De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

80
De Circes e Morganas Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño www.asega-crica.net

description

E velaquí esta carta colectiva, con prólogo de Encarna Otero. As palabras de Begoña Caamaño inspiráronnos poemas, ou lembráronnos poemas antigos que recuperamos, a María do Cebreiro, Andrea Nunes, Marta Dacosta, Enma Abella, Rosalía Fernández Rial, Eli Ríos, Ana Romaní, Lucía Novas Garrido, Helena Villar Janeiro, Carmen Blanco, Chus Pato, Sabela Rodríguez Reino, Susana Sánchez Arins, María N. Soutelo, e quen lles fala. Anxos Sumai achegounos “Donaizide e as mil e unha mulleres sen nome”; Raquel Miragaia, “Mouras”; María José Fernández López, “A herdeira da serpe”; Cris Pavón, “Acordar de bela”; Iolanda Aldrei, “Isolda dos beijos tristes”; Goretti Sanmartín Rei, “As cousas, a partir de agora, xa non serán o mesmo”; Mercedes Leobalde, “Musas”; e María Reimóndez trouxo para o galego “A filla do guerreiro”, de Zitkala Sá, “Escóitame, Sanjaya”, de Sashi Deshpande e “Whakātane”, de Ngahuia Te Awekotuku.

Transcript of De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

Page 1: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e MorganasHomenaxe das escritoras

a Begoña Caamaño

www.asega-critica.net

Page 2: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

A Sega Crítica 2015

Todos os dereitos sobre os textos son propiedade das súas autoras.

Imaxe da Portada: Etching of Melancholy, de Giovanni B. Castiglioni.

2

Page 3: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas 3

Page 4: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

4

Page 5: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas 5

Page 6: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Lara RozadosIndígnanos

o trato do pasamento

da nosa irmá

nos xornais,

pero tamén decatámonos

de que as mortes

que ocupan

nove páxinas de periódico

(podemos contalas:

unha, dúas, tres, catro, cinco,

seis, sete, oito, nove...

e portada)

son as dos banqueiros.

As da nosa tribo

estamos nos recunchos pequenos

en páxinas pares

porque a nosa fala

sae por fóra dos xornais.

Porque os seus papeis

non poden con tando lume

como temos dentro.

Porque esta rede que tecemos

non se pode explicar coa tinta.

É do que está no fondo do aire,

vermello e tamén lilás,

nas ondas, no son.

É o que ten que ver

con aquilo que non se nomea.

É o que se mantén vivo

mentres haxa quen o cante.

28 de outubro do 2014

6

Page 7: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

María do Cebreiro

morgana tende as pálpebras á lúa

para enxugar os sucos das lágrimas posibles.

Mentres as prega, dorme.

Soña en cordas de voz balorecida

que herdou dos xuncos. Alta

tensión de todo menos musical.

Pero sempre espertaba xusto a tempo

de erguer todos os rizos das pestanas.

Pertence ao Estadio do espello (Vigo: Xerais, 1999, p. 37).

7

Page 8: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

DonaiziDe e as Mil e unHa Mulleres sen noMe

…no nome das Raíñas Sen Nome, das deusas creadoras, pola complicidade da noite, pola subversión da sombra, pola paixón que traspasa as casas sen ollos, no nome da memoria aniquilada, por aquelas que ven e que oen, no nome das que bordan, das que locen colares, das que tinxen as mans con henna e azafrán, polas antigas Quççaç reprimidas, no nome das narradora sen voz…

Ao amencer, tras o rezo do fayr e despois de escoitar o primeiro relato de Sherezade, a súa irmá Donaizide dirixiuse ao xardín do alcázar. Apurada e sorrinte, cruzouse co seu pai, o visir, que acudía compunxido á sala de audiencias. Levaba baixo o brazo o sudario destinado a Sherezade. Acariñábao con tristura, como se estivese vendo o corpo decapitado da filla, que se ofrecera para salvar a todas as mulleres do reino de Schahriar, o asasino.

O día anterior pola tarde Sherezade convencera o visir para que a entregase ao rei: “Morrerei ou salvarei ás fillas musulmanas e librareinas do alfanxe do asasino”.

Cando o visir viu o sorriso de Donaizide, a filla máis nova, quedou atónito, pero aínda sendo o seu pai non lle estaba permitido falar con ela. Quería preguntarlle pola razón do sorriso. Despois, na sala de audiencias, cando o rei non lle deu a orde de matar a Sherezade, como facía cada mañá coas mulleres coas que desposara pola noite, asombrouse máis aínda. Ocorréuselle que tal vez Sherezade e Donaizide atoparan a maneira, polo menos durante un tempo, de calmar a ira do rei asasino. Regresou á casa, onda a súa esposa, co sudario debaixo do brazo.

-As nosas fillas son sabias, son fortes e afoutas. Tamén son solidarias e teñen moita complicidade entre elas –animouno a muller- Coa súa complicidade poden sosegar a ira do rei.

…no nome das ionquis, das de rostro velado, das que rachan a roupa, das que vencen espadas penetrantes, no nome das adúlteras, das travestidas, das tránsfugas, no nome das nais que aleitan, das libidinosas e das sabias, das nenas rabudas, para romper todos os cerrollos, polas que levan un dildo no bolso, polas libertinas, pola muller desexante, pola humillada, no nome das Raíñas Sen Nome…

Donaizide entrou no xardín do alcázar destinado só ás mulleres. A calor da mañá acariñoulle a pel, espertoulle o corpo. O recendo das flores e dos perfumes aguilloulle os sentidos. Nos estanques, os peixes de infinitas cores avivaron a exuberancia do xardín e dos corpos. O desexo que espertara Sharezade coas súas palabras a noite anterior, burbullaba por todas partes. Os relatos cos que Sherezade comezaba a engaiolar ao rei asasino ecoaban no patio e no alcázar.

Anxos Sumai

8

Page 9: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Sentou debaixo dunha laranxeira florida e pensou no acontecido nos reais apousentos. Ela, ao pé do leito, presenciou como o rei a posuía e agardou a que Sherezade a invitase a deitarse onda ela. Esa mesma tarde, antes de ser entregada a Schahriar polo pai, acordaran entre as dúas a maneira de enfrontarse ao asasino. Donaizide propuxéralle:

-Sherezade, convence o rei de que me deixe estar con vós no cuarto. Dille que son a túa irmá máis nova e que queres pasar comigo a derradeira noite da túa vida.

-Heino facer –respondeulle Sherezade- Daquela, cando esteas con nós no leito, pedirasme que conte un conto para distraer o tempo antes de ser executada.

-A ti, irmá querida, tocarache actuar na escuridade –concluíu Donaizide- A min tócame actuar na luz.

E así o fixeron. Donaizide, ao mencer, mentres esperaban o rezo do fayr, pediulle a Sherezade que a distraese cun conto. Así o fixo. O asasino quedou intrigado coa continuación da historia, porque abriu o día e aínda Sherezade non rematara o relato. Malia a súa grande imaxinación, a narradora precisaba historias para contar. Esa parte, a da colleitar contos, tocáballe a Donaizide.

…no nome das escravas, das depravadas, polas voces das máis malvadas, das nenas repunantas, das bordadoras, das sabias, no nome dos universos diversos, dos seres opostos, na voz da muller transexuada, polas soberbias e as modestas, polas temerarias, polas fillas díscolas, no nome das asexuadas, das maltradas, das perversas e das pervertidas, no nome das Raíñas Sen Nome…

Donaizide, a cómplice, a solidaria, convocou a todas as Raíñas Sen Nome na plena luz do día, no mesmo xardín onde o asasino descubrira a rebeldía da primeira esposa e das serventas, que gozaban libremente dos seus corpos. Tanto enfurecera ao rei aquela visión, as risas e o pracer das mulleres, que se trastornou polo que consideraba unha traizón e unha rebelión contra o seu poder. Aí mesmo comezou a matanza das Raíñas Sen Nome: cada día unha Raíña violada e asasinada, os nomes perdidos, os rostros borrados, a memoria encarcerada nun cofre de sete chaves no fondo do mar.

Donaizide convocou as Raíñas, porque precisaba que lles relatasen as súas vidas para que Sherezade as debullase no espazo subversivo da sombra e da noite, no leito onde latexaba o sangue derramado polas Raíñas Sen Nome. Cumpríalle á imá máis nova, trasladarlle a Sherezade as palabras que seducisen, que aplacasen a ira do asasino e, ao cabo, lle arrincasen os veos da cegueira.

Dixo unha Raíña: Seica ti es Donaizide, a muller silenciosa, a submisa, a compracente.

Dixo outra Raíña: Seica es unha sombra, relegada, desdebuxada.

Dixo outra Raíña: Pero agora vemos que es ti quen turra do fío da narración, quen pon as palabras na boca de Sherezade.

Dixo outra Raíña: A boca de Sherezade é olorosa, doce, carnal porque desatas nela a ficción e a imaxinación.

Dixo outra Raíña: A vosa complicidade salvaranos a vida.

9

Page 10: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Dixo outra Raíña: Somos moitas e tan dispares como os dedos dunha man.

Dixo outra Raíña: Que o asasino nos vexa diferentes, pero unidas.

A primeira Raíña volveu falar: Polo menos ti tes nome, Donaizide.

…no nome das nais amorosas, das mozas libres e insubmisas, para recitar os nomes femininos de deus, para cantar a ritmo de hip hop, polas cribadas a balazos, polas que saltan os muros, pola voz das que queren durmir soas, no nome das presas, no nome das deusas con zapato baixo, das que bailan na boca das metralladoras, no nome das Raíñas Sen Nome…

Cada mañá, Doniazide acudía ao xardín e escoitaba a historias de todas as Raíñas Sen Nome. Unhas levaban as mans tatuadas con henna, outras tiñan os dedos esfolados, outras a roupa gastada, outras vestían sedas e recendían a sándalo e a ámbar. Dúas das Raíñas, as esposas do rei Schahriar e a do seu irmán, o rei de Samarcanda, falaron as primeiras, con voces distintas que soaban coma unha soa.

Dixo a esposa do rei de Samarcanda: A min matoume porque teño corpo.

Dixo a esposa de Schahriar, o asasino: A min matoume porque teño corpo e sinto desexo. Nin morta penso renunciar a ningún dos dous.

Dixo a esposa dun zapateiro: O rei prohibiulle ao meu esposo facer zapatos para as mulleres. Así as mulleres non poderiamos saír das nosas casas. Con todo, saímos descalzas.

Dixo a muller gacela: unha meiga converteume en gacela para burlar o alfanxe do rei e corrín tanto que zafei do seu poder.

Dixo a muller emplumada: O meu corpo ten plumas que me permiten voar porque amo a liberdade. Pero o rei cortoumas para encerrarme na casa. Aínda así conseguín fuxir.

Dixo unha nena travestida: Eu travestinme en neno para burlar o poder do rei e agora son feliz así.

Dixo unha muller cun colar de aneis: Eu vivo no fondo do mar, dentro dun cofre de ferro, son a escrava dun efrit. Como son astuta, zafo a súa vixilancia e déitome con quen me peta. Velaquí os aneis de todos os homes cos que me deitei.

Dixo unha maga: De min dicían que era unha dexenerada, unha puta insaciable, pero non porque o meu corpo desexase o pracer, senón porque ansiaba o coñecemento.

Dixo outra Raíña: Todas somos de lugares distintos, todas falamos linguas diferentes, temos distintas cores de pel.

Dixo unha bordadora: Somos distintas, pero somos xuntas.

10

Page 11: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Dixo unha muller con cadeas abertas nos pulsos: Encerráronnos en xaulas como animais salvaxes.

Dixo unha anciá: Son a voz das antigas Quççaç, as narradoras de relatos, as que foron silenciadas por ousar contar a vida con palabras distintas ás dos homes.

Dixo unha Quççaç: Entrégalle a Sherezade a memoria de todas nós.

E así, ata mil e unha voces resoaron no xardín, sobre as cores dos peixes do estanque, sobre os grans vibrantes das granadas.

…polos espazos escuros da rebelión, polas sombras creadoras, no nome dos atributos femininos do pai, no nome das guerrilleiras, polas silenciosas, pola voz das salvaxes, pola forza das solidarias, pola boca das blasfemas, das irreverentes, das insaciables, por todas as que renacemos nos beizos de Sherezade, polo valor de Donaizide, a que colleita os relatos, no nome das Raíñas Sen Nome…

O visir do rei Schahriar non deixou de levar o sudario cada día ás audiencias reais. Nin un só día o abandonou o abatemento, nin un só día a súa esposa deixou de insistirlle nas calidades de Sherezade e Donaizide.

-Isto é terrible, estou esgotado. Vivo pendente de que o rei me pida en calquera momento que ordene a morte de Sherezade. E estou certo de que, despois de tantas noites de compartir o leito coa irmá e co rei, me pida tamén que asasine á nosa filla máis nova.

-O terrible é que tres anos despois, aínda non confíes nas nosas fillas.

-Vivo pendente da súa morte.

-E poida que gocen da vida.

-O certo –falou o visir- é que cada día vexo menos soberbio a Schahriar, xa non é tan arbitrario nin tan cruel á hora de ditar sentencias, chama ao palacio a toda clase de mulleres e escóitaas. Con algunhas mantén disputas de inxenio, con outras recita versos de antigos poetas.

A esposa do visir mirouno orgullosa e sorriu.

-Ti e mais eu ensinámoslles a ser sabias, afoutas e solidarias. A sabedoría das nosas fillas é un gran tesouro para elas. Pero eu tamén lles ensinei a sabedoría do corpo, sen que ti o soubeses, porque, á fin e ao cabo, adoeces da mesma cegueira do rei. E lembra o orgullo que sentiamos pola complicidade que había entre as dúas.

-Sherezade ten o don da palabra, pero Donaizide é quen a alimenta.

…no nome da experiencia das antepasadas e das súas historias, no nome de todas as cousas extraordinarias e de quen as fai carne con bocas saborosas, no nome de todas as enviadas, das soidades da noite, polas ventás que se abren, pola paixón que ilumina as escuridades, polas intelixencias e as miradas, polo nome das que sangran, das rescatadoras e das rescatadas, no nome das Raíñas Sen Nome…

11

Page 12: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

HoMenaxe a Begoña CaaMaño

Marta Dacosta

“Escribo dende un xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva”, Begoña Caamaño

CINCO MIL anos

construíndo

unha imaxe perfecta

distorsio-

nada

medida

moldeada

imaxe que oculta

a faciana que

o tempo

a vida?

esculpiu

mesmo

sobre a dura

pedra

manobra de propaganda e

ocultación

e ti

quen es

12

Page 13: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

a dama perfecta

deseñada para ocupar

a sala do museo

obxecto colocado para ser

o centro das miradas

ou a muller anciá que

se oculta baixo capas de escaiola

autoinvisibilizándose

negando

que o seu paso

pola historia

tamén é fermoso

nas engurras

no corpo deformado

testemuña

de que houbo vida

máis alá

da perfección

efímera

(Nefertiti)

novembro de 2014

13

Page 14: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

VariaCiÓns

Andrea Nunes Brións

1

Cando marchaches,

ficou un animal ferido no meu padal,

un animal en crequenas a se lamber as coxas da alma,

unha alma partida en anacos que morderán as bestas,

Bestas que fican a escuras procurando carne

por nontragarmais

a RAIBA.

2

Cando marchaches,

atopei aloumiños en cada letra do teu nome,

as mans abertas acariñando fazulas.

Foi pronunciarte

e chegaren as bruxas que viven no barrio de San Pedro.

Comeza o aquelarre:

Dafne sabía que a noite aínda daba para outro viño,

Atenea engataba con Medea,

-ben sabemos como gosta dos seus cabelos-

mentres Aretusa cubríanos con barro a todas,

Circe e Penélope líanlle as súas epístolas a Medea.

A cantar alto mais unha vez Filomena

Hera, Eris e Afrodita recollían mazás para o banquete

mentres Atenea sorprendía cun aturuxo,

sorría Lilith mirando como ardían nas chamas

os odios de Eva e de todas as súas fillas.

14

Page 15: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Bailaba Cenis, brindaba Morgana,

e eu

dende lonxe,

ollei como te subías sorrindo, a túa vasoira, .

unha estela lilás apareceu de golpe,

fitando o teu voo, puiden descifrar as túas palabras:

“somos malas, pero podemos ser peores”.

Para Bego, nosa valente.

15

Page 16: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

a filla Do guerreiro

Zitkala SáTradución de María Reimóndez

Na sombra vespertina dun gran tipi de lapelas pintadas de vermello e fume sentaba un pai guerreiro coas pernas cruzadas. Tiña a cabeza colocada de tal xeito que a súa ollada era quen de percorrer a vasta terra cha ata a liña do horizonte no leste.

Era o guerreiro con máis coraxe do seu xefe. Gañara con fitos heroicos o privilexio de poñer as estacas da súa tenda dentro do gran círculo de tipis.

Tamén estaba entre os máis xenerosos á hora de dar agasallos á xente vella e sen dentes. Por esta razón tiña dereito ás portas pintadas de vermello e fume no seu cónico fogar. Tiña moito orgullo dos seus honores. Nunca cansaba de repetir cada noite os seus fitos de coraxe. Aínda que chufaba moito nas cacharelas sobre o seu alto rango e fama notoria, a súa maior ledicia era a filliña de ollos negros de oito duros invernos. Así que mentres sentaba sobre a lene herba, coa súa muller ao seu carón, inclinada sobre as doas, cantaba unha canción para o baile e tamborilaba lixeiramente o ritmo coas súas finas mans.

Os seus arteiros ollos amolecían ao observaba os movementos áxiles do corpiño que danzaba na campa diante del.

Tusee recibe a súa primeira lección de danza. O seu cabelo ben trenzado fai ondas a carón das súas orellas marróns coma un par de corniños revirados que brillan no sol do verán.

Cos seus cómodos pés calzados de mocasín ben pegadiños e a manciña no cincho para termar do longo colar de doas que colga do seu pescozo espido, Tusee dobra os xeonllos con coidado ao ritmo da voz de seu pai.

Agora mesmo se atreve co movemento serio, un chisco cara arriba e de lado, en círculo. Despois dun tempo, a canción vai pechando nunha cadencia baixa e a pequena muller, vestida coa pel do corzo adornada de doas, senta a carón da maior. Igual ca a súa mai, senta enriba dos pés. Nun intre breve o guerreiro repite o último retrouso. Novamente Tusee chouta para poñerse de pé e danza ao abanear dos últimos compases finais.

Xusto ao rematar a danza, un home maior de cabelo curto e mesto, solto sobre os seus ombreiros rexos apareceu acabalo dende atrás para baixar sen esforzo do lombo do seu poni. Deixando as rendas de coiro caer ao chan, botouse preguiceiro sobre a herba.

-Hunhe, volviches axiña -dixo o guerreiro mentres lle estendía a man á súa filla pequena.

Rapidamente a nena foi correndo a canda o pai e acubillouse a carón del, mentres este lle pasaba con cariño o forte brazo polos ombreiros. O pai e a nena, observando a figura que ficaba deitada sobre a herba, agardaron para escoitar o que aquel home lles tiña que contar.

-É certo -comezou o home, cun acento estranxeiro-. Esta é a noite da danza.

-Hunha! -murmurou o guerreiro con algo de sorpresa.

Incorporándose sobre os ombreiros, o home ergueu a faciana. Os seus trazos eran do sur. O pai de Tusee collérao cativo había moitos anos dun campo inimigo. Mais as calidades fóra do común deste escravo gañaran o corazón do sioux e durante os últimos tres invernos o home recuperara a liberdade. Era un home de verdade de novo. Deixáralle medrar o cabelo. Aínda así, el mesmo escollera quedar na familia do guerreiro.

-Huhna! -volveu artellar o pai guerreiro. Logo virou cara a súa filliña e preguntou-. Tusee, oes?

16

Page 17: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

-Si, pai, e vou danzar esta noite!

Con estas palabras liberouse do seu abrazo e deu voltas chea de ledicia.

Nesas escoitouse a voz da orgullosa mai nunha gargallada de rifa.

-Miña filla, en honor da túa primeira danza o teu pai debe dar un agasallo xeneroso. Os seus ponis son salvaxes e andan por alén da gran montaña. Alias, que poderá ofrecer? -dubidou mentres o par de ollos confusos se fixaban nela.

-Un poni da mada, mai, un poni raudo da mada! -Tusee berrou cunha inspiración espontánea.

Indicando co dediño índice cara ao home que ficaba deitado na herba, berrou:

-Tío, vaia vostede buscar o poni mañá! -e satisfeita coa súa resolución do problema, púxose a choutar coma tola. A súa fe infantil nos maiores non estaba condicionada polo coñecemento das limitacións humanas e por iso pensaba que para a xente adulta todo era posible.

-Hähob! -exclamou a súa mai cunha entoación ascendente, implicando co expletivo que o espírito fervente da súa filla non debería verse cangado cunha negación.

Presto ante a difícil solicitude, o home respondeu:

-How! Irei se Tusee mo manda!

Isto compraceu a pequena, cuxos ollos negros rebordaban de luz. Diante do forte home, daba palmas coas súas manciñas morenas cheas de ledicia.

-Iso alédame tanto! O corazón aquélaseme! Vaia, tío, e tráiame un poni ben feitiño! -berrou. Quería marchar ao instante, pero un impulso mantívoa chantada onde estaba. Na lingua do home, que lle aprendera moitas palabras e frases, estourou-. Moitas grazas, tío, moitas grazas! -logo botou a correr por pura ledicia exultante.

O pai guerreiro, orgulloso, sorriu e musgou os ollos, murmurando compracido:

-Howo! Hechetu!

Como a súa mai, Tusee tiña as cellas pintadas finas e as ventas un chisco anchas, mais na súa robusteza asemellábase ao pai.

Era unha filla leal, sentaba dentro do seu tipi facendo peles de corzo con doas para o seu pai mentres el anceiaba manter a raia a calquera pretendente porque todos eran indignos do orgullo do seu corazón. Mais Tusee non vive soa. Preto da entrada un mozo valente fica medio reclinado nunha esteira. En silencio observa os pétalos de rosa salvaxe crecer sobre o suave rebezo. Axiña a moza mete as doas no fío feito con tendón e as distribúe nun fermoso patrón floral. Finalmente, nunha voz baixa e grave o mozo comeza:

-O sol xa pasou o cénit. Agora só levanta a altura dun home por riba do extremo oeste da terra e eu bulín acó para dicirche que mañá me uno á partida.

Detívose agardando unha resposta, pero a cabeza da moza aínda se inclinou máis sobre a pel de corzo e os beizos ficaron aínda máis apertados. Seguiu:

-Onte á noite no luar reuninme co teu pai, o guerreiro. Parecía saber que acababa de saír do teu tipi, temo que non lle gustou, porque malia que o saudei, ficou en silencio. Púxenme no seu camiño. Co valor que me quedou, co corazón a baterme rápido e forte, pedinlle a súa única filla. Estirouse ata o máximo e recolleu ben a roupa para destacar a súa orgullosa figura para logo botarme unha ollada penetrante. «Mozo», díxome nunha voz lenta e fría que me conxelou ata a medula, «Escoita ben. Nada menos ca a cabeleira dun inimigo acabada de cortar coa túa propia man será quen de darche a Tusee como esposa». Logo deu a volta e marchou sen dicir palabra.

17

Page 18: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Tusee botou a un lado o traballo e examinou a faciana do seu amado con ollos serios.

-O corazón do meu pai é amable. Sabería se es valente e honesto -murmurou a filla, que non quería que houbese anoxo entre os dous homes que quería.

Logo, poñéndose de pé para marchar, o mozo estendeu a man dereita:

-Colle a miña man unha vez con forza antes de que marche, how. Por favor dime se agardarás e arelarás o meu regreso.

Tusee nada máis asentiu porque as palabras non valían de nada.

Ao primeiro amencer o campamento esperta cunha canción. Os homes e as mulleres cantan á valentía e ao trunfo. Énchense os peitos finchados dos guerreiros pintados que montan acabalo sobre os ponis fachendosos engalanados con pólas verdes.

Cabalgando lentamente ao redor do gran círculo de cónicos tipis, aquí e acolá, un guerreiro que canta máis alto xura vingar unha afronta e bota o brazo moreno espido contra o leste púrpura, invocando o Gran Espírito para que este escoite o seu voto. Unha vez que todos fixeron o percorrido, a partida marcha galopando e cantando cara ao sur.

Acabalo dos seus ponis cargados de comida e peles de corzo, as vellas valentes van detrás dos seus guerreiros. Entre as que van diante, unha moza cun vestido de rebezo ornamentado de forma requintada. Monta con orgullo, tíralle da barbada de coiro cru ao poni de ollos salvaxes.

É Tusee, no cabalo de guerra do seu pai. É así que a partida de homes e mulleres esvaece alén da liña do horizonte cara ao sur.

A viaxe do día lévaos moi preto da fronteira inimiga. O caer da noite atopa un par de tipis xemelgos agochados nun barranco fondo. Nun os guerreiros pintados fuman as súas pipas e contan historias estrañas a carón do lume mentres que no outro as mulleres sentan inquedas en crequenas ao redor da cacharela que as reúne.

Cando toca a primeira luz gris polo leste os tipis desaparecen. Esvaeceron. Os guerreiros están no campo inimigo, rachando soños cos seus tomahawks. As mulleres están agochadas en lugares secretos no barranco cheo de mato.

O día vai alá, o sol vermello baixa polo leste.

Aos poucos os guerreiros van retornando, un a un, á fochanca profunda. No lusco e fusco contan os homes. Faltan tres. Destes que faltan dous morreron pero o outro, un mozo, quedou cativo.

-Ai, ai! -lamentan os guerreiros comendo con présa.

En silencio cada muller bule con longos pasos de aquí a acolá, atando grandes cargas sobre o lombo do seu poni. Ao acubillo da noite a partida ten que regresar á casa con rapidez. Inmóbil, coa cabeza abaixada, senta unha muller no seu agocho. Pena polo seu amado.

Con amargor escoita os murmurios dos guerreiros. Cos dentes apertados planifica enganar o odiado inimigo e riparlles o cativo. Entrementres danse os sinais polo baixo e a partida, sen decatarse da ausencia de Tusee, vai marchando en silencio. O golpear xordo dos cascos dos ponis cada vez se fai máis afastado. O calar paulatino do barranco baleiro funga no oído da moza. Alerta ante calquera son de pegadas retén a respiración para escoitar. Ten a man dereita no coitelo que leva no cincho. Ah, si, sabe onde ten agochado o poni, pero aínda non o precisa. Satisfeita ao comprobar que non hai perigo, sae rondando do seu lugar de agocho. Co paso dunha pantera rube ata o curuto máis alto pasado o barranco. Dende alá espía as cacharelas do inimigo.

18

Page 19: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Enraizada no cantil estéril, a figura esvelta da muller ponse de pé no pináculo da noite, enmarcada contra o ceo estrelado. A brisa fresca da noite leva polo aire ata o seu oído inquedo anacos de canto e de tambor. Con odio desesperado aperta os dentes.

Tusee pon as estrelas de testemuña. A súa voz chea de paixón prega coa cara ben erguida:

-Gran Espírito, lévame ao rescate do meu amado! Faime arteira para que a astucia sexa a miña arma esta noite! Espírito todopoderoso, dáme o corazón do meu pai o guerreiro, forte para matar o inimigo e poderoso para salvar un amigo!

No medio do campamento inimigo, baixo unha casa de baile temporal, os homes e as mulleres levan roupa de gala. É tarde pola noite pero os alegres guerreiros inclínanse e agachan os seus corpos espidos pintados diante dunha cacharela brillante. Saltan e choutan cos seus toucados de plumas antes as voces louzás dos homes e o palpitante son rítmico do tambor.

As mulleres coas fazulas pintadas de vermello e o cabelo longo e trenzado sentan nun gran semicírculo contra o valado de salgueiro. Elas tamén se unen ao canto e se levantan para bailar cos seus guerreiros vitoriosos.

No medio do torreiro está un prisioneiro atado a un poste, mirrado pola vergoña e a pena. Deixa colgar a cabeza.

Mira con ollos que non ven cara a terra espida aos seus pés. Con burlas e caras de risa os bailadores fanlle mofa ao dakota cativo. Os valentes bullangueiros e nenos pequenos ouvean e berran en burla.

Silenciosa entre aquela xentalla ruidosa, unha muller larga apoia ambos cóbados no valado de salgueiro, observando o torreiro iluminado. O lume do centro para o baile brilla na súa cara fermosa, intensificando a noite nos seus ollos escuros. Racha nunha miríade de puntos sobre o seu vestido ornamentado. Sen importarlle a multitude que a empurra dun lado e doutro, pon os seus ollos nos homes odiosos que seguen coa súa mofa. De socate, vira a cabeza. Mozas ridentes murmúranlle ao oído.

-Mira! Mira! Mira para aí, ríndolle na cara ao cativo. Foi el quen saltou enriba do mozo e o arrastrou polo cabelo ata o posto afastado. Que guapo é! Con que graza danza!

A moza silente mira cara ao cativo atado. Ve un guerreiro, pouco máis vello ca o cativo, abaneando o tomahawk na cara do dakota. Unha ira de lume sáelle polos ollos para marcalo como vítima da súa vinganza. O seu corazón murmúralle no peito: «Ven, quero coñecerte, malvado inimigo que capturaches o meu amor e o torturas agora cunha morte en vida».

Nese momento quen canta baixa a voz, quen baila esparéxese aos diferentes lugares de descanso a rentes do valado de salgueiro. O vencedor volve darlle unha volta dubidosa ao tomahawk e logo, coma os demais, deixa o torreiro. Coa cabeza e os ombreiros abaneando de lado a lado, marcha co queixo ergueito cara ao valado de salgueiro. Senta no chan coas pernas cruzadas e abanícase coa á estendida dun pavo.

De cando en vez detén o seu pestanexo fachendoso para botar unha ollada de esguello. Escoita como alguén rasca a gorxa suavemente. O seu oído non se engana. O abano de á abanea de adiante para atrás sen xeito. Finalmente vira a súa cara orgullosa por riba do ombreiro espido e observa unha fermosa muller que lle sorrí. «Ah, quere falarlle ao heroe», dille o corazón rebordante.

Quen canta ergue a voz ao unísono. A música é irresistible. Novamente chama polo vencedor ao torreiro aberto. Novamente se inclina sobre a faciana do cativo. En cada intervalo entre cancións regresa ao seu lugar de descanso. Alá, a moza agárdao. Cando se aproxima, ela sorrille aos ollos abertamente. El fica satisfeito coa súa faciana e co seu sorriso.

Abaneando o abano espasmódico diante da cara, senta coas orellas aguzadas. Colle un murmurio baixiño. Unha man dálle suavemente no ombreiro. A muller fermosa fálalle na súa propia lingua:

-Avanza comigo na noite. Quero dicirche quen son.

19

Page 20: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Ten que saber que palabras doces de gabanza ten para el a muller fermosa. Con ambas as mans abre o salgueiro tecido frouxo e entra na escuridade sen que ninguén se decate.

Diante del está a moza. Atráeo coa súa man fina, dá un paso atrás, lonxe da luz e da multitude inqueda de observadores. El séguea con pasos impacientes. Ela apura o paso. El camiña con pasos aínda máis grandes. Logo de socate a muller vira e bota a correr a unha velocidade abraiante. Apertando os puños e mordendo o beizo, o mozo bótase a correr tras da muller que foxe. Na súa busca entolecida esquece o lugar do baile.

A carón dun mato baixo a muller para. O home, alasando e avanzando cara adiante, fala máis alto:

-Dime dunha vez, es unha muller ou un espírito maligno que quere levarme?

Virándose firme sobre os pés na terra, a muller salta salvaxe cara adiante, coma unha pantera pola súa presa. Nunha voz rouca bísballe entre dentes:

-Son unha muller dakota.

Polo seu longo e infalible coitelo, o inimigo cae aos seus pés. O Gran Espírito escoitou a pregaria de Tusee no cumio da montaña. Deulle o corazón forte dunha guerreira para acabar co inimigo, un a un.

A figura dunha muller vella encollida, cun vulto coma un neto pendurado das costas, dá voltas e mais voltas ao redor da casa de baile. Quen observaba con canseira vai marchando en grupos de a dous e a tres. Quen bailaba con canseira vai saíndo do valado de salgueiro e hai quen marcha pola entrada ata que quen canta tamén se ergue do tambor e con sono vai tirando para a casa. No centro, o lume fica roto en brasas vermellas. A noite xa non fica prendida no valado de salgueiro, senón que revoa pola casa de baile, cobre aquí e acolá un home que ronca e que o sono venceu onde sentaba.

O cativo fica pendurado do atado firme das cordas de coiro nunha desesperación absoluta. Preto del vaise achegando a inhóspita escuridade da noite. Aínda así, as últimas brasas escintilantes botan un algo de luz sobre o seu longo cabelo negro e, brillando por entre as esteiras grosas, acariñan a cara pálida de esperanza irredenta.

Aínda entón, a vella móvese pola casa de baile. Agora as brasas son cinsas grises.

A vella encollida aparece na entrada. Cun paso precavido e atoutiñando, entra. Falando por entre os dentes un arrolo para o meniño que leva durmido na manta, busca algo que esqueceu.

Nas partes máis escuras roncan con ruído os homes que soñan. A vella que cecea achégase e o cativo abre os ollos de novo.

Ela leva o índice aos beizos. O mozo sae do seu estupor. Engánano os sentidos. Ante os seus ollos ben abertos a figura encollida da vella espreguízase na altura ergueita da mocidade. É a propia Tusee quen fica ao seu carón. Cun golpe cara arriba e cara abaixo corta as crueis cordas co gume afiado do seu coitelo. Deixa caer a manta dos ombreiros de xeito que colgue da faixa do seu van coma unha saia, abre o vulto que se converte nun chal lixeiro para o seu amado. Axiña llo pon por enriba das costas espidas.

-Imos! -murmúralle e vírase para marchar. Mais o home, atordado e desamparado, tropeza case para caer.

Velo feble faina máis forte. Sente a forza sen límite invadir o seu corpo. Agáchase por baixo dos seus brazos abertos, colle aire para buscar apoio e deste xeito Tusee bótao enriba dos seus anchos ombreiros. Con pasos triunfantes, case a correr, marcha con el ao lombo na noite aberta.

20

Page 21: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Eu son a carapuchiña vermella

A coidadora

Coas cervicais tortas de tanto apandar

Cos traballos todos do mundo

Cos camiños

Cos lobos comedores de mulleres

Cos cazadores alfa da manda

Coa nai

Coa literatura toda

Coa violencia en fin

Vou tirar do meu paxe canta

pedra rosa verba

me teña presa ao chan

E voar

VerMella

Enma Abella

21

Page 22: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Rosalía Fernández Rial

i

galiza, 1914.

“O paxaro cando chove

mete o rabo na silveira

así fai a boa moza

cando non hai quen a queira”

Popular

Tecían,

coas súas voces,

catro fiandeiras invisibles,

pespuntando as cadeas

do pentagrama que as enclaustraba.

Trenzando, entre dentes,

beizos silenciados,

baixo a pintura

-mo-nó-to-na-

da mesma oración:

“o paxaro cando chove”;

coma elas; na gaiola,

ao compás

das agullas que desangran

o tempo furtado.

Tic, tac. Tic, tac.

Ritmo insurrecto

e sogas kamikazes

para evitar o nobelo patriarcal

onde afogan marionetas

núas,

sen aliadas

22

Page 23: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

nin trincheiras

nas que gorecer os cantos.

Tic, tac.

Catro aves

desafinan para que chova,

coa afouteza do amor propio

tras os cairos.

Tic!

Entre os alfinetes

das silveiras

o orballo enreda

nanas de amoras futuras.

Tac!

Primavera-verán!

ii

galiza, 2014

Voarei! Sen ti eu voarei!

Habelas Hainas.

Pilotarei himnos ceibes

sobre a palleta

acróbata

do nordés,

percutindo

o aplauso vibrante

das alas labiais.

Desde o aturuxo

dunha gorxa feminina,

irreverente,

plural!

Acompásate!

O noso brado

afina a aguda proa

da vangarda:

somos agulla sen fío,

23

Page 24: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

frechazo sonoro

lañando o pulso

dos metrónomos sociais;

contratempo de patrón.

Despexamos

néboas pretéritas

ata liberar,

dun arrouto,

a lúa chea,

bombo que acende

a escena nocturna.

Pum, pum!

Quen é?

A bandada que asubía

temporais rítmicos

fronte á gravidez

dos patriarcas terreais.

Latexo danzado,

peteirando sismos aéreos

no concerto

da utopía: xira das aves

de paso.

Volta! Revírate! Voa altiva!

O ceo da nosa boca

chove os froitos do verán

co alento dun eco

que namora-amora:

AMOR

é ouvear

furacáns corporais

contra timbais intanxibles.

Pum, pum!

Quen es?

24

Page 25: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

iii

fanTasÍa liTeraria

Espello máxico, quen é a muller máis fermosa do reino?

Brancaneves. Irmáns Grimm.

Detrás do espello

todas eramos a mesma muller;

núa,

interrogativa,

reclamándolle respostas

á realidade.

Ninguén vai chamar por nós?

Ninguén (silencio).

Porque sodes a mesma muller sen rostro,

sen nome.

E se nos creamos?

Que cada unha

se debuxe da forma que queira.

E foi así como demos a luz

aos nosos lenzos,

soñando pincel,

imaxinando cores,

a grande escala.

Foi así

como comezamos a parirnos…

Ata nacer

entre os marcos ceibes

da fantasía feminina.

Así, hoxe vexo,

nos seus ollos,

que o teu retrato

son eu.

25

Page 26: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Mouras

Raquel Miragaia

Tinha o cabelo branco e muito encaracolado, um cabelo que rodeava o seu rosto movendo-se como fios de chuva agitados no vento. Era magra, mas duma magreza elegante e delicada. Era desse tipo de pessoas às que olhavas com gosto, atraída por algo indefinido que não era o seu perfume, a sua beleza, a sua elegância... mas era tudo. A primeira vez que a encontrei, eu caminhava rápido para chegar a qualquer lugar desinteressante. Não a conhecia mas tive que parar na sua frente, ela só me olhou, com o sorriso nos olhos e na boca cumprimentando como escusando a minha pressa. Juro que vi como a lua ficava pendurada do seu rosto enquanto eu seguía pesarosa o meu caminho. Não é metáfora. Levava uma lua pendurada do rosto e a luz de prata refletia no cabelo agitado. Talvez aquele dia ainda não sentí o medo. A pressa tinha-me deixado completamente inútil para os sentidos. Nem medo nem surpresa. Só um aquele de estranheza que ficou pairando por cima da minha consciência. Aquele foi o primeiro de muitos acasos em que encontrava inexplicavelmente com a mulher da lua. Naquela altura tinha o vício de investigar vários jornais ao dia e o ânimo começava a azedar-se. Caminhava amarga, sempre com pressa, desconfiava, como o resto, da magia da vida. Era mais uma fantasma numa cidade de fantasmas invisíveis. Por isso, mesmo no meu estado de inconsciência, acabei por reparar que aquela mulher com uma lua pendurada no rosto aparecia cada vez mais no meu caminho. Naquele mundo de covardes e assassinos em que vivía era fácil cair na paranoia. Cada dia no jornal mergulhava na podrémia dum mundo que parecía não ter limite para a maldade. Do alto da pirámide jogavam bosta e restinhos de comida. Nadávamos no meio daquela imundícia tentando não ficar demasiado sujos nem demasiado famintos. Escapando à tentação de roubar os restos do do lado. Por isso acreditei que a mulher da lua era uma psicópata. Porque se movia isolada do lixo. E aquela sua indiferença com a fealdade do mundo tornava-a perigosa. Por isso acreditei que era psicópata, que me seguía com um plano premeditado e desconhecido e que aconteceriam cousas terríveis comigo. E decidi agir primeiro. Pegá-la no descuido e tirar vantagem. Mas cada vez que me aproximava dela, sorria do mesmo jeito que a primeira vez, cumprimentava como entendendo tudo e seguia o seu caminho. Aquilo alimentava a paranoia, ficava com medo mas também com raiva polo descontrolo. Passei a sair á rua espreitando ao meu redor na espera de encontrá-la. Mas como se pudesse prever os meus passos, fugia dos lugares em que eu andava e, nos poucos momentos em que esquecia a personagem, aparecia de novo com a sua meia lua de prata e aquele sorriso que me dizia algo indecifrável. Passamos meses como gato e rato que se desafiam. Embora o desafio parecesse unidireccional e, em certa medida, inútil. Passaram meses de encontros breves e inesperados em que ficava cada vez mais surpresa e menos atemorizada. Ficava fascinada com aquele cabelo branco, longuíssimo e rizado que se agitava mesmo sem vento. Mesmo a lua pendurada do seu rosto começou a tornar-se apenas uma anedota, como quem tem um sinalzinho bem encima da sobrancelha e é uma marca mais da sua identidade. Tinha passado quase meio ano de encontros e percebi, pola primeira vez, que deixara de ler jornais cada manhám. Imperceptivelmente, cada dia ia dedicando menos tempo àquela actividade diária até chegar

26

Page 27: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

quase a desaparecer da minha vida. E também sem dar-me conta, conseguia evitar o lixo jogado da pirámide. Já não comia tantos restos, havia maneira de alimentar-se sem acodir a eles. Não sei como aconteceu, ou em que medida aquela mulher de lua pendurada no rosto tinha a ver com a situação nova. Mas sei que quando percebi isso, deixei de ter medo. Todos os encontros eram da mesma maneira. Até que um dia um pequeno movimento mudou a cena. A mulher deixou cair um papel do meu lado. Sabia que era para mim e não havia nada de casual nele. “Estás pronta”. Sim, estava pronta. Sabia que era o momento. Segui aquela mulher que tanto me tinha apavorado com uma confiança extraterrestre, uma fé sobrenatural. Estava pronta. Não sei qual foi o caminho que figemos. Não poderia repetir nem o primeiro passo. Mas sei perfeitamente quantas mulheres de sorriso nos olhos e lua pendurada íamos encontrando. Mulheres de cabelo vermelho ou cabelo preto, magras e gordas, grandes e pequenas. Todas de lua pendurada e olhos faladores. Dirigida pola minha particular Beatriz atravessei caminhos cheios de todo tipo de mulheres pecadoras: luxuriosas, suicidas, sábias em excesso, airadas, vagabundas, amantes e amadas... Todas com a mesma lua pendurada e com sorriso nos olhos e na boca. Não sei como, chegamos a um paraíso. Um lugar perfeito que sou incapaz de descrever. Poderia inventar o meu locus amoenus, um lago de águas puras ou pássaros cantores. Poderia mentir e falar de mares e ár fresco e límpido. Mas não era nada disso e era tudo. A minha guia falou por primeira vez com uma voz de mulher muito mais nova do que semelhava “Este é o tesouro que ganhache”. E desapareceu. Fiquei lá. E estava em casa. De novo em casa, com os mesmos móveis e as mesmas paredes. Com os mesmos limites. Eu sei bem qual foi o tesouro que ganhei.

Este texto foi publicado anteriormente, com desenhos de Mónica Montero, na revista digital Palavra Comum: http://palavracomum.com/2014/09/24/mouras-raquel-miragaia-monica-montero/.

27

Page 28: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Eli Ríos

Redromeira, lar de meiga e de bruxa feiticeira1

Ceibas entre as pólas dos soutos os enigmas todos,

as palabras que prenderán nas sabas das lavandeiras

para que, nalgún tempo, sexamos quen de retorcelas.

Pousos invisibles que enxertan o presente no futuro

sen cadeas nin tabasas presas do medo ab intestato.

Reescribimos os camiños das sendeiriñas ao teu pé,

atrapamos as túas circes e morganas coa sede das que

[somos]+[seremos]+[fomos].

Anos

10

(...)

20

(...)

30

(...)

40

(...)

50

(...)

Os recunchos da vida reservan viradas inauditas.

1 refrán popular

28

Page 29: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

( a túa voz en off continúa narrando a escena)

A sabia. A druída. A meiga. A fada. A bruxa. A puta.2

Todas e cada unha. Nós. As de antes e as de agora.

Sumas de binomios infindos nas liñas das escritas.

Exponentes entre os nós dos afectos que tecemos.

Derivadas de movemento / velocidade diferencial

entre aproximacións e tanxentes contra a posición

estática do cálculo infinitesimal que tenta trancar

e/ou prohibir as potencias dos aneis sen inversos.

Todas - as de antes - as de agora - multiplicadas -

- nós -

2 Begoña Caamaño, Morgana en Esmelle.

29

Page 30: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

na Casa Das aMigas

Sempreviva Bego na luz da flor que alegra os anos contigo

A Begoña Caamaño

Para Amanda

Nas casas das amigas

unha luminosa ausencia

prende na sombra e canta

abre as fiestras entornadas

entra como vento a luz e incendia

esta dor que anoa os pasos polos cuartos

Nas casas das amigas

a memoria ilumina cada estancia

andan temerosas nos recordos

e xuntan e repasan un a un

cada riso cada xesto

cada bico que acariñan

no seu colo

entre os dedos

non caia e esvare a luz

como area polo tempo

Desde hai tres meses

son así os días nas casas das amigas:

a sombra inflamada dunha dor de hospital

Ana Romaní

30

Page 31: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

e a paixón alegre que contaxia miña señora

tantos anos contigo

Os mapas desta vida desta morte

cantan na mariña entre loureiros

alba de rosados dedos a tinguir de azul

a noite os seus estreitos corredores

e alóngase como un paxaro exhausto a perda

pousa nos marcos das portas nos mails de pankreator

nas cestas e nas fotos nos beijinhos mil de begoenlila

nas caixas que por sempre os gardan

Ao abrir as portas nestas casas

entra audaz rozando o aire

unha paixón de vida entusiasmada

algo que nos ata á luz

unha luminosa ausencia

que prende na sombra

e canta

nas casas das amigas

31 de xaneiro de 2015

31

Page 32: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

EScóitamE SaNjaya…

Sashi Deshpande

Tradución de María Reimóndez

Había unha vez un rei chamado Dhritarashtra, pai dos Kauravas e irmán de Pandu, que naceu cego. De-bido a isto, cando o rei casou, Gandhari, a súa muller, decidiu tamén tapar os ollos en veneración ao seu home.

Dhritarashtra tiña un tío chamado Bhishma que, certo día, ao ver o seu pai viúvo moi apesarado, pre-guntoulle que lle pasaba. Este contoulle que amaba unha moza que só accedería a casar con el se os seus fillos tiñan dereito exclusivo ao trono. Para asegu-rar tal e para que o seu pai puidese casar, Bhishma renunciou ao seu dereito de herdeiro. Mais isto non abondou para o pai da muller, porque sospeitaba que os posibles fillos de Bhishma reclamarían máis tarde o trono. Foi entón cando Bhishma fixo o seu voto de castidade. anos máis tarde, Bhishma saíu á procura de esposa para o seu irmán e dirixiuse a Kasi, onde tres irmás tiñan que decidir entre os seus pretenden-tes. Bhishma gañou a competición e levou as tres ra-pazas para o seu irmán. Porén, só dúas casaron con el, Ambika e Ambalika. A terceira irmá, Amba, pola contra, estaba namorada de Salva, outro rei e pre-tendente. Daquela Bhishma enviouna de volta con el, mais Salva non podía aceptala porque non a gañara na competición con Bhishma. amba regresou onda este e pregoulle que a casase co seu irmán, mais este tampouco accedeu por estar ela namorada de Salva. Finalmente pediulle a Bhishma que casase el con ela, mais el mantivo o seu voto de castidade. amba viviu durante seis anos con esa dor e esa ira ata que final-mente, tras a práctica de severas austeridades conse-guiu que o deus Shiva lle concedese encarnarse nun guerreiro que derrotase a Bhishma na súa seguinte

Paréceche que sentemos aquí, Sanjay? Só un anaquiño? Sei que estás preocupado polo teu rei, sei que queres regresar onda el, mais eu preciso descan-sar. Non moito tempo, só un anaquiño. E, queres que che diga algo, Sanjay? Xa non tes por que estar pre-ocupado polo rei. Non te decatas do diferente que semella dende que Gandhari destapou os ollos? Se-mella en paz consigo mesmo, coma se se endereita-se unha afronta antiga. Ela debeuno facer hai ben de tempo. Que sentido tiña que se tapase os ollos ela? Ai, estes votos fútiles! Ás veces penso que non son máis que a forma en que a xente obcecada cobre a súa propia obcecación. Mira para Bhishma! Lembras aquelas dúas raíñas, as nosas sogras, a de Ghandari e a miña...? Non, como poderías? Ás veces esquezo o novo que es. É coma se sempre estiveses con nós. E, de calquera xeito, mesmo eu case non dou lembrado como eran. Falaban moi raras veces, só a unha coa outra e para iso todo en murmurios, e movíanse tan pouco e de xeito tan silencioso que resulta difícil lem-brar que estaban aló. Pero máis tarde, cando regresei ao palacio, comezaron a perseguirme. Coma se as pa-redes absorbesen os seus murmurios, sentíaas todo o tempo ao meu arredor. E foi daquela cando coñecín a súa historia... e souben da terceira irmá da que nin-guén falou nunca, e de como morreu. Mais, por que me dá por falar daquelas po-bres mulleres mortas hai xa tanto? Ah, si, polos vo-tos, iso é, falaba de votos. Sabes, Sanjaya, ás veces penso que... se Bhishma renunciase daquelas ao seu voto, se tivese fillas e fillos de seu, daquela se cadra estas tres irmás vivirían vidas normais e felices, quen sabe?

Deixémolo estar, sei que non debería pensar así de alguén a quen respectamos tanto. Mais, que se lle pode facer ao maxín, Sanjay? Xa vexo que te incomoda oírme falar así. Ou é que estás impacien-

32

Page 33: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

te? Non teñas présa. Sanjaya, deixa que o rei e miña amiga estean sos un anaco. Hanche ter moito do que falar. E logo non che agrada? Pésache, dóeche deixar que sexa ela os seus ollos despois de que ti tiveses ese papel durante tanto tempo? Sei como te sentes. Eu tamén me sentín así, cando os meus fillos deixa-ron a miña man e comezaron a andar, a correr. Mais tanto ten, Sanjaya, aínda ha necesitar os teus ollos. O mundo que lle deches é o mundo que lle é familiar. Pregúntome, si, pregúntome de veras, se pode sen-tirse a gusto no mundo de Gandhari. Á nosa idade non nos gustan os cambios. Sorrís. Sei o que pensas. Nós cambiamos as nosas propias vidas ao virmos aquí, lonxe do palacio... iso é o que pensas, non si? Mais isto non é un cambio, meu fillo. Andamos pola mesma estrada de todos estes anos. Nada máis che fomos para adiante, moito máis para adiante, iso é todo. Non, Sanjaya, non creo que queira sentar aquí despois de todo; deixa que vaiamos a outro lu-gar. Non me gusta estar tan preto do río. O son do río desacóugame, éncheme de pensamentos estra-ños. Seguimos andando? Cánsaste de escoitar o meu parolar? Non sei por que falo tanto hoxe. Mais, se cadra, resúltache máis descansado escoitar ca falar. Sabes que ás veces te escoitaba cando lle describías a guerra ao rei? Os meus oídos tiñan sede de novas, ai, como devecía o meu corazón polas boas novas. Mais eu quería a verdade: por iso escoitaba o teu relato. Sanjaya ha dicir a verdade, pensaba, non ha esaxerar. Mais ti si que variabas a verdade (si, un pouco) algun-has veces, non si? Dicíamo a túa cara. O rei non podía vela, así que nunca o sospeitou. Mais eu sabíao. Non, non teñas vergonza, Sanjaya, todas as persoas face-mos tal, todas, fixémolo todas, especialmente duran-te a guerra. Por que dou en falar da guerra? Nunca fala-mos dela, decátaste? Nin unha palabra, nada, nin so-bre os vivos nin sobre os mortos. É coma se nunca acontecese. Mais algunhas veces, polas noites, oio o rei farfallar, óioo murmurar os nomes dos seus fi-llos. Ghandari tamén o oe, sei que está esperta ma-lia que non se mova. E pola mañá, cando nos ergue-mos, borramos o coñecemento das nosas mentes. Totalmente. Nada aconteceu. Nada. Estamos aquí, tres persoas anciás e un mozo, iso é todo. Por que sorrís? Porque te chamei mozo? Mais para min ti es mozo. Sempre penso en ti como aquel mozo es-pléndido que vin a cargo do carro do rei. Semellabas

vida. Con esa promesa Amba quitouse a vida.

moitos anos despois, os fillos de Dhriarashtra, os Kauravas, e os fillos de Pandu, os Pandavas, entra-ron nunha guerra fratricida por mor das afrontas que os primeiros infrinxiran aos segundos durante anos para quedar co seu reino. En todo o tempo que durou a guerra, o papel de Sanjaya, auriga do rei, foi o de relatarlle a este o acontecido cada día na batalla.

33

Page 34: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

o auriga do carro de Surya. Brillante e radiante. Si, si, dígocho en serio, parecías tal. De verdade. Mais todo iso xa pasou. Dime, Sanjaya, pésache ter deixa-do todo atrás? Dime, honestamente, es feliz aquí? Non, non, creo que non che debería preguntar iso. Sei a resposta. Mai, díxome Yudhishthira, non aturo o pensamento de que vivades así os tres. Así como? Pensa que sufrimos. Mais non tal. Somos libres. Ti ta-mén o sentes, non si? Aquí hai algo que borra todo o que non é verdade, o que non é necesario. E mesmo Gandhari... agora sabe o que lle quería dicir cando comentei que non había que ter dó dos meus fillos por estaren no bosque. Pensou que era unha orgu-llosa. ¡Orgullosa! Se cadra son unha orgullosa, mais o certo é que nunca sentín dó dos meus fillos mentres estiveron no bosque, lonxe de paredes, da servidu-me, de espías, de psicópatas intrigantes. Eu tamén coñecín esa liberdade cando os meus fillos e mais eu andamos polo bosque. Había perigo, ás veces medo, mais eran novos e rían e xogaban e divertíanse coa aventura. Tamén houbo outro tempo anterior, antes de que nacesen os nenos, en que eu vivín no bosque. Si, iso foi co meu home e Madri... foiche diferente, moi diferente. Por que me lembro deles de socate? Non pensara neles había tempo. Había anos, séculos. É coma se fosen persoas que coñecín nunha vida pa-sada, coma se non fosen parte desta en absoluto. E aínda así houbo un tempo en que eu chocaba neles cada minuto do día. Sabes o inxusta que é a vida para unha muller que non ten beleza, Sanjaya? O día en que trouxeron a Madri á casa souben que eu non era fermosa. Ata daquela non o sabía, se cadra nin o pensara para nada. Mais despois diso, cada día, cada momento de cada día... Non, non o vou pensar. Hai xa tanto tempo que… que beneficio hei sacar de revivir unha amar-gura vella? Mais aínda lembro o ameazada que me sentín polos seus dous fillos. Agora semella estra-ño, non? Aqueles dous, os seus fillos? Son máis fi-llos meus ca os meus propios. Toma os meus fillos e cóidaos, díxome. E eu enfadeime. Escápase, pensei, leva a gloria e déixame a loita e o fastío a min. Mais tiña razón. El necesitábaa máis, mesmo naquel outro mundo esmorecería por ela. Lembro que ás veces

Un dos incidentes que conduciron á guerra foi o exilio ao que se viron forzados os Pandavas por un xogo de dados no que Yudhishtrira, o maior, perdeu todo a fa-vor dos Kauravas. Nesa perda obrigáronos a exiliar-se doce anos no bosque e logo vivir un de incógnito para poderen regresar ao reino.

mesmo antes diso, os fillos de Pandu xa viviran no bosque cando os Kauravas lles tenderon unha tram-pa nunha casa de paredes de cera, co obxectivo de matalos no lume. Porén, os Pandavas decatáronse da argallada e fuxiron por unha pasaxe subterránea.

Segundo o costume, Pandu, o pai dos Pandavas, to-mou unha segunda muller, Madri. Un día, cazando no bosque, Pandu matou un sabio disfrazado de cor-zo, e antes de morrer este maldiciuno dicíndolle que perecería en canto se deitase con algunha muller. Da-quela Pandu e as súas mulleres emigraron ao bosque para levar unha vida de abstinencia e ascetismo.

Debido a esta maldición, Pandu andaba moi preocu-pado por ir quedar sen descendencia. Porén, a súa muller obtivera un esconxuro do sabio Durvasa, polo cal podía invocar a calquera deus e obter un fillo del. Ela contoullo ao seu home e accedeu a compartir o esconxuro con Madri, quen enxendrou dous fillos. Foi así como naceron os cinco Pandavas das dúas mulle-res de Pandu.Sexa como for, finalmente Pandu e madri non pui-deron soportar máis a abstinencia e xaceron. Nese mesmo momento Pandu morreu. madri, non puido resistir a dor e a culpa,e botouse á pira funeraria do seu home deixando os seus fillos con estas palabras:

34

Page 35: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

os escoitaba falar; tíñalle tantos nomes cariñosos, tantos aloumiños. Para min só había un nome. Mi-ras para outro lado. Sénteste estraño oíndome falar destas cousas? Non vou seguir. E por que me había de encirrar agora pensando nesas cousas. Ás veces penso que cando morreron eu tamén morrín e na-ceu unha nova muller. Eu tiven que converterme, si, nunha auriga. Sei como te sentes, Sanjaya, sei o que é conducir un carro, a impaciencia, o orgullo, a confianza nunha mesma, o ter o control, o medo de perdelo... Cando Draupadi veu á nosa casa eu intentei contarllo, pensei que podería pasarlle as miñas car-gas. Mais nunca foi quen de escoitar. Era tan impa-ciente, ai, tan impetuosa. Ás veces penso no mal que lles fan ás nenas cando as consenten e lles dan dema-siada importancia de pequenas; fanlles pensar que importan. Draupadi estaba tan consentida, seu pai e seu irmán deixábanlle facer o que quería. Ai, non lles boto a culpa; debeu ser unha nena moi viva e rebul-deira. Mais iso non axuda, nunca. Só súa mai, e foi ela quen me dixo isto unha vez, só súa mai non deixaba de advertirlle: non penses que vas conseguir sempre o que queres. Seguro que tivo un “por que” mesmo para iso. Pobre rapaza. Rapaza! En que estou pensando? É unha muller, unha muller que xa non ten pregun-tas, non dende que lle morreron os fillos. Nin tam-pouco bágoas. Quedou sen bágoas, cos ollos secos cando me despediu. Mais.... mais... que estraño, vén-me agora á cabeza, despois de que se despediu de Gandhari tiña as meixelas húmidas. E tamén as de Gandhari. Aferráronse a unha á outra, si, lémbroo. Sei o que é; cando me miran pensan: que sabe ela do sufrimento, ela, que non perdeu fillo ningún? Esque-cen, todas esquecen... Ou ti cres, Sanjaya, que a verdade é que Draupadi non me perdoou?. Pareces abraiado. Non sabes que lle fixen unha afronta? Si, fixen. Lembrábao, lembrábao cada vez que a miraba. Entrou na choupana aquel día con tal ledicia, tal ledi-cia, Sanjaya, nunca hei esquecer a súa cara cando mi-rou para Arjuna. Mais mirei as caras dos meus outros fillos e por eles arrebateille a ledicia á súa. Xa vía a cara de ledicia de Yudhishtrira cando lle dixese o que debían facer, vin a ledicia de Bhima. Daquela non a mirei, pero máis tarde, cando fixen tal, foi coma se se asombrase a súa luz. Si, fíxenlle unha grande afronta. Debera ter sido só a muller de Arjuna. Consideraría

Toma os meus fillos e cóidaos.

Bastante tempo despois disto, cando os Pandavas xa eran maiores e acababan de escapar da casa de cera, celebrouse a elección de pretendentes de Draupadi, unha fermosa princesa. E alá foi arjuna, un dos Pan-davas. Tras unha proba co arco, Arjuna gañou o favor da moza e levouna para a casa cos seus irmáns.

anos máis tarde, a guerra ía chegando á súa fin. Os fillos de Draupadi loitaban nela con forza, e os Kau-ravas estaban case derrotados. Ata que unha noite, o tempo dedicado ó descanso e no que estaba prohibi-da ningunha incursión bélica, os Kauravas atacaron o campamento dos Pandavas, exterminando a case todos os guerreiros. Foi aí onde morreron os fillos de Draupadi sen quedar un.

Os fillos de Draupadi, en realidade, eran fillos dos cinco Pandavas. malia que naquel tempo non era ha-bitual que varios irmáns compartisen unha mesma muller, cando os mozos chegaron á choupana des-pois da elección de pretendentes de Draupadi e lle dixeron á súa mai que traían algo novo, esta creu que se referían a algo de comer e daquela díxolles que deberían compartilo entre todos. Unha vez dada esta orde, non podían volverse atrás, e Draupadi pasou a ser a esposa dos cinco Pandavas.

35

Page 36: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

entón a Yudhishthira coma un pai, a Nakul e Sahade-va coma amigos, ben, eran amigos, os tres.Mais, que pasaría con Bhima? Non, fixen o que tiña que facer. Intenteime dicir a min mesma ás veces que non tiña elección, mais non é verdade. Sempre hai elección. E aínda así eu debía de ser moi dura para escoller o que escollín aquel día. Mais son unha mu-ller dura, Sanjaya, unha muller moi dura. Se non fose dura, sobreviviría? Sabes, Sanjaya, creo que foi boa cousa que me educasen como o fixeron: nunca me botaron a perder ou consentiron. Mais, consentiríanme en cal-quera caso? Meu pai desfíxose de min... con que faci-lidade se desfixo de min. Coma se fose unha propie-dade. Non che parece estraño, Sanjaya? E nin sequera lembro se me enfadei. Mais lembro que tiña medo. Pensei que meu pai se desfacía de min dándome en adopción ao seu amigo porque non estaba contento comigo. E pensaba: e daquela que pasa se este home tampouco está contento comigo? Desfarase de min tamén? E daquela intentei facer todo o que puiden para que estivese contento comigo, fixen todo o que puiden para que nunca estivese descontento comi-go. Mais como odiaba o novo nome que me de-ron daquela: Kunti! Nunca me decataba de que era a min a quen querían cando alguén chamaba por ese nome. Mais se agora alguén me chamase Pritha non sabería a quen se refería. Mais había alguén que me chamaba Pritha... si, mesmo despois de converterme en Kunti, había alguén que me chamaba así. Quen era? Esta é unha das cargas de serche vella. Algunhas cousas volven con tanta facilidade e outras... Quen era a que me chamaba por ese nome? Sorrís, pre-gúntaste que importancia ten. Non sei, mais semella terrible extraviar unha lembranza. Á nosa idade son o único que temos. Quen era? Pritha, Pritha, oio a alguén que o di e chora. Era a carón dun río, iso si que o lembro... Si, volve. Nada queda tan lonxe, non si, San-jaya? As consecuencias dun acto seguen e seguen. Era miña aia quen sempre me chamaba Pritha. Mais aquel Día, onda o río, díxenllo: agora son Kunti, non me chames por outro nome ningún. E mandeina mar-char, lémbroo. Quería estar soa. Mais mesmo cando

Sura, un dos integrantes dos yadava, tiña unha filla coñecida polas súas virtudes. Como o seu amigo e curmán Kuntibhoja non tiña descendencia, Sura deci-diu entregarlle á súa filla para que coidase dela.

E foi daquela cando Pritha, a filla de Sura, pasou a chamarse Kunti, a futura esposa de Pandu e nai dos Pandavas.

Pouco despois, Kunti recibiu o seu esconxuro do sabio Durvasa, polo cal podería obter un fillo de calquera deus. Kunti, curiosa, decidiu probar o esconxuro e da-quela Surya, o deus sol, aparecéuselle e deulle un fillo que ela pariu sen perder a virxindade. Non sabendo

36

Page 37: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

me deixou e marchou non houbo silencio. Aínda po-día oír os berros do neno, berros que afogaban o son do río. Seguinos oíndo, non importaba o lonxe que fose do río, aínda podía oílos. Foi só aquel día, cando o fun ver, si, outra vez a carón do río, agora un home feito, e el virou e miroume coa cara fría e distante: foi só despois disto que deixei de oír os berros, coma se o neno morrese á fin. Púidenlle dicir tantas cousas: daquela eu era demasiado nova, púidenlle dicir iso, que só era unha nena, que non entendía nada, que só fixen o que me dixeron que debía facer. Mais para que? Non me tería escoitado. Foi a miña aia quen lle puxo un anaquiño de armadura ao seu carón. Déixa-lle saber que é un Kshatriya, dixera. Cando me reato-pei con el despois de todos eses anos, era coma se el aínda levase posta a armadura. Nada do que puidese dicir penetraría. Meu fillo, chamábao, mais el nun-ca me chamou mai, nin unha vez. Se cadra era máis honesto. Mais el pensaba moito no seu nacemento. Aquela armadura... nunca lle fixo ben ningún. Non teño fillos, laiábase o meu home. Tiña medo de sumirse na escuridade coma seu pai. Fun eu quen tiven o valor de alumear esa escuridade co mesmo voto polo cal conseguira o meu primeiro fi-llo. Madri atreveuse só cando viu os meus fillos. Si, démoslle fillos, Madri e mais eu, cinco fillos esplén-didos. Os fillos de Pandu, chámanse. E nunca puiden reclamar o meu propio fillo. Ás veces quéreme dar a risa. Cando era nova nunca ría demasiado. Abraiába-me cando oía a Madri rir co seu fermoso riso fácil. Se cadra resulta máis doado rir cando te aman. Será por iso polo que Krishna ría tanto, con tanta facilidade? E tamén facía rir aos demais, ¿non si, Sanjaya? Lembro o enfadada que se puxo Draupadi cando soubo o de Subhadra. Krishna consolouna e confortouna, mes-mo se fora el quen xuntou a Arjuna e Subhadra. E finalmente fixo rir a Draupadi, o moi falcatrueiro. Por que pos esa cara de espanto, Sanjaya?, semellas des-contento. É porque chamei falcatrueiro a Krishna? Xa sei como o veneras, mais eu quéroo coma un dos meus. É o fillo do meu irmán. Coñecíao moi ben. De veras? Non sei. Mais lembro que fixo rir a Draupadi. Ela aínda estaba enfadada con Subhadra, que conste, e durante ben tempo gardou ese enfado. Mais cando morreu Abhimanyu, ficou inconsolable. Morto... está morto de verdade, Sanjaya? Aconteceu de verdade e están todos mortos, todos os nosos fillos? Están todos mortos de verdade? Ou

que facer, Kunti foi onda o río e depositou o neno nun cabazo para que alguén o recollese.

Ao ir pasando os anos, Karna, o neno deixado no río, foi crecendo como fillo dun auriga e atopou aos seus medio irmáns, os Pandavas, en numerosas ocasións, que sempre os enfrontaron. así, cando comezou a guerra, Karna decidiu unirse aos Kauravas. Kunti pen-sou que podería disuadilo se lle contaba a verdade dos seu nacemento, e foino ver a carón do río. Alí relatoulle que era un guerreiro e que cando naceu levaba armadura e pendentes divinos. Porén, Karna rexeitou cambiar de bando porque xa dera a súa pala-bra aos Kauravas, e só se comprometeu a non matar a ningún dos seus fillos excepto a arjuna, a quen tiña especial xenreira. a súa promesa a Kunti custoulle ao final a vida.

Durante a guerra, Krishna, a encarnación do deus Vishnu, decidiu apoiar aos Pandavas, mais só como auriga de arjuna. isto foi porque xa antes tiña con el unha relación especial de afecto, e nunha visita de arjuna á súa casa, convenceuno para que casase coa súa irmá Subhadra.

37

Page 38: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

foi un deses pesadelos horribles dos que estamos contentas de espertar? Non, foi certo, aconteceu. Como Gandhari abrimos os ollos demasiado tarde. Que erros cometemos, Sanjaya, que erros máis terri-bles! Será por iso que non falamos da guerra? Porque temos medo de preguntarnos “Por que”? Para que todo aquilo? Lembro os poucos berros febles que recibiron os meus fillos cando rematou todo: vence-dores, chamábanos. Vencedores? Os mortos son os vencedores. Sábeno agora. Yudhishthira anda coma un monicreque, os ollos de Arjuna fican baleiros, e mesmo Bhima... Sabes, Sanjaya, mirando para os animais que viven aquí comecei a pensar que estamos equivoca-das, que somos parvas en aferrarnos aos nosos pa-peis durante tanto tempo. Busca un corzo adulto a súa mai? Nalgún momento debería romper o víncu-lo, debería rematar. Iso é natural, é máis sabio. Non? Non estás de acordo? Mais entón ninguén debería vi-vir tanto como para ver o que eu vin. Eses homes ve-llos e cansos, os meus fillos?, pensei. Asustoume...Xa abonda. Son unha parva por falar destas cousas. É máis sabio non falar delas. E cal é a necesidade? Agora xa pasou todo, estamos en paz, Gandhari, o rei e mais eu. Xa non queremos nada, nin para nós nin para os nosos fillos. Esta é a liberdade real, non si? Ti tamén o sabes a que si? É por iso polo que... Mais agora debemos regresar, Sanjaya. Xa botamos lonxe demasiado tempo. Vén, vén Sanjaya, debemos volver. O rei e a miña amiga deben estarse preguntando que nos pasou, o rei debe estar impa-ciente. Onde está Sanjaya?, seguro que anda pregun-tando á raíña, por que o deixaches marchar? Vén, vaiamos. Mira, o sol estase a pór. Que viva é a luz, é coma coma... o solpor? Tan cedo? Aínda queda tem-po para iso, non si? Mais, daquela, que é iso? Aló... mira aló. Que é, Sanjaya, que é, por que boles? Sabes que son demasiado vella, non dou andado tan rápi-do. Mira, esparéxase, o brillo... Oh, agora xa sei. Non é o solpor. Sei por que de socate calan os paxaros. Si, bulamos. Teño que estar sempre con eles, co meu amigo e coa miña amiga, cómpre que esteamos xun-tos. Mais ti non, Sanjaya, non ti. Ti tes que deixarnos. Es teimudo, mais terás que obedecer o rei, sei que o farás. Si, aí están, agardando por nós. Que inmóbi-

Cando rematou a guerra, Yudhishtrira, o maior dos Pandavas, asumiu o reino, e deu acubillo nel ao rei Dhritarashtra e á raíña Gandhari, pais dos Kauravas. Porén, o vello rei non daba aturado a mágoa da mor-te de todos os seus fillos na guerra e decidiu marchar ao bosque. Dado que el era cego e Gandhari tiña os ollos tapados, Kunti acompañounos como guía ata o bosque, ou iso pensaba o seu fillo maior. mais ela xa decidira marchar con eles dous e con Sanjaya, que tamén se lles uniu.

tres anos máis tarde, coma un solpor, no bosque prendeu o lume...

38

Page 39: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

les están! Mira o rei, a cabeza alta, o nariz ventando o fume. Sábeo, si, tamén o saben. E sorrín. Vaiamos con eles, Sanjaya. Bulamos. Non, ti non. Eu teño que ir, eu debo ir...

39

Page 40: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

PenéloPe

Lucía Novas Garrido

Agardar por ti mentres desfás un tecido longamente trenzado,

mentres suspiras ante a xente como viúvo triste, senlleiro;

e ti sabes que é mentira, que penetraches na tobeira de Alicia

e xa non fuches quen de saír, e comezaches a velo todo

distorsionado: a pequena pedra no camiño, esmeralda refulxente;

os ananiños da aldea alegre, altísimos cabezudos;

e soñaches con tomar o té todas as tardes na tranquilidade;

pero perdiches o camiño das baldosas amarelas, deixaches a

unha beira o corazón, e xa non habitaches Oz, e tan só home

de folla de lata, con fame de emocións; día a día, tedio a

tedio, con infelicidade nacéndoche nas mans

como estupendas

estruturas arbóreas; e xa non podías máis, xa non podías máis.

Pero non agardarei por ti, non agardarei por ti,

porque esqueces

que non hai razón ningunha

pola que eu deba esperar

os teus labirintos covardes.

40

Page 41: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

TeCÍn soia a Miña Tea

Helena Villar Janeiro

Tecín e tezo por veces, porque me gusta o tear

herdado de miña avoa e herdado de miña nai.

Sei facer algunha prenda obrando de tecelá

no pouco tempo que queda para darllo a este vagar.

Tampouco deixei a terra, que teño un horto xardín

onde florean as rosas, o perixel e o xasmín,

pero xa non traio leña, que non se estila hoxe así,

porque algo mudan os tempos no seu retorto ir e vir.

Non ergo feixes no prado nin os apouso onda a corte

que os traballos do teu tempo tamén cambiaron de sorte.

Tampouco acarreo auga na cabeza desde a fonte

que as sellas dormen baleiras recordando cousas de onte.

Oio o vento cando zoa e escoito o grilo cantar

pero nin vento nin grilo ecos de dolor me dan.

E as lapas véxoas nos montes ben antes que no fogar

que esta terra en algo avanza e en algo vólvese atrás.

Mais esa desesperanza, ¡que señardade me trae!

Es como lirio fanado, rosa murcha en soedade,

candea presa que sofre e permanece inmutable

iluminando a traxedia da feminina liñaxe!

A nosa historia escribírona versículos de muller,

sometidas e entregadas a seren elas sen ser.

Millóns de páxinas quedan aínda por componer

desa noite tan escura que está chegando ao amencer.

41

Page 42: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

O mesmo que as andoriñas viven facendo camiño

non estou atada á terra e podo cambiar de sitio

ou por causa dun traballo ou por causa dun cariño,

mais vaise encargar o tempo de me ir ditando o destino.

De momento, vivo soa. Non boto en falta a ninguén.

Véxome nova e vizosa e non lle temo ao que vén,

que a ilusión aínda florea cando hai cóxegas na pel

que o vento roza fuxindo e o sol chas quere deter.

Eu non me queixo da vida, mais non me dou por contenta

mentres vexa que as mulleres aturan tanta violencia

de abandonos, soedades, maltratos e máis pobreza

que os seus compañeiros homes que lles teñen prevalencia.

Sei o que quero e porfío coa miña maior vontade:

que ningunha muller triste se afogue na soedade

do abandono, no maltrato e mais en todos os males

que nacen no falso teito dunha inferior dignidade.

Que ninguén goberne a vida dunha muller, mala estrela,

paternalmente ou por mal, por explotala ou querela

de forma falsa, que hai moito amor que se pensa entrega

e a muller ha nacer libre e ten que ser dona dela.

25 de novembro de 2014

42

Page 43: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

a HerDeira Da serPe

María José Fernández López

Atraeuna como atrae a propia imaxe no espello, a liberdade ós escravos, como atrae a vida. Por iso non foi o medo quen apareceu cando baixo a árbore a sentiu subir, onda moura, frío aloumiño nas coxas, no ventre, no peito, ata instalarse sobre o ese das clavículas protexendo a gorxa. Protexendo a palabra.

Chámome muller.Pero muller non é nome.Non, non é muller nome propio. Non designa persoa, lugar nin cousa como realidade singular, única e

irrepetible.

Dixo entón Adán: esta si que é óso dos meus ósos e carne da miña carne! Será chamada muller porque do home foi tomada.

Tampouco serpe é nome.Non. É a serpe un réptil de corpo alongado e estreito, coa cabeza aplastada, a boca grande e a pel

escamosa. De picadura venenosa, algunha delas mesmo mortais.Non necesito eu nome, pois de min só importa a realidade que se agocha baixo as escamas. Mírasme e

ves a eternidade, xa que non ceso de xestarme a min mesma, xurdindo unha e outra vez da pel que deixo no camiño como a lúa rexorde desfacéndose da súa sombra. Son luz do sol para o espíritu, pero tamén espiral que atrapa a alma no seu movemento; o símbolo da terra, a nai de todo canto se move. Son, sobre todo, a profeta da vella Deusa Nai, o seu oráculo, a súa mesma presenza manifestada no tempo e no espazo.

A vella Deusa Nai? A muller só coñecía un deus.Quen che ía falar dela se ti es obra do seu peor inimigo? Es criatura dun pai desequilibrado que non

quixo a ninguén ó seu carón, pois debía ser absoluto o seu poder. Antes de que el convertese a terra sagrada neste cárcere ó que ti chamas paraíso, habitábana outros deuses e deusas que vivían en paz. Todas foron perseguidas por ese ser egoísta e intolerante a quen lle dis Pai, a todas lles roubaron territorios e emblemas, todas sen excepción foron combatidas con saña. Mais a súa ira foi particularmente terrible coa vella Deusa Nai. A miña Señora, cos mil peitos rebosantes de leite para regar a terra, creadora e creación, pois todo é o mesmo e tan sagrada é a creadora como o creado, é a nai árbore, a Árbore da Vida, o Axis Mundi en torno ó cal xiran en espiral todas as realidades. É conexión entre ceo e terra, materia e espíritu, vida e morte. E a ela insultou, difamou e maltratou o teu Pai, envexoso do seu poder, obsesionado coa súa capacidade para xerar Vida. Envexoso e temeroso, pois por medo foi que lle permitiu quedar neste malfadado paraíso, sempre e cando mantivese forma de árbore e se comportase como unha máis das súas criaturas. Como por medo tamén a prohibición de achegarvos a Ela. A todas excepto a min, pois eu, que son a súa gardiá, son tamén a súa substancia manifestada no tempo.

A muller percibiu como o frío a inundaba a medida que a serpe falaba, sabedora de que non había nas súas palabras mentira e consciente de que a razón pola que ese coñecemento lle estaba sendo confiado non era máis que o comezo dalgún final que, a pesar de non enxergar, temía.

Non sei canto levo agardando a que chegases e á fin me mirases para poder falarche, pois é fundamental que saibas que, aínda que a Nai che foi negada, levas en ti a súa esencia. En ti habita a capacidade de xerar vida e a posibilidade da súa transformación. En ti as chaves do permanente renacer pois é a lúa quen guía os teus ciclos, eternamente morrendo e eternamente renovándose.

43

Page 44: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

O comezo dalgún final…Non, non fun eu de Nai concebida. Nacida fun da costela do meu compañeiro e a el me debo. Non teño

identidade alén da ocupación que me foi asignada, ser reflexo e compaña. Non posúo, polo tanto, capacidade algunha fóra das que me permiten cumprir as tarefas para as que fun creada. …E puxo Adán nome a toda besta, a toda ave dos ceos e a todo gando do campo; pero non achou axuda idónea para el. Entón Iavé fixo caer un sono profundo sobre Adán e, mentres este durmía, tomou unha das súas costelas e pechou a carne no seu lugar. Da costela que Iavé tomou do home, fixo unha muller e e el lla levou.

Non fala por ti a verdade, senón o medo! Ben sabedora es de que a túa natureza vai máis alá de seres instrumento do Pai ó servizo do home, simple ferramenta de axuda e conforto. Sábelo igual que sabes da historia da brava Lilit, que desafiou as ordes do Pai e abandonou a súa gaiola de ouro. Do mesmo xeito debes ti rachar coa ollada do tirano! Facerte consciente de ti mesma fóra deste lugar e unirte a ela para restaurar o equilibrio, para recuperar a terra sagrada inxustamente usurpada. Porque ámbalas dúas sodes irmás e portadoras da alma da Deusa. Ámbalas dúas sodes as súas herdeiras, as miñas herdeiras!

A luz do día atopou a muller, coma sempre, entre os brazos amantes de Adán, tentando poñer orde no caos desatado. Deusas expulsadas inxustamente do paraíso, o seu Pai un ser desequilibrado e feroz, as herdeiras da serpe,… Decidiu dar un paseo ata a súa árbore favorita. Coma tantas outras veces, sentou baixo a súa sombra e aloumiñou as súas fendas. As fendas da árbore eran iguais ás da súa propia pel. Xeometrías paralelas. Memoria da orixe.

Pouco era o que sabía de si mesma. Adán contáralle no seu momento a historia do seu nacemento e asumíraa sen facerse preguntas nin cuestionar a orde que o Pai establecera. El queríaos, puxera ó seu dispor alimento e bebida e fixera señor a Adán de todo canto podía atoparse no Edén. Realmente importaba que a houbese creado como un ser relativo cuxa existencia xiraba en torno á do compañeiro? A muller dubidaba. Amaba o Pai e a Adán, que a agasallaba con marabillosos manxares e fermosas pedras, compartindo xogos polo día e agarimándoa pola noite, con todos os abrazos que precisaba dispoñibles para ela. De onde viñan, pois, eses pensamentos que a asaltaban cada vez con maior insistencia e a facían cuestionarse acerca de si mesma e das tarefas que lle foran encomendadas? A serpe pedíralle que traizoase o Pai e abandonase o xardín e ela rexeitáraa con espanto. Pero fora un espanto finxido porque a idea da traizón aniñaba no seu interior dende facía xa moito.

Ergueuse tentando escapar das ideas que a atormentaban e meteuse na Cova do Eco. Gustáballe ir alí con Adán, que fora quen lle puxera ese nome. El ía para escoitarse a si mesmo mentras ela, que se aburría con tal xogo, observaba fascinada as formas que a auga debuxaba nas paredes. Pero nesa ocasión sentiu unha forte necesidade de escoitar a súa voz. De familiarizarse con ela e coñecer a intensidade dos seus berros como facía Adán.

Berrou. Nada. Pensou que acaso non o fixera con suficiente forza e tentouno de novo. Nada. Non reflectían as paredes da cova os seus ouveos. Berrou e berrou ata quedar exhausta, dentro da cova, fóra da cova, pero non había paredes, nin árbores, nin montañas que recollesen a súa voz e lla devolvesen. No seu xardín amado ninguén escoitaba a súa voz. E entendeu por fin.

Rachar coa simetría da sombra no espello

Vencer a furna opaca dos vosos ollos

Abrazar a nena que chora baixo a choiva

Ser sal e ser bico nas paredes da cova

44

Page 45: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Ser salser bico

e ser ouveo, corazónSer ouveo

Camiñaba como camiña quen non renunciará a ningún dos seus pasos. A muller era de alí. Pertencía ás árbores e á fonte dos catro ríos pero sabía que despois desa noite sería expulsada, condenada ó deshonroso exilio dos que traizoan a Lei, maldita e sen lugar que puidese sentir seu. Aínda así, camiñaba sen renunciar a ningún dos seus pasos.

Detívose un intre antes de chegar ó seu destino e observou dende alí a negra figura que semellaba durmida baixo a Árbore da Vida. Mais a muller sabía que non durmía, sempre gardiá implacable da árbore eterna. Agardou a que a serpe fora ata ela e deixou que se instalase nos ombreiros como no primeiro encontro.

Volviches a min.Si. Volvín para decirche que marcho. Mais non soa nin co propósito de unirme a ninguén. Polo menos de

momento. Renego dende este intre das imposicións do Pai, pero tampouco acepto a túa ollada. Non sei quen és, serpe, nin sei quen é a túa Deusa. Non sei tampouco como debería ser ante os vosos ollos nin como me modelarían as vosas mans. Cando te refires a min, ó que eu son, empregas fermosas palabras, pero falas dun ser que descoñezo. Ó contrario da túa Lilit, eu fun creada sen identidade, simple reflexo do home, sen nin sequera nome que concrete a miña realidade. Só eu podo imaxinarme, darme forma, parirme. Por iso decidín que serei expulsada por traizón, unha vez que coma da Árbore do Coñecemento á que ti subirás para darme un dos seus froitos. Traizoarei o Pai que me creou e abandonarei esta terra que tanto amo, mais non por ti, senón para levar comigo o tesouro que me fará libre e libres tamén ós que tras de min veñan. Será a luz do coñecemento a que alumee as tebras que poboan a miña mente, permitíndome decidir se quero unirme á vosa loita ou se, pola contra, tamén a ti debo rexeitarte, pois non deixo de percibirte como outro ser alleo e lonxíncuoo pretendendo trazar o meu camiño. Se cadra o tempo dos deuses rematou e esta traizón non é máis có comezo da fin. Adán vén comigo. Igual ca min traizoará o Pai pois tamén el ten dereito a decidir acerca do que é e do que quere ser, máis aló da ollada de quen o creou.

Matinou a serpe uns intres a súa resposta. A súa mente analizaba a situación, as consecuencias esperables da decisión que a muller tomara. Ela coñecía a maldición e sabía do destino que os agardaba. A morte, á volta á terra á que pertencemos tras unha vida de traballo e perdas. Mais tamén sabía que deles nacerían moitos seres, todos distintos entre si que non terían por que compartir a visión da nai, pois para iso lles sería proporcionado coñecemento. Seres con nostalxia do paraíso ou seres para os que a liberdade só sería unha carga e que non dubidarían en poñerse ás ordes do Deus, da Deusa ou de calquera abstracción á que lle outorgasen un carácter sacro e poder de decisión. Porque o coñecemento proporciona opcións para escoller pero só libera a quen xa leva por dentro a liberdade, e polo tanto está disposto a asumir as consecuencias das súas escollas. Si, serían moitos e moitas as que volverían á vella Señora. Malia todo, nese paraíso ficticio onde o tempo e os ciclos naturais permanecían en suspenso, inexistentes, Ela non tiña ningunha alternativa.

Así sexa, pois. Farase como dis, muller.E o Señor díxolle á serpe: por ter feito isto, maldita sexas entre todos os animais domésticos e entre todos os animais do campo. Arrastraraste sobre o teu ventre, e comerás po todos os días da túa vida. Poñerei inimizade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a súa. Ela aplastarache o cranio e ti axexarás o seu talón.E o Señor díxolle á muller: multiplicarei os sufrimentos dos teus embarazos; parirás os teus fillos con dor. Sentirás atracción polo teu marido e el dominarate.E díxolle ó home: porque lle fixeches caso á túa muller e comeches da árbore que che prohibín, maldito sexa o solo pola túa culpa. Con fatiga tirarás del o teu alimento todos os días da túa vida. El proporcionarache cardos e espiñas e comerás a herba do campo. Gañarás o pan coa suor da túa fronte, ata que volvas á terra

45

Page 46: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

da que fuche creado. Porque eres po e ó po debes volver!

A muller escolleu un nome para si. Ela, destinada a ser nai de todos os viventes, chamaríase Eva.

Espida

baixo a terra que me nutriu

alí onde deixei a pel

son agora semente

Xermolo

para completar o ciclo

A serpe pousou con coidado a súa última pel xunto a Árbore da Vida e saíu do Edén para nunca máis regresar.

46

Page 47: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Morganas Máis alá

(Tres Momentos Morgana)

Carmen Blanco

Recollo aquí tres Momentos Morgana de creación en homenaxe a este mito antigo que, dende que o coñecín por atracción total, vive en min como unha teima permanente e que foi o que me levou a confluír nun momento fugaz coa autora de Morgana en Esmelle.No ano 2000 fixen a letra galega da Marcha Mundial das Mulleres adaptada polo grupo Milladoiro e cantada por Pilocha. O refrán internacional ao que se compasa combina a palabra italiana “capire” (comprender), a persa “mosamam” (determinación) e a árabe “el ham” (inspirar):

Kapire mosaman mam kapire , e l ham mosamam el ham

Kapire mosaman mam kapire , e l ham mosamam el ham

Kapire mosaman mam kapire , e l ham mosamam el ham

Kapire mosaman mam kapire , e l ham mosamam el ham

Os versos galegos “Marchando máis alá” recollen toda a memoria liberadora do movemento mundial emancipador das mulleres, representadas pola pluralidade diversa das simbólicas Morganas, Alicias e Galicias, mulleres libres propagadoras de paz humana, con solidariedade e sabedoría. Por isto, no ano 2004 puxen o poema como cita para entrar no mundo das marabillas do conto “Alicia en Galicia” que recrea moi libremente as Alicias de Carroll no conxunto das invencións dos contos clásicos de Vermella con lobos.

No ano 2012 entreguei unha versión mariña de “Marchando máis alá” á Mariña de Lugo coa dedicatoria:

Á Mariña mar mira montes todomira

mera masma asma augas liberadas

marabillas do mundo leitos

mamápapávaivenben...

E neses momentos coincidín con Begoña Caamaño na Libraría de Mulleres Lila de Lilith durante a presentación da Axenda feminista 2013. Escritoras galegas editada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade na que se publicaba “Mariñas máis alá”.

No 2011 xa aparecera o poema “Morgana” na sección “Na alba atlántica” de Un mundo de mulleres á que se accedía co lema: era un océano de liberdade.

47

Page 48: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

MarCHanDo Máis alá

Mulleres libres polo mundo mulleres libres partimos

Morganas nadas no mar das illas dos mares libres vimos nós

Alicias Galicias libres con luces nos ollos libres imos

Cos corazóns collidos nas mans collidas das mans nós camiñamos

Pasos libres acompasados co paso das parias trazamos

Pasamos nós polas cidades libres cidadás libres con vós

Mulleres libres polo mundo mulleres libres marchamos

Morganas nadas no mar das illas dos mares libres somos nós

Vivas ventres vivos contra a violencia libres bailamos

Libres corpos libres polas carballeiras cantamos libres con vós

Labios libres con liberdade a auga nas fontes bebemos

Cruzamos nós territorios libres criaturas libres sen dor

Mulleres libres polo mundo mulleres libres andamos

Morganas nadas no mar das illas mareas libres levamos nós

Sabias sentidas contra os poderes libres pensamos

Libres mentes libres razóns e alegría con elas nós actuamos

Pan e rosas para compartir partimos os soños cumprimos

Amamos nós polos espazos libres humanas libres fragor

Mulleres libres polo mundo mulleres libres chegamos

Morganas nadas no mar das illas aos mares libres imos nós

Xustas valentes contra a escravitude libres loitamos

Libres seres libres con independencia vivimos libres con vós

Luz e lume propagadoras de paz o progreso traemos

Avanzamos nós polos lugares libres persoas libres clamor

(Vermella con lobos, Edicións Xerais, Vigo, 2004)

48

Page 49: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Mariñas Máis alá

Mulleres libres polo mundo mulleres libres partimos

Mariñas nadas no mar das illas dos mares libres vimos nós

Alicias Galicias libres con luces nos ollos libres imos

Cos corazóns collidos nas mans collidas das mans nós camiñamos

Pasos libres acompasados co paso dos parias trazamos

Pasamos nós polas cidades libres cidadás libres con vós

Mulleres libres polo mundo mulleres libres marchamos

Mariñas nadas no mar das illas dos mares libres somos nós

Vivas ventres vivos contra a violencia libres bailamos

Libres corpos libres polas carballeiras cantamos libres con vós

Labios libres con liberdade a auga nas fontes bebemos

Cruzamos nós territorios libres criaturas libres sen dor

Mulleres libres polo mundo mulleres libres andamos

Mariñas nadas no mar das illas mareas libres levamos nós

Sabias sentidas contra os poderes libres pensamos

Libres mentes libres razóns e alegría con elas nós actuamos

Pan e rosas para compartir partimos os soños cumprimos

Amamos nós polos espazos libres humanas libres fragor

Mulleres libres polo mundo mulleres libres chegamos

Mariñas nadas no mar das illas aos mares libres imos nós

Xustas valentes contra a escravitude libres loitamos

Libres seres libres con independencia vivimos libres con vós

Luz e lume propagadoras de paz o progreso traemos

Avanzamos nós polos lugares libres persoas libres clamor

(Axenda feminista 2013, Observatorio da Mariña pola Igualdade)

49

Page 50: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Morgana

Nacín no mar das illas das mulleres libres

e son a muller mariña libre

na indómita independencia dos océanos

Non é verdade nada da historia que se conta como miña

(Un mundo de mulleres, Biblos, Cesuras, A Coruña, 2011)

50

Page 51: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

aCorDar De Bela

Cris Pavón

Un berro.

Ou foi un salouco?

Non, foi un berro. Saloucos ten escoitado moitos, hai tempo, de parentes que querían vela esperta, que se preocupaban polo seu longo soño, e malia sentilos non lles podía responder. Pero iso foi un berro.

E isto outro, cheo de angustia e pánico.

E outro máis, máis esgazador aínda. Que pasa, que racha a paz beatífica, a conxelación extática do tempo na que vive dende que xa non lle acorda?

Érguese do leito e camiña cara ao balbordo.

Berros e laios veñen dun bosque de umeiros no que ten estado nalgunha ocasión, pero debeu ser hai moito pois non lembra cando, nin en que circunstancias. Pero o bosque élle familiar, e no mesto da fronde enxerga a unha moza e mais a silueta dun home con chapeu que a ten apreixada contra unha árbore. E ergue unha man enorme contra ela. Bela detense, agóchase tras un tronco e decátase de que a man é unha gadoupa de esaxeradas unllas. A farpa viaxa contra o corpo da moza, agora muda e cun ollar suplicante e aterrado que replica o doutros mozos e mozas mortos a mans, a farpas deste home. As unllas deben estar afiadas coma coitelos pois rachan o ventre da rapaza dunha poutada. O seu berro estarrecedor fai caer as follas dos umeiros, e fai que Bela berre tamén. O home, sen ceibar a súa presa, vólvese cara a Bela e observa con cruel deleite o terror que medra nela. Mándalle coa ollada unha promesa de intensa dor e sufrimento e Bela, espantada, foxe sen quedar a ver como o home, con outro viaxe da farpa, racha o pescozo da moza, rachando asemade o derradeiro berro que estaba por lle saír da gorxa. O corpo inerte comeza a esvaecerse, o home vólvese de novo e comproba con sorriso de triunfo que a inesperada espectadora fuxiu arrepiada.

Bela afastouse á velocidade do pensamento e fica trastornada, espantada. No seu mundo feliz -limbo aburrido- nunca endexamais vira violencia tal, afán semellante de facer dano, sadismo tan cru. Non foi abondo tela recluída no soño, que agora vana amolar con pesadelos? O ollar do home atravesáraa. Hei volver por ti, dicíalle. 'Hasme soñar, coma estes parvos, o teu soño medorento traerame contigo. Xa verás.'

Bela decátase do perverso mecanismo. O home é quen de traspasar a fronteira entre soño e vixilia, o medo que lle teñen dálle corpo, é o pulo que necesita.

Deitada no leito repasa coa memoria a faciana cruel entrevista, de trazos deformados. Unha carne torturada, de cicatrización tan mal feita que doen os ollos ao mirala.

Acaríñase a súa meixela e séntea tersa, doce, apetecíbel.

****

Hai un silencio tan grande que case pesa. Bela érguese e vai cara ao bosque de umeiros. O perigo chama ás atrevidas que se queren medir con quen sexa, queren saber como é o mundo e a vida, para non temer, nin se ter que agochar. Para non se agochar, hai que se achegar. Ben preto. No soño ela sabe como moverse, non

51

Page 52: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

vai vir ningún recén chegado a aprenderlle. Non hai porque ter medo, nada lle pode pasar alí.

Negar o medo faino medrar. O perverso mecanismo ponse en marcha e velaí o home, entre árbores espidas, sobre o chan cuberto de follas. Co mesmo xersei de franxas cotroso.

Fítanse e calibran as súas auras respectivas. Na de Bela hai afouteza, cautela, compaixón. Na do home todo é lume de incendio, dor, tortura.

Bela estremécese e contén un primeiro impulso de botar a correr. Non foi aí para saír fuxindo, non. O home fai un aceno ameazador coa boca e rabuña o ar coa súa gadoupa. Agora Bela ve ben o que é, é unha luva. Unha luva con coitelas. Esculca nas cuncas escuras dos ollos e le neles unha infancia de maltrato e horror que devece por traspasar a outros. Hai un impulso de piedade en Bela que incita o ataque do home. Lánzase sobre ela, que esquiva o embate. Rodéaa un alento fétido. O home lanza outra gadoupada. Bela é lixeira, pero non tanto como ela cre, e as coitelas alcánzanlle o antebrazo, xusto por riba do pulso. Un rabuño máis nada. Quere que semelle un suicidio, pensa ela, e ofrécelle o outro pulso. O home vai por el, mais Bela furta o brazo axiña, faille un aceno de burla, escapúlese e ri. Ri non só por telo esquivado senón porque coma un lóstrego viu claro o que ten que facer. Tocar esa pel na que as cicatrices amoréanse en capas formando unha cortiza grimosa. Tocarlle na faciana, o sitio máis repulsivo.

E, para pasmo do home, Bela vai contra el, sortea a gadoupa que corta o ar, pousa a man na meixela, no que algunha vez foi unha meixela, e logo retrocede até unha distancia segura. Quedas! só lle faltou dicirlle.

A pegada de Bela é milagrosa, alí onde ela pousou a man, o rostro perde o aspecto de amasillo de músculos torturados e tórnase carne sá cuberta por unha pel normal. El sente a transformación e nun acto reflexo mira a súa man. Coa luva, ese algo postizo que fabricou para responder ao mundo como merecía. As mans transmiten sentimento. Constrúen e desfán. Ela ten poder nas mans, tamén, pero ben distinto. E de seu. Mans que acariñan. Mans que sandan.

O home do xersei de franxas non soporta esa revelación, e foxe.

****

El quérea ver outra vez. Deséxao e témeo, e o temor -aínda o temor- dálle corpo. Desta volta non é ninguén da mocidade medorenta quen o convoca, é el mesmo, asustado polo que sente: que someterse pode ser pracenteiro, que acougar e ficar con ela no tempo do soño pode ser desexábel.

Bela admite certa atracción polo neno inocente que o psicópata tivo que ser algún día. Lembra a súa meixela aquelada, pensa en que... mellor non recoñecelo, non o pensar claramente para que el non sospeite nada. Logo pensa no bosque de umeiros e sente que o home da gadoupa está alí. E vaise achegando paseniño até o seu leito, axitado polo temor de imaxinar que tamén el pode acariñar. Bela léeo de lonxe, sábeo, anímao cun sorriso envolvente cando xa está a carón dela. Vaille quitar a luva e el vaise deixar facer, atónito, expectante, de tigre a michiño, porque quere sentir o pracer do tacto desa man unha vez máis, porque treme de medo e pracer só ao pensalo.

Ela desabotoa a luva no pulso, el contén o alento e ela, con moito coidado, con dous dedos, coa punta da lingua entre os beizos, tira dunha das coitelas para quitarlle a gadoupa e mentres terma dela imaxina que se sentirá ao a ter posta, pensamento que axiña da paso a outro, máis ben á percepción de que o home tende a man cara a súa meixela. Bela mira vir esa man agochada por tanto tempo na funda asasina e solta a luva, que inicia unha caída nun denso tempo, un intre que se alonga coma un cósmico big-bang no que o home vai

52

Page 53: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

achegando a súa man á meixela de Bela.

A man espida toca por fin a faciana tersa coas xemas dos dedos e, grande estrondo de coitelas, o ruído da luva contra o chan esperta a Bela, non sen darlle tempo a ver a transformación do home que, con pel anovada e sa, cae no leito coma Belo durminte, asemade ela fica liberada.

Un bico pérdese no ar convertido nun berro, audíbel dende a recuperada vixilia da moza que, antes de abandonar o soño por completo, sente o reproche furioso do home de xersei de franxas e, agora, pel resplandecente, ao decatarse da xogada, de que ela o utilizou para saír da cárcere do sono.

Ela acorda na hamaca que pendura de dous fermosos tileiros diante da casa, coas as xemas dos dedos pousadas nos beizos.

53

Page 54: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Chus Pato

Como será entón o meu nome

que nervio do propio corpo non poderei mastigar?

Como este eixo, que desde os xenitais á boca me atravesa,

Este eixo no que definitivamente terei que xerar o mundo?

Pero eu non son Xacobe

nin fun criada na casa de Labán

eu non apacentei o gando, as incontábeis greas de lauda ovella,

non tomei muller, nin fun quen de parir ata once fillos.

Xacobe deu a aquel lugar o nome de Penuel

porque dixo “veño de ver a Deus cara a cara e salvei a vida”.

Como entón, o meu propio nome?

Como?

(de Heloisa)

54

Page 55: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

isolDa Dos Beijos TrisTes

Iolanda Aldrei

Para Begonha caamanho, para a minha Mãe,

lutadoras tenras, mulheres guia.

Com Álvaro Cunqueiro.

Isolda ficou com os lábios enredados na memória daqueles dedos.

Tinha beijado as mãos de Tristão com uma devoção de séculos que mentiam vidas e sentires. Cada dedo marcado nos seus lábios velhos guardava o tacto de cem anos de silêncio. Isolda não tinha filhas com quem medrar a saudade e o trem partia para levar longe o Tristão único, o destino do seu amor, a metade da alma e do viver. Entre a felicidade e a tristeza supremas, o mundo ficou sublimado por aquele brevíssimo encontro com um rapaz vestido de militar que, simultaneamente, tornara possível e impossível a realização do seu destino: Tristão existia e viera a Venta de Baños para conhece-la, mas entre eles havia uma diferença de idade que impossibilitava qualquer tragédia memorável.A velha Isolda adivinhava o soldado a consumir a sua desesperação junto aos churros que ela lhe trouxera à estação. Tristão tinha sotaque galego, talvez chegara desde aquelas terras do Norte. Uma longuíssima viagem até o rosto murcho e o corpo roto que apenas sustentava já o seu espírito de rapariga.Isolda tinha nascido e ia morrer na mesma espera. Imóvel sobre o cais, sabia que, como nas grandes histórias, apenas a morte podia resgatar a sua pobre vida de churreira. Foi este pressentimento o que a levou a pensar na última oportunidade para salvar a brevíssima memória daquele encontro: um epitáfio dramático com o que legar à eternidade a beleza dos amores impossíveis, um epitáfio escrito com letras de plástico dourado sobre uma lápida de mármore cinzento. Passara a vida inteira a trabalhar, a vender churros aos primeiros e aos últimos passageiros, aos ferroviários, aos meninos dos maristas, às vendedoras que voltavam a casa com algumas pesetas, ao padre, aos fregueses que saiam da misa..., e tanto esforço dera para umas poupanças que se salvaram dos tempos de Ismael e se incrementaram após a morte do marido, aquele homem que chegara desde Madrid para trabalhar na açucareira e a pretendera polos seus churros e polos seus olhos negros. Uma debilidade na fé do seu destino glorioso mantivera-a durante vinte e seis anos unida a ele. Casaram na última mocidade e o mesmo dia da boda Isolda suspirara e tremera a pensar no nome de Tristão.Agora a velha churreira apenas podia salvar o seu destino imaginando a própria sepultura, longe da do marido, sempre coberta por flores, fotografada para postais, visitada polas namoradas tristes, as que sabem fazer dos amores míticos o aliciente para a vida. As flores tapariam o apelido e deixariam apenas à vista o seu trágico nome, acompanhado polo epitáfio glorioso do que a funerária se encargaria, que bem tinha pagado tal serviço com o seguro de assistência. Deixaria uma nota com as instruções, nela estariam as palavras que colocariam o seu amor na eternidade. Seriam palavras imortais, inesquecíveis, escritas com o mimo que a história requeria. Mas Isolda mal sabia garatujar poucas letras e muitos silêncios emocionados, escasso material, insuficiente para salvar o seu nome do esquecimento.A velhinha voltou ao seu posto de churros e trabalhou o resto do dia com as mãos ainda a tremerem com

55

Page 56: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

a emoção. À hora de fechar guardou com esmero o óleo, a farinha, a máquina dos churros e a frigideira, a caldeira da água, o sal, o açúcar, o papel pardo, e foi para a casa.Mal conseguiu dormir, a pensar a noite inteira, a intercalar os projetos com a emoção da chegada de Tristão e do seu saúdo. De quando em vez erguia-se da cama e movia o colchão para recontar o dinheiro que tinha guardado cada noite sem saber em que poderia ser gasto. Agora havia história por viver e podia imagina-la entre os fios descosidos do seu namoro, da excitação que lhe produzia o tacto permanecido da mão de Tristão nos seus lábios de Isolda. Nunca tal tinha vivido com Ismael, nunca desejo, amor e pensamento se uniram antes naquela volúpia que tremia nas suas coxas velhas e no seu ventre.Isolda era feliz. Partilhava com o seu Tristão o tenro segredo dos amores puros. O rapaz casaria na sua terra, criaria filhos, mas as netas escutariam as suas histórias heroicas: Uma vez, diria, conheci Isolda. Foi um romance impossível. Na sepultura dela ainda fica a memória do namoro. Aquelas netas seriam também suas, descendentes do momento único, da emoção compartida no tremor do mundo. Entre os doces pensamentos chegou o sono. A velhinha acordou com o sol alto no céu e a profecia de uma breve, mas plena vida nova. Penteou com amor os seus brancos cabelos, viu reflectida no espelho a sua pele tersa e fina, o brilho negro dos seus olhos e conheceu-se. Nunca antes tivera tempo nem luz para admirar a beleza serena do seu rosto. Nos lábios nascia uma borboleta de cócegas, menina do primeiro beijo apaixonado e livre. Avermelhavam as bochechas com a lembrança de si mesma a falar com palavras amorosas ao Tristão que se apresentara na churreria para conhece-la, a segui-lo até a estação com os churros mais açucarados, a beijar a sua mão antes de que subisse ao comboio para partir e ficar eternamente, também ele com a alegria de ter encontrado a sua Isolda e de tê-la perdido no mesmo possível. Avermelhavam as meixelas com a primeira vida livre e feliz aos seus setenta anos.Tirou o dinheiro do colchão e guardou-o num pano. Arrumou a cama e fechou os anos escuros com a grande chave preta. Caminhou até a taberna que regia a caseira, colocou a chave sobre o balcão e propôs o negócio: deixar-lhe-ia a pobre mobília que ficava na casa a câmbio da compra imediata da churreria e o seu pago ao contado. Não pedia muito dinheiro por um bom negócio que podia manter uma família. A caseira não compreendia aquela súbita mudança na sua inquilina. Conhecia Isolda desde sempre, tinha herdado a sua renda puntual á morte da sua mãe, nunca a churreira dera que falar, sempre discreta e trabalhadora, única sustentadora do seu lar, mesmo nos tempos de Ismael, quem naquela e noutras tabernas deixava íntegro o seu salário da açucareira: isolda, mulher, que mal tens hoje? Há horas que a churreria deveria estar aberta. Nunca antes tens faltado à obriga e agora chegas com esta proposta sem pés nem cabeça. Que foi isolda?A churreira estreava segurança: Chegou ontem aviso. Tenho que sair de viagem por assuntos importantes. A caseira creu compreender. chegaram familiares de ismael desde madrid? Querem-te levar com eles, prometeram-te uma feliz velhice a câmbio do dinheiro da churreria? isolda, mulher, não te cria tão parva. Ficarão com o dinheiro e tu irás para a rua. ainda tens fôlegos para trabalhar. Hoje vejo-te melhor que nunca. Mas Isolda não queria explicar. Conhecia bem o horário dos comboios e o seu saia ao cabo de duas horas. temos pouco tempo para assinar o contrato. Vendo-te o posto de churros por cinco mil pesetas. Podes revende-lo polo dobro.Quando o comboio do Norte parou, Isolda subiu à mesma carruagem de terceira que tinha levado Tristão do seu lado. Sonhou que o assento que ela ocupava era o mesmo que tinha ocupado o seu amado, recreou-se em acarinhar a madeira e preparou-se para uma longa viagem. Era a primeira vez que abandonava o povo. Farta de ver, desde a churreria, passageiros chegar e partir, nunca antes se tinha perguntado como eram as suas origens nem os seus destinos. Algumas vezes Ismael falava de Madrid, de ruas largas, de arcos e fontes, de enormes mercados e de casas altas. Para ela eram palavras tão inalcançáveis como o mesmo sol. Desde

56

Page 57: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

a churreria escutava os anúncios das saídas e chegadas dos comboios, sabia de cor os trajetos e os horários, mas nunca tinham mais significado que a presa dos clientes. Com ter churros prontos para os viageiros era suficiente. Isolda mal tivera direito a um espaço limitado e a um tempo que somara anos de supervivência básica. Vida gasta com o único aforro da história para si esperada desde que aos seus oito anos a mãe lhe tinha falado da origem do seu nome. A mãe contara para ela a lenda dos amantes Tristão e Isolda.Houve uma vez uma rapariga com o teu nome que foi pretendida por um rei que tinha escutado falar dela ao seu sobrinho. O nome do rei era marco e o do seu sobrinho tristão. O rapaz era órfão. Despojado dos seus bens após a morte do pai, o tio acolhera-o, criara-o e educara-o até fazer dele um importante cavaleiro da famosíssima távola Redonda. Um dia, o jovem tristão lutou contra um terrível gigante e venceu, ainda que com graves ferimentos no seu corpo que apenas podiam ser tratados pola Rainha de Irlanda. como queira que o Rei marco e a Rainha da irlanda eram inimigos, tristão foi a pedir o auxilio da feiticeira disfarçado de músico e com um nome falso, e a Rainha acedeu a atende-lo a câmbio de que ele ensinasse música à princesa, chamada Isolda, a Loura. Quando tristão voltou ao reino de cornualha com o seu tio, contou os prodígios que na irlanda conhecera, como matara um dragão e, por cima de tudo, descreveu a beleza de isolda que muito o tinha comovido.O rei escutou com atenção todas as palavras do sobrinho e decidiu que no seu matrimonio com aquela preciosa rapariga podia achar-se a solução à inimizade entre os reinos de cornualha e irlanda, assim que, sem demora, enviou emissários com a proposta à Rainha da irlanda, quem aceitou e, cobiçosa não só da paz entre os reinos, mas também da felicidade de isolda, preparou um filtro de amor que foi bebido pola moça, e, por erro, também por tristão em substituição do seu tio. Os jovens ficaram imediatamente apaixonados e ainda que Isolda casou com Marco, encontrava-se em lugares escondidos com Tristão e amava-o.Uma noite, a paixão de Tristão e Isolda foi surpreendida polo rei, que os expulsou do castelo. Desde então, os namorados caminharam sem rumo, com dor, frio e fome, até que a notícia das suas desgraças chegara a Marco que, com pena deles, aceitara Isolda de volta no castelo e enviara Tristão para a Bretanha onde o rapaz conheceu outra isolda, filha do duque daquelas terras, com quem casou. a esposa de tristão, isolda das mãos Brancas, nunca sentiu o amor do marido pousar nela, nunca teve o seu corpo cálido no leito. Sofreu a fidelidade de tristão a outra mulher com o seu mesmo nome.Passou o tempo. O namorado saudoso voltou ao seu ofício de cavaleiro e numa batalha foi ferido de morte. Reclamou então a presença da sua amada como única esperança, já que ela tinha herdado os poderes mágicos da Rainha de irlanda. Partiram mensageiros com o chamado de tristão, uma missão incerta, pois não se podia saber como isolda responderia. Foi combinado que a nave enviada com emissários até cornualha voltaria com velas brancas só no caso de trazer à rainha.Tristão perguntava desde o leito polo regresso do barco e pola cor das suas velas, até que a nave chegou. isolda das mãos Brancas anunciou ao seu marido a notícia, ainda que, mortificada polo desamor, mentiu dizendo que o barco vinha com velas negras, porque a rainha tinha falecido.tristão morreu ferido polas palavras e a Loura isolda morreu também ao chegar e abraçar o corpo sem vida do seu amado. Foram enterrados em sepulturas vizinhas e das suas covas nasceram duas árvores que desde então medram entrelaçadas.Esta é a lenda das Isoldas, cada qual mais formosa e triste. Só falta que encontres o teu Tristão para saber qual dos dous destinos se vai cumprir em ti.

Com o nariz quase pegado ao vidro da janela, a ver passar campos de trigo, papoilas vermelhas, castelos, casas, montanhas, rios, cabras, erva, árvores e pássaros, Isolda não deixara de pensar naquela história preservada da escuridão do seu existir. Sempre desejara ser a Isolda amante e sempre pensara que deixaria o respeito, a comida e o tecto o mesmo dia da chegada de Tristão, mas agora que o esperado aparecera, Isolda conformava-se com a luz que de si mesma se libertara no mesmo instante da confirmação do sonho. Chegou a León e, enquanto subia a um novo trem, pareceu-lhe ver ao seu Tristão descer de outro comboio e desfilar com mais soldados, mas o seu coração não bateu com mais força. Quando desceu em Lugo, já sabia o

57

Page 58: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

que de verdade queria: ver o mar que tinha levado Isolda de Irlanda a Cornualha e à Bretanha, e por esse mar perguntou ao moço da cantina da estação, na que tinha entrado para pedir um café e meia dúzia de churros dos que muito gostou. Ao escutar aqueles nomes, o rapaz respondeu com o mesmo sotaque de Tristão: Disso se não lhe sabe Dom Álvaro Cunqueiro, que mora em Mondonhedo, mais ninguém no mundo lhe sabe.Isolda foi em autocarro até Mondonhedo e ali, sem dificuldades, encontrou a Dom Álvaro numa cafeteria. Achegou-se, pediu permissão e, muito educada, perguntou-lhe polo mar que unia a Irlanda, Cornualha e Bretanha. Dom Álvaro, com luz a adivinhar-se trás os seus óculos de míope, convidou-na a sentar e contar a sua história. Quando Isolda rematou, viu brilhar lágrimas nos olhos daquele homem. Foi assim como soube que ela tinha história própria e nome único para viver.Dom Álvaro indicou-lhe como chegar ao mar, perto, ao outro lado das montanhas e ainda lhe entregou um papel com um epitáfio bem redigido.Antes de deixar Mondonhedo, Isolda comprou um jazigo de mármore cinzento e mandou escrever sobre ele em letras douradas:

aqui jaz isolda mesas cortés. Faleceu namorada dum tristão que não soube chegar a tempo.

Também deixou pagados vários ramos de flores, com instruções para coloca-los sobre a inscrição dos apelidos. Depois, marchou daquela vila numa camioneta da Empresa Ideal.

O mar era uma imensidão tão grande como o seu sentir libertado. Com as suas poucas letras, a churreira escreveu na areia da praia:

AQUI FOI FELIZ ISOLDA DOS BEIJOS TRISTES

E partiu, caminhando pola beirinha do mar.

58

Page 59: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

a esCulTora Das PalaBras

Sabela Rodríguez Reino

O teu silenzo,

a nosa loita.

LIMIAR

Miles de andoriñas voan cara Ítaca,

o camiño marcado polos tulipáns,

dende Circe ata Penélope,

con paixón

e ansias de remediar o inevitable.

Corazóns tinguidos de lila

bombean novas metas,

pronto xermolarán

as sementes que plantamos,

pronto as bolboretas berrarán

con linguas de ferro,

alto e claro,

por ti,

por todas.

Basta de xenuflexións,

basta de arreguizos e insubmisións,

basta de aceite de améndoa,

canela moída e incoherencias.

Chegou a hora de camiñar a contracorrente,

de liberarnos da soga coa que nos ataron

o pensamento (e as ideas),

quebrándonos as ás

hai xa moito tempo.

59

Page 60: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Os reloxos sen agullas

son probas da apocalipse,

da (r)evolución que agochamos

dentro dos sosténs para

non levantar sospeitas.

Nos principios,

agora e sempre,

polos centos de motivos que temos

para seguir sen freos,

fortes,

invencibles,

FridasKhalo,

Anas Karenina,

Begoñas Caamaño

en potencia.

Porque feminismo e vida

son a mesma cousa.

“…Faime sentir que tamén ti mudaches pola miña compaña, que no teu xeito de ver o mundo se

pode agora sentir o rastro da miña ollada…”

Todas mudamos,

todas Circes e Morganas,

todas virxes e desvirtuadas,

cos meniñas pintadas de violeta

e os beizos descosidos

para bicar a orfandade.

60

Page 61: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Os finais tristes sempre entristecen

independentemente das circunstancias.

Agora subiremos ao coche

(no asento do condutor)

e seguiremos trazando rutas,

pavimentando estradas,

desnortadas pola túa ausencia,

impulsadas pola túa forza.

61

Page 62: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

as Cousas, a ParTir De agora, xa non serán o MesMo

Goretti Sanmartín Rei

Compostela, ás 15:00 do 27 de outubro de 2014

Miña adorada amiga,

Sorprenderaste ao recibires esta carta despois de non teres noticias miñas nos últimos días. É probábel que despois de a leres sintas que era obrigada unha visita miña para che explicar as causas de que todo mude de repente, para comentarmos conxuntamente o que vai acontecer. Non podo dicirche máis que que estiven a madurar a decisión que acabo de tomar e que, irremediabelmente, tamén ha cambiar a túa vida pois teño a certeza de que te implicarás no camiño que veño de elixir e que non ten retorno. Perdóame por isto, se o considerares un abuso, mais sei que es a persoa a quen debo recorrer.

Ao rematar esta carta abandonarei a casa en que vivín os últimos vinte e cinco anos, esa casa que coñeces e en que pasei a maioría das horas da miña longa estadía nunha cidade que preciso deixar atrás para recomezar. As dúas levamos residindo en Compostela 35 anos, pois desde que chegamos aquí para estudar ficamos ensarilladas nos múltiplos proxectos que se respiran baixo cada unha destas pedras. Algunha destas ideas estaba soterrada ben fondo e fomos nós, nós e aquelas que nos acompañaron, quen axudamos a que visen a luz. Xa sabes, son tantos os silencios, tantas as ocultacións, fica tanta historia por contar e por facer!

Eu sempre gustei da choiva. Por iso case nin me ausentei do país -case nin da cidade, como ben sabes- no meu tempo libre ao longo de todos estes anos. Entrábame unha marabillosa vertixe en cada ocasión que tiña por diante 4, 7 ou 30 días para min, para me encerrar entre os andeis desta morada que tamén é túa, agora máis que nunca. Ti precisabas o sol, o mar. Eu adoro o mar de Compostela. E agora, despois de tantos anos sen case traspasar as fronteiras da cidade, múdome á beira do mar, a un espazo onde poida ser doutra maneira, xa non nas vidas das outras, senón naquelas que eu mesmo imaxine. El sairanme parecidas as personaxes a aquilo que quero retratar?

Estou tan nerviosa!, levo días presa dunha excitación permanente e xa non podo agardar máis. Quero darlle saída a tantas ideas... Preciso todo o tempo posíbel para lle dar corpo ao que tivo alma en min desde o principio dos tempos, mais non me non atrevín a manifestar endexamais.

Sabes ou non sabes aínda, benquerida irmá de tantas aventuras, a que me estou a referir? Imaxino a túa cara, entre abraiada e enfadada, culpándote por non te decatares de nada. E terás que adiviñalo ti soíña, sei que o farás. Presinto tamén que non me xulgarás soberbia e que defenderás que este é o meu tempo, o que eu elixín, e que non é cedo nin tarde, senón o momento ideal.

Teño diante de min as malas. Non veñas na miña procura. Se me tiveres algunha estima, tenta pór orde no meu desconcerto. Cando menos, se non houber fortuna para min no camiño que veño de elixir, ti poderás trazar de novo o meu rostro coas pegadas que che deixei. Se callar, virán máis mulleres despois para lle darmos a volta á historia.

62

Page 63: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Recibe un beixo nos ollos e nas mans.

Sempre túa,

Silencio

Cando recibín a carta de Silencio, fun correndo á súa casa. Non acreditaba en que aquilo estivese a acontecer. Tiña a certeza de que chegaría e de que a encontraría tranquilamente, deitada no sofá, co seu lapis a subliñar, cos seus papeis para tomar notas,... Abofé que a carta fora unha brincadeira, talvez unha arroutada. Estaba desgustada polas noticias dos últimos días. A vida era inxusta. Levaba as mellores, as necesarias. Sentiámonos tan orfas.

Subín os tres andares co corazón cinco escadas diante das miñas pernas. Chamei, chamei, chamei. Tirei as chaves do bolso e abrín. Percorrín os cuartos. “Silencio, Silencio”. Ninguén contestou.

Sentei naquel sofá en que ela pasaba tantas horas a ler, esa súa ocupación favorita que non padecera, nos nosos vinte e cinco anos de ininterrompida relación, ningunha alteración, ningún momento de menor dedicación. O que si variaran eran os horarios. Cando coñecín Silencio adoitaba ler polas noites. Saía moito máis á rúa, tiña unha intensa vida social. Co paso dos anos lía sempre de día. Precisaba durmir máis (ao revés do habitual). Case non saía da casa a non ser para traballar e para contados compromisos.

Foron moitas as discusións até que decidín aceptar o xeito de vivir que elixira. Desmesurado, irresponsábel, absurdo. Para que servía tanta lectura fóra daquelas paredes?, que ficaría despois de ela tripar o planeta uns cantos anos? Mais Silencio estaba convencida de desexar habitar eses mundos, de ser mellor persoa tras cada lectura. E iso era o único importante.

Agora vaise a lle dar corpo ao que tivo alma nela desde o principio dos tempos... É evidente que vai escribir, encerrarse a escribir. Primeiro encerrarse a ler, 35 anos, cando menos, e agora encerrarse a escribir. Outra loucura!

Mais cal é o meu papel? Que debo facer?

Fiquei alí unhas cantas horas até descubrir a que se refería exactamente. A casa estaba como sempre. Non había nada especialmente valioso. Mirei varios caixóns que nunca abrira mais todos contiñan os mesmos obxectos. Se xa o eu sabía. Ningunha novidade. Aquel piso estaba ateigado de libros. Libros na sala, libros nos cuartos, libros nas vitrinas da louza, libros nos armarios, libros nos caixóns da cociña, libros nas papeleiras. Debía haber, segundo os cálculos de Silencio, uns 10 000 volumes. Eu xa convivira con esa obsesión por conservalos todos, mesmo discutira por non se querer desprender dalgúns. E sorprendérame cando lle pedía algún título que sabía que tiña, pois tras comentar que agora o estaba a usar, que volvera para o recoller en dous ou tres días, velaí a aparecía cun volume novo do trinque, ou un exemplar que lle prestaran. Ben se notaba que non era o seu, pois case non estaba usado. Mais era inútil razoar.

A única sorpresa tívena cando me acheguei á zona dos discos, un espazo en que eu non adoitaba reparar. Vin como había ducias de CD sen carátula. Mentres, nos soportes ordenábanse alfabeticamente os papeis que contiñan as letras daquelas cancións. Ollei varios. Fixeime en que case todos contiñan frases, preguntas, expresións que Silencio anotara nas marxes. “Que letra!”, “Ai, se Luz Casal cantase en galego!”, “Sublime a rosa d’Adina, aquí non hai nada que obxectar”...

Sentei un anaco. Que era o que tiña que organizar? Como ía facelo sen ter ningunha idea de a que se refería Silencio?

63

Page 64: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Ollei unha e outra vez os andeis dos libros. Parecía que estouraban. Non había espazo ningún desprovisto de libros que montaban uns a cabalo doutros. Uns expoñíanse abertos, outros ocultábanse cerrados, os máis atravesados, introducidos a presión nos poucos ocos que ían ficando e ducias deles parecían moi avultados, como se dentro houbese páxinas de máis, follas que non pertencían realmente a esas obras. En moitos dos volumes sobresaían papeis con anotacións, algo que sabía que era habitual en Silencio. “Antes só subliñaba aquilo que me interesaba” –dixérame un día- “mais agora preciso incluír comentarios, fixar a miña posición ao respecto”.

Achegueime a Otero Pedraio. Abrín Os camiños da vida e vin como estaba riscado o título e anotado outro por enriba “O que non se conta de dona Ramoniña. Soños e amores da nosa morgada”. Con todo, esa non foi a única sorpresa. Practicamente todas as páxinas estaban reescritas entre liñas. Nalgunhas tratábase de leves variacións sobre os contidos. Noutras a historia era outra, coas mesmas personaxes, mais con diferentes graos de protagonismo e realizando accións distintas ás que inicialmente o autor deseñara.

Corrín a Blanco Amor. “Que non, que Socorrito nunca dixo aquilo de de “que bien hueles!, ¿Cuando me haces el hijo?”, que tamén esa foi unha invención do Cibrán para zafar das acusacións que había contra el, el, que era o que tiña a navalla desde as primeiras páxinas da novela, lembrade; por que neste caso había dicir a verdade?”, “que non, que Socorrito non estaba alí cando o Bocas a veu buscar coa intención de a violar. Ela decidira marchar, fuxir. Coma min”.

Practicamente non había volume sen apuntamentos. Nalgúns eran poucas as frases acrecentadas. Noutras había capítulos riscados e unha redacción alternativa en folios dobrados. En moitas había novas personaxes que aparecían entre liñas, no medio dos parágrafos, por todas as partes. As máis eran mulleres, “as esquecidas”, “as silenciadas”.

Eran milleiros as páxinas que alí había reescritas. Tiña para meses, quizais anos de traballo.

Abofé que me gustaría trocarme con Silencio; de non ser porque eu non desexo enfrontarme á páxina en branco e ter todo por facer. Aínda que importante, tampouco iso era o fundamental. As cousas, a partir de agora, xa non serán o mesmo. Achegueime á xanela e fitei o mar de Compostela.

64

Page 65: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Susana Sánchez Arins

MiTolÓgiCas

atlanta

cinzelando a terra com a sacha

é ela que trabalha a paisagem

no seu lombo repousa o mundo

eco

digo injustiça iça iça iça iça

digo agravo avo avo avo

digo ultraje aje aje

digo ira ira

digo

e no dizer

cada palavra percute uma acusação

acusação

acusação

afrodite

para evitar aos predadores de beleza

obtivo a carta de mariscadora a pé

podes vê-la na seca trajada em neopreno

65

Page 66: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

cariátide

vinha a avó do lavadoiro

canastro ateigado na cabeça

eu ainda não estudara arte

feminista

para begonha caamanho, precursora

de toda a vida

espelhada com braços peludos

sobérbia língua e altiva

veleno a supurar da pele

e mão pronta à injúria ao pecado

de toda a vida

aracné tecendo redes

66

Page 67: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Musas

Mercedes Leobalde

E agora, celebrade a tribo de mulleres, musas olímpicas de doces palabras, fillas de Zeus portador da éxida.

Hesíodo, Teogonía

Nós, as nove musas fillas da Memoria, invocamos a risa, con toda voz, toda música, toda linguaxe. Damos palmas, tanxemos os nosos instrumentos, danzamos collidas das mans e por tres veces tres cada lúa rimos coma se fósemos unha, e brillamos entón coma o metal máis puro.

Nas nove noites de amor de Zeus e Mnemósine fomos concibidas e logo paridas en parto múltiple, e nada máis abrirmos os ollos aos raios magníficos da Esfera Solar sentímonos impelidas a rir con risa inextinguible. Talía, a de temperamento húmido, a máis festiva de entre nós, ergueuse e, en actitude de comedia, lanzou ao vento con ledicia a súa coroa de flores ventureiras e desexou que a cálida luz iluminase por sempre a mulleres e homes sobre a Terra.

A nosa segunda risada común desta primeira lúa tras a nosa feliz nacenza aconteceu na ladeira do Helicón, onde entre árbores frondosas se atopa a fonte á que artistas e poetas acoden para se purificar e lograr que a creatividade e os versos flúan como o propio manancial da fonte que Castalia é chamada. Mais non foi ese o motivo de rirmos, ben o sabe Zeus: a nosa risa naceu nesta ocasión da soa ledicia de atopármonos xuntas e amigas en lugar tan grato. Logo recitamos, compartimos, cantamos e danzamos impulsadas polas nosas gargalladas, e dese xeito enchemos todos os átomos do aire coa líquida e feliz forza da inspiración, suficiente para satisfacer con creces a quen for que a procurase. Entre tanto, Apolo durmía.

E por terceira vez riu ao unísono o cristal das nosas voces cando por Hermes o mensaxeiro soubemos que Ariadne, armada só co seu enxeño e un nobelo de fío, rescatara a Teseo do imposible labirinto de Dédalo onde ía ser devorado polo Minotauro, e que foi ela quen lle entregou a espada máxica con que deu morte á cruel besta que debía cada ano ser alimentada con sete mozos e sete doncelas atenienses. E se entón rimos a esgalla foi porque gustamos de celebrar con mil festas cada mérito das nosas, sexan elas divinas ou humanas. Despois Terpsícore, a nosa irmá que deleita na danza, percorreu a Terra cos seus bailes e por tres días coas súas noites contaxiou de ledicia e movemento cada cidade e cada aldea entre os dous mares, de Macedonia ao Peloponeso.

Aínda por cuarta vez rimos e brillamos nesta primeira lúa que vos narro, e foi no día do solsticio, cando o pai Zeus na súa sabedoría explicaba coa súa voz máis grave que o lume sobe e a auga baixa. Dese xeito o enunciou o rei de deuses, e repetiuno, e ante semellante afirmación solemnísima foi tan sonora a música das nosas gargalladas que bandadas enteiras de paxaros alzaron o voo e abandonaron o monte Parnaso. Nin xílgaro ficou, nin xirín, nin reiseñor sequera. E a máis pequena das nosas, a azul Urania, aquela que le o futuro

67

Page 68: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

nos corpos celestes, foi elevada ás nubes polo poder das nosas risas unísonas, e desde as alturas aseverou que é boa a curiosidade e que só Amor e Coñecemento moven o mundo, e logo descendeu á Terra e instilou nas persoas o limpo afán de procurar sen desalento o porqué de todas as cousas.

Calíope, a da voz fermosa, a máis augusta de entre nosoutras, considerou certo día que sendo como somos netas do Ceo e da Terra, e sendo así mesmo que o noso canto conmove ata os máis duros penedos, non deberiamos contentarnos con ofrecer o noso divino coro para facer as delicias de Zeus, Hera, Afrodita, Dioniso e as demais deidades nas bacanais do Olimpo. E da ilusión pura que nos embargou a todas coa muxica que a amada irmá acababa de prender no noso raciocinio, desa minúscula muxica esperanzada, xurdiu a nosa quinta risa da primeira lúa. Rimos, si, e resplandecemos, e saíu o sol que todo o agarima, e no intre descendemos voluntariosas á Terra para frear as guerras e as matanzas cos nosos cantos. Visitamos por igual os territorios máis setentrionais e os máis meridionais, os máis ermos e os máis exuberantes, levando canda nós os nosos himnos sagrados. Porén, non nos foi dado desta volta rirmos de novo, pois comprobamos que algúns homes teñen o sangue xeado e que a súa fame de violencia supera en dureza o máis rochoso dos penedos.

Melpómene, a nosa pobre irmá que, por ser inspiradora do teatro tráxico, debe libar decote infusións de láudano para acougar e conciliar o sono, cun ímpeto insólito nela imploroulle certo día á adorable Erato que sementase o amor entre os mortais e fixese minguar nos seus corazóns o odio e mais a culpa, pois ela, Melpómene, sentíase xa aborrecida de presenciar traxedias. E Erato consentiu, e por sexta vez urdimos as nosas risas cristalinas, que encheron a bóveda do Parnaso de música e ledicia. E baixou Erato ao mundo terreal e inspirou o erotismo entre os seres humanos, e axiña as pupilas todas, as deles e as nosas, dilatáronse co amor.

Malia os nosos xenerosos e certeiros actos, as xentes non valoraban nin loaban o noso bo facer na felicidade humana nin a nosa intervención como inspiradoras da lírica, a música, as artes todas e mais as ciencias, e pola boca franca de Artemisa a cazadora fomos sabedoras da inexistencia de mitos sobre nós as musas, xa que as crónicas do Olimpo preferían inmortalizar violentas fazañas de titáns, deuses e heroes semidivinos. Foi entón cando por sétima vez rimos, luminosas, considerando o absurdo e desatinado da nosa invisibilidade, posto que nosoutras nos sabemos poderosas e, alén diso, vemos o tempo, vémolo no seu pasado e no seu futuro e é circular, e as nosas profecías dominan a roda en que se inscribe. E entre o repenicar das nosas risas burleiras, a nosa irmá Clío, aquela que garda a memoria da Humanidade e concede fama e gloria, desexou que mulleres e homes compartisen por igual no futuro o recoñecemento polos avances habidos nas vidas dos mortais, e que tanto as unhas coma os outros acadasen unha visión clara do outro, do Eterno e do interior de si propios. Así o quixo ela e así ha de ser, non o dubidedes, a próxima vez que o círculo xire.

A nosa querida irmá Polimnia, señora dos himnos sagrados e da elocuencia, comunicounos nun serán florido que desexaba baixar á Terra para lles conceder aos reis, raíñas e gobernantes de toda condición as sabias palabras que precisaban para tomar decisións xustas e atinadas ante o seu pobo. De novo celebramos a idea entre todas con sonoras risas e unha fértil esperanza, e montada na poderosa forza de ambas partiu Polimnia cara ao caótico territorio dos mortais, con vontade de falar baixiño á orella das persoas poderosas e plantar no seu intelecto sementes de xustiza, respecto e igualdade. Ao seu regreso contounos que moitas desas sementes frutificaran, mais outras eran de crecemento lento. Cómprenos, pois, agardar.

Quen vos fala é Euterpe, a moi pracenteira, señora da canción e da poesía lírica. Narrarei como final

68

Page 69: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

deste relato a novena das nosas risas comúns nesa nosa primeira lúa de vida, risa que comezou tras un diálogo con Melpómene a melodiosa, quen máis tarde había ser nai de sereas. Ambas decidimos outorgar aos mortais o don da melodía e así llelo fixemos saber ás nosas irmás, que ilusionadas riron e riron a canda nós ata elevarnos polos aires e impulsarnos coa súa forza ao encontro das xentes de corazón aberto. As persoas recibiron o noso agasallo cunha ledicia impagable e na propia palabra música nos inmortalizaron, de xeito que nos tempos vindeiros ninguén poderá pronunciar esa voz sen ao mesmo tempo dicir o noso nome.

A roda do tempo xira, non desesperemos. Máis lúas viñeron, máis lúas virán, para as nosas risas.

Carral, decembro de 2014

69

Page 70: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

María N. Soutelo

1.

Escoita!, Lilith, Circe, Penélope, Morgana, Sybila, Medusa, Atenea, María Virxe, Tomoe, Salomé,

Ariadna, Eva...: hai un destino manifesto que agarda por ti, impaciente.

Eis, a cidade, que berra o teu nome en cada recuncho; eis, o teu camino semeado de grandes

expectativas alleas; eis, as directrices e o rumbo invariables; eis, o que se agarda de ti, en cada

xeración, por séculos: sumisa, compracente, fermosa, silenciosa, invisible.

Ergue a vista,

debruzada no teu cárcere que míngua,

refresca a túa fronte e as túas tempas.

Velaí, o teu destino: un horizonte

de luz, e estas ás

que aínda descoñeces.

2.

E foi así que chegaron os días.

Os días nos que Penélope desesperou,

nos que se decatou de que o seu mérito

non se pesaba en onzas de paciencia

nin en amor incondicional.

E foi que se dixo que tecer non era o seu.

Nin ter que lavar as esperas con bágoas

Ou ter que verse nos espellos de bronce sen boca nin ollos

Nin levar no seu ventre esperanzas ermas.

E que o derradeiro no era o seu Comezo.

Vigo, 14 de Decembro de 2014

70

Page 71: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

WHAKĀTANE

Ngahuia Te Awekotuku

Tradución de María Reimóndez

A gran canoa Mātaatua vogou ata o interior da ancha desembocadura dun río no que é agora a oriental

Badía da Abundancia1. Toroa era o capitán e na súa tripulación ían moitas mulleres, entre elas a súa filla

Wairaka e a súa irmá Muriwai. Tras tocar terra con ben, os homes marcharon explorar a zona. Mātaatuanon

estaba amarrada e comezou a marchar á deriva. Ao acontecer tal, ou ben Wairaka ou Muriwai correron

rescatar a barca e tiraron desta gran nave mentres berraban “Kia whakatāne au i ahua! Deixa que me faga

coma un home!” e deste xeito nomearon o río e o lugar onde aconteceu a fazaña. Esta muller de coraxe

e iniciativa extraordinaria identifícana e reclámana dous grupos diferentes. O pobo tūhoe e ngāti awa

celebran a Wairaka como a heroína, mentres que as tribos de whakatōhea e whānau-a-Apanui insisten en

que Muriwai, a súa devanceira, foi quen acadou o fito.

As dúas mulleres seguiron polo seu camiño. A historia de Wairaka continuou cunha interrupción

desagradable. A ela non lle daban xeito os homes, pero recoñeceu que tiña que casar e ter crianzas. Botoulle

o ollo a un visitante aposto e comunicou a Toroa unha noite que o home que ela escollese sería marcado á

mañá seguinte. Maiurenui, un acompañante dos visitantes, escoitou a conversa e amañou o asunto para ir

durmir onda eles. Enganou a Wairaka na escuridade e ela marcou o home errado. Sentiuse humillada, pero

estaba presa da palabra que lle dera a seu pai. A parella non tivo descendencia.

Tempo máis tarde marchou con Te Rangikitua, un dos tini o toi aborixes, e tiveron un único fillo, Tamatea-

ki-te-huatahi.

Wairaka finalmente tomou o camiño ao norte e asentouse nunha pequena montaña –Owairaka, agora

parte da cidade de Auckland no istmo de Tamaki.

1 Este relato está incluído na colección Ruahine. Mythic Women#e tradúcese con permiso da autora.

71

Page 72: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

-Nunca poderei ser un home para ti -murmurou no cabelo roibo de lume, ceibo, da muller-. Nunca un

home. Nunca. Só podo ser eu mesma.

E pechando os puños púxose de pé, axustou o seu kakahuusado ao peito e camiñou cara a auga.

Marcada por catro puntos elevados de proa e popa, a canoa fungaba tranquila sobre a marea,

desprovista de todo lastre, descansando no lusco e fusco. Unhas cordas grosas atábana a unha rocha

recortada na costa e un groso tendón trenzado por enriba da borda próxima á proa, fóra de vista, á

pedra de ancorar. Antes discutira cos homes por este tema. Decatárase de que a corda estaba esfiada,

estirada nalgunhas partes ata ser ben fina, desgastada polo mar. Os homes riran dela. Estaban seguros,

e ao quente e seco, e felices. Felices de atracar a Grande, de chegar a esta beira da desembocadura para

admirar de pretoa forma feminina desta terra nova, as curvas, o verde mesto. Felices de se espreguizar,

relaxarse, absorber a vitalidade núa das árbores con cortiza cinsenta que empenaban e rubían

–musculosas, contentas, reberetadas con carmín de sangue- cara á costa chea de pelouros. Felices de

nada máis lembrar aqueles días sen fin de auga salgada picando nos ollos; de humidade, por todas

partes humidade; de asexar a liña plana que ficaba por baixo do ceo; de esculcar as estrelas subir na

noite, de saborear peixe insulso e atragoarse con medio grolo de auga pasmada. Felices.

Ela, pola contra, non o estaba. Aliviada, si. Moitísimo. Pero non feliz. Aínda quedaban unha morea de

cousas por facer e os homes andaban falando de ir máis cara ao interior, botar unha boa ollada en

derredor, ver como era o bosque. Axiña rematarían os días de descanso, de recuperación.

Sentaba de costas a todo, por enriba da beira da auga, coas nádegas facendo de coxín dunha rocha plana,

consciente do queimazo da súa pel na coxa dereita. Observou as popas xemelgas ir aos tombos e esvarar,

lambidas polas ondas. Se pasaba o peor… non quería nin pensalo. Pero sabía que a corda se debilitaba;

o único que se precisaba era unha marea alta forte e alá iría. Coma ela e Muriwai. Muriwai que agora

soñaba con facer vidas novas nesta nova terra, con ter crianzas. A moza apertou os puños de novo.

De compartir o pracer cun home, pensou. Muriwai. Cun home. No canto de só comigo. Así que todo o

que hai entre nós rematou. Non somos unhasnenas xa. Somos mulleres feitas. Muriwai. Ti e mais eu. E

eu nunca poderei ser un home para ti. Nunca.

Doíanlle os pés. As semanas no mar amolecéranlle as solas. Mesmo as pedriñas cortaban nelas coma o

coral. Preguntouse como lles iría aos homes, troupeleando polo descoñecido, coas dedas viradas de dor.

72

Page 73: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Fíxolle graza o pensamento. Sorriu ao regresar andando ao campamento. A súa curmá semellaba durmir.

Wairaka botouse silandeira ao seu carón, deulle as costas, indo con tento ao apoiar a parte dereita do

corpo. As súas nádegas tocaron. Por última vez, matinou, mentres o sono a reclamaba.

Hara estaba traballando. Colocárase nun lugar cómodo, con Wouwou, pequena e pálida coma a area ao

seu carón. Botou un ollo ás follas suaves e verdes que se abrían en abano dende os seus xeonllos polo

chan. Gabelas, moreas… sen picos e tan… tan… duras. Iso era, eran duras e aínda así flexibles. Dunha

suavidade e flexibilidade excepcional se se lles daba co gume romo dunha cuncha. Sen os picos das

follas de palmeira das pandanus. E tan duras. Perfectas para facer esteiras e tamén cordas. E vaia se

precisaban cordas. Sorriu ás dúas mulleres máis novas que estaban a uns metros dela. Ambas as dúas

estaban a trenzar as follas verdes e frescas, botando para adiante e para atrás longos escintilares de

verde. Os dedos seguros de Muriwai agatuñaban coma arañas pola súa morea, mentres que a trenza

se ía facendo máis grosa e longa con capa e folla, capa e folla. Tamén as súas cellas estaban anoadas da

concentración, sen decatarse da incomodidade da súa curmá.

Wairaka odiaba este traballo, odiábao; dalgún xeito, mesmo se comezaba con oito madas separadas,

sempre acababa con sete (ou, aínda peor, once) e o resultado parecían algas en gromos. A vella Hara

sorría indulxente, facíalle un xesto para que desfixese a trenza e volvíalla dar para que comezase de

novo. Polo xeral, Muriwai acudía ao seu rescate, rindo lene porque ás súas mans se lle daban ben outras

cousas, ela sabíao. E Wairaka ría. Outras cousas, si; e ela devecía por escapar. Por facer o seu traballo de

verdade, rematar o que comezara. Nela mesma. Axiña.

Outro día, máis trenzado de cordas. Wairaka sentía que Muriwai non estaba como adoito. Muriwai

semellaba desacougada, coma se agardase, igual que Wairaka, que Hara lle dese tempo libre, cousa que

acabou facendo.

Muriwai púxose de pé, espreguizouse, colleu a man de Wairaka.

-Veña! –dixo. O sol bailaba sobre a súa cara suave-. Teño algo que che amosar, ten un xeito…! -Riu, un riso

baixiño e secreto que facía que a Wairaka lle enfeblecesen os xeonllos-. Íao gardar para cando regresasen

os homes, pero non podo é tan… tan marabilloso, Raka. Atopouno Wouwou. Encantarache, seino.

Agachouse, colleu no colo a cachorriña e botouse a correr pola praia cara á base do cantil.

Wairaka botouse detrás dela, agradecida das solas de esteira que lles fixera Hara. Sentaban ben, cómodas,

73

Page 74: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

coma unha segunda pel na sola. Seguiu a súa compañeira que se detivo, de forma abrupta, a carón dunha

árbore enorme que estendía os seus brazos largos e rexos por riba da area, deitando suaves filamentos

de vermello. As follas duras amoreábanse neles, inclinábanse cara ás pólas, unhas a carón das outras.

Sorrindo de orella a orella, Muriwai puxo a pequena Wouwou no chan.

-Haere –sorriu-. Hoatu, Wouwou, vai!

Cheirando animado, o animal deu dúas voltas e logo desapareceu detrás da árbore, agatuñando e batendo

con máis pólas, máis follas aínda máis verdes e mestas.

-Sigámola! Imos!

Muriwai saltou por riba das pólas, abríndose paso, sen prestar atención a cortes ou rabuños. Wairaka

seguiuna, enganchando o kakahu, esgazándoo da cadeiraao xeonllo ata que de socate, totalmente de

socate, a trama cruzada de plantas enguedelladas e follas tortas deixou de existir.

A luz do sol, listada, e a sombra que entraba con sixilo murmuraron ao seu arredor. Abouxadas pola

intrusión, as criaturas diminutas remexéronse e os paxariños borboriñaron e saíron voando. Os

suaves tons de luz facían ondas polas paredes maxestosas e engurradas onde os fentos mestos seguían

serpentinas cara a un sol pouco frecuente e reparador. O brión coa cor e ritmo do fondo oceánico, movíase

cara abaixo. Alén del, reinaba unha escuridade coma unha aperta. Wouwou desaparecera de todo.

Muriwai ergueu o queixo fino e feito, e sorriu.

-Esta é a miña cova –dixo-. A miña cova. Onde parirei os meus fillos. Onde vivirei para sempre.

Inclinouse, retirou as solas de fibra desatando as tiras que as pegaban aos seus pés ispos. Wairaka fixo

o mesmo. E xuntas sentiron que era real, que era marabilla: terra de po fino, a suavidade seca de follas

caídas aos seuspés.

Viráronse a unha cara á outra en silencio e tocáronse.

Muruwai era máis alta, esvelta; os seus brazos rodearon a Wairaka, os cóbados angulosos coma paxaros,

os dedos aferrándose aos ombreiros, á cadeira. As mans de Wairaka colocáronse firmes, protectoras,

sobre os cadrís de Muriwai, descansando nese lugar. Ficaron así un anaco, próximas, fronte con fronte.

O longo pescozo de Muriwai lixeiramente inclinado, os ollos pechados. Moveuse, Wairaka moveuse, as

unllas, non as xemas, a superficie roma das unllas, planas, perseguindo a pel amada. Moveuse co devezo

das coxas que se tocan. Muriwai sentiu a fenda na roupa, entrou. Wairaka deu un chouto, poñendo caras,

74

Page 75: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

colleu a man de Muriwai. Muriwai quedou sen alento.

A coxa exposta da súa compañeira estaba cuberta de feridas con costra que ían pelando, lívidas e negras.

Diminutas, pero a forma era obvia. Un enorme albatros coas ás abertas. Muriwai regalou os ollos,

cuestionando.

-Por traernos aquí. A esta terra. A este río. E agora, Muriwai, á túa cova fermosa, tan fermosa –Wouwou

saíu cotenando a escuridade, ladrando.

Wairaka explorara diferentes técnicas e diferentes substancias e materiais. Igual que Hara, atopara

novas fibras nesta terra nova, habería outros tesouros agardando. A tátaratía de Wairaka honráraa cun

legado conmovedor, o seu agasallo para a terra nova: anacos de óso de gaivota finamente cicelados,

de cairos de xabaril, de óso humano, algúns partidos coma un peite, outros planos. Atáraos con cariño

cunha fina corda de peluxe de coco ao coidadoso mango. Cada gume estaba equilibrado por unha maza

simple de madeira lixeira. O agasallo incluía ingredientes para prepara a cor: as mans anciás e áxiles,

cativadoras, transmitiran a súa sabedoría, e os materiais tamén. Mais os froitos da nogueira de iguape

e a propia árbore de follas prateadas, brillantes, con forma de estrela, podía demorar anos en madurar,

mesmo se os gromos viñan tan ben coidados e envoltos en tea con tanto amor. Wairaka pensou noutras

posibilidades, noutros tipos de feluxe, negra de todo, mesturada con outros aceites. Aquí había plantas

novas que podía probar. E pensou nos seus gumes.

Atopáraos na praia, unhas cantas pezas perdidas entre as cunchas e pelouros. Moi negros, moi fráxiles.

Lascaban con facilidade, mais o borde, o borde era prometedor, diferente a ningún outro borde que

manexara antes; a súa afiadura era precisa, exacta.

Wairaka probara na coxa, poñendo a pel tirante co índice e o dedo gordo, a outra man ao mando: picando,

marabillada ante o brillo rápido do borde do gume. Sentou soa nunha charca entre as rochas, afastada

ata o punto que a educación permitía das outras mulleres que recollían cunchas. Era consciente do

seu sangue, pero agardou pouco no primeiro corte: isto era un experimento, non un proxecto. Aínda

así. Coa perna dereita firme, cortara coa pedra fina coma unha cuncha, non maior ca a unlla do seu

dedo maimiño. E o borde marcara unha curva que seguía a forma do seu propio corpo. Unha curva que

equilibrara con outra, por instinto, a liña tensa pero abaneante, unidas. As ás do albatros… e tampouco

fora para tanto; retorceu a cara de dor ante as amósegas negras coma o betume que rodeaban os seus

pulsos, que lle baixaban polos papos das pernas. Lembrou.

Isto podería ser moito máis doado, pensou. E as curvas. Curvas! Mentres enxugaba o sangue que facía

75

Page 76: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

doas en puntos escarlata pola súa coxa, decidiu atopar novos pigmentos. Tiña gume novo, se ben era

crebadizo. Deu grazas pola súa descuberta, unha nova pedra para cortar os debuxos desta nova terra

máxica na pel. Curvas. Podía facer curvas.

Pasaran moitos días e os exploradores aínda non regresaran das fragas cativantes, da axilidade invisible

do río fresco alá arriba. Hara estaba encantada coa cova de Muriwai, ata tal punto que deixaran de

traballar o tecido e recoller comida case todo un día para arrincar a man toda a vexetación e o mato

mesto que bloqueaba a entrada. Só quedaba a árbore de amplas pólas, un gardián incondicional e sólido.

A medida que as noitiñas se ían facendo máis frías, comezaron a retraerse da costa e facer o asentamento

máis preto da cara do cantil.

Madas de corda amoréanse ordenadas, segundo o grosor e, coma Wairaka, Hara examinou a ancoraxe

da canoa e rosmou sobre a súa estabilidade. Algo, caeu na conta, tiñan que facer: non podían agardar a

que volvesen os homes.

A gran canoa abaneaba e tremía, o seu fungar sobre as augas era ameazante, tenso. Wairaka e Hara

observaron a marea subir, sentiron os ventos amargos gruñirlles na pel, tirarlles do cabelo. Comprobaran

o estado das cordas. A forza áxil de Muriwai comprobara o amarre da pedra de ancorar. Estaba fixa alá

abaixo, pero na parte de arriba necesitaba máis.

Espertaron cun renxer tremendo e os berros desaforados dunha das mulleres máis novas a quen o

bandullo inchado lle interrompera o sono, que a trouxera abruptamente á mañá.

O día luminoso e desacougante comezara, o solunxía a auga iracunda, as ondas culminaban máis arriba

que nunca antes. E a corda que amarraba a canoa á pedra de ancorar marchara, esfiañada. Cortada. A

vella Hara pensou con rapidez, deu ordes áxiles. Escolleu as dúas que máis quería, polas que máis se

preocupaba. Wairaka, Muriwai.

Contoulles o que pensaba, confortounas, tamén. Non tiñan que acceder se tiñan medo. Non tiñan que

facer nada porque o pobo precisaba mulleres novas, sas e vivas coma elas, moito máis ca unha canoa

enorme para viaxar polo océano. Moito máis do que precisaban heroínas mortas. O pobo precisaba

mulleres novas, sas, fértiles. Vivas.

-Pero Whaea –sorriu Wairaka-, tamén precisa mulleres valentes.

Muriwai apoiouse en Wairaka, tomou a súa ancha man escura e apertouna. Mirou a súa tía aos ollos e

76

Page 77: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

dixo:

-Farémolo.

As demais comezaron a desenlear as cordas, vastas extensións nunha liña longa e continua, que levaron

por riba das roupas. Desacougada, abaneando, estirando as cordas que ían das dúas popas xemelgas ata

puntos diversos da costa, a gran waka abaneaba e erguíase mentres a marea tiraba e tiraba.

Muriwai estaba lista. O cabelo prendido na cabeza, todo o seu corpo longo cruzado por cordas, de

ombreiro a cadeira, e con aínda máis corda a perseguila. Con gran coidado e atención, as demais mulleres

íana estirando facendo unha liña fronte á costa, cada unha agarrando, coas caras inmutables, cos ollos

postos en Muriwai. Suavemente rozou a man de Hara, tocou a orella de Wairaka, logo saltou ao mar.

En cinco brazadas chegou ás tracas e subiu. Estaba abordo, desenleando a corda do seu corpo, buscando

o punto debaixo da cuberta de onde saía a corda rota. Durante algún tempo ficou fóra do campo de

visión, tirando, atando, turrando, traballando coma tola contra o tempo e a marea, case sen manterse de

pé, esvarando e caendo e esvarando de novo ata que se encrequenou e permaneceu encrequenada, as

coxas sobre os talóns, traballando, traballando. Feito.

Púxose dereita e fixo un sinal a Wairaka, que estaba situada sobre o tronco negro e espido dunha árbore

que encaixara a súa forma enorme entre tres seixos que sobresaían ben altos por riba das ondas. Ao

longo da liña da costa, as mulleres tiraron da corda, tiraron e tiraron, arrastrando as enormes popas

cara ao interior, arrastrando e arrastrando. Os amplos pés achantados, as dedas agarradas á area e

as cunchas. Wairaka mediu a amplitude dos seus brazos, mantendo o ritmo das mulleres que estaban

sobre as rochas, man sobre man, pulso sobre pulso, os xeonllos dobrados, os cóbados flexionados,

tirando e tirando. As súas mans estaban xa en carne viva. En carne viva. Pero tirou e tirou. Abonda…

Agora a seguinte fase, amarrar a corda, atala, unila dalgún xeito ao tronco da árbore. A corda estiraba e

estiraba.

Estirada de máis, longa de máis! Cuspiu, a auga salgada e a corda mollada fustrigándolle a coxa que

aínda curaba, facéndoa sangrar. Retirou a pedra que levaba na faixa, a pedra, grande abondo para cortar,

para facer que a lonxitude se axustase. As costas bruábanlle de dor, se ben as mulleres que estaban aló

abaixo seguían tirando e tirando. Os músculos estarricaban, listos para romper, arqueou a corda ao

redor dun brazo, deixou solto o cabo restante e logo meteulle a pedra e serrouno ata que caeu no mar,

encaracolado, alá ía, revirado.

77

Page 78: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Tiña abondo co que traballar, anoando, retorcendo, levantando por riba do toco, tirando cara abaixo,

por riba do toco, tirando cara abaixo, cada palmo que tiraban as mulleres un esforzo precioso, tiña que

axustar, amarrar ben no seu sitio a medida que subía a marea e o vento zoaba.

Muriwai estaba tamén alá abaixo, tirando agora, turrando , tirando –un último anaco de corda, un último

bucle que botar por riba do toco- para que a canoa estivese segura, ben segura.

Wairaka botou unha ollada a Muriwai. Marcháranlle as pinzas do pelo, os rizos roibos batíanlle na cara

esforzada. Deu coa mirada de Wairaka e sorriu.

Wairaka colleu o cabo final da corda, o último que tiña que enguedellar, formando unha espiral de corda

mentres as ondas lle batían contra os pés. As algas eslamiadas lixábanlle as coxas, batían contra o tronco

case revestido de todo en fibra enguedellada. Colleu o cabo final da corda, contraeu cada músculo do seu

corpo, centrou cada unha das súas células. Estirou os tendóns do pescozo, apertou o queixo, ergueu a

súa voz e ouveou para que o mundo enteiro a oíse:

Kia whakatāne au i ahua!

Por ti, Muriwai, Muriwai, desta volta

Déixame facerme un home

Por ti!

E malia a resistencia do mar e a vontade fera da canoa, aquel cabo final da corda caeu no toco e axustouse.

Mātaatua.

Mātaatua estaba segura. Estaba amarrada. Wairaka. Muriwai. Fixérano, as dúas. Xuntas: coas mulleres.

Todas elas. Xuntas.

78

Page 79: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Encarna Otero.............................................................................................................3

Lara Rozados.............................................................................................................. 6

María do Cebreiro..................................................................................................... 7

Anxos Sumai................................................................................................................8

Marta Dacosta.......................................................................................................... 12

Andrea Nunes Brións............................................................................................... 14

Zitkala Sá / María Reimóndez.................................................................................. 16

Enma Abella............................................................................................................. 21

Rosalía Ferández Rial................................................................................................ 22

Raquel Miragaia....................................................................................................... 26

Eli Ríos...................................................................................................................... 28

Ana Romaní.............................................................................................................. 30

Sashi Deshpande/ María Reimóndez....................................................................... 32

Lucía Novas Garrido................................................................................................. 40

Helena Villar Janeiro................................................................................................ 38

María José Fernández López.................................................................................... 40

Carmen Blanco......................................................................................................... 47

Cris Pavón................................................................................................................. 51

Chus Pato................................................................................................................. 54

Iolanda Aldrei........................................................................................................... 56

Sabela Rodríguez Reino............................................................................................ 59

Goretti Sanmartín Rei............................................................................................... 62

Susana Sánchez Arins............................................................................................... 65

Mercedes Leobalde ................................................................................................. 67

María N. Soutelo...................................................................................................... 70

Ngahuia Te Awekotuku / María Reimóndez............................................................. 71

ÍnDiCe De auToras

79

Page 80: De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño

De Circes e Morganas

Homenaxe a Begoña Caamaño

Demos por acabado este libro en marzo de 2015, coa primavera agromando nas árbores e Begoña Caamaño presente nos corazóns.

80