Comocitar un documento
-
Upload
montecarrascoiti -
Category
Education
-
view
16 -
download
3
Transcript of Comocitar un documento
Licenzas, citas e referencias bibliográficas e webgráficas
Begoña Otero Riobó e Elena López Vara
Licenza Formación 2015-16 Consellería de Educación e O.U.Adaptado por José R. Vidal para I.T.I IES Monte Carrasco 2015-2016
Licenzas
Cando utilizamos información elaborada por outra persoa, debemos respectar a súa autoría, non podemos facer como si o fixeramos nós, porque se non estaríamos a facer plaxio, que é un delito.
Tipos de Licenzas de autor
1.- Copyrigh
Se o autor non expresa o contrario, os dereitos deexplotación económica están reservados ao autor, é a licenza mais restrictiva, “Todos os dereitos reservados”, o Copyright. É dicir, non poderíamos reproducir, distribuir, comunicar,… a obra afectada por esta licenza.
Tipos de Licenzas de autor
2.-Creative Commons
Son un instrumento complementario ao Copyright, para facilitar a posibilidade do autor de compartir as súas obras baixo unha serie de condicións, é como si o autor se reservara só algúns dos dereitos de explotación económica dos que lle faculta a lexislación.
Tipos de Licenzas de autorCreative Commons Recoñecemento (Attribution): En calquera explotación da obra autorizada pola licenza fará falta recoñecer a autoría.
Non Comercial (Non commercial): A explotación da obra queda limitada a usos non comerciais.
Sen obras derivadas (Non Derivate Works): A autorización para explotar a obra non inclúe a transformación para crear unha obra derivada.
Compartir Igual (Share alike): A explotación autorizada inclúe a creación de obras derivadas sempre que manteñan a mesma licenza ao ser divulgadas.
Tipos de Licenzas de autorCreative Commons
Da combinación destes elementos, xorden os 6 tipos de licenza Creative Commons:
• 1.- Recoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restrición.
Tipos de Licenzas de autorCreative Commons
Da combinación destes elementos, xorden os 6 tipos de licenza Creative Commons:
• 2.- Recoñecemento NoComercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais.
Tipos de Licenzas de autorCreative Commons
Da combinación destes elementos, xorden os 6 tipos de licenza Creative Commons:
• 3.- Recoñecemento NoComercial CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a distribución das cales se debe facer cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.
Tipos de Licenzas de autorCreative Commons
Da combinación destes elementos, xorden os 6 tipos de licenza Creative Commons:
• 4.- Recoñecemento NoComercial CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a distribución das cales se debe facer cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.
Tipos de Licenzas de autorCreative Commons
Da combinación destes elementos, xorden os 6 tipos de licenza Creative Commons:
• 5.- Recoñecemento CompartirIgual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución das cales se debe facer cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.
Tipos de Licenzas de autorCreative Commons
Da combinación destes elementos, xorden os 6 tipos de licenza Creative Commons:
• 6.- Recoñecemento – SinObraDerivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a creación de obras derivadas.
SERVICIO DE BIBLIOTECA DE LA UNIVERSIDAD DE LA LAGUNA, Citar, [en liña], Flickr, CC BY NC SA 2.0
Citas e referencias bibliográficas e webgráficas
Citas e referencias
Cando se realiza un traballo de investigación e atopamos frases, parágrafos, imaxes de autores que son necesarios para incluír no noso traballo, debemos citalos; é decir, debemos indicar o autor desa frase ou parágrafo, do contrario, estaríamos incorrindo nun delito de plaxio.
Citas e referencias
Lembra… Os dereitos dun autor sobre a súa obra non
caducan nunca, polo que debemos mencionar sempre o autor dunha frase, dun parágrafo, dunha canción, dun poema, dunha fotografía, dunha imaxe...
Citas e referencias
Cita
Facer unha cita consiste en copiar literalmente un fragmento dunha fonte. Hai que facelo entre comiñas e engadir ao pé de páxina ou ao final do libro unha nota bibliográfica, que recolla os datos da fonte da que se tomou a cita.
Citas e referenciasEXEMPLO DUNHA CITA TEXTUAL
Na redacción do meu traballo copio literalmente o que dí Leonor
Prieto sobre unha estratexia cooperativa: “Cada alumno del grupo escribe el inicio de una historia en el tiempo
previsto indicado por el profesor” (Prieto, 2007, p. 46) Logo, cando fagamos a bibliografía aparecerá a referencia
bibliográfica completa: PRIETO, L. El aprendizaje cooperativo. 2007. Madrid: PPC
Citas e referencias
Referencias bibliográficas
Se non copias literalmente o que dí o autor, pero pos coas
túas propias palabras a súa idea, non necesitas poñer unha
cita pero sí debes mencionar a ese autor como fonte na
bibliografía do teu traballo.
Citas e referencias
EXEMPLO DUNHA CITA COAS NOSAS PROPIAS PALABRAS Así aparecería no noso traballo:
Prieto (2007), pon como exemplo de estratexia circular na área de lingua castelá, que cada alumno do equipo escriba o inicio dunha historia no tempo estipulado.
Igualmente, cando fagamos a bibliografía aparecerá a referencia bibliográfica completa:
PRIETO, L. El aprendizaje cooperativo. 2007. Madrid: PPC
Cando incluímos unha fotografía ou imaxe nos nosos traballos,
debemos poñerlle ao pé, en letra pequena, a referencia do
autor. EXEMPLO DUNHA IMAXE
Imaxe: FIORE S. BARBATO: Selva di Val Gardena, en Flickr, CC BY SA 2.0
Citas e referencias
FIORE S. BARBATO: Selva di Val Gardena, en Flickr, CC BY SA 2.0
AUTOR TÍTULO DA FOTO
REPOSITORIO ONDE ATOPAMOS A FOTO
(enlace activo)LICENZA (enlace activo)
Cita dunha imaxe
Bibliografía e webgrafía
A bibliografía é unha lista das fontes de información que usaches para facer o teu traballo: libros, documentos, revistas, enciclopedias, páxinas web…
Bibliografía e webgrafía A bibliografía figurará ao final do teu traballo
nunha folla aparte
Farase un listado dos documentos usados por orde alfabético dos autores.
Primeiro, un apartado coa listaxe de autores de documentos impresos e multimedia e a continuación outro apartado coa listaxe de documentos de internet.
Bibliografía e webgrafía
Cando fago unha bibliografía estou dando creto aos autores que usei para facer a miña investigación.
Así, evitamos cometer plaxio, que é unha violación dos dereitos de autor.
Ademais, axuda a reforzar a credibilidade do nosos traballo.
Documentos impresos
LIBROS
APELIDO DO AUTOR, Inicial ou iniciais do nome. (Ano de Publicación), Título. Lugar de publicación: Editorial
DAVILA, L. (2010), O bicheiro. Outra ronda. Pontevedra: FECIMO.
BARRIO, M. e HARGUINDEY, H. (2006), Antoloxía do conto popular galego. Vigo: Editorial Galaxia.
Documentos impresos
ENCICLOPEDIAS
Título do artigo. Título da enciclopedia. Lugar de publicación: editorial, ano de publicación, nº de volume da enciclopedia, nº da primeira páxina do artigo-nº da última páxina do artigo.
Mimetismo y otros comportamientos curiosos. Enciclopedia Visual de los seres vivos. Madrid: Santillana, 2004, volume II, 110-111
Documentos impresos
ARTIGO DE REVISTA OU XORNAL
APELIDO DO AUTOR, Inicial ou iniciais do nome. Título do artigo. Título da revista ou nome do xornal, ano de publicación, nº de revista, nº da primeira páxina do artigo-nº da última páxina do artigo.
COMESAÑA, T. Memoria viva. 6 asasinados, 5 viúvas e 20 orfos. Ollos de auga, 2015, nº13, 92-94
Documentos electrónicos
PÁXINA WEB
APELIDO DO AUTOR, Inicial ou iniciais do nome. Nome da páxina [tipo de soporte]. <enderezo url>, [consulta: dd/mm/aa].
PUNSET, E. El neurólogo que amaba escuchar. Redes para la ciencia. [web]. <http://www.eduardpunset.es/> (08/10/15)
Documentos electrónicos
ARTIGO REVISTA DIXITAL
APELIDO DO AUTOR, Inicial ou iniciais do nome. Título do artigo. [tipo de soporte]. Título da revista ou nome do xornal, ano de publicación, nº da revista, <enderezo url>, [consulta: dd/mm/aa].
VILAVEDRA, D. Darlle volta á identidade [web]. El País, 2012, <http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/02/02/galicia/1328207060_457385.html> (08/10/15)
Documentos electrónicos
CDROM / DVD
APELIDO DO AUTOR, Inicial ou iniciais do nome. Título do CDRom ou DVD [tipo de soporte]. Lugar de publicación: Editorial, ano.
RAPPENEAU, J.P. Cyrano de Bergerac [DVD]. Francia: Suevia Films, 1990
Citas e referencias bibliográficas e webgráficas
As imaxes engadidas á versión orixinal son propias ou están tomadas de Internet con intención didáctica e sen ánimo de lucro. José R. Vidal. Nadal de 2015