Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 26 - Febreiro de 2016 Diversas empresas da co- marca son nocia nas úl- mas semanas por razóns ben diferentes. Pódese falar dunha bipolaridade: mentres firmas como Steel Core ou Strong Bull destacan pola in- novación tecnolóxica e a con- quista de mercados exter- nos, noutras agroman e en- quístanse conflictos. É o caso de Confecciones Deus, cunha ampla inspección laboral, ou dos transporstas de Pe- llejero, que loitan por seguir traballando. As empresas da zona, entre a innovación e o confl icto laboral Páxs. 11, 14 e 16 Contra o banco e a empresa para recuperar o doble pago CERCEDA Páx. 10 Os orzamentos acadan os 6,3 millóns de euros, o 21 % máis OROSO Páx. 2 O IES Maruxa Mallo landará unha sonda estratosférica ORDES Páx. 17 Dafonte acórdase da Deputación cando xa non está TRAZO Páx. 4 Os chalés do Alto de Vilanova poderían ser demolidos OROSO Páx. 3 Cristina Carro, de Mesía, campioa en manexo de reses ENTREVISTA Páxs. 18-19 Tres pratas locais no trofeo ordense de tiro con arco DEPORTES Páx. 21 O entroido é infinito Repaso en imaxes das festas de disfraces da comarca Páx. 24 SANTA CRUZ DE MONTAOS ORDES - ESTRADA N-550 981 682 316 627 161 388

description

Número 26 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Transcript of Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

Page 1: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 26 - Febreiro de 2016

Diversas empresas da co-marca son noti cia nas úl-ti mas semanas por razóns ben diferentes. Pódese falar

dunha bipolaridade: mentres fi rmas como Steel Core ou Strong Bull destacan pola in-novación tecnolóxica e a con-

quista de mercados exter-nos, noutras agroman e en-quístanse confl ictos. É o caso de Confecciones Deus, cunha

ampla inspección laboral, ou dos transporti stas de Pe-llejero, que loitan por seguir traballando.

As empresas da zona, entre a innovación e o confl icto laboral

Páxs. 11, 14 e 16

Contra o banco e a empresa para recuperar o doble pago

ceRcedA

Páx. 10

Os orzamentos acadan os 6,3 millóns de euros, o 21 % máis

OROSO

Páx. 2

O ieS Maruxa Mallo landará unha sonda estratosférica

ORdeS

Páx. 17

dafonte acórdase da deputación cando xa non está

tRAZO

Páx. 4

Os chalés do Alto de Vilanova poderían ser demolidos

OROSO

Páx. 3

cristina carro, de Mesía, campioa en manexo de reses

entReViStA

Páxs. 18-19

tres pratas locais no trofeo ordense de tiro con arco

dePORteS

Páx. 21

O entroido é infi nitoRepaso en imaxes das festas de disfraces da comarca Páx. 24

SANTA CRUZ DE MONTAOSORDES - ESTRADA N-550

981 682 316627 161 388

Page 2: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

2

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2016

OROSO O goberno destaca os investimentos e o PP pediu amortizar máis débeda

O orzamento municipal de 2016 suma 6,3 millóns de euros, un 21 % máis

Os orzamentos do Conce-llo de Oroso para 2016 suman uns 6.323.000 euros, o que supón un in-cremento dun 21 % con respecto ao pasado exercicio. As contas apro-báronse cos votos a favor do PSOE, no goberno, e do BNG, a abstención do PP e o voto en contra de Anova.

O alcalde, Manuel Mirás, desta-cou que os investimentos reais elé-vanse a 2,34 millóns de euros, case o doble do que orzamentaran en 2015, polo que usou o calificativo de “ma-croinvestidores”. Os gastos en bens

correntes son de 3,86 millóns de eu-ros (o 61 % do total) e os de persoal de 1,27 millóns de euros (19 de cada 100 euros).

As principais obras do orzamento, con 48.000 euros máis de ingreso que de gasto, son de infraestruturas de urbanización, deportivas, de se-guridade viaria ou de saneamento e abastecemento.

O PP concordou en liñas xerais coas obras, se ben o seu portavoz, Alexánder Doval, solicitou “afondar na amortización de créditos penden-

tes”. O rexedor descartouno porque cre que impediría dar servizos, aínda que expuxo que o Concello, que con-sidera financeiramente moi sostible, baixará a débeda do 24 ao 21 %.

O BNG condicionou o seu apoio a que o alcalde asumira o compromiso de construír unha pasarela entre o CEIP Sigüeiro e o pavillón e o peche da pista cubierta do CEIP de Oroso para convertelo nun pavillón. Os na-cionalistas recoñecen que son obras que non lle corresponden ao Con-cello, pero que son urxentes. O al-calde agarda un cambio no goberno da Xunta para facer posibles as dúas obras, ben con investimento autonó-mico ou ben municipal co autoriza-ción da Consellería.

O Bloque anuncia que estará vixiante para que se acometan neste mandato e que non admitirá “nin-gunha desculpa”. Tamén solicitou completar as beirarrúas nas rúas do Deporte e da Cultura e publicar na web todos os gastos municipais su-periores a 1.200 euros. Para isto úl-timo, botou en falta unha resposta.

As contas recibiron o si de PSOE e BNG, a abstención do PP e o non de Anova

Instan a Sanidade a elaborar un estudo sobre a taxa de suicidios no municipio

ORDES

O Concello de Ordes insta á Di-rección Xeral de Saúde Pública da Xunta a elaborar un estudo sobre a incidencia dos suicidios no mu-nicipio, co propósito de coñecer as causas e tomar medidas que sir-van para atallar o problema.

A solicitude do estudo foi apro-bada no pleno por unanimidade, a raíz dunha proposta do PSOE na que se advirte de que Ordes é o cuarto municipio de toda España co maior índice de suicidios, con 2,28 casos por cada 10.000 habi-tantes, segundo datos que os so-cialistas recollen nun xornal dixital sensacionalista.

“Consideramos que é preciso facer unha investigación para tra-tar de poñer as medidas preventi-vas que permitan atallar este pro-blema”, defendeu a única conce-lleira do PSOE en Ordes, Verónica Gómez. Os socialistas lembran que a situación non é nova e que xa a comezos dos anos noventa se elaboraron algúns traballos sobre a cuestión.

Os grupos políticos ordenses con-tinúan enfrascados nas conversas e negociacións sobre o Plan Xeral de Or-denación Municipal (PXOM). Despois de media ducia de reunións co equipo técnico, en liñas xerais avanzan, pero de momento non hai acordo. O que si hai é xa un prazo concreto: o 19 de marzo, data en que entrará en vigor a nova Lei do Solo. Se antes de San Xosé o pleno non aproba inicialmente o plan, habería que comezar de novo.

O alcalde, José Luis Martínez San-jurjo, explica que as reunións de tra-ballo, nas que están analizando a car-tografía, xa serviron para observar e subsanar diversos erros “tras vota-ción xeral, un trámite realizado en so-los urbanos non consolidados, urba-nizables e núcleos rurais”.

A xuízo de calquera observador externo, a principal hipótese é que o executivo intente obter o apoio do BNG, co que sumaría a maioría nece-saria para a aprobación. Os votos a fa-vor de UxO non semellan tan accesi-bles e o da única concelleira do PSOE carece de peso aritmético.

Non en van, o rexedor manifes-tou que “hai que agradecer especial-mente a proposta presentada polo BNG por escrito” e precisou que o equipo redactor está analizando as demandas dos nacionalistas “para encaixalas debidamente no plan”.

Non obstante, Martínez Sanjurjo solicitoulles “altura de miras a todos

os grupos” para sacar adiante un do-cumento estratéxico para as dúas vin-deiras décadas. O alcalde cre que os veciños teñen que contar coa posi-bilidade de valorar o PXOM durante os dous meses de exposición pública e alegacións. E advirte de que non aprobalo implicaría perder tempo e o custo de iniciar o plan por terceira vez, estimado en 262.000 euros.

O BNG expuxo as súas condicións nun documento que consta de deza-seis puntos. O seu voceiro, Pablo Vi-dal, advertiu de que “non nos vai tremer o pulso cando chegue o mo-mento da votación, depende do al-calde que Ordes teña ou non PXOM”. Completar o catálogo arquitectónico, que carece da metade de elementos, adaptar á realidade as fichas modelo dos núcleos na avaliación ambiental, recoller o trazado do oleoducto A Co-ruña-Vigo e de diversas liñas eléctri-cas, corrixir memorias, reservar solo para ampliar a depuradora de resi-duais ou darlle unha alternativa á Rúa da Coruña por Alfredo Brañas son al-gunhas das peticións do BNG.

As conversas para aprobar o PXOM avanzan pero aínda non hai acordo

ORDES A data límite é o 19 de marzo, cando entrará en vigor a nova Lei do Solo

O PXOM definirá o urbanismo ordense

A aprobación provisional do PXOM de Frades recibiu os vo-tos a favor de todo o pleno (PP e BNG). Pendentes agora de se a Xunta dea a aprobación defini-tiva, o alcalde, Roberto Rey, ase-gura que en canto entre en vigor o plan poderán conceder licen-zas para novas vivendas “pois es-tabamos nunha situación de blo-queo desde o inicio da tramita-ción”.

A aprobación provisional do PXOM, que acumula máis de seis anos de elaboración, permite es-quivar a nova Lei do Solo. Frades carecía dun planeamento xeral e o seu urbanismo rexiuse por nor-mas subsidiarias. O PXOM posi-bilita ata 163 vivendas na Ponte Carreira e 293 en solo rural, e so-los para darlles cobertura a em-presas de produtos agrogandei-ros en Abellá e naves industriais na marxe da N-634 entre Célti-gos, Ledoira e Vitre.

Aprobación provisional unánime para empezar a desbloquear licenzas

FRADES

Page 3: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2016 3

A petición dunha veciña, e propie-taria, de que se execute a sentenza que pende sobre os chalés situados no Alto de Vilanova, a carón da saída da AP-9 en Sigüeiro (Oroso), motivou nas últimas semanas novos trámites xudi-ciais e administrativos.

O Concello recibiu unha notifica-ción do Xulgado do Contencioso Admi-nistrativo número 4 da Coruña, datada no 9 de novembro de 2015, para que a administración local dese conta de que medidas tiña tomado ou pensaba tomar para cumprir a sentenza.

O fallo xudicial, orixinado tras unha denuncia presentada pola cidadá en 2009, fixo que se anulasen as licenzas concedidas aos chalés. E o escrito xu-dicial dirixido en novembro ao Conce-llo advirte de que “toda anulación de licenza conleva a obriga de reposición á legalidade”. Tamén lembra un pre-cepto legal polo que o xuíz pode esixir, como condición previa á demolición, garantías para responder do pago das indemnizacións.

Na súa resposta, o Concello asegu-

rou que o último que lle constaba era unha providencia dunha maxistrada, en novembro de 2013, na que se tería arquivado o procedemento. Sen em-bargo, o goberno municipal constata agora que si debe continuar coa exe-cución da sentenza.

En canto aos pasos dados, o alcalde indícalle á xustiza que lle solicitou un

informe ao arquitecto municipal para determinar “as medidas e accións que proceden para levar a puro e debido efecto a execución do fallo, co fin de poder determinar as obras que son necesarias para a execución e proce-der no seu caso a poder redactar o co-rrespondente proxecto técnico de de-molición”. Na petición ao arquitecto, o alcalde emprázao a que “no caso de existir diversas posibilidades se sinale a que resultaría menos gravosa para os posibles afectados e que permita en todo caso dar debido cumprimento ao fallo ditado no seu día”.

Dito doutro xeito, e en espera do informe do técnico municipal, o Con-cello non descarta xa a demolición dos chalés, pero á vez, pese aos termos da sentenza, deixa aberta a porta a outras posibles solucións que permitan man-ter en pé as edificacións. Cómpre ter en conta que a clasificación urbanís-tica actual dos terreos nos que se alza-ron as vivendas é diferente á que tiñan cando se construíron e cando se pre-sentou a denuncia.

Piden executar a sentenza dos chalés de Vilanova, que poderían ser demolidos

OROSO O Concello encargou un informe ao arquitecto tras unha notificación xudicial

O grupo de chalés, preto de Sigüeiro

O Concello expón na Xunta as principais necesidades sociais da poboación do municipio

TORDOIA

O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Inés Santos, reuníronse co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, para expoñerlle as principais necesidades do munici-pio en materia social.

O encontro forma parte dunha serie que o conselleiro está sos-tendo con alcaldes de toda Gali-cia, para estudar a colaboración entre institucións. Non trascen-deu ningún compromiso concreto de momento. Repasaron o funcio-namento do servizo de axuda no fogar, que presta apoio a dezaseis veciños e veciñas en Tordoia.

Reunión en Política Social

“Oio pitidos e ruidos no oído que os outros non escoitan”. Esta frase repe-tida por algunhas persoas correspón-dese cos pitidos ou zumbidos coñecidos como acúfenos ou tinnitus. Son a per-cepción dun sonido que non existe no exterior, polo que soamente os oe quen os padece.

Quen os sofre ten a sensación de oir ruidos, pitidos ou zumbidos dentro da súa cabeza, chegando a sentilos como se fosen máis fortes canto máis pensa-mos neles ou canto máis silencio haxa ao redor noso, como por exemplo cando nos deitamos pola noite. Esto pode che-gar a aumentar o noso grado de ner-viosismo impedindo incluso que poida-mos durmir ou descansar influindo polo tanto no noso estado emocional e físico.

De momento non se coñece a causa exacta do que pode provocar os acúfe-nos, aínda que sí se coñecen unha serie de situación que poden conlevar a súa aparición como poden ser situacións de estrés e ansiedade, exposicións pro-longadas a situacións de ruído, trauma acústico, problemas circulatorios, etc.

O médico especialista otorrinolarin-gólogo (médico orl) será a persoa que deba diagnosticalos aínda que, ao non se coñecer a causa exacta, non existen tratamentos específicos para eles aínda que sí dependerá dun equipo médico multidisciplinar.

Daquela, ¿NON TEÑO SOLUCIÓN PARA ESTES PITIDOS? A RESPOSTA É: SI!!

¿Cómo paliar este problema? Aínda que non hai un tratamento específico que cure os acúfenos, sí existen terapias eficaces que pode ofrecer un centro au-ditivo especializado como é o centro au-ditivo OE+.

Estas terapias consisten en aliviar os síntomas e conseguir que os acúfe-nos causen o menor malestar posible alonxando así a atención sobre deles.

Esto pode realizarse de diversas for-mas, as cales dependerán do caso con-

creto de cada persoa e en función da súa casuística personal que variará se-gundo unha serie de características como o tipo e grado de acúfeno, se se acompaña ou non de perda auditiva, o grado de malestar que xenera ou a súa combinación con outros problemas como por exemplo a hiperacusia.

En función de todas estas variacións, os profesionais especializados do centro auditivo OE+ poderanlle ofrecer a tera-pia sonora que mellor se axuste ás con-dicións individuais de cada persoa.

A modo de exemplo, pero sempre tendo en conta que dependerá das ca-racterísticas individuais da persoa que

sofre estes pitidos, existen diversas te-rapias sonoras tales como as que levan consigo o uso dalgún dispositivo como o audífono ou ben o audífono que pode integrar un xerador de ruído adaptado individualmente se a persoa ten tamén unha perda auditiva. En caso contra-rio, tamén contamos con varias opcións para tratalos como poden ser mediante rehabilitación auditiva realizada de di-ferentes maneiras segundo as necesi-dades.

Non dude en acudir ao seu centro auditivo OE+ para realizar un estudio audiométrico completo que inclúa a va-loración específica do acúfeno ou tin-nitus e solicitar asesoramento respecto desta problemática e as súas opcións de mellora. Os especialistas que o atende-rán explicaranlle detalladamente todo o relacionado con este problema así como a mellor opción para o seu caso en concreto.

Este pitido de oído non me deixa tranquilo

Page 4: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

4

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2016

A corporación pídelle por unanimidade a Fomento o remate do enlace da autoestrada

OROSO

O pleno de Oroso acordou por unanimidade solicitarlle ao Minis-terio de Fomento o remate das obras do enlace da autoestrada AP-9 en Sigüeiro, que se interrom-peron o pasado mes de outubro.

Unha proposta presentada polo grupo do PSOE, que ostenta o goberno local, e secundada polo PP, o BNG e Anova, demanda que se solventen os supostos “proble-mas burocráticos” que teñen pa-rado o proxecto e que ocasionan dificultades para a circulación pola zona e molestias para a veciñanza que vive na zona e que leva todo o inverno coas obras a medias diante da casa.

O portavoz do grupo socialista. Antonio Leira, asegurou que xa se produciron algúns accidentes, de escasa entidade, porque o tramo ten unha sinalización provisional e de noite carece de suficiente vi-sibilidade. Leira acusou ao PP de “catro anos de continuos retrasos” desde o ministerio e queixouse dos prexuízos que ocasiona para a xente e para as empresas da zona non dispoñer das infraestruturas do enlace acabadas.

Leira citou tamén que a pro-pia ministra de Fomento, Ana Pas-tor, prometera que o enlace esta-ría rematado a finais de novem-bro pasado, o que contrapuxo con que “hai semanas que as máqui-nas abandonaron a zona”.

O portavoz do PP, Alexander Doval, aclarou, segundo o go-berno, que cando afirmaba que as obras non estaban paralizadas “dixemos o que nos dixo a dele-gada de Fomento en Galicia, e en decembro ou xaneiro, ao ver que estaban paradas, vin que a dele-gada non me dixo a verdade”. Do-val agregou que “poden crerme ou non, esa señora díxome iso e agora non me colle o teléfono nin me contesta e-mails”, situación da que xa tería informado á ministra, en funcións.

As obras pararon hai varios meses

TRAZO O alcalde pregúntase lle “hai que pagar” a Crónicas para “falar ben” del

José dafonte acórdase da estrada provincial cando xa non é deputado

Tarde piou. O alcalde de Trazo, José Dafonte, acórdase agora de pedirlle á Deputación da Coruña o arranxo da estrada entre Ordes e Portomouro. Faino cando xa o par-tido que o soporta, o PP, non goberna a institución provincial, nin el ten xa asento na cámara plenaria coruñesa, á que asistiu máis ben en silencio du-rante o pasado mandato.

Aproveitando os danos que os temporais ocasionaron na Ponte Al-bar, entre Trazo e Santiago en Xaves-tre, Dafonte instou ao goberno pro-vincial a reparar o viaduto e, xa de paso, a capa de rodadura da estrada, na que antes non se debeu de fixar e que agora ve unha “necesidade in-aprazable”. Non consta ningunha pe-tición similar do rexedor cando com-partía cor co goberno provincial.

A publicación desta informa-ción no diario de Crónicas en face-book, por certo, molestoulle a Da-fonte. O alcalde cre que este perió-dico “distorsiona” e, quizais por iso, preguntou se “hai que pagar” para que nestas páxinas se “fale ben” del.

A resposta que recibe é NON, obvia-mente, posto que cando menos este medio non trafica coa información. É algo que sabe ben, como fiel lector, polas sobradas mostras de indepen-dencia que leva dado Crónicas.

Nun intento por defenderse, Da-fonte di que era “deputado, non vi-

dente” e insinúa que si presentou ini-ciativas, pero non ofrece proba ou exemplo algún. E pretende tamén facerse co mérito do arranxo da es-trada en Agro do Mestre por parte da Deputación, que en realidade demo-rou desde o Concello pola lentitude no modificado do proxecto inicial.

O alcalde aproveitou os danos das enchentas na Ponte Albar para lanzar a petición

Os recentes temporais agra-varon a situación da Ponte Ve-lla, en Pereira (Ordes), ata o punto de que o tráfico tivo que ser desviado por outros pun-tos. O Concello decidiu inter-vir de urxencia para restablecer esta infraestrutura, catalogada como ben patrimonial ao ser de orixe medieval e situarse no iti-nerario do Camiño Inglés.

A primeira intervención do Concello foron diversos labo-res de drenaxe. Non obstante, observaron que rompera a tu-baxe metálica e que se produ-cira unha considerable defor-mación do cilindro, o que fixo que a rasante da superficie ta-mén se vise alterada.

A solución escollida para o arranxo e restablecer a circu-lación entre O Mendo e O Lu-diño foi cambiar a tubaxe metá-lica por unha estrutura de for-migón. Tamén valorou colocar un tubo de formigón armado co emboquillado en pedra.

A Ponte Vella de Pereira viuse seriamente afectada polos temporais

ORDES

Investirán máis de medio millón na estrada de Ordes á Silva

A estrada AC-413, que vai de Or-des cara á Silva (Cerceda) recibirá un investimento de case 550.000 eu-ros para a mellora da seguridade via-ria. Está previsto que as obras come-cen no verán e que teñan un prazo de execución máximo de seis meses.

A actuación foi dada a coñecer nunha visita do delegado provincial da Xunta, Diego Calvo, ao propio vial, acompañado polo alcalde de Ordes,

José Luis Martínez Sanjurjo, e inte-grantes do goberno local.

A intervención consistirá na repa-ración do firme nalgúns tramos, con fresado e reposición da capa de ro-dadura, aplicación de microaglome-rado en frío e reciclado das mesturas bituminosas existentes. Despois, se-rán repostas as marcas viarias, colo-carán novos sinais e acondicionarán as cunetas.

Visita do delegado provincial da Xunta, Diego Calvo, á estrada AC-413

Page 5: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

crónicas - Febreiro 2016 5

Page 6: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

6

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2016

COMARCA Proposta conxunta de Ordes e Frades, orzamentada en 700.000 euros

Solicitan obradoiros de emprego para unitarias, a vella estación e parques ordenses

O Concello de Ordes solicitou ante a Xunta dous obradoiros de em-prego, en conxunto co de Frades e un deles destinado especialmente á mo-cidade en situación de desemprego, cos que agarda intervir en inmobles e espazos públicos. O investimento conxunto sería duns 700.000 euros e da xestión engargaríase Ordes.

O obradoiro de garantía xuvenil tería modalidades de xardinería e al-banalería, mentres que o obradoiro de emprego convencional conta con módulos de xardinería, albanelería e pintura decorativa en construción.

En Ordes, estas iniciativas mixtas de formación e emprego intervirían nas escolas unitarias de Montaos e

de Buscás, no parque Pilar Martínez Viqueira e no edificio principal da an-tiga estación ferroviaria da Pontraga, así como no acondicionamento de varios espazos verdes.

A solicitude debe ser agora ava-liada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Non trascendeu cando comezarían os obradoiros.

ORDES Colaboración do Concello coa asociación Andaina Pro Saúde Mental

Proxectan un centro ocupacional para enfermidades mentais na antiga escola

A antiga escola da Rúa de Galicia podería acoller un centro ocupacio-nal de media estancia para persoas con algún tipo de enfermidade men-tal. Ese é cando menos o proxecto anunciado polo goberno de Ordes, que contaría coa colaboración da en-tidade Andaina Pro Saúde Mental na iniciativa.

A escola está sendo remodelada desde hai uns meses mediante un obradoiro de emprego. Unha vez re-matado, disporá de salas polivalen-tes, despachos ou unha sala de cu-ras, e contará con todas as medidas de accesibilidade fixadas por norma-tiva.

O Concello aspira a que o servizo funcione “en breve”, ofrecendo acti-vidades variadas e atención aos ca-sos de enfermidades mentais de ma-neira especializada e profesional. A actividade estaría desenvolvida polo equipo de terapeutas e psicólogos de Andaina Pro Saúde Mental, en coor-dinación cos Servizos Sociais munici-pais.

Andaina PSM xa desenvolve

desde hai uns anos obradoiros, xor-nadas temáticas, clases e terapias en Ordes. O Concello considera satisfac-toria a experiencia e por iso pretende ampliala. A presidenta e fundadora de Andaina PSM, Omaira Tuirán, des-tacou a importancia de atender os casos de enfermidade mental, tanto

para as persoas afectadas como para os seus familiares. Parécelle sobre todo relevante no ámbito rural “xa que alí as alternativas ou posibilida-des redúcense moitísimo e para moi-tos deles a opción que lles queda é quedar na casa medicándose”, o que ocasiona moita frustración.

O inmoble está sendo remodelado desde hai uns meses nun obradoiro de emprego

OROSO O PP pedía abrir un expediente de investigación e iniciar un sancionador

O goberno rexeita expedientar a empresa polos apagóns no alumeado público

O goberno de Oroso rexeitou abrirlle expedientes á empresa en-cargada do servizo de alumeado pú-blico a causa dos apagóns que se pro-duciron nos últimos tempos en diver-sos lugares, en ocasións de forma rei-terada.

O PP, principal grupo da oposición, solicitou nunha moción en pleno que se abrise un expediente de investiga-

ción á compañía, que asumiu hai uns meses o servizo, e iniciar otro expe-diente sancionador.

O executivo municipal, en mans do PSOE, admitiu a necesidade de que o problema non se volva produ-cir, pero pareceulle “excesivo abrille dous expedientes a unha empresa cando só leva dous meses á fronte do servizo”.

Antonio Leira, concelleiro de Se-guridade Cidadá, afirmou que man-teñen contacto permanente coa em-presa e que “estamos moi cerquiña da solución”, á vez que aproveitou para acusar ao PP de “utilizar a situa-ción como arma arroxadiza contra o goberno municipal e a propia em-presa” en vez de avisalos cando ve as farolas apagadas.

A concelleira do PSOE, molesta coa resposta do PP ás súas críticas polo orzamento de Mercurín

ORDES

A concelleira do PSOE ordense, Verónica Fuentes, considera que o PP a “insultou” na resposta que o goberno deu ás críticas socialis-tas por unha suposta falta de or-zamento da Xunta este ano para a estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín.

O PP precisara que os recur-sos para a obra si estaban consig-nados e falara de “analfabetismo presupostario” por parte do PSOE por non ser quen de localizar a partida, segundo a formación po-lítica que xestiona os gobernos ga-lego e ordense.

A voceira socialista di que “en ningún momento dixemos que non hai orzamento, só dixemos que o orzamento non é suficiente para facer unha reparación en condicións”. E en todo caso puxo as afirmacións en boca de Xosé Antón Sánchez Bugallo, o que fora alcalde de Santiago e agora parla-mentario autonómico, que defen-deu emendas ás contas na cámara galega.

O PSOE dixo a finais de decem-bro que “a reparación da estrada de Mercurín non conta con orza-mento para iniciar as obras” ata o vindeiro 2017.

PIDEN CO CAMBIO DE TITULARIDADE Por outra parte, e tamén en re-

lación con esta estrada, o PSOE proporá no vindeiro pleno muni-cipal que a Xunta asuma a súa ti-tularidade. A estrada pertence ao Concello. Verónica Gómez cre que ten que ser traspasada porque “o tráfico que circula por ela excede o ámbito local, tanto polo número de vehículos como pola tipoloxía”, ao contar con moitos vehículos pesados.

Os socialistas, que mencio-nan na súa proposta o mal estado do vial, pendente de reparación desde hai varios anos por mor dun proxecto fallido do plan de recon-versión mineira, sinalan que a súa iniciativa non é nova. Xa houbo peticións semellantes nos anos 2012 e 2014, segundo din, pero a administración autonómica rexei-tou facerse cargo da estrada na-queles momentos.

Agora desexan que o acordo no pleno do Concello se tome por unanimidade na sesión ordinaria deste mes de febreiro, tendo en conta que o PP, entón como opo-sición pero agora no goberno mu-nicipal, abstívose.

Page 7: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2016 7

Unha sentenza sobre a parcelaria de tres parroquias obriga a modificar o PXOM

OROSO

O Plan Xeral de Ordenación Mu-nicipal (PXOM) de Oroso sufrirá a súa décima modificación puntual a causa dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre unha calificación de terreos perten-centes á parcelaria das parroquias de Cardama, Senra e Vilarromarís.

ORDES As obras efectuáronse sen o consentimento de todos os afectados

O alcalde intentará lograr un acordo para o vial desde O Piñeiro a Reboredo

O alcalde de Ordes, José Luis Mar-tínez Sanjurjo, confirmou que man-tén contactos cos propietarios de te-rreos afectados pola obra de amplia-ción da Rúa do Piñeiro ata a súa co-nexión co núcleo de Reboredo. A obra acometeuse uns días antes das eleccións municipais do ano pasado e sobre ela “non se atopou docu-mentación escrita nas oficinas muni-cipais”, segundo o rexedor.

Martínez emprazou ao anterior concelleiro de Urbanismo, Roberto González (UxO), a dar explicacións sobre o procedemento seguido. Gon-zález ofreceunas e indicou que se trata dun proxecto pendente desde hai tres décadas.

O compromiso do alcalde e as ex-plicacións de González prodúcense a raíz dunha iniciativa presentada polo BNG, e aprobada por unanimidade, que sinala que o vial está previsto no planeamento urbanístico vixente ata agora, pero apreza que as obras efec-tuáronse “sen o consentimento de todos os propietarios e sen ter a ce-sión dos terreos”.

As obras, tal como afirman os na-cionalistas, foron paradas por algúns dos propietarios. De aí que o porta-voz nacionalista, Pablo Vidal, instase ao goberno municipal a reunir os propietarios afectados para lograr a cesión dos terreos.

O Bloque teme que unha mala xestión deste caso remate de ma-neira similar ao caso do paseo Iván Raña, onde a xustiza obrigou en ou-tubro pasado a que o Concello com-pense con 81.100 euros a un pro-pietario por unha actuación irregu-lar en 2002. Din os nacionalistas que hai que evitar que “no futuro se volva pagar con cartos públicos unha mala xestión dos gobernantes”. De feito, algúns afectados no vial do Piñeiro a Reboredo xa contrataron os servizos de avogados para defender os seus intereses.

ANEGACIÓNS NO RECREO Por outra parte, o BNG pediu ex-

plicacións polo asolagamento de baixos particulares na rúa do Recreo. O goberno di que se deben en parte á baixante particular dun inmoble pri-

vado. Outra parte dos problemas es-taría ocasionada pola “mala execu-ción” dunha obra por parte do ante-rior goberno municipal, que custara 50.000 € pero non serviu para impe-dir a chegada da auga aos baixos. Vial aberto entre o Piñeiro e Reboredo

Page 8: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

8

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2016

COMARCA Nun plan presentado pola Xunta e financiado con fondos europeos

A bisbarra obtén uns 530.000 euros para mellorar accesos a explotacións

Os nove Concellos da comarca obteñen algo máis de 530.000 euros dentro do Plan Marco de Camiños, presentado pola Consellería do Me-dio Rural. Esta iniciativa, que se fi-nancia nun 75 % con fondos Feader, forma parte do Plan de Desenvolve-mento Rural de Galicia 2014-2020.

Os fondos poderán ser utilizados para a mellora de camiños munici-pais de acceso a explotacións agra-

rias. Poderán ser accións de amplia-ción, reparación ou mantemento dos viais, que teñen que ser de titulari-dade municipal e que deben facilitar o acceso a un mínimo dunha parcela integrante dunha explotación agra-ria.

Durante a presentación, na que participou a conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, explicouse que os criterios de reparto dos fon-

dos, que en toda a provincia su-man uns 6,2 millóns de euros e no conxunto de Galicia rondan os 20 mi-llóns de euros, son os consensuados entre a Axencia Galega de Desenvol-vemento Rural (Agader) e a Federa-ción Galega de Municipios e Provin-cias (Fegamp). O goberno autonó-mico sinala este plan favorece as in-fraestruturas e os servizos básicos no ámbito rural.

Acto de presentación do plan para os municipios da provincia coruñesa

REPARTO DO PLAN

CercedaFradesMesíaOrdesOrosoTordoiaTrazo TOTAL

69.129 euros67.052 euros88.382 euros

101.156 euros60.993 euros71.350 euros72.831 euros

530.443 euros

Concello Contía

Identifican os posibles herdeiros dunha veciña de Albixoi falecida en Suíza en 2013

MESÍA

O Concello de Mesía identifi-cou os posibles herdeiros de Ma-ría Josefa Augello-Fernández, que nacera en Mesía en 1946 e fale-ceu en Suíza en xuño de 2013. Foi un xulgado do país ao que emi-grara, concretamente da zona de Lugano, o que, mediante anun-cios en diarios galegos, intentou a busca dos posibles herdeiros, en aplicación do código civil suízo.

As pescudas da administración local de Mesía permitiron saber que a falecida, filla de Benigno e de Amalia Fernández, nacera na parroquia de Albixoi e que tiña dous irmáns, que na actualidade non residen no municipio.

Estes dous interesados dispo-ñen dun ano de prazo, a contar desde que se publicou o edicto da xustiza suíza, para acudir ao xul-gado do distrito de Lugano que o emitiu. Alí serán informados das condicións nas que recibirían a herdanza, da que por suposto non trascenderon datos de ningún tipo.

Sogama asegura que en 2015 se situou en cifras máximas de eficien-cia industrial. A planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de com-bustible chegou a tratar preto de 584.000 toneladas de residuos o ano pasado, o que supón mesmo superar a capacidade para a que fora dese-ñada. A contía é un 1,25 % superior a 2014 e un 28 % máis que en 2008.

As plantas de coxeneración e va-lorización da empresa tamén obtive-ron máximos de produción enerxé-tica, ata o punto de que a termoeléc-trica foi a de maior eficiencia e pro-dución das dez similares que existen en toda España. Os 516.000 MWh producidos por Sogama en 2015 son un 4,5 % máis que no ano previo e equivalen ao 11 % da enerxía consu-mida polos fogares galegos.

Os datos ofreceunos o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, no balance da actividade da em-presa. Domínguez precisou que a empresa xestiona os residuos urba-nos de 295 concellos galegos, o 94 % do total. En consonancia co aumento

da eficiencia industrial, tamén se sa-lientou que o ano pasado foi o que menos residuos se enviaron ao ver-tedoiro da Areosa, 185.000 tonela-das. Domínguez manifestou que “es-tamos falando, sen lugar a dúbidas, dos mellores resultados da historia de Sogama.

Por outra parte, a empresa licitou por un importe de case catro millóns de euros a construción e posta en marcha dunha planta de compostaxe que se ubicará nas dependencias do vertedoiro de residuos non perigosos da Areosa.

Segundo explica a empresa, a planta procesará a fracción orgánica dos refugallos co propósito de fabri-car compost. Terá capacidade para 15.000 toneladas anuais. Os mate-riais que non sirvan para compos-tar, pero si para reciclar, serán sepa-rados e enviados á industria trans-formadora. Esta planta enmárcase no obxectivo de obter o máximo va-lor do lixo aproveitable e minimizar o rexeitamento final.

Sogama indica que as obras terán un prazo máximo de execución de 34 semanas, mentres que as probas de capacidade e rendemento non po-derán superar as nove semanas. O prazo para que as empresas interesa-das presenten as súas ofertas remata o vindeiro 17 de marzo ás 13:00 ho-ras.

A planta de Sogama tratou 584.000 toneladas o ano pasao, cifra récord

CERCEDA Licita a construción e posta en marcha dunha planta de compostaxe

Javier Domínguez, presidente de Sogama

O municipio recolleu máis de cinco millóns de quilos de residuos durante o ano pasado

ORDES

O servizo de recollida de re-siduos de Ordes transportou o pasado ano 2015 un total de 5.057.441 quilos de lixo de di-verso tipo, segundo os datos da empresa Grupo Cerceda Sol, en-cargada da recollida e tamén da xestión do Punto Limpo municipal.

A maior parte do lixo foi reco-llida en todo o municipio, mentres que 315.500 quilos foron traslada-dos ao Punto Limpo. A estas ins-talacións, situadas na zona do Ba-lado, chegaron case dez toneladas máis de residuos o ano pasado en comparación con 2014.

Loxicamente, a vila está en ca-beza na xeración de residuos, con 3,25 millóns de quilos, fronte aso 1,12 millóns procedentes das pa-rroquias. O Concello fixo especial fincapé en cifras como os 20.000 quilos de plásticos agrícolas reco-llidos. Asegura que pretenden su-perar esta cifra no novo exercicio cunha campaña informativa e de concienciación. A recollida é de balde chamando ao 609 079 419.

Page 9: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2016 9

- Na campaña identifícase a cada doadora como unha superhe-roína. Por que?

- Porque cada muller dispón, realmente, dun gran poder; ese po-der axudar a outras, cuxos ovarios non funcionan adecuadamente por enfermidade ou idade, a seren nais, a cumprir cos seus soños… É un gran acto de solidariedade, un poder que moitas mulleres novas descoñecen e que queremos que teña visibili-dade.

- Quen pode ser doante de óvulos?

- Toda muller sa, de entre 18 a 35 anos.

- Existe un número sufi-ciente de doadoras?

- Desgraciadamente non, o nú-mero de mulleres que esperan unha doazón de óvulos supera ao número de óvulos dispoñibles e existe unha lista de espera.

- En Galicia, en particular, a baixa natalidade é un problema.

- Efectivamente. E, entre os obxectivos desta campaña está o de concienciar. A fecundidade é un ben

perecedoiro e pérdese cos anos; ta-mén entre os homes, como ben sa-bemos no sector.

- Cales son as liñas xerais da doazón de óvulos?

- Trátase dun procedemento anónimo. En primeiro lugar, a posi-ble doante ten unha entrevista sen ningún compromiso cun membro do noso equipo; e, no caso de que decida continuar co proceso, reali-zaráselle un exame médico, seguiría

un tratamento previo á extrac-ción de óvulos. Sempre con-tando coa aten-ción constante por parte do noso equipo.

- A doazón de óvulos ten algún tipo de retribu-ción económica?

- En España a normativa marca que se trata dun acto altruísta pero as doadoras poden recibir, como no caso de IRAGA, unha contrapresta-ción económica polos desprazamen-tos, tempo e molestias causadas.

- A pregunta pode ser superflua pero… pode ser nai no futuro unha muller que doa óvulos?

- Claro que pode ser nai. Nunha doazón extráese un pequeno nú-mero de óvulos, entre 6 e 20, so-bre o total que posúe unha muller, que é un dato predeterminado xe-neticamente e está ao nacer entre 500.000 e 1.000.000.

- Ademais de doazón de óvu-los, que outros servizos se realizan en IRAGA Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda?

- Somos un centro integral de

reprodución asistida. Ademais das distintas técnicas contra a infertili-dade, ofrecemos ecografía en 4 di-mensións e temos servizos de xine-coloxía, embrioloxía e psicoloxía.

- Que debe facer unha muller se está a pensar na posibilidade de ser doante, pero ten dúbidas?

- As dúbidas son normais. Reco-mendámoslle que se achegue a falar connosco, sen compromiso, e axu-darémoslle a resolvelas.

“cada muller conta cun gran poder, ese poder axudar a outras a seren nais doando óvulos”

ENTREVISTA José Codesido, director de IRAGA Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda

O doutor José Codesido é o director do centro IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda, que funciona desde o ano 2000 en Santiago de Compostela

IRAGA Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda, centro de referencia no seu sector situado en Santiago de Compostela, lanzou unha campaña para conseguir

que máis mulleres novas se animen a converterse en doantes de óvulos. O doutor José Codesido, director do centro, explica o procedemento nesta entrevista.

Crónicas da Comarca Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en: [email protected]

“É normal que unha muller que pense en ser doante

teña dúbidas, por iso reco-mendámoslle que veña fa-lar connosco e resolvelas”

Page 10: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

10

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2016

Detidos os supostos autores de roubos cometidos no municipio

MESÍA

A Garda Civil detivo tres ho-mes, os tres veciños de Oleiros e con idades entre os 20 e os 40 anos, como supostos autores de máis dun cento de roubos nas áreas da Coruña e de Ferrol, al-gúns no municipio de Mesía e ta-mén nos colindantes de Curtis e de Vilasantar.

A investigación xa comezara no verán do ano pasado. Coa deten-ción, recuperáronse numerosos artigos procedentes dos roubos, tales como electrodomésticos, xoias, ferramentas, cámaras de fo-tos, ordenadores portátiles, tele-visores ou armas de aire compri-mido. Tamén se cre que participa-ron no roubo de polo menos 2.850 quilos de cobre. E intervíronse uns 3.500 euros en metálico.

Un dos detidos xa acumula no-venta detencións previas e ou-tro fora posto a disposición xudi-cial hai uns meses por roubos en igrexas cometidos en Asturias. Se-gundo a investigación, os tres ho-mes adoitaban roubar no serán e nunca entraron en domicilios nos que houbese persoas dentro.

COMARCA Cerceda e Tordoia volven ao proxecto

A Vía Verde, pendente de que Fomento desafecte a vella liña

O Concello de Santiago to-mou a iniciativa para xestionar en Madrid a consecución dunha Vía Verde sobre o trazado da an-tiga liña ferroviaria entre Com-postela e Ordes. Das reunións do concelleiro santiagués de Medio Ambiente e Convivencia en Ma-drid, trascendeu que o avance do proxecto depende aínda de que Fomento decida, ou non, desafec-tar os terreos.

O edil Xan Duro viuse co sub-director de Xestión Patrimonial do Administrador de Infraestrutu-ras Ferroviarias (ADIF). Carlos Du-four amosou interese en recupe-rar para uso da veciñanza vías fóra de servizo, unha vez que Fomento aclare se o vello tramo Santiago-Ordes podería recuperarse para algún uso ferroviario.

Non parece probable que Fo-mento pretenda que algún tren volva circular por alí, posto que as vías levan anos desmanteladas e hai treitos inconexos, pero men-tres non efectúe ese trámite non

se poderá avanzar no proxecto de Vía Verde, presentado en 2008 e aparcado pouco despois.

O concelleiro de Santiago ta-mén se reuníu coa xerente da área de Vías Verdes e Medio Ambiente da Fundación de los Ferrocarri-les Españoles, a entidade que xes-tiona este tipo de tramos. Carmen Aycart explicou que era coñece-dora do proxecto. Na mesma liña que o cargo do ADIF, sinalou que a Fundación tería interese en cola-borar no acondicionamento, sem-pre e cando o Ministerio confirme se desafectará os terreos.

Ademais, o goberno de San-tiago incorporou ás reunións os Concellos de Tordoia e de Cerceda, ademais dos de Ordes e Oroso, co propósito de que a Vía Verde vaia desde Santiago ata Cerceda, como se pensara nun principio.

En toda España, existen uns 2.400 quilómetros de infraestru-turas ferroviarias transformadas en Vía Verde, unha figura de con-siderable atractivo turístico.

O goberno apela ás normas supramunicipais para vixiar o uso de animais nos circos

ORDES

A maioría do pleno aprobou a de-claración de Ordes como municipio libre de circos con animais, presen-tada polo PSOE. Sen embargo, o go-berno municipal matizou as posibili-dades de cumprimento da proposta e apelou ás normativas e lexislacións de ámbito galego, español e europeo sobre a materia.

A portavoz do goberno, Susana García, explicou que vixiarán o be-nestar dos animais que se utilicen en espectáculos circenses no municipio “facilitando e propiciando o control e a supervisión mediante medios pro-pios e incluso solicitándollo a corpos como o Seprona”.

Verónica Gómez (PSOE) defen-deu que “os nenos e nenas mere-cen unha educación baseada en va-lores que inclúan o respecto aos se-res vivos e a contorna”. Os socialistas rexeitan as “reticencias” do goberno local e insisten en que se deben adaptar as ordenanzas municipais, de maneira que nin se autorice nin moito menos se promova a instala-ción de circos con animais.

O BNG propón un protocolo que garanta a recollida de animais abandonados sempre

ORDES

O BNG de Ordes obtivo o apoio unánime do pleno municipal na súa petición para que se elabore un re-gulamento para a canceira munici-pal. Demandaban, entre outros as-pectos, que a norma recolla un pro-tocolo de actuación para garantir a recollida de animais abandonados en calquera momento.

Os nacionalistas lembran que a canceira está sendo xestionada polo voluntariado e destacan o seu “gran labor, digno de recoñecemento por parte de toda a sociedade ordense”. Mais á vez teñen coñecemento por algúns veciños das dificultades que a Policía Local tería para recoller ani-mais durante a fin de semana.

Por iso, defenden a necesidade de que o protocolo aclare a situa-ción e defina a recollida dos ani-mais e a súa recepción na canceira, para evitar que fiquen abandonados á súa sorte. O alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo, anunciou no pleno a inminente presentación pú-blica do regulamento, do que se es-taba ultimando a elaboración.

CERCEDA O alcalde impide votar unha proposta na que o BNG pedía que dimitise

cerceda irá contra o contratistae o banco para recuperar os cartos

O caso da obra do Museo da Mi-neiría, pagada dúas veces en dous bancos distintos, segue dando novi-dades en Cerceda. Despois de que a xustiza obrigase ao Concello a de-volverlle máis de 200.000 euros a un dos bancos, o alcalde cre que é o mo-mento de que se xulgue a maneira de proceder do banco e tamén de que o contratista que cobrou responda po-los seus feitos.

José García Liñares, que remarca que non se ve culpable pero non des-bota a responsabilidade inherente ao cargo, admite que a administra-ción local cumprirá a sentenza. Pero antes pediron que o tribunal aclare a cantidade exacta a devolver, posto a sentenza fala de 200.000 euros e o banco reclama uns 145.000.

Non obstante, a representación xurídica do Concello vai abordar o asunto co contratista para buscar un entendemento “polas boas inicial-mente e en caso contrario polas ma-las”. E García Liñares detalla que le-varán o banco pola vía penal “por-que foi o responsable de pagar e

ata agora xulgouse o Concello, pero agora toca xulgar o banco”. O alcalde, que engadiu que a maiores promo-verán unha peza de responsabilidade civil para que se lle restitúa o diñeiro ao Concello, dubida de que a sucur-sal cumprise a ortodoxia nos pagos.

Estas novidades coñecéronse no debate dunha moción do BNG para reclamar que o alcalde reintegrase o diñeiro no Concello e para que pre-sentase a súa dimisión. A proposta debatiuse pero o rexedor impediu votala porque cre que non reunía as condicións dunha moción. García Li-ñares defendeu que a dimisión se-ría unha decisión persoal sobre a que non ten sentido que se pronuncie o pleno e unha hipotética devolución do diñeiro está regulada e tampouco depende do que diga o pleno. Para a portavoz do BNG, Rocío da Igrexa, a situación foi “absurda” e propia do sistema de “ordeno y mando” que, opina, practica o alcalde. Da Igrexa intentou que o secretario municipal aclarase se había que votar, pero o funcionario non se pronunciou.

García Liñares aproveitou para defender unha vez máis a súa ino-cencia neste caso e acusou á oposi-ción de facer unha lectura interesada e parcial da sentenza. “Non cometín ningún acto delictivo, nin sequera me imputaron, pese a que o banco o in-tentou por todos os medios”, mani-festou, á vez que recoñeceu que de todas maneiras “non podo estar or-gulloso dos feitos”.

Segundo o alcalde, todo o seu proceder axustouse á lei: “non asinei nada que non puidese asinar nin nin-gún documento que non fora legal, e o feito de que alguén utilice mal ese papel [o que facilitou o endoso ban-cario] e o leve sen as formalidades precisas, e o banco pague, non me fai culpable do tema”.

Tamén negou o rexedor estafa pola súa parte, posto que non obtivo beneficio algún. E explicou que o do-ble endoso fíxose sobre dúas certifi-cacións distintas, unha do proxecto inicial e outra dun modificado valo-rado nuns 400 euros, cando só debe-ría ser válida a segunda.

Page 11: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2016 11

COMARCA A nova concesionaria non tiña a obriga de contratar o mesmo persoal

O persoal de Pellejero logra continuar co transporte de residuos na nova empresa

Os traballadores e traballadoras da empresa ‘Transportes Pellejero e Hijos, SL’ lograron coas súas mobili-zacións continuar facéndose cargo do transporte de residuos sólidos urba-nos á planta de Cerceda. A súa com-pañía cesa na contrata o vindeiro 1 de marzo e as tarefas pasan a ser asumi-das por COPASA, a nova concesiona-ria, que nas condicións do contrato non tiña a obriga de manter o mesmo persoal, 68 persoas entre profesio-nais de conducción, administración e mecánica.

Con concentracións e unha folga indefinida, en suspenso ao peche desta edición, os empregados logra-ron que COPASA ofrecese recolocar 54 conductores e conductoras cun contrato indefinido e un salario simi-lar ao do convenio da Coruña, pese a que a nova empresa aplica un conve-nio propio moi inferior. De todas ma-

neiras, o plantel perde asignación económica ao elimináselles a antigüi-dade máis un plus que cobraba polas características especiais do servizo.

Os demais empregados afectados ou ben renunciaron a seguir na nova concesionaria, caso de varios trans-portistas, ou ben estaban pendentes dunha posible recolocación, no caso de administración e mecánica. En Pe-llejero levaban desempeñando as distintas funcións desde hai catorce anos, nalgún caso ata vinte e un.

A negociación entre a representa-ción sindical e a empresa contou coa mediación do Consello Galego de Re-lacións Laborais. A asemblea de tra-balladores, falou de “chantaxe” e res-ponsabiliza á Xunta e ao PP, por con-sentir “que unha empresa faga ne-gocio con diñeiro público a conta do seu sustento e pretendera precarizar as súas condicións de traballo dunha

maneira tan brutal”, afirman. Para eles, non hai infraestrutura

suficiente para acadar as porcentaxes de transporte de lixo por tren que se pretenden, de maneira que o uso dos camións “durante bastante tempo vai ser basicamente o mesmo”, din.

O persoal de Pellejero e Hijos, en boa medida residente en Cerceda, Ordes e Santiago, recibiu o apoio de diversas institucións ás que acudiron a explicarlles a súa situación e a soli-dariedade de varios partidos. Na co-marca, o máis significativo foi o pleno da Mancomunidade de Ordes, con re-presentación dos sete Concellos.

Ao peche desta edición, os traba-lladores estaban pendentes de que COPASA plasmase por escrito a oferta acordada. Cren necesario manter as medidas de presión ata o final, ata a sinatura dos novos contratos, polos froitos que lles deu a mobilización.

Unha das concentracións que durante varios días mantiveron traballadores de Pellejero e Hijos SL ante a planta de Cerceda

Detido en Vilamaior un home con dificultades socioeconómicas tras agredir a varios veciños

ORDES

Un home foi detido no lugar da Pedreira, na parroquia de Vi-lamaior (Ordes), despois de que presuntamente ameazase e agre-dise a varios veciños, da mesma aldea e da contigua do Campo do Sino.

A detención produciuse na súa vivenda, na que se mantivo atrin-cheirado unhas 24 horas. A Garda Civil, que enviou varias dotacións ao lugar, tivo que agardar por unha autorización xudicial para poder entrar no domicilio, man-tendo previamente unha vixilan-cia. O dispositivo despregado pola forza de seguridade para poder poñelo a disposición xudicial foi dos considerados importantes.

O detido, que inicialmente ne-gou os feitos, ten uns 55 anos e atravesa desde hai tempo dificul-tades socioeconómicas. Carece de emprego e tiña problemas co alcohol. Como tiña feito noutras ocasións, acudiu a pedirlles cartos aos veciños, pero ao atoparse coa negativa reaccionou de xeito vio-lento, algo que nunca antes fixera, segundo os veciños.

Dous dos agredidos, con fe-ridas leves, presentaron denun-cia. O detido contaba co apoio e colaboración de varios familia-res próximos para as súas necesi-dades vitais, mais non consta nin-gunha intervención dos Servizos Sociais para axudarlle a saír da súa situación de deriva vital.

Page 12: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

12

ActuAlidAde

crónicas - Febreiro 2016

Cinco centros educativos da co-marca asinaron a comezos de fe-breiro contratos-programa coa Con-sellería de Cultura, Educación e Or-denación Universitaria para o curso 2015-2016. Trátase do CPI de Xan-ceda (Mesía), o CEIP do Mesón do Vento e o IES Maruxa Mallo (Ordes), máis os CEIP de Oroso e de Sigüeiro (Oroso).

Os contratos-programa están con-cebidos como plans de mellora en di-versas competencias, de acordo con proxectos presentados polos propios centros.

No caso do colexio de Mesía, inci-den no apoio e orientación ao alum-nado con dificultades de aprendi-zaxe, na convivencia e a promoción da igualdade, na mellora do nivel de coñecementos para acadar a exce-lencia e na mellora da calidade da xestión dos centros.

O colexio do Mesón do Vento ta-mén prevén a liña de apoio a alum-nado con dificultades e reforzar as competencias clave nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía. O IES Maruxa

Mallo, o proxecto presentado aspira a mellorar as competencias matemá-tica, de comunicación lingüística, e de ciencia e tecnoloxía, ademais de mellorar a convivencia e promover a igualdade, outra liña de prevención do abandono escolar temporal e do absentismo escolar, máis a mellora do nivel de coñecementos para aca-dar a excelencia.

Os dous colexios de Oroso que participan neste programa ofrece-rán reforzo ao alumnado con máis di-ficultades, se ben o CEIP de Oroso in-clúe no seu proxecto a maiores a me-llora das competencia matemáticas, en ciencia e tecnoloxía, o traballo so-bre a convivencia e a igualdade e a mellora do nivel de coñecementos para procurar a excelencia.

cinco centros educativos da comarca asinan o contrato-programa autonómico

COMARCA Colexios e institutos dos municipios de Mesía, Ordes e Oroso

Sinatura dos contratos-programa de centros educativos da provincia coruñesa

Excursións a Góis e á praia máis percorridos polo Camiño Inglés para a terceira idade

OROSO

O Concello de Oroso orga-nizará unha excursión para a terceira idade ao municipio portu-gués de Góis, co que está irman-dado Oroso. Anunciouno o al-calde, Manuel Mirás, nun encon-tro con máis de sesenta maiores.

Mirás precisou que a saída du-raría ata un par de días e que ade-mais programan outras á praia e tamén percorridos polo Camiño Inglés no treito por Oroso.

Sobre a festa da terceira idade, prevista para o 23 de abril, o al-calde anunciou que o baile esta vez sería nunha carpa exterior e que se recupera a opción de ir en autobús, se se pide na inscrición.

A Deputación saca a concurso as obras da beiravía peonil desde Porto Avieira á Falmega

OROSO

A Deputación da Coruña sacou a concurso as obras para cons-truír unha beiravía peonil na es-trada DP-3801 entre Sigüeiro e San Mauro, no tramo compren-dido entre o acceso á urbaniza-ción Porto Avieira e Falmega, en Oroso.

Os traballos licítanse por im-porte duns 229.000 euros e me-diante procedemento aberto. Consistirán en darlle continuidade a unha senda xa existente desde Sigüeiro. Discorrerá pola marxe dereita da calzada, en dirección Senra, e contará cun ancho de dous metros.

O proxecto contempla a exe-cución de diques para estabili-zar os noiros en zonas puntuais do trazado. Nesas zonas, tamén se colocarán barandillas de ma-deira para garantir a seguridade. O tramo será sinalizado.

Polo de agora as empresas po-den presentar ofertas. Unha vez contratada a obra, o prazo de exe-cución será de catro meses.

Este 29 de febreiro remata o prazo para presentar ideas de posi-bles remodelacións do parque Félix Rodríguez de la Fuente, en Ordes. As suxerencias poden presentarse a tra-vés do rexistro xeral na casa consis-torial, de 9 a 14 horas, ou a través da sede electrónica municipal, accesible a través da web.

Este concurso de ideas, que o goberno se comprometeu a ter en conta sempre e cando resulten ini-ciativas viables, foi aprobado en no-vembro pasado cando o grupo do BNG demandara aproveitar mellor o espazo dos dous parques conti-guos á Alameda: o Municipal e o que leva o nome do naturalista e divulga-dor burgalés. A iniciativa dos nacio-nalistas prantexaba incluso a supre-sión da rúa que os separa para uni-los e reacondicionalos, dándolle sen-tido único de circulación á rúa lateral.

Finalmente, o único da proposta que saira adiante foi precisamente o concurso de ideas. O PP, grupo de go-berno, calificara de “interesantes” al-gúns dos aspectos que presentaba o

Bloque, pero á vez matizaba que a in-tervención nun lugar tan céntrico e crucial requería un estudo rigoroso previo. Máxime no caso de que se aceptase suprimir unha rúa, o que implica modificar as normas urbanís-ticas.

Naquela sesión, Silvia Marín, por-

tavoz de UxO, suxeriu, ademais de unir os dous parques, elevar o infantil para acabar co seu desnivel, e apro-veitar o espazo inferior xerado para construír un aparcadoiro. Haberá que ver se este tipo de propostas e outras achegadas pola cidadanía en-tran finalmente no concurso.

Últimos días para presentar ideas para o parque Félix Rodríguez de la Fuente

ORDES Poden rexistrarse na casa consistorial ou a través da sede electrónica

Vista do parque Féliz Rodríguez de la Fuente, separado por unha rúa do Municipal

Reunión do alcalde con maiores

Page 13: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

ecOnOMíA

crónicas - Febreiro 2016 13

Galicia rematou o ano 2015 con 9.132 explotacións gandeiras dedi-cadas á produción de leite, cando a principios de ano eran 9.606. No ano no que teoricamente desapare-ceu o sistema de cotas e se produciu unha gravísima crise de prezos, per-déronse 474 granxas galegas, a un ritmo de 1,3 diarias. Supoñen case o 69 % das 691 menos coas que acaba o exercicio no conxunto de España, a pesar de que en Galicia sitúanse arredor do 56 % das explotacións lei-teira.

Dito doutro xeito, a crise afecta dunha forma moito máis contun-dente en Galicia. E xa apareceron in-terpretacións, como as elaboradas pola COAG sobre a base de datos ofi -ciais, que apuntan a un despraza-mento da produción cara á área me-diterránea (Andalucía, Valencia ou Castela-A Mancha) en detrimento dos produtores tradicionais como Galicia, Cantabria, Euskadi ou Astu-rias.

As zonas do leste español están incrementando a súa produción en cotas que superan o 10 %, mentres que no noroeste o incremento queda en cifras próximas ao 5 %. Sempre segundo datos do Fondo Español de Garantí a Agraria, en 2015 a produ-ción de toda España chegou a 6,793 millóns de toneladas, cando en 2014 foran 6,651 millóns de toneladas. Deste xeito, a media española de in-cremento foi do 2,1 %.

PREZOS EN MÍNIMOSCoa produción en alza, os pre-

zos mantéñense en mínimos históri-cos. E en Galicia peor que en ningún outro lugar de España. En decem-bro, a últi ma liquidación da que hai datos, fi caron en 0,288 euros por li-tro de leite. Son 2,2 cénti mos menos que a media española, de 0,31 eu-

ros. Lonxe en todo caso dos 0,34 eu-ros nos que se sitúa o limiar da rendi-bilidade, o punto no que os produto-res cobren custos de produción e po-den empezar a gañar algo de diñeiro co seu traballo, sen ter que acudir a outras acti vidades, pensións familia-res e outras fontes de ingresos para sobrevivir.

CONFLICTOS CON CELTA E CON LACTALISUn exemplo de supervivencia

practi camente imposible é o que vi-ven nas últi mas semanas as arredor de cincuenta granxas integradas na Cooperati va de Guiti riz (Codegui), deste e doutros municipios da súa zona, ás que Leche Celta lles cesou a recollida a comezos de febreiro. A pesar de que intentaron buscar ou-tros compradores, a única alterna-ti va inicial e provisional que lles que-dou foi vender o leite a Asturias para transformalo en leite en po, a uns mi-serables 0,18 euros por litro.

A conselleira do Medio Rural,

Ánxeles Vázquez, que anunciou a xesti ón de solucións, acusou á em-presa de incumprir o acordo no que se comprometí a a recoller un volume concreto de leite e precisou que non é o mesmo que deixase de recoller excedentes sobre esa canti dade que cesar totalmente a recollida.

De todas as maneiras, esta situa-ción non é máis que unha mostra do fracaso do acordo asinado en setem-bro entre a industria, a distribución e unha parte residual dos represen-tantes dos Gandeiros. Serviu para poñerlle fi n ás protestas dos Gandei-ros pero non para recuperar os pre-zos. A propia conselleira recoñeceu que “está tardando tempo en cum-prirse” e emprazou ao Ministerio de Agricultura a traballar para obrigar o seu cumprimento.

A situación provisional do go-berno central non axuda en nada a dar algún paso efi caz. Non obstante, a fi nais de xaneiro homologou o con-trato-ti po de subministración de leite e está pendente o decreto de cesión

de prezos, co que se coñecerían as marxes coas que traballan a indus-tria e a distribución.

Así as cousas, son as protes-tas dos Gandeiros as que están ser-vindo para conseguir os maiores re-sultados. Sucedeu cos bloqueos a grandes superfi cies de distribución de fi nais de 2015 e volveuse eviden-ciar no confl icto de Lactalis. O anun-cio de accións de boicot á empresa e ás súas marcas fi xo que a láctea fi -nalmente accedese a trasladarlle aos Gandeiros os dous cénti mos por li-tro nos que subiron os seus produtos para o consumidor fi nal, que esta in-dustria ingresaba e que non benefi -ciaban ao produtor, como era o pro-pósito inicial da suba.

LEITE Os prezos remataron o ano cinco céntimos por litro menos que en 2014

Galicia perdeu 474 explotacións leiteiras en 2015, o 69 % de españa

Protesta dos Gandeiros ante as instalacións da empresa Lactalis en Vilalba (Lugo)

GaliciaAndalucía AragónAsturiasBalearesCanariasCantabriaCastela-A ManchaCastela e LeónCataluñaExtremaduraMadridMurciaNavarraEuskadiA RioxaValencia

ESPAÑA

PREZOS DO LEITE DECEMBRO / NOVEMBRO

(euros/litro)0,2880,3430,3210,3250,3310,4500,3030,3260,3170,3230,3260,3220,3090,3240,3430,3290,322

0,310

0,2870,3440,3190,3240,3310,4520,3020,3220,3160,3320,3250,3210,3090,3240,3430,3330,321

0,310

ÚLTIMOS ANOS MEDIA ESPAÑOLA

2012201320142015

0,3180,3530,3620,310

Fonte: FEGA (02-02-2016)

Galicia decembroEspaña decembro

219.709 tn579.079 tn

PRODUCIÓN

solu

ción

s in

form

átic

assolucións inform

áticas

Asesoramento Técnico

Solucións Empresariais á medida

Servizo de Asistencia Técnica

Mantementos Integrais (Hard/Soft)

Solucións de Seguridade

Reparación de Smartphones e Tablets

Redes e Conectividade

Venda de Ordenadores e Periféricos

Software de Xestión Comercial

Rúa da Canteira, 16 - 15680 ORDES (A Coruña)Telf: 981 697 855 / Móvil: 609 377 922

Fax: 981 97 35 62 / [email protected]

Page 14: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

14

ecOnOMíA

crónicas - Febreiro 2016

ORDES A empresa está sendo investigada por un posible delito laboral

deus, sometida a unha inspección laboral tutelada pola Garda civil

En Deus non gañan para sobresal-tos. A empresa téxtil ordense, en con-tinua controversia nos últimos me-ses polas dificultades para manter ao día as nóminas dos seus traballado-res, foi obxecto dunha inspección la-boral a comezos de febreiro. O grupo de inspectores tivo que ir acompa-ñado por varios efectivos da Garda Civil, segundo trascendeu porque va-rios días antes non se lle permitira ac-ceder ás instalacións da compañía no polígono de Merelle.

Baixo a vixilancia do corpo de se-guridade público, tanto no exterior como no interior da factoría, os ins-pectores consultaron individual-mente con cada traballadora e rexis-traron tamén documentación e equi-pos informáticos.

Segundo fontes relacionadas co persoal da empresa, trataron de comprobar se todas as persoas que estaban traballando tiñan contrato e se o seu horario real de traballo se axustaba ao establecido nos contra-tos. Co resultado das investigacións, determinarán se na empresa, cunha

parte da súa produción para a marca Massimo Dutti do grupo Inditex, se está vulnerando a lexislación laboral e mesmo se os incumprimentos po-den constituír algún tipo de delito.

A compañía, que nas súas distin-tas denominacións societarias acu-mula unha débeda de varios millóns

de euros con Hacienda e como tales figuran no rexistro de morosos feito público hai uns meses, lograra po-ñer practicamente ao día as súas nó-minas a finais de 2015. Pero a come-zos de febreiro xa volvía deber as pa-gas correspondentes a decembro, incluída a extra, xaneiro e tamén ho-ras extra de 2015, segundo explican desde o ámbito do persoal. Uns días despois, a xefatura da empresa ofre-ceu explicacións sobre as novas de-moras, pouco convincentes a xuízo das mesmas fontes.

Dérase a circunstancia de que a finais do pasado ano Confecciones Deus salientaba a Crónicas a súa von-tade de superar eses desaxustes, o seu “compromiso” co persoal e o en-tón recente pago de nóminas que tiña pendentes practicamente desde o verán. Do mesmo xeito, anunciaba un plan de consolidación e expan-sión para garantir o futuro e a viabi-lidade da compañía. A investigación sobre presuntos delitos laborais e as dificultades fiscais condicionan tal in-tención.

A empresa radícase en Merelle

A Deputación sitúa o emprendemento como un dos eixos do seu novo plan de emprego

EMPRENDEMENTO

O próximo plan de emprego da Deputación da Coruña terá o apoio ao emprendemento como un dos seus eixos principais. Así o puxo de manifesto o presidente da entidade provincial, o socia-lista Valentín González Formoso, durante a inauguración dun curso para uns setenta novos empren-dedores.

Formoso detallou que o plan multiplicará “por seis” os recur-sos que a Deputación dedicaba ata agora á área de emprego. E adiantou que o apoio ás novas iniciativas empresariais e de au-toemprego centrarase en “aseso-rar e titorizar os proxectos, non só subvencionalos, porque os cartos públicos deben servir para cum-prir un obxectivo e a Deputación debe servir de palanca, non de freo”, segundo defendeu.

Para o presidente provincial, os emprendedores e as empren-dedoras “son o futuro económico do continente”, polo que apoia-los contribuirá a “devolver Europa á senda da recuperación econó-mica”.

González Formoso incidiu en que a provincia coruñesa tivo un forte espírito emprendedor, con empresas que comezaron de ma-neira moi modesta e hoxe son lí-deres nos seus sectores e che-gan coa súa actividade a todo o mundo. O presidente da Deputa-ción sostén que esa mentalidade segue viva, algo que percibe nas visitas que xa leva realizado a po-lígonos industriais, pequenas em-presas, granxas...

O curso que acolleu a entidade provincial contou coa participa-ción de diferentes expertos rela-cionados co mundo do emprende-mento, da administración local e da empresa privada, con empren-dedores que relataron as súas ex-periencias, e representantes de entidades empresariais e financei-ras que deron conta dos recursos económicos existentes para crear proxectos empresariais nos con-cellos da provincia.

Inauguración dun curso da Startup Europe Week na Deputación

Se durante os últimos meses as distintas formacións políticas gar-daron silencio sobre o conflicto que se vive en Deus, nesta ocasión o al-calde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo (PP), si se pronunciou. Sen facer mención expresa a ningunha compañía, pero aludindo ás “pro-blemáticas de importantes firmas locais”, o rexedor fala de “aspectos

e xestións de índole privada polas que non se deben calificar nin ava-liar todo un colectivo”.

O primeiro edil ordense atribúe a situación ao “cambio de estra-texias dos grandes grupos que lide-ran o sector, que apostan máis polo prezo que pola calidade”, o que fai que trasladen a produción a países coa man de obra máis barata e con

peores condicións de seguridade la-boral.

O goberno municipal considera necesario “un plan estratéxico glo-bal para recuperar o posiciona-mento do sector téxtil de Ordes”, para o que demanda o apoio da Xunta. Martínez Sanjurjo destaca que o nome de Ordes no ámbito téxtil está asociado, segundo el, á calidade, á man de obra experimen-tada e a empresas que efectuaron importantes investimentos en ma-quinaria e infraestruturas.

O alcalde di que son “aspectos e xestións de índole privada” que non representan o conxunto do sector

Os produtos locais, en Xantar

Produtos como o lacón con grelos, o queique, o champiñón ou o queixo recheo de marmelo formaron parte do expositor co que, baixo o paraugas da Deputa-ción da Coruña, contou o Concello de Ordes no salón gastronómico Xantar, en Ourense. A cita serviu para promocionar festas como a do lacón con grelos, a do champi-ñón, ou a feira de cans de caza.

ORDES

Os concelleiros José Manuel Mira e José Manuel Rodríguez, no salón Xantar

Page 15: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

PuBlicidAde

crónicas - Febreiro 2016 15

II Feira de Oportunidades

Praza de Abastos1º Andar

2016

ORDESconcello de

Page 16: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

16

ecOnOMíA

crónicas - Febreiro 2016

NOVA ECONOMÍA Procuran aumentar o tecido empresarial con trazos éticos

un encontro promoveu en Ordes iniciativas de economía alternativa e solidaria

A Praza de Abastos de Ordes aco-lleu a primeira edición do Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, baixo o lema ‘Intercoope-rar!’. Esta xuntanza tivo como obxec-tivo darlles visibilidade e coñecer di-rectamente as persoas que forman parte do sector, creando ou revitali-zando espazos de intercooperación.

Mesas informativas, pequenos relatorios das persoas participan-

tes inscritas, ou mesas de traballo de mercado social foron algunhas das actividades e contidos programados. Para o remate, o punto festivo púxoo o grupo musical ‘La brizna de paja’.

O encontro resultou, por tanto, de interese para todas as entidades da chamada economía social, alterna-tiva e solidaria de Galicia, tanto para dar a coñecer o seu propio traba-llo como para informarse do que xa

se está facendo ou do que se planea neste ámbito na contorna.

A iniciativa foi organizada pola Rede de Economía Alternativa e So-lidaria (REAS) en Galicia, que forma parte dunha rede de ámbito espa-ñol conformada por unas cincocen-tas entidades que procuran desde hai máis de dúas décadas un novo mo-delo económico, con fundamentos éticos e solidarios.

INDUSTRIA A metalúrxica SteelCore en Ordes e a enxeñeira Strong Bull de Trazo

novas tecnoloxías e proxección de mercado para dúas empresas da zona

Unha empresa de fabricación me-talúrxica que incorpora novas tecno-loxías e unha de deseño e fabricación de maquinaria especializada que ex-plora novos mercados. Son dúas das grandes novidades en positivo que se coñeceron no sector económico da comarca nas últimas semanas.

A metalúrxica é SteelCore, con orixe en Mesía e instalacións tamén en Ordes. A empresa incorporou re-centemente unha cortadora láser de alta tecnoloxía, coa que reduce o consumo eléctrico o gaña en cali-dade e precisión de acabado nos pro-dutos que lles ofrece aos seus clien-tes. SteelCore está dedicada a fabri-car mobles e complementos metáli-cos, principalmente para tendas de moda e establecementos hostalei-ros, así como pezas para ascensores e equipos de elevación.

Strong Bull, radicada en Chaián (Trazo), é a firma especializada en deseño e fabricación de maquinaria específica para a elaboración de alu-minio, PVC, composite ou madeira. A empresa comezou a exportar en 2005 e os mercados externos repre-sentan agora o 50 % da súa factura-ción, con vendas na área da Unión Europea, e en Brasil, Colombia, Mé-xico, Ecuador, Marrocos, Alxeria, Se-negal ou Nova Zelanda.

APOIADAS POLO IGAPE As dúas compañías recibiron días

atrás a visita de Javier Aguilera, direc-tor do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), entidade que apoiou as súas iniciativas a través dos seus programas.

No caso de SteelCore, recibiu apoio para incorporar a nova má-quina no marco da Axenda da Com-petitividade Galicia-Industria 4.0. O

representante do organismo autonó-mico aproveitou para repasar algúns dos programas para investimentos e emprendedores que teñen en mar-cha, así como o concurso de ideas

para proxectos de fábrica intelixente. Strong Bull, pola súa parte, apoiouse no programa Foexga para iniciar e re-forzar a súa presenza nos mercados de exportación.

Visita do responsable do IGAPE ás instalacións da empresa SteelCore

A Mancomunidade quere contratar un xestor de ofertas e demandas de emprego

COMARCA

A Mancomunidade de Ordes solicitou unha axuda autonómica duns 26.000 euros para contra-tar por un ano o que denomina un prospector de emprego. Tra-taríase dunha persoa que efec-tuaría tarefas de información so-bre o mercado de traballo e as ofertas de emprego, sobre políti-cas de emprego e sobre os incen-tivos e medios existentes para po-ñer en marcha iniciativas empren-dedoras.

Segundo a entidade supramu-nicipal, esta figura informará e xes-tionará as ofertas axeitadas para os usuarios do servizo e servirá de enlace entre empresas e axentes do mercado de traballo para in-formar sobre iniciativas que faci-liten a inserción laboral, observar as necesidades das empresas e ca-sar ofertas e demandas.

O novo profesional, no caso de ser contratado, sumarase ás figu-ras de axente e de orientador da emprego que xa ten a Mancomu-nidade.

A segunda Feira de Oportunidades de Ordes celébrase desde o 4 ata o 6 de marzo

COMERCIO

A segunda edición da Feira de Oportunidades de Ordes está pro-gramada para os días 4, 5 e 6 de marzo no primeiro andar da Praza de Abastos.

Esta cita contará cun máximo de trece participantes. Os esta-blecementos interesados en acu-dir coas súas mercadorías, que de-ben ser negocios abertos no mu-nicipio, teñen ata este 29 de fe-breiro para presentar a solicitude de espazo. Os postos concédense por orde de inscrición.

Algúns dos produtos aos que poderán acceder os consumidores serán o calzado, a moda, a bixu-tería, agasallos ou artesanía, se-gundo estima o Concello. A Feira de Oportunidades resulta útil para que os establecementos partici-pantes se desfagan de existencias de fin de tempada. Para os clien-tes, a principal vantaxe é que po-den aproveitar os importantes descontos da liquidación para ad-quirir produtos coa calidade habi-tual.

Javier Aguilera (esquerda), co responsable da compañía Strong Bull, de Trazo

Page 17: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

Xente de Aquí

crónicas - Febreiro 2016 17

A Banda de Música inicia este 25 de febreiro os eventos de celebración do seu 25º aniversario

ORDES

A Banda de Música de Ordes ce-lebra este ano o seu vixésimo quinto aniversario. Para iso, programou unha serie de eventos que come-zan este mesmo 25 de febreiro. Será unha actuación conxunta co trío ‘Va-amonde, Lamas e Romero’, coa que a boa música estará combinada co hu-mor.

Máis adiante desenvolverase un enfoque máis tradicional da música de banda, con ‘A tres bandas’, e ou-tro fundamentado para o lecer da infancia e as familias con ‘Teatro de banda’. A intención da formación musical é conmemorar a efeméride con toda a veciñanza de Ordes e da contorna.

Ademais destas diversas actua-cións que lembran a estrea en pú-blico da Banda de Ordes o 26 de xu-llo de 1991, teñen previsto gravar un cedé conmemorativo dos 25 anos en conxunto con agrupacións musicais e culturais da comarca como corais, formacións folclóricas e outras enti-dades que traballan no ámbito cultu-ral e concretamente no musical.

‘Historias da maletra’ con Raquel Queizás para os nenos e nenas

‘Historias da maletra’, da con-tacontos ourensá Raquel Queizás, foi a recente proposta das ‘Tar-des de contos e lendas’ da biblio-teca de Ordes. A función, para un público infantil e familiar, tivo en-trada libre e de balde.

Queizás, unha das narradoras de referencia do panorama escé-nico galego, vai relatando neste

espectáculo contos que falan de xente de moitos países, de xente diferente, pero non porque veñan dun país afastado, senón porque teñen algo que os fai un pouco dis-tintos aos demais.

A intención é que os cativos perciban que cada persoa ten unha forma de ser, que a fai dis-tinta pero non mellor nin peor.

A representación levou varias decenas de nenos e nenas á biblioteca ordense

ORDESA biblioteca pública municipal rematou 2015 cun incremento de case 200 socios activos

ORDES

A biblioteca pública municipal de Ordes acadou en 2015 un total de 2.197 socios, o que supuxo un incre-mento de 180 con respecto ao ano previo 2014. Así se recolle no ba-lance presentado, referido a persoas que de maneira habitual utilizan as instalacións e o servizo de préstamo de libros e demais material do cen-tro.

Desde o Concello aseguran ade-mais que o número de rexistros bi-bliográficos se incrementou tamén no ano pasado, desde os 16.872 ata os 17.378. E tamén destacan o posi-cionamento da biblioteca en canto a número de consultas dos centros pertencentes á Rede de Bibliotecas de Galicia. Estaría na vixésima posi-ción dun total de 400 centros, con máis de 122.000 consultas á web, case 64.000 ao catálogo e unhas 55.000 visualizacións.

De maneira presencial, no centro contan máis de 24.000 consultas rea-lizadas durante o ano pasado, ao que habería que engadir unhas 800 de tipo telefónico.

de Ordes ata a estratosfera, o venres 20 de maioORDES Preparan o lanzamento da sonda MarumaSat no IES Maruxa Mallo

20 de maio. É o día fixado para o lanzamento dunha sonda estratosfé-rica desde Ordes. Do proxecto encár-gase o alumnado de terceiro curso da ESO do IES Maruxa Mallo, que le-van tempo traballando no deseño, construción e lanzamento do apa-rato, bautizado como MaruMaSat. A sonda situarase a uns 35.000 metros de altura e recollerá información so-bre a atmosfera e o espazo.

Como paso previo e co apoio dos compañeiros de primeiro curso, os

estudantes instalaron unha caseta tecnolóxica para recoller datos at-mosféricos

O proxecto “Cos pés no chan e os ollos nas estrelas” ten un alto com-poñente divulgativo. De feito, teñen previsto emitir o lanzamento por in-ternet. De momento, todas as novi-dades poden seguirse nas redes so-ciais facebook (Maruma Sat), twitter (@marumasat) ou instagram (@ma-rumasat). Tamén manteñen o blog marumasat.blogs.sapo.pt e publica-

ron un vídeo promocional e de pre-sentación en youtube. E para escri-birlles, o enderezo electrónico [email protected].

AGRADECEMENTOS A iniciativa é posible co financia-

mento do comercio local, diversos particulares e do Concello. O alum-nado, os docentes e a directiva do centro educativo agradeceron a cola-boración e axuda que obtiveron para a súa campaña.

Imaxe do vídeo promocional do lanzamento da sonda estratosférica

Page 18: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

18

Xente de Aquí

crónicas - Febreiro 2016

- En que consiste o manexo dunha res? Que tarefas inclúe?

- O principal é que o animal se vexa o mellor posible, tes que tratar de lucir con el sobre todo para cha-mar a atención do xuíz ou dun posi-ble comprador entre os outros gan-deiros e o público. É moi importante saber cales son os seus defectos, xa que moitos non se conseguen disi-mular só co gran traballo que fan os preparadores profesionais, e intentar disimulalos para que se noten o me-nos posible. Todo o contrario é o que se ten que facer coas grandes virtu-des que pode ter cada animal, tra-tando de destacalas ao máximo.

A colocación da cabeza da xata ou da vaca é un dos puntos clave pois debe ir nunha posición natural para evitar dar unha mala imaxe. Moitos animais teñen pequenos problemas de mobilidade, uns son mellores ca-miñando no ring e outros peores. Ese é outro dos traballos dun bo manexa-dor, canto máis profesional sexas me-llor disimularás o mal camiñar do animal. A túa expresión e a túa po-sición tamén des-tacan o moito ou pouco profesional que es xa que hai que recordar que é un concurso de gando e o que se trata é de presen-tar o teu animal do mellor modo po-sible.

- O premio no Dairy Show de Ve-rona non é, por suposto, o teu pri-meiro premio relevante. Poderías facernos un repaso polo máis desta-cado do teu palmarés?

- Como manexadora a nivel ga-lego non recordo exactamente can-tos concursos levo gañados. Proba-blemente son máis de seis dende

que gañei por primeira vez no 2006. O campionato nacional de España ga-ñeino nos anos 2012, 2014 e 2015. Gañei algunha das escolas realizadas para xóvenes preparados tanto a ni-vel galego como a nivel español, pero o maior premio ata agora é o máis re-cente de júnior champion en Verona.

Cos animais da nosa granxa non temos ningún concurso europeo, pero si a gran campioa de xatas e xo-vencas Gandagro 2014 e a gran cam-poioa nacional do 2015.

- Desde cando e como aprendi-ches? Supón moitas horas de prepa-ración?

- Supoño que aprendín dende que nacín. Non hai un día marcado, re-cordo as vacas de toda a vida, aínda que probablemente me fixera máis

profesional estes dous ou tres úl-timos anos me-llorando pouco a pouco.

Aprendín gra-cias a miñas ir-más, ás que ta-

mén lles encanta este mundo e fóronme ensinando pouco a pouco, en escolas que se celebran para quen queira aprender a preparar animais para concursos... Pero se de verdade queres ser profesional e mellorar tes que aprender un pouco de todos os bos, ver como o fai outra xente e que-darte co mellor de cada un.

Creo que o mellor para aprender neste mundiño é viaxando, vendo

grandes concursos e grandes gandei-ros, vendo o seu traballo e o seu es-forzo e intentar como mínimo apren-der deles pero desde logo non é un traballo da noite para a mañán. As grandes granxas son cousa de xera-cións ou noutros casos de moitos, moitos cartos.

- Resulta unha actividade peri-gosa?

- Non. A min gústame o que fago e está claro que non lle teño medo. Pero pódese dicir que todo ten o seu risco neste mundo.

- Que se valora nos concursos? En que poñen o ollo os xuíces?

- Valórase ata o máis mínimo de-talle, dende o desenvolvemento nas xatas máis pequenas ata a capaci-dade corporal que debe ter unha boa novilla. Dáselle gran importancia ás patas, a podoloxía antes dun con-curso é moi importante pero pode-mos dicir que hoxe en día contamos con grandes profesionais.

Tamén que os animais estean ben lavados, que se vexa o branco com-pletamente branco coas colas ben cardadas dá moi boa imaxe. Pero qui-zais unha das cousas máis importan-tes é a condición corporal na que es-tea o animal, á fin e ao cabo busca-mos atopar a máis guapa.

Nas vacas de leite está claro que o máis importante é o ubre... Pero como todo isto vai por modas e gus-tos uns buscan vacas pequenas con bos ubres e outros vacas grandes, como di o refrán: “cabalo grande

ande ou non ande”. As últimas ten-dencias son as vacas medianas, co-rrectas de todo, harmoniosas aínda que non destaquen en grandes par-tes.

- En que destacas, en que lles sa-cas vantaxe aos teus rivais nos cer-tames?

- Non é sacar vantaxes, quizais sexa ese día ou que lle gusta o teu modo de manexar a ese xuíz. Pero ninguén che asegura que a xata non se asuste por calquera cousa e che estropee o concurso, ou que non lle gustes ao xuíz, é demasiado relativo. Aínda que creo que pouca xente o vive coma min, que non a todos lles apaixoa coma min, que non a to-dos lles encanta o que me encanta a min... Eu disfruto e é o meu mo-mento de gloria.

- Imaxinamos que é fundamental transmitirlle tranquilidade ao ani-mal. Como se logra iso no contexto do concurso, con público, ruídos…?

- Co meu carácter e os meus ner-vios non son a máis indicada para fa-lar de tranquilidade. Hai que ter en conta que os animais deben estar moi domados da casa, co paso como o que van ter na pista e ser tranqui-los. E iso só se logra con moitas horas de traballo na casa.

No concurso hai máis animais e iso dálles tranquilidade, si é verdade que a xente ás veces non axuda. Unha vez na pista xa está nas túas mans. Un bo manexador debe con-trolar en todo momento o animal,

Cristina Carro Iglesias, na imaxe recollendo o Gran Premio de España de xovencas, obtivo en Italia o seu maior galardón ata agora

“Aprendín o manexo desde que nacín, aínda que

nestes tres últimos anos fíxenme máis profesional”

Cristina Carro, de Mesía, acaba de obter o primeiro premio no Dairy Show de Verona (Italia). O evento é unha das máximas re-ferencias mundiais nos certames de manexo de gando. Aos seus dezasete anos, é unha grande ex-perta nesta materia. Nesta entrevista en Crónicas, explica a dinámica destes certames e reflexiona ta-mén sobre a crise do sec-tor leiteiro.

ENTREVISTA Cristina Carro Iglesias, de Mesía, a mellor manexadora de gando da comarca e parte do mundo

“As grandes granxas son cousa de xeracións, ou de moitos, moitos cartos”

Page 19: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

Xente de Aquí

crónicas - Febreiro 2016 19

“As grandes granxas son cousa de xeracións, ou de moitos, moitos cartos”polo que imaxino que cada un terá o seu truco. Creo que con iso nácese, non é como aprender a sumar ou res-tar, é algo que sae de ti, e canto máis che guste mellor o farás.

- O manexo é unha cuestión esté-tica, de espectáculo incluso, ou ten tamén unha utilidade no día a día da explotación?

- Nos concursos búscase a vaca ideal, deseñada para ser a vaca per-fecta. É dicir, o mínimo de enfermi-dades, o mínimo de problemas e o máximo rendemento na granxa. Moita xente non o entende pero ese é o prototipo de vaca cara o que avanzan as melloras na xenética da holstein. Unha vaca con boas patas daráche moitos menos problemas de podoloxía que unha vaca con ma-las patas. Unha vaca cun bo ubre será moito máis doada de muxir. Unha vaca cunha gran capacidade comerá máis e será máis forte. Polo tanto menos enfermidades e máis leite, polo que si ten utilidade na explota-ción.

En canto ao tema de espectáculo depende que concurso miremos. Se falamos de rexionais como o de Ga-liza ou outros de España, non son grandes espectáculos, pero se fala-mos de concursos como a Swiss Expo estamos a falar de palabras maiores. Aí van animais incribles e é un espec-táculo impresionante. Eu debo reco-ñecer que me quedei coa boca aberta do espectáculo que fan no concurso, pero como ese o Royal ou o WDE. Es-tes celébranse en Canadá e América e como é de esperar son dous gran-des espectáculos.

Pero debemos pensar que unha vez que sacas os teus animais a un show o que buscas é a venda de ani-mais ou embrións a xente que se de-dica a isto. Non só busca a venda de leite, a venda de animais pode traer moitos cartos e é un bo negocio. É

normal que se fagan grandes espec-táculos, se intentas vender un dia-mante non o fas de calquera modo e cada unha das vacas é un diamante, toda unha vida de traballo para cada propietario.

- Cal é o teu próximo concurso? Hai un calendario moi intenso?

- O próximo é agora en abril e ha-berá algún máis este ano. A verdade é que en España pode haber arredor duns dez ao ano ou incluso máis. A nivel mundial non estou moi segura pero pódome atrever a dicir que de media hai un cada semana. Hai meses en que non hai tantos, pero hai épocas como na primavera ou no outono nas que hai moitos.

- Polo que observas, que tal se manexan os gandeiros da zona co seu gando? Cal sería o principal con-sello que lles darías? Que problemas poden evitar?

- Na miña zona manéxanse ben porque é unha zona de gandeiros profesionais. O principal consello é difícil dicilo, pero creo que o tema das forraxes de mellores calidades e en maiores cantidades para poder afrontar os tempos difíciles que nos está a impoñer o libre mercado sería un bo consello.

Pódense evitar moitos proble-mas, dende os sanitarios en campa-ñas oficiais para non ter transmisión, e a maiores problemas de podoloxía, problemas post-parto, problemas de mamite, problemas de estrés que afecta gravemente as produccións porque as vacas son animais que se estresan de xeito moi doado...

- Ata onde sabemos, a granxa da túa familia é unha das referencias na comarca, por dimensión, innovación tecnolóxica… Como estades vivindo

a crise no sector leiteiro, que xa dura anos pero que nos últimos meses se agravou ata o extremo?

- Estamos a vivila mal, moi mal, porque de nada vale ter unha granxa moi moderna, moi saneada, cun bo manexo e con produtos de sanidade, se logo non cho teñen en conta cando os tes que sacar ao mercado. Porque todo iso ten uns custos e queda moi bonito para quen visita e quen ve da-tos, pero moi mal para o gandeiro que non lle quedan cartos. E iso non

está recoñecido nin pola adminis-tración nin po-las industrias nin pola distribución, e moi pouco polo consumidor que non esixe produ-

tos de calidade e que marquen unha orixe.

- A quen cres que cabe culpar? Que solucións ves para o problema dos prezos?

- Creo que se debe culpar a toda a cadea do sector, dende os produc-tores a distribución pasando pola in-dustria, pero con máis fincapé na ad-ministración e unha pequena parte o consumidor.

Este último creo que é o que me-nos culpa ten. Como dixen antes, de-bería esixir calidade no produto e sa-ber de onde vén. A miúdo escóitase dicir que o leite de agora non é coma o de antes, pero logo cando estás na caixa do súper o que ves saír son ca-rros con bricks de marcas que ou non se coñecen ou que moito deixan que desexar á hora de ver que o que le-ven dentro se pareza ao que pon por fóra: leite.

Á distribución, por mirar só a súa conta de resultados, impórtarlle moi pouco o que é o país e o seu tecido produtivo. E a industria, pola súa falta de realmente ser industria e non mo-

nicreques da distribución, non está ao lado do gandeiro e flaquea diante da distribución.

Da administración poderíanse di-cir moitas cousas, pero ímolo deixar en dúas. Unha é que non sabe que sector produtor quere, déixao ao “sálvese quen poida”. E outra é que non é capaz de aplicar nin os acordos que ela mesma asina solemnemente, os que ela mesma chama acordos históricos.

Os produtores, despois de todas as reformas que sufrimos e as adap-tacións que tivemos que facer, e co nivel de profesionalidade que temos hoxe en día, penso que a nosa culpa é ir máis avanzados do que vai o mo-mento.

O problema dos prezos non ten doada solución pero se o problema dos prezos é o sobrepaso terán que regulala, vía cotas ou vía prezos (re-ducir a produción e aumentar os pre-zos) porque unha empresa como é unha gandeiría necesita un diñeiro a fin de mes. E ese diñeiro ten que en-trar porque os pagos hai que facelos e os animais non son máquinas para apagar, consumen todos os días.

- Que pode facer unha granxa para rendibilizar máis o negocio?

- Ser eficiente en todos os seus apartados, como son a alimentación, o manexo, a reprodución, o control sanitario, ou a produción de forraxes. Porque no que se refire á venda do seu produto xa non pode negociar, vén imposto e estamos a falar dun produto que non se pode almacenar na explotación.

- Queres dedicarte profesional-mente á gandería? Es optimista?

- Si, claro que quero dedicarme profesionalmente a gandería e de momento si que teño optimismo. Eu sigo pensando o que pensan os ante-riores a min: que isto algún día terá que cambiar.

“A culpa do prezo do leite é de toda a cadea, con máis fincapé na administración e

menos no consumidor”

Cristina Carro Iglesias, de Mesía, a mellor manexadora de gando da comarca e parte do mundo ENTREVISTA

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Page 20: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

20

Xente de Aquí

crónicas - Febreiro 2016

Diego Conde, veciño de Oroso, biógrafo de Juan Rof Codina

Diego Conde Gómez, ourensán e veciño de Sigüeiro (Oroso), pre-sentou o seu libro ‘Juan Rof Co-dina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea’, editado en Xerais en 2015.

A obra é unha completa e ri-gorosa biografía sobre o innova-dor veterinario que transformou en Galicia unha profesión de gran trascendencia, dada a relevancia da actividade gandeira no país.

O traballo, que evidencia as-pectos ata agora ocultos da fi-gura de Rof Codina (1874-1967), foi merecedor da segunda edición do premio Jesús García Calvo, con-vocado polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) e a Fundación Fei-raco para recoñecer investigacións que contribúan ao coñecemento e desenvolvemento do medio ru-ral e do cooperativismo en Galicia.

Conde é doutor en Veterinaria e membro colaborador do Grupo de Investigación de Historia Agra-ria e Política do Mundo Rural da

Universidade de Santiago, así como da Asociación Historia Vete-rinaria Galega (HISVEGA). En 2013, gañou o IX Premio de Ensaio “Ma-nuel Murguía” da Deputación da Coruña coa obra ‘Canto val unha vaca? Da cuestión agraria á cues-tión pecuaria en Galicia’.

OROSO

Diego Conde, no centro, durante a presentación do libro en Sigüeiro

Sesión maxistral de cociña no curso de habilidades sociais

Os usuarios e usuarias do curso de habilidades sociais que o Con-cello de Ordes imparte no Me-són do Vento tiveron unha clase maxistral de cociña da man do co-ciñeiro Tito Fernández Calvo, que no seu currículo ten unha man-chea de establecementos de con-siderable prestixio.

Seguindo as instruccións de Fernández, os asistentes ao curso de habilidades sociais elaboraron pasta fresca e ñoquis con queixo. Fernández Calvo amosouse moi satisfeito coa experiencia e ofre-ceuse a repetir a iniciativa en canto a súa axenda lle ofreza o tempo suficiente.

ORDES

A cita recadou uns 2.000 euros para a investigación da enfermidade

ORDES

Culmina o décimo curso de cociña das amas de casa

Recentemente rematou a dé-cima edición do curso de cociña organizado e xestionado pola Aso-ciación de Amas de Casa de Or-des, que se desenvolveu nas ins-talacións da Casa da Cultura.

As clases, que se impartiron en horario de tarde durante sete sá-

bados, estiveron a cargo do pro-fesor de cociña Jenaro Fieira. Por razóns de espazo, tiveron ocasión de participar ata quince persoas.

En cada clase o alumnado pre-parou un novo menú, postres in-cluídos, con variedade de propos-tas recollidas nun recetario.

No curso, impartido polo profesor Jenaro Fieira, participaron ata quince persoas

FRADES

Concepción Carneiro celebra o seu centésimo cumpreanos

Concepción Carneiro Cas-tro, veciña de Vilarello de Arriba (Moar, Frades), celebrou o seu centésimo cumpreanos o 12 de febreiro. O alcalde, Roberto Rey, acudiu ao seu domicilio acompa-ñado de varios edís para entregar-lle unha placa conmemorativa e un ramo de flores.

Ao día seguinte, sábado, ce-

lebrouse unha festa familiar. Car-neiro está viúva e ten sete fillos, doce netos e oito bisnetos. Man-tén unha boa saúde e só se ope-rou unha vez, de cataratas, mais a vista aínda lle permite ler sen moita dificultade e xogar ás car-tas. Camiña sen necesidade de bastón e non deixa de acudir as cortes para manter os animais.

Carneiro, a única centenaria do municipio, recibe a placa de mans do alcalde

Page 21: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

dePORteS

crónicas - Febreiro 2016 21

A escola municipal de ti ro con arco de Ordes logrou tres medallas de prata no III Trofeo Concello de Or-des desta especialidade. Foron para Alejandro Viqueira Iglesias na cate-goría infanti l masculina, para Carlos Sánchez Paz en novel masculino, e para Fáti ma Rodríguez Liste en senior feminina.

A competi ción desenvolveuse no

polideporti vo do Mesón do Vento e congregou oitenta deporti stas de to-das as idades, procedentes de enti -dades de Carral, Vimianzo, A Coruña, Guiti riz, Teo, A Laracha, Lugo, Boi-morto ou Betanzos, ademais do pro-pio Ordes.

O Club Adarve encargouse de marcar as directrices do campionato, que segundo o Concello rexistrou “a

maior afl uencia de público de todos os celebrados ata agora”.

O trofeo, seguido por un nume-roso público, ti vo categorías de es-quíos, benxamín, alevín, infanti l, ca-dete, novel e sénior. Por parte do Concello de Ordes, o concelleiro de Deportes e Mocidade, Luís Caamaño, foi quen se encargou de entregar os premios e medallas.

Por equipos, cabe destacar a pre-ponderancia do Dous por Setenta, do municipio coruñés de Vimianzo, posto que os seus ti radores acadaron trece das trinta e cinco medallas que se entregaron. Nas categorías benxa-mín, tanto masculina como feminina, o dominio desta enti dade foi abso-luto, facéndose cos tres postos do podio.

tres pratas ordenses no terceiro trofeo municipal TIRO CON ARCO Alejandro Viqueira Iglesias, Carlos Sánchez Paz e Fátima Rodríguez Liste

Representación local no III Trofeo Concello de Ordes de tiro con arco A competición desenvolveuse nas instalacións do pavillón do Mesón do Vento

Merendas e pulpeira todo o día

GPS: 43º 0´ 58´´ N - 8º 16´ 54 ´´ W

A.V.V.“Os Pasos”

Organiza:

Concello de Frades

Colabora:

A partir das 12:00 h: degustación gratuíta das tortillas de masa con torriscos, elaboradas alí mesmoÁs 13:30 h: actuación da CHARANGA MEKÁNIKAÁs 16:00 h: FOLIADA DA MERENDA con actuación de grupos folkA partir das 19:00 h: gran verbena a cargo das orquestras:

CARPAS CERRADAS

Page 22: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

22

dePORteS

crónicas - Febreiro 2016

O taekwondo da comarca sumou dous considerables éxitos en campio-natos galegos. Un veu unha vez máis da man da ordense Ainhoa Ramos Manteiga e outro por parte da orosá Sara Gacio Cendal. Nos dous casos foron medallas de prata.

Ramos Manteiga logrou o seu

subcampionato na categoría sub 21 na Coruña. O resultado garantiulle poder disputar as preseleccións para o Campionato de España sub 21, no que fora quinta o pasado ano.

Gacio Cendal foi subcampioa ga-lega en categoría cadete e modali-dade combate en Boiro Tamén logrou

a clasificación para as preseleccións da selección galega que acuda ao Campionato de España cadete 2016. Gacio gañou todos os seus combates con moita superioridade sobre as ri-vais, a non ser o da final, que foi moi axustado e recaeu na campioa de Es-paña cadete, Ana Dosil.

TAEKWONDO Lograron o acceso ás preseleccións para os campionatos españois

A ordense Ainhoa Ramos e a orosá Sara Gacio cendal, subcampioas galegas

Podio da competición na que participou Sara Gacio Cendal Ramos Manteiga coa súa medalla

Bronce para Núñez no Oporto International Karate Open

A cercedense Emma Núñez logrou a medalla de bronce no Oporto International Karate Open, ao que concorreron 1.123 depor-tistas de nove países.

Núñez competiu en categoría cadete, na modalidade de kata, e gañou por 5-0 todos os enfronta-mentos, a non ser contra a repre-sentante extremeña (1-4). Este é o

seu terceiro trofeo internacional en terras lusas, despois dun ouro en Monçao hai dúas tempadas e o bronce de hai unhas semanas en Vila das Neves.

Por outra parte, a karateca fíxose tamén co bronce no VII Tor-neo Internacional de Karate Fe-minino Teresa Herrera, no que foi convocada coa selección galega.

KARATE XADREZ

Martín Pena, medalla de bronce no galego de xadrez en Viveiro

Martín Pena Varela, do Club Xadrez Oroso, obtivo a medalla de bronce no Campionato Galego de Xadrez 2016 celebrado en Viveiro (Lugo) coa participación dos me-llores xogadores da categoría, ata o punto de que o podio non se de-cidiu ata a derradira ronda.

Martín fixo un fantástico cam-pionato, ao entender dos respon-

sables do club, que destacan que empatou a puntos co subcampión galego. Só perdeu a segunda das oito rondas disputadas, quizais por mor dun ambiente de xogo “alborotado” nese momento na sala, que lle impediu concentrarse o suficiente. Desde aí foi recupe-rando e mesmo empatou na par-tida fronte ao posterior campión.

Pena Varela, do Club Xadrez Oroso, suma outra medalla ao seu palmarésEmma Núñez (dereita), no podio do importante campionato portugués

As ordenses Antía Martínez e Lara López triunfan en salvamento

CAMPIONATO GALEGO

No Campionato Galego de Sal-vamento, a ordense Antía Martí-nez, do Club Salvamento Cerceda, proclamouse campioa galega nas probas de 50 e 100 metros, mane-quín aletas e arrastre manequín, ademais de acadar o recoñece-mento como mellor deportista in-fantil. Lara López, tamén de Ordes e do Club de Sada, proclamouse campioa galega na proba de 100 manequín aletas, e terceira nos 100 metros e combinadas.

Page 23: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

OPiniÓn

crónicas - Febreiro 2016 23

Os paxariños da Alameda

Azoradas estás as gaivotas despois de ver como entre elas aparece o tartarugo presumindo do que real-

mente é a súa extrema lenti tude. Onde diaños está o mérito?, pre-guntou unha. Tómanos por parvos, avisou outra. O que pasa é que non se dan conta de que o tartarugo procede pouco menos que dou-tro planeta, daquel ámbito que im-perou tanto tempo e no que nada, nada, nada se movía, porque non se necesitaba. Entón agora cada xesto, cada aceno, parece unha revolu-ción. Pero de aí a presumir, é moi certo que a ridiculez dá ata noxo.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Noutra onda, pero ao la-diño, o que queda ridículo non son estas exhibicións de falsos fi tos e farsas de

acontecementos extraordinarios. Non. Alí o que queda ridículo é a ocultación. Nunca tanta pluma gas-taron en tapar o niño. Algún orni-tólogo pensou que se trata dun há-bito da especie para preservar os ovos, pero despois ben viu que o efecto é o contrario porque tanta pluma de disfraz chama a atención dos depredadores. É así como se

Volvendo ao tartarugo, a pomba reparou en que a axuda para a que o marke-ti ng vende como ultrasó-

nica pericia vén agora da ave máis interesada en que os azetanets es-tean ben ordenadiños. No caso de que antes foran hixienizados, claro. Porque se aínda teñen restos da-quela merda xa se sabe que prefi re os documentos revoltos e as estan-cias perfumadas e sen airear.

descubriron algúns dos escándalos recentes. Algúns son de pouca en-vergadura, pero o interese por ne-galos fai que aparezan dúbidas so-bre o seu alcance. E outros si son desvaríos maiúsculos, que aínda van dar disgustos, portadas e pro-bas de pésima xesti ón.

Houbo chíos moi pruden-tes por ese campo, que aconsellaban ben e que te-rían permiti do a salvación

da especie. Pero tanto mirar para o embigo só xerou desconfi anza, rastreira a máis non poder, e ao fi -nal alí quedaron os que nin aconse-llan nin se deixan aconsellar. E pola ventá só se escoitan cantos para a desesperación, mal acompasados co bater das ás, todo cada vez máis feble. A propia caixa de resonancia do peteiro, estúpida a máis non po-der, perdeu a efecti vidade que se lle presupoñía. Nunca a ti vo.

A garza, que lle dedicou tempo estas semanas ás ondas gravitacionais, so-brevoa moito ulti mamente

un territorio no que todo parece sumido no peor dos marasmos. Os tempos volvéronse alí cíclicos, apá-ti cos, depresivos, carentes da máis mínima innovación. Tanto dá que haxa aves no niño como que se au-senten, os ciclos vitais preservan o seu carácter pendular. Inercia pura é o que queda, pero aínda cos voos máis altos e vigorosos non abonda. Que alguén rexistre o aviso.

O ventrílocuo desvaría. Xa hai tempo que o fai. Non pasaría nada se perdese a capacidade de dirixir o

discurso das súas aves, das pou-cas que lle quedan. Pero sucede que canto máis desvaría máis fi el-mente se trasladan as mensaxes. O resultado? Espectáculos innecesa-rios, paroxismos, burlas merecidas, propios e alleos desorientados... As máis contentas son as pitas de monte, que asisten estupefactas, entreti das e diverti das, á decaden-cia do ser. E aproveitan, si, para fa-cerse co terreo que quede libre. Todo a monte, pero labrar saben.

A verdade, que debe ser dita, é que tampouco que-daba xa moita extensión para culti var. Porque a polí-

ti ca de terra queimada non dá máis de si. E van tantas menti ras, algun-has repeti das ata a náusea, tantos espectáculos degradantes, tantos desterros e tantas pelexas, que o propio xardineiro, que nunca per-dera a esperanza, xa dá por perdida a planta e advirte de que a roseira non vai fl orecer máis, nin con ferti -lizantes nin con enxertos.

Estes días vivíronse por Ordes un par deses sucesos que lles fan a boca auga a eses directores sen escrúpulos de medios sen escrúpulos, que aínda quedan uns e outros. Son desas noti -cias que non dubidan en colocar ben na portada ou coas que encher páxi-nas, sen saber buscarlles outro perco-rrido que a mera recreación no anec-dotario dos feitos. “Eso vende”, xusti fi -can burlóns. “Nos evitamos problemas políti cos y entretenemos a la gente”, alardean con rotunda sinceridade, por certo.

Si. Frases deste esti lo e ben peo-res escoitáronse, ou polo menos pen-sáronse, estes días en redaccións alleas. Seguro que si. Non os vou cul-par desde aquí, cumpren unha fun-ción. Non vou restregarlles a maldita comodidade desde a que unha mi-noría de ineptos afunden a profesión desde postos de responsabilidade, es-tán ben vistos. Non vou poñerlles paus nas rodas coas que desprazan as súas insignifi cantes conciencias pola lama esvaradía da frivolidade, élles rendi-

ble. E non vou darlles leccións porque, modestamente, nin son quen de facelo nin creo que aprendesen nada.

Do que non desisto é de facer unha refl exión xeral a parti r do acontecido e do non acontecido. Se hai quen o quere ver demagóxico, que o vexa. Pero está feita desde a convicción do que me pa-rece necesario no contexto do que de-bería ser unha cidadanía madura.

Que lle ofreceu ‘a vida’ ao suposto agresor duns veciños en Vilamaior? Quiten o de ‘a vida’. De perdidos, á de-magoxia. Poñan ‘o sistema’. Ningunha insti tución pública coñecía o seu pro-blema social? Hai máis intervencións contra o alcoholismo que a edición dunhas pegati nas? Nalgún despacho saben o que probablemente leve pa-sado a familia? Que apoio ti vo? Can-tos funcionarios foron enviados a axu-darlle nos últi mos anos contra tal de-riva? Ben menos que axentes acudiron á detención.

Por suposto, non xusti fi co ningún comportamento violento nin poño en dúbida o bo proceder da Garda Civil,

que cumpriu profesionalmente co seu deber de garanti r a seguridade. Pero temos todos claro que o único que viu ‘o sistema’ neste cidadán foi a posibi-lidade de converter a súa desgracia, que é un pouco de todos e da que nin-guén está libre, nun circo co que dis-traer os demais? Ah, claro: “nos evita-mos problemas políti cos y entretene-mos a la gente...”. Esquecía as priori-dades...

Resulta atroz, repudiable e moi noxenta a retransmisión de morbo que, neste e en tantos casos, fi xo a televisión orto-nómica, sen perdón. Claro que hai uns feitos que contar. Claro que hai moitas formas de con-talos. Pero ante todo deben contarse desde o respecto, mantendo as formas e buscando as causas en vez de de-terse nos aspectos truculentos.

Aínda que só sexa porque se fai con cartos públicos, como cidadáns debe preocuparnos esta agresión moral te-levisada a todos nós. Destrúenos como persoas, reclúenos unicamente como protagonistas de ‘desgracias cómi-

cas’. Como moito, podemos aspirar a opinar da meteoroloxía. Non esperen velos en Vilamaior preguntando pola crise do leite, polo nivel das pensións, polos impagos de Deus ou polo plan urbanísti co. “No vende”.

E así un conti nuo peta-peta. Porque ao pouco tempo estas mesmas pezas do ‘sistema’, nada inxenuas, perpre-traron outra brutalidade semellante en Leira, como puido ser en Anxeriz. O primeiro que habería que avaliar neste suceso é como, por que e por culpa de quen trascendeu a identi dade da per-soa afectada e sobre todo unha imaxe do acontecido. Urxe que o Concello o aclare, posto que a todas luces foi to-mada por traballadores municipais que si deberían ter escrúpulos.

Porque dos de sempre, dos que non os teñen, non cabía agardar ou-tro comportamento. Con indisimulado ánimo burlesco, non ti veron reparo en facerse con declaracións do ‘seu’ pro-tagonista, sen preguntarse tampouco que lle ofreceu ‘a vida’ antes de caer nun lavadoiro. A quen lle importa?

Morbo televisado contra a cidadanía

Que uns trances non teñen que ver cos outros. Por su-posto. Pero a gaivota, que máis adiante pretende

voar ata a torre máis alta, aproveita toda ocasión para encargar que se limpen os expedientes. E neste caso máis, que xa se sabe o mal que pode cheirar o queixo podre.

O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO

Page 24: Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 19-02-2016. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

ÁLBUM Algunhas das imaxes máis significativas das celebracións do entroido nos municipios da contorna

O entroido non ten remate en toda a comarcaO mal tempo levou o gran concurso de disfraces de Ordes ao pavillón Castelao I. Su-perou os 2.500 espec-tadores e os 500 parti-cipantes, procedentes de diversos puntos da provincia. Repartíronse máis de 4.000 euros en premios. O entroido im-pregnou tamén as acti-vidades de conciliación e entretivo e animou os máis pequenos na tarde de entroidada do martes de entroido.

En Oroso, o concurso de disfraces congregou unhas 1.500 persoas no polideportivo de Sigüeiro. Con máis de 3.000 euros en premios, o certame tivo como principais gañadoras comparsas de Ordes e do propio Oroso. En Oroso desta-ca tamén o concurso de receitas ‘En galego sabe mellor’, que outorgou o primeiro premio a José Ramón Pulleiro cunhas filloas caramelizadas con queixo e marmelo.

No entroido de Frades, a Festa de Disfraces encheu o polideportivo da Pontecarreira, con participantes que che-garon de toda a contor-na. En Cerceda, unha das celebracións máis características é o en-troido veciñal, que este ano someteu a consulta popular a proclamación da independencia da Silva, con moita festa e retranca.

A Festa do Entroido de Mesía trasladouse este ano ao polideportivo municipal en Visantoña. Reservada para veciños e veciñas, con xogos e un desfile de disfraces non competitivo, reuniu unhas trescentas persoas.

En Trazo, é xa unha tradición a Festa da Corrida do Galo, na parroquia de Restande. Acudiron numerosos veciños, a unha celebración con disfraces, parodias, xogos, pulpeira e música.

Ademais da gran festa do martes de entroido no poli-deportivo municipal, en Tordoia destaca a celebración no Punto de Atención á Infancia, na que se disfrazaron cativos e proxenitores. Non faltaron os doces típicos.