Catálogo Xeral 2013 [GZ]

55
CATÁLOGO CULTURACTIVA 2013 +info: www.culturactiva.org

description

Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Transcript of Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Page 1: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

CATÁLOGO CULTURACTIVA 2013

+info: www.culturactiva.org

Page 2: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

presentación

culturactiva

Desde Coper@ctiva Cultural - Culturactiva SCG distribuí-mos un grande abano de espectáculos e compañías galegas, do Estado e do resto do mundo e levámolas ao mercado local, estatal e europeo “poñéndoas ao alcance de programadores/as, concellos, festivais, Entidades e programacións”.Ofrecemos un grande abano de espectáculos teatrais e musicais do máis destacado, tanto na calidade das propostas como na variedade das mesmas. Este catálogo que se presenta a continuación é só unha pequena mostra da nosa oferta, xa que estamos espe-cializados na realización de programacións culturais, festi-vais e na xestión integral de todo tipo de eventos e trabal-lamos cun número de compañías e grupos moito mais elevado do aquí presentado. Estamos ao seu dispor para estudar, artellar e propor unha programación, proxecto ou intervención para cada caso concreto.Somos a principal distribuidora de teatro en Galicia e traballamos unha grande cantidade de estilos, sempre co humor e a calidade como nexo de unión e referencia dos nosos espectáculos. No 2010 foron mais de 300 as actuacións as que xestionamos, cantidade superada no 2011 onde acada-mos unha cifra de 350 e de novo superadas en 2012 no que case chegamos ás 450 actuacións. A pesares da forte crise que sofre ao sector optamos por centrarnos mais ca nunca na nosa política de facer a cultura e a risa accesible a todos os petos e a todos os corazóns e mostra é este elevado número de representacións. Teatro de rúa, clown, circo, música, maxia, teatro de interior, teatro cómico, animacións, inauguracións, pasar-rúas, pirotecnia … son só algunhas das propostas coas que contamos á hora de confeccionar as nosas propos-tas de programacións, ou que poñemos a disposición dos nosos clientes para que eles mesmos o fagan, adap-tándoas a todos os niveis (orzamentario, formato, estilo, etc).

Traballamos con concellos, asociacións veciñais, ANPAS, entidades bancarias, a administración pública en xeral, comisións de festas, festivais, programacións teatrais, empresas, etc... non só na venta teatral, senón tamén ofrecendo os nosos servizos integrais, podendo encargarnos de todo o que implica a elaboración dunha programación (deseño, prensa, produción, dirección, xestión, etc)Malia a que en 2013 cumpriremos doce anos de vida, non nos acomodamos, senón que expandimos o noso volume de traballo cada ano. Diversas programacións culturais para todos os petos,e o orgullo e diferenciación de contar coa distribución en exclusiva de artistas estatais como Leo Bassi, Pez en Raya, Alba Sarraute ou Yllana en Galicia, de grupos de música abandeirados da música catalá como Txarango ou La Troba Kung Fu, de traballar con espectáculos de compañías internacionais coma Andy Snatch, Fraser Hooper ou Jango Edwards e, de promover compañías galegas coma Os 7 Magníficos + 1, O Sonoro Maxín, Peter Punk e moitas outras.A nosa oferta de xestión profesional e integral de calquera tipo de evento ou programación, son as ferramentas que nos permiten seguir medrando ano a ano, nos motivan a seguir creando e transformando a cultura do noso país festa a festa, parroquia a parroquia, vila a vila, cidade a cidade. Para afondar nestas propostas, rogamos nos contacten no

+info: www.culturactiva.org

poderás atopar informacióndetallada, video, dossier...

de cada espectáculo en: www.culturactiva.org

Page 3: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

índice

-Circo e clown galegos-Circo e clown estatal-Circo e clown internacional-Teatro de Comedia galegos-Teatro de Comedia estatal/internacional-Maxia galegos-Maxia estatal -Monicreques e Contacontos galegos -Monólogos galegos-Pasarrúas galegos-Pasarrúas estatal -Música galegos-Música estatal-Música internacional

seccións

+info: www.culturactiva.org

Page 4: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Circo e clown galegos

Page 5: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

espectáculo

Ruactiva / Gala de Circo na Rúa

A Gala de Circo na Rúa RÚ@CTIVA, de grande formato, conta sempre coa participación de tres compañías nun espectáculo para todos os públicos, de 100 minutos de duración, co mellor do noso novo circo.Contamos coa presenza das compañías máis representativas do momento, unha banda que interpreta música en directo e un presenta-dor – mestre de cirimonias que dá paso a unha grande variedade de espectáculos e números circenses.

A interacción entre as tres compañías participantes, a participación do público, a variedade de técnicas artísticas, as espectaculares acrobacias aéreas, o encanto da música en directo, a presenza dun presentador como nexo do espectáculo e toda a maxia e ilusión do circo son eixos e os maiores atractivos desta Gala de Circo na Rúa RÚ@CTIVA, sen dúbida, un dos mellores espectáculos de rúa de Galicia.

A compañía:

Culturactiva SCG non só é unha distribuidora de teatro, senón que tamén traballa como compañía. Neste caso, une diversas propostas artísticas para achegar un completo programa de actividades ás rúas, prazas e teatros galegos.

Ficha artística:

Compoñentes: un presentador, tres compañías e un grupo de música en directoTécnica Teatral: Novo Circo, Clown, Malabares e Acrobacias aéreasDuración do espectáculo: 100 minutosPúblico: Todos os públicosEspazo: Interior ou exterior

breve descrición

A compañía:

FICHA ARTÍSTICA

ruactiva

M

Page 6: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

dous pallasos

en máis apuros

espectáculo

Dous pallasos en máis apuros

Despois de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros.Creado polo director e dramaturgo argentino Walter Velázquez, así como pola propia compañía e dirixido por Iván Prado a partir de farsas clásicas do mundo do circo, con Dous Pallasos en Máis Apuros a compañía volve apostar pola recuperación e actualización de gags do pallaso tradicional.Dous Pallasos en Mais Apuros é o novo espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico para compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar coa idea de volver a superar as 120 representacións e o éxito acadado polo anterior espectáculo.Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni icas desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar. Leva más de 100 representacións por toda Galicia!!

Con 10 espectáculos ás costas e tendo xa preparado o undécimo, “Os Sete Magníficos + 1” naceron en 2001 ao abeiro do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e son a súa compañía oficial. Integrada por un elenco de pallasas e pallasos formados cos mellores mestres/as a nivel internacional, esta é unha das compañías máis populares nas programacións galegas dos últimos anos. Con espectáculos coma "Dous pallasos en apuros" ou "O gordo e o calvo van ao médico" e, máis recentemente "Mañá será outro día", os Magníficos recuperan as vellas farsas de circo clásico e reinvéntanas trasladando ao respetable as máis grandes gargalladas sempre baixo o prisma da calidade, do espírito clown e o bo facer teatral.

Autor e Dirección: Wálter Veláquez e Iván PradoElenco: Pedro Brandariz e Fran ReiTécnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: infantil e familiar

breve descrición

os sete magníficos máis un

ficha artística

Dous pallasos en apurosDous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de Os Sete Magníficos máis Un. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni para, sen esquecer a creatividade e actitude de risco características desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar.

“Os Sete Magníficos + Un” quixeron con esta peza levar os narices vermellos enriba dun escenario”, afirman os protagonis-tas, sendo a única produción do teatro galego infantil que inclúe este elemento. Ademais coa estrea deste obra a compañía pretende afondar na creación dun espazo para os números clási-cos e sinxelos do mundo do pallaso de circo, a través de espec-táculos de pequeno formato que, polas súas características, poidan adaptarse practicamente a calquera espazo escénico, tanto en interior como en rúa.

breve descrición

Page 7: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía

Peter Punk

O mellor pallaso galego do momento con xiras por Brasil, Arxentina, Palestina, Italia, Portugal e multitude de festivales estatais e galegos. Recentemente participou no Festiclown 2010 e 2011, no Anjos do Picadeiro de Rio de Janeiro, no Festival Mueca e outros de Canarias, no festival Circe de Santa Coloma (Barcelona), no Festiclown Palestina, no FITEC de Getafe (Madrid), no Somriure de Pineda (Catalunya) , en varias edicións do Magiclown (Ibiza), na MITEU e no FIOT (Galicia) e infinidade de importantes festivais de circo, rúa e teatro.

Peter Punk destaca, ademais, por ser un dous poucos clowns ecompañías de novo circo galegas con tres espectáculos en cartel: tres grandes mostras da capacidade desta compañía quenos amosan o porque do seu éxito e crecemento. Son espectáculos diferentes e anovadores que manteñen a pureza do humor como liña de traballo. Isaac Rodríguez Miranda é a identidade secreta de Peter Punk, ou pode que sexa ao revés. No seu currículo formativo mestúranse cursos e obradoiros de diversas técnicas teatrais, como clown e interpretación, así como outras propias do novo circo, como acrobacias e malabares. Dentro destes cabe destacar, entre outros, os cursos realizados con Jöns Pappila (Iniciación ao Clown), Antón Valén e Iván Prado ou Capitán Maravilla (Clown de Rúa), xunto con estancias con grandes mestres arxentinos. Pero Isaac Rodríguez é tamén, e sobre todo, un autodidacta, que foi aprendendo e evolucionando como cómico e malabarista a partir de longas sesións de ensaios e de pórse ante o público en toda clase de espazos,tanto de rúa como de interior.

Festiclown Vigo 2010 e 2011 (Galicia), Anjos do Picadeiro de Rio de Janeiro (Brasil), Festival Mueca e Malpaís (Canarias), Circe de Santa Coloma (Barcelona), no Festiclown Palestina, FITEC de Getafe (Madrid), Somriure de Pineda (Catalunya) , varias edicións do Magiclown (Ibiza), MITEU, Mostra de Teatro e FIOT (Galicia), Umore Azoka de Leioa (Vizcaya), Festiclown (Vigo), Fira Magica de Santa Susanna (Barcelona), Festival Internacional de Calle de Gomecello (Salamanca), Festival É-Aqui-In-Ócio de Póvoa de Varzim (Portugal) , Teatro Municipal de Vila Real (Portugal).

Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia. Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos mais destacados, cun humor gamberro e fresco sen igual. Neste espectáculo de carácter cómico o noso artista transfórmase en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. "Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anunciará ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do máis difícil aínda dos directores de circo clásico. Durante 60 trepidantes minutos, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosaranos a súa destreza con bólas, mazas, aros... fará incribles figuras de globoflexia nun tempo récord, dará boa conta da súa habilidade sobre o monociclo e, como peche, porá en perigo a súa vida (e a de boa parte do respectable) nun final con fachos de lume. E todo isto sen esquecer o humor... Un espectáculo multidisciplinar e cheo de alicientes para facernos pasar un bo momento.

Logo do incrible éxito de Peter Punk co seu primeiro espectáculochega a súa continuación. O artista premiado como mellor espectáculo do Festiclown 08, con centos de actuacións nas súas costas e milleiros de persoas abraiadas, volve cun espectáculo aínda mellor, renovado con novas rutinas, novos xogos e preparado para facer rir a todos os públicos de Galicia e máis aló.O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de Nunca Máis, Peter Punk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de NuncaMáis, PeterPunk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público -que fará parte imprescindible deste novo espectáculo- pedaleando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer, PeterPunk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete, a Chungatrona! Unha máquina que fará as delicias de nenas e nenos de 0 anos a cadea perpetua. Serás ti o próximo en probar a Chungatrona?

peterpunk

breve descrición

Currículo destacado

Peter Punk 1

Peter Punk 2 (A chungatrona)

FICHA ARTÍSTICA

S

Elenco: Isaac Rodríguez MirandaTécnica teatral: Malabares, globoflexia e humorDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 8: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía/ESPECTÁCULO

Peter Punk E O NENO IMPERDIBLE

Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? ¿Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas? ¿Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días? Asústase..., e volve ser un pallaso. Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos interpretados ao vivo: guitarra eléctica, guitarra portuguesa, acordeón, entre outros, e ata Peter punk se atreve coa armónica!! Un salto ao baleiro en miniciclo e a Chungatrona: unha máquina de rebeldía pallasa. Eses son só algúns dos elementos desta novidosa proposta teatral dirixida polo recoñecido director arxentino Walter Velázquez e no que participan Peter Punk e Brais das Hortas.Esta é unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas e a súa novidade é un grande traballo de dirección, así como una orixinal escenografía. Un espectáculo que, a pesar da altura do listón,supera as anteriores propostas escénicas de Peter Punk: artista novo, máis con ampla e recoñecida traxectoria dentro e fóra do país. Un músico e un artista de circo. Dous pallasos en constante reconciliación consigo mesmos, entre eles e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado. Diversión, música ao vivo, momentos de tensión e perigo. A importancia da dimensión humana e solidaria do clown de calidade... un espectáculo que a través do humor non esquece a solidaredade cos nenos e nenas, especialmente os que viven en situacións de conflito.Unha marca da compañía Peter Punk tan recoñecible como o seu humor gamberro e as risas que inundan as súas actuacións.

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

S

Elenco: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk)e Brais Gutié- rrez (Brais das Hortas) Escenografía: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk)e Brais Gutiérrez (Brais das Hortas)"Chungatrona": FinoMúsica orixinal: Brais GutiérrezCoreografía: Xenia TártariProdución: Peter Punk e Coperactiva Cultural-CulturactivaDirección: Walter VelázquezTécnica teatral: Clown, Humor e MalabaresDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 9: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía/espectáculo

Circo Chosco

Circo Chosco créase tras a unión de Ariñe Azkue e Óscar Páez despois de coñecerse na escola de circo Oreka (Pamplona) na que se forman durante 3 anos. Alí aprenden diferentes técnicas de circo así como malabar, equilibrios, aéreos, clown, interpre-tación, creación... Despois toman diferentes camiños ata que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez, lles bota unha man na dirección do espectáculo Chosco !

Este espectáculo ofrece a posibilidade de se representar con ou sen rutinas aéreas, o que dá grande versatilidade á proposta para adaptala a espazos de interior e/ou exterior.

Ariñe Azkue estudou na escola de Circo Oreka durante 3 anos. Realizou varios cursos de técnicas aéreas, danza, acrobacia e clown na península, en Italia e Arxentina. Actuou en diferentes festivales de teatro de rúa e diversas galas de circo; traballou con compañías como Oreka Zirko, Zirika Zirkus, Panpinpox... Foi profesora de Técnicas aéreas na Escola Navarra de circo Oreka.

Óscar Páez formouse na escola de Zirko Oreka durante 3 anos. Realiza diferentes cursos de clown, acroportes, danza, malabar... en diferentes lugares da península e Argentina. Formou parte de diferentes compañías de Circo como “La Banda” y “Zirko Oreka”, ademais de actuar en diferentes festivales de teatro de rúa e galas de Circo. Licenciado en CC. da Act. Física e do Deporte, foi profesor de Acrobacia e malabar na Universidade Pública de Pamplona.

Dous personaxes, dous problemas, dous caraduras, disparates máis que personas!!! Realizarán un espeCtáCulo cheo de tram-pas, golpes, maxia, fraCasos, éxitos, bágoas e risas...sobretodo risas e moito CirCo! ChosCo é un espectáCulo Case sen fala e para todo tipo de públiCo, mestura de Comedia e CirCo, que tén Como resultado unha obra CómiCa con aCrobaCia, malabar e téCniCas aéreas nas que o públiCo se unirá aos artistas: na emo-Ción e na risa!!

Elenco: Ariñe Azkue e Óscar PérezTécnica teatral: Clown e malabaresDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicos

breve descrición

ficha artística

Chosco !

circo chosco

M

Page 10: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía/espectáculo

roi sixtoRoi Sixto é un malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, están a conquistar as prazas e teatros galegos.

Empezou a súa formación en Narón, da man da compañía Picompé, e posteriormente foi mellorando a súa técnica e ampli-ando os seus coñecementos en diversos espazos, como La Ciudad de los Muchachos en Ourense ou a Asociación de Novo Circo Pista Catro de Santiago de Compostela.

Cos anos, Roi Sixto foi converténdose nun dos malabaristas de referencia en Galicia, e desde 2004 traballa profesionalmente co seu espectáculo Roi, o Cagabolas, co que visitou multitude de vilas e cidades galegas. Asemade, sigue colaborando con outros artistas galegos, como o malabarista Kote ou a compañía Picompé, cos que traballa habitualmente noutros espectáculos.

Malabarista multidisciplinar, domina diversas técnicas, desde as máis habituais (bolas, aros, diábolo ou mazas) ata outras moito menos comúns nos escenarios galegos, como o rulo americano. Pero se por algo podemos destacar a Roi Sixto é polas súas rutinas con bolas de rebote, sendo o único malabarista galego que inclúe esta espectacular técnica no seu espectáculo.

Tamén ten un importante currículo como formador, como monitor de malabares, globoflexia e educación física, destacando os obradoiros realizados para o programa Noites Abertas de Ferrol o na Escola de Circo Santa Cecilia de Narón (A Coruña)

No seu divertido espectáculo Roi, o Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, o noso malabarista crea unha personaxe imaxi-naria da cal xorden infinidade de aparellos cos cales facer malab-ares, ofrecéndonos unha hora de espectaculares xogos.

A pesar da súa destreza de execución, Roi non se deixa caer na pesadez do virtuosismo, e combina ás súas rutinas con outras técnicas artísticas, tales como o clown ou o teatro de rúa, atopando sempre algún oco para o humor e a participación do público.

Pelotas, mazas, aros, diábolos e ata un rulo americano ou un monociclo xorden da súa maleta para abraiar ao respectable, un orixinal número de rebote sobre “uve” e a súa personalidade sobre o escenario son os ingredientes do que é, sen dúbida, un dos mellores shows unipersoais da escena galega. roi sixtoFICHA ARTÍSTICA

breve descrición

Roi, o cagabolas

S

Elenco: Roi SixtoTécnica teatral: Malabares e Maxia Cómica.Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 11: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía/espectáculo

desastronauts/un día de praia

Raquel e Girisho formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, e pasan a chamarse Desastronauts en 2011 tras a creación de “Losing Grip”.Co seu espectáculo “Too High” estiveron de tour co circo británico Happy´s Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres.Hai uns anos que se trasladaron a España onde debutaron co espectáculo de rua “Calleret” en Santiago de Compostela e en distintas programacións de Galicia. A partir de aquí toman como base Compostela onde crean "Un día de Praia", co que xiran por innumerables teatros e rúas galegas en solitario e en programacións de Culturactiva como Pistactiva e Ruactiva.Ata que en 2010 son becados por un programa da Unión Europea como uns dos mais importantes talentos do continente e sae á luz un novo traballo que dá un novo xiro á súa carreira. "Losing Grip": unha obra na que a acción ten lugar no aire en todo momento, arriscada, anovadora, orixinal e chea de calidade. Un traballo creado en España, Francia e Inglaterra colaborando con algúns dos mais importantes maestros da especialidade.

O espectáculoRaquel e Girisho ofrécenlles un espectáculo de aéreos unidos á danza, ao circo e ao teatro cheo de enerxía, adrenalina e acción: “Un día de praia”. Un show que combina trapecio, doble trapecio corda e hula-hoops con humor e amor. Un espectáculo moi visual e cunha bonita estética. Unha viaxe honesta e auténtica polos máis e os menos da súa relación.

Ficha ArtísticaElenco: Raquel Veganzones e GirishoTécnica teatral: Aéreos, Teatro Xestual e Danza.Duración do espectáculo: 45 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: xestual

desastronauts

breve descrición

Espectáculo

FICHA ARTÍSTICA

compañía/espectáculo

desastronauts/Losing Grip

O primeiro espectáculo que ocorre totalmente no aire.Este espectáculo foi creado co apoio de “Jeunes Talents Cirque Europe 2009-2010”, operación fundada co apoio da Comisión Europea. Para realizaren “Losing Grip”, Desastronauts pasou por diferentes residencias Artisticas como son CREAC (Marseille-FR), Les Migrateurs (Strasbourg-FR), La Grainerie (Toulouse-FR), Espace Périphérique (Paris-FR) AGADIC Centro Dramático Galego (Santiago de Compostela-ES), Auditorio de Valga (Pontevedra-ES).Losing Grip é o primeiro espectáculo de Desastronauts. Traballando cun material de aéreos orixinal, os artistas intentan dar un novo enfoque ao seu diciplina. Así se comunican utilizando as características das súas habilidades aéreas. Forza, axilidade, confianza, perigo, resistencia e equilibrio son metáforas da súa relación.É un espectáculo apaixonante, sen sentimentalismo, sen palabras e sen límites.

Elenco: Raquel Veganzones/GirishoConcepto & Dirección: DesastronautsPosta en escena: Marcos PTTMúsica: Maximilian LatvaEquipo de Aéreos: Simon PeeversDuración: 45 minutosTipo de público: Todos os públicosTécnica teatral: Aéreos

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

M nC +18

Page 12: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

espectáculo

pistactiva

A Gala de Circo na Rúa PISTACTIVA, de mediano formato, está formada pola combinación de dúas compañías nun espectáculo para todos os públicos, de 90 minutos de duración, co humor como elemento de conexión. A estrutura de PISTACTIVA engloba unha sucesión de pases de ambas compañías no que teñen cabida disciplinas de novo circo: clown, malabares ou pantomima e coa presenza asegurada de números de aéreos: trapecio, corda ou teas.A interacción entre as compañías participantes, a participación do público, o humor e as espectaculares acrobacias aéreas son os maiores atractivos desta Gala de Circo na Rúa PISTACTIVA.O elenco de artistas e compañías que habitualmente participan nestas Galas de Circo na Rúa Pistactiva é na súa maioría galego, entre as que destacan Os Sete Magníficos máis Un, Peter Punk, Roi Sixto, Trano, Fredi, … Pero tamén contamos ocasionalmente con artistas do resto do Estado e internacionais afincadas en Galicia e formados en prestixiosas escolas europeas e latinoamericanas, como é o caso de Circo Expreso, compañía de números aéreos, formada na Escola Circus Space de Londres, ou Circo Claxón, compañía arxentina cun amplo currículo de espectáculos de primeira liña internacional.

Culturactiva SCG non só é unha distribuidora de teatro, senón que tamén traballa como compañía. Neste caso, une diversas propostas artísticas para achegar un completo programa de actividades ás rúas, prazas e teatros galegos.

Compoñentes: unha compañía de clown e unha compañía de acrobacias aéreas.Técnica Teatral: Novo Circo, Clown, Malabares e AcrobaciasDuración do espectáculo: 80 minutosPúblico: Todos os públicosEspazo: Interior ou exterior

breve descrición

a compañía

FICHA ARTÍSTICA

pistactiva

M

Page 13: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Isla LeTriska presenta este delirante espectáculo no cal combina discipli-nas de Novo Circo: malabares, paiaso, equilibrios... con excentricidades e xogos co público.

Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando proezas como: malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxetos cotiáns, pelexar co público ou converter a un neno nun grande artista de circo.

Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo tontería, moita tontería.

Pequenos e grandes sacarán ó tolo que levan dentro.

Elenco: Isla. Técnica teatral: Clown e malabaresDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicos

compañía/espectáculo

Isla Le Triska

Le Triska Inmobile

ficha artística

Alfredo Pérez Muíño estudou Educación Física especializándose en Ximnasia Artística. Logo de quince meses de estudos en Madrid (Escola de Circo Carampa) viaxou por diferentes paises para continuar a súa formación como especialista en técnicas circenses, na Escola Nacional de Circo de Río de Janeiro, Escola de Circo Criollo de Buenos Aires, Escola Nacional de Circo de Cuba e na Bont`s International Clown School en Eivissa...

O teatro xestual, a danza, a acrobacia e outras disciplinas circenses, como o mimo ou o clown, combínanse á perfección para crear unha historia absurda, tola e enormemente divertida sobre un artista cunha única intención: presentar o seu número a toda costa e demostrar ao seu amado público todo o que é capaz de facer.

Gañador do Certame Intergaláctico de Interior no Festiclown 2006.

Elenco: Alfredo Pérez MuíñoTécnica teatral: Teatro xestualDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicos

compañía/espectáculo

fredi

a compañía

ficha artística

circanelo

compañía/espectáculo

pablo trasno

Trasno é un personaxe con xa nove anos de experiencia e madurez nas distintas rúas e prazas do mundo. Creado en Galicia por Pablo Reboleiro no ano 2001, non tivo moito tempo para verse por estas terras xa que emigrou con el para Londres nese mesmo ano. Alí estudiou na prestixi-osa Escola de Circo The Circus Space durante catro anos, onde creou este espectáculo co que xirou pola India, Brasil, Rusia e Arxentina. Logo, regresou á terra.Poderiamos clasificar Trasno coma un espectáculo cómico co cal a xente se identifica e participa, un espectáculo por e para o público con situacións hilarantes, outras que tocan o corazón e outras que “pinchan” un pouquiño, pois falan de nós mesmos e das nosas manías e defectos. Por outro lado é un espectáculo sorprendente con ese espírito circense do “más difícil todavía” que deixa abertas as bocas de boa parte do público. Os nenos soñan co que serán de maiores e os maiores recordan o que soñaban cando eran nenos. En definitiva, un espectáculo plural e multidisciplinar para toda a familia. Música, circo, teatro, baile e danza para o goce de tod@s.

Elenco: Pablo ReboleiroTécnica teatral: Malabares, acrobacias e humorDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicos

a compañía

ficha artística

compañía/espectáculo

rudi dudi

Rudi Dudi, no seu personaxe "o home máis forte do mundo", ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido, intenta romper os moldes, xogando co absurdo. Coa súa arte sedutora consegue atrapar a un público sen límite de idade, invitándoo a participar e axudar no imposible, logrando que o espectador "perda" a noción do tempo e "gañe" un sorriso. Un espectáculo dinámico e interactivo de máis ou menos 50 minutos, valido para salas e exterior.

Elenco: Rudi VanminselTécnica teatral: ClownDuración dos espectáculos: 50 minutos Público: público infantil

CIRCO CARACOLO circo mais pequeniño que poidas imaxinar está a piques de chegar coas actuacións estelares da pulga "Elegante" e a poética Plumerita, a Mosca indom-able e o Mono adorable, os irmáns Coello e uns Cans equilibristas de moito coidado, e sen ningunha dúbida...o pallaso RudiDudi...e moito máis. Unha actuación interactiva, de ritmo alto e con moita variación, especialmente elaborado para os máis cativos - 3 a 6 anos.

Elenco: Rudi VanminselTécnica teatral: ClownDuración dos espectáculos: 35 minutos, Público: de 2 a 6 anos

clowntamination

ficha artística

ficha artística

circo caracol

S S S S

Page 14: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Circo e clown estatal

Page 15: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía/espectáculos

Capitán maravilla

Capitán Maravilla Productions é unha compañía formada pola fusión dos artistas David González Díaz (creador de “Capitán Maravila”, 2º premio na Fira de Teatre Al Carrer, 1º no Concurso de Artistas de calle de fiestas de la Mercè, 2º premio do público no Festival de teatro de Calle de Valladolid) e Víctor Ortiz de la Torre (creador de “Wilbur”) que inician coa presentación en 2009 do seu espectáculo conxunto “Mono A Mono B”.

Capitán Maravilla

O Capitán Maravilla é un novo superheroe encargado de velar pola diversión do seu público por medio do seu espectáculo. Fará malabares, bailará como poida, ligará coas nenas, voará, arriscará a súa vida (e a da metade do público) e todo o que estea na súa man para conseguir as risas, aplausos e manter atónito ao público durante todo o espectáculo.O que che conten non vale, tés que velo.

Elenco: David Morales Díez Técnica teatral: Clown e malabaresDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán Mono A Mono B Mono A Mono B é un espectáculo indescriptible , que tén como protagonistas a dous monos e aos seus “sketchs” persoais e que de seguro impactará en todo o público.

Todo comeza cando un “Mini” entra en escea, un coche fantás-tico no que os nosos Monos saltarán, viaxarán e ata plantarán lume. Veremos como saen de todos estes apretos.

Humor, acrobacias e malabares son só unha pequena parte deste circo animalt*

*Todos os animais deste espectáculo foron tratados como tales.

Elenco: David Morales Díez e Víctor Ortiz de la TorreTécnica teatral: Clown e malabaresDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos Idioma: Castelán

capitánmaravilla

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

mono a mono b

FICHA ARTÍSTICA

o capitán maravilla

M

Page 16: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Compañía

KANBAHIOTA

Kanbahiota significa voltereta en brasileiro, e iso mesmo é o que vén facendo esta compañía dende o 2002.

O circo, o teatro, a música, a danza son as ferramentas que usan para realizar os seus espectáculos.

Ao longo destes anos crearon varios espectáculos e números de acrobacias aéreas, roda alemá e pasarruas que viraron por Europa e Sudamérica.

Unha das características fundamentais de Kanbahiota é a flexibilidade artística xa que son capaces de adaptarse a todo tipo de espazos e situacións.

Coma se fose un conto de dragóns, dous ananos rin, bailan e sobre todo, soñan con voar e permanecer no aire.

Namorado do Aire móstranos a relación de amor e xogo entre eles e os seus dragóns. As súas torpezas, habilidades e destrezas polo aire.

Un número cunha técnica áxil e dinámica e un contido poético e metafórico onde se mestura o teatro, as técnicas de circo de acrobacia aéreas e marionetas de drágoas para realizar un espectáculo para toda a familia.

Elenco: Abraham Pavón e PriskaTécnica teatral: Aéreos, Monicreques e Teatro Xestúal.Duración do espectáculo: 45 minutosPúblico: para todos os públicos

breve descrición

namorado do aire

FICHA ARTÍSTICA

KANBAHIOTA

Page 17: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Trapu Zaharra é unha das compañías creadoras e fundamentais do teatro de rúa en España. Nos vinte e cinco anos de existencia de Trapu Zaharra produciron dezanove espectáculos de rúa e sala, escritos e inventados por eles mesmos, sempre en clave de humor. Os temas, moi próximos á vida doméstica, sempre subliñaron a súa predilección polo anti-heroe, converténdose este en protago nista de moitas das historias e nun dos seus selos de identidade. O apoio do público é fundamental á hora de desenvolver os conflitos que propón. Sen estes secundarios imprescindibles e de luxo sería imposible facer o teatro que lles gusta. Isto obrígalles a escribir só as tres cuartas partes dos seus guións, o resto sempre é improvisado e imprescindible.

A avaría Un matrimonio sofre unha avaría no coche cando se dirixe á voda dunha sobriña da que ela vai ser madriña. O incidente prodúcese no pobo de á beira, escasos minutos antes de comezar a cerimonia. Eles dous, ataviados coas súas mellores roupas, empuxan o coche axuda-dos por peóns ata que a situación faise imposible.

compañía/espectáculo

Trapu Zaharra

a compañía

a avaría

É o titulo dun musical que dous cómicos parados de longa duración queren montar. O financiamento pretenden realizalo mediante petitorio popular polos pobos por onde pasan; lugares nos que adiantan algunhas partes do espectáculo co fin de convencer a posibles “socios”.Ambos adornan o proxecto cos seus avultados currículos , uns obxectivos altruís-tas, unha forma innovadora de montar en tempos de crises etc etc.Son o optimismo personalizado, soamente unha dificultade porá en perigo o proxecto: que non se aguantan.

Espazo: espectáculos exclusivamente de rúas e que combinan unha parte itinerante cunha parte fixa.Técnica teatral: Humor, Teatro de rúa.Duración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: castelán.

compañía/espectáculo

Trapu Zaharra

vive soñando

ficha artística

compañía/espectáculo

Alas Circo

Alas Circo Teatro é unha compañía dedicada ás artes aéreas que se fusiona e investiga constantemente con outros artistas e disciplinas, sendo o aire o seu hábitat natural. Os dous artistas e acróbatas que integran Alas Circo Teatro están abertos á investigación escénica cunha alta dose de destreza física e responsabi-lidade social. Juan Manuel Sánchez (Córdoba) e Txutxu Buffa (Arxentina) son os compoñentes desta compañía que xa leva ás súas costas tres espectáculos de medio formato que levan anos percorrendo a xeografía española.

Circo contemporáneo con fundamentos e fortes bases de destrezas físicas aéreas e música ao vivo. Amada e Amador quedan nunha praza, a luz dun farol, unha pedida de man, e un ramo de flores, pero Amada nunca chega á cita... cando Amador descobre que Amada espéralle na lúa busca mil e unha formas para chegar ata ela, pero as relacións entre ceo e terra non son posibles.

Técnica teatral: Aéreos, Circo e Música.Duración do espectáculo: 45 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: sen palabras.

compañía

AMADA Y AMADOR: ENCUENTRO EN LA LUNA

ficha artística

compañía/espectáculo

Alas Circo

Espectáculo multidisciplinar con trapecio, teas, acrobacias, malabares e sorpre-sas. ¡Nunca un espirro deu tanta vida! - un salón en branco e negro, unha vella maleta chea de pó e un espello xigante que alza voo a cinco metros de altura son o escenario onde dous personaxes esquecidos se atopan para confirmar que non están nos recordos: nacen, viven, reviven, soben moi alto pola corda e o trapecio para fusionarse outra vez cando cae a noite no esquecemento dun espello voador. Unha tenra historia para reflectirse.

Técnica teatral: AéreosDuración do espectáculo: 45 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: sen palabras.

el espejo

ficha artística

MM LL

Page 18: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Clown, bailarín de claqué, músico frustrado, deportista de elite, transpor-tista, anticuario, exhibicionista, mimo pouco falador e pallaso. Na súa carreira o seu único propósito é honrar os seus continuos e doces fracasos e convivir en harmonía coas afeccións. No espazo escénico rueiro atopa unha bela oportunidade de crear un novo e efémero universo.

Nace en Granada, motivado e interesado polo aspecto lúdico e creativo do movemento, licénciase en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Desenvolve paralelamente cursos e workshops de teatro xestual, mimo-drama, creación de personaxe, clown, bufón... Con diversos docentes; José Piris, Miquel Crespi, Antón Valén, Jesús Jara...

En 2001 é cando comeza a súa andaina como comediante e xunto ao seu compañeiro de duo Krolikowski, nace "Le Troupé". En 2004 cofunda "La Mona y el Boquerón" colectivo de artistas escénicos de diferentes nacionalidades, estilos e disciplinas, dando comezo na súa sala un ciclo que durará cinco anos de varietes mensuais, onde acontecen diversos experimentos e un grandísimo numero de sketchs e pezas curtas. En 2008 comeza a xestación do seu espectáculo unipersoal de teatro de rúa: Radio Salmonela.

compañía/espectáculo

hilton

a compañíaAproxímase a hora "F", comeza a procura de sons deportivos, frecuen-cias moduladas ligadas ao deporte rei, o momento radiofónico mais esperado. Por fin conséguese sintonizar a retransmisión e de súpeto interrómpese.Catapultado por este inconveniente, crea coa complici-dade do publico, un ambiente paixón-parodia deportiva que o leva a marcar o gol da súa vida, dun xeito épico, ao espido, con ovos, con humor, sen que suba ao marcador.

Dirección e Interpretación: Hilton BastosTécnica Teatral: clown e teatro xestual.Duración: 45 minutosVestiario: Laura LeonMusica: Anthony MatieuDeseño Gráfico: Maribel FrancoAsesoramento Técnico: Ramón Ruíz

radio salmonela

ficha artística

compañía/espectáculo

javi javichy

Javi Javichi, máis coñecido como El Malabarista de la Pista, é actor, showman e malabarista, con experiencia na realización de animacións en eventos e festivais por todo o estado. Compañía formada fai mais de 12 anos, de forma totalmente autodidacta nos principios e tras un período de formación posterior en distintas escolas de teatro e circo. Nos últimos anos traballou en distintos medios, destacando sen dúbida a súa participación en diversos programas de televisión, como os popu-lares 1, 2, 3, A Leer esta Vez (TVE 1) e El Club Megatrix (Antena 3), como malabarista, ou Pecado Original (Tele 5), como presentador.

Igualmente, no seu currículo conta con participacións no Festival Internacional de Teatro de Calle de Valladolid, Festival Internacional de Teatro de Getafe, Festival De Gorra 2005 ou o Festival Internacional de Teatro de SHIZUOKA en Xapón, así como un proxecto benéfico de UNICEF en diversos países de África.

compañíaLos malabares, diábolos, mazas ou pelotas, como fío condutor dun malabarista no seu primeiro día de traballo, xogando coas reaccións do público e buscando o risco cun número de equilibrios sobre cilindros no que se mesturan a técnica de circo co humor máis clásico.

Con esta divertida produción de rúa, Javi Javichi logra conectar co público dun xeito directo, cunha proposta artística fresca e orixinal que convence desde o primeiro momento. Proba disto é que este espec-táculo obtivo o recoñecemento como mellor espectáculo do Certame Intergaláctico de exterior no Festiclown Compostela 2005, premio outorgado polo público.

Elenco: Javi JavichiTécnica teatral: MalabaresDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

veló como el rayo

ficha artística

M M

Page 19: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Circo e clown internacional

Page 20: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

COMPAÑíA/espectáculo

circo claxon/revolución industrial

Circo Claxon é unha compañía única no panorama actual que fai arriscadas e espectaculares rútinas de pau chino e aéreos con trapecio de voo, algo realmente difícil de ver en todo Estado. Revolución Industrial é un espectáculo que, ademais de ter un bo nivel de humor e participación, amosa equilibrios, portes e acrobacias aéreas en diferentes elementos (mástil, trapecio) que a sitúan entre as mellores compañías do momento.

Germán Cortés e Tatiana Hess presentan o seu quinto espec-táculo, “Revolución Industrial”Neste caso Germán Cortés e Tatiana Hess presentan o seu quinto espectáculo, “Revolución Industrial”. A esencia deste espectáculo é a satirizacion do traballo mecanizado, a burla cara a todo este sistema produtivo que nace naquela revolución e instala o culto ao produto, ao consumo e que para iso demanda a escravización dos individuos a trapos, impersoais. E por contraposición pretende ofrecer como alternativa, outro “produto”: a arte; e outra forma de trabal-lar: divertíndose. A compañía:

A compañía Claxon Circo é o produto da unión de dúas persoas que desde fai catro anos xuntan as súas forzas creativas dando por resultado unha rica e variada produción de postas escénicas e artísticas. Germán Cortez e Tatiana Hess, ambos con inicios en ámbitos deportivos, contan cunha ampla formación profesional. Os dous profesores de educación física, formáronse tamén en técnicas artísticas circenses e acrobáticas múltiples, así tamén como en técnicas teatrais, ela no ámbito da danza e el na música.

Ficha artística:

Dirección: Circo ClaxonDuración: 50 minElenco: Tatiana Hess e Germán CortezTécnica teatral: Aéreos, mástil chinés, portes e acrobacias

a compañía

breve descrición

ficha artística

circo claxonrevoluciónindustrial

nC

Page 21: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Strawberry recrea un espectáculo onde os elementos do mimo, a comedia gestual e o vaudeville fusiónanse coa tradición dos grandes clowns. Co seu estilo persoal, Fraser Hooper, perfor-mance de nariz vermello, percorreu o mundo deleitando a audiencias de todas as idades.

Fraser Hooper é, sen dúbida, un dos principais clowns europeos. A súa experiencia como mimo, cómico, malabarista e monoci-clista convérteo nun artista completo que conquista o público internacional desde o primeiro momento co seu estilo único de clown contemporáneo.

Procedencia: Gran BretañaTécnica: Clown e teatro xestual

compañía/espectáculo

fraser hooper / Strawberry

breve descrición

ficha artística

a compañía

Imbalance é un espectáculo no que hai demasiadas pelotas no aire durante os números de malabares, onde o perigo está sempre presente e no que se pon a proba toda a coordinación de Andy Snatch.

A compañía:

O artista de rúa máis encantador de Inglaterra preséntanos o seu número de corda frouxa. Un orixinal estilo de malabares, moitísimo descaro e un grande carisma levarán a un final logo do cal non só Andy Snatch terá maniotas.

Procedencia: Gran BretañaTécnica teatral: Clown e malabares

compañía/espectáculo

andy snatch / imbalance

breve descrición

ficha artística

a compañía

compañía/espectáculo

Djuggledy / El diábolo

Espectáculo gañador do Certame intergaláctico de exterior do Festiclown 2011. Neste show, a música marcará o ritmo dos xogos malabares. Trucos orixinais, boas ideas e un número excepcional cun diávolo inquedo, atrevido e audaz... que non para nin un momento.

A compañía:

Jan Maske forma a compañía Djuggledy. Djuggledy é un performer alemán malabarista e showman. Conta con máis de 5 anos de experiencia actuando en rúas e festivais por toda Europa.

Procedencia: AlemañaTécnica teatral: Malabares

a compañía

breve descrición

ficha artística

compañía/espectáculo

Gregor Wollny / Wollny

As palabras non son o único medio de transmitir ideas e situacións. Moitas veces os xestos e expresións transmiten moito máis. Iso e moito máis é o que Gregor Wollny consegue facer nos seus espectáculos. O pracer exuberante de Wollny no proceso de creación do espectáculo é algo a non perderse. Realmente divertido!

A compañía:

Gregor Wollny, un comediante multifacético de Berlín, é home de poucas palabras, pero ten moito que dicir, sendo a súa lema: as palabras son prata, pero o silencio é de ouro. Polo tanto, cando transforma regras de madeira en animais, non é que estea soamente sen palabras, está transmitindo ideas e pensamentos.

Procedencia: AlemañaTécnica teatral: clown, teatro xestual e maxia cómica.

a compañía

breve descrición

ficha artística

SnCSnCS S

Page 22: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Pallaso de nacemento e clown por adopción, comeza a realizar os seus espectáculos en teatros, rúas, vías de trens e prazas de Buenos Aires, os seus arredores e polo resto do mundo sempre presentando os seus espectáculos facendo as delicias de grandes, mozos e medianos.

LUNATIK, reflexo fiel de como está este mundo hoxe en día...Desordenado, cruel, amigable, enérxico, en caída libre, atorado, preguiceiro, apurado, fiel, atorrante, buscón, guerreiro, durmiñón, desvergoñado berrón e furioso, pero por sobre todo cómico, sutil, esférico, perfumado de cor, sabor e cheiro.Un pallaso plantado neste mundo no que non elixiu nacer, pero si vivir ao seu xeito… rindo!

Duración do espectáculo: 45 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

compañía/espectáculo

nani cogorno / lunatik

a compañía

ficha artística

lunatik

Neste divertido espectáculo, a compañía Grupo Electrógeno presenta a Palmerita (La Dama) e a Jeremías (El Director) cun espectáculo de 60 minutos onde os bailes acrobáticos e os xogos de malabares combínanse con torpeza, ridículo e as súas intimidades cotiáns. Na súa interacción co público destaca o carácter destas personaxes unidas non só polas súas habili-dades, senón da man dunha historia que recrea a imaxinación. Humor, sorpresa e impacto, onde o elegante subliña o absurdo. Unha presentación de luxo, un malabarista de lume e unha baila-rina, ... interactúan os nenos e os grandes. Acrobacia con humor... e tres finais de risco. ¡¡¡ Non repita isto na súa casa sen antes consultarnos!!!

Elenco: Celina Maffei e Fernado de la TorreTécnica teatral: Malabares e acrobaciasDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

compañía/espectáculo

Grupo electrógeno

comedia circense

ficha artística

compañía/espectáculo

Chacovachi

Chacovachi é pallaso e un dos precursores dos malabares, o circo e os espectáculos rueiros en Arxentina.O seu espectácuo en Praza Francia durante 15 anos foi inspira-dor, abrindo camiño á chegada de sucesivas xeracións de artistas rueiros.

O seu espectáculo unipersoal “Coidado, un pallaso malo pode arruinar a túa vida”, é unha proposta que emociona, transforma e arde chea de risas, sorrisos e gargalladas. Chacovachi amosa a un pallaso auténtico na súa loita por entreter sen estupidizar e sobrevivir no intento.

Técnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

CUIDADO! UN PALLASO MALO

a compañía

ficha artística

compañía/espectáculo

Maku Jarrak

Malabarista, música, paradista de cabeza e sobre todo payasa, esta nova muller con técnica e humor, estimula, representa e simboliza o unipersonal rueiro feminino. Dirixido polo pallaso Chacovachi este é un espectáculo baseado na accion fisica e a comunicación comica co público dun xeito activo e fresca.

Maku comunícase sen palabras, creando asi unha linguaxe universal. Os momentos técnicos e ludicos sucédense dinámica-mente durante o espectáculo, de xeito fluído, e son parte dun universo cheo de equilibrios, malabares e momentos tan cómi-cos como únicos que levan a un final sorprendente e inesperado.Durante 40 minutos unha pallasa entretén, divirte e asombra, amosando personalidade, oficio e un alma clown que entregar.

Técnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

a compañía

ficha artística

RimBomBam!

SS S S

Page 23: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Teatro de Comedia galegos

Page 24: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía

Bandullo Azul

Inspirándose en Barriga Verde, chega no ano 2012 unha nova compañía BANDULLO AZUL.

Nacida en plena crise, os recortes afectaron tanto a esta nova compañía que soamente está formada por dous actores, xa que tres son multitude. Carece totalmente de persoal técnico e de texto. Da súa escenografía e do seu vestiario poderíase dicir que seguen unha liña perralleira.

Realmente no único que se gastou foi no director, Evaristo Calvo, aínda que este nun alarde de solidariedade coa nova compañía non quixo cobrar polas altas doses de paciencia das que fixo gala durante todo o proceso de montaxe.

Xa está aquí, xa chegou a Galicia o teatro pobre, que non podre, de BANDULLO AZUL, da man de Fran Ameixeiras e Fran Campos.

Baseándose na coñecida historia de Robinson Crusoe e o seu naufraxio, e posterior vida nunha illa deserta, esta delirante e tola comedia daranos a coñecer máis a fondo o día a día do noso protagonista xunto co seu servinte, e tamén compañeiro e amigo, Venres.

A través das actividades cotiás e diarias, Robinson tentará “colonizar” dende o seu mundo civilizado ó seu salvaxe e ignorante compañeiro Venres.

Unha mostra máis do 1º mundo por facerse dono de todo e de todos. Cociñar, xantar, a roupa, a relixión, a música, os modais… serán as ferramentas que utilice Robinson para facer de Venres un home de proveito. Pero este último resistirase ante tal “ataque” e amosaralle pouco a pouco a Robinson a importancia , de ser libre, de deixarse levar polo xogo, a diversión, a contemplación… e a busca da felicidade.

Unha chea de situacións onde o “choque” de dous mundos e xeitos de ver a vida faranos rir e reflexionar sobre o realmente importante e necesario para vivir felices.

Autor: Bandullo Azul e Evaristo CalvoDirección: Evaristo CalvoAdaptación: Evaristo CalvoTécnica: Clown e Teatro Xestúal.Duración: 60 minutos.Clasificación: Todos os públicos

descripción

espectáculo

ficha artística

bandullo azul

Page 25: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

o gordoe o calvo

van o médico

compañía/espectáculo

O gordo e o calvo van ao médico

Despois do éxito conseguido coa produción O Gordo e O Calvo (2003), con máis de 50 representacións, tanto en Galicia como no resto do Estado, Os 7 Magníficos máis Un recuperan os seus dous personaxes máis populares para esta nova aventura clown: A Saúde é o Primeiro. Seguindo a liña do anterior, neste divertido espectáculo recuperan e actualizan algunhas vellas farsas dos pallasos de circo, mesturándose con situacións cómicas de creación propia. O humor máis clásico fusiónase coa creativi-dade e actitude de risco características desta compañía para compor unha obra cómica en torno ao mundo dos/as médicos/as.

A idea de “O Gordo e o Calvo Van ao médico” xurdiu a partir do traballo - na primavera de 2002- de “Os 7 Magníficos máis Un” co prestixioso clown italiano Carlo Colombaioni, considerado por moitos/as como o mellor pallaso do mundo, co obxectivo de crear un espazo no teatro galego para os números clásicos e sinxelos do mundo do pallaso de circo, a través de espectáculos de pequeno formato que, polas súas características, se puidesen adaptar practicamente a calquera espazo escénico, tanto en interior como en rúa.

Unha aloucada serie de situacións e personaxes en grao sumo ridículos e divertidos en busca da gargallada do público. O Gordo e o Calvo Van ao médico é romper co mito da seriedade do medi-camento, co academicismo dos doutores e das doutoras, coa solemnidade das salas de espera, co pavor ao bisturí, coa super-ficialidade da cirurxía estética...

A escusa neste caso é a inauguración e un novo Centro de Saúde na vila. Dous políticos descobren a placa conmemorativa e, de paso, aproveitan a ocasión ara falar das melloras na sanidade pública promovidas polo seu goberno. A lentitude das listas de espera en contraposición coa velocidade da atención primaria, a cirurxía por decreto, os medicamentos, os primeiros auxilios, os médicos e as médicas en prácticas... e todo baixo o prisma clown de “Os 7 Magníficos máis Un”.

breve descrición

breve ficha artísticaEspectáculo clown de creación propia.Dirección: Iván PradoElenco: Pedro Brandariz y Fran Rei Vestuario: Os Sete Magníficos máis UnAtrezzo e escenografía: Os Sete Magníficos máis UnProdución: Coperactiva Cultural - Culturactiva SCG e Red de Festivales EstelaDuración: 70 min.Non recomendada para menores de 12 años

Page 26: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

COMPAÑíA

Producións AcontrabutacaAcontrabutaca Producións nace no ano 2007 co gallo de normalizar e complementar a oferta teatral existente na actualidade en Galicia dirixindo as súas propostas escénicas ao gran público, ao comunmente coñecido coma público familiar.A produtora móvese en dous ámbitos de creación diferentes: o deteatro infantil de actor e do teatro universal contemporáneo ao tempo que programa distintas actuacións no eido educativo e asistencial.Xestionada por Xosé Lueiro, Producións Acontrabutaca aspira a converterse tamén nunha plataforma de difusión para os novos actores e directores galegos e nun espazo de encontro con directores e compañías foráneas.

sinopse

Co-dirixido polo mestre de humor David Ottone (Yllana) O Asasino é o Mordomo é algo máis que un espectáculo... é un novo xeito de entender a comedia en Galicia seguindo o ronsel que compañías como Sexpeare, Capa i Espasa, Pez en Raya ou a mesma Yllana marcan a nivel estatal. O gag, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes farán as delicias do público máis esixente.Un antigo caserón de estilo vitoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular … unha espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chemineas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan aos inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos.A historia narra as peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Margarett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que lles informan dunha éstrana maldición familiar... mortes, desaparicións, presenzas fantasmais... a maldición familiar semella confirmarse coa repentina morte da nova propietaria. Lady Margarett é asasinada; polo que o seu marido contrata os servizos dun detective (Inspector Bonatarda) cuxa investigación rematará por dificultar aínda máis o esclarecemento dos feitos.A quinta dimensión, o cuarto Beatle, a terceira perna... o espectador de O Asasino é o Mordomo algo máis que un espectador... un colaborador necesario que tanto pode meterse na pel dun personaxe coma exercer de dedo acusador ... o público será desencadéante directo na resolución dos feitos.

O Asasino é o Mordomoobra

ficha artísticaAutor e Dirección: Xosé Lueiro – David Ottone Elenco: Fran Campos, Fran Rei e Fran AmeixeirasTécnica teatral: ComediaDuración aproximada do espectáculo: 75 minutosIdades Recomendadas: +16 M

o asasino é o mordomo

M+16

Page 27: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

acontrabutacacompañía/espectáculo

acontrabutaca/dous son parella

Conxunto de monólogos e sketchs sobre as relacións de parella. Sempre abordado dende unha perspectiva cómica; o espectáculo é unha especie de terapia en grupo onde o fin último e rirse dun mesmo. E como se encargan de recordarnos os actores: “Todiño todo está baseado en feitos reais”. Conta en escena con dous dos seguintes tres actores:

Popular intérprete televisiva, conta con case dúas décadas de experiencia no mundo do teatro profesional, tendo representado con compañías dramáticas como o Centro Dramático Galego, Escola Dramática Galega, Ollomol Tranvía, Teatro da Lúa e Sapristi Teatro. Na TVG participou en programas concurso, magazines e sobre todo é coñecida como actriz en series de ficción como Air Galicia, Mareas Vivas, Padre Casares ou Pratos Combinados. Ademais desenvolve unha carreira de conta-contos, primeiro nun dúo co tamén actor Carlos Blanco e despois en solitario. Actualmente encarna o papel de Lidia na popular serie “Padre Casares”

Habitual colaborador en distintos programas da TVG, Isi comezou a súa traxectoria artística na compañía de teatro Tirinautas, primeiro; e Producións Acontrabutaca, despois, percorrendo todos os escenarios de Galicia cunha decena de comedias. Gañador do programa da TVG “O rei da comedia”, vén colaborando con grande éxito dende hai máis de dez anos en distintos programas da TVG como Air Galicia, Supermartes, A Solaina, Land Rober ou Luar. Actualmente, traballa en Tourilandia alterna o seu papel de cómico e contador de historias con colaboracións periódicas en programas como a Solaina ou Luar.

Poeta, filosofo e contacontos galego que esta no culme dos contadores de historias galegos. Celso leva una decena de anos percorrendo o país cos seus contos e levando gargalladas a nenos e adultos.

breve sinopse

patricia vázquez

JOSÉ MANUEL PUENTE “ISI”

CELSO SANMARTÍN

Título do espectáculo: “DOUS SON PARELLA… e o demais son calumnias”Duración: 1.15Catalogación: Para todos os públicos.Dirección artística: Xosé Lueiro (Director teatral de obras como “Robin Hood” “Un morto moi vivo” ou “Frantasmas”)Elenco: ISI (Actor e cómico en programas da TVG como O Rei da Comedia, Air Galicia, Land Rober, A Solaina, Luar…), e PATRICIA VÁZQUEZ (Actriz en “Padre Casares” TVG)Produción: PRODUCIÓNS ACONTRABUTACADistribución: Culturactiva

ficha artística

Page 28: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

astracáncompañía/espectáculo

astracán/ ladrón e familia

Astracán nace ao redor de grandes nomes da escena galega como Evaristo Calvo ou Avelino González e a partir do traballo desenvolvido por Francisco Rei ao fronte da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis. Todos unidos ao redor dun texto dun gran nome internacional como é o premio Nobel Darío Fo.Tras sete anos de formación continuada, en improvisación, clown, interpretación dramática ou movemento escénico e seis montaxes teatrais amadores, unha escolma dos alumnos deciden dar un paso cara a súa profesionalización dentro da escena galega e irrompen con forza e ilusión con esta súa primeira produción cómica.Francisco Rei é o director artístico de Teatro do Astracán. É membro de Os Sete Magníficos máis Un, Produccións Acontrabutaca e Bagunça Teatro e monitor teatral especializado en clown.Con estas compañías e desde 2001 ten participado en 15 espectáculos profesionais. Como mestre, é responsábel da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis desde 2004 e da Aula de Teatro Municipal de Teo desde hai catro anos. Ademais, imparte regularmente cursos de iniciación ao clown. Evaristo Calvo é o asesor de dirección e director de interpretación de Ladrón e Familia. Membro das compañías Mofa e Befa e Produccións Excéntricas, participou en varias montaxes do Centro Dramático Galego e en diversas teleseries como Pratos Combinados ou Air Galicia e posúe unha ampla traxectoria profesional como actor e director e varios premios María Casares no seu armario. Avelino González é o responsable da revisión da adaptación do texto de Ladrón e Familia a partir do texto original do premio Nobel Darío Fo. Actor de cine, teatro e televisión (Padre Casares, Pratos Combinados, …), director, monologuista, contacontos, dramaturgo e traductor, é, sen dúbida algunha, un dos profesionais máis sobranceiros da escena teatral galega con outro armario ben repletiño de Premios Max e María Casares.

a compañía

Ladrón e Familia é unha adaptación de Teatro do Astracán e Avelino González de Non Hai Ladrón Que Por Ben Non Veña do dramaturgo italiano Darío Fo, Premio Nobel de Literatura de 1997. O espectáculo quere ser unha tarxeta de presentación do estilo que pretendemos desenvolver: un humor fresco, sinxelo e moi directo, principalmente comedia de enredo.Ladrón e Familia é un espectáculo cómico a partir dos conflitos que se desenvolven na casa dun matrimonio acomodado cando se atopan cun ladrón un chisco torpe no salón da súa casa. Maridos, mulleres, as súas amantes, ciumes e malentendidos son os ingredientes deste menú de enredo no que nada é o que semella. Os leos amorosos dos nosos protagonistas, as medias verdades, as mentiras, as visitas inoportunas, as falsas aparencias e as múltiples referencias cinematográficas e televisivas aportan aínda máis comicidade a unhas situacións xa de por si cómicas por ridículas e, sobre todo, comprometidas.Todo elo presentado por unha serie de personaxes creados por Evaristo Calvo, aloucados e desquiciados, clásicos pero tamén moi actuais, cunha alta dose de autoparodia e cos que o público se sinte moi identificado.

breve sinopse

Autor: Darío FoAdaptación: Teatro do Astracán e Avelino GonzálezDirector artístico: Francisco ReiAsesor dirección e dirección interpretación: Evaristo CalvoElenco:Pedro BrandarizFran CamposSaleta FernándezAbrahán SandeRogelia dos OuteirosAlberte TorresEscenografía e Atrezzo: Teatro do AstracánVestiario: Teatro do AstracánProducción: Teatro do AstracánContacto e Distribución: Culturactiva, SCG (Nacho Fungueiriño)

ficha artística

Page 29: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Teatro de Comedia estatal//internacional

Page 30: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía

alba sarraute

Alba Sarraute é a pesar da súa xuventude a clown mais importante da escena actual. Premios nos mais importantes festivais de humor como Tarrega ou Leioa, xiras polos principais festivais de Europa (Avignon, Edimburgo…) e a súa incrible forza en escena fan de Sarraute unha das propostas mais frescas, orixinais e potentes dos últimos anos.

Cabaré, Circo, Clown e Comedia únense nunhas proporcións perfectas para dar paso a espectáculos de altísimo nivel.

MIRANDO A YUKALIOs indios da Amazonia.Vivir co peso social e o medo ao fracaso, a perda da inocencia e da liberdade. O medo á morte, a dúbida á morte,a dúbida dun mesmo, da especie humana. A procura da virxinidade orgánica, a aceptación da evolución mesma.Mirando a Yukali é un espectáculo feminino que estimula a alma con humor e circo, unha pallasa que funde técnicas musicais e cabareteiras para articular textos de Koltés, Baricco, Saint-Exupéry, Miguel Hernández, Rousseau, Brecht..."Un dia o ceo caerállenos enriba e ninguén se dará conta"Premios: "1r Premio do público da Fira de Tàrrega 20091r Premio o mellor espectáculo da FIPA Andorra 20093r Premio do público da Fira de Tàrrega 20081r Premio” nits golfes” del Festival Internacional de Pallasos d'Andorra 2007

A viaxe dunha cantante de cabaré en busca do seu pai Música, Poesía e Circo para traducir á escena as contradicións do complexo mundo interior dunha diva.

O amor, a morte, a falta de fundamentos vitais como é unha casa, un territorio, un lugar onde volver, unha lingua materna. A procura da felicidade nos resultados inmediatos, do amor na inseguridade e a soidade dos escenarios. Todo nun só concerto-espectáculo que viaxa entre a poesía, a música e a acrobacia, que compaxina textos poéticos, cancións, jazz, blues, circo, maxia, crítica, etc ... A través dunha dramaturxia dialéctica, que viaxa polo amor, a vida e a morte dunha persoa, o sacrificio de ser amado e non abandonado. A loita da muller nun mundo absurdo, buscando o xeito de sentirse libre e non cada vez máis encadeada perseguindo unha falsa perfección. A Diva é unha aposta en canto á poesía visual, clave do novo pallaso contemporáneo. A Diva quere ser amada, aclamada, e por iso esaxera a súa sedución, o pallaso tamén.

descripción

mirando a yukali

soy la otra (la diva)

alba sarraute

soy la otra (la diva)

ficha artística

Unha morta dáse conta que a vida continua, foi unha cantante de cabaré, elegante, divina, unha diva. Unha vez morta dáse conta que debe de entender algo ... Algo que non a deixa abandonar o seu corpo de diva. O abandono do seu pai, cando tiña 6 anos, unha vez que a obrigou a ser cantante! Ela vai en busca deste recoñecemento, dese amor perdido, pero algo falla. Había algo no medio do destino que non entendera ben. Esta nena tiña un don, pero cal? O problema non é que o seu pai abandonásea, nin que ela nunca lle perdoase, nin unha vez el morto. O problema é que ela unha vez morta non entende aínda porque non o perdoaba! non se arrepinte cando el morra, arrepentirase cando ela se morra e os ollos da morte teñan os ollos do pai. O seu karma non lle deixa ata que non entenda cal era o seu destino ... Un espectáculo de pallasa e tres músicos, que atravesa a vida dunha diva, os locais nocturnos onde ela toca, as súas contradicións, os seus traumas e a gran pregunta: Por que quere que miles de descoñecidos ámenlle?

Técnica Teatral: Clown, cabaré, circo e música.Compoñentes: Alba Sarraute e banda musical.Duración: 80 minutos.Idades: Maiores de 16 anos.Creación: Alba Sarraute.

Page 31: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía

Yllana

Yllana é creatividade. Nace en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, aínda que na actualidade diversificou a súa activi-dade ofrecendo distintas prestacións no mundo das artes escéni-cas e o audiovisual. Os membros de Yllana son Juan Francisco Ramos, Marcos Ottone, David Ottone, Joseph Ou´Curneen e Fidel Fernández. Desde 1996 xestiona o Teatro Alfil de Madrid, converténdoo en un espazo de referencia dedicado á comedia en todas as súas variantes. As súas montaxes representáronse en máis de 2000 ocasións en 33 países e foron vistos por máis dun millón de espectadores. Destacan no estranxeiro tempadas teatrais en Nova York, Mon-treal, México DF, Roma, Londres e París e a participación en festivais internacionais de gran prestixio como o Fringe Festival de Nova York (USA) ou o Printemps des Courges de Toulouse (Francia), gañando o premio con Muuu! ao Mejor Spectacle Etranger en 1993.

Coperactiva Cultural – Culturactiva SCG é a distrubuidora en exclusiva para Galicia dos espectáculos de Yllana.

Outros espectáculos dispoñibles

-666-Star Trip-Pagagnini-Buuuu!-Brokers-Muuuu!-Splash-Olimplaff.

yllana

breve descrición

Outros espectáculos dispoñibles

far west

Un pacífico e sinxelo granxeiro recibe, nunha polvorienta estación de tren no afastado oeste, á súa prometida. Pero antes de que poidan darse o primeiro bico, é secuestrada por dous malísimos fuxidos en busca e captura.

O noso improbable heroe intentará por todos os medios ao seu alcance rescatar ao seu amor, mentres que esta, durante o seu secuestro, atopará dentro dela valores que ela mesma descoñecía, que a transformarán nunha auténtica heroína. Benvi-dos a Far West, a primeira incursión de Yllana no xénero do West-ern.

A través da epopea dos nosos antihéroes, penetrarémonos nun mundo salvaxe e sen lei; visitaremos tribos indias, cantinas de mala morte, desertos cheos de perigos, duelos ao sol, grandes persecucións e, como en todo bo western, acción, moita acción. Yllana homenaxea con este novo espectáculo o mundo das películas do oeste, que tanto estimularon a nosa imaxinación e fixeron xogar; aos seus heroes, os seus viláns, as súas fronteiras e aos homes que se atreveron a desafialas.

FICHA ARTÍSTICAAutor – Dirección: Yllana - Juan Francisco Ramos / David OttoneElenco: Antonio de la Fuente, César Maroto, Susana Cortés, Rubén HernándezTécnica teatral: Humor e ClownDuración do espectáculo: 75 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: sen palabras (videoproxección en castelán).

muuu2!

Ylana cumpre 20 anos sen dicir nin mu. En 1991 un grupo de mozos entusiastas levantaban un proxecto teatral que nin nos seus mellores soños esperaban que os trouxese ata aquí."Muuu2”, recupera o primeiro espectáculo de Yllana, que lles propor-cionou 20 anos de éxitos e gargalladas. "Muuu2" é unha sátira do mundo da tauromaquia, o sentido do humor o machismo, a valentía, a patria, a festa nacional... E de todos aqueles valores sacros e inque-brantables implícitos nun rito que enfronta, en pleno século XXI, o home e a besta ao xeito do circo romano. Vinte anos logo da súa estrea, a polémica ao redor da tauromaquia ten hoxe maior vixencia que daquela.Nesta nova posta escena e total renovación do espectáculo. Por unha parte vemos novos sketches coa habitual xenialidadede Yllana e skecthes orixinais nos que xa se podían albiscar, de xeito embrionario, os acenos de identidade da compañía: a conciencia da comedia, o sentido do ritmo, o uso do son como un personaxe máis, o seu estilo tan directo, a actitude vándala na súa posta en escena, a composición dos personaxes...En pouco tempo o espectáculo converteuse nun éxito inesperado. Descubriron con el a universalidade do seu humor. Algo que crían tan local de súpeto éncheos de recoñecemento dentro e fóra das nosas fronteiras.

FICHA ARTÍSTICAIdea orixinal e dirección: YllanaDirección Artística: David OttoneElenco: Fidel Fernández, Juan Francisco Ramos, Antonio Pagudo, Luis CaoCoreografía: Carlos Chamorro

L

Page 32: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

COMPAÑíA

Leo Bassi Fai 6 xeracións, un antepasado de Leo Bassi loitou á beira de Garibaldi antes de crear un dos primeiros circos modernos da Toscana. Naquel entón, co auxe do Vaudeville, o avó Británico de Leo, Jimmy Wheeler, era unha das estrelas do London Palladium antes de ser o pioneiro da comedia en T.V. nos temperáns anos da BBC.Máis que continuar unha tradición teatral, o seu propósito é manter vivo, na realidade de hoxe, o espírito tarambana e provocador que foi o selo dos Bassi desde que a familia está no negocio. Para Leo, o entretemento non só é pracer e diversión, ¡é unha escusa!. O significado real de calquera espectáculo debería ser máis que nada, dar á xente unha experiencia apaixonante, sensacional e estremecedora. Amado ou odiado polo bufón que é, Leo nunca buscou o consenso como artista ou como home. A súa arte, libre de convencións, ofrece ao publico unha experiencia apaixonante, sensacional e estremecedora, onde a provocación é unha linguaxe e non un propósito.

sinopse “the best of”

ficha artística

Novo especáculo no que repasará o mellor da súa carreira ao longo de aproximadamente unha hora e media de duración na que poderemos gozar co herdeiro dunha estirpe de pallasos que fixo da risa un arma pacífica para o cambio. Os mellores e mais famosos e divertidos sketchs de Bassi sobre as relixións, a banca, a dereita, o capitalismo...Nada se escapa á crítica de Bassi, a arte que, libre de convencións, ofrece ao público unha experiencia apaixonante, sensacional, onde a provocación é unha linguaxe e non un propósito.

Idea orixinal e dirección: Leo BassiElenco: Leo BassiTécnica Teatral: Bufón..Público: Maiores de 16 anos.Duración: 100 minutos.

the best ofobra

leo bassithe best of

M

Page 33: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Maxia galegos

Page 34: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

mago teto/O afiador

Un espectáculo que xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus ancestros. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX, e practicamente extinguido no século XX, desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns días ou anos coa única compaña da súa roda.Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo.Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e paraugas.Un show que pode representarse tanto en interior coma en exterior, esta última versión vai acompañada dun pasarrúas no cal o ilusionista fai xogos de maxia de cerca aos viandantes.O espectáculo adaptase moi ben para feiras e eventos en exterior xa que todo vai auto-contido na “tarazana” (nome que recibe a roda en barallete) que porta o ilusionista.

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos moi diversos: de rúa (como O Afiador) , de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”.Coorganizador de festivais de maxia en Lugo, Santiago de Compostela, ten participado en representacións en Galicia, Arxentina, Republica Checa, Alemaña, Palestina... Que o levaron a que só un dos seus espectáculos “15 anos de Tolemaxias” tivese polo de agora máis de 500 actuacións.

Autor: Héctor GuerraDirección: Héctor GuerraAdaptación: Héctor GuerraEscenografía: Alex Férnandez, Ebanistería a RodaElenco artístico / formación: Héctor GuerraDuración: 50 minutosTécnica teatral: MaxiaTipo de público: Todos os públicos

breve descrición

ficha artística

a compañía

mago teto

compañía/espectáculo

mago teto/Novas tolemaxias

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos meus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… na “Maxia da Santa Compaña” e “O Afiador”, Teto retorna á esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación … ) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla. E esta minestra ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobre todo, cheo de ilusión e de ilusións.

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos moi diversos: de rúa (como O Afiador), de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”. Coorganizador de festivais de maxia en Lugo, Santiago de Compostela, ten participado en representacións en Galicia, Arxentina, Republica Checa, Alemaña, Palestina... Que o levaron a que só un dos seus espectáculos “15 anos de Tolemaxias” tivese polo de agora máis de 500 actuacións.

Dirección: Hector GuerraEscenografía: Alex Fernández, Magicus, Juan MayoralElenco: Mago Teto, Jorge PrietoDeseño de iluminación: TetoMúsica: Teto Duración: 90 minutosTécnica teatral: MaxiaPúblico: Adulto

breve descrición

ficha artística

a compañía

compañía/espectáculo

Page 35: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

don gelati

compañía/espectáculo

dani garcía/Don Gelati

Neste momento a compañía compaxina actuacións en Galicia con estancias, actuacións e formación nos EE.UU, onde xaga-ñou premios como:1º Premio Michigan Magic Day.2º Premio Close Up Contest IBM Ring de St Louis.2º Premio TAOM Texas.3º Premio en Houston.

A compañía de Dani García nace no ano 2004 e rapidamente se fai un oco no panorama máxico galego. O longo da súa breve historia crea distintos pero variados espectáculos de pequeno formato como Maxiaterapia e Acción e outros de grande formato como Da’Kara ou Symbiosis. Dani García fórmase nas mais variadas ramas da interpretación e da escena para conseguir que as súas producións sexan obras de teatro máxicas, onde todo ten un porque e unha lóxica que fai da do ilusionismo algo cotián. Nos últimos tempos o seu traballo camiña cara un lado físico e corporal como no citado espectáculo Da’Kara ou no seu ultimo traballo, Don Gelati. Ademais de ir gañando un bo número de premios nas súas estancias en USA.

Don GelatiUn brillante día de sol chega á praza do pobo un vendedor de xeados co seu carriño e ganas de sacar un sorriso ós que alí viven. Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño que terá que arranxar con enxeño e algo de maxia antes de que os seus xeados se derretan.Esta é unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras e a comunicación co público e constante e dinámica. Un espectáculo de maxia de rúa con grande mobilidade e sen necesidades técnicas externas.

Elenco: Dani GarcíaDuración: 50 minTipo de público: infantilTécnica teatral: maxia e teatro xestual

a compañía

ficha artística

don gelati

Page 36: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Maxia estatal

Page 37: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía/espectáculos

Miguelillo

Miguelillo é un novo artista que leva percorrendo as rúas e prazas de medio mundo desde fai xa máis de 10 anos, participando en festivais tanto nacionais como internacionais de maxia e teatro de rúa. Estivo presente en feiras como “Umore Azoka”, “Feira de Teatro de Castela e León”, “Fira Máxica”, “Magiclown”, “Arts de Carrer”, e festivais como “Gargallada”, “Artes de Rúa de Castela e León”, e tantas outras.Actualmente compaxina as súas actuacións con colaboracións para a televisión autonómica de Castela e León. As súas montaxes caracterízanse por buscar sempre a teatralidade das accións máxicas, concedendo á comunicación verbal e non verbal unha importancia realmente alta, conseguindo unha complicidade co público absolutamente deliciosa.

A señorita Lupierre é unha desas experiencias que non deixarán a ninguén indiferente. A historia máis bela e tráxica xamais contada. Tres personaxes cheos de amor, e maxia que interactúan de xeito harmónico para conseguir recrear unha desas atmosferas pertencentes a outros tempos, onde a proximidade, e o misterio fanse presentes a cada pouco.Este espectáculo de micro teatro é a nova montaxe de Miguelillo, quen interpreta a Fridiano Cartapacio, quen acompañado do seu inseparable Gláfido, farán a presentación máis especial que nunca soñaron.Déixense seducir por esta nova aventura máxica, e introduzanse no mundo da Señorita Lupierre. Trátase dunha vella historia contada con continuas chiscádelas á actualidade, onde a importancia non radica soamente no efecto máxico da clásica cabeza parlante, senón, na atmosfera á que se transporta cada un dos espectadores unha vez é pechada a porta.Un novo concepto de espectáculo, que se desenvolve no interior dunha vella caravana. Tan só 12 persoas terán a sorte ou desgraza de toparse en directo con esta bela historia!!Tres marabillosos personaxes!! Unha vella caravana!! Música en directo!!

Creación: MiguelilloElenco: Miguelillo, Lupierre, Acordeonista.Duración: pases continuados durante todo o día de 10 minTipo de público: Recomendado maiores de 4 anosTécnica teatral: maxia

breve descrición

ficha artística

La señorita Lupierre

miguelillo

Page 38: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía

Producciones los pringaospablo cool & dimitry

Pablo Muñoz e Iván Prado unen os seus talentos nunha oportunidade única. Pablo Muñoz é “Pablo Superstar Cool”. Formouse na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e na Escola de Interpretación de Cristina Rota. Cursou Clown e técnicas de humor con Philippe Gaulier en Londres e Jos Houben en Bruxelas. Premiado co 'Nariz de Ouro' do XIV Festival Internacional de Clowns de Madrid 2009. Premio de Maxia Cómica no Festival Internacional de Maxia de Sta. Susanna (Barcelona). Co-fundador de Goodidea Company coa que traballa profesionalmente paseou o seu humor por Festivais de todo o mundo: Festival Internacional de Edimburgo (Escocia), Int. Incheon Clownmime Fest (Corea do Sur), Festiclown de Galicia, Magiclown de Eivissa, Fest. Int. Clowns de Madrid, Cicloclown de Sevilla, Fira Máxica de Sta. Susana, Festival T T, Feira de Leioa, Feira de Castela-A Mancha, Castelvetro Fest., Bassano do Grappa Fest. (Italia), Mosbach Fest, Heilbronn Fest, Paderborn Int. Fair, Tuttlingen Fest (Alemaña), Thun Fest (Suíza), Sint Niklas Fest. (Bélxica), Zd"ar nad Sazavou (Repúblca Checa),Chiapas (Méjico), etc. Iván Prado é a risa. Ademais de director de proxectos como Pallasos en Rebeldía e Festiclown Palestina, de festivais como Festiclown, Fira Magica e Magiclown, de compañías como Good Idea ou Os Sete Magníficos e, como culmén, actor nesta producción de Los Pringaos que surxe dunha exitosa xira por festivais brasileños de maxia e clown.

Despois do éxito de Pablo Superstar 'A historia máis grande xamais contada” chega: Pablo Cool & Dimitry. Desta volta, Pablo Muñoz, dirixido e acompañado en escena por Iván Prado, ofrecerá unha lección maxistral de como debe comportarse un “Superstar” no escenario, creando situacións tan absurdas como divertidas e interactivas co público. Con este espectáculo, creado e escrito por Iván Prado e interpretado por Pablo Muñoz e o propio Prado, enfrontámonos a clases de cociña, amores imposibles, mascotas descaradas e ata situacións de escapismo imposibles. Este espectáculo busca a risa do espectador a base de crear situacións absurdas de asimilar sen un nariz vermello no corazón. Combinando elementos de clown, maxia cómica e teatro absurdo, o público pasarao en grande.

Elenco: Pablo Múñoz e Iván Prado Técnica teatral: Maxia cómica e clown.Dirección: Iván PradoDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: Castelán

compañía

espectáculo

ficha artística pablo cool& dimitry

Page 39: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Monicreques e Contacontos galegos

Page 40: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía

Brancaflor

Protagonizado por Fran Rei, A Historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersonal de Os Sete Magníficos máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía -con máis de dez de traxectoria profesional- na arte dos contacontos.

Baixo a dirección de Avelino González, nesta montaxe achegámonos á lenda popular de Brancaflor -filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma 'Contos Marabillosos'. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan á que se opón con decidida firmeza o malvado pai da rapaza. Como non podía ser doutro xeito, a narración vén ilustrada con diversos xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.

Dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, o público é parte activa desta montaxe e a súa colaboración na mesma é imprescindíbel para que o amor entre os dous rapaces protagonistas triunfe sobre as continuas dificultades que se lles presentan.

A forza da palabra e a ilusión da maxia mestúranse para compoñer un espectáculo para público infantil que pode ter cabida en programacións xerais, programas de animación á lectura, colexios, bibliotecas, …A Historia de Brancaflor, un conto máxico sobre a forza do amor.

Dirección: Avelino GonzálezAdaptación: Avelino González e Fran ReiElenco: Fran ReiProducción: Culturactiva, SCGXénero: contacontosDuración: 50 minsClasificación: público infantil (6 – 12 anos)

descripción

ficha artística

Brancaflor

Page 41: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Compañía

a tropa de trapoTal como pasa cos contos, non se sabe moi ben cando naceu A Tropa de Trapo. O certo é que tanto Marta coma Brais, que com-poñen esta curiosa tropa, xa levabamos anos relacionados co mundo dos contos, da oralidade e da literatura, cada un polo seu lado. Coñécense en 2006 e ao ano seguinte dan o salto ós esce-narios.

Desde aquela, percorren toda xeografía galega (toda!) facendo soñar e pensar os nenos e nenas, adolescentes e maiores que queiran achegarse a escoitar un conto. Xa teñen estado en centros sociais, bares, centros de maiores, haimas, centros penitenciarios, colexios, e un longo etcétera, pero a súa espe-cialidade son os institutos. Nos centros de secundaria é onde máis actúan e onde atopan o público máis difícil, pero tamén máis agradecido.

A súa vocación didáctica fundiuse cos contos e coa música e acabou por darlles o que hoxe teñen: catro espectáculos que combinan música e palabra, adaptados a distintas idades, un feixe de historias e melodías e moitas ganas de seguir dándolle vida a ese fío delicado que é a transmisión oral.

A Viaxe das Palabras é a historia dunha nena, Lucía, que desco-bre unha maleta vella de seu avó, a quen non chegou a coñecer. É todo o que de seu avó quedou pero seus pais non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis preciados de seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide averiguar o que hai alí dentro…

Dende entón, a voz do avó acompáñanos nun espectáculo de catro contos, participativo, con música e efectos sonoros en directo. Contos de vacas, de mercados árabes coas súas dispu-tas, de homes e mulleres que viaxan en busca do lume e de foguetes espaciais feitos na casa...

A música acompaña algúns dos contos, co son da frauta de lata, da darbouka, do laúde árabe, ou mesmo de frautas traídas da lonxana China… E os efectos sonoros son participativos na súa maioría, algúns de reciclaxe, outros corporais e outros con instrumentos de percusión.

a tropa de trapo

breve descrición

Esta é a nova proposta da Tropa de Trapo. Un novo espectáculo de contos a dúas voces con música en directo. Igual que en anteriores proxectos, segue a explorar a liña de historias reais, recollidas en primeira persoa, na busca de contos sinceros e cercanos, que falen realmente do fondo humano que a todos nos une.

Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, Contos coas mans abertas é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de realidade, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.

Contos coas mans abertas.

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque.

Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir.

Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

A Tropa de Trapo volve cun novo conto logo de centos de actuacións coas súas anteriores propostas.

Xa confirmados como uns dos mais importantes membros da nova fornada de contadores galegos pola súa orixinalidade, sensibilidade e polo seu anovador xeito de achegarse a temas universais traennos un novo conto que saca á luz o mais fermoso que levamos dentro.

antía, wamba e o regato pequeno

Que é a Hora Azul? É o seu espectáculo máis variado. Contos do deserto, da Galiza, de calquera parte do mundo e de todas á vez. Mulleres valentes en tempos difíciles, festas nunha aldea galega, lendas marroquís...

Ideais, valores, cartos, historias de amor entre as areas do Sáhara e o torreiro de Chandebrito.

Que é a Hora Azul?A Viaxe das Palabras

S

Page 42: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

espectáculo

mañá será outro día

Cantos contos contas

O último espectáculo de “Os Sete Magníficos máis Un” é de carácter medioambiental en torno á redución do consumo e englóbase baixo o título de Mañá será outro día.

Tratando temas como o da propia vida, as cidades, o amor e a morte, con grandes doses de ironía e cunha linguaxe cotiá e coloquial para que poida chegar sen dificultade a todos os públicos e en especial aos máis novos, enriquecendo a súa conciencia ambiental.

O argumento susténtase no traballo de dous actores (Isabel Martínez-Risco e Fran Rei) que, en clave clownesca, irán tecendo a trama da obra e descubrirán con asombro a necesidade de conservar, reciclar e optimizar os recursos da nosa contorna natural.

”Crer que os pobos poden ser felices sen diversións”, escribiu en certa ocasión Jovellanos, “ é un absurdo; crer que as necesitan e negarllas, é unha inconsecuencia tan absurda como perigosa; darlles diversións e prescindir da influencia que poden ter nas súas ideas e costumes, sería unha indolencia farto máis absurda, cruel e perigosa ...”. Esta dimensión do feito teatral que nos transmite Jovellanos sérvenos para introducir o noso obxectivo á hora de crear esta obra. O cal non é outro senón o de crear un espectáculo fluído e ameno que invite a reflex-ionar sobre os modelos de desenvolvemento sustentados no uso e o abuso do consumismo e a sobreexplotación do entorno.

Dous viaxeiros coinciden nunha estación de tren durante a súa viaxe. As súas vidas están condicionadas polas historias que atopan alí onde van e descubrirán nesta ocasión que coinciden en moitas facetas da súa misión polo mundo, recoller historias.Nunha realidade confusa coa fantasía, estes personaxes comparten algúns destes contos mentres agardan a que chegue o próximo tren:- O círculo do 99. Conto que fala sobre a avaricia e o valor das cousas. Cando temos suficiente e canto precisamos para ser felices?- A Verdadeira historia de Carapuchiña Vermella (con títeres e música en directo). Conto clásico pero desmitificado.- A sopa de pedra. Conto popular sobre enredos, inocencia e picaresca.Finalmente, os viaxeiros interatúan co público para que sexa posible esa misión de recollida de historias que, a través dunha dinámica de papiro-flexia, solicita a participación de todxs para tal fin.

Idea e creación: TitereficciósAutores: Sofía Espiñeira e Roberto C. MouriñoActor e Actriz: Roberto C. Mouriño e Sofía EspiñeiraIdades: de 3 a 12 anos.Técnica Teatral: Contos e Monicreques.Duración 40 minutos.

Gofken e o libro máxico

No Libro Máxico están contidos tódolos contos do mundo. Gofken vive dentro deste libro coidando dos contos e ocupándose desas person-axes que están a piques de desaparecer porque nós, os humanos, deixamos de ler a súa historia ou ben, durante longo tempo, ninguén volveu contala...Espectáculo que fai un percorrido pola imaxinación dos nenos e nenas facendo unha chamada de atención para que ler e contar contos sexa un hábito máis nas súas vidas. Entrañables personaxes como Gofken, o Paiaso Hakim ou o garda dos contos encarnan a fantasía preocupada pola súa propia continuidade no tempo dentro da imaxinación colectiva.

Creacións TitereficciósActores: Roberto C. Mouriño & Sofía Espiñeira.Música: Sofía EspiñeiraIdades: A partir de 4 anos.Técnica teatral: Monicreques e música.Duración: 40 minutos.

breve descrición

breve descrición

ficha artística

ficha artística

breve descrición

titereficciós titereficciós

ficha artística

Autor e Dirección: Mario TomásElenco: Isabel Martínez-Risco e Fran Rei Técnica teatral: Clown mesturado con manipulación de monicreques a partir de material de refugallo.Público: Infantil.Duración aproximada do espectáculo: 50 minutosTraxectoria e información relevante da cia:Festiclown 2009 e 2010.Magiclown de Sant Josep de Sá Talaia (Ibiza)Fira Mágica de Santa Susana (Barcelona)Viernes Canallas de Valdemoro (Madrid)

S

Page 43: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Monólogos galegos

Page 44: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Se credes que precisades dos meus servizos non tedes máis que aturuxar, que desde O Pindo, escoito que flipas porque ten unha acústica bárbara.Sabedes quen son, non? Ben normal, nin puta idea, normal, ademáis indo de incognito menos, claro! Vouvos dar un par de pistas, como mínimo, agora que xa vedes a estrela encarnada xa o teredes mais claro non?Non, non son concelleira do Bloque.Igual é que como traballo en negro e hai que ser discreta pois non me recoñecedes.Eu son Chelo Garcia Naveira, máis coñecida como Naviza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e os meus poderes proveñen do sulfato¡Ídesvos super-esperrechar de risa.

Dirección e creación: Isabel RiscoElenco: Isabel RiscoTécnica teatral: monólogo.Duración do espectáculo: 45 minutosPúblico: Adulto.

compañía/espectáculo

isabel risco

Naviza Girl

ficha artística

Un viaxeiro do tempo chega do futuro ata á actualidade coa súa desven-cellada cronomáquina que máis ben semella un váter que bota fume. Téñenlle prohibido adiantar acontecementos do futuro, pero como é un bocazas non vai dar calado. Dará algúns consellos sobre as novas tecnoloxías, daralle un repaso á economía, fará mostra das súas habili-dades psíquicas e poñerá patas arriba o auditorio. En resumo, un tío do futuro, bastante pasado, que fará rir a tódolos presentes.Un espectáculo que mestura sen complexos o monólogo coa partici-pación do público, e que se adentra nun universo cómico plagado de referentes do cinema de ciencia ficción.

Dirección e creación: Antón CoucheiroElenco: Antón CoucheiroTécnica teatral: monólogo e clown.Duración do espectáculo: 45 minutosPúblico: Maiores de 14 anos.

compañía/espectáculo

cou

Olá Veño do Futuro

ficha artística

compañía/espectáculo

pedro brandariz

PGU é un monólogo cómico no que se narra a vida dun gordo. Pedro Brandariz, cun estilo agresivo e transgresor, conta diversas peripecias da súa vida dende a perpectiva de gordo.“Dende xa antes de nacer eu xa era gordo, de feito cando lle fixeron a ecografía a milña nai, eu xa non cabía na pantalla, por eso inventaron o home cinema, a pantalla ancha” … asi comeza o desternillante monólogo P.G.U (Partido dos Gordos Unidos)Brandariz leva a cabo un "monólogo clown", onde non só importa o que se dí, senón tamén a forma de dicilo, a personaxe, etc.

Monólogo cómico sobre o mundo da relixión, pero da relixión máis enxebre, da relixión das parroquias, da que sufrimos día a día as galegas e os galegos.No espectáculo mostranse os aspectos máis cómicos das propias misas e dos curas, auténticos showmans. Pai Noso parodia o mundo do clero, da feligresía e do cristianismo. Todo esto dende un punto de vista lúdico e cómico.

Dirección e creación: Pedro Brandariz // Elenco: Pedro BrandarizTécnica teatral: monólogo e clown.//Duración do espectáculo: 90 min.Público: Adulto.

PGU / Pai Noso, Padre Nuestro

PGU / Pai Noso, Padre Nuestro

ficha artística

compañía/espectáculo

mentalini

Desde algún lugar do trópico, non sabemos de cal, pero desde algún lugar, chega mentalini... Teña coidado, tan só con miralo aos ollos pode averiguar desde o seu nome ata os seus máis profundos desexos, é unha mente privilexiada e sen límite posta ao servizo do espectáculo.Mentaclismo é un espectáculo de maxia cómica, que a través dunha serie de poderosos números recollidos por mentalini ao longo das súas viaxes polo universo, somérxenos no seu marabilloso mundo. Coa forza dun tsunami o mentaclismo inunda as nosas cabezas ata controlalas totalmente, faise coa nosa enerxía e alimentase dela para crear un hiperespectáculo cargado de humor e intelixencia (iso di el). Hai moitas razóns polas que non se debería perder este espectáculo, pero preferimos non dicirllas e que sexa vostede mesmo/a quen as descubra. Mentalini soamente para o público máis esixente... e para o resto tamén, por suposto.

Elenco: Fran AmeixeirasTécnica teatral: Maxia cómicaDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Mentaclismo: Tsunami Mental

ficha artística

Page 45: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Unha mestura de distintas técnicas de actuación: monólogo-stand up, clown, bufón, maxia, música en directo... dirixido por Fran Rei (de Os 7 magníficos + 1). O Padre Merino, coñecido antes como “Josito”, tivo unha dura infancia e peor xuventude. Problemas na casa, na escola (nunca foi bo estudante), adición ò alcohol, (chegou a beber “Don Simòn” e “Gin Larios” a pelo), ás drogas, (psicotrópicas e das outras), ó sexo, (ás veces incluso o chegou a facer con persoas)… Ata que un día atopou a Luz cando lle cae nas máns un libro do agora admirado Juan Pablo II. Ingresou, estudou e ordeouse sacerdote e como el dí: “soldado do señor”.

Actor: Fran CamposDirección: autodirixidoTécnica Teatral: Comedia, clown e musical.Duración: 75 minutos.Público: Adulto.

compañía/espectáculo

padre merinoA.M.E.N (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas)

ficha artística

compañía/espectáculo

illanes

Actor, músico, cantante, zancudo, licenciado en dereito... e de Vigo. Cando lle preguntan a que se adica el di que é faranduleiro. Comezou profesionalmente no teatro como socio fundador da cía galega de espectáculos de rúa Zancalino Produs SL. Formado en canto e varios instrumentos. En Madrid, estudou interpretación na Escola de Mar Navarro e Andrés Hernández e clown con Tom Greder, Andrés del Bosque, Jons Pappilla,…Espectáculo de comedia e músicaUn coro formado por unha persoa, un grupo composto por un solista, un cómico a varias voces. Tras quedar sen grupo, tivo que amañarse pra seguir el só sen que ninguén notase a diferencia. Unha comedia musical ou un concerto cómico? Tango, blues, reague, bossa… e unhas cantas ocorrencias musicais!

Actor: Jose Carlos IllanesDirección: autodirixidoTécnica Teatral: Comedia, clown e musical.Duración: 75 minutos.Público: Todas as idades.

solista por narices

ficha artística

compañía/espectáculo

pedro brandariz

Neste espectáculo, analizase a vida dos galegos, en canto á súa cultura, o seu idioma, as súas expresións e … a familia. Brandariz aborda o carácter morriñento das galegas e galegos, a través das súas expresións, do seu humor, das súas costumes, das súas festas, … Todo dende un punto de vista cómico que provocará as gargalladas do público..

O monologuista Pedro Brandariz analiza dunha maneira cómica as relacións familiares que se dan entre as fillas e fillos e as nais e os pais, e tamén coas avoas e avós, as irmáns, os curmáns , a familia de lonxe, a familia de cerca …Todo isto dende un punto de vista humorístico e teatral que provocará as gargalladas do público.

Dirección e creación: Pedro Brandariz // Elenco: Pedro BrandarizTécnica teatral: monólogo e clown. // Duración do espectáculo: 90 minutosPúblico: Adulto.

PROFUNDIZANDO NA GALIZA PROFUNDA

ficha artística

FAMILIA? NON, GRAZAS

Page 46: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Pasarrúas galegos

Page 47: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

grupo

Cé Orquestra

Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais.Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.Dende comezos do verán de 2008 e con máis de 150 concertos por ano, este músico leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.

Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra, Cé Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.Animación musical: O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos, con divertidas melodías e cantigas infantís para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete…ata caer de cú!Festas e romarías populares: Un repertorio cheo de cancións populares tanto de tradición oral como das gravacións sonoras, alternando con temas propios: a festa está garantida queiras ou non queiras!Música nas rúas e prazas: Enche a túa vila de vida musical en plena rúa, nunha conexión directa cos veciños. Que todos disfruten do home orquestra.Festivais: Música a pé de barra entre grupo e grupo para que non pare a festa, cun repertorio elixido dependendo do tipo de festival, incluíndo sempre temas propios. Levarás o ritmo no Corpo toda a noite.Festas de época: Poderás ver ó marabilloso home orquestra debida-mente caracterizado facendo fermosos e divertidos pasarrúas e animando ás prazas en festas de época tipo medievais, reconquista de Vigo… Como para non perdelo!Locais concertos: Poemas musicais de poetas galegos, temas propios e unha chea de orixinais versións co ritmo axeitado para que o teu corpo non pare: déixate levar!!Música para os nosos maiores: Os grandes clásicos nunca morren, darlles un repasiño sempre será unha boa escusa para facer unha festa ben acompañados, cantando bailando ou como queiras!Home karaoke: Colle o libriño, escolle a peza e escacha a gorxa cantando ó teu ritmo acompañado/a polo home orquestra, botémoslle unha cantiga.

cé orquestra pantasma

o espectáculo

cé orquestraFICHA ARTÍSTICA

Elenco: César FreiríaTécnica teatral: animación musicalDuración do espectáculo: variablePúblico: para todos os públicos

Page 48: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

grupo

un día de festaCulturactiva SCG, unha das distribuidoras musicais e teatrais con máis actividade de Galicia, e Os Quinquilláns, unha das compañía de refrencia do teatro de rúa galego, únense para crear un anovador producto cultural.Un Día de Festa é unha xornada completa de programación teatral para todos os públicos, con contacontos, espectáculos de novo circo e unha grande animación final.O día empeza cunha sesión de contacontos a cargo de Os Quinquilláns (Morgana e Arturo), Os Sete Magníficos máis Un (A Historia de Brancaflor) ou mesmo un contacontos exclusivo en función do acto no que se programe a actividade.A tarde está reservada ao clown, a maxia e ao novo circo, con dous espectáculos de rúa. Peter Punk, Os Sete Magníficos máis Un, Roi Sixto, Cé Orquestra Pantasma ou Rudi Dudi serán as compañías protagonistas do serán.E para rematar, unha grande animación nocturna da man de Os Quinquilláns, que pecharán a xornada con No Fondo do Mar, Ladróns de Sona ou Arrieiros, poñendo un espectacular broche de ouro a Un Día de Festa.

En activo desde 1989, a compañía especialízase desde o inicio no teatro de rúa e infantil. Nos seus preto de 25 anos de traxectoria profesional, estrean multitude de espectáculos, entre os que sobrancean As Viaxes Fantásticas (1994), As Voces do Mar (1996), Irmandiños (1998), Gulliver (2000), O Circo das Máscaras (2002), Moby Dick (2004) ou A Diáspora (2005).

Culturactiva SCGCulturactiva SCG é máis que unha oficina de venda teatral e musical e máis que unha empresa de xestión cultural. Nacida hai máis de dez anos, na actualidade é a distribuidora líder en Galicia de teatro cómico e de rúa. Con máis de 500 actuacións ao ano, a súa proxección e presenza está a medrar tanto no ámbito galego, coma no estatal e internacional.

MañáUnha sesión de contacontosSeránDous espectáculos de clown, maxia ou novo circoNoiteUnha grande animación nocturna un día de festa

biografía

os quinquilláns

culturactiva scg

programa

Page 49: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

batukadas e animacións musicais

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

aperta

aperta

A Asociación de PERcusionistas e Tamborileiros/as foi creada en Vigo no ano 2004 co fin de apoiar e promocionar a música en xeral e a percusión en particular nun entorno social, procurando favorecer e desenvolver a inclusión social dun xeito lúdico e participativo.

O seu prato forte é o entroido, chegando a desfilar un máximo de 60 percusionistas, con vistosos traxes, acadando unha forte expectación dada a magnitude do son e o propio espectáculo visual, altamente contaxioso, que en si mesmo conforma esta colorida, xigantesca e dinámica festa móbil.

Desde o ano 2006 veñen participando nos entroidos de Vigo e contorna. Levaron dous premios consecutivos nos anos 2007 e 2008 á comparsa máis festeira do Entroido vigués e o premio no 2007 á mellor caracterización no enterro do Meco, tamén en Vigo. Máis non só actuaron no entroido de Vigo, senón que tamén estiveron no Porriño, Bueu, Padrón, Sanxenxo...

Este grupo explora os principais ritmos afro-baianos, tradicionais do entroido do nordeste do Brasil e son coñecidas as súas actuacións en prazas, rúas, centros comerciais e zonas antigas das principais cidades e vilas de Galiza e norte de Portugal.

Técnica teatral: Animación músical, pasarrúas e percusiónDuración: VariablePúblico: para todos os públicosEspazo: exterior

Page 50: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Pasarrúas estatal

Page 51: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía/espectáculo

kull d`sac/RAGNAROKEn Culturactiva traballamos con exitosas compañías como é o caso de Kull d´Sac. Facendo pasarrúas, pirotecnia e creando incribles espectáculos á carta para calquera tipo de evento, festa ou conmemoración.Kull d´Sac son un dos mellores especialistas do Estado facendo e creando animacións de rúa, pasarrúas e espectáculos de exterior, pirotecnia, vídeo-proxeción ….É fundamental a súa capacidade de crear espectáculos á carta e para ofrecer shows cunha presenza incomparable onde pirotecnia, fogos de artificio e música nos levan a algo totalmente diferente e inesquecible; sempre contando coa participación do público e gozando de momentos de interacción, circo, acrobacias e risco inigualables en GaliciaPasarrúas con miles de watios de son, zancudos que cuspen lume, diferentes estéticas (cabaret, futuristas, anos 20), Con espectáculos por crear ou xa creados e en cartel coma Danzefoc, Ragnarok, Cabaret ou Accion-Art, entre outros; a diversión, o espectáculo, unha posta en escena elegante e contundente e a festa están aseguradas.

Ao compás dos sons electrónicos máis vangardistas, Ragnarok tingue a noite de lume e danza, de ritmo e luz.Déixate levar pola súa maxia e vive ao máximo cada instante. Coreografías de lume, efectos pirotécnicos, danza en zancos e moito ritmo, converten este pasarrúas nun auténtico espectáculo itinerante.Un espectacular pasarrúas con: pirotecnia manual e estática, elementos de lume (abánicos, mazas), zancudos, escupelumes e malabaristas, un vehículo de 4 metros de altura con 2.000 W de son; pero, sobre todo, un incrible despregue de ritmo, enerxía e interacción co público.

Técnica teatral: Pirotecnia, Pasarrúas Musicais, ZancosEspazo: ExteriorDuración: Variable.Público: TodosEspectáculos adaptados e personalizados ao orzamento, necesidades e características do cliente e o espazo de realización

kull d`sacbreve descrición

RAGNAROK

ficha artística

L

Page 52: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

Compañía

KANBAHIOTA

Kanbahiota significa voltereta en brasileiro, e iso mesmo é o que vén facendo esta compañía dende o 2002.O circo, o teatro, a música, a danza son as ferramentas que usan para realizar os seus espectáculos.Ao longo destes anos crearon varios espectáculos e números de acrobacias aéreas, roda alemá e pasarruas que viraron por Europa e Sudamérica.Unha das características fundamentais de Kanbahiota é a flexibilidade artística xa que son capaces de adaptarse a todo tipo de espazos e situacións.

Impresionante espectáculo itinerante onde unha familia vén dalgún lugar onde a desertización xa chegou , polo que se viron obrigados a viaxar en busca dun lugar máis habitable.Veñen coa súa roda xigante de cinco metros de altura a cal serve de medio de transporte así como de soporte para os números aéreos que se realizan nas paradas.A espectacularidade do aparello e as técnicas circenses, combinado coa música en directo e canto de lírica fai do espectáculo un conxunto que non deixa indiferente ao espectador.O espectáculo arrinca desde un lugar amplo para percorrer as rúas facendo entre 2 e 4 paradas dependendo do percorrido, para acabar nunha praza ou lugar amplo onde se desenvolve o número final. As técnicas usadas son técnicas aéreas, corda, trapecio , cadro fixo. Acrobacia etc …

Elenco: Variable entre catro e doce artistas.Técnica teatral: Pasarrúas Musicais, Roda Alemana e AéreosEspazo: ExteriorDuración: Variable.Público: Todos os públicos.

breve descrición

nómadas

FICHA ARTÍSTICA

KANBAHIOTA

Page 53: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía/espectáculo

Alas Circo

Alas Circo Teatro é unha compañía dedicada ás artes aéreas que se fusiona e investiga constantemente con outros artistas e disciplinas, sendo o aire o seu hábitat natural. Os dous artistas e acróbatas que integran Alas Circo Teatro están abertos á investigación escénica cunha alta dose de destreza física e responsabilidade social. Juan Manuel Sánchez (Córdoba) e Txutxu Buffa (Arxentina) son os compoñentes desta compañía que xa leva ás súas costas tres espectáculos de medio formato que levan anos percorrendo a xeografía española.

Un lugar onde a maxia esperta. Un lugar de soños... Baixo a sombra dun gran carballo descansa o Mago Thot, quen esperta para adentrarnos nun mundo cheo de seres máxicos e fantásticos que se deixan ver como contagotas invadindo o espazo, seres divertidos que realizan proezas asombrosas: caen do ceo facendo resoar as campás, baixan polas paredes dos edificios, camiñan por cordas frouxas, ou se tiran desde o alto dunha estrutura… Cando o Meigo Thot esperta só hai que gozar do séquito que baila e xoga ao seu antollo.

Creación: Alas Circo TeatroTécnica teatral: Pasarrúas musical con aéreos, zancudos e corda frouxa (adaptable)Duración: VariablePúblico: Para todos os públicosIdioma: Sen Palabras

alas circo

breve descrición

a maxia de thot

FICHA ARTÍSTICA

L

Page 54: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

compañía/espectáculo

kull d`sacEn Culturactiva traballamos con exitosas compañías como é o caso de Kull d´Sac. Facendo pasarrúas, pirotecnia e creando incribles espectáculos á carta para calquera tipo de evento, festa ou conmemoración.Kull d´Sac son un dos mellores especialistas do Estado facendo e creando animacións de rúa, pasarrúas e espectáculos de exterior, pirotecnia, vídeo-proxeción ….É fundamental a súa capacidade de crear espectáculos á carta e para ofrecer shows cunha presenza incomparable onde pirotecnia, fogos de artificio e música nos levan a algo totalmente diferente e inesquecible; sempre contando coa participación do público e gozando de momentos de interacción, circo, acrobacias e risco inigualables en GaliciaPasarrúas con miles de watios de son, zancudos que cuspen lume, diferentes estéticas (cabaret, futuristas, anos 20), Con espectáculos por crear ou xa creados e en cartel coma Danzefoc, Ragnarok, Cabaret ou Accion-Art, entre outros; a diversión, o espectáculo, unha posta en escena elegante e contundente e a festa están aseguradas.

Kull d´Sac levan varios anos sendo unha das compañías punteiras na creación e execución de espectáculos personalizados para eventos, actividades, festas, inauguracións, etc… Traballando en grandes eventos de compañías, multinacionais, concellos, cine e festivais.A compañía aporta, ademais dos seus valores estéticos habituais como a pirotecnia, a acrobacia, a danza vertical, os aéreos, a música en directo, o mapping e os fogos artificiais unha execución perfecta coa integración de elementos, artistas, extras, asociacións, músicos e recursos locais.Unha liberdade e experiencia que a nivel de traballo lles permite facer a execución completa do proxecto ou compartilo e crealo con entidades e persoas locais en función das preferencias do cliente.Kull d´Sac pon toda a súa espectacularidade e bo facer ao teu servizo para crear con total liberdade e amosar que todo é posible.

A arte e a maxia duns sorprendentes zancudos, malabaristas e escupelumes ao ritmo da máis trepidante percusión invade as rúas transformándoas nunha auténtica festa.PIRO-ART é un espectáculo Itinerante onde a música anega as rúas de ritmo mentres os zancudos interactúan co público, realizan coreografías, escupen lume, botan elementos de pirotecnia e convirten o espazo nun impresionante corre-foc móbil no que o público se convirte nun elemento mais que participa e forma parte do espectáculo.O espectáculo é modulable e pode rematarse cunha instalación de fogos artificiais que lle dan un final realmente apoteósico e inesquecible.

kull d`sacbreve descrición

espectáculos á carta

piro-art

L

Page 55: Catálogo Xeral 2013 [GZ]

+info: www.culturactiva.org

fer
Typewritten Text
[email protected] 981 582 836