Charles e Ray Eames

13
Charles e Ray Eames Charles N: 17 de xuño de 1907 M: 21 de agosto de 1978 Ray N: 15 de decembro de 1912 M: 21 de agosto de 1988

Transcript of Charles e Ray Eames

Charles e Ray Eames

Charles N: 17 de xuño de 1907

M: 21 de agosto de 1978

RayN: 15 de decembro de 1912

M: 21 de agosto de 1988

Charles Ormond Eames, Jr, naceu o 17 de xuño de 1907 en St. Louis, Missouri. Iniciou estudos de arquitectura mais só durou un par de anos: a súa visión “demasiado moderna” era incompatíbel coa práctica académica. Casou en 1929 coa súa primeira esposa, Catherine Woermann, con quen tería a súa única filla, Lucia, un ano despois. Ese mesmo ano fundou o seu estudio de arquitectura.Convidado polo arquitecto finés Eliel Saarinen, Charles marcha a Michigan en 1938 para proseguir a súa formación na Cranbook Academy of Art, da que acabaría sendo profesor e xefe do departamento de deseño industrial. Traballa con Eero Saarinen -fillo de Eliel- en deseños de mobles para un concurso do MOMA de Nova York, no que gañan os premios principais.

Bernice Alexandra Kaiser, “Ray”, naceu o 15 de decembro de 1912 en Sacramento, California. Estudou en Nova York co artista de expresionismo abstracto Hans Hofmann. Foi unha das fundadoras do grupo “American Abstract Artists” en 1936 e expuxo obra en diversos centros. Regresou brevemente a Sacramento para axudar a nai, que morrería en 1940. Logo diso, decidiu ampliar a súa formación na Cranbook Academy of Art de Michigan. Foi axudante de Charles Eames e Eero Saarinen na preparación dos deseños para o MOMA.

A “Organic Chair” de 1941 e un modelo actual.

En 1941 divórcianse Charles e Catherine. Ray e Charles casan ese mesmo ano e trasládanse a California, onde seguirán traballando no deseño de mobles e perfeccionando a técnica do contrachapado. Con esa técnica producen material para o exército americano: táboas para inmobilización, padiolas, etc. Ao final de guerra comeza a produción do mobiliario de contrachapado dos Eames por parte de diferentes compañías. Os seus mobles seguen vendéndose aínda hoxe.

Dining Chair Metal, 1946 Lounge Chair, 1956

Crosspatch (textil), 1947Ray Eames

House of Cards (xogo), 1951

Eames House, 1949(The Case Study House Program)

Póster exposición, 1965

Proxectos multipantalla

Glimpses of the USA (1959)

Filme de 13 minutos feito para o primeiro intercambio cultural EEUU-URSS. Deseñado para sete pantallas de 6x9 m, instaladas nunha cúpula de 76m de diámetro deseñada por Buckminster Fuller no Parque Sokolniki de Moscú. Tratábase de amosar “un día na vida nos EEUU”.

Powers of Ten (1977)

Inspirado polo libro de Kees Boeke Cosmic view: the Universe in Forty Jump (1957), é a creación fílmica máis coñecida dos Eames. En 1998 foi seleccionada polo “National Film Registry” da Biblioteca do Congreso para a súa preservación.