DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

12
DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

description

DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO. Imos estudar a construción persoal e impersoal de infinitivo a través de seis fases:. DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO. Fase 1ª: Ubicación Fase 2ª: Recoñecemento Fase 3ª: Verbos determinantes - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

Page 1: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL

E IMPERSOAL DE INFINITIVO

Page 2: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

Imos estudar a construción persoal e impersoal de infinitivo a través de seis fases:

Fase 1ª: Ubicación

Fase 2ª: Recoñecemento

Fase 3ª: Verbos determinantes

Fase 4ª: Tradución

Fase 5ª: Mutación

Fase 6ª: Orixe, evolución e razón do nombre

Page 3: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

Fase 1ª: Ubicación: Como saber que estamos diante

deste tipo de construción?

Cando nos atopemos cunha oración de infinitivo da que o verbo determinante estea en voz pasiva e non se trate dun verbo deponente. Exemplo:

SI: Dicitur Homerum caecum fuisse.

NON: Piso pollicetur Caesarem iturum.Verbo pasivo

Verbo deponente

Page 4: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

Fase 2ª: Recoñecemento: E como distinguir se é impersoal ou persoal?

• IMPERSOAL

Se se dan conxuntamente dúas circunstancias:

- Que o verbo pasivo en forma persoal estea en terceira persoa do singular.

- Que na frase haxa un acusativo suxeito do infinitivo.

• PERSOAL

Sempre que o verbo determinante non estea en terceira persoa do singular.

Tamén cando, ao estar o verbo determinante en terceira persoa do singular, non haxa na frase un acusativo suxeito do infinitivo.

Solem e mundo tollere videntur qui amicitiam e vita tollunt.

Dicitur Homerum caecum fuisse.

Druidum disciplina in Britannia reperta atque inde in Galliam translata esse existimatur.

Page 5: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

Fase 3ª: Verbos determinantes: Que verbos determinantes adoitan

usarse?

Videtur: parece, semella

Fertur/dicitur: dise, disque

Existimatur/putatur: pénsase

Traditur: sábese por tradición

Auditur/audiebatur: óese/ouvíase

Iubetur/iussum est: ordénase/ordenouse

w:w:

Se o verbo determinante pasivo aparece en tempo composto na construción impersoal, o participio iempre estará en forma neutra; na persoal, concertará en xénero, número e caso co nominativo que fai de suxeito.

Page 6: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

Ambas as dúas construcións tradúcense da mesma maneira, como se fose impersoal, é dicir, como se se tratase dunha oración de infinitivo con suxeito en acusativo.

Vexamos un exemplo

Fase 4ª: Tradución: Como traducir?

Page 7: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

Dicitur Homerum caecum fuisse / Dicitur Homerus caecus fuisse

Comézase por traducir o verbo determinante seguido de ‘que’:

Dicitur: dise que

Homerum caecum fuisse/Homerus caecus fuisse: Homero foi cego.

Tradúcese logo o suxeito do infinitivo e, por fin, o infinitivo na forma persoal que lle corresponda máis os seus complementos:

Preme o teu rato para avantar na presentación

Page 8: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

• TRANSFORMACIÓN DE IMPERSOAL A PERSOAL

Comézase por pasar a nominativo –do seu mesmo xénero e número- a palabra que aparece na construción impersoal en acusativo suxeito do infinitivo; se na impersoal houbese algún adxectivo concertando co dito suxeito –incluído i participio se se trata dun infinitivo composto-, este adxectivo ou participio tamén se pasará a nominativo:

Impersoal: Dicitur Homerum caecum fuisse

Fase 5ª: De perfeccionamiento: Como se transforma unha construción impersoal a persoal e

viceversa?

Acusativo, suxeito do infinitivo

Adxectivo que concerta co suxeito.

Ambos pasan a nominativo: Homerus caecus

Preme no teu rato para avantar na presentación

Page 9: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

Polo demais, se a persoa e número resultante do novo suxeito non coincidise coa 3ª persoa do singular do verbo determinante, modificarase este para facelo concertar:

Impersoal: Dicitur Homerum caecum fuisse

Preme no teu rato para avantar na presentaciónO verbo determinante non precisa cambiar

neste exemplo, pois o seu novo suxeito –Homerus- é un nominativo singular.

Persoal: Dicitur Homerus caecus fuisse

Nun exemplo como o seguinte, si tenríamos que cambiar o verbo determinante:

Impersoal: Hostes adesse nuntiatur / Persoal: Hostes adesse nuntiantur

Acusativo, suxeito de adesse Nominativo, suxeito de nuntiantur e de adesse.

Page 10: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

• TRANSFORMACIÓN DE PERSOAL A IMPERSOAL

O procedemento é o inverso. Comézase por poñer o verbo determinante en 3ª persoa do singular do mesmo tempo, se non o estivese; logo, a palabra en nominativo –expresa ou elíptica- que facía de suxeito do dito verbo pasa a acusativo do seu mesmo número para que sexa agora suxeito do infinitivo; finalmente faise o mesmo (pásase a acusativo do seu mesmo xénero e número) os adxectivos ou participios que acompañasen a ese suxeito:

Fase 5ª: De perfeccionamiento: Como se transforma unha construción impersoal a personal

e viceversa?

Preme no teu rato para avantar na presentación

Persoal: Aristeus olei inventor fuisse dicitur

Impersoal: Aristeum olei inventorem fuisse dicitur

Nominativo, suxeito de

dicitur

3ª persoa do singular, con Aristeus como suxeito

Nominativo, a concertar con Aristeus

Acusativo, suxeito de fuisse

Acusativo, a concertar con Aristeum

3ª persoa do singular, coa oración de infinitivo como

suxeito

Page 11: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

Pártese, na súa orixde, de verbos declarativos (decir, contar, saber...) que en activa -máis que nada na 3ª persona do singular ou plural as máis das veces (di/din, conta/contan...) poden eventualmente adoptar a construcción impersoal, no senso de non contaren cun suxeito definido:

Dicunt Suevos centum pagos habere

Din que os Suevos teñen cen aldeas

Fase 6ª: Orixe, evolución e razón do nome: Como surxe a construción persoal e por que se chama

así?

Preme no teu rato para avantar na presentación

Pois ben, se transformamos a oración en pasiva, a oración de infinitivo, lóxica e gramaticalmente, pasa a ser suxeito do dito verbo declarativo:

Dicitur Suevos centum pagos habere

Page 12: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

Agora ben, a tendencia do latín a suprimir o impersoal provocou que o acusativo –suxeito do infinitivo- pasase a nominativo –suxeito, gramaticalmente só, non lóxicamente, do verbo declarativo-, que queda así convertido artificialmente en persoal. Esta construción persoal é, con moito, a máis frecuente en latín clásico. Quedaría, pois, finalmente así a nosa construción orixinal:

Dicuntur Suevi centum pagos habere.

Esta construción chámase tamén ‘construción de infinitivo con nominativo’.