Dia Da Muller

22

Transcript of Dia Da Muller

Page 1: Dia Da Muller
Page 2: Dia Da Muller

8 de marzo

Día Internacional da Muller Traballadora, aínda que ultimamente tende a ser coñecido como Día Internacional da Muller, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo

Page 3: Dia Da Muller
Page 4: Dia Da Muller

8 de marzo

Esta data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de todos os continentes se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento

Page 5: Dia Da Muller
Page 6: Dia Da Muller

8 de marzo

O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home

Page 7: Dia Da Muller
Page 8: Dia Da Muller

8 de marzo

O 8 de marzo celébrase o cabodano da morte de 192 mulleres en Nova Iorque por defenderen os seus dereitos.

Hoxe as reivindicacións non cesan: o mundo avanza pero non para as mulleres

Page 9: Dia Da Muller
Page 10: Dia Da Muller

Non calesNon cales

Non cales

Non cales

Page 11: Dia Da Muller

As mulleres que lemos somos

perigosas …

… porque deixamos

que se queime o arroz.

Page 12: Dia Da Muller

Anastasia, ilustradora dos

libros de Cristina de Pizan.

Século XIV.

… porque nos saímos

do papel establecido: “Muller que sabe latín, non ten marido nin bo fin”.

Page 13: Dia Da Muller

Elisabetta Sirani naceu en 1638 en Bolonia, Italia.

Elisabetta pintou unha grande variedade de temas, e pintábaos con rapidez asombrosa. Elisabetta fundou unha escola de arte para ensinar a mulleres.

Sirani formou parte do reducido grupo de mulleres artistas que tiveron fama internacional no seu tempo, xunto a Anguissola, Teerlinc e Fontana.

Anos despois, desapareceron por completo da historia daarte.

Page 14: Dia Da Muller

… porque, ao ler e adquirir cultura, nos rebelamos ante a discriminación: “A sabedoría da muller destrúe a casa”,

proverbio ruso.

Doris Raab

1851 - 1899 Elaine Freid de Koone

Page 15: Dia Da Muller

… porque ao ler rompemos a idea de superioridade dos homes. “Sabedoría de muller, sabedoría de mono”, proverbio

xaponés.

Sofonisba Anguisola

1531-1626

Kauffmann,

Angelika

(1741-1807).

Lavinia Fontana

(1552-1614)

Page 16: Dia Da Muller

… porque tendo liberdade ao ler rompemos coa sumisión. “O home sae da infancia, pero a muller non se fai adulta nunca”, proverbio

africano.Tamara de

Lempicka

1898 - 1980

SUZANNE VALADON

1865-1938Mary Cassat

1844-1926

Page 17: Dia Da Muller

… porque abrimos novos horizontes e novas ventás ao mundo. “Muller lida é muller perdida”, refrán español e

portugués.

Laura Muntz Lyall 1860-1930

Martha Simskins 1930

Page 18: Dia Da Muller

… porque o libro ensina as mulleres que a

verdadeira vida non é aquella que lle fan vivir. “A muller sabia é dobremente

insensata”, proverbio inglés.

Bertha Wegmann (1847 -1926)

Berthe Morisot 1841 - 1895

Page 19: Dia Da Muller

…somos perigosas dependendo do que leamos. “Virtuosa é a muller sen coñecementos”, proverbio chinés.

Marie Spartali Stillman

1844-1927

Rebecca Solomon

1832-1886

Page 20: Dia Da Muller

… porque lendo na intimidade conquistamos espazos de liberdade. “A muller só ten medio cerebro”, proverbio

árabe. Gwen John

1876-1939

Vanessa Bell

1879 -1961

Page 21: Dia Da Muller

Non somos perigosas por ler … somos

perigosas por non someternos.

Ángeles Santos (Port Bou, Gerona, 1911)

Page 22: Dia Da Muller

FELIZ 8 DE MARZO, POR NOSOUTRAS E

POR TODAS AQUELAS QUE NON PODEN

CELEBRALO.

© Tradución e efectos: Paco Xixirei http://www.ciudaddemujeres.com