Corre que chove !!!

22
QUE CHOVE!! !

description

Corre que chove !!!. PALABRAS ENCHOUPADAS. Orballo . Chuvia miúda. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Corre que chove !!!

Page 1: Corre que chove !!!

CORREQUE

CHOVE!!!

Page 2: Corre que chove !!!

ORBALLO. CHUVIA MIÚDAÉ unha palabra galega que se estendeu por toda a Península. Chamámoslle orballo á “chuvia miúda”, esa chuvia que “non molla pero empapa”, mais non quedamos aquí porque temos unha chea de maneiras de chamarlle a este tipo chuvia: babuña, babuxa, barbaña, barbuña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, breca, chuvisca, froallo, lapiñeira, mexadeira, mocalleira, morriña, morriñada, orballeira, orballada, parrumada, patiñeira, poalla, poalleira, zarzallo.

E aínda poderíamos engadir: chuviñada, chuviscada “chuvia miúda e lenta que dura pouco tempo”. Fixémonos no matiz “que dura pouco tempo”.

“Son as seis da tarde dun día de outono. A vila vai-se mollando dun orballoou babuxeira fina que, xunto co empardecer, axuda a anubiá-los recantos das prazas e rúas. A auga escorrega solermiña, queda, polas lousas da vila vella e polo asfalto da zona nova da vila.” Antón Tovar, A grande ilusión e outros contos, Galaxia, Vigo, 1989 (TILGA)

PALABRAS ENCHOUPADAS

Page 3: Corre que chove !!!

MELURA Neste caso imos facer algo de mestura, imos mesturar a auga coa néboa e así temos esta palabra que ten como significado: “Chuvia moi fina que se desprende da néboa”  Coma no caso anterior, aquí tamén temos outras maneiras de chamarlle a esta realidade: meleada, molura.Un exemplo do uso desta palabra na linguaxe literaria:“Casal do verme que no froito cava o agraz, a polpa de auga onde se enterra, e na melura, polas veigas, erra o can que morre e que aínda baba;”Anos de viaxe (Poesía 1981-1987) Rodríguez Baixeras, Xavier, Ed.Xerais, Vigo, 1987 (TILGA)

PALABRAS ENCHOUPADAS

Page 4: Corre que chove !!!

CHUVASCADAImos aumentando a intensidade e a forza da chuvia, pero non a duración. O significado que esta palabra ten é “Chuvia forte que dura pouco tempo” e tamén pode ter outros sinónimos como: basto, bátega, bategada, chaparrada, chuvasco, chuvieira, treixada. Entre a chuvascada e o trebón temos tamén outras palabras que podemos considerar case sinónimos das anteriores son: ballón, balloada “Golpe de chuvia forte, abundante e de pouca duración.”Velaquí varios exemplos:“Co medo de que caese outra, chuvascada, tangueron o gando axiña para a casa.”Raíces rurais, Rodríguez Troncoso, Manuel, Ed. O Castro, Sada, 1996(TILGA)“Sen previo aviso caeu unha bategada de auga e refrescou o aire.”Morning Star, Miranda, Xosé, Ed. Xerais, Vigo, 1998 (TILGA)“Cando escampou, navegaba a enchente desatada pola bátega nunha canoa.”Ganga, Lopo, Antón, Edicións Xerais de Galicia, 2001 (CORGA)

PALABRAS ENCHOUPADAS

Page 5: Corre que chove !!!

TREBÓNImos “in crescendo” e agora temos o trebón que é unha “Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración.”, ademais de chuvia, agora imos ter vento, pero non nos asustemos que é de “pouca duración”. Obviamente coma no resto das palabras das que estamos falando, esta ten tamén, como é de esperar, diferentes sinónimos ou variantes dialectais como son: treboada, torboada, torbón, trebón, tromba, tromba de auga. Incluso unha palabra como farrapada coa acepción de “Golpe de vento e chuvia”, nos pode dar idea das mil e unha variantes que esta realidade cultural-meteorolóxica dá de si na nosa terra.

Algúns exemplos de uso:“Inda bruase o trebón, o frío entalase os dedos e verteran auga as nubes cal se baleiraran xerros pra afogá-la humanidade naquela

tarde do inferno...”Enredadas, Tettamancy Gastón, Francisco, Tipografía La Constancia, Coruña, 1901 (TILGA)

“Bo é que te deches conta a tempo e antes de rompe-la treboada puxeches todo ben arranxado.”O soño perdido de Elvira M., Heinze, Ursula, Edicións Xerais de Galicia,1982

(CORGA)

PALABRAS ENCHOUPADAS

Page 6: Corre que chove !!!

ARROIADAChegamos ao punto de que a auga “cae directamente a xerros”, “a cachón” ou como queiramos dicir, pero isto xa é chover en condicións. A arroiada é unha “Chuvia forte e abundante”. Outras maneiras de dicilo serían diluvio, dioivo, decembra. Pero se ademais de chuvia, queremos vento forte, como é de esperar tamén temos outras palabras para chamarlle: cebra, cebrina, ondada, zarracina.“A chuva caía entón en arroiada turbulenta”.Bretaña Esmeraldina, Méndez Ferrín, Xosé Luís, Ed. Xerais, Vigo, 1987(TILGA)“Amañeceu un día de verdadeiro dioivo e o máis cativo dos raparigos non poido ir á escola”.Andrómenas. Contos pra o pobo, Fernández-Oxea, Xosé Ramón (Ben-Cho-Shey), Ed. Monterrey, Vigo, 1953 (TILGA)

PALABRAS ENCHOUPADAS

Page 7: Corre que chove !!!

SARABIAAgora imos conxelarnos un pouco, que vén de cheo o inverno. Comezamos pola sarabia “Chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes”. Esta mesma definición témola para outros sinónimos, variedades que son as que lle dan riqueza ao noso léxico: graínzo, pedra, pedrazo, salpedrés. Ao respecto como somos un territorio moi variado, hai lugares onde se distingue sarabia dos seus sinónimos pedra e pedrazo, segundo o tamaño do gran. Normalmente, a pedra e o pedrazo refírense ao gran máis groso, mentres que a sarabia fai alusión ao máis pequeno. “E traballara, aguantando vendavais, chuvias, sarabia, nevazón e xeadas.”Latitude austral, Alcalá, Xavier, Editorial Galaxia, 1991 (CORGA)“O trebón fixo abalar o pazo e, abrindo as cataratas do ceo, guindou na terra o chuvasco de pedrazo que destroza os agros i esnaquiza os corazóns dos labregos.”Vaosilveiro, López Abente, Gonzalo, Editorial Nós, A Coruña, 1929 (TILGA)

PALABRAS ENCHOUPADAS

Page 8: Corre que chove !!!

XISTRAPara rematarmos este Setestrelo chuvioso, entraremos xa no territorio da neve, porque aínda que non sexamos unha terra de neves perpetuas, tamén nos toca o noso.En concreto xistra, a palabra da que estamos a falar, fai referencia á “Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido.” Outras maneiras de referirse a esta realidade son: brea, cifra, ciobra, rebelaxe. “Si o sol ás veces loce, non quenta; corre tal xistra, que as maus degresa.”Montañesas, Noriega Varela, Antonio, Ed. Mondoñedo, 1910 (TILGA)“Foi dunha destas veces que empezou a vir un vento de cifra que deixaba a un callado(...)”Loita e morte, Laxe Freire, Manuel Anxo, Editorial Xerais, Vigo, 1986 (TILGA)

PALABRAS ENCHOUPADAS

Page 9: Corre que chove !!!

Chuvia miúda e fina1.    babuña2.    babuxa3.    barbaña4.    barbuña5.    barbuza6.    barrallo7.    barrufa8.    barrufo9.    barruñei

ra10. barruzad

a11. barruzo12. bátega13. borralla

27. orballeira

28. orballiscada

29. orballo30. patiñeir

a31. patumei

ra32. poalla33. poallada34. poallo35. poalleira36. salseiro37. zarapall

ada38. zarzallo

PALABRAS GALEGAS PARA A CHUVIA

14. borrallada15. Breca16. chuviñada17. chuviñeira18. chuvisca 19. chuviscada20. froallo21. lapiñeira22. marmaña23. mera24. morriña25. morriñada26. orballada

Page 10: Corre que chove !!!

Chuvia forte1.    arroiad

a2.    ballón3.    balload

a4.    basto5.    bátega6.    batega

da7.    brea8.    calistr

o9.    cebra10. cebrina11. cebrisc

a

23. diluvio24. dioiva25. dioivo26. torba27. torbad

a28. torboa

da29. torbón30. treboa

da31. trebón32. xistra33. zarraci

na

PALABRAS GALEGAS PARA A CHUVIA

12. chaparrada13. chaparrazo14. chuvascada15. chuvasco16. chuvieira17. chuviñeira18. cifra19. ciobra20. coriscada21. corisco22. decembra

Page 11: Corre que chove !!!

Chuvia con moito aire

1.    brea2.    cebrina3.    cebrisca4.    chuvasc

ada5.    chuvasc

o6.    cifra7.    ciobra8.    coriscad

a9.    corisco10. zarracin

a

Chuvia con neve

1.    calistro

2.    cebrina

3.    cebrisca

4.    coriscada

5.    corisco

6.    torba

7.    xistra

PALABRAS GALEGAS PARA A CHUVIA

Chuvia con néboa

1. barruzo

2. breca

3. mera

4. salseiro

Page 12: Corre que chove !!!

SUSTANTIVOS EN GALEGO PARA A CHUVIA1.    arroiada: choiva forte e intensa2.    babuña: chuvia miúda e pouco intensa3.    babuxa: chuvia miúda e pouco intensa4.    ballón: tromba de auga forte e intensa5.    balloada: chuvia intensa que se prolonga varios días seguidos, : chuvia repentina, intensa e curta6.    barbaña: chuvia miúda e pouco intensa7.    barbuña: chuvia miúda e pouco intensa8.    barbuza: chuvia miúda e pouco intensa9.    barrallo: chuvia miúda e pouco intensa10. barrufa: chuvia miúda e pouco intensa11. barrufo: chuvia miúda e pouco intensa12. barruñeira: chuvia miúda e pouco intensa13. barruzada: chuvia fina e persistente14. barruzo: chuvia miúda e pouco intensa, mesturada con néboa15. basto: chuvia repentina, intensa e curta

Page 13: Corre que chove !!!

SUSTANTIVOS EN GALEGO PARA A CHUVIA16. bátega: chuvia repentina, intensa e curta17. bategada: tromba de auga forte e intensa, : chuvia repentina, intensa e curta18. borralla: chuvia miúda e pouco intensa19. borrallada: chuvia miúda e pouco intensa20. boubizo: chuvia miúda e pouco intensa21. brea: chuvia forte e con vento22. breca: chuvia miúda e pouco intensa, mesturada con néboa23. cairo: chuvia forte e, normalmente, de duracion breve24. calistro: trebón de auga fría con vento ou neve miúda25. cebra: chuvia repentina, intensa e curta  .. acompañada de vento26. cebrina: temporal de chuvia e neve con vento forte27. cebrisca: temporal de chuvia e neve con vento forte. Sarabiada forte28. chaparrada: choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta29. chaparrazo: choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta30. choiva: precipitación en forma de pingas, chuvia

Page 14: Corre que chove !!!

SUSTANTIVOS EN GALEGO PARA A CHUVIA31. chuiva: variante dialectal de chuvia32. chuva: variante dialectal de chuvia33. chuvascada: precipitación intensa e abundante, acompañada case sempre de vento forte34. chuvasco: precipitación intensa e abundante, acompañada case sempre de vento forte35. chuvia: precipitación en forma de pingas, choiva36. chuvieira: chuvia forte e intensa, tromba de auga forte e intensa37. chuviñada: chuvia miúda e pouco intensa38. chuviñeira:  chuvia repentina, intensa e curta39. chuvisca: chuvia miúda e pouco intensa40. chuviscada: chuvia miúda e pouco intensa31. cifra: chuvia forte e con vento42. ciobra: chuvia forte e con vento43. coriscada: trebón de auga fría con vento ou neve miúda44. corisco: trebón de auga fría con vento ou neve miúda45. decembra: chuvia forte e prolongada habitual en decembro

Page 15: Corre que chove !!!

SUSTANTIVOS EN GALEGO PARA A CHUVIA46. diluvio: chuvia moi  abundante e intensa47. dioiva: chuvia moi  abundante e intensa48. dioivo: chuvia moi  abundante e intensa49. escarabana: auga moi fría con sarabia50. froallo: chuvia miúda e pouco intensa51. lapiñeira: chuvia miúda e pouco intensa52. marceada: tempo con claros e chuvias propio de marzo53. marmaña: chuvia miúda e pouco intensa54. mera: chuvia moi fina que se desprende da néboa mesta55. morriña: chuvia miúda e persistente56. morriñada: chuvia miúda e persistente57. orballada: chuvia miúda e de pouca duración58. orballeira: chuvia miúda e de pouca duración59. orballiscada: orballo moi fino, que case non chove nada60. orballo: chuvia fina e persistente,

Page 16: Corre que chove !!!

SUSTANTIVOS EN GALEGO PARA A CHUVIA61. patiñeira: chuvia fina e persistente62. patumeira: chuvia fina e persistente63. poalla: chuvia miúda e pouco intensa,64. poallada: chuvia miúda e pouco intensa65. poallo: chuvia miúda e pouco intensa66. poalleira: chuvia miúda e pouco intensa67. salseiro: pingas de auga que producen unha néboa mesta provocada polo vento na superficie do mar68. seca-fría: un pequeno torbón que cae moi raras veces co aire norte ou sarandón e que non chega case nin a mollar a terra pero, iso si, é moi frío69. torba: auga de chuvia mesturada con neve fina70. torbada: tromba de auga forte e intensa, tormenta71. torboada: tromba de auga forte e intensa, tormenta72. torbón: tromba de auga forte e intensa, tormenta73. treboada: tromba de auga forte e intensa, tormenta74. trebón: tromba de auga forte e intensa, tormenta75. xistra: chuvia e neve con vento moi frío76. zarapallada: chuvia miúda e pouco intensa77. zarracina: chuvia abundante con moito vento78. zarzallo: chuvia miúda e pouco intensa

Page 17: Corre que chove !!!

VERBOS GALEGOS PARA A CHUVIA1.    arroiar: chover forte e intenso2.    baballar: caer chuvia miúda, fina3.    babuñar: caer chuvia miúda, fina4.    babuxar: caer chuvia miúda, fina5.    barbañar: caer chuvia miúda, fina6.    barbuñar: caer chuvia miúda, fina7.    barbuzar: caer chuvia miúda, fina8.    barrallar: caer chuvia miúda, fina9.    barrufar: caer chuvia miúda, fina10. barruñar: caer chuvia miúda, fina e persistente11. barruzar: caer chuvia miúda, fina12. bategar: chover de xeito repentino e intenso por pouco tempo13. brecar: caer chuvia miúda, fina14. cebriscar: caer neve miúda con moito vento15. Chorrear: chover forte e intenso16. Chover: caer auga das nubes en forma de pingas17. Chuviñar: caer chuvia miúda, fina

Page 18: Corre que chove !!!

VERBOS GALEGOS PARA A CHUVIA17. Chuviñar: caer chuvia miúda, fina18. Chuviscar: caer chuvia miúda, fina19. Cifrar: soar o vento e chover forte20. Coriscar: chover con frío ou caer neve miúda21. Decembrar: chover forte e seguido, típico de decembro22. Diluviar: chover moito e seguido23. Froallar: caer chuvia miúda, fina24. Lapiñar: caer chuvia miúda, fina25. Marcear: facer un tempo de marzo con claros e chuvias26. Marmañar: caer chuvia miúda, fina27. Merar: desprenderse unha chuvia moi fina da néboa mesta28. Orballar: caer chuvia miúda, fina29. Orballiscar: orballar moi suave30. Patiñar: caer chuvia miúda, fina31. Poallar: caer chuvia miúda, fina32. Xistrar: caer auga moi fría con neve33. zarzallar: caer chuvia miúda, fina

Page 19: Corre que chove !!!

ADXECTIVOS GALEGOS SOBRE A CHUVIA1.    babuxado: terreo humedecido pola chuvia fina2.    babuxento: tempo húmido no que chove moito3.    barrucento: tempo húmido no que chove moito4.    barralloso: dise do tempo en que cae chuvia miúda5.    barrucento: tempo húmido no que chove moito6.    chuviñento: dise do tempo en que chove moito ou ameaza chuvia7.    chuviñoso: dise do tempo en que chove moito ou ameaza chuvia8.    chuvioso: dise do tempo en que chove moito ou ameaza chuvia9.    corisqueiro: dise do tempo no que chove con frío ou cae neve miúda10. corisquento: dise do tempo no que chove con frío ou cae neve miúda11. froalleiro: dise do tempo non que cae chuvia miúda seguido12. froallento: dise do tempo non que cae chuvia miúda seguido13. morriñenta: dise da chuvia miúda e persistente14. orballento: dese do tempo no que cae unha chuvia fina e persistente15. orballisqueiro: dise do tempo no que orballa frecuentemente16. poallento: dise do tempo no que cae chuvia fina e miúda

Page 20: Corre que chove !!!

Frases que din que chove moito

1.    chover a arroiar2.    chover a ballón3.    chover a cachón4.    chover a

caldeiradas5.    chover a

canados6.    chover a ceo

aberto7.    chover

a chapuzos8.    chover coma

quen a envorca9.    chover ás

cuncas

10. chover a Deus dala11. chover a Deus dar12. chover a manta13. chover a mares14. chover a varrer15. chover a xerros16. chover o mar

chovido17. chove que arrepía18. chove que mete

medo

Page 21: Corre que chove !!!

Ditos sobre o chover1. Chover sobre mollado: sucede algo

malo despois de outra cousa mala xa acontecida

2.    chova que neve!: pase o que pase3.    chóvelle na cabeza: está tolo4.    coma quen ve chover: non facer caso,

deixalo pasar5.    nunca choveu que non escampase:

todo ten remedio6.    por min que chova!: tanto me ten7.    xa choveu!: hai moito tempo8. chóvelle no fallado: ten problemas

mentais9.    unhas pingan e outras mollan: todo é

o mesmo 11. Sentar a ver chover... Deporte

tradicional galego 

Page 22: Corre que chove !!!

Refráns sobre a chuvia  Abril  para ser abril ten que vir con augas mil Abril augas mil, se non é no comezo ó medio ou

á fin: sempre ha chover moito en abril Auga de mediodía, auga de todo o día: choverá

todo o día Auga de trebón nunha parte dá e noutra non:

como vén forte nuns sitios estraga e noutros é beneficiosa

Auga de xaneiro, cada pinga vale diñeiro: en xaneiro pouca auga vale moito

Auga en febreiro mellor ca en xaneiro Auga miúda, vendaval que dura: moitas veces a

chuvia fina acabará en forte vendaval. Auga/chuvia mañanceira non é duradeira: cando

chove moi cedo non dura Cando chove e fai vento, pecha a porta e estate

dentro