Discurso Día da Patria Galega 2011

8

Transcript of Discurso Día da Patria Galega 2011

Page 1: Discurso Día da Patria Galega 2011
Page 2: Discurso Día da Patria Galega 2011
Page 3: Discurso Día da Patria Galega 2011

Compañeiros/as, Amigas e amigos, Delegacións convidadas

Bon día da Patria Galega!

Grazas de corazón, a todas e a todos, por estardes aquí. Un saúdo especial a Galiza Nova, ás mozas e mozos, o novo sangue do nacionalismo galego.Estamos aquí para dicirmos alto e claro que, a pesar das dificultades, hai nación, hai alternativa, hai futuro…. Porque hai BNG!Si, hai BNG porque vós queredes, porque miles e miles de galegos e galegas queren outro futuro para Galiza.Hai BNG nos Concellos. Reitero o meu agradecemento a todos e cada un dos que formastes parte das candidaturas nas pasadas eleccións municipais.Grazas polo traballo de cada un e cada unha dos afiliados e afiliadas. Grazas ás máis de 261.000 persoas que nos deron o seu apoio. Hai BNG nos Concellos, aquí representado hoxe polas nosas alcaldesas e alcaldes. Un aplauso para eles!Hoxe, aquí, en tempos difíciles, en momentos en que o poder nos convida a claudicar, QUERO PROCLAMAR: que sinto orgullo de ser galego, de falar galego, de ser nacionalista; orgullo de ser de esquerda; orgullo de ser do BNG!Somos galegos e galegas; somos nacionalistas, somos do BNG!

Compañeiros/as!Galiza, como Nación, está nunha situación límite, de “emerxencia nacional”; sofrimos a acción combinada de dous gobernos, o español e o galego.Tamén anos de aplicación de políticas europeas, de neoliberalismo, de centralismo, vehiculizados quer polo PSOE, quer polo PP, conducíronnos a un calexón sen saída. Persistir na aplicación de receitas fracasadas non é que sexa inconsciente, é simplemente suicida.E nós, o BNG, non somos inconscientes, menos aínda suicidas. Por iso é vital cambiar o rumo. E imposíbel seguir así. Hai que darlle a volta á situación. Cando se constata o fracaso das actuais políticas, é elemental ensaiar vías alternativas de solución, como as que propón o BNG.

SOBERANÍA, DEMOCRACIA, TRABALLO DIGNO NA TERRA. Hai un ano, nesta mesma praza, afirmei que atravesabamos unha profunda crise, non só económica, senón da propia democracia, sistémica.Afirmei que o capital financeiro, estaba a fabricar unha nova burbulla, a da débeda pública. Un ano despois, a burbulla comeza a estoupar. As cousas van a peor para a inmensa maioría. Os partidos do sistema foxen cara adiante. Retallan máis e máis dereitos. Recortan servizos públicos. Privatizan todo o privatizábel. Din que son medidas necesarias para calmar os mercados. Mais os especuladores non se calman, engordan.

Page 4: Discurso Día da Patria Galega 2011

Constrúen un “Titanic social” onde só hai salvación para os que ocupan os camarotes de luxo.Abonda xa: hai que regular os mercados, meter en cintura os especuladores. Hai que impoñer o dominio da política sobre a economía. O que importa é a conta dos resultados das persoas, das familias, non a dos banqueiros. A quen hai que apertar o cinto é aos Botíns e compañía e non aos traballadores e traballadoras. Na aplicación do dogma neoliberal, a U.E xoga un papel estelar.Esa Europa dos mercaderes (Merkelderes) non dá cohesión social e territorial. Esa Europa dos Estados, que non dos pobos. Esa Europa, que con toda a razón cuestionou e cuestiona o BNG, revela agora con toda crueza a súa verdadeira faciana.A U.E fixa condicións leoninas e asfixia os pobos europeos, para garantir os beneficios da banca alemá. Non resgatan a Grecia, Portugal ou Irlanda. Simplemente os afogan. Interveñen para que os fondos que financiaban o Estado social vaian agora a pagar os xuros aos novos usureiros! Este modelo de U.E é inservíbel para Galiza. Galiza é a grande pagana da aplicación das políticas europeas, co consentimento dos gobernos español e galego:Agora a UE quer eliminar o noso sector naval, eliminar un competidor.Da reforma da P.C.P, só podemos esperar unha nova redución da nosa frota.A resposta ao fracaso da Europa dos mercaderes non pode ser como din algúns Máis Europa. A resposta é derrubar o edificio para construír outro: democrático, dos pobos, da cohesión social e territorial. A resposta sobre todo é unha Galiza soberana en outra Europa!

Amigas/osA democracia é cada día máis unha palabra sen contido. O capital financeiro exerce o seu poder fuxindo do control democrático. A ditadura do mercado vira a democracia en papel mollado. Os partidos sistémicos nin sequera negan xa que son simples correas de transmisión dos ditados da banca e das grandes corporacións.Neste contexto, imponse o pensamento “pluralmente único”. O pacto de ferro da triada poder económico-poder mediático-partidos do sistema trata de impoñer a súa vontade inoculando na sociedade o virus da resignación, da desesperanza, do descrédito nas alternativas para así manter este modelo económico caníbal.

Amigos e amigas!Liberdades democráticas, dereitos sociais, dereitos nacionais, sempre foron da man e agora, non é diferente.PP e PSOE pechan calquera posibilidade de avance cara á soberanía real das nacións.A crise económica é usada polo españolismo como coartada para avanzar na recentralización. Os problemas do noso país non derivan dun exceso de autogoberno. Todo o contrario: o

Page 5: Discurso Día da Patria Galega 2011

problema de Galiza é a súa dependencia, é o feito de carecer dun poder político propio digno de tal nome. As escasas competencias exclusivas que temos ou ben non son utilizadas polo Goberno galego ou son invadidas polo Estado. Xustamente, nun momento no que as decisións se toman cada vez máis lonxe de nós, máis necesario é contar con espazos políticos de libre decisión.A antítese do que sostén o Sr Feijoó.Ese Sr. Feijoó que volta a reiterar que un Novo Estatuto non é a súa prioridade.Para o Sr Feijoó non é prioridade, simplemente porque tampouco o é Galiza.Para que quere máis autogoberno o Sr Feijoó se non está disposto a utilizalo? Como vai querelo se Don Mariano prepara o rescate para o Estado das competencias autonómicas?

Compañeiros e compañeirasO balance do goberno do Sr Núñez Feijoó é peor cada día que pasa. Un goberno tan impotente como incompetente, que encomenda a solución dos problemas ao apóstolo Santiago, limítase a aplicar o seu programa ideolóxico; de dereita española pura e dura.A consumación do “ atraco legal” perpetrado sobre o aforro galego é boa mostra de que clase de goberno temos. A bancarización da caixa supón o espolio do aforro galego a prezo de saldo, máis tamén o debilitamento do autogoberno. Unha das competencias máis relevantes do estatuto é o control sobre as caixas. Por iso o BNG promoveu unha lei que tencionaba reforzar esa competencia. Pois ben, a bancarización dinamita o Estatuto. E que fai ante iso o Sr Feijoó? Pois o que esperaban del en Madrid, aplaudir! Un Sr Presidente, convertido en Alberto I o Austero, mais que austeridade? Retallar no ensino, na sanidade ou nos servizos sociais públicos,ao tempo que promove o beneficio privado, na construción de hospitais, no ensino ou na xestión privada dos servizos sociais.Si ese PP, defensor da estrutura provincial, centralista; defensor dunhas Deputacións que hai que eliminar. Un PP incapaz de desprenderse do substrato ideolóxico do franquismo. Un PP que segue a promover o españolista lema de Habla cristiano, habla castellano ou que pecha o Pazo de Meirás en agosto para que a familia do ditador veranee sen que a molesten. A cabra sempre tira ao monte!Con este goberno, Galiza simplemente cae a cachos. O

Page 6: Discurso Día da Patria Galega 2011

paro aumenta, a emigración como saída, o despoboamento como síntoma, é todo o que ofrece o Sr Feijóo.E fronte a esta situación, non queda outra que reaxir como estamos a facer miles de persoas neste país.Non queda outra que apostar por novas políticas. É imprescindíbel rachar coa dependencia, enviar ao baúl dos trastos ao neoliberalismo, defender as liberdades. Apostar pola democracia.

Compañeiras/os:O BNG rexeita a guerra como medio das potencias para impoñer os seus intereses económicos, políticos ou xeoestratéxicos.Por iso reclamamos ao goberno español a retirada do apoio que presta á guerra de Afganistán ou Libia namentras non move un dedo para defender a causa sahariana ou palestina. A complicidade co goberno grego, que impediu a saída da frota a Gaza, é un exemplo máis dunha actuación vergoñenta. Ningún apoio ás guerras imperialistas. Todo o apoio aos dereitos dos pobos; si! Sáhara Libre! Palestina Libre!

Compañeiras/os:Temos por diante importantes retos aos que dar resposta, dando o mellor de nós mesmos.Unha asemblea nacional que debemos converter nunha oportunidade para facer do BNG un instrumento aínda máis útil para Galiza. Debate de ideas. Diagnóstico acaído. Solucións concretas. Proxecto político para a Galiza de hoxe, cos problemas e realidades de hoxe.Estou certo que da nosa Asamblea nacional, porque queremos, porque nos empeñaremos todos e todas, sairá un BNG máis unido, máis forte.Miles de galegos/as teñen posta a súa esperanza no BNG. Non debemos defraudar esa

Page 7: Discurso Día da Patria Galega 2011

esperanza, e, estou seguro, non a defraudaremos.Tamén é posíbel que, máis cedo que tarde, teñamos que afrontar eleccións xerais. Debemos estar preparados para un anticipo electoral.Algúns din que nada resolverán e poñen como exemplo Portugal. Certo, nada resolverán se se opta por máis do mesmo. Nada resolverán se se opta por PP ou PSOE e polas súas políticas fracasadas.Si, a opción, para avanzar, é o BNG. A presenza do BNG nas Cortes é útil para Galiza, para os intereses da maioría social. Nestes 4 anos, Jorquera, Olaia e Pérez Bouza, así o demostraron.O meu recoñecemento, o noso aplauso para eles.

Compañeiros/as:Retos importantes. Máis moita enerxía social ao noso carón. Tempos difíciles, que superaremos colectivamente. Tempo de compromiso, de firmeza. De pulso firme e rumbo certo. Tempo de indignación, de rebelión, de mobilización. Tempo de actuar. De confianza no pobo galego, e en nós mesmos.

Compañeiros/asRemato citando a Castelao :“ Primeiro ser, despois triunfar. Porque aquel que non teña fe absoluta nas virtudes, en potencia, do noso pobo, non ten dereito a galvanizalo con promesas eleitoreiras e transitorias.Nós temos fe no noso pobo e moi logo o noso pobo terá fe en nós!”E nós, coma Castelao, temos fe no noso pobo.

Porque , Compañeiros e Compañeiras!Somos un gran pobo, somos unha gran Nación!

VIVA O BNG!VIVA GALIZA!

Page 8: Discurso Día da Patria Galega 2011