Crónica rastro solidario
Transcript of Crónica rastro solidario
VIII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2016
Sabemos que é un enorme esforzo realizado durante semanas, pero está claro que
vale a pena. Van xa oito as edicións de Rastro Solidario efectuadas no CPI Virxe da Cela durante
os últimos anos, e nestas últimas combinándose a Operación Quilo. Con moita ilusión
alumnado e profesorado do centro visitaron o Rastro o pasado venres 18 de marzo de 2016,
facendo as compras dos obxectos alí expostos por medio de troco con alimentos. Unha boa
pila de caixas están agora esperando a ser levadas á Cociña Económica de Ferrol, ao igual que
unha significativa axuda en metálico de 159 euros recadada á base de donativos.
Queremos agradecer públicamente a colaboración da AMPA difundindo esta
actividade e destacando a presenza de pais e nais que axudaron durante toda a mañá a
organizar os alimentos en caixas e a facilitar as comparas dos mais pequenos (Jaime M.
Caamaño, María José Varela, Elena Sanjuán e Sandra).
Nesta xornada tan especial completamos o día con dous obradoiros de Comercio Xusto
e Consumo Responsable impartidos por Solidariedade Internacional Galicia, así como dun
programa radiofónico especial sobre o Rastro Solidario, dirixido por Lucía Abarrategui y Sergio
Pascual, a través do Laboratorio Radiofónico, e guiado polo alumnado de 4º e 5º de primaria.
Contamos tamén con importantes visitas, como de Beatriz Varela (Fundación Ayuda en
Acción), a nosa ben querida exalumna Anaís, que veu acompañada pola súa avoa. E, ao final do
día, deixáronse ver un grupiño de exalumnos/as que na actualidade están a cursar os seus
estudios nos institutos de Betanzos, que saudaron cariñosamente ao profesorado e
participaron incluso nos obradoiros que estaban a realizar o alumnado de 3º e 4º da ESO,
mentres os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO traballaban organizadamente para
desmantelar de novo o “chiringuito” e deixar os obxectos sobrantes en caixas esperando á
próxima edición do Rastro.