Crónica maios no cpi virxe da cela
Transcript of Crónica maios no cpi virxe da cela
![Page 1: Crónica maios no cpi virxe da cela](https://reader034.fdocuments.net/reader034/viewer/2022052218/55a48d5b1a28ab94288b45a7/html5/thumbnails/1.jpg)
MAIOS NO CPI VIRXE DA CELA
Pensabamos que non chegabamos, mais ao final conseguimos celebrar a xa
tradicional festa das flores o último venres do mes de maio. Ante un curso cunha
axenda demasiado apretada, este ano todo o mérito o teñen os rapaces e rapazas da
ESO do CPI Virxe da Cela, que apostaron por esta celebración que se vén
desenvolvendo no noso centro nos últimos anos, comprometéndose en cada grupo-
clase e deixando moito suor en cada un dos ensaios.
O resultado foi, coma sempre, lucido e espectacular… música, danza, moitas
flores e a certeza de que o verán e as ansiadas vacacións xa están á volta da esquina!!
A gala foi presentada por Rubén e Ainoa (5º primaria), que a pesares da falta de
megafonía dirixíronse ao público para presentar as actuacións. A primeira delas foi a
dos rapaces de 5º e 6º de primaria, que fixeron todo un acto de valentía saíndo ao
escenario a bailar unha coreografía tatareando timidamente a letra e a melodía da
canción, xa que coas presas e os problemas que entraña o “directo” non puideron
contar coa audición de fondo (desculpen todos e todas os problemas técnicos). Acto
seguido o alumnado de 4º da ESO interpretou unha muiñeira e unha xota con
pandeiretas e voces, para proseguir a gala coas exhibicións de danza de 2º da ESO
(Muiñeira de Chantada), 3º da ESO (danza de paus) e 4º da ESO (danza de fitas).
Se todos/as os que subiron ao escenario foron moi ben recibidos polo público,
o gran descubrimento deste festival foi o noso novo compañeiro de 4º da ESO, Ignacio,
quen gañou a simpatía e admiración dos alí presentes, especialmente dos profesores e
profesoras, polas súa fina psicomotricidade na execución de patróns rítmicos co
tamboril e a pandeireta. Xa sabes, Ignacio, este verán podes gañar uns cartiños “extra”
tocando nas alboradas das festas da parroquia!
![Page 2: Crónica maios no cpi virxe da cela](https://reader034.fdocuments.net/reader034/viewer/2022052218/55a48d5b1a28ab94288b45a7/html5/thumbnails/2.jpg)
![Page 3: Crónica maios no cpi virxe da cela](https://reader034.fdocuments.net/reader034/viewer/2022052218/55a48d5b1a28ab94288b45a7/html5/thumbnails/3.jpg)
![Page 4: Crónica maios no cpi virxe da cela](https://reader034.fdocuments.net/reader034/viewer/2022052218/55a48d5b1a28ab94288b45a7/html5/thumbnails/4.jpg)
![Page 5: Crónica maios no cpi virxe da cela](https://reader034.fdocuments.net/reader034/viewer/2022052218/55a48d5b1a28ab94288b45a7/html5/thumbnails/5.jpg)
![Page 6: Crónica maios no cpi virxe da cela](https://reader034.fdocuments.net/reader034/viewer/2022052218/55a48d5b1a28ab94288b45a7/html5/thumbnails/6.jpg)
![Page 7: Crónica maios no cpi virxe da cela](https://reader034.fdocuments.net/reader034/viewer/2022052218/55a48d5b1a28ab94288b45a7/html5/thumbnails/7.jpg)