El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta...

22
Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato Tema 15: A nova orde mundial. Principais conflitos a finais do XX e principios do XXI. “As guerras son asuntos conscientes e decididos conscientemente”. Dan Smith: Tendencias e causas do conflito armado . No tránsito entre os dous milenios, moitos conflitos permanecen, outros rexorden e, algúns inícianse. Un comezo sería repasar os conflitos acaecidos na segunda metade do século XX e analizar a súa evolución para despois pasar aos conflitos xurdidos dende o final da Guerra Fría coas súas características e peculiaridades. Por último un repaso representativo en varias áreas do planeta servirá de panorámica actual das tensións internas e internacionais nos diversos estados. OS CONFLITOS: TRAXECTORIA, CLASIFICACIÓN E CAUSAS. As guerras na segunda metade do século XX. Adóitase considerar ao século XX como un século moi violento. Durante a I Guerra Mundial pereceron 10 millóns de persoas, durante a II G. M. 55, e dende 1945 ata principios do século XXI houbo entre 25 e 45 millóns de mortos en numerosos conflitos, unha vintena dos cales seguen abertos hoxe, pero non son noticia, son os chamados conflitos de baixa intensidade (*). En total podemos calcular de xeito moi pouco preciso que puideron perder a vida en todo o século pasado máis de 100 millóns de persoas. A xeneralización das guerras queda confirmada co dato de que dende o final da segunda contenda, só 63 países do mundo estiveron exentos de conflitos armados, e o 90% deses enfrontamentos bélicos desenvolvéronse no denominado Terceiro Mundo. Na última década do século XX hai outro dato significativo 1

Transcript of El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta...

Page 1: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

Tema 15: A nova orde mundial.Principais conflitos a finais do XX e

principios do XXI.

“As guerras son asuntos conscientes e decididos conscientemente”.

Dan Smith: Tendencias e causas do conflito armado.

No tránsito entre os dous milenios, moitos conflitos permanecen, outros rexorden e, algúns inícianse. Un comezo sería repasar os conflitos acaecidos na segunda metade do século XX e analizar a súa evolución para despois pasar aos conflitos xurdidos dende o final da Guerra Fría coas súas características e peculiaridades.Por último un repaso representativo en varias áreas do planeta servirá de panorámica actual das tensións internas e internacionais nos diversos estados.

OS CONFLITOS: TRAXECTORIA, CLASIFICACIÓN E CAUSAS.As guerras na segunda metade do século XX.Adóitase considerar ao século XX como un século moi violento. Durante a I GuerraMundial pereceron 10 millóns de persoas, durante a II G. M. 55, e dende 1945 ata principios do século XXI houbo entre 25 e 45 millóns de mortos en numerosos conflitos, unha vintena dos cales seguen abertos hoxe, pero non son noticia, son os chamados conflitos de baixa intensidade (*). En total podemos calcular de xeito moi pouco preciso que puideron perder a vida en todo o século pasado máis de 100 millóns de persoas.A xeneralización das guerras queda confirmada co dato de que dende o final da segunda contenda, só 63 países do mundo estiveron exentos de conflitos armados, e o 90% deses enfrontamentos bélicos desenvolvéronse no denominado Terceiro Mundo.Na última década do século XX hai outro dato significativo e é que, tras o afundimento do comunismo, se incrementaron os conflitosintraestatais (guerras civís), mentres que os conflito interestatais ( entre dous estados distintos) se manteñen coa mesma frecuencia que durante a Guerra Fría, quizais porque moitos conflitos potenciais entre dous países non chegan á fase violenta debido á mediación ou intermediación doutros estados ou organizacións supranacionais como a ONU, a Unión Europea...

(*)Conflito de baixa intensidade é unha confrontación político militar entre Estados ou grupos, por debaixo da guerra convencional. Involucra a miúdo loitas prolongadas de principios e ideoloxías e desenvólvese a través dunha combinación de medios políticos, económicos, de información e militares. Este tipo de confrontación sitúase xeralmente no terceiro mundo, pero contén implicacións de seguridade rexional e global. Os profundos problemas sociais, económicos e políticos das nacións do terceiro mundo crean un terreo fértil para o desenvolvemento da insurxencia e outros conflitos cun

1

Page 2: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

impacto adverso aos intereses dos gobernos establecidos ou as potencias estranxeiras; desta forma, xorde este tipo de conflito que se prolonga no tempo.Con frecuencia a guerra ten que ver co grao de desenvolvemento tecnolóxico, a maior grao de desenvolvemento correspóndelle un maior comercio mundial e isto leva consigo menos guerras entre estados. Dito doutra forma, os conflitos prodúcense, sobre todo, en países pobres e, polo xeral, son máis violentos que os que acontecen nos países ricos.Nos países desenvolvidos as causas dos conflitos son fundamentalmente tres: secesión dun territorio, loita por manter o poder a nivel internacional ou a loita polo control dos recursos naturais.

Nas últimas dúas décadas cobrou intensidade dous tipos de conflitos específicos: o terrorismo internacional e os fundamentalismos terroristas. A incidencia destes tipos parece ser cada vez maior tanto en intensidade coma en espazo o que obrigou a formular estratexias comúns entre os estados que permitan atallar e controlar as súas zonas de acción.A clasificación dos conflitos.A guerra é o último estadio dun conflito. Entendemos como conflito ás tensións entre dous sectores que poden ou non desembocar en enfrontamento armado. As disputas entre dúas partes poden tratarse de xeito non violento ou de xeito violenta e, dentro destas dúas modalidades encontramos varios niveis de intensidade:- conflitos non violentos poden ser:

Latentes: que en potencia poden chegar a facerse abertos. Manifestos: cando a tensión é evidente pero non se chega aínda a un conflito

violento. - conflitos violentos que poden ser:

crises: cando se produce un resgo coxuntural de enfrontamento aberto. crises severa: cando se vive un ambiente prebélico. guerra: que é xa o último estadio do conflito.

Causas dos conflitos.Sería imposible e demasiado simplificador intentar enumerar e explicar as causas dun conflito xa que a miúdo son varias. É necesario distinguir entre as causas reais e as que se venden á opinión pública.a) Causas territoriais.No pasado explicaban un gran número de guerras. Era a loita por controlar un territorio. Hoxe en día son infrecuentes estas causas pero seguen existindo (India e Paquistán polo territorio de Cachemira, Rusia por Crimea). O seu case ausencia se debe á actuación dos organismos internacionais. Os litixios fronteirizos son frecuentes en lugares onde a colonización do século XIX provocou fronteiras artificiais a favor das potencias colonizadoras e que, no momento dos procesos de independencia se mantiveron.b) Causas históricas.A historia serviu de escusa ou xustificación para a rivalidade entre e dentro dos pobos. Ante unha situación de agravio ou explotación, a historia, utilizada sempre dun xeito selectivo e mesmo manipuladora (usando sempre os datos que favorecen a causa) xustifica ataques, insurreccións,… Noutros casos, a imitación dun pasado afastado

2

Page 3: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

serve de estímulo a accións concretas aínda que non teñan que ver coa realidade presente.

c) Causas económicas.As guerras deste tipo son tan antigas como a humanidade, as expedicións de rapina, pillaxe ou de dominio de zonas geoeconómicas son un dos oficios máis vellos deste mundo. Aínda Que moi importantes, non todas as guerras son desencadeadas por motivos económicos, non obstante, todas teñen un compoñente económico fundamental xa que son necesarias inxentes cantidades de recursos para sufragalas e as súas consecuencias económicas son fundamentais.d) Causas étnicas ou raciais.Son tamén das máis antigas. Ao longo da historia foi frecuente o dominio dun grupo humano sobre outro, impoñendo ao vencido lingua, relixión e cultura dos vencedores. Este tipo de causas a miúdo mestúranse con outras. Exemplo recente disto foi o enfrontamento entre hutus e tutsis en Ruanda a mediados dos anos noventa ou a Guerra dos Balcáns en 1991.e) Carencia de firmes sistemas democráticos e fondas desigualdades sociais.Hai unha relación directa entre democracia, conflitos armados e paz. A máis democracia, as institucións son máis estables e as tensións dirímense a través do diálogo e a negociación. Pola contra, en democracias precarias ou ditaduras, un grupo prevalece sobre unha masa de gobernados xa que, o grupo dominante, adoita posuír case todos os recursos e o dominado vivir na máis profunda miseria. Desta forma explícanse guerras civís que se localizan, case todas, en países con baixo nivel de desenvolvemento.Pódese dicir que mentres esas enormes desigualdades predominen, os países que as sofren serán, potencialmente, unha gran fonte de conflitos.f) A loita polos recursos.A relación entre conflitos armados e recursos ou bens naturais esenciais para a supervivencia é profunda. O control do petróleo é, dende hai máis dun século, unha causa de guerra máis ou menos próxima. Este tipo de causas tenderá a ser cada vez máis importante a medida que os recursos naturais esenciais escaseen ou se encontren fóra dos países desenvolvidos e, no século XXI, será a clave para entender moitos dos conflitos.g) A loita por manter a hexemonía ou o prestixio.Son campañas ou intervencións abertas noutros países que se fan para garantir a seguridade ou o predominio dun país poderoso. Na época actual, é Estados Unidos o que cumpre ese papel, e tras os ataques do 11 de setembro de 2001 embarcouse nunha guerra en Afganistán e outra en Iraq co devandito fin.

A Nova Orde Mundial. A hexemonía de EUA e os conflitos derivados.A situación internacional tras o final da Guerra Fría.Tras décadas de tensión entre os dous bloques, o final da Guerra Fría inaugurou unha nova orde internacional dominada política e militarmente, a nivel mundial, por Estados Unidos e onde o sistema capitalista é o hexemónico. A expresión nova orde mundial foi acuñada polo presidente americano George Bush, pai, en 1991. Quería, con ela, facer referencia a unha nova etapa nas relacións internacionais caracterizada pola paz e o entendemento diplomático entre todos os países. A día de hoxe, 2014, non se

3

Page 4: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

conseguiu ningún destes obxectivos.O final da Guerra Fría supuxo a multiplicación dos conflitos e das tensións rexionais. A nova situación non achegou paz e estabilidade para o mundo. ( calcúlase que ascendían a sesenta o número de conflitos abertos dende 1991) (*).Nesta situación, Estados Unidos é o garante da orde internacional e dos valores e intereses do sistema capitalista. Para garantir este papel multiplica as súas intervencións en varios territorios.

Guerras Muertos a causa

Guerra Civil en El Salvador 30.000

1991: Guerra del Golfo - coalición grande contra Iraq para liberar Kuwait

85.000

1991-97: Guerra civil de Congo 800.000

1991-2000: Guerra civil de Sierra Leona 200.000

1991 -: guerra civil de Rusia-Chechenia 200.000

1991-94: Guerra de Armenia-Azerbaiyán 35.000

1992-96: Guerra de la guerra civil de Tayikistán 50.000

1992-96: Guerra civil de Yugoslavia 260.000

1992-99: Guerra civil argelina 150.000

1993-97: Guerra civil de Congo Brazzaville 100.000

1993-2005: Guerra civil de Burundi 200.000

1994: Guerra civil de Ruanda 900.000

1999: Guerra de la liberación de Kosovo - OTAN contra Serbia

2.000

Angola y Namibia 3.8 millones

1998-2000: Guerra de Etiopia-Eritrea 75.000

Guerras na década dos años ´90

A primeira guerra do Golfo (1990-1991)O exército do presidente irakí Sadam Hussein, invadiu o emirato petrolífero deKuwayt o 2 de agosto de 1990, desta forma intentaba controlar gran parte das reservas de cru do planeta.Estados Unidos, para obrigar a Sadam Hussein a retirarse, formou unha coalición internacional de 28 países e co apoio e a cobertura da ONU iniciou un intenso ataque aéreo contra Iraq o 17 de xaneiro de 1991. Tras a devastación de Iraq, iniciouse o 24 de febreiro a operación terrestre (Operación Tormenta do Deserto). Como consecuencia diso, Iraq retirouse de Kuwayt. Sadam Hussein seguiu no poder pero foi considerado, dende ese momento, un inimigo acérrimo de EUA.

4

Page 5: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo 88 estados y dos regiones paraestatales, conflictos que causaron la muerte de casi seis millones de personas.

A invasión de Afganistán.Foi iniciada por Estados Unidos en 2002 como resposta aos ataques terroristas do 11-S do 2001, reivindicados pola rede terrorista de Ao Qaeda, dirixida por Osama BinLaden, que tiña a un dos seus principais apoios no réxime integrista islámico dos talibáns (*) en Afganistán.

Atentado contra as Torres Xemelgas. Nova York. 11-9-2001

Apoiando á Alianza do Norte, unha forza xa residual e case eliminada polo réxime talibáns, os norteamericanos lograron derrubar ao goberno dos talibáns e impoñer un poder aliado no país. Estados Unidos controlou as principais cidades do país e demostrou que conseguira o que non conseguiron os soviéticos en 1979. De todos os xeitos a operación non parece estar rematada hoxe en día pois a guerrilla talibán controla amplas zonas na fronteira con Paquistán, e Estados Unidos e outros países, entre eles España ata 2014, manteñen unha forza militar significativa.Esta guerra foi a primeira resposta da potencia hexemónica ao terrorismo internacional e serviulle a Estado Unidos para estender a súa zona de influencia por moitos países veciños de Afganistán que anteriormente eran repúblicas soviéticas.A segunda guerra do Golfo (2003-2011).Na súa idea de remodelar o mundo segundo os seus intereses, o presidente George W. Busch, fillo, iniciou o 19 de marzo de 2003 a invasión de Iraq. A escusa foi a sospeita de que Saddam Hussein posuía armas de destrución masiva. A devandita sospeita foi negada polos inspectores da Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) ante a ONU, pero tanto EUA como os seus aliados se negaron a crela. Posteriormente á invasión do país, non foron encontradas armas de destrución masiva tal como aseguraran. En poucas semanas caeu Bagdad e estableceuse un goberno prooccidental. A diferenza da anterior guerra, non contou co respaldo da ONU, actuando Estados Unidos, Gran Bretaña e os seus aliados, entre eles España ata comezos de 2004, de xeito unilateral e á marxe da citada organización. O que se prevía como unha campaña para lograr a estabilidade na zona conseguiu todo o contrario: enfrontamentos civís entre a maioría chií menosprezada polo ditador e a minoría sunní, enfrontamentos tamén cos curdos do norte...

(*) Movemento talibán é unha facción político-militar fundamentalista islámica de Afganistán. Fundado por veteranos da guerra anticomunista no medio da guerra entre grupos muyahides, o movemento talibán segue unha

5

Page 6: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

doutrina extremista islámica modernista, aínda que disfrazada de ortodoxia, cuxa idea de sociedade está baseada en interpretacións estritas do que debe ser a vida dun musulmán, sen dar cabida a outras interpretacións

Dende 2003, estímase que o número de vítimas ascende xa a máis de 1.033.000 mortes violentas como consecuencia do conflito. ( Opinion Research Business. Agosto de 2007). Como consecuencia de todo este caos o país converteuse nun viveiro do terrorismo islámico.O conflito demostra o grao de implicación ao que pode chegar Estados Unidos (poderiamos poñer de exemplo calquera outro país) se o control do petróleo está en xogo.

A resposta á hexemonía estadounidense: o terrorismo islámico.

As intervencións, cada vez máis contundentes de Estados Unidos, van ser cuestionadas dende moitos lugares pero, sobre todo, dende os países musulmáns. En case todos estes países existen gobernos pro occidentais mentres que unha parte importante da poboación está en contra deses gobernos aos que considera vasalos de Occidente. A iso habemos de sumar que no xa tradicional conflito entre israelís e palestinos (árabes). Estados Unidos apoia de xeito evidente a Israel (motivos geoestratégicos e de presión dos lobbys xudeus en EUA). Trátase dun tema moi sensible para a opinión pública destes países.Por outra parte, dende a súa independencia, estes países estiveron en mans de gobernos conservadores que enarboraron a bandeira do nacionalismo como principal ideoloxía, en detrimento da relixión islámica. Pódese dicir que ese proceso como ideoloxía fracasou, segundo unha parte moi importante da poboación xa que non deu respostas a unha crise económica e social moi forte que non fixo máis que aumentar as diferenzas sociais. A explicación destas desigualdades pódese encontrar ante unha situación económica sen saída que aboca moita xente a buscar consolo nunha interpretación extremista da relixión.Dende logo o tema non pode ser considerado dende unha perspectiva simplista xa que ten múltiples facetas; como exemplo, abonde dicir que o integrismo, fundamentalismo ou islamismo radical, adquire cada vez máis adeptos noutras capas sociais como as clases medias ou os grupos acomodados.Estes grupos terroristas caracterízanse por un forte compoñente relixioso radical, a utilización de tecnoloxía avanzada como Internet, e un odio visceral cara a todo o que signifique o mundo occidental. O radicalismo lévaos en ocasións a autoinmolarse e a non ter piedade coa sociedade civil sobre a cal actúan. As redes terroristas non teñen unha cabeza visible, non están xerarquizadas, son células máis ou menos conectadas cun líder ou xefe, de tal maneira que, se cae un grupo, non cae a rede enteira e iso fai moi difícil a súa eliminación. Son responsables de atentados en todo o mundo, dende Bali, a Nova York, Casablanca, Madrid... e son a principal ameaza para a seguridade nas primeiras décadas do século XXI.

6

Page 7: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

OUTROS CONFLITOS.Baixo este epígrafe encóntranse unha ampla variedade de conflitos: guerras xeradas tras o afundimento do comunismo; conflitos étnico como o dos hutus e tutsis enÁfrica; conflito latente no Kurdistán; a Primavera árabe de 2011 ou, por citar algúns conflitos esquecidos, o Sahara Occidental, Sri Lanka ou Sudán.Conflitos derivados do afundimento do comunismo.Son numerosos, pero de todos eles destacan dous polo seu particular gravidade: o conflito de Chechenia no interior de Rusia, os conflitos en Xeorxia e as guerras da antiga Iugoslavia, coñecidas como a Guerra dos Balcáns e, a día de hoxe, 2015, o conflito de Ucraína.Chechenia é unha rexión da Federación Rusa incorporada pola forza ao Imperio dos tsares no século XIX. A poboación é maioritariamente musulmá e ao afundirse a URSS e proclamar a súa independencia as quince repúblicas, cren ver chegado o seu momento. Un movemento insurreccional apodérase do territorio e derrota o poderoso Exército ruso. Todo isto constitúe a primeira fase dun conflito que se desenvolveu a mediados da década dos noventa do século pasado. A chegada de Vladimir Putin á presidencia de Rusia reabre o conflito, este consegue someter a sangue e lume o territorio checheno, asolando a zona e recorrendo a medidas legais e ilegais para manter o control do territorio, segunda fase do conflito, a cabalo entre os dous séculos.Xeorxia é unha das quince repúblicas que formaban a Unión Soviética, No seu interior, á súa vez, varios territorios proclaman a súa independencia de Xeorxia: Abjasia, Azaria e Osetia do Sur. Aínda que o caso de Azaria parece solucionado, Abjasia e Osetia do Sur permanecen independentes de feito e os intentos do Goberno de Xeorxia por recuperalos fracasaron, o último en 2008, pero estes dous territorios secesionistas contan co apoio de Rusia que intenta estender pola zona a súa área de influencia.Sen saír do Cáucaso produciuse unha guerra entre Armenia e Acerbaixán ata 1993 polo control da zona de Nagorno- Karabaj, zona de maioría armenia regalada aAcerbaixán en épocas anteriores e territorio sobre o que Armenia mantén a súa reclamación.Na recén independizada República de Moldavia, veciña a Romanía, os rusos maioritarios no Transdniester, a zona oriental de Moldavia, autoproclamáronse república independente, coa conseguinte oposición do goberno moldavo e o lóxico apoio ruso.

7

Page 8: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

En Tadzhikistan tamén se produciron tensións graves e unha guerra civil entre o goberno e as guerrillas islámicas.A fragmentación de Iugoslavia.Dende finais da II Guerra Mundial, un verdadeiro mosaico de pobos englobáronse baixo o Estado federal de dirixido polo mariscal Tito ata a súa morte en 1980.Co derrubamento do comunismo, o territorio deste Estado converteríase nun inferno

As partes do chamado problema dos Balcáns poderían quedar así:a) Mosaico cultural: o territorio que pertenceu a dous imperios diferentes, o austrohúngaro e o turco, o que xerou dúas culturas distintas e, en moitos casos, opostas.b) Complexidade étnica: catro grupos étnicos principais: eslovenos, croatas, serbios e búlgaros, cada un coas súas peculiaridades lingüísticas.c) Diferenzas relixiosas: existencia de tres relixións: ortodoxa, católica e musulmá.d) Historia conflitiva: un pasado de odios e violencias. Durante a II Guerra Mundial un réxime filonazi en Croacia asasinou máis de 300.000 serbios; os partisanos de Tito, nos últimos meses da contenda, masacraron 200.000 croatas. Ningún grupo foi inocente nesta etapa de guerra.Ao difundirse os ventos do cambio que Gorbachov impulsaba na URSS, os dirixentes comunistas serbios, aferrados ao poder, comprenderon que poderían enarborar en vez da desacreditada bandeira do comunismo a nova do nacionalismo para manterse. Isto foi o que aconteceu ao acceder, en 1986, Slobodan Milosevic á dirección da Liga dos Comunistas serbios. Os serbios supoñían só o 36% do censo global, pero representaban o 83% da poboación de Serbia, o 30% en Bosnia-Herzegovina e o 11,5% en Croacia.O dirixente serbio, Milosevic, afirmou que aceptaría a independencia dos outros estados da federación iugoslava sobre a base de territorios étnicos, é dicir, se se respectaba a posibilidade de que os enclaves serbios optasen pola integración nunha Gran Serbia. Pero non respectou este principio en Kosovo, onde convivía un 90% poboación albanesa perseguida, cando demandou autonomía, e un 10% serbia. Tras unha campaña de exterminio por parte de Serbia e ataques terroristas do lado kosovar, forzas da OTAN interviñeron na provincia serbia e puxeron fin aos

8

Page 9: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

enfrontamentos, pasando o territorio a converterse nun protectorado internacional pero oficialmente baixo soberanía serbia, soberanía só nominal. O desenlace do conflito tivo lugar en 2008 coa proclamación unilateral de independencia de Kosovo co recoñecemento oficial de moitos países occidentais e a oposición de Serbia e Rusia.Ao longo de 1990 celebráronse eleccións nas seis repúblicas, as cales inmediatamente declararon a súa independencia. Serbia non o permitiu. Primeiro invadiuEslovenia, onde non existía minoría serbia, pero a súa derrota militar puxo fin ao seu intento de dominio. Logo tocou a quenda a Croacia, onde forzas irregulares serbias con axuda do exército federal iugoslavo conseguiron formar varios enclaves na Trajina e en Eslabona Oriental que se declararon parte de Serbia. A guerra, despois de moitas atrocidades, rematou co triunfo croata en 1995. Pero a traxedia alcanzaría o seu cénit en Bosnia, onde as diferentes etnias vivían mesturadas. Había croatas católicos, serbios ortodoxos e musulmáns, todos formando parte de Bosnia. Tanto Croacia coma Serbia tiñan intencións de incorporar, os seus estados, os territorios nos que eran maioría, pero a poboación estaba tan mesturada que para levar a cabo ese obxectivo emprenderon unha limpeza étnica ou eliminación sistemática do inimigo. A guerra estalou en 1991. O espanto das violacións, campos de concentración, deportacións e asasinatos masivos de poboación civil, encheron de horror á opinión mundial. Tras a intervención de EUA e a OTAN, chegouse a un fráxil acordo de paz en Dayton (EUA). Bosnia- Herzegovina seguiría existindo pero no seu interior aparecían dúas repúblicas que vivían case de costas: a república croata-musulmá de Bosnia e a bosníaco-serbia. Este fráxil equilibrio trouxo a estabilidade e chegou, polo momento, ata os nosos días. Máis tarde conseguiría a independencia Macedonia e en 2007, Montenegro saíase da unión con Serbia e proclamaba a súa soberanía.

Mapa actual da ex Iugoslavia

9

Page 10: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

Biblioteca de Sarajevo antes e despois do asedio e bombardeo. 1992.

As guerras en África. O xenocidio hutu en Ruanda.En África a situación é moi especial. Por enriba da nación, algo de recente creación, existen outros vínculos máis fortes: a pertenza a clans, tribos ou etnias. Por outro lado as fronteiras dos novos países descolonizados son totalmente artificiais, produto do imperialismo/colonialismo do século XIX e, baixo un mesmo estado, conviven pobos que se odian dende hai séculos. Ademais, Francia e Estados Unidos xogan un papel relevante na zona, disputándose zonas de influencia e apoiando uns pobos contra outros. Pódense poñer moitos exemplos de guerras africanas: a secular guerra do Congo (antigo Zaire); a de Serra Leoa; a de Somalia, país en guerra dende hai decenios; a de Eritrea que se independizou de Etiopía; a de Sudán; a de Angola que durou vinte anos; a de Mozambique que durou catorce... pero de todas elas a máis grave por dimensións e crueldade foi a de Ruanda, paradigma ou exemplo dun conflito africano.A guerra de Ruanda. Existen nesa zona (en torno aos Grandes Lagos africanos), dous grupos étnicos tradicionalmente rivais: os tutsis que foron sempre gandeiros e os hutus que se dedicaron á agricultura. En Ruanda os radicais hutus no poderexterminaron en 1994 centos de miles de tutsis e hutus moderados. A guerrilla tutsi, da Fronte Patriótica Ruandés, derrotou os hutus, e boa parte deles tivo que fuxir aos países veciños. Calcúlase que o número de mortos foi dun millón e que a proporción de tutsis mortos foi de aproximadamente o 80% do total. Considérase un dos últimos episodios de xenocidio do século XX.

10

Page 11: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

Un conflito eterno: israelís e palestinos entre dous milenios.Tras catro guerras directas entre israelís e palestinos (árabes) iniciouse en 1987 unhanova forma de conflito: a primeira intifada ou enfrontamento entre os palestinos sometidos que lanzaban pedras ao exército israelí nos territorios ocupados (Gaza, Cisxordania e Xerusalén Leste). A desigualdade do enfrontamento máis a presión norteamericana desembocaron nunha negociación entre as dúas partes que se iniciou en Madrid en 1991 e culminou en Oslo en 1993. Segundo estes acordos a OLP (Organización para a liberación de Palestina) de Yassir Arafat recoñecía ao Estado de Israel a cambio dunha autonomía provisional de parte dos territorios árabes ocupados por Israel en 1967 que serían gobernados pola Autoridade Palestina como paso previo para chegar a un acordo final que previse a existencia de dous estados independentes. A tensión, non obstante, non desapareceu. No lado israelí foi asasinado Isaac Rabin, autor do acordo; no lado palestino, a lentitude da entrega de territorios máis os obstáculos israelís disparan o radicalismo de movementos como Hamás que nunca apoiaron os acordos de Oslo. Chegar ao último paso entraña dificultades e discusións sobre as que é difícil chegar a acordos: cales son as fronteiras definitivas, que pasa cos colonos xudeus nas zonas ocupadas, cal é o papel de Xerusalén, cidade reclamada polas dúas partes como capital irrenunciable do seu Estado...En o ano 2000 o movemento palestino se radicalizou e de tirar pedras pasouse a perpetrar sanguentos atentados contra obxectivos civís. Por parte de Israel, as represalias son cada vez máis sanguentas e decidiuse construír un muro hermético que illase os palestinos e que servise para evitar os atentados terroristas e que dividía aínda máis o territorio palestino. Na actualidade a situación está estancada e as dúas partes reaccionan de vez en cando cunha violencia cada vez máis enconada, os moderados de ambos os dous lados vense desbordados e lonxe queda xa un posible entendemento, a pesar dos intentos da comunidade internacional que impuxo a chamada Folla de Ruta para poñer fin ao conflito, pero que, de feito, non conseguiu nada

11

Page 12: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

Unha nación sen Estado: o Kurdistán.Os curdos constitúen unha nación duns 35 millóns de persoas repartida entre Turquía, Iraq, Irán, Sirya e Armenia. Son de orixe indoeuropea e falan unha lingua emparentada co persa. Dende o punto de vista relixioso son musulmáns sunnitas. Dende tempos inmemoriais aspiran a crear un estado independente, e a punto estiveron de logralo tras a derrota turca na I Guerra Mundial xa que o tratado de Sevres recoñecía ese dereito, pero a reacción de Turquía impediuno. A metade, en torno a 19 millóns de persoas, vive en Turquía onde formaron partidos que combaten o exército turco que os ataca sen contemplacións, non dubidando en atacar as súas bases no Kurdistán iraquí. En Iraq foron reprimidos durante o goberno de Saddam Hussein de xeito sanguento, hoxe en día gozan dun alto grao de autonomía na súa zona de control. En Irán encóntranse acalados polo réxime chiíta dos aiatolás. O problema curdo é unha fonte de inestabilidade e tensión na zona.Primavera árabe de 2011.Co nome de Primavera árabe coñécese á sucesión de movementos populares de rebeldía contra réximes autoritarios establecidos nos Estados árabes, dendeMarrocos ata Oriente Próximo. Na raíz destes movementos parecen encontrarse motivos económicos (carestía, escaseza, desemprego, desesperanza) e políticos (rexeito aréximes corruptos e autoritarios que reservan os principais postos gobernamentais a unha casta reducida que se aproveita e lucra dos fondos públicos). Segundo o tipo de movemento e o seu resultado podemos clasificalos en varias clases. En primeiro lugar estarían as revoltas que acaban co poder establecido tras uns días de forcexo, aquí estaría o caso tunecino, onde se iniciou o fenómeno, e Exipto, nos dous casos derrocan ditadores perpetuados no poder con aparente lexitimidade democrática. O segundo caso serían as revoltas populares que encontran unha dura reacción por parte do aparato represor do Goberno, desembocando en guerras civís. Sería o caso de Libia e a

12

Page 13: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

aínda guerra civil inacabada de Sirya. Non faltan tampouco exemplos de revoltas esmagadas dende os seus inicios, o caso típico é o emirato de Bahrein no golfo Pérsico. Por último, en moitos casos os gobernos adiántanse e aproban medidas democráticas para frear as insurreccións: Marrocos, Arabia, Xordania serían os casos máis típicos.Os conflitos esquecidos.Con ese nome referímonos a unha gran cantidade de conflitos de todo tipo que seguen activos pero que non son noticia, se calcula que hai en torno a unha vintena na actualidade. Uns conflitos están activos, outros en vías de solución e outros nunha impase de espera.No Sahara Occidental vívese pendente dun referendo dende 1975, ano en queEspaña entregou o territorio a Marrocos e Mauritania, faltando á promesa dada aossaharauís, miles deles viven no deserto alxeriano un exilio cuxo fin non acaba de chegar.En Sri Lanka (antiga Ceilán) a guerrilla támil do norte mantivo unha guerra contra a maioría cingalesa que deixou máis de 70.000 mortos, o conflito deuse por rematado o 20 de maio de 2009 ao ser cercado e derrotado o último bastión támil no norte da illa. É dos poucos conflitos aos que se chega a un final definitivo tras anos de enfrontamentos.Sudán, un dos países máis pobres de África, aparece nas noticias de cando encando pola catástrofe humanitaria na zona de Darfur. Aquí enfróntase un gobernoislamita cos habitantes do sur que son cristiáns e animistas. O acordo entre as partes posibilitou a independencia do sur e xurdiu o país máis novo do planeta: Sudán do Sur.Un capítulo á parte sería falar do financiamento destas guerras que en tempos da Guerra Fría eran pagadas polas superpotencias e os seus aliados, agora as fontes definanciamento cambiaron e o narcotráfico, o comercio de diamantes ou o control dos recursos prorrogan guerras interminables que bloquean o salto deses países cara ao desenvolvemento. En todo caso as armas que se usan son americanas, europeas e rusas e supoñen un gran negocio para os países desenvolvidos.

Intifada: Palestinos con pedras fronte aos tanques israelís

Outros datos de interese:

13

Page 15: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

corre perigo. En 2014 contabilizouse a cifra máis alta de desprazados forzosos dende a Segunda Guerra Mundial. Foron case 60 millóns, segundo o informe anual do Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR). Entre 2013 e 2014

produciuse o maior incremento anual rexistrado ata a data: oito millóns.

Refugiado: persona que tivo que escapar do seu país debido á guerra ou por sufrir persecución por razóns de raza, relixión, opinión política, nacionalidade ou pertenza a

un grupo social determinado.Desplazado: persona que tivo que fuxir do seu fogar debido a un conflito ou

persecución e que non cruzou a fronteira do seu país.

Países de asilo

Países de orixe

15

Page 16: El nuevo orden mundial - IES Rafael Puga Ramón · Web view(*)Desde el comienzo del año 1990 hasta finales del 1999, se produjeron 118 conflictos armados en el mundo, incluyendo

Historia do Mundo contemporáneo 1º Bacharelato

86% dos refuxiados son acollidos en países en vías de desenvolvementosolo 1.583

persoas obtiveron protección internacional en España161.000

persoas recibiron algún tipo de protección internacional na UE570.000

peticións de asilo rexistradas na UE9.624 €

O PIB per cápita de Turquía, principal país de asilo26.212 €

PIB per cápita de EspañaDatos de 2014 de ACNUR

Datos de 2013 do Banco Mundial

" Os países industrializados deben dar unha vía legal aos refuxiados"

16