Ciclo da auga

12
O CICLO HIDROLÓXICO visto por William Shakespeare: “Por iso, os aires, chamándonos en van coa súa música, absorberon, como en vinganza, as néboas contaxiosas do mar, as cales, caendo sobre os campos, encheron de tanta soberbia aos máis humildes ríos, que inundaron as súas ribeiras”. (De “Soño dunha noite de verán”).

description

O ciclo da auga.

Transcript of Ciclo da auga

Page 1: Ciclo da auga

O CICLO HIDROLÓXICO visto por William Shakespeare:

“Por iso, os aires, chamándonos en van coa súa música, absorberon,

como en vinganza, as néboas contaxiosas do mar, as cales, caendo

sobre os campos, encheron de tanta soberbia aos máis humildes ríos,

que inundaron as súas ribeiras”. (De “Soño dunha noite de verán”).

Page 2: Ciclo da auga

O CICLO HIDROLÓXICO DENDE O NOSO PUNTO DE VISTA

Maqueta do ciclo hidrolóxico realizada polos autores.

Page 3: Ciclo da auga

A auga da terra (hidrosfera) distribúese en tres

reservas principais: os océanos, os continentes e a

atmosfera, e pode presentarse en tres estados: sólido,

líquido e gas. A circulación e conservación de auga

na Terra recibe o nome de ciclo da auga ou

CICLO HIDROLÓXICO

Page 4: Ciclo da auga

O ciclo comeza coa evaporación

das augas superficiais (lagos, mares e

océanos) cando son quentadas polo sol.

O vapor de auga é transportado pola

circulación atmosférica, arrefría e

condénsase logo de percorrer distancias

que poden superar os 1000 km. A auga

condensada dá lugar á formación de

néboas e nubes e, posteriormente, á

precipitación.

Page 5: Ciclo da auga

A precipitación tamén inclúe a auga que pasa

da atmosfera á superficie terrestre por condensación do

vapor de auga (orballo) ou por conxelación do vapor

(xeada) e por interceptación das gotas de auga das

néboas (nubes que tocan o chan e o mar).

Page 6: Ciclo da auga

A auga que precipita na terra

pode ter varios destinos. Unha parte é

devolta directamente a atmosfera por

evaporación; outra parte escorrega pola

superficie do terreo, que se concentra en

sucos e vai orixinar as liñas de auga. A

auga restante penetra na terra por

infiltración.

Page 7: Ciclo da auga

A auga filtrada

pode volver a atmosfera

por evaporación ou pola

transpiración das plantas

ou afondar, recargando os

acuíferos subterráneos.

Page 8: Ciclo da auga

A enerxía solar é a fonte de enerxía térmica necesaria

para o paso de auga dende as fases líquida e sólida á fase de

vapor, e tamén é a orixe das circulacións atmosféricas que

transportan o vapor de auga e moven as nubes. O outro motor

do ciclo é a forza da gravidade.

Page 9: Ciclo da auga

O ciclo hidrolóxico é un axente modelador da codia

terrestre debido á erosión, o transporte e deposición de

sedimentos que produce. Regula o clima e condiciona a

cobertura vexetal e, dunha forma máis xeral, a vida na Terra.

Page 10: Ciclo da auga

O ciclo hidrolóxico é un proceso continuo e irregular

no espazo e no tempo que funciona como unha depuradora

natural da auga. O home actúa introducindo cambios

importantes no ciclo hidrolóxico como desecar zoas

pantanosas, modificar o curso dos ríos, construír encoros ou

mesmo talar bosques.

Page 11: Ciclo da auga

Cada vez que malgastas auga, botas lixo

no chan ou na auga, deixas de reciclar os

envases dos produtos que consumes ..., ti

tamén estás a poñer en perigo o equilibrio

do ciclo da auga que constitúe a base da

nosa supervivencia.

Page 12: Ciclo da auga

Alumnas:

Amanda Fariñas Pardo

Lara Fernández Gómez

Curso:

1º de BAC A

I.E.S Ánxel Fole (Lugo)

Fontes de informacion:

www.google.es

www.elpais.es

www.wikipedia.com

Música:

www.youtube.es