Crea e publica nun blog

16
1 CREA E PUBLICA NUN BLOG 1. Creación un blog .............................................. 2 2. Acceso como invitado....................................... 5 3. Creación de entradas ....................................... 6 4. Etiquetación de entradas ................................. 7 5. Inserción de imaxes ......................................... 7 6. Finalización e publicación dunha entrada ....... 10 7. Mantemento de entradas ............................... 11 8. Inserción de hiperenlaces .............................. 12 9. Engadir un vídeo dende Youtube .................... 13 10. Audio no blog ................................................. 15 11. Mantemento do blog ...................................... 16 Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

description

Aprender a crear un blog e a publicar entradas

Transcript of Crea e publica nun blog

1

CREA E PUBLICA NUN BLOG

1. Creación un blog ..............................................2 2. Acceso como invitado.......................................5

3. Creación de entradas .......................................6

4. Etiquetación de entradas .................................7

5. Inserción de imaxes.........................................7

6. Finalización e publicación dunha entrada.......10

7. Mantemento de entradas ...............................11

8. Inserción de hiperenlaces ..............................12

9. Engadir un vídeo dende Youtube....................13

10. Audio no blog.................................................15

11. Mantemento do blog ......................................16

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

2

1. Creación dun blog

Paso 0. Entra en http://www.blogger.com/ e pulsa sobre a frecha laranxa co texto "CREAR BLOG AGORA". Recorda que debes ter unha conta de correo electrónico.

Ilustración 1. Páxina principal de Blogger

Paso 1. Neste primeiro paso o obxectivo é darse de alta no servizo de blogs Blogger. Normalmente só se realizará unha vez, xa que cunha conta se poden crear e manter todos os blogs que se desexen. Para darte de alta debes encher os campos do formulario. Estes son: dirección de correo electrónico (dúas veces para evitar erros), contrasinal (dúas veces pola mesma razón), nome co que se desexa asinar as entradas do blog, e a palabra de validación (o texto que aparece distorsionado). Por último deberase sinalar a casa "Acepto as condicións do servizo" e pulsar sobre a frecha co texto "CONTINUAR".

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

3

Ilustración 2. Formulario de creación da cuenta

Paso 2. Neste paso deberás asignar un nome ao teu blog e unha dirección de acceso. Recorda que a dirección será a porta de entrada ao teu blog: é conveniente asignar unha dirección sinxela de recordar e que de pistas sobre o contido do blog. No exemplo asignouse o título “Curtisbiblio” ao blog e "curtisbiblio.blogspot.com" como dirección de acceso. Fíxate que o único que has de introducir é a primeira parte do nome xa que Blogger asigna o resto (blogspot.com). Se utilizas outros xestores de blog a dirección formarase de xeito diferente. En ocasións, a dirección que se desexa asignar a un blog xa está a ser utilizada por outra persoa. Para comprobar a dispoñibilidade da dirección pulsa sobre o enlace "Comprobar a dispoñibilidade" despois de escribila. O xestor de blogs indicarache se está ou non dispoñible. Volve introducir a palabra de verificación se é necesario e pulsa sobre a frecha "CONTINUAR" para avanzar ao seguinte paso. Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

4

Ilustración 3. Asignación do nome do blog

Ilustración 4. Selección de plantilla

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

5

Xa tes creado o teu blog! Agora só has de comezar a escribir nel todo aquilo que queiras dar a coñecer. Pulsa sobre a frecha "EMPEZAR A PUBLICAR" para comezar.

Ilustración 5. Ventana de confirmación de creación

2. Acceso como invitado

Se non eres administrador dun blog senón so invitado, a forma de acceder é a seguinte. Escribe na barra de direccións do buscador a dirección do blog, neste ejemplo “curtisbiblio.blogspot.com”. Preme en “Acceder” ou “Sign in”

Ilustración 6. Acceder como invitado

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

6

A continuación terás que introducir o nome da túa conta de correo, previamente creada en gmail e o contrasinal.

Ilustración 7. Acceso mediante a túa conta

A partir deste momento poderás publicar no blog, ao igual que o administrador, pero con accesos limitados.

3. Creación de entradas Cada entrada está composta por un título e un corpo. O corpo está á súa vez composto por texto, imaxes, vídeos, hiperenlaces e todo aquilo que se lle ocorra ao autor. En Blogger crear unha entrada é moi sinxelo. Só hai que teclear o título que se lle quere asignar e comezar a escribir. Se coñeces a linguaxe HTML podes editar a entrada directamente na devandita linguaxe. Para iso deberás ter seleccionada a pestana "Edición de HTML". Se non é así, deberás ter seleccionada a pestana "Redactar". Cando esta pestana está seleccionada, a edición do texto realízase coma se se estivese a traballar cun procesador de textos: podes cambiar o tipo de letra, o tamaño, poñer o texto en negra, cambialo de cor, aliñalo a dereita ou esquerda, etc. Proba todo o que queiras, é a mellor forma de aprender. Se queres gardar a entrada provisionalmente pulsa sobre "GARDAR AGORA" e así non perderás os cambios se acontece algún imprevisto. Ata que non pulses sobre o botón "PUBLICAR ENTRADA" nada do que fagas será público. Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

7

Ilustración 8. Creación de entradas

4. Etiquetación de entradas

As etiquetas axudan aos lectores do blog a distinguir as entradas e non perder o tempo en ler aquelas que non lles interesan. Na parte inferior da zona de edición da entrada hai unha caixa de texto co título "Etiquetas desta entrada:" na que pódense introducir de xeito libre todas as etiquetas que se desexen para identificar a entrada.

Ilustración 9. Etiquetación de entrada

5. Inserción de imaxes

Para engadir imaxes nunha entrada hai que, en primeiro lugar, pulsar sobre o botón correspondente da barra de botóns. Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

8

Ilustración 10. Botón para engadir imaxes

Existen dúas maneiras de publicar imaxes nun blog. Unha é incluíndo a URL (a dirección) da imaxe no campo "URL". Para obter a URL basta con pulsar o botón dereito sobre a imaxe no navegador e seleccionar "Copiar localización da imaxe". Ten en conta que non todas as imaxes publicadas en Internet se poden utilizar, xa que sobre elas hai certas restricións legais que teñen que ver cos dereitos de autor. Se queres saber máis sobre estas restricións consulta o artigo publicado nesta URL http://tiscar.com/publicar-un-blog-de-forma-libre-y-responsable/

Ilustración 11. Obtención de URL

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

9

O outro xeito é seleccionando a imaxe dalgún medio de almacenamento (disco duro, cámara fotográfica, pendrive, etc.). Neste último caso hai que pulsar sobre o botón "Seleccionar arquivo" e elixir a imaxe do soporte no que se encontre. Para probar podes utilizar as imaxes de exemplo que veñen co sistema operativo Windows na carpeta "As miñas imaxes". Xa sexa a inserción da imaxe a través dunha URL ou seleccionando un arquivo do ordenador, sempre se deberá indicar o deseño (situación da imaxe) e tamaño co que se desexa mostrar esta. Unha vez feito isto pulsa "SUBIR IMAXE" para agregala á entrada. Dependendo do tamaño da imaxe tardará máis ou menos tempo. Cando finalice, Blogger indicarache que a imaxe foi engadida á entrada.

Ilustración 12. Engadir unha imaxe

Ilustración 13. Confirmación da incorporación dunha imaxe

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

10

6. Finalización e publicación dunha entrada

Unha vez creada a entrada só queda publicala. Para iso unicamente hai que pulsar sobre o botón "PUBLICAR ENTRADA" e esta pasará a ser visible para os lectores do blog.

Ilustración 14. Entrada finalizada

Cando a entrada estea publicada, Blogger debe indicar que a publicación se realizou correctamente. O autor pode entón decidir se quere ver a entrada creada (nunha nova ventá se o desexa) e editala se detectase algún erro. Tamén poderá continuar inserindo novas entradas ou realizando tarefas de administración do blog.

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

11

Ilustración 15. Entrada do blog publicada

7. Mantemento de entradas

Un blog está formado por un conxunto de entradas e en ocasións será necesario realizar accións sobre entradas antigas. Dende a solapa "Creación de entradas" se pode acceder á creación e ao mantemento de entradas. Se se elixe a opción de “Edición de entradas” mostrarase a lista das entradas creadas ata o momento. Dende esa páxina pódense editar, visualizar ou suprimir entradas existentes ( se eres administrador ou invitado autorizado).

Ilustración 16. Edición de entradas Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

12

8. Inserción de hiperenlaces

Un hiperenlace (tamén coñecido como enlace, vínculo, hipervínculo ou 'link') é unha referencia incluída nun documento para poder "navegar" cara a outro documento ou recurso dispoñible na Web. Nun blog é posible engadir enlaces. Para iso se deberá seleccionar o texto sobre o que se desexa engadir o enlace. Ese texto será sobre o que o lector do blog deberá premer para chegar ao recurso referenciado.

Ilustración 17. Creación de hiperenlaces

Unha vez seleccionado o texto, deberase premer sobre a icona "Enlace" da barra de ferramentas.

Ilustración 18. Icona "Enlace"

Blogger entón solicitará a URL (a dirección) do recurso ao que se desexa acceder cando se pulse sobre o texto. Só hai que teclealo ou colalo, se previamente se copiou no portatapeis, na caixa de texto correspondente e pulsar sobre o botón "Aceptar".

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

13

Ilustración 19. URL do hiperenlace

9. Engadir un vídeo dende YouTube

YouTube é o sitio Web máis utilizado para publicar vídeos. Calquera pode subir os seus vídeos a YouTube de xeito gratuíto e compartilo co resto de usuarios da Web. Se queres engadir un vídeo a unha entrada do teu Blog tes que seguir os seguintes pasos. En primeiro lugar has de localizar o vídeo que queres incluír. Para iso debes entrar en YouTube, teclear aquilo que queiras enlazar e pulsar sobre o botón "Buscar". No exemplo tecleouse a cadea "Biblioteca Sarmiento. IES Curtis" e apareceu un vídeo.

Ilustración 20. Busca de vídeos en YouTube

Unha vez localizado o vídeo, deberase premer sobre este para comezar o seu reprodución. Debaixo de video de YouTube aparecen unhas caixas de texto cos títulos “Add to”, “Share” e “Embed”. Deberás premer sobre “Embed” e aparecerá debaixo unha caixa con Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

14

un código en linguaxe HTML; seleccionarás e copiarás o contido da caixa.

Ilustración 21. Selección de código a incrustar

Unha vez seleccionado o código vai ao teu blog e crea unha nova entrada (ou utiliza unha existente) e dálle un título se é necesario. Activa a pestana "Edición de HTML" e pega dentro o contido do portapapeis (correspondente coa caixa de texto "Inserir" ou “Embed” de YouTube).

Ilustración 22. Incrustación de código HTML Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

15

Ilustración 23. Vídeo publicado

10. Audio nun Blog

Nun blog pódense engadir, como xa se viu, gran variedade de contados multimedia. Como era de esperar tamén pódense engadir ficheiros de audio. Máis concretamente enlaces a sitios Web que os almacenan e reproducen. Por exemplo, o sitio web Goear (http://www.goear.com) permite incrustar un reprodutor de audio cunha canción determinada nunha entrada de blog. Para iso debes buscar e comezar a reprodución do tema que desexes e pulsa o botón “Pon esta canción en tu web”, campo que contén o código a incrustar.

Ilustración 24. Selección de código a incrustar Biblioteca Sarmiento IES de Curtis

16

Unha vez seleccionado e copiado o código deberase pegar na entrada de blog. Ao igual que co vídeo de YouTube, este código deber ser pegado sobre a pestana "Edición de HTML". Cando finalices e publiques a entrada, aparecerá en esta un reprodutor do sitio web Goear coa canción elixida. Actualmente son maioría os sitios Web que permiten publicar os seus contidos nos blogs. Só has de buscar o código a incrustar, copiar e pegar sobre a entrada. Búscaos e próbaos todos!

Ilustración 25. Reproducción de audio

11. Mantemento do Blog

Cando queiras administrar os teus blogs creados en Blogger ou publicar entradas como invitado non terás que volver darte de alta. Só introduce o teu nome de usuario (dirección de correo electrónico coa que te rexistraches) e o contrasinal para volver entrar como administrador ou invitado.

Ilustración 26. Acceso a Blogger

Biblioteca Sarmiento IES de Curtis