“A educación damasculinidade tenque cambiar,ensinando aosnenos a conectarcos seussentimentos, assúas debilidades,os seus medos enon fomentar a leido máis forte, aprepotencia e oabuso comométodo paraacadar os seusdesexos”

que fan elas econsideralo inferior.

No mundo patriarcal noque vivimos o acoso venrepresentado dedistintas formas e aescola non é aexcepción: o acoso nonten por que ser só físico,en ocasiónsesquecémonos do acosomoral ou o denominado“bullying”, termoacuñado pola sociedadeestadounidense paradenominar a violenciaque sofren os rapaces, een especial as rapazasnas súas aulas debido aeste recurrido acosopsíquico que na maioríadas veces traspasa afronteira tamén docarnal.

O “bullying” non estárecoñecido como delito,senón como algo decostume entre osrapaces, algo ao que nonse lle dá importancia,sabendo que acontece acotío, quedando todo ensimples programas deeducar na convivencia eno respecto aos demaisetc., etc., que acabansendo bos desexosinoperantes.

No noso país hai unhagrande porcentaxe deacoso nas escolas,universidades, e encalquera ámbito enxeral. Converténdose enchantaxe sexual,vexacións, ou“pequenos” xestos quemoita xente califica debanais como que unrapaz lle toque o cu aunha nena, e que sonclaramente símbolos de

acoso e violenciamachista. Incluso enmoitas ocasións, sonlevados á práctica poloresponsábel de darllesunha educación: oprofesor, un adulto noque se acabaráconvertendo o nenosocializado na sensaciónde superioridademasculina.

Malia que o home comoúnico suxeito dereferencia existentehistoricamente asentouesa xerarquía e o mundopatriarcal, a mullerconverteuse en parteactiva da nosa produciónsocial. Alguén que saibaalgo de historia sabe queson imposíbeis astransformacións sociaisimportantes sen aaxitación entre asmulleres.

Precisamosacabar cosistema no

que estamosi n s t a l a d @ s ,

comezando porunha primeira

socialización, nonpartindo dasdiferenzas de sexo oudos roles sexistas.

A educación damasculinidade tenque cambiar,ensinando aosnenos a conectar

cos seus sentimentos, assúas debilidades, osseus medos e nonfomentar a lei do máisforte, a prepotencia e oabuso como métodopara acadar os seusdesexos.

Conseguir que as nenasnon asuman roles dedominación para asísentirse ao mesmo nivelque eles, para deixar deser inferiores, copiandonun intento deigualdade, o peor doestereotipo masculino.

Isto leva de fondo unhaloita socialista queerradique o modeloimperialista e abusivodo capitalismo, paraque as xeraciónsvindeiras, esteaneducadas na igualdade,o respecto e non enrelacións de poderonde a muller é ocomplementario dohome.

AS AULAS TAMPOUCO QUEDAN

FÓRA DA

VIOLENCIA SEXISTA

EMBATE7

ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)V

Page 8: EMBATE 2

Desde ADIANTE( M o c i d a d eRevolucionaria Galega) cremosnecesario neste ano de debatesestatutarios e de continua propagandanos medios de comunicación sobre omarabillosa que é actual Constituciónespañola ofrecer algúns apuntamentossobre a devandita Constitución española de1978:

Despois de 27 anos da entrada en vigor daConstitución española (CE) actual,podemos ollar nestas breves notas máisclaramente o seu carácter imperialista,

sustentada nun nacionalismo español, queonte como hoxe, segue dominando asestruturas enteiras do Estado español.

A CE de 1978, como no seu momento a leide “Principios del Movimiento Nacional” de1958, ten un obxectivo fundamental: asustentación dun réxime baseado nahexemonía da nación española e da súaoligarquía, a cambio do asoballamento dasnacións do Estado español e das súas clasesobreiras e populares.

Así, a CE nega a soberanía do Pobo Galego,e das demais nacións do Estado, no seuartigo 1.2, ao afirmar que “la soberaníanacional reside en el pueblo español, delque emanan los poderes del Estado”.

Ademais, no artigo 2 afirma que “laconstitución se fundamenta en la

AUTODETERMINACIÓN PARA

O Estatuto deAutonomía é

simplemente unhaLei Orgánica do

Estado español, enconcreto a Lei

Orgánica 1/81, de6 de abril de 1981

No referendumconstitucional de

1978 tan sóvotaron

favorabelmente o44,2% d@sgaleg@s

8

O Partido Galego do Proletariado coida que é chegado o intre

de facer pública a sua posición política diante da Constitución.

A Constitución é a culminación dun proceso iniciado coa Lei de

Reforma Política de Decembro de 1976. Con il trátase de

cambear algo pra que nada se conmova.

Como partido marxista-leninista de práctica nacionalista

popular, o PGP ve nese proceso unha adecuación das

institucións públicas ás necesidades presentes da oligarquía

monopolista.

O proceso ao que nos referimos, chamado tamén Reforma

Política, foi capaz de atraguer a unha morea de forzas obreiras e

populares que acumularon claudicación sóbor de claudicación,

póndose ao servicio da política da grande burguesía.

Os militantes que hoxe forman no PGP opuxéronse á dita Lei de

Reforma Política proclamando a abstención no Referendum do

15 de Nadal. Dende entón non deixamos de opórnos

consecuentemente á Reforma, mentras outros daban bandazos

afogándose nas propias contradiccións ou traicionando á clase

obreira que decian representar.

Chegados ao ponto das eleicións do 15 de xuño pró parlamento

español, ábreselle á forzas galegas obreiras e nacionalistas a

Ante o ReferéndumDocumento:

EMBATE

A ter en conta:

AAUTODETERMINACIÓN

é o dereitopermanente e

inalienábel queteñen os pobos a

decidir o seudestino en

liberdade, sexadotándose dunEstado propio,

soberano eindependente,

sexa uníndose aoutros pobos

baixo a fórmulaque considerenmáis adecuada,sexa calqueraoutra a súa

decisión

Page 9: EMBATE 2

indisoluble unidad de la nación española,patria común e indivisible de todos losespañoles (...)”.

Sendo estes dous artigos, un claro reflexodo espírito profundamente imperialista doEstado español e da súa norma básica.

Pero, non só suprime e prohibe o dereito deautodeterminación de Galiza e das demaisnacións do Estado, senón que emprega acoacción e a ameaza directamente no artigo8, afirmando literalmente que: “las FuerzasArmadas, constituídas por el ejército detierra,(...) tienen como misión garantizar lasoberanía e independencia de España,defender su integridad territorial y elordenamiento constitucional”. Pretendendoser, este artigo 8, un seguro para oimperialismo español, que a través da forzae da ameaza quere impedir calquera

intento lexítimo do Pobo Galego para seconstituír nunha república independente.

Tamén a Constitución repercute nasituación da nosa lingua e da nosa cultura,estabelecendo un status prioritario para oidioma español e relegando ao galego,catalán e basco a un lugar secundario. Así,no artigo 3.1 di que: “el castellano (español)es la lengua oficial del Estado” e “todos losespañoles tienen el deber de conocerla y elderecho a usarla”. Co termo “deber”remarca a superioridade do español sobre oresto de linguas que existen no Estado,reservando un lugar secundario para aslinguas que, como o galego, téñense queconformar coa oficialidade do “dereito” de

usala.

CONSTRUIRMOS A REPÚBLICA GALEGA

6 de decembro, nin Constitución nin Estatuto:

9

“grande posibilidade” –trabucada, claro está- de chantar no

Congreso e no Senado representantes nacional-populares que

forzarían dende alí, sexa a “ruptura” soñada nos primeiros

tempos do postfranquismo, sexa o camiño cara a

autodeterminación da nosa patria. Dende alí esperaban lograr,

pola forza da razón, derrotar á dereita representante do gran

capital, sen decatarse que a razón da forza ía prevalecer porque

pra eso estaban tódolos mecanismos preparados.

O PGP (daquela, liña proletaria da UPG) sinalou o senso da

farsa eleitoral e proclamou o boicot e a abstención activa.

Participan un PSG aínda ateigado de elementos arrivistas e

españolistas e máis unha UPG na que xogaba en vangarda a

fracción socialdemócrata que, sentíndose fracasada, habería de

dar lugar ao POG pouco máis tarde.

O pobo galego respondeu o día 15 de xuño cunha abstención

masiva (42%), superior á do denanterior Referendum, a máis

alta do Estado Español. Encol deste feito histórico, tódolos

partidos participantes estenderon un veo de silencio. O erguer

ese veo suporía, prá esquerda nacionalista participante, o

atoparse coa miseria da sua propia imaxe.

¿Pra que participar nas eleicións lexislativas? ¿Pra facer

rebumbio no parlamento como Letamendia? Cecáis, pro ¿que

conseguiu alí ese compañeiro que hoxe é consciente do seu

fracaso ao tempo que as forzas nacionalistas vascas que

mantiveron no 15 de xuño unha postura abstencionista se

reforzan e son recoñecidas coma as únicas defensoras da loita de

liberación nacional de Euskadi?

Ou sexa: que se o 15 de nadal escomenza o poceso de Reforma,

o 15 de xuño significa a materialización desa Reforma. Se o

PGP negou unha e outra vez a Reforma, debe ser (e éo)

consecuente opoñéndose vigorosamente á última fase da

operación. Esta última fase é a elaboración dunha Constitución

e o sometimento do seu texto a Plebiscito.

O PGP rexeita a Constitución.

Constitucional: ABSTENCIÓN ACTIVA

Este texto é a Introdución dodocumento publicado polo PartidoGalego do Proletariado (PGP) no quefacía pública a súa posición sobre aConstitución española que en breve íaser refrendada. En poucos díaspoderás consultar o documento íntegrono apartado de Formación da nosapáxina web.

EMBATE

Page 10: EMBATE 2

En outubro do 2005 o parlamento catalán,con case o 90% d@s súas/seusrepresentantes (todos excepto o P.P.)aprobaba un novo estatuto de autonomía paraCataluña, recollendo no seu artigo 1 a definición deCataluña coma unha nación.

Acababa de prenderse a luz de alarma en Madrid, aunidade da nación española estaba en perigo, e oimperio comezou a mobilizar todos os seus recursospolíticos, mediáticos e ata militares (ameazas dosxefes do estado maior do exército español) contra adecisión e a vontade d@s representantes das e doscidadáns cataláns (sendo a democraciarepresentativa o seu paradigma de democracia).

A palabra sagrada “Constitución”,nun paralelismo coa palabra“Deus” nos sistemas teocráticos,volta a facer aparición, pechando eprohibindo calquera intento dedebate sobre a cuestión nacionalespañola.

O nacionalismo español(imperialista) parece quedescoñece que unha nación é eexiste cando un pobo ten avontade de selo e cando dito pobodesenvolve unha consciencia deselo (no caso catalán a través d@ssúas/seus representantes).

Descoñecen tamén a superación,no campo da teoría política, doconcepto do Estado-nacióndominante nos últimos séculos, ereflexo da ancoraxe no pasado donacionalismo estatal español.

Tratan de impor a idea dunha “España” coma naciónúnica e indivisíbel, apoiándose nos enormesrecursos (políticos, económicos, lingüísticos,culturais, mediáticos e militares) estatais. Impoñenunha falsa idea de igualdade como uniformización ecentralización, reflectido no campo lingüístico,cultural, político e económico.

Enfrontan, neste monólogo político, a democracia eos dereitos individuais dos “cidadáns españois”, coavontade política das Nacións sen Estado propio.Enorme falacia.

O Estatuto Galego e a Autodeterminación

Na Galiza (territorio da comunidade autónomagalega) a situación é ben diferente, o parlamento deCompostela (o PP é a forza maioritaria) non é o deCataluña, e as orixes do PSOE galaico non foron asmesmas cas do seu homologo PSC catalanista.

O ordenamento xurídico-institucionalobriga nun primeiro paso á aprobaciónde dito texto no parlamento

autonómico, contando co apoio do PSOE e PP,pasando ademais nun segundo nivel ao parlamentoespañol e á máis que probábel e necesaria reformada constitución do 1978.

É dicir, que ante a máis que difícil aprobación noparlamento de Compostela dun estatuto queconteña a definición de nación para a Galiza, aopasar ao parlamento central e ao esixirse a reformaconstitucional, esta minúscula posibilidadeconvértese nun imposíbel (en remota).

Unha aclaración inicial: a afirmación de que asfronteiras do Estado españolcoinciden coas da naciónespañola é unha falacia.

E a afirmación de que o Estadoespañol nunca antes reformou aconstitución do 78 para cederparte da súa soberanía é unhanova falacia, xa que este feito xase produciu en 1986 para que oseu ingreso na comunidadeeuropea fora posíbel.

Así, o Pobo Galego, constituído enNación, ten dereito a súaautodeterminación, é dicir odereito político a decidir por simesmo, determinando a súapropia situación política senningún límite.

Pero a Autodeterminación, non é,a priori, un grao máis de autonomía, nin supón aindependencia de ningunha nación, é sinxelamenteo dereito e o poder a través do cal un pobo ten acapacidade de decidir o seu sistema político e o seumarco institucional, así como as relacións conoutros pobos e actores internacionais.

A Galiza é unha nación cunha lingua, cunha cultura,historia e territorios propios, sendo unhacomunidade estábel, historicamente formada deidioma, territorio, de vida económica e de hábitospsicolóxicos reflectidos nunha comunidade decultura.

Pero este concepto de nación debe estar formadopor unha característica máis: a vontade, é dicir aconsciencia dun pobo de que é unha nación.

Para conseguir nós mesm@s, galegas e galegos, onoso dereito de autodeterminación, a nosa vontadede ser nación é fundamental. E que mellor marcopara esixir a nosa autodeterminación que aquel que

Brais FidalgoV

ESTATUTOS, CONSTITUCIÓN E

AUTODETERMINACIÓN

10EMBATE

Page 11: EMBATE 2

recoñeza oficialmente a nosa nacionalidade, á Galizacoma unha nación.

De igual xeito que no seu momento esixiuse aoficialización da nosa lingua, coma o inicio danormalización lingüística do noso país (na prácticafoi outra cousa), neste momento tod@s @s galeg@stemos que reivindicar a oficialización da nosacategoría nacional coma o inicio do exercicio dosnosos dereitos coma nación.

Máis desta potencialidade da nación galega taménson coñecedores as forzas políticas españolas (PP ePSOE) e a oligarquía á cal representan, e por iso nono van a permitir.

Así, a non oficialización dentro do Estado español donoso “estatus” de nación é algo previsíbel, por isonon ten que supor ningún atranco no noso camiño,estamos acostumad@s ao desprezo e ao intento derexionalización do Estado español, e por isocontinuaremos loitando polo noso dereito políticoinalienábel de determinar o noso futuro e degobernarnos a nós mesm@s, sen ningunhainxerencia externa.

Que a Galiza é unha nación é algo incuestionábel, eneste sentido poden existir voces que reivindiquen aintegración da nación galega no Estado español, senembargo o recoñecemento da nosa identidadenacional e a conseguinte plasmación nun marcopolítico-institucional dentro das fronteiras do Estadoespañol, a día de hoxe, é un imposíbel .

Ademais a hipótese de que o Estado español poidaevoluir cara un estado plurinacional de soberaníacompartida horizontalmente é negada polo contextoactual de nacionalismo español (imperialismo)abafante, perpetuado no artigo 2 da constitución do78, e pola propia historia “española” de 500 anos deanexións e colonizacións, só freadas polosmovementos liberadores e emancipadores que ascombateron.

Non nos podemos conformar coa simpleoficialización da nación galega polo estado español,podendo ser este en realidade un primeiro paso,senón que ademais debemos rachar con todos oslímites que lle queiran pór á vontade do noso pobo,salvagardando a súa libre expresión, a súasoberanía.

Pero non nos enganemos, a norma básica sobre aque se debe fundamentar o funcionamento decalquera nación do mundo debe ser unhaConstitución, emanada da soberanía desa nación, econstituída en Estado propio e independente, e nonun estatuto de autonomía.

Neste sentido, é preciso rachar a estrutura xurídico-política actual do Estado español, producíndose oexercicio de autodeterminación para as nacións queforman parte del, e sendo acatado por este, a libredecisión destas nacións, independentemente de cal

fora o seu resultado.

Así, a loita nacionalista (anti-imperialista) debecamiñar cara a independencia nacional, sendo esta aúnica formula válida para a reconstrución (en todosos campos) da nación e para a nosa sobrevivenciacoma pobo, sobre unha nova estrutura institucional.

11 EMBATE

CASTELAO

E DOS

NACIONALISTAS

E NON DOS

ESPAÑOLISTAS

´

Page 12: EMBATE 2

“Era Galicia cen avós de

[terra

sen vingar, mudos ecos

[que nos moven”

X.L. Méndez Ferrín

Clamaba o camarada

Hugo CHÁVEZ para unha

audiencia de mozos

socialistas de ámbito

i n t e r n a c i o n a l ,

sementados

na bandeira

vermella e

xigante na que

debe ser

tecido o noso

mundo. Así era o

seu verbo: “el

futuro es

vuestro” e

nosoutros, digo

nós e digo

ADIANTE (Mocidade

R e v o l u c i o n a r i a

Galega), temos

como encárrego

consciente o de

levar con agarimo estas

verbas latinoamericanas

e insubmisas; que foron

xa antes alemanas,

inglesas, galegas e de

moitos outros homes;

acochadas na morna

bandeira da nosa Patria.

E é que hoxe por hoxe

non podemos negar

unha función intrínseca

que nos corresponde e

ha de ser (e así acontece)

a de sermos pioneiros na

loita da mocidade

(mocidade proletaria,

mocidade estudantil)

cara liberármonos das

cordas decrépitas que

atan ao noso País polo

pescozo.

Xurde ADIANTE

( M o c i d a d e

Revolucionaria Galega)

cun estouro así moi

potente co que debe

nacer unha plataforma

para o futuro, o futuro

que nada máis pode ser

noso e nada máis pode

chegar no ventre

metálico da semente que

esp ichemos

na terra fértil do noso

Tempo.

Xa se foi a primavera de

outono que dirían na

nosa terra, porén aínda

como un presente digno

(e nunca un pretérito

narcisista) temos aquí

hoxe, nomeadamente

neste Embate, escrito

outravolta un punto de

partida ou unha estrada

para o porvir. Porque nos

constituímos como unha

nova organización sen

medo, que ten que ser

quen de escoitar decote

(e entender) o berro

proletario que profire

unanimemente o pobo

galego: un berro erguido

contra a explotación,

contra o roubo da

plusvalía que en favor

da banca e dos intereses

privados realizan

estúpidos homes coa

man branquísima de

neve, contra o roubo que

estes homes

perpetran sobre a pel

nixérrima e labrada en

suor dos traballadores.

Somos moz@s e

recollemos moi dentro

de nós (cecais nos areais

atlánticos do

pensamento) as verbas

que ceibamos sobre a

sociedade, que son as

dunha mocidade á que o

Goberno Hespañol lle

nega o acceso a unha

educación nacional e

galega que na nosa

lingua nos é propia,

mocidade que ten que

soportar a negra sombra

de sotanas que non atura

e que é costeada cos

fondos do seu pobo

laico; que non se resigna

a agachar a cabeza e

encher de garfos

enferruxados o corazón

para evitar as bágoas ao

atravesar as fronteiras

da emigración á que nos

impulsan e obrigan, que

quere oito horas cinco

días á semana

e non

contratos

lixo. Nos

n o s o s

beizos ten

acocho a

p a l a b r a

férrea en

contra da

globalización

c o o r d e n a d a

sobre a

inxustiza social

e a sobre-

explotación dos

galegos, dos

proletarios e sobre todo,

hogano, enriba da sobre-

explotación de nós, @s

moz@s, xa que se nos

quere someter co látego

da Constitución e os

Estatutos-mentira a

cambios de destino, á

insolvencia, á rúa como

vivenda única que

podemos adquirir, ás

horas extras obrigadas e

non retribuídas, ao

despido incontrolado, ás

fins de semana de

traballo, e aínda: á

represión por pensarmos

O FUTURO É NOSOBrais GonzálezV

12EMBATE

Page 13: EMBATE 2

en clave de galegos e en

clave de Galiza.

En ADIANTE deixamos

manifesto que non

renunciamos aos nosos

dereitos de estudantes,

de proletarios, de

galegos.

Construímos este noso

edificio de loita para non

permitir que se perpetre

ningún asasinato, ou

non caia ningún neno

ferido, muller

maltratada, home sen

fogar ou non se produza

ningunha morte por

fame, discriminación,

represión política,

detención ilícita sen que

na nosa voz quebrada

responda.

E por suposto, somos

internacionalistas no

camiño de non sérmonos

indiferentes aos sucesos

globais e aos asasinatos

que acometen a nivel

mundial a grande banca,

o grande capital

financeiro dos EEUU e do

Goberno Hespañol

tamén, como moitos

outros gobernos

montados na plataforma

monicreque e

neocapitalista que é a

UE. Que se o Iraq, que se

Cuba, que se México,

que se Palestina... e

somos así, para quen

aínda o dubide, uns

xoves nada acostumados

ao silencio, porque o

silencio é tamén a morte

ou o asasinato voluntario

da conciencia. Así, o

noso puño solidario

soará decote nas portas

de ferro das nacións

amigas e sempre,

sempre agarimará a

ollada dos mozos

insubmisos e rebeldes e

os proletarios non

redimidos. Unha morte

en Palestina, será unha

morte aquí nos miolos

mesmos da Galiza e non

haberá indiferenza,

endexamais, para os

miolos desviados e

ciscados dunha nai

palestina no noso vieiro.

Din no EZLN que “hai que

globalizar a resistencia”,

e nós deste xeito

erguemos o saúdo cara a

Venezuela, Cuba, Bolivia,

Sahara, Euskal Herria,

Catalunya, Breizh,

Occitania, Brasil ou

moitos outros países cos

que compartimos a

lingua sobre a ferida

esta que só pode pechar

a consecución da nosa

liberdade.

Porque malia que moitas

veces a represión

policial actúe de

valedora deste estado de

cousas que está por

rachar, en ADIANTE

( M o c i d a d e

Revolucionaria Galega)

estamos prestos para

traballarmos na obra

comunal de construír

solidamente a nosa

socialista e moi vermella

República Galega.

13 EMBATE

Coa iniciativa do novo goberno autonómico que levou á creación dunha “selección galegade fútbol” que xogará o seu primeiro partido contra Uruguay o 29 de decembro desteano ponse de novo á orde do día un debate que trascende o meramente deportivo nunpaís como o noso coa súa soberanía conculcada por un Estado alleo. Esta decisión dungoberniño apéndice do español, freada durante moito tempo cando o xestionaba oaparello da dereita española, sen dúbida tardaría en darse se non tivesen existido moitase variadas iniciativas que demandaban seleccións propias, nomeadamente de fútbol,desde o deporte de base a manifestacións de diversos xogadores entre os que destacouNacho, ex-xogador do Compostela, ou a mesma existencia de Siareir@s Galeg@s.

O carácter nacional de Galiza ten de expresarse en todo tipo de manifestacións (taménas deportivas), rompendo cos marcos impostos, neste caso a Lei do Deporte de 1990,que impide a competición das seleccións autonómicas en campionatos internacionais. Sealgunha virtualidade ten a decisión de crear a selección de fútbol ten que ser a deaglutinar e aguilloar aos distintos sectores para non ficar parados ante este remedo deselección e avanzar cara conquistar as nosas auténticas Seleccións Nacionais neste e entodos os deportes.

ADIANTE COAS SELECCIONS NACIONAISGALEGAS

Page 14: EMBATE 2

A industrialización, aemigración ás cidades aposterior aparición datv e as novastecnoloxías mudaronradicalmente o modo devida do mundo ruralgalego, se ben éverdade que dado quetodas estas novidadesque xa nos cegaban conatraso, foron benacollidas por galeg@stamén é verdade quefixeron que nossubiramos ó tren daglobalización mundialsen a posibilidade depoder baixarnos del.

Este longo procesoiníciase cara principiosdo século XIX, e traeconsigo a inevitableperda da gran maioríadas tradicións galegasque en algúns casos sonsustituídas por outrasestranxeiras, de estamaneira se explica queesteamos a aturar ascelebracións doHalloween, que veñen asustituir ó antigo Samaíngalego. Será na décadados 70 cando un grupode xente, consciente deque parte do nosopatrimonio cultural seestaba a perder decideemprender a titánicatarefa da súarecuperación.

O folclore é o conxuntode tradicións, crenzas,lendas, música, bailes,costumes, etc populares,transmitidas de xeraciónen xeración propias dunpobo ou país. Galiza é opaís có folclore máisamplo de toda apenínsula ibérica, nin

cataláns, bascos,andaluces ou castelánscontan con un folcloretan rico tanto encantidade como encalidade como o galego.

A pesares de que a Leido Patrimonio Galego“(…) ten por obxecto aprotección, aconservación, oacrecentamento, adifusión e o fomento dopatrimonio cultural deGalicia, así como a súainvestigación etransmisión a xeraciónsfuturas.” E que ademáisnos seus artigos 64, 65 e66 inclúe ó folcloredentro dos campos dasúa protección, arealidade é que osesforzos da Consellaríade Cultura da Xunta deGaliza son, sen máis,nulos.

Dende os anos 70 ata aactualidade o traballo daAdministración está a sersustituído porparticulares. O traballode recuperación corre daconta de catro tolos que

adican os seus cartos,tempo e traballo enpercorrer as aldeas daGaliza na busca decantos, bailes, etc. Otraballo de conservacióndepende dos medioseconómicos que poidanter estes particularespara garantir a correctaconservación das cintasde vídeo e audio que elesse molestaron enrecoller. O traballo dedifusión realízanno, nomellor dos casos, asAsociacións Culturaisque contan con mediosrealmente precarios paragarantir unha difusióndigna do folclore(lembremos a política dasubvención raquítica,que significa pan parahoxe e fame para mañá).En moitos casos son asmesmas AsociaciónsCulturais dedicadas ófolclore quen tiranpedras contra o seupropio tellado, xa quemoitas, sen sabelo,aínda son herdeiras naactualidade, da SecciónFeminina de Franco.

A permanencia dos

restos da SecciónFeminina é unhaconsecuencia máis dapouca seriedade coaque se trata á culturatradicional. A Xunta deGaliza debera garantirque as clases defolclore galego que seimpartan enAsociacións Culturaissexan realmente defolclore galego, e enningún dos casospermitir e moito menossubvencionar ás falaciasfranquistas. Esta seríaunha medida

importante para a dignadifusión do folclore, coaque ademáis se poderíachegar con relativafacilidade a tódolosConcellos da Galiza,dado a demanda queexiste de alumnosinteresados na culturatradicional galega.

Esta demanda fai daghaita un instrumentopopular, é aquí ondecomenza e onde acaba ointerese dos partidospolíticos no folclore.

Esta mesmapopularidade en lugar deser dirixida cara nunhaaposta pola cultura, éhábilmente prostituída.

Un exemplo claro son os1000 ou 5000 (moitos)ghaiteiros no Obradoironas investiduras de D.Manuel.

Este despregue deghaiteiros non é unhaaposta pola culturatradicional, nada máislonxe da intención do de

O PATRIMONIO

GALEGO

ESTÁ A MORRER

V

!

14EMBATE

Sabela Romera

Page 15: EMBATE 2

Vilalba. En realidadetrátase dunha dasutilizacións populistas edemagóxicas ás que nostiña tan acostumados oPP.

Cando o exemplo dosgobernantes é dedesprezo cara ó seupatrimonio, non nossorprende que algúnscidadáns como o SeñorDirector da Real Bandade Gaitas da Deputaciónde Ourense seavergoñen da súahistoria e busquenreferentes noutrasculturas como aescocesa, desta maneiraos seus muchachoslucen ghaitas de tresroncos e preciosas saiasde cuadritos, que comotodos sabemos sonvestimenta habitual entódolos concellos daGaliza dende temposancestrais.

Despois de levar máis de25 anos de duro traballopola dignificación do

noso patrimonio aíndanon resulta fácil falar decultura tradicional,folclore ou etnografía,porque existe unhaopinión xeneralizada deque se trata dun temamenor, pouco serio. Estetipo de opinións dansepor parte dos queignoran que o folclore éPatrimonio Cultural.Noutros casos o rechazoá etnografía dase polaunión dos termos atrasoe folclore. É verdade quea cultura tradicional sóse mantén viva nuntempo que coincide coahistoria máis negra daGaliza, pero tamén éverdade que paralela aestas circunstanciaspolíticas se estabamantendo unha dasmostras culturais máisricas e importantes dopobo galego.

Compañeir@s, a culturatradicional non é untema pouco serio, perosi é un tema tratado conpouca seriedade.

EMBATE

LIBROS libros lO fracaso neoliberal na Galiza

En abril deste ano chegou ás nosas libraríasesta poderosa arma en forma de libroescrito por Xavier Vence, Catedrático deEconomía Aplicada da USC, e publicado porEdicións A Nosa Terra. Poderosa arma porcanto fornece aos e ás revolucionariasgalegas dunhas ferramentas máis quenecesarias para podermos afrontar osactuais desafíos que o capitalismo plantexaneste caso na nosa nación. Como se afirmana presentación do libro: “Unha crítica queabre paso a propostas para revirar asituación, na convicción de que urxe amobilización activa da intelixencia e dasideas para impedir que a arroganciasimplista dos neoliberais se traduza enderrotismo e desistencia do resto dasociedade”.

Antologia do Conto Português

Falemos do conto; falemos da tradiciónoral, dos mitos, das lendas, do romance...Falemos tamén do Realismo literario doséculo XIX e fagamos especial mención aEça de Queirós, un dos maiores escritoresportugueses neste xénero. Falemos, pois,do conto portugués.

Jõao de Melo, Conselleiro Cultural daEmbaixada de Portugal en Madrid, reúnenesta Antologia do Conto Português,publicada na Editorial Dom Quixote, unhafantástica selección de contos na queatopamos a Alexandre Herculano, Eça deQueirós, Miguel Torga, José Viale Moutinho,Maria Velho da Costa, José Saramago, JoséRégio, e tant@s outr@s imprescindíbeispara coñecer os comezos, a evolución e aactualidade do conto portugués. Comosinala o seu autor no prefacio “é bempossível que o conto português, em toda asua amplitude histórica, comporte em si ostemas, as sensibilidades de geração, ossinais, as estéticas de grupo e osimaginários míticos ou territoriais de todaa literatura portuguesa”.

15

www.redvoluciones.orgRedvoluciones é un espazo virtual que se configurasegundo elas e eles afirman como “Unha redemundial que ten como obxectivo abrir a posibilidadepara a creación de múltiplos espazos comunitarios,onde cada persoa poda crear ou encontrar a súa áreade desenvolvemento prioritario, contribuíndo co seupropio coñecemento á comunidade e recibindo ascontribucións do resto dos compañeiros; para queasí demos osprimeiros pasos até aconsolidación deunha intelixenciacolectiva que nos ofreza os instrumentosrevolucionarios tan necesarios para os loitadorescontemporáneos”.

É este un apartado no quequeremos amosar unhaserie de sitios web quepor distintos motivos

consideramos de interesewWw

Page 16: EMBATE 2

ADIANTEMOCIDADE

REVOLUCIONARIA

GALEGA

[email protected]