División celular

23
CICLO CELULAR E DIVISIÓN CELULAR. MITOSE E MEIOSE Profesor: Adán Gonçalves http://lacelulaelorigendelavida.blogspot.com.es/2011_01_01_archive.html

Transcript of División celular

Page 1: División celular

CICLO CELULAR E DIVISIÓN CELULAR. MITOSE E MEIOSE

Profesor: Adán Gonçalves

http://lacelulaelorigendelavida.blogspot.com.es/2011_01_01_archive.html

Page 2: División celular

O CICLO CELULAR

INTERFASE

Fase de longa duración na que se pode observar

claramente o núcleo (núcleo interfásico). Nesta

fase a célula non está inactiva: crece, sintetiza

proteínas, duplica o seu ADN antes da división,

produce orgánulos…

A duplicación ou replicación do ADN antes da

división permite que as dúas células fillas

reciban a mesma cantidade de ADN que tiña a

célula nai.

FASE DE DIVISIÓN (FASE M)

De curta duración, nela o núcleo desaparece e

fanse visibles os cromosomas. Consta da división

do núcleo (Mitose) e a do citoplasma

(Citocinese)

Page 3: División celular

8. DIVISIÓN CELULAR EN EUCARIOTAS

Na fase M a partir dunha célula nai orixínanse dúas células fillas con idéntico número de

cromosomas ca proxenitora.

Comprende dous procesos: Mitose e Citocinese

MITOSE

Antes da Mitose o ADN xa foi duplicado na interfase. Ao inicio da Mitose duplícase o

centrosoma, e os centríolos se a célula é animal.

A mitose é un proceso continuo, pero podémolo dividir en varias etapas:

PROFASE: A cromatina condénsase e fanse visibles os cromosomas. Desaparece a

envoltura nuclear e o nucléolo, e aparece o fuso mitótico.

METAFASE: Os cromosomas perfectamente visibles xa, dispóñense no centro da

célula formando a placa ecuatorial e únense polo centrómero ás fibras do fuso.

ANAFASE: Sepáranse as cromátides irmáns de cada cromosoma e diríxense cada

unha a un polo da célula; cada cromátide pode ser xa considerada un cromosoma.

TELOFASE: Reaparece o nucléolo e a envoltura nuclear que rodea aos novos

cromosomas, éstos se descondensan e forman a cromatina. Desaparece o fuso.

Page 4: División celular

8. DIVISIÓN CELULAR EN EUCARIOTAS

CITOCINESE

Consiste na división do citoplasma e ocorre simulatáneamente ás últimas fases da

mitose. Hai diferenza entre células animais e vexetais:

Animais:

Prodúcese un estrangulamento na zona media da célula nai que permite a separación das

dúas células fillas.

Vexetais:

Fórmase un tabique de separación, o fragmoplasto, na zona media da célula nai.

Page 5: División celular

0

Membrana plasmática

Nucléolo

Cromatina

Membrana nuclear

Citoplasma

Centrosoma con centríolos

Page 6: División celular

Comeza a desaparecer a membrana nuclear

Empezan a visualizarse os cromosomas

Os centriolos duplicados van ós polos opostos da célula

Empézase a constituir o fuso mitótico

Page 7: División celular
Page 8: División celular

Os cromosomas colócanse no ecuador da célula

Page 9: División celular

As cromátides irmáns de cada cromosoma sepáranse, cada unha vai a un polo. Poden xa considerarse cromosomas

A célula comeza

a estrangularse

(nas células animais)

ou se orixina o

fragmoplasto (tabique

de separación nas

células vexetais)

Page 10: División celular
Page 11: División celular

Empeza a formarse a membrana nuclear

As cromátides (xa cromosomas) descondénsanse

Page 12: División celular

Empeza a formarse a membrana nuclear

As cromátidas (xa cromosomas) descondénsanse

Page 13: División celular
Page 14: División celular
Page 16: División celular

A MEIOSE

A meiose é un tipo de división reducional, xa que a partir dunha célula nai

diploide (2n) fórmanse 4 células fillas haploides (n), é dicir, coa metade do

contido de ADN da célula proxenitora.

Nos Vertebrados prodúcese nas gónadas (testículos e ovarios) e as células

orixinadas chámanselle gametos.

Na meiose hai dúas divisións sucesivas cunha soa duplicación que orixinan

catro células fillas, todas diferentes xenéticamente a célula nai.

Antes da división (na interfase) prodúcese a duplicación do ADN

As fases son:

PROFASE I: Condénsanse os cromosomas e fanse visibles. Desaparece o

nucléolo e a envoltura nuclear. Os cromosomas homólogos (un do pai e outro

da nai) emparéllanse e intercambian fragmentos de ADN

(Sobrecruzamento que provoca a recombinación xenética) asegurando que

todas as células fillas sexan distintas a proxenitora).

Page 17: División celular

A MEIOSE

METAFASE I: os cromosomas homólogos, en parellas, colócanse no

ecuador da célula.

ANAFASE I: arrastrados polo fuso meiótico os cromosomas homólogos

sepáranse e cada un vai a un polo da célula.

TELOFASE I e CITOCINESE: fórmanse 2 células fillas coa metade de

cromosomas (son n) que a célula nai

PROFASE II: sen interfase nin duplicación, vólvese a formar o fuso e

cada cromosoma formado por dúas cromátides móvense cara o ecuador

da célula.

METAFASE II: os cromosomas atópanse no ecuador.

ANAFASE II: sepáranse as cromátides irmáns e cada unha vai a un

extremo da célula, poden ser consideradas xa novos cromosomas.

TELOFASE II e CITOCINESE: orixínanse 4 células haploides distintas

da célula nai.

Page 18: División celular

INTERFASE (duplicación del

ADN)

1. PROFASE I (Condensación dos

cromosomas)

2. METAFASE I (Os cromosomas

dispóñense en parellas

no ecuador da célula

(cromosomas homólogos))

3. ANAFASE I (Separación dos

cromosomas)

4. TELOFASE I e

CITOCINESIS

5. PROFASE II (vólvese a formar o fuso)

Células fillas

6. ANAFASE II (Separación de

cromátides)

7. TELOFASE e

CITOCINESIS

MEIOSIS I (separación de cromosomas

homólogos)

MEIOSE II (separación de cromátides irmáns)

SOBRECRUZAMENTO

MEIOSE I (separación de cromosomas homólogos)

Ver vídeo

9. A MEIOSE

Page 19: División celular

COMPARACIÓN MITOSE-MEIOSE

MITOSE MEIOSE

Prodúcese nas células somáticas Só se produce nas células nai dos gametos

Non hai emparellamento de cromosomas, polo que sucede tanto en haploides como

diploides

Precisa células diploides porque hai emparellamento de cromosomas

O núcleo divídese unha vez O núcleo divídese dúas veces

Non hai sobrecruzamento Na profase I hai sobrecruzamento entre cromosomas homólogos

Na anafase sepáranse cromátides irmáns Na anafase I sepáranse cromosomas homólogos e na anafase II cromátides

irmáns

Orixínanse dúas células fillas idénticas á nai (só variación por mutacións)

Orixínanse catro células fillas distintas á nai (variabiliadade por mutación e por

recombinación xenética)

Page 20: División celular

COMPARACIÓN MITOSE-MEIOSE

Page 21: División celular

SIGNIFICADO DA MITOSE E DA MEIOSE

Son dous mecanismos de división celular cun significado biolóxico diferente:

Nos pluricelulares, a mitose supón crecemento a partir da célula ovo ou

zigoto, e renovación e reparación de tecidos.

Nos unicelulares, a mitose supón xerar descendencia (reprodución asexual)

idéntica ao proxenitor.

A meiose, permite formar gametos haploides que o fusionarse

(fecundación) orixinan un cigoto diploide. Posibilita, polo tanto, manter un

número constante de cromosomas nos organismos con reprodución sexual.

Ademais, asegura a variabilidade xenética (recombinación xenética e

segregación independente).

Page 22: División celular

SIGNIFICADO DA MITOSE E DA MEIOSE

FORMACIÓN DOS GAMETOS

Os gametos son as células reprodutoras producidas nas gónadas mediante

meiose.

O proceso de formación de gametos denomínase gametoxénese,hai dous tipos:

Espermatoxénese: formación dos espermatozoides nos testículos. Cada

célula nai diploide produce 4 células haploides diferentes que por

diferenciación orixinarán os espermatozoides (dous cun cromosoma X e

outros dous cun Y)

Ovoxénese: formación dos óvulos nos ovarios. Cada célula nai diploide

produce 4 células haploides, unha delas orixinará un óvulo, as outras tres

formarán os corpúsculos polares que dexenerarán. Todos os óvulos levan un

cromosoma X.

Page 23: División celular

Grazas por atenderme