Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
-
Upload
trafegandoronseis -
Category
Education
-
view
353 -
download
2
Transcript of Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura “Gozando no Laxeiro”
Este é un c l ub de l e c tu ra d i f e r en t e ; á s v e c e s , l emos o mesmo l i b ro e comen támo lo en t r e t odos e t odas ; ou t ra s , un d i s t i n to pa ra p r e s en tá r l l e l o aos d ema i s d e s exando que s e an imen a l e l o . Abo f é que t i vo éx i t o . Ve laqu í a s no sas suxe s t i óns da p r ime i ra ava l i a c i ón .
Cada l e c t o r apar e c e p r e s en tándovo s a l e c tu ra que r e c omendou .
Poded e s v e r as d ema i s l e c tu ra s que gozou cada a lumno po i s apar e c en na f o to xun to a e l e s .
A me l l o r l e c t o ra f o i Verón i ca , e po r e la empezamos .
O Gran Reino Esta novela encantoume: a
verdade é que non quería acabar
de ler o libro do que me estaba a
gustar.
Destaco a personaxe de Gala,
superdotada, brillante, pero
tamén manipuladora e enferma.
As súas amigas vana deixando de
lado e ela mergúllase na lectura e
vai perdendo as ganas de inxerir
alimentos.
Recoméndollo a quen lle
interesen os problemas
psicolóxicos, a anorexia , as
relacións humanas…
Verónica Vázquez, 3º PDC
O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade. F.Cimadevila e Iván Valladares.
Gustoume moito! Peter vai pasar o Nadal co seu tío co que vivirá aventuras sorprendentes na Cidade dos Tellados. Destacaría os seguintes personaxes: Rivka, unha nena gata; Gabriel, que se converte no cruel Duncan, por mor dun poderoso bastón que lle rouba a personalidade; e Jim,Jim un gato que está por todas partes.O que máis me agradou foi o final, porque os pais de Peter deciden que quede a vivir co seu tío. O que menos me gustou foi cando secuestran ao protagonista.Recoméndollelo a todas as persoas que lles guste a fantasía.
Anabel Ramos, 3º PDC
Todos somosMarcos Calveiro
Este é un libro de misterio e tristeza; unha historia que podería pasarlle a calquera.Conta a historia de Natalia, unha rapaza que desapareceu sen deixar pegadas; pero, sobre todo, é a historia de como viven a súa familia, amigos e a sociedade a súa ausencia. O que máis me gustou foi a relación entre a inspectora e Antón; aos dous aféctalles moito o caso. O que menos, foi o final, gustaríame que rematase doutra maneira, pero aínda así recoméndovolo a todos.
María Iglesias, 3ºPDC
A chamada da selva Jack London
Desenvólvese arredor dun can que vai pasando por diversos donos ata que decide ser libre. Isto último foi o que máis me gustou: que o can fixese realidade a chamada da selva. O que menos, foi que me pareceu un libro moi cruel pois o animal pasa de vivir tranquilamente nunha granxa a soportar as duras condicións da busca do ouro en Alaska.Destacaría a relación tan estreita que tivo co seu último dono John Thornton.Recomendado para lectores non moi sensibles ante as desgrazas dos demais.
Marcos Sampayo, 3ºPDC
Pel de lobo Xosé Miranda
Gustoume porque este libro se desenvolve nunha zona rural, coa que me sinto moi identificado.Un cazador e o seu fillo Xosé son chamados para cazar dous lobos, un negro e un branco que teñen atemorizados a toda a xente do Incio. Conseguirano?Os personaxes que máis me chamaron a atención son Ana e Aurora, de carácter moi diferente e cun papel fundamental na historia.Se queres coñecer algo máis sobre o mundo dos lobishomes le este libro no que se relatan varias lendas sobre eles.
Isaias Medala, 3º ESO A
Intercambio cun inglés Chistine Nöstlinger
É este un libro con momentos de alegría e humor, aínda que tamén ten outros tristes. Como moi ben indica o título, Jasper vai pasar uns días na casa dun neno para que este mellore o seu inglés. Jasper é diferente, non se ducha, non limpa a súa habitación, leva sempre consigo unha saco cheo de pedras… Pouco a pouco descobren o seu drama… De lectura fácil, recoméndollelo a todos aqueles que non estean habituados a ler.
Manuel Pérez, 3ºPDC
O corazón de Xúpiter Ledicia Costas
Este libro cativoume dende o primeiro momento. Encantoume que Mar se fixese amiga de Isla; esta semellaba estar interesada en Anxo e, non obstante, non quere nada con el; porén non me gustou nada a relación que se estableceu entre Carballo e a protagonista, chegando mesmo ao acoso.Recoméndollelo a todos porque trata dun tema de actualidade: os perigos en Internet. Non debemos fiarnos e estar sempre alerta.
Adrián Vázquez, 3ºPDC
Vaiche boa! Paul JenningsEste libro é un conxunto de relatos que están relacionados pola temática do humor ou misterio.Os relatos que máis me gustaron foron O esqueleto do retrete, que fai pasar ao protagonista un medo terrible. Outro, que tamén destacaría foi a Caixa voadora de pulseira no que o enganador pasa a ser o enganado.Quizais o que menos me convenceu foi O blues do faro porque se me fixo longo.É un libro de fácil lectura e divertido que lle recomendo a todos os lectores.
Miguel da Cunha, 3ºPDC
Unha estrela no vento
Recinto Gris
Ledicia Costas
Este libro conseguiu emocionarme cos problemas que sofre, Nube, unha nena diferente. Destacaría o uso da forza e a maldade para atemorizar á xente. O que menos me gustou foi o final pois pareceume surrealista. Recoméndovo xa que ten moita intriga.
Alejandro, 3ºPDC
Gustoume moito porque trata temas moi diversos:racismo amistade, amor ou violencia. Destacaría a relación entre Reina e Miguel ou a deste co seu curmán Abel. O que menos me gustou foi a traizón do Maqui.Lédeo todos que é unha lectura amena e rápida.
Javier Castro, 3ºPDC