electrónico son [email protected] dous ... · Coñece máis e melllor os nosos...

2
BIBLIOTECA http://biblioxograr.wordpress.com/ Coñece máis e melllor os nosos libros electrónicos IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA Ánxel Fole S/N, 27600 Sarria (Lugo) Tlf; 982870801 Fax 982870827 [email protected] http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxograrafonso/ O libro tradicional e o libro electrónico son dous mundos que poden “cohabitarMergúllate neles dous!!! CALES SON AS VANTAXAS DOS LIBROS ELECTRÓNICOS QUE CHE OFERTAMOS NA BIBLIOTECA DO XOGRAR? Moitos títulos de diversas disciplinas en cada un deles Pouco peso Tamaño pequeno, que permite levalo comodamente Cargador que facilitan unha grande autonomía. Facilidade de lectura polas súas axeitadas características Facilidade para as xeracións actuais, chamados “ nativos dixitais”. Modernidade e adaptación aos tempos que vivimos, tanto na sociedade como no propio sistema educativo. E outros máis que irás descubrindo cando o collas.

Transcript of electrónico son [email protected] dous ... · Coñece máis e melllor os nosos...

Page 1: electrónico son ies.xograr.afonso@edu.xunta.gal dous ... · Coñece máis e melllor os nosos libros electrónicos IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA Ánxel Fole S/N, 27600 Sarria

BIBLIOTECA http://biblioxograr.wordpress.com/

Coñece máis e melllor os nosos libros electrónicos

IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA

Ánxel Fole S/N, 27600 Sarria (Lugo) Tlf; 982870801 Fax 982870827

[email protected] http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxograrafonso/

O libro tradicional e o libro

electrónico son dous mundos que

poden

“cohabitar”

Mergúllate neles

dous!!!

CALES SON AS VANTAXAS DOS LIBROS ELECTRÓNICOS QUE CHE OFERTAMOS NA BIBLIOTECA DO

XOGRAR?

• Moitos títulos de diversas disciplinas en cada un deles

• Pouco peso • Tamaño pequeno, que permite levalo

comodamente • Cargador que facilitan unha grande

autonomía. • Facilidade de lectura polas súas

axeitadas características • Facilidade para as xeracións actuais,

chamados “ nativos dixitais”. • Modernidade e adaptación aos

tempos que vivimos, tanto na sociedade como no propio sistema educativo.

• E outros máis que irás descubrindo cando o collas.

Page 2: electrónico son ies.xograr.afonso@edu.xunta.gal dous ... · Coñece máis e melllor os nosos libros electrónicos IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ DE SARRIA Ánxel Fole S/N, 27600 Sarria

Dende hai varios cursos académicos o noso

centro escolar dispón dun total de 17 libros electrónicos. Isto foi posible pola nosa participación nos proxectos Elbe e Elbe 2, que coas súas respectivas achegas económicas permitiu mercar ditos dispositivos, de dúas xeracións diferentes.

QUÉ PODES ATOPAR NESTES LIBROS ELECTRÓNICOS?

• Dunha banda, ha serie de títulos da literatura universal, de escritores reputados (Clarín, Becquer, Cervantes, Coelho, Conan Doyle, Dickens, Dumas, Echenoz, Hugo, Machado, Modiano, Pedro Feijóo, Pérez Galdós, Reimóndez, Rojas, Sierra i Fabra, Stevenson, , Twain, Verne, etc), tanto en lingua castelán como galega.

• Doutra, o acceso a unha biblioteca virtual que elaborou a Xunta de Galicia onde existen perto de 1000 libros das diversas materias que se estudan en ESO e Bacharelato.

COMO SON ESTES

LIBROS ELECTRÓNICOS? • Lixeiros e manexables. • Ocupan moi pouco espazo, cabendo

perfectamente en bolsos, mochilas, maletíns, etc.

• Contan cun estoxo ou con caixe e estoxo, en función do ano en que foron adquiridos.

• Dispoñen cada un deles dunhas pequenas instrucións, para facilitar o seu uso, asi como un cable ( tipo móvil) para cargalo a través dun ordenador

• Os do programa ELBE-2 están numerados do 1 ao 12, mentras que os do programa ELBE do 13 ao 17.

PROCEDEMENTO DE PRÉSTAMO A DOMICILIO

Para proceder a levar un libro electrónico de préstamo séguese este procedemento:

• Solícitase na biblioteca unha autorización, que ten que vir cuberta cuns compromisos e asinada polo pai u nai, así como polo alumno ou alumna. Esta autorización serve para toda a estancia (ESO, Bacharelato ou Ciclo Formativo) no noso centro escolar.

• Unha vez entregada, pídese un librto electrónico na biblioteca, anotando unha serie de datos que se requiren nun documento preparado para ilo

• O libro electrónico entrégase con caixa, estoxo e cargador.

• Os préstamos son por 15 días, salvo en períodos vacacionais, que se devolven ao remate destes.

LECTURA DE LIBROS NA BIBLIOTECA VIRTUAL DA XUNTA DE GALICIA

Para poder acceder á biblioteca virtual da Xunta de Galicia hai que estar rexistrado nunha base de datos. Consulta na biblioteca como poder acceder a ela