Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

23
Lamigueiro chopo negro (Populus nigra) chopo negro black poplar peuplier choupo

Transcript of Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Page 1: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Lamigueirochopo negro

(Populus nigra)chopo negroblack poplar

peuplierchoupo

Page 2: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

CLASEAnxiospermas

ORDESalicalesFAMILIA

Salicáceas

Page 3: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

É unha árbore orixinaria de Europa e oeste de Asia que pode acadar ata 30 m de altura, de forma columnar, coa copa longa e estreita, algo máis ensanchada nas femias e nos exemplares vellos.

Page 4: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

En Galiza é máis abundante na zona oriental, especialmente á beira dos ríos. Foi introducida desde a Idade Media e atópase como especie cultivada ou subespontánea.Medra moi rápido nos primeiros anos e gosta de terreos húmidos.

Page 5: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

TALOToro dereito coas ponlas ascendentes que comezan a saír desde o pé. A tona é lisa, de cor gris-castaña nos novos e con fendas verticas negras a medida que se fai vello.

Page 6: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

FOLLASCaedizas, simples, alternas, co limbo de forma triangular ou ovo-romboidal, coa punta prolongada e a beira dentada, de 5 a 9 cm de lonxitude, de cor verde brillante polo dereito e máis claras polo envés. Cando nacen son de cor verde-amarela nos exemplares machos e verde-encarnada nos exemplares femia. No outono adquiren unha cor amarela viva.

Page 7: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

FLORESUnisexuais, separadas en distintos pés e saen antes que as follas.

As flores femininas son amentos de 6 a 7 cm de lonxitude.

As flores masculinas son amentos 5 cm de lonxitude, cos estames vermellos.

Page 8: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

FROITOSCápsulas de cor verde e despois castaña que se abren na madurez para liberar unhas sementes diminutas rodeadas de peliños brancos. Maduran a finais da primavera.

Page 9: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

CICLO ANUAL-LAMIGUEIRO

Folla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Page 10: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Chopos na beira do Sil (Augasmestas)

Page 11: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

A forma longa e estreita é a característica máis destacada dos chopos da variedade “Itálica”, coñecida como chopo lombardo.

Page 12: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Nalgunhas zonas do Sil, a Terra Chá e o Xurés aparece naturalizado o chopo tremedor (Populus tremula) que se caracteriza por ter os rabos das follas aplanados e máis longos.

Page 13: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Pazo de Mariñán (Bergondo)-26 m de altura e 4,60 m de perímetro.

Page 14: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Xardíns do Campo de San Francisco. Noia. Hai 14 chopos, de ata 26 m de altura, plantados na segunda metade do século XIX.

Page 15: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Lamas (Xinzo de Limia)

Gondomar(Pontevedra)

Page 16: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Paseo da Calzada (Cambados)-3,30 m de perímetro.

O Convento (Cambados)-3,20 m de perímetro.

Page 17: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Xardíns Méndez Núñez(A Coruña)

Page 18: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Alameda de Santiagode Compostela

Page 19: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Padrón (nas ribeiras do Ulla)5,03 m de perímetro.

Page 20: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

USOSA madeira é branda e lixeira e utilízase especialmente para embalaxes, xoguetería e carpintería lixeira. A tona emprégase en curtiduría e para facer tintes.En mediciña popular as infusión das xemas empréganse contra as afeccións das vías urinarias, bronquite, artrite, reumatismo, hemorroides.

Foto de Internet

Page 21: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Os chopos cultívanse polo seu rápido desenvolvemento. Tamén se poden plantar como depuradores dos solos e das augas residuiais porque reteñen os metais pesados.

O chopo é a árbore máis produtiva que existe. Hai variedades que poden talarse en turnos de 8-10 anos. A especie máis cultivada é o Populus deltoides e o “chopo americano” (P. x euramerican), híbrido deste e do P. canadensis.

Page 22: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

Os lamigueiros, tan tremelantes sempre,adormentáronse dentro da tarde.

Luis Pimentel “Sombra do aire na herba”

Page 23: Chopo, lamigueiro (Populus nigra)

MONTAXE e FOTOS: Adela Leiro, Mon DaportaXullo 2015