CATAVENTOS 2009

42
C C A A T T A A V V E E N N T T O O S S REVISTA ESCOLAR Saco e Arce Xuño 2009 A Comunicación Ramón Piñeiro Anxo Fariña Entrevistas Receitas NESTE Nº Debuxo de Miguel Ávarez

description

Revista Escolar CEIP Saco e Arce Toén-Ourense

Transcript of CATAVENTOS 2009

Page 1: CATAVENTOS 2009

CCAATTAAVVEENNTTOOSSREVISTA

ESCOLAR

Saco e Arce

Xuño 2009

A Comunicación

Ramón Piñeiro Anxo Fariña

Entrevistas Receitas

NESTE Nº

Deb

uxo

de

Mig

uel

Áva

rez

Page 2: CATAVENTOS 2009

OBRADOIRO DAS LETRAS 13, 16, 17, 22 , 23, 28-29, 34, 47 DÍAS DISTINTOS 3, 6 , 7, 8 , 36, 37 ENTREVISTA 9LETRAS GALEGAS 38-39 MEDIO AMBIENTE 10, 11, 18-21, ARTE: MÚSICA, PINTURA E MAXIA 4, 5 , 24-27 TALLERES 7, 30-35, 44-46 BIBLIOTECA 12, 14, 15 DEPORTES 42, 43 HUMOR, ADIVIÑAS E PASATEMPOS 41, 49, 50

VELAQUÍ UN NOVO NÚMERO DA NOSA REVISTA CATAVENTOS, ONDE POÑEMOS A PROBA AS NOSAS APTITUDES COMO REPORTEIROS, FOTOGRÁFOS, ILUSTRADORES …

1.- Os alumnos/as de Infantil xunto ao seu Maio.

2.- 1º Ciclo observan a través do microscopio unha mostra do caldo cultivo.

3.- Terceiro e cuarto bailan Batuka

4.-Quinto e sexto “riding on a camel”.

Page 3: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 3

O día 30 de Xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ. Participamos nun acto coas nosas mensaxes a favor da paz: Xogos, manifestos, cancións... Reunímonos todos no polideportivo para berrar a nosa mensaxe a modo de Rock. Cada un cun instrumento de percusión (tambores, bombos, timbais,

caixas chinesas, claves, triángulos...) tocabamos o ritmo e

cantabamos esta canción, que por certo a letra é nosa, a música de “We will rock you” de QUEEN.

ROCK SeN GUERRAAlumnos/as de 5º e 6º

ESTAMOS EN CONTRA DA VIOLENCIA XUNTOS DICÍMOLO A VIVA VOZESTÁ NAS TÚAS MANS, VOUCHO A EXPLICAR CALQUER CONFLICTO SE PODE ARRANXAR.

PONLLE FREO Á GUERRA A PAZ É A META.

ÚNETE AO CLUB DA AMIZADE, SO NECESITAS BOA VONTADE. XA O DÍ EFRÉN, PONTE A ENTRENAR HOXE É O DÍA, IMOS GAÑAR.

É A TUA CARREIRA TI NON TE DETEÑAS.

ESTAMOS EN CONTRA DA VIOLENCIA XUNTOS DICÍMOLO A VIVA VOZESTÁ NAS TÚAS MANS, VOUCHO A EXPLICAR CALQUER CONFLICTO SE PODE ARRANXAR.

PONLLE FREO Á GUERRA A PAZ É A META. É A TUA CARREIRA TI NON TE DETEÑAS.

Page 4: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 4

Historia dun barquiño

Page 5: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 5

Page 6: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 6

Comunícate con EfrénO Entroido imos celebrar

A noticia sae no xornal!! No correo, e na tele

Por e-mail, SMS

Ti escoita, ímoste a informar.

Vou escribir unha carta para Efrén Vou escribir unha carta para Efrén,

Hox e a meto no correo,

non esquezas por o selo Vou escribir unha carta para Efrén.

Iupi, ai, ai, Iupi, Iupi, ai Iupi, ai, ai, Iupi, Iupi, ai

Iupi, ai, ai, Iupi Iupi, ai, ai, Iupi

Iupi, ai, ai, Iupi, Iupi, ai

Co x ornal, ímoste a informar,

Dunha nov a que é sensacional:

Unha festa de disfraces

Celebramos esta tarde,

Todos nós querémoste invitar.

Iupi, ai, ai, Iupi, Iupi, ai Iupi, ai, ai, Iupi, Iupi, ai

Iupi, ai, ai, Iupi

Iupi, ai, ai, Iupi Iupi, ai, ai, Iupi, Iupi, ai

Tamén podes conectarte a internet

E mandar unha mensax e por e-mail

Este é o meu correo, Toma nota que cho leo

Efrén @ esquío . es

Iupi, ai, ai, Iupi, Iupi, ai

Iupi, ai, ai, Iupi, Iupi, ai Iupi, ai, ai, Iupi

Unha mensax e me acaba de chegar

O meu móbil non deix a de soar Escribo un SMS

En Toén eu quero verte, Alí t’espero trae o teu “disfraz”

Letra da canción: Alumnos de 2º e

3º Ciclo.

Toén, 20 de febreiro de 2009

Ola Efrén: Escríboche esta carta para contarche que hoxe celebramos a Festa do Entroido. ¡Estou emocionada! Os disfraces estaban xenial, tiñan todos un tema que che vai a encantar: “Comunícate con Efrén”. Primeiro saímos e desfilamos, había moitos papás facéndonos fotos, de seguido colocámonos para cantar unha canción que compuxemos entre todos, a festa terminou cunha merenda. Comemos orellas de carnaval, biscoito, algunhas chuches... Xa che mandarei algunhas fotos. Vanche gustar, seguro!! Xa me dirás cal é o teu favorito. Un feixe de bicos

Carola

Page 7: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 7

Alumnos/as de 2º Ciclo Temos previsto ir de excursión á Illa de Ons. Pero como neste mes de xuño non para de chover, ¡témolo complicado!. A nosa viaxe comeza as 8:40h. da mañá, na estación de tren de Ourense e segue, segue e segue ata Pontevedra. En Pontevedra collemos o autobús ata Marín e alí un catamarán que nos levará ata as Ons.

. As illas Ons son un arquipélago formado por dúas illas (Ons e Onza) e varios illotes .Pertencen ao Concello de Bueu. Están situadas na entrada da ría de Pontevedra. Preto do porto atópase o lugar mais poboado das illas. Hai unha igrexa, un posto da Cruz Vermella, un camping gratuíto e dous restaurantes. Non hai ningún río, pero hai varias fontes. No punto mais alto da illa está o faro, dende o que se observa toda a illa. Vemos que as dúas caras da illa son moi diferentes: A que da cara Pontevedra é baixa e areosa, con praias. A que da cara mar aberto é rochosa con grandes cantís Na illa viven gaivotas e cormoráns, que crían nos cantís. Noutros tempos abundaban os araos, pero agora están extinguidos. Os mamíferos terrestres son escasos. Os mamíferos mariños mais abundantes son os delfíns, os arroaces e os cachalotes. Con respecto ás plantas, hai rebolos (unha especie de carballo), salgueiros e algúns piñeiros e eucaliptos, e tamén hai toxos, fentos, xestas, uces.

Page 8: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 8

CANDO MANOLO JONES

VISITOU O COLEXO María Rodríguez. 2º E.P.

Este Obradoiro foi un agasallo da Consellería de Medio Rural por conseguir un 1º Premio no Concurso de contos DESCUBRINDO

UNHA ÁRBORE que escribiu un rapaz do colexo.

O xoves, 26 de marzo de 2009, Manolo Jones veu de visita ao noso colexio.Fixo a súa entrada coa banda sonora de Indiana Jones, e cun látego. De seguido preguntounos a todos o noso nome.El era moi divertido, simpático e gracioso. Por cada nome, Manolo Jones cantaba unha canción antiga que levaba o noso nome ou apelido. A min, como me chamo María, cantoume: “Maríaa, la portugueesaa…” A Diana Carolina cantoulle “A saia da Carolina ten un lagarto …” Viña cun cofre cargado cos tesouros do bosque: madeira, papel,

cortiza, pequenos animais coma o cuco, o peto... e convidounos a que buscaramos nós no monte os tesouros agachados.Confeccionamos a partir de material reciclado (cartón, rolos de papel...) marcadores, mouchos e teixugos.

Page 9: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009

ENTREVISTA/ BERNARDO E JOSÉ ANTONIO/ Policía Nacional de Ourense

“Un policia no colexo”Día 22 de abril de 2009. 3º e 4º

Os policías Nacionais, Bernardo e José Antonio, achegáronse ao colexo para que coñecésemos mellor a súa tarefa. Pregunta. Por qué elixiches esta profesión? Resposta: É o que me gustaba xa dende moi pequeno. P. É moi difícil sacar a carreira de policía? R. Non é difíci l. Hai que estudar, pasar unhas probas físicas. Presentarse a unhas probas de acceso e aprobar. De seguido imos a academia de policía. P. Cantas mulleres hai no corpo de policía? R. Cada vez hai mais mulleres, en Ourense un 15 %. P. Gustaríache que os teus fillos/as fosen policías? R. Si . P. É cómodo o teu uniforme? R. Podía ser mais, o que peor se leva é a gravata.

P. Que é o que mais e o que menos che gusta facer? R. O que mais son as prácticas de tiro e o que menos deter a unha persoa. p. Cantos anos tiñas cando empezaches? E cantos anos levas na profesión? R. Tiña dezanove anos cando entrei , e xa levo dezaseis anos exercendo. P.Segues unhas regras ou cando che mandan algo fas a misión mais arriscada? R. Sempre seguimos unhas regras.P.es alguén mais da familia que sexa policía?

R.Sí, o meu irmán xemelgo e o meu curmán tamén son policías P.O teu xefe agóbiate?

R. O meu xefe é o comisario e non me agobia, eu tamén son xefe. P. En que consiste o teu traballo? R. Dou clases, atendo a prensa e visito colexos para dar charlas. P. Multarías a un neno/a? R. Se incumpre a lei si, temos unha celda para os menores de idade, é unha habitación pequena, pechada e sen ventás. P. Que lles dades de comer aos que están retidos? R. Antes dabámoslle bocatas, agora comen uns menús precociñados, non poden escoller. P. Existe moita delincuencia en Ourense? R. Non, é unha cidade tranqui la. P.É perigoso o teu traballo? R. Non está todo bastante controlado e cando intervimos, imos sempre xente suficiente. P. Cantas horas traballas ao día? R. Non o podería precisar, teño un horario moi flexible P. Ves a túa familia tanto como queres? Si , porque como che dixen, traballan comigo. P.Cal foi a túa primeira misión? R. Foi en Madrid, nunha investigación de tráfico de drogas. P. Empregas moito a pistola? R. Por sorte non, empregámola para facer prácticas de tiro na galería. P. Que tipos de coches empregades? R. Coches da Policía Nacional, rotulados que poden ser da marca Citroën Picasso, Peugeot, Seat León, C4, Todoterreo, Honda e tamén temos coches camuflados que poden ser calquera tipo de coche.

Page 10: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 10

Esta mazaira plantouna o meu avó José Luis na finca de Os Cabaliños o día que eu nacín. Plantouna porque, segundo o día do meu nacemento, é a árbore que me identifica. Se eu fose árbore, sería unha mazaira.

Debaixo da árbore gravou o meu nome e a miña data de nacemento. Candela

O meu arando Idade: 3 anos, coma min. Beleza: Na primavera está todo verde, despois sáenlle as flores que son coma faroliños e ao final do verán sáenlle os froitos, que a min me gustan moito. No outono as follas póñenselle vermellas e logo cáenlle. Situación: Está no meu xardín.

Lúa Domínguez Grande. 3 anos.

O PIñEIRO

Rafael Sousa González – 5 anos

O CARBALLO Sofía Fernández Iglesias. 3 anos

Lucía Álvarez Gil. 3 anos

A mimosa

Irene Cruz Domínguez. 3 anos

Lorena Seara Calviño. 5 anos

A mazairaCandela Nieto – 3 anos

A Mazaira

Esta mazaira ten dez anos. Da ricas mazás vermellas. Está na finca da avoa Juanita.

Page 11: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 11

1º premio CONCURSO “DESCUBRINDO UNHA ÁRBORE”- Consellería de Medio Rural

MARTÍN ÁLVAREZ ÁLVAREZ. 8 anosMartín, León, Carola e Luar eran catro rapaces que vivían nun pequeno pobo do Ribeiro. Cada tarde ao saír da escola, baixaban camiñando ata o pé do río Miño onde xogaban ao fútbol un bo anaco. Escolleron unha zona onde medraba un Plataneiro, non había porter ías e esta árbore servíalles de poste e do outro lado marcaban a portería coas carteiras da escola. Dividíanse en 2 equipos e ¡a xogar! Pasaron os anos e os rapaces marcharon a estudar ao instituto en Ourense, pero sempre sacaban tempo para verse. Os sábados ou os domingos quedaban e facían uns partidos. Unha tarde ao chegar no autobús escolar viron moita maquinaria ao lado do r ío. Cando se decataron de que ían facer un campo regulamentario de fútbol puxéronse moi contentos. Da alegr ía pasaron a preocupación... Que farían coa súa árbore? Os obreiros dixéronlle que había que cortala.

Os nenos decidiron salvala: colocaron carteis, colgaron camisetas de fútbol nas súas pólas ...A Alcaldesa, interesada polo atraso da obra, baixou á ribeira, falou cos rapaces e cos encargados. - Temos que solucionalo da mellor forma!- dixo. O campo ten que inaugurarse o día 21 de marzo. A solución ocorréuselle a Martín: - Podíase trasladar a árbore ao parque, a carón do campo. Dar ía sombra e sempre podería facer de portería. Todos estiveron de acordo, O PLA TANEIRO foi arrincado con moito coidado e plantado no lugar sinalado. É o lugar favorito de moitos nenos e

nenas, que seguen a xogar ao fútbol coa árbore de portería.

A ÁRBORE DAS QUINTAS O meu avó contoume unha historia sobre unhas árbores que están ao lado dunha capela no pobo onde el naceu: As Quintas. Cando el era pequeno os vellos dicían que ao redor da capela e as súas árbores _ antes había dúas_ houbo un pequeno pobo con catro ou cinco casas. A xente que vivía alí non se relacionaba cos demais veciños e non querían a ninguén alleo no seu pobo. Dicían que era xente moi rara e que se xuntaban ao redor das árbores e pasaban alí as noites de lúa chea.

A xente desapareceu da noite para a mañá e nunca se volveu saber nada mais deles. As casas acabaron derruíndose pero non a capela nin as árbores. Contan que hai xente que quixo ser enterrada debaixo das árbores, e alí seguen. Estela Araújo. 2º EP

Page 12: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 12

Durmindo nos libros 23 de abril , Día do Libro. 1º e 2º de Primaria

Non sei se foi un sono pero Eu creo que foi verídico O que me ocorreu unha vez Que durmín dentro dun libro.

Durmía coma un leirón Cando algo me espertou O son lonxano e doce Dunha misteriosa voz: - Raponcel, Raponcel Solta os teus fermosos cabelos.

Ti soñaches eso, e eu soñei que vivía Nunha casiña de chocolate E unha voz me dicía: -Come todo o polo rapaza a ver se te pos ben gordiña e pronto te hei zampar .

Non fai falla dicir Que sobresaltada espertei E pensando que me ían comer A habitación dos meus pais marchei -Papa, papa Que me queren zampar. -Estas tola Aquí non hai nada! Anda, anda, vaite a cama.

E así volvín durmir E soñei con novos libros De lobos, bruxas e ogros que non comían raparigos.

Eu soñei que me perseguía un lobo, Pero chegaba a casa dun porquiño Que moi contento me recibía: -Pasa , pasa, Rodrigo.

Pois eu comía unha mazá Que estaba envelenada E tanto sono me daba Que pola mañá non espertaba. María, esperta que has perder o autobús Eu non son María Que son Brancaneves! - Anda Déixate de lerias E érguete.

Pero eu era incapaz de abrir os ollos. Tivo que tirarme da manta Para que espertara de aquel sono.

Eu soñei que me pinchaba Cunha agulla de coser E que caia desmaiada E durmía mais de un mes. Ata que meu pai me dicía: -Estela, Estela! Esperta e fai a cama.

Pois eu soñei que me casaba Cun príncipe moi valente E a miña voda asistían As mais extranas xente. Había unha fermosa carroza Bruxas con longas escobas Un frautista con moitos ratos E un gato con grandes botas. Esto é o que soñei que pasaba na miña voda.

E aquí rematan os sonos Dos alumnos do primeiro cicloSe vos tamén queredes soñar Tedes que ler moitos libros.

Page 13: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 13

Carola,Prema, Miguel A. e Andrea, 6º Hai moitos anos, cando aínda non existían os humanos nin os dinosauros, uns seres estraños dominaban a TERRA. Había moitos seres, pero de entre todos eles sobresaían: os trasnos, as mouras, as xacias, xigantes, Sacdratos... Todos adoraban unha xoia: O colar do sol e da lúa o que se lle atribuía poderes sobrehumanos. Empezou unha loita inmensa de Elfos e Trolls que loitaron con lanzas e arcos,

espadas e escudos.

Os Sacdratos, uns gnomos de 1m de altura, pararon a loita cuns cantos de inmobilización e contáronlles aos Elfos e aos Trolls o que lles sucedía...

Todos eles estaban hipnotizados polo colar que facía que toda a multitude o desexara. A ASM (Asociación de Seres do Mundo) decidiu destruír o colar : Levaríano a cidade de Ouro e tiraríano as augas termais de Outariz onde se desintegraría grazas a súa mineralización Un dos voluntarios foi Freco un mouro moi valente que xa tiña experiencia. Visitaría a fonte da Moura Ana Manana e pediríalle consello. Outra voluntaria foi Estratuna, unha xacia coñecedora de

todas as augas, pozos, ríos, fontes .... Máis tarde presentouse un troll chamado Gotkerthy. Era forte, un gran comilón de cereixas e tiña sona de ser de fiar Xa a primeira hora do día Estratuna, Freco e Gotkerthy saíron co colar do Sol e da Lúa cara a fonte de Ana Manana.

Cando chegaron á fonte, Ana Manana indicoulles como podían chegar as termas quentiñas de Outariz Xa alí nas termas buscaron a charca mais quente para meter o colar e que así se fundise como un queixo. De seguido meteron o colar na charca quente e todos viron como aquela fermosa peza se fundía. Aínda que satisfeitos por cumprir a misión, regresaron ás súas terras

cheos de tristeza.

Page 14: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 14

äGeronimo Stilton:

El misterio del

tesoro

desaparecidoã

“Kika Superbruxa E a espada máxica”

Marta Morales

“Tea Stilton”

Iria Domínguez

“Os Bolechas Xogan ao baloncesto”

Brayan Calviño

äGeronimo Stilton

y el galeón de los gatos piratasã

Fermín Cruz

Un día Loli e Nacho foron xogar ao baloncesto. Nacho canastou e Loli enfadouse con el e foise ao río.

Me gustó porque al final, Geronimo Stilton se salvó

Page 15: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 15

E A ESPADA ESMERALDA Ed. A NOSA TERRA

O día 8 de xuño ANXO FARIÑA veunos facer unha visita e mostrarnos como se deseñan os personaxes para crear esas historias tan divertidas e fantásticas. Nós, en agradecemento, queremos que no noso xornal saia esta reseña dun dos seus libros, que lemos os de 5º e 6º e que nos gustou moitísimo….Agardamos con impaciencia as seguintes aventuras dos Megatoxos…

Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar do máis emocionante. Tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas.

Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece. Nesta nova aventura,os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa supervivencia.

-Sheila Rodríguez-

Page 16: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 18

Os peques do cole, ¡todos uns xardineiros!

1º.Trouxemos terra, macetas

e bulbos de gladiolos

2º.Enterramos os

bulbos

3º.REGÁMOLOS

Page 17: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 19

O noso dia a dia cos gladiolos

Que ben medimos, s Somos boísimas,...

Cantos números Aprendemos Anotando.

Os gladiolos necesitan augae sol para medrar.

Page 18: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 20

Está cheíño de plantas m edicinais e aromáticas mmm... cheira a menta, romeo, ourego, lavanda!!! ROMEO É unha planta aromática. Ten o talo leñoso, follas pequenas e estreitas. Úsase para dar sabor as comidas. Tónico para mans e pés fríos. Para desatascar o nariz. Para a dor de moas LAVANDATen flores violetas diminutas, follas pequenas.

MENTA E unha planta aromática que produce un frescor na boca. Ten as follas verdes, ten a raíz curta. Non moi alta. Usase na cociña para acompañar o cordeiro, e moitas cousas, tamén se usa nos cócteles. Pódese botar a comida para darlle olor, tamén como infusión dixestiva. MANZANILLA Tomase en infusión para a dor de barriga.

Úsase para ambientar a casa ou darlle olor as cousas e para facer xabón. ALOE VERA É un cactos, as súas follas son anchas e carnosas de cor verde polo xeral, pero pode variar. Toda a veira da folla ten espiñas, por dentro parece xelatina. Úsase para curar as queimaduras. Para que as feridas cicatricen . Hidrata suaviza e alivia os picores producidos polos insectos. OUREGO É unha herba perenne. As súas follas conteñen unha esencia aromática. Úsase como condimento para carnes, en perfumería e tamén en infusións para curar catarros e para combater

trastornos dixestivos.

XARXA Ten follas verdes , por riba ten como pelos de algodón , necesita moita auga. É para curar dores de barriga. Tamén se emprega na cociña, combina cos pratos de peixe e carneA RUDA É unha planta herbácea

HERBALUÍSA Arbusto de cor verde, as súas follas son longas e estreitas.As súas flores son pequenas. Florece no verán. Ten un forte aroma a limón. Úsase como aromatizante ou a modo de infusións: Axuda ás dixestións pesadas, eliminación de gases e para as contracturas musculares.

perenne de cheiro forte, con flores amarelas. Florece na primavera e a comezos do verán . Usase para combater lombrigas, contra o mal de ollo, dores de barriga e para a regra. TOMIÑO Herba de follas verdes e amarelas que ole a limón e ten flores moi pequenas que teñen o talo verde. Infusión para a tos TILA Tomase en infusión e para os nervios

Page 19: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 21

.

Vive nos tramos anchos e lentos dos ríos. Deposita os seus ovos en lugares tranquilos . Come: insectos. Esta ameazado por: a contaminación dos ríos e por a destrucción do seu hábitat .

Alba Rodriguez – 3º

Vive en:Ríos de corrente lenta e algúns

encoros. Come: Plantas acuáticas e invertebrados.

Esta ameazada por: As especies exóticas, a súa captura como mascota, destrucción

do seu hábitat e contaminación do chan e da auga. Alba Rodriguez – 3º

Vive nos cumios de Ourense e Lugo Come: aves , coellos e reptis Fai o niño nas averturas dos cantis Está ameazada por disparos de cazadores, os tendidos electricos, o espolio dos niños e actividades deportivas coma a escalada...

Martín Alvarez – 3º

Vive nas rochas e no mar. Fai o seu niño nas repisas dos cantís. Come peixes. Esta ameazado por as capturas da pesca e as mareas negras. Marta Morales – 4º

Nome: oso pardo Vive no: monte Os cachorros nacen no pleno inverno nunha cova Come: plantas,tubérculos, landras, castañas, bagas, cereixas, amoras, cogomelos, crías, ovos de aves e insectos Esta ameazado por os cazadores. Martín Álvarez – 3º

Vive en : Lagoas de interior e lagoas ao lado do mar. Come: Insectos e animais pequenos. Está ameazado por: o uso de insecticidas

Raúl Melo – 3º

Page 20: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 22

The BBig Ben is in London. It’s in the HHouses of Parliament and it’s 150 years old. “Big Ben” isn’t the name of the clock, It’s the name of the GGreat Bell inside the clock tower. The bell is very big: It’s 2.2 m tall and It weighs 13.7 tons. The clock has got four faces. The diameter is 7 metres. It’s got two hands. The long hand is 4.2 m and the short hand is 2.7 m. The numbers are 60 cm long. Alumn@s 3º Ciclo

Page 21: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 23

Por este motivo decidimos facer o noso noticieiro científico sobre a vida dos astronautas que pasan

longos períodos nas estacións espaciais estudiando o universo e realizando diversos experimentos.

Ala vai UNHA DE ASTRONAUTAS

SABÍAS QUE ...

Exercicio Físico:

Na cabina os astronautas aprenden a moverse cos seus propios dedos.

Saúde:

Cada período de sono dos astronautas dura unhas oito horas, pero poucos astronautas dormen tanto tempo. A maioría seguen espertos, para mirar por as ventaíñas o espectáculo do Universo. Algúns astronautas vomitan durante os primeiros días. Aos astronautas estalles prohibido fumar no transbordador espacial. sen embargo, hai rumores de que algúns cosmonautas rusos fuman na súa estación MIR.

Hixiene:

Os astronautas non se duchan. Para asearse teñen auga, unha toalla mollada e xabón. Os astronautas lávanse os dentes con cepillo e a súa pasta preferida. O primeiro que se poñen os astronautas cando van a voar é unha especie de pañal para recoller o pis. Nunha misión mixta, se unha astronauta se quere mudar de roupa, os seus compañeiros soben respectuosamente a cabina superior. As astronautas non usan suxeitador. Dadas as condicións de ingravidade da nave non parece necesario.

Alimentación:

O pan preferido que se come no espazo é a tortiña de fariña. Un anaco de pan normal desfaríase producindo moitas e molestas migas que flotarían libremente na nave

Page 22: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 24

Brayan, Fernín, María Rodríguez e Estela. 1º Ciclo

Chave de ferro

leiteira

Máquina de coser de manivela Fuso Radio Ola

Page 23: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 25

Acendedor do S. XIX. Estela

Sheila, Brayan e Bra isOlas, ánforas e cuncas

Chaves de ferro, Imposible perdelas! Fermín, Águeda, María e Miguel

Lámpadas de aceite ou carburo. Lucía e Andrea. Lúa tamén trouxo unha palliña da súa madriña. Moi curiosa!!

Balan

za roman

a e pesas.Yaribel, Alba e Dani.

O fuso, para facer la. Andrea e Iria.

Moedas Antigas. Marta, Águeda, Rodrigo e Andrés

Para su

lfatar ou avivar o lum

e. O

fuelle de M

artín

Ferros de Pasar e máquina de coser. Candela, Iria e Estela

Radio, cin

tas, Discos de V

inilo, tocadiscos e órgan

o. Sofía, Candela, Rafa e María

Page 24: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 28

O CENTRO DE DIA DE TOEN DA A VOLTA O MUNDO

Todo isto comezou cando os nosos maiores decidiron ir dar a volta ó mundo. O problema era que non atopaban vehículo. O señor Antón dicía que se mareaba no av ión, a señora Rita dicía que non podían ir en coche porque a v iaxe era moi longa, e a señora Celia dicía que non podían ir en tren porque todos sabemos que no mundo hai moitas partes onde so hai auga. Despois de cav ilar en todo isto, decidiron construír o seu propio vehículo. Dona Rosa, Don Xoán e Don Luís trouxeron tubos de escape. Carolina, Xoaquín e María conseguiron ás de av ións, e, por último Manolo, Carme e Lola toparon uns motores. Despois de poñerse mans á obra o resultado foi sorprendente . ¡Quedou como unha especie de “coete”.! Viaxaron por terra, auga e aire. Viron acrobacias, elefantes mariños e...ata as famosas letras no alto do monte “HOLLYWOOD” pero nada lles pareceu tan bonito coma Toén. Así que decidiron volver ax iña ao Centro de Día para seguir divertíndose xogando ás cartas, ao parchís e ao xadrez. E, o mellor de todo..... ter sempre o bo trato das súas coidadoras.

MARIA RODRIGUEZ ESTEVEZ- 7 ANOS

A SEÑORA MARIAMaría era una muller maior que vivía sola na aldea. Quedara viúva fai moitos anos. Os seus fillos

estaban moi preocupados por ela porque tiñan medo de que lle pasara algo, que se perdera ou caera e ninguén lle botara unha man porque na aldea na que vivía, apenas había xente. Os seus fillos trataban de ir a vela sempre que podían, pero vivían nunca cidade algo lonxe e non podían ir todo o que quixeran, así que decidiron metela nunha residencia para que estivera máis segura. Cando Luís e Pablo, os fillos, llo comunicaron a María, ela choraba de pena porque non quería deixar o seu fogar, pero entre os dous lograron convencela. Así foi como María fixo as maletas e, con moita pena, marchou para a residencia. A residencia non estaba mal e coidábana moito, pero estaba na cidade e María non podía saír, e os fillos só podían visitalo os fins de semana. Botaba de menos a súa casa e os seus animais, botaba de menos os poucos veciños que había na aldea, botaba de menos ir a horta e plantar e recoller as súas verduriñas. Botaba de menos tantas cousas que non se afacía e estaba sempre triste. Non tiña apetito, non lle apetecía saír o xardín e botaba a chorar moi a miúdo. Os fillos estaban moi preocupados e non sabían que facer. Un día enteráronse que na aldea veciña a da súa nai , abriran un centro de día. Falárono coa súa nai e cos responsables da residencia. Alí dixéronlles que a súa nai, aínda que non podía estar todo o día soa, si podía quedar soa para durmir. A María pareceulle moi boa idea, podería estar na súa casa e pasar parte do día acompañada e facendo actividades. No centro de día aprendeu informática e comprou un ordenador co que chateaba cos seus fillos. Aprendeu a pintar e facía moitos cadros. Fixo moitos amigos, entre eles Ramón, co que se levaba moi ben e saían a pasear xuntos. ESTELA ARAÚJO- 7 ANOS

Page 25: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 29

Foi unha noite repleta de sons estraños. Eu estaba na miña casa e escoitei un coche que non paraba de pitar. Púxenme nerviosa pensando que algo lle pasara ao conductor. De repente, oio:- Temos cordas para atar aos “abueletes”? - Si, claro e panos para amordazalos.

Eu saín da cama estarrecida, pero cando estaba saíndo do meu

cuarto oín: e despois .

Os meus pais tamén oíron a alguén que berraba:

- Non me maten! Collan o que queiran e váianse, por favor!

Eu, sen dubidalo nin un momento, corrín cara o Centro de Día coa miña pistola de auga. Disparei varios chorros fortes ao asasino. E de repente, escoito:

- CORTEN, CORTEN! Que fai esa nena no medio da escea?

E dinme conta de que me atopaba no medio dun capítulo da miña serie favorita: PACIFIC BLUE. Estábano rodando no Centro de Día, ao lado da miña casa.

E, por certo, TC (o meu actor favorito), caeu da bici Águeda González – 2º EP

Page 26: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 30

COMO

TRABALLAMOS !

QUE APETITOSO!!

Page 27: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 31

Page 28: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 32

Que hai para xantar?

- Primeiro colles uns libros e quitas as letras, despois coces o arroz. - A continuación colles o filete e úntalo con pagamento, logo

arrancas dúas follas da libreta. - Colocas unha folla por debaixo do filete e outra por riba e frítelo.

-Para adornalo podes poñer dúas gomas de cor azul.

Marta Morales

- Quitamos uns 250 gramos de números da táboa de multiplicar. - Engadimos dúas letras, por exemplo o S e o T.

- Botámoslle un pouco de tinta - Pódenselle engadir virutas de goma para que lle dea mais sabor e

obteremos unha marmelada riquísima ,que se pode untar en cartolina.

Iria Domínguez

Colles todas as leccións que poidas do libro de matemáticas e polas a cocer durante media hora (30 minutos).

Mentres tanto, preparas a masa da empanada. Cando xa teñas todo preparado, metes as leccións

na empanada , intentando non queimarte.

Parte a empanada, próbaa e dirás Riquísimo!!!Alba Rodríguez

Escóllense os peores problemas que un teña e póñense a cocer nunha cazola con auga fervendo.

Colócanse nunha fonte os catro primeiros problemas e botase unha salsa de alegría por riba.

Repetir o paso número dous ata acabar cos problemas .Espolvorear con felicidade a lasaña e meter no forno ata a

disolución total dos problemas.

Raúl Melo Oberson

Page 29: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 33

Receitas con sorpresa

* Primeiro de todo hai que coller a Sali. *Metela nun caldeiro cheo de Nocilla (ou calquera outra crema de cacao). * Metela no forno e esperar 1 hora... *Transcorrida 1 h, quitámola do forno e deixámola repousar, * Xa está lista para merendala!

Ollo: tomada en exceso pode producirche

sobredose. Non abuses!!!!!! Martin Álvarez

Para facer unha sopa de letras necesitas un libro. Unha vez que teñas o libro, colle as letras e déixaas uns días ao sol. Despois necesitas baba de caracol: tes que poñela catro días ao sol. Mesturas todo e ao cabo dunha semana terás unha SOPA DE LETRAS MOI RICA. YARIBEL B. G.

Colles un caderno de cuadricula e quítaslle 7 follas . Córtalas en cadrados ( cada cadrado 16 cadradiños ). Cócelos durante 8 minutos. Necesitarás tamén cola, folios, goma (o po que sae cando borramos) e algodón, para facer a salsa. Os folios córtanse e bótanse nunha pota, bótase a goma, o algodón e por riba a cola. Deixámolo 9 minutos e, de vez en cando, remexémolo cunha regra de 10 centímetros. Cando xa está botámoslle a salsa á cuadricula e ... ¡Bo proveito

Maria .M.

Page 30: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 35

We like cooking Carrot omelette You need: Carrots Eggs Oil - Peel and wash the carrots - Chop the carrots into small pieces - Heat the oil in a frying pan - Fry the carrots in hot oil - Beat the eggs in a bowl - Pour the eggs and the carrots into the pan - Fry the omelette - Turn the omelette with a plate. Bianca Ghiban 5º

Strawberries with cream

You need: Strawberries

Cream

Syrup

- Wash the strawberries

- Cut up the strawberries and pour the

fruit into a dish

- Put some syrup

- Put some cream

- Eat your strawberries Prema N. Rinaldi. 6º

Fruit saladYou need: Straberries Apple Banana Cherries Pineapple - Wash the strawberries and cherries - Peel the apple, banana and pineapple - Cut up the apple, banana, strawberries, pineapple and cherries. - Put the fruit in a bowl.

Sheila Rodríguez 5º

Fruit smoothie

You need: grapes Pineapple Banana Milk - Wash the grapes - Peel the pineapple and the banana- Cut the fruit - Put the pineapple, banana and grapes into the blender - Pour some milk. - Mix the fruit and the milk - Pour it into a glass. - Drink your fruit smoothie. Miguel Angel Melo 6º

Fruit Filled Watermelon

You need: A half watermelon Oranges Peaches Strawberries Kiwis Sugar Orange juice - Empty the watermelon - Cut it into small pieces - Wash the strawberries - Peel the peaches and kiwis - Cut up the fruit - Put the fruit into the watermelon - Pour some orange juice and sugar

u Borja Martínez 6º

Page 31: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 36

Aí ven o Maio, Aí ven florido, Aí ven o Maio Saír ao camiño

Este maio, maíño É moi particular E no noso colexio Ímoslle cantar.

Escoita Maio As nosas cancións Que se nos saen ben Iremos a Eurovisión.

Adornamos o maio, ¡É unha chulada! Con flores e ovos… Con fiuncho e bugallos

O día da árboreNo horto puxemos Menta, herba luísa E tamén romeo.

O noso horto Xa está florido Con tanta auga Que leva caído.

Tivemos disfraces De cartas e xornais Outros de internet Todos moi “guais”.

Escribimos cartas Ó amigo Efrén, El nolas responde E escribe moi ben.

No día do libro cun novo mercadiño fixemos moitos amigos Prestando os nosos libros.

No deporte escolarChegamos á final ¡Case lle gañamos Aos da Valenzá.

Co profe Pepe gañamos a copa fomos finalistas na liga da zona

Pasaron os pequenos Á fase provincial E aínda que perderon ¡fixérono xenial

Os nosos mestres

Nunca se cansan. Nós non podemos Con tanta marcha.

Xa chega Sali Pola mañá, Se non a saúdas Vaise anoxar.

A profe Sali Esixe moito Música e lingua Sabémolo todo.

Coa ortografía, E a caligrafía, Vólvenos tolos Así todo o día.

O profe Manolo É moi esixente, Sempre nos manda Moitos deberes.

O profe Manolo Coas súas matemáticas Quere que sexamos Uns grandes Pitágoras

Maio, maíño Líbranos de oír: - Profe, non teño goma. - Profe, o lapis perdín

- Esquecín o libro. - Quedoume na casa. Maio, por Deus Líbranos destas frases

A profe Carmen Danos coñecemento E aprendemos moito Cos experimentos

Coa profe Carme, Que nos dá inglés, Aprendemos cousas Para parar un tren

En un novo encerado Non usamos o xiz Manexamos a pizarra Cun só clic!

Co profe Pepe este ano facemos moitos traballos ¡A ver se para xa Que estamos esgotados!

Chegaron de América Yaribel e Valentina Dominan o galego Xa de marabilla.

Andrés, as cartas Puxo de moda Xoga seguido ¡Moito lle mola.!

Sheila fala arreo Sen descansar… Non lle seca a lingua De puro casual.

Maio, maíño Que bo para “humanida” Que algúns de segundo Se abstiveran de falar.

O querido Mikel que pare de tragar, e se concentre mais en mellorar e estudar.

Page 32: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 37

Vel

aqu

í es

tam

os p

rep

arán

don

os

par

a ca

nta

r as

nos

as c

opla

s.

No día do medio ambiente… ¡ Como traballamos! Facendo buratos E plantando árbores.

No día da árbore Dani moito traballou Sachando e regando Coma un campión. Ao noso colexio Uns amigos chegaron, Veñen a acompañarnos A cantar os Maios.

Benvidos sexades Moitos anos máis E xuntos poidamos Mil Maios cantar.

Hoxe os velliños Viñeron ao cole, Cantaron as coplas, Escribiron moitas.

Trouxeron un Maio ¡Que ben o fixeron! Metido no bus Vaia, ¡que mareo!

Os do segundo ciclo Son moi ruidosos Van polos pasillos Berrando coma tolos.

Ao noso colexio Policías viñeron… Nos collades medo… ¡que non nos prenderon!

Este ano o Barça Ó Madrid gañou, Metéronlle 6 goles Sen compaixón

Ao alcalde pedímoslle Con moito afán Que non nos pode as árbores que sombra nos fan

Maio, maíño Non nos traias gripes. Tráenos traballiño Para saír da crise.

Maio, maíño Dime, se o sabes Que hai que facer Para que algúns traballen

Maio, Maíño Que terá o televexo? Que pasamos mais horas nel Que xogando ou lendo

Maio me leva Maio me trae, Momentos moi ledos Para disfrutar

Con xestas e flores, Coplas e emocións A ti, maio querido Despedímoste co corazón

E agora nós, Xa vos deixamos Se queredes mais Volvede pro ano

Page 33: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 38

Alumnos de 3º e 4º de E.P. 2009 é o ano de Ramón Piñeiro, xa que a

Real Academia Galega lle dedica o Día da

letras Galegas.

Ramón Piñeiro foi o fundador, en 1951, da

revista Grial con

traballos que informan

de Galicia e da cultura

universal. Esta revista leva o nome dunha

lenda .

Existen numerosas lendas do Grial, a mais

coñecida en Galicia é a que proclama ao

santuario de O Cebreiro como custodio do

Santo Grial e conta así:

Era unha vez un cura que perdera a fe e

preguntabase como era posible que no

momento da consagración o pan se

convertera na carne de Xesus e o viño no

seu sangue.

Un domingo a igrrexa estaba baleira porque

facia moito vento e nevaba moito. De

pronto entrou un veciño que non queria

perder a misa e o cura pensou para si:

- “Pobre home,

vir dende tan

lonxe e con este

tempo por un

pouco de pan e un

pouco de viño”.

No momento da consagracion mirou para a

patena e observou que o pan se convertera

nun anaco de carne e o viño do cáliz se

convertera en sangue. Co susto o cura caeu

ao chan .

Cando o veciño foi axudarlle decatouse de

que estaba morto.

María D. Melo, Alba Rguez. e Martín A.

Outra versión desta historia é a da Orde

dos Cabaleiros do Grial:

O Grial é a copa pola

que bebeu Xesús na

última cea. Conta a

lenda que hai moitos

anos, Xosé de

Arimatea, amigo de

Xesús, gardou o Santo

Grial. Cando desapareceu o corpo de Xesús

acusárono a el de roubalo e metérono no

cárcere, sen comida nin bebida, pero

sobreviviu gracias ao

cálice. Cando saíu

escondeu a copa nun

castelo de Britania.

Anos mais tarde os

cabaleiros da táboa

redonda empezaron a

buscala xa que o que

posuise o Grial

alcanzaría a vida

eterna, sabiduría e coñecementos.

Iria Domínguez e Martín Álvarez

Page 34: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 39

Page 35: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 40

Lucía, María Rodríguez, Águeda e Rodrigo.

Ai ven o noso maio por cidades e pobos

traendo soles e solpores e arrecendos que alimentan sonos.

Maio Maiño ven regordiño

con moitas flores e un gran sorriso.

Maio Maiño ven ben florido cubre de flores

os nosos corazonciños.

Maio Maiño ven xeitosiño

nos traias tronos tráenos solciño.

Maio fermoso do meu corazón,

pídoche que as nosas casas cubras de flor

Maio glorioso sempre florido coa túa capa

cubre os meus sentidos.

Maio meu maio tráenos espantallos

para que a pomba e o corvo non entren nos sembrados.

Page 36: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 42

OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS 2009 Carolina Álvarez, 6º- Miguel Ángel Melo, 6º

Como outros anos, no noso colexio, o día 23 de marzo pola tarde, disfrutamos dunha sesión de xogos tradicionais, que aínda que durara unha hora a min fíxoseme moi curta. Chegaron tres monitores con tres xogos: “ O Pano do Río”, “O Paquete” e “O Marro”.

Ás 15:30 empezamos a xogar ao Pano do Río que consistía en facer dous grupos e poñerse un número do un ata o número de persoas que houbese. Logo fanse dúas liñas paralelas de medio metro de separación no que cada grupo ten que colocarse en fila india. No medio ten que haber un obxecto que caiba nunha man. Outra persoa di un número e aos que lle toque teñen que dar unha volta ás filas, despois meterse, agatuñando, entre as pernas das persoas da túa fila e coller o obxecto.

Mais tarde xogamos ao Paquete no que había que colocarse nun círculo concéntrico facendo coincidir un xogador detrás do outro e mirando cara ó medio. Dous xogadores quedan fora do círculo e un persegue ao outro, pero se o colle teñen que intercambiar os papeis. O perseguido pode colocarse diante dunha parella e o do círculo exterior ocupa o seu lugar.

O terceiro xogo, o Marro era de estratexia. Necesítase un campo coma o do brilé, cada equipo colócase un en fronte do outro. Se un xogador entra no campo o xogador do outro equipo pode saír e perseguilo, así como facelo prisioneiro. Persigue sempre o que sae máis tarde.

O xogo que máis me emocionou foi o do Marro porque é de estratexia e habilidade, aínda que O Pano do Río e o Paquete tamén estiveron ben.

Page 37: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 43

DEPORTE ESCOLAR_09Carolina Álvarez e Miguel Álvarez- 6º

Este curso no deporte escolar participamos en moitas actividades, tanto na modalidade polideportiva cultural, deporte en escolar e campo a través. Participamos, coa proba polideportiva cultural os de 2º e 3º ciclo dos colexios: Entrimo, A Valenzá, e Lobios.

Nós, formamos un equipo cos colexios de Lobios Entrimo e participamos en baloncesto, bádminton, xadrez e na proba cultural. Na actividade de deporte en idade

escolar, participamos en Campo a través e fútbol sala. Tanto pequenos coma maiores chegamos á final. Nós, os máis maiores na final fixemos o que puidemos; perdemos 8-5. E os pequenos arrasaron na final quedaron 13-5. O que máis me gustou foi cando chegamos á final.

Todo foi divertidísimo, xogamos en equipo, coñecemos a rapaces doutros colexos e gañamos moitos partidos.

Toén-Gomesende

Page 38: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 44

Un circuíto Eléctrico!!

Andrea, Carola e Miguel Ángel

Material

Como o fixemos?

Page 39: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 49

CONVERSAS NUN CALDO DE CULTIVO

Todos os anos adoitamos facer un caldo de cultivo para observar ao microscopio eses misteriosos e diminutos seres que chaman Unicelulares. Este ano había mais que nunca. Parecía unha feira. Movíanse en tal cantidade pola auga que custaba entender como non se esnafraban. As veces parecían cederse o paso, e mesmo semellaba que se comunicaban entre eles , como si se falasen. Pero no microscopio non podiamos oír o que dicían e tampouco dispoñiamos de ningún aparello con que gravalos. A única ferramenta que tiñamos para poder escoitalos era a nosa imaxinación. E con ela foi coa que argallamos estes diálogos.

ESTES SON OS NOSOS PERSONAXES, POR ORDE ALFABETICA

E ESTA E A NOSA HISTORIA:BACTERIA- Tanta auga, acabarei por bater un record de natación ¿Hai algún pluricelular por aquí?

Necesito infectar a alguén URXENTEMENTE AMEBA- Telo difícil. Esto e Vorticelandia, aquí somos che todo dunha soa célula. BACTERIA- Como viñestes parar aquí? STENTOR- A min colleume un profe cando me estaba a bañar tranquilamente nunha poza. Digo que era un profe porque oía que alguén dicía: “Profe aquí hai moita auga” . “Aquí tamén profe” BACTERIA- E que profe é? AMEBA- Un que trae sempre un maletín, que non se despega del , que parece que naceu con el , que se enfada moito cando os rapaces non lle traen as cousas feitas. STENTOR- Ai xa sei cal é… Pois, ¡a directora tamén che ten bo xenio! . Cando algo no lle gusta,¡como se pon!. VIRUS - Ola . Estou perdido.¿ Alguén sabe dicirme onde me atopo?... Parece unha escola. ¡Nunca pensei acabar así! ¡O que me faltaba!. Ós meus anos e ¡outra vez a estudar!. BACTERIA– Que fai aquí este intruso? STENTOR - Perdeuse, ou que lle pasou? BACTERIA- Non serás o virus ese da gripe do porcos? VIRUS- Oes, porca serás ti. BACTERIA- Sen insultar, eh?. VIRUS –Non me cabrees . Mira que te infecto!. STENTOR- Haxa paz! . A fin de contas, todos somos unicelulares. Os unicelulares unidos xamais serán vencidos ..! VIRUS- Vale, pois que non insulte. COLPODA- Jajajaja…¡Que me parto!. PARAMECIO – !!!PiiiiiiPiiiiiii! Deixen paso!. STENTOR-. Paramecio. Onde vas? AMEBA – A este non lle dura o carné unha semana . Que forma de correr! Pasa, pasa. PARAMECIO- Moi amable. Vou á perruquería, cortar os peliños....Como ven o verán. COLPODA – Jajaja ¡que me mexo con la risa!VIRUS – Pois non salpiques COLPODA- Jajajaja …. ¡Que gracioso ..! AMEBA- Hala! . Mirade, Xa hai un que perdeu o lapis STENTOR- ¡ E outro que non fixo os exercicios!. ¡Verás como se pon o profe! AMEBA- Eu voume, que este é capaz de deixarnos tamén a nos sen recreo. COLPODA- Jajaja…. ¡Que risa!. ¡Me va dar algo ! BACTERIA – Alguén invita a merendar?

Page 40: CATAVENTOS 2009

“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2009 50

Atopa as oito diferencias Alumnos/as de 3º e 4º

1.- C _ _ _ _ 2.- O _ _ _ _ _ _ _ _

3.- M _ _ _ _ 4.- _ U _ _ _ 5.- _ N _ _ _ _ _ _ 6.- _ _ _ _ _ I _ _ _ _ 7.- C _ _ _ _ _ 8.- _ A _ 9.- _ _ _ _ C _ _ _ 10.- _ _ _ I _ _ _ 11.- _ O _ _ _ _ _ 12.- _ _ _ N _ _

ACRÓSTICO 1- Metémola na caixa do correo e chega ao seu

destino. 2- Pode ser portátil ou pode usar cables. 3- Podelo levar a todas as partes e comunicarte cos

demais. 4- Metes as cartas e o carteiro recólleas. 5- Busco información sen ter que moverme da

cadeira. 6- Vexo programas, series... 7- Comunícome cos meus amig@s a través do

ordenador. 8- Mando papeis por teléfono.

9- Saen no xornal e tamén no telediario . 10- Infórmome dos cotilleos. 11- Cando vou de viaxe mándoas aos meus amig@s. 12- Podes ler todas as seccións: deportes, economía...

XEROGLÍFICO Onde se meten as cartas?

NES TA SO PA DE LETRAS HAI NOVE MEDIO S DE CO MUNICACIÓ N. ATÓ PAOS!! P N I B J D G D I R W D E V F S F A D G V I X Z C B M I P E X O R N A L U G F A N J N M N Q W F E I O C U T R M S U O H O F E P O A E I R O G U I U P I L I B R O T A Y C I S C U X V G N T U O D I F G I H Ñ L K E B A O N I G I R V G P T T U H P L H O W G T E L E F O N O Ñ G F N T H A L V B C A W D S G P Y O X D E Z K R C R E V I S T A Q W T A L T E R N A T I V A S B J I O T E L E G R A M A L O I P H U G S A F G F A I Xornal, televisión, libro, teléfono, internet, telegrama, revista, carta, radio

+

Page 41: CATAVENTOS 2009

Esta é unha escolma de actividades e fotografías do curso

Pavillón dos Remedios. Os

alevíns chegaron a final.

Sesións de contacontos no Samaín. Que

medo!!

Efrén díxonos que viñeramos ao colexo cun disfrace, el

disfrazouse de carteiro. A ver se nos recoñeces. JA, JA

Lúa quedou durmida no comedor. É tan

rica, que daba ganas de comela

No magosto cosemos zonchos ou colares de

castañas. O que nós non argallemos!!

Tamén traballamos no horto.

Page 42: CATAVENTOS 2009

CCAATTAAVVEENNTTOOSS

Imaxe: Carolina Álvarez Álvarez