Catálogo de servizos en economía...

20
Catálogo de servizos en economía social

Transcript of Catálogo de servizos en economía...

Page 1: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Catálogo de servizos en economía social

Page 2: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Táboa de contidosDesde a economía social..........................................................................3

Impulso da ESS............................................................................................5Desenvolvemento local............................................................................6Promoción.................................................................................................7

Divulgar e facer chegar...........................................................................................7Incidir nas entidades de apoio ao emprego e ao emprendemento......................8Dinamización de sectores potenciais....................................................................9

Educación...............................................................................................10 Novos proxectos........................................................................................13

Incubación..............................................................................................14Formación para o emprendemento na ESS............................................15

Fortalecemento..........................................................................................17Democracia interna e mellora organizativa............................................18Redes de intercooperación.....................................................................19Apoio á actuación pública......................................................................19

Cidadanía S. Coop. Galega 2

Page 3: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

O corazón da cooperativa Cidadanía é afondar na democracia participativa. No económico, isto significa promover e fortalecer a economía social. Por iso, este é un dos nosos campos preferentes de traballo.

Desde a economía social

Cidadania é unha empresa cooperativa galega constituída en 1999, que integra deforma innovadora a investigación, a democracia participativa e a planificación pública.

Unha das súas áreas preferentes de traballo é a promoción da economía social, con diferentes servizos que sacan partido da propia experiencia como cooperativae dos campos de especialización profesional das socias e socios:

Incubación Promoción

Desenvolvemento local Mellora organizativa

Democracia interna Programas a medida

Acción Pública Educación e formación

Fortalecemento Redes de intercooperación

Relevo xeracional Igualdade

Cidadanía fai parte do movemento cooperativo galego, cunha implicación activa en Espazocoop, na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, REAS-Galicia, e na cooperativa de servizos financeiros Coop57.

Cidadanía recibiu o premio ao mellor proxecto cooperativo 2016, outorgado polo Consello Galego de Cooperativas.

Cidadanía S. Coop. Galega 3

Page 4: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías
Page 5: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Impulso da ESSEconomía Social e Solidaria

Page 6: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Detrás da economía social está o gran reto de construír unhas relacións económicas igualitarias, democráticas e que poñan ás persoas no centro, por enriba de intereses monetarios ou de acumulación.

Son moitas as iniciativas de economía social xa en marcha. Supoñen o 12,5% do emprego en España, segundo o CEPES.

Representan un modelo de desenvolvemento económico orientado a satisfacer necesidades reais, non especulativo, con mellores indicadores de igualdade de xénero que a empresa capitalista, non deslocalizable e capaz de soster o empregoen épocas de crise económica.

Impulsar o crecemento da economía social e solidaria é impulsar unha economía máis forte, menos suxeita a fluctuacións e orientada á calidade do emprego, a sustentabilidade e ao empoderamento social.

Desenvolvemento local

Un desenvolvemento local deseñado e impulsado coa participación dos diferentesaxentes e que aposta pola cooperación, a sustentabilidade e a inclusión. Ese é o desenvolvemento que Cidadanía vén impulsando en proxectos da Administración autonómica, da Administración local e de diferentes entidades asociativas como os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) ou os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP).

O noso punto forte é acadar unha verdadeira activación da participación e da cooperación entre axentes, promovendo redes efectivas de impulso económico e social, con base na activación das potencialidades da sociedade e da organización horizontal e en rede.

Proceso de participación para a Estratexia de Emprego do Concello de Santiago de Compostela, 2015.

Desenvolvemento das estratexias de desenvolvemento local participativo nos Grupos de Acción Costeira da Ría de Vigo, Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Costa da Morte e A Mariña-Ortegal, 2016.

Cidadanía S. Coop. Galega 6

Page 7: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Promoción

Impulsar a economía social e solidaria supón aplicar diferentes estratexias en función do momento no que estea cada iniciativa. Desde a activación de potencialidades locais ata o fortalecemento de iniciativas xa constituídas, existe un gran abano de situacións que requiren de medidas de apoio diferenciadas.

A promoción consiste en facer visible a economía social como unha alternativa económica e de emprego, así como alentar o xurdimento de iniciativas en actividades que poden ser clave para o territorio.

Divulgar e facer chegar

A economía social é pouco coñecida. As persoas que buscan emprego ou queren montar un negocio pola súa conta descoñecen este modelo. Tamén o descoñecen moitas persoas no seu papel de consumidoras. Por iso o primeiro

paso é facer que o modelo chegue á sociedade.

Un dos vehículos con maior impacto é dar a coñecer experiencias reais que poidan funcionar como referentes próximos. Neste sentido, teñen especialéxito as feiras, nas que as persoas poden coñecer de modo directo os produtos e servizos da economía social.

Tamén é fundamental contar con materiais divulgativos, preferiblemente aqueles de carácter interactivo, que predispoñen a unha aprendizaxe significativa a todas aquelas persoas que se achegan á economía social.

As campañas de comunicación, xunto coas xornadas divulgativas son tamén estratexias que melloran a visibilidade do cooperativismo e da economía social como un modelo económico con potencial para responder ás necesidades das persoas.

Guión e actividades da exposición de carácter interactivo ‘Descobre as cooperativas’

Encontro Galego-Portugués de Cooperativas, Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Xunta de Galicia. 2014

Elaboración de folletos e manuais divulgativos

Cidadanía S. Coop. Galega 7

Dar a coñecer experiencias reais que poidan funcionar como referentes próximos e contar con materiais divulgativos de carácter interactivo.

Page 8: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Incidir nas entidades de apoio ao emprego e ao emprendemento

Facer que as persoas que asesoran en emprego e emprendemento coñezan ben as posibilidades da economía social é fundamental se se quere chegar ás novas iniciativas.

Para facilitar o traballo destes axentes como prescriptoras e prescriptores da economía social, cómpre facilitarlles a información especializada que precisan.

Para iso, son necesarios traballos de compilación e elaboración de documentos e guías de carácter técnico. Existen xa moitos recursos dispoñibles que é necesario ordenar. Naquelas cuestións onde non se ofrecen guías claras, ou están desactualizadas, é preciso crear novos materiais de consulta.

Tamén é precisa a promoción do traballo en rede con outras entidades prescriptoras da economía social e o fornecemento de información actualizada sobre experiencias locais .

Todos estes recursos deben darse a coñecer e poñerse a disposición en repositorios web que favorezan a súa accesibilidade.

Coordinación das Oficinas de Fomento Cooperativo, Xunta de Galicia 2013-2014.

Curso en liña Vías de igualdade para o emprendemento: a empresa cooperativa, EGAP, 2013.

Carpeta da persoa asesora en economía social con repositorio de materiais de accesoaberto e de vídeos e documentación sobre experiencias referenciais.

Cidadanía S. Coop. Galega 8

Crear e dar soporte a unha rede de persoas e entidades que traballan no fomento do emprendemento, para que sexan prescriptoras da economía social.

Page 9: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Dinamización de sectores potenciais

Existen oportunidades para o desenvolvemento con base na economía social en torno a necesidades sen atender ou a sectores potenciais.

Cidadanía ten desenvolto unha metodoloxía innovadora e participativa para activar o cooperativismo en sectores específicos. A través de espazos de encontro, convoca ás persoas próximas a dito sector, recollendo diferentes roles (usuarias de servizos, profesionais, etc.) para analizar as necesidades e innovar nas respostas, ao tempo que presenta o modelo da economía social e solidaria como un referente significativo para articular ditas respostas.

Estes foros participativos serven para tecer redes de contactos e bosquexar ideas. Ambas cuestións son un caldo de cultivo para o xurdimento de grupos promotores de iniciativas que poidan ser acompañadas no seu proceso de maduración ou posta a proba.

Dinamización do cooperativismo no sector dos servizos sociais. Rede Eusumo, Xunta de Galicia 2012-2014.

Dinamización do cooperativismo no sector da cultura. Federación de cooperativas Sinerxía, 2008-2009.

Cidadanía S. Coop. Galega 9

Page 10: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Educación

Outro dos ámbitos de impulso da economía social e solidaria é o da educación, facéndoa presente nos centros de ensino, desde primaria ata as universidades.

Habilidades relacionadas coa cooperación, a resolución de conflitos, aigualdade e a toma de decisións en común deben ser traballadas desde infantil e primaria. En secundaria, o coñecemento das cooperativas e experiencias próximas permite coñecer máis medios de vida que o traballo por conta allea ou os negocios individuais, e

poñer en valor ás entidades da economía social como un referente positivo.

Ademais do traballo directo co alumnado, cómpre facilitar ao profesorado a formación e os materiais didácticos precisos, para amplificar o alcance das intervencións.

Elaboración de unidades didácticas sobre cooperativismo dirixidas aos tres niveis de primaria. UCETAG, 2011

Actividades de divulgación do cooperativismo en centros de ensino, UCETAG 2012 a 2015.

Asesoramento no texto e elaboración de actividades da obra de teatro ‘Coopérate’ parainstitutos de secundaria.

Docencia dos cursos para profesorado Educar encooperativismo, UCETAG, 2013 a 2016.

Cidadanía S. Coop. Galega 10

Amplificar o alcance das intervencións, ofrecendo formación e facilitando material didáctico ao profesorado

Page 11: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Guía 'Coopera'. Elaboración de guieiro para o alumnado e o profesorado, en colaboración coa UCETAG. Ilustracións de Antonio Janeiro.

Guía 'Coop'. Guía de cooperativismo. Unidade didáctica 1º ciclo de primaria. Elaboración de contidos, en colaboración coa UCETAG. Ilustracións da cooperativa O Cable Inglés.

Guía 'Coop'. Guía de cooperativismo. Unidade didáctica 2º ciclo de primaria. Elaboración de contidos, en colaboración coa UCETAG. Ilustracións da cooperativa O Cable Inglés.

Guía 'Coop'. Guía de cooperativismo. Unidade didáctica 3º ciclo de primaria. Elaboración de contidos, en colaboración coa UCETAG. Ilustracións da cooperativa O Cable Inglés.

Cidadanía S. Coop. Galega 11

Page 12: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías
Page 13: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Novos proxectosApoio á creación de iniciativas

Page 14: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

O arranque dos novos proxectos sempre supón un gran esforzo e confronta diferentes dificultades. Son moitos os proxectos que teñen un curto percorrido, ben por non terse formulado correctamente desde o inicio, ben por non ser capaces de consolidarse.

Por iso é preciso dar especial apoio na posta en marcha: desde a maduración e formación anterior ata os primeiros meses de actividade, pasando polo apoio á constitución.

Este apoio ten que darse desde diferentes disciplinas, principalmente na xestión empresarial, comunicación e organización interna, cun alto grao de especialización en economía social.

Cidadanía colabora con outras cooperativas como Xedega. O Cable Inglés e Ítaca para ofrecer un apoio completo neses procesos.

Incubación

É o proceso de maduración e fortalecemento dunha idea, e dun grupo, ata decidir poñela en marcha. Require darlle voltas á idea atendendo aos elementos que son clave para que poida ser viable: coñecer ben á clientela, definir o produto ou servizo en función desta, estimar custos e coñecer os prezos que a xente está disposta a pagar, etc.

As fórmulas máis dinámicas para chegar a isto son as baseadas na acción: testar os servizos ou produtos o antes posible, para ver como funcionan e ilos mellorando. Probar tamén as canles para dalos a coñecer, probar o cálculo de custes, o establecemento de prezos, etc.

Pero isto require de certas competencias que deben ser facilitadas, ben por outraspersoas en situacións parecidas, ben por equipos de acompañamento. Ou por ambas, sempre dentro do ecosistema da economía social e solidaria, xa que neste acompañamentoos principios e valores deben tomar unha forma clara no proxecto.

Ao final do proceso de incubación, o grupo terá mellor definido o seu proxecto, coñecerá máis o seu

funcionamento como equipo, terá competencias clave para o emprendemento na economía social e, en definitiva, terá as claves para tomar a decisión de seguir adiante ou non.

Cidadanía S. Coop. Galega 14

O proceso de incubación permite ao grupo coñecerse mellor a si mesmo, e perfilar o proxecto, adquirindo competencias para levalo adiante

Page 15: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Acompañamento de grupos promotores de cooperativas. Rede Eusumo, Xunta de Galicia 2012 a 2014.

Acompañamento de grupos promotores de cooperativas. Federación de cooperativas Sinerxía, 2008 a 2011.

Formación para o emprendemento na ESS

As persoas interesadas en levar adiante proxectos de ESS teñen que desenvolver competencias ligadas coa xestión económica e coa xestión social. Cidadanía ten traballado na formación de carácter divulgativa e na formación especializada nos eidos da organización social e da organización produtiva nas iniciativas da ESS.

Coñecer as claves dunha organización asemblearia, os mecanismos para alimentar as dinámicas de participación, a prevención e solución dos conflitos máis frecuentes neste tipo de entidades... son todos ámbitos nos que Cidadanía ten impartido obradoiros, cunha clara vocación práctica.

Formación en habilidades sociais cooperativas, dentro do Plan de Función Xerencial, UGACOTA, 2008.

Formación en Xestión social de cooperativas, Máster de Recursos Humanos da USC, 2014 a 2016.

Elaboración do capítulo de organización no manual Ideas Cooperativas en Acción, Xedega, 2009

Cidadanía S. Coop. Galega 15

Page 16: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías
Page 17: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

FortalecementoApoio ás iniciativas existentes

Page 18: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Apoiar ás entidades da economía social que xa están funcionando e necesario para consolidar o movemento e favorecer o seu crecemento como modelo de desenvolvemento económico máis xusto e equitativo.

Algunhas das dificultades comúns teñen relación con facer visible cara as persoas consumidoras o valor específico destas empresas.

Tamén é preciso fortalecer a identidade cos valores, facilitando ferramentas de xestión que sexan á medida da economía social, para evitar que as iniciativas vaian derivando cara outros modelos.

Finalmente, é preciso potenciar o traballo en rede e a innovación..

Democracia interna e mellora organizativa

A formación para a democracia e o coñecemento de referentes organizativos baseados na participación en igualdade non están incluídas nos programas de formación regrada nin contan con moitos recursos de referencia.

Cidadanía ten traxectoria no acompañamento para a mellora organizativa, na formación e na edición de materiais baixo licenzas abertas.

Servizo de acompañamento e mellora organizativa. Numax S. Coop. Galega. 2016

Plan Estratéxico de Amarante Setem para o Ecodesenvolvemento. 2015.

Elaboración de contidos do curso en liña 'Asembleas e xuntanzas. Metodoloxías de autoorganización'. Tagen Ata S. Coop. Galega. 2011

Cursos Relevo xeracional nas cooperativas. UCETAG, 2014

Asesoramento para a mellora e a calidade organizativa na cooperativa Andaina. Andaina S.Coop.Ltda. 2001-2004

Seminario-intervención para a mellora e a calidade organizativa da cooperativa. Cooperativa Luís Vives, Ourense. 2004

Cidadanía S. Coop. Galega 18

Page 19: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Redes de intercooperación

A intercooperación constitúe un principio básico das entidades cooperativas e da economía social. As posibilidades de abordaxe en común de proxectos son unha das estratexias a través das cales estas entidades poden ser pequenas e atender proxectos ambiciosos.

As relacións dentro do ecosistema da economía social permiten acceder a coñecemento útil sobre modelos propios de financiamento, de organización, de comunicación...

Cidadanía ten facilitado procesos de creación de redes, a través de programas queinclúen talleres presenciais e contactos a múltiples bandas.

Dinamización programa de encontros participativos para a fusión de EIXO e UGACOTA.Unión de cooperativas EIXO. 2007

Dinamización do Obradoiro de intercooperación e mercado social. Federación Sinerxía.2011 e 2016

Apoio á actuación pública

Coñecer a realidade da economía social e activar a súa participación para a elaboración de plans públicos son cuestións nas que Cidadanía está especializada.

Son múltiples os estudos realizados, incorporando técnicas cuantitativas e cualitativas. Tamén realizamos procesos participativos nos que as cooperativas, as comunidades de montes ou as asociacións de diferentes ámbitos puideran participar na definición das liñas de traballo desde a Adminsitración.

Deseño do cuestionario para a enquisa Ser laboral, ser mercantil. AESGAL. 2016

Informe da Economía Social en Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. 2014

Avaliación do Plan Estratéxico do Cooperativismo. Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia. 2009 – 2010

Realización do estudio para a innovación TIC en cooperativas de traballo asociadoe outras PEMES de carácter asociativo. Ministerio de Industria, Avanza PYME. 2009 – 2010

Enquisa sobre a percepción do cooperativismo na cidadanía viguesa. Concello de Vigo. 2008.

Cidadanía S. Coop. Galega 19

Page 20: Catálogo de servizos en economía socialeusumo.gal/sites/default/files/Ficha_Cidadania_catalogo_1.pdf · ... na Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ... Curso en liña Vías

Cidadanía, S. Coop. GalegaCorredoira das Fraguas, 5, 1º Esq. 15703 Santiago de Compostela

www.cidadania.coop