Darío Xohán Cabana

8
Darío Xohán Cabana Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Darío Xohán Cabana naceu en Roás-Cospeito (Lugo) no ano 1952. No 1970 comezou a traballar en Vigo en Edicións Castrelos con Xosé María Álvarez Blázquez. No 1970 publicou a súa primeira obra poética (Home e Terra). A súa obra poética foi recompilada no ano 2003 na obra Vinte cadernos: poemas 1969-2002. Posteriormente publicou Cabalgada na brétema (2006). Tamén é un prolífico autor de narrativa con obras como Galván en Saor (1989), Fortunato de Trasmundi (1990)... así como en narrativa infanto-xuvenil con obras como As aventuras de Breogán Folgueira (1990) ou Dende o Himalaia a Ceilán (2004). miércoles 6 de noviembre de 2013

description

Entrevista feita polos alumnos de Literatura Galega do século XX e da actualidade a Darío Xohán Cabana

Transcript of Darío Xohán Cabana

Page 1: Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Darío Xohán Cabana naceu en Roás-Cospeito (Lugo) no ano 1952. No 1970 comezou a traballar en Vigo en Edicións Castrelos con Xosé María Álvarez Blázquez. No 1970 publicou a súa primeira obra poética (Home e Terra). A súa obra poética foi recompilada no ano 2003 na obra Vinte cadernos: poemas 1969-2002. Posteriormente publicou Cabalgada na brétema (2006). Tamén é un prolífico autor de narrativa con obras como Galván en Saor (1989), Fortunato de Trasmundi (1990)... así como en narrativa infanto-xuvenil con obras como As aventuras de Breogán Folgueira (1990) ou Dende o Himalaia a Ceilán (2004).

miércoles 6 de noviembre de 2013

Page 2: Darío Xohán Cabana

Ata todos os puntos e comas. Eu son aquel rapaz que se criou así, porque os primeiros anos da vida son os que fan a persoa, e eu quixen sempre ser fiel ás miñas orixes e á miña xente. E aínda que non quixera, estaría marcado por eles, se non en positivo, si en negativo.

Darío Xohán Cabana

1. Até que punto o nacer na Terra Chá, no seo dunha familia labrega, puido marcar o seu futuro como persoa e como escritor?

2. O seu interese pola literatura veu dado pola súa pronta relación con Manuel María ou tamén o entrar moi novo a traballar en Edicións Castrelos e o contacto coa familia Álvarez Blázquez tivo moito que ver?

Non, o meu interese pola literatura naceu moito antes. Eu son un lector voraz desde que aprendín a ler, ós dez anos xa lera o Quixote e Os tres mosqueteiros e outros libros que felizmente había na miña casa. E o primeiro soneto intenteino escribir ós once anos, era un soneto satírico contra un compañeiro. Ben, en realidade non era un soneto, pero queríao ser.Despois, xaora, viñeron os mestres, que foron certamente Manuel María, o primeiro deles, e despois Xosé María Álvarez Blázquez. Manuel María foi o máis importante na literatura, e tamén na política, polo menos naqueles primeiros anos, cando eu tiña dezasete ou dezaoito. Xosé María foi máis importante noutras cousas, na historia, na obsesión filolóxica, mesmo na maneira de traballar.

3. Sabemos que Vostede participaba activamente na edición das diferentes obras publicadas en Castrelos, como Aventuras de Alberte Quiñoi de Manuel García Barros. Que nos podería contar con respecto á edición daquela en galego? E da censura imperante na época até o final da ditadura?

Daría pra moito contar, e iso que moitas cousas xa me esqueceron. Era un traballo moi emocionante, un novo libro era un acontecemento, non coma agora que saen tantos. Cando chegaba impreso un novo libro, e Xosé María e mais eu iámolo celebrar sempre á Pedra, ese barrio vello de Vigo: bebiamos unha botella de Condado e papabamos unha ducia de ostras. Ou dúas (ducias, non botellas). A censura non lembro que nos dera moito a lata mentres estiven en Castrelos. Pero é que xa nosoutros nos autocensurabamos. Os editores algunhas cousas xa sabían redondamente que non pasaban a censura, e entón nin sequera as mandaban. Publicábanse en América, ou en Suíza. Claro que ás veces mandábanse cousas a ver se pasaban, e se cadra non pasaban. A min por exemplo desgraciáronme tres libros, pero ningún deles o mandou Castrelos, mandounos Xistral, ou sexa Manuel María, ou eu mesmo pola miña conta.

Fonte: Paisajes libros

miércoles 6 de noviembre de 2013

Page 3: Darío Xohán Cabana

Tiven a sorte, ou a mala sorte, de publicar moi noviño, con apenas 18 anos, porque Manuel María me protexeu e me editou el mesmo. Probablemente fora mellor que non empezara a publicar ata os 25 ou así, pero tampouco non me arrepinto.Probablemente nunca escriba teatro. Estiven a punto, mesmo tiña unha obra moi pensada xa, pero despois algo se meteu polo medio e o proxecto podreceu, que é unha cousa que pasa moitas veces.

Darío Xohán Cabana

4. Foi Vostede un autor realmente precoz. A que poderiamos achacar esa precocidade? E para cando o xénero dramático?

5. Foi Vostede un gran tradutor de obras literarias, especialmente clásicas, ao noso idioma, polo menos este labor viuse recompensado con varios premios. Até que punto unha tradución dunha obra lírica supón unha maior dificultade á hora de ser traducida a outro idioma? Até que punto unha obra poética perde certa orixinalidade nesa tradución?

É claro que a tradución de poesía, e sobre todo de poesía rimada, é moito máis difícil cá da prosa, por difícil que sexa unha prosa. Pero a min tamén me gusta máis, precisamente por esa dificultade. E naturalmente un poema sempre perde na tradución: perde o idioma, que xa non é pouco. Pero unhas veces perde máis e outras menos, e aí está o interesante do asunto.

6. A maiores dos premios por tradución, acadou Vostede outros moitos premios literarios (Xerais. Barco de Vapor...) Que supuxeron para Vostede eses premios a nivel individual?

O Xerais por Galván en Saor representou que entrei na narrativa pola porta grande, cun éxito fulgurante que aínda me asombra. Os outros premios significaron moito, pero sempre menos ca aquel.

Retrato de Darío Xohán Cabana realizado por:

Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB

miércoles 6 de noviembre de 2013

Page 4: Darío Xohán Cabana

Ben, eu “dominaba” a literatura artúrica porque a levaba lendo moitos anos, non pra escribir no seu ronsel senón simplemente polo gozo de ler. As miñas historias, quero dicir as que contei, sempre saíron das miñas lecturas de lector, non de lecturas de escritor feitas adrede. E tamén, xaora, da miña propia vida, das miñas obsesións. Isto non quere dicir, xaora, que un non lea libros adrede pra axudarse a escribir unha novela concreta, pero xa son libros de historia, ou ó mellor de ciencias naturais ou do que sexa, cando se trata dunha novela histórica, ou cando hai que describir algún proceso ecolóxico ou algo así. Se tes que describir unha guerra, terás que saber algo de estratexia militar.

Darío Xohán Cabana

7. Canto á súa obra narrativa posibelmente máis coñecida, Galván en Saor, supoñemos que previamente á ficción literaria tivo que Vostede realizar en profundidade un estudo da literatura de temática artúrica ou xa era unha temática que Vostede dominaba? Sempre ocorre ese estudo profundo previo ao mergullarse na ficción literaria ou ben vai xurdindo segundo esta ficción se vai desenvolvendo?

8. Que pensou Vostede cando lle propuxeron recolleitar a súa poética nun libro (Vinte cadernos)? Non pensaría que unha vez recolleitada esa poética xa case a súa lírica tocaba o cume?

Non, é que xa tiña cincuenta anos, que é unha idade axeitada pra mirar un pouco cara a atrás. De todos os xeitos, eu desde aquela escribín moi pouca poesía, só un libro que se chama Cabalgada na brétema. Que non sei se é mellor ou peor cós anteriores, pero que me parece que ten dous ou tres dos mellores poemas que escribín na miña vida.

9. Tan preto tiña de Vostede a ditadura como para ter que empregar un pseudónimo (“Daniel Méndez”) aínda no 1974?

É que no 74 había ditadura, non había apertura. Había unha ditadura brutal e asasina que aínda no ano seguinte matou os meus amigos Moncho Reboiras e Humberto Baena. Estaba Franco morrendo, e mataba, e aínda seguiu matando despois de morto.

Fonte: La Voz de Galicia

miércoles 6 de noviembre de 2013

Page 5: Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana

10. Ao entrar na RAG, pronunciou Vostede o discurso “De Manuel María a Méndez Ferrín: a grande xeración”. Que supuxeron, e supoñen, estes dous mestres para Vostede?

Eles dous e Xosé María Álvarez Blázquez foron os meus grandes mestres intelectuais, algo así coma Deus en tres persoas. E ademais os meus amigos fraternais, os meus irmáns de armas, os meus camaradas.

11. E tocando o tema da RAG e de don Xosé Luís Méndez Ferrín, tomou Vostede parte activa na polémica suscitada cando a demisión deste último como presidente, chegando incluso a falar de “conspiración”. Segue convencido aínda agora que este cambio de presidente foi algo traumático e por riba apoiado por unha “conspiración” en contra do seu amigo Méndez Ferrín?

12. Cre Vostede que tamén se debería recoñecer, e premiar, a tradución dos nosos clásicos a outros idiomas como lle ocorreu a Vostede cando o Concello de Florencia o premiou pola tradución de obras de Dante e de Petrarca ao galego?

Si.

Si, paréceme que se debía facer un premio para as traducións do galego a outros idiomas. Pero non é fácil, porque para xulgar as traducións hai que coñecer moi ben a lingua de destino, non abonda con entendela. Quen entre nós pode xulgar a calidade da tradución de Rosalía ó xaponés?

Fonte: Canal Lector

miércoles 6 de noviembre de 2013

Page 6: Darío Xohán Cabana

CUESTIONARIO

miércoles 6 de noviembre de 2013

Page 7: Darío Xohán Cabana

O monumento a

Curros da Coruña.Un monumento

salientábel?

Méndez Ferrín, Bretaña,

Esmeraldina.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Roi Xordo e Lenin.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Dante, A Divina Comedia.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiro

s?

O Galván das novelas de

Chrétien de Troyes.

Un personaxe literario co que se

identifique?

Acoirazado Potenkin

Unha película de cine?

A vida, os libros.

Cal é a súa fonte de inspiración

O Hamlet de Cunqueiro.

Unha obra teatral?

miércoles 6 de noviembre de 2013

Page 8: Darío Xohán Cabana

Vivir sequera medio ano en

Italia.Un anceio por rea

lizar? Pra vivir, unha aldea. Nin praia nin montaña: unha terra máis ben chá.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Italia. A casa

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A revolución soviética.

Un feito histórico?

O socialismo en todo o

mundo, e nese mundo

unha Galicia

independente.

Unha utopía?

A cama ou algo parecido.

Un lugar axeitado para a lectura?

O rock e todo iso que leva ó redor. Grándola, de José Afonso.

Un tipo de música? Unha canción?

Alfonso Pexegueiro, que é case o contrario de min como poeta,

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Case non teño.

Outro entretemento ademais da lectura?

miércoles 6 de noviembre de 2013