Concello De Sobrado
-
Upload
maria-abuin -
Category
Technology
-
view
599 -
download
4
description
Transcript of Concello De Sobrado
Por: María Abuín Redondo
O concello de Sobrado atópase situado no ángulo sur oriental da provincia de A
Coruña, na comarca Terra de Melide. Limitando coa provincia de Lugo.O
termo municipal está situado entre os 42º 59’ e os 43º 08’ de latitude norte e os 7º 55’ e os 8º 06’ de lonxitude oeste. Limita ao norte co concello de Curtis, ao leste cos de Vilasantar e Boimorto, ao sur cos de Melide e Toques e ao oeste,
xa na provincia de Lugo, os de Guitiriz e Friol. A extensión territorial do
municipio é de 120,24 Km2, polo que é bastante máis grande que a media dos municipios de Galicia (94 Km2). Está pouco poboado (cunha densidade de 23,6 hab./km²), organizándose o seu
territorio en dez parroquias: Carelle, A Ciadella, Codesoso, Cumbraos, Folgoso,
Grixalba, Nogueira, Porta, Pousada e Roade. Distribuída nestas aséntase
unha poboación de 2.706 habitantes.
O clima caracterízase por un dominio oceánico, húmido e
fresco, con importantes precipitacións debido ao
ascenso latitudinal e á dorsal galega, que actúa de pantalla para as borrascas atlánticas
que descargan nesta vertente importantes cantidades de
auga. As temperaturas son un pouco máis extremas, froito
do afastamento da costa e da súa posición na serra e as
súas estribacións. A temperatura media oscila
entre os 10.7 e 12º. O réxime de temperaturas é variado,
podendo chegar nos meses de verán (xullo), aos 33ºC e nos
de inverno (xaneiro e febreiro) ata 3º baixo cero como
mínimo absoluto. Xullo e agosto son, polo tanto, os meses máis problemáticos
para o desenvolvemento da vexetación: para manter a
producción haberá que recorrer ao rego superficial.
Río Mandeo
A importancia histórica de Sobrado dos Monxes débese o seu mosteiro, aínda que xa
antes, o formar parte do condado de Présaras, era unha terra moi poblada e de
grande influencia en toda a rexión. Por outra parteista densidade de población dende
tempos prehistóricos sen ten constancia pola abundancia de mamaos e castros espaiados
por toso o concello e os veciños de Vilasantar e Curtis.
Na parroquia de A Cidadella encontrabase un importante campamento romano, o mais
gextenso dos achados enGalicia e no que se aencontraron unha gran cantidade de
tégulas, lápidas, monedas e outras pezas romanas. Con toda probabilidade estaría
afincado o carón da calzada de a Coruña e Lugo.
Unha «pressura» romana deu orixe o condado de Présaras, que comprendía ademais de Sobrado os citados Vilasantar e Curtis, e
extendía os seus dominios sobre varias vilas, portos de mar, iglesias e outros mosteiros do norte de Galicia. O derradeiro dos
condes de Présaras, Hermenegildo, fundou no ano 950 o mosteiro de Sobrado e nel procesó o quedar viudo da súa muller Paterna
Gundesíndez. De esta maneira, todos os bens do condado pasaron a formaren parte das que a partir de entón foron as posesións do
cenobio. O nome de Sobrado podería vir da palabra latina «superaddium», parte alta da casa, o tamén de «suberatum», nome
latino da sobreira, moi abundante nesta zoa.
HISTÓRICO-ARTÍSTICO
Campamento Romano de A Ciadella Pazo de Golmar (Roade)Pazo da Casa do Gado (Sobrado)Pazo de Carrete (Sobrado)Pazo da Armada (Cumbraos)
NATURALA Lagoa: é de orixe artificial, foi construida entre os anos 1500 e 1530 polos monxes embalsando as augas de alguns rios pequenos para regar prados, mover muiños ou disponer de pesca. A Lagoa de Sobrado é o único lugar na Península Ibérica na que está rexistrada a alga “Nitella-Flexilis” .A Carballeira da Casa do Gado: Coñecida por ser unha das máis belas de Galicia e sobor de todo porqué en dita carballeira rodaronse moitas das secuenzas da película “El Bosque Animado” do director madrileño José Luis Cuerda. Pola Carballeira da Casa do Gado trancorre ademáis o chamado “Camiño Real”.O 2º Carballo máis antigo de Galicia: Está situado na aldea de Portacal (Cumbraos), e está catalogado coma o 2º en antigüidade de Galicia segundo a Fonte SGHN.
QUEIXOPertence a D.O. Arzúa-Ulloa. O peso do queixo oscila de 500 gramos a 2 kilos, sendo excepcionais os que sobrepasan o citado peso máximo. A súa pasta é branda, sen ollos cando están ben elaborados ou con pequenos e escasos buratos finos debidos as fermentacións e a falta de presión o longo do seu moldeado. O olor e sabor do queixo de Ulloa, é agradable, lixeiramente ácedo, aromático e de olor láctico. O sabor é moi suave e agradable, perfecto para tomar con viños brancos suaves tipo ribeiro ou albariño, a temperatura óptima para o seu consumo é a ambente entre os 15 e os 22 ºC. A data adecuada para o seu consumo é entre os 15 e os 40 días da súa fabricación.A D.O. Arzúa-Ulloa ten tres tipos:Queixo Arzúa-UlloaQueixo Arzúa-Ulloa de granxaQueixo Arzúa-Ulloa curado
TROITA Á MONTAÑESAO método para cocinar a troita de este xeito é o seguinte: primeiro preparase o adobo onde debe predominar o pemento picante por riba de outras especias, adobase a troita xa limpa e bótaselle cachiños de touciño dentro, friese a troita e xa está lista para ser servida.Este e un prato moi apreciado por os visitantes que visitan Sobrado a cotío.Pero ademáis de estes dous productos tamén existen outros que posuen gran calidade e tamén son moi apreciados da nosa zoa como son a Terneira Galega, os productos porcinos ou as marmeladas.
San Marcos (Carelle)
Santa Victoris (A Armada-Cumbraos)
Santa Columba (As Pias-Roade)
San Victorio (Grixalba)
Corpus Christi (Cumbraos e Grixalba)
San Antonio (Folgoso)
San Xoan (Todo o Concello)
San Pedro (Sobrado)
Nosa Señora do Carme (Folgoso)
San Mamede (Pousada)
San Roque (As Cruces-Grixalba)
San Bartolomé (Nogueira)
Virxe dos Miragres (Carelle)
Virxe das Dores (Sobrado)
Virxe do Rosario (Sobrado)