Decoración Nadal

14
DECORACIÓN DE NADAL En todo o mundo a decoración destas datas é igual? Terán en algures costumes diferentes ás nosas? Empezarán antes, despois? Coñecemos as orixes destas decoracións? A ÁRBORE DE NADAL A súa orixe remóntase á época dos celtas, onde era considerado un elemento sagrado da natureza. Sábese do uso da árbore, adornado e venerado pos druídas de centro-europa, Estes pobos celebraban o aniversario do nacemento de Frey, deus do Sol, adornando unha árbore perenne, coincidindo preto da data do Nadal cristián. A árbore tiña o nome de Divino Idrasil (Árbore do Universo), en cuxa copa atopábase o ceo; mentres que nas raíces profundas atopábase o inferno. Cando se inicia a evanxelización cristiá destrúense todas os rito páganos e a árbore é substituída por un pino adornado con mazás e veas. Sen embargo, é difícil saber con exactitude cando comezaron a utilizarse os adornos de Nadal. O dato que máis se acerca á actualidade rexístrase na Alemaña do século XVII. En 1605, unha árbore foi decorada para ambientar o frío do Nadal; costume que se difundiu rapidamente por toda Europa. A costume de adornar a árbore de Nadal nos fogares españois foi traída no ano 1870 por unha muller de orixe ruso clamada Sofía Troubetzkoy, que despois de enviuvar do duque de Morny, irmán de Napoleón Bonaparte, casou en segundas nupcias cun aristócrata español “o Gran Duque de Sesto, amigo da familia dos Borbóns. Colocou no seu pazo de Madrid, edificio que actualmente ocupa o Banco de España, no Paseo do Prado, unha grande árbore de Nadal con adornos, causando a admiración de toda a nobreza española.

description

Decoración Nadal

Transcript of Decoración Nadal

Page 1: Decoración Nadal

DECORACIÓN DE NADAL

En todo o mundo a decoración destas datas é igual? Terán en

algures costumes diferentes ás nosas? Empezarán antes, despois?

Coñecemos as orixes destas decoracións?

A ÁRBORE DE NADAL

A súa orixe remóntase á época dos celtas, onde era considerado un elemento sagrado da

natureza.

Sábese do uso da árbore, adornado e venerado pos druídas de centro-europa, Estes

pobos celebraban o aniversario do nacemento de Frey, deus do Sol, adornando unha

árbore perenne, coincidindo preto da data do Nadal cristián.

A árbore tiña o nome de Divino Idrasil (Árbore do Universo), en cuxa copa atopábase o

ceo; mentres que nas raíces profundas atopábase o inferno.

Cando se inicia a evanxelización cristiá

destrúense todas os rito páganos e a

árbore é substituída por un pino adornado

con mazás e veas.

Sen embargo, é difícil saber con

exactitude cando comezaron a utilizarse

os adornos de Nadal. O dato que máis se

acerca á actualidade rexístrase na

Alemaña do século XVII. En 1605, unha

árbore foi decorada para ambientar o frío do Nadal; costume que se difundiu

rapidamente por toda Europa.

A costume de adornar a árbore de Nadal nos fogares españois foi traída no ano 1870 por

unha muller de orixe ruso clamada Sofía Troubetzkoy, que despois de enviuvar do

duque de Morny, irmán de Napoleón Bonaparte, casou en segundas nupcias cun

aristócrata español “o Gran Duque de Sesto”, amigo da familia dos Borbóns. Colocou

no seu pazo de Madrid, edificio que actualmente ocupa o Banco de España, no Paseo do

Prado, unha grande árbore de Nadal con adornos, causando a admiración de toda a

nobreza española.

Page 2: Decoración Nadal

O BELÉN

Di a historia que San Francisco tras o seu peregrinaxe aos Santos Lugares, celebra a

Eucaristía na Noiteboa de 1223 nunha cova do pobo italiano de Greccio, próximo ao

convento do Santo. Prepara unha representación vivinte dun pesebre cunha mula e un

boi, considerándose dende entón esta representación como a orixe do “belenismo”.

Conta unha lenda que debido ao frío un moneco foi elixido para representar ao neno

Xesús e na hora do nacemento o moneco empezou a chorar.

Por toda Europa difundiuse a costume de modelar nacementos, “presepe” en Italia,

“crèche” en Francia o “krippe” en países de lingua xermánica.

En España, o Belén é introducido pola

orden franciscana no século XV. Do

século XVI aínda se conserva o Belén de

Coral no Mosteiro das Descalzas Reais de

Madrid, tódalas figuras están talladas en

coral, prata e bronce, descoñecéndose o

seu autor ou autores.

A partir do s.XVII, os beléns pasaron das igresias aos fogares, multiplicáronse as

medidas, agora xa figuras, non estatuas, e prevaleceu definitivamente o uso do barro

cocido, competindo nobres e soberanos por presumir do belén máis fermoso.

Na actualidade en todos os fogares cristiás séguese coa tradición de

montar O Belén, aínda que agora as figuras poden ser de moitos

materiais e ter diferentes deseños. Pode poñerse nada máis co

Misterio ou moitas máis figuriñas; incluso algunha representativas do

lugar como é en Cataluña o “caganet”. En moitos pobos de España fanse

representacións viventes do nacemento de Xesús, como o de Beas (Huelva), Pezuela de

las Torres (Madrid), Arcos de la Frontera (Cádiz), etc.

Page 3: Decoración Nadal

OUTRAS COSTUMES

Doce espera do Advento

Para que aos nenos se lles faga máis curta a espera do Nadal, se lles

regala un calendario de Advento composto dunha serie de portiñas.

Cada día hai que abrir unha das portas ata chegar ao do 24 de

decembro. Detrás dela atópase o Neno Xesús.

As velas de Advento

Unha tradición dos países centro- europeo é a das vela. O primeiro domingo de

decembro acéndese unha das catro velas que forman o

«adventskrans» e déixase arder durante 15 minutos. Ata que chega o

día de Nadal vaise queimando unha vela cada domingo. Cando chega

o cuarto domingo préndense as catro velas á vez e déixanse consumir

totalmente.

Que non falten mercadillos

En case todas as grandes cidades de Europa, dende

novembro, fan a súa aparición os omnipresentes

mercadillos típicos destas festas. Estes postos de madeira

venden toda clase de artigos do Nadal, pero os máis

apreciados son os adornos para a árbore, as velas de

artesanía e os tapetes de encaixe fino.

Page 4: Decoración Nadal

O acivro

Non é estraño ver en plena época do Nadal ramas de acivro adornando portas e xanelas,

ou colgando no teito. Aínda que en España non existe tanta tradición, noutros lugares de

Europa e América, esta planta é considerada como 'símbolo' da boa sorte, sobre todo

nunhas datas festivas tan especiais

A tradición do Nadal di que aquela muller que recibe un bico

baixo o acivro en Noiteboa atopará o amor que busca ou

conservará o que xa ten. Se se trata dunha parella, será

obsequiada co don da fertilidade.

Postais de Nadal

Dise que o costume de enviar postais de Nadal como felicitación foi iniciada en 1843

(tres anos despois da invención do primeiro selo postal) polo británico Henry Cole. Tras

decatarse de que tiña numerosas cartas por contestar, algunhas delas desde facía

bastantes días, Cole optou por compensar aos seus achegados enviándolles misivas nas

que lles desexaba prosperidade para o novo ano.

As postais de Nadal son unha boa forma de

dicirlles ás persoas que queremos que nos

acordamos deles nunhas festas tan

entrañables....

Page 5: Decoración Nadal
Page 6: Decoración Nadal
Page 7: Decoración Nadal
Page 8: Decoración Nadal
Page 9: Decoración Nadal
Page 10: Decoración Nadal
Page 11: Decoración Nadal
Page 12: Decoración Nadal
Page 13: Decoración Nadal
Page 14: Decoración Nadal

ACTIVIDADES

A decoración no Nadal

1- Cóntanos experiencias

Se acodes á páxina do colexio de internet atoparás páxinas onde te contan

moitas cousas do Nadal no mundo.

Saca algunhas ideas e cóntallelas aos teus amigos. Podedes poñervos de

acordo sobre o país que cada un de vós ides investiga r.

2- Por que non facedes adornos para decorar a vosa aula? Pensa no deseño e faino

3- Elabora unha postal de Nadal para felicitar aos teus amigos.