Catalogo Culturactiva Camiño de Cultura
-
Upload
culturactiva -
Category
Documents
-
view
246 -
download
6
description
Transcript of Catalogo Culturactiva Camiño de Cultura
+info: www.culturactiva.org
Catálogo 2015 Camiños de Cultura
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
ÍndiCe }CulturaCtiva { PresentaCion }
CirCo e Clown { GaleGo }Peter Punk { Peor imPosible }
Peter Punk
Isla letrIska { inmobile }
Mundo MandarIna { laboratorio máxico }
roI sIXto { roi, o cagabolas }
rudI dudI { rastafaruDi }
os sete MagnífIcos MáIs un { Dous Pallasos en máis aPuros }
cIrco chosco! { forzuD@s }
Peter Punk { Peter Punk e o neno imPerDible }
Desastronauts
caIr { cair }
rÚ@ctIVa { gala De novo circo }
teatro GaleGo { Comedia > adulto }os sete MagnífIcos MáIs un { bivalvos como galegos }
boneca lareta
acontrabutaca { Dous son Parella e o Demais son calumnias }
VIrIscrÓn { sobre o Desamor e outras mariconaDas }
teatro GaleGo { Comedia > infantil }tIterefIccIÓs { chove! }
cÓdIgo Morsa { suPergalácticos }
Mundo MandarIna { un ramón De manDarinas }
maxia Mago teto { a feira máxica Do mago teto }
danI garcía { Don gelati }
danI garcía { volta á maxia }
moniCreques e ContaContosdaboaPIPa { historias De viDa, amor, guerra e case morte }
Daboapipa
os sete MagnífIcos MáIs un { a historia De brancaflor }
caxoto contacontos
monóloGosIsabel rIsco { nabiza girl }
PeDro branDariz
Padre MerIno { a.M.e.n (accIÓns MIsIoneIras eVanXélIcas nocturnas) }
sergIo Pazos { rebento se non o conto }
músiCa
músiCa de esCenario { GaliCia }guadI galego { lÚas De outubro e agosto }
talabarte
o sonoro MaXín { a festa son eu!!! }
VaaMonde, laMas & roMero { o tambor De Prata }
VaaMonde, laMas & roMero { vl&r con banDa De mÚsica }
PandeIroMus { teÑo DÍas }
coanhadeIra { bicos con luvas }
kin garcÍa trÍo
verbena galega
músiCa de rúa { GaliCia }orquestra os moDernos
fanfarria taquikarDia
aPerta { bloquinho De Percusión aPerta }
o sonoro MaXín { a onDa sonora na rÚa }
a MagnIfIque bande dos hoMes sen Medo { sen meDo!! }
cé orquestra PantasMa { home orquestra }
CulturaCtiva { PresentaCion }
Desde culturactiva scg distribuímos un grande abano de espec-
táculos e compañías galegas, do estado e do resto do mundo e
levámolas ao mercado local, estatal e europeo poñéndoas ao
alcance de programadores/as, concellos, festivais, entidades e
programacións.
Dese xeito, ofrecemos unha ampla gama de espectáculos
teatrais e musicais do máis destacado, tanto dende o punto
de vista da calidade das propostas como na variedade das
mesmas. este catálogo que presentamos a continuación tan
só é unha pequena mostra da nosa oferta. ao estar especiali-
zados tanto no desenvolvemento de programacións culturais
coma na xestión integral de todo tipo de evento, traballamos
cun número de compañías e grupos moito máis elevado do que
nesta selección amosamos. mais grazas a esta aproximación,
poderá coñecer mellor a nosa oferta e porse en contacto con
nós, xa que n culturactiva estamos ao seu dispor para estudar,
artellar e propor programacións, proxectos ou intervencións en
cada caso concreto.
na actualidade, somos a principal distribuidora de teatro en
galicia e traballamos unha grande cantidade de estilos, sempre
co humor e a calidade como nexo de unión e referencia dos
nosos espectáculos. teatro de rúa, clown, circo, música, maxia,
teatro de interior, teatro cómico, animacións, inauguracións ou
pasarrúas son algunhas das posibilidades coas que traballamos
á hora de confeccionar as nosas propostas de programacións.
toda esta oferta tamén a poñemos a disposición dos nosos
clientes, para que sexan eles mesmos os que poidan deseñar
o seu programa máis acaído, adaptando as nosas propostas a
todos os niveis (orzamento, formato, estilo, etc.)
traballamos con todo tipo de entidades. Dende concellos a
asociacións veciñais, pasando por anPas, fundacións banca-
rias ou comisións de festas. tamén coa administración pública
en xeral e con empresas. e non só dende a venda teatral, senón
tamén ofrecendo os nosos servizos integrais, podendo encar-
garnos de todo o que implica a elaboración dunha programación
(deseño, prensa, produción, direccións, xestión).
grazas ao noso traballo e á nosa experiencia, actualmente
encargámonos da distribución en exclusiva de compañía de gran
prestixio e talento que, dende fai anos, confían en nós para as
súas actuacións en galicia. artistas estatais como as compa-
ñías Pez en raya ou Yllana e internacionais como leo bassi,
Jango edwards ou Johnny melville traballan con culturactiva
cada vez que chegan ás nosas salas, nosas rúas e prazas. unha
auténtica satisfacción para esta distribuidora que, por suposto,
tamén se implica dende as súas orixes na promoción de compa-
ñías galegas de contrastada traxectoria como son, entre outras
moitas, os 7 Magníficos + 1, Peter Punk, bandullo azul, boneca
lareta, serxio Pazos ou Desastronauts.
as compañías e bandas que conforman a nosa oferta, co
seu talento e o seu esforzo artístico, constitúen, ademais, o
conxunto de ferramentas que nos permiten seguir medrando
ano a ano, que nos motivan a continuar creando e transformando
a cultura do noso país festa a festa, parroquia a parroquia, vila a
vila, cidade a cidade.
Para afondar nestas propostas, rogamos contacten con nós:
www.culturactiva.org
981 582 836
CirCo e Clown { GaleGo }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }Peter Punk é o mellor pallaso galego do momento. a súa longa
traxectoria, con máis de mil funcións realizadas e premios como
o do mundoclown 2008 ou o do festiclown rivas-vaciamadrid de
2013 e 2014, convérteno nunha auténtica referencia en calquera
programación, tanto en galicia coma no exterior. con xiras inter-
nacionais por brasil, arxentina, Palestina, italia ou Portugal, Peter
Punk é un dos artistas con maior proxección do noso país. Isaac
rodríguez agóchase detrás de Peter Punk, un personaxe inven-
tado que procede do país de nunca máis e que leva anos sorpren-
dendo os espectadores, tanto a adultos como rapaces.
na actualidade conta con varios espectáculos dispoñibles
para a contratación, outorgándolle un repertorio versátil, prepa-
rado para desenvolverse en calquera tipo de recinto.
o espeCtáCulo }Peor imposible é o último espectáculo de Peter Punk. significa a
madurez dun pallaso irreverente, gamberro, inconformista e poli-
ticamente comprometido. isaac rodríguez métese de novo na
pel de Peter Punk para enfrontarse á realidade a golpe de humor
e cun chisco de mala baba. estamos diante do seu cuarto espec-
táculo, co que consolida a súa colaboración xunto co prestixioso
dramaturgo arxentino walter velázquez
entre os dous, idearon unha montaxe cargada de fermosas
imaxes e complexos equilibrios. a palabra ten o seu espazo no
guión, de comentarios ácidos. deste xeito, Peter Punk presén-
tanos un espectáculo irreverente e comprometido, no que o
humor retranqueiro, os equilibrios con nove paraugas, un impac-
tante circuíto da morte e un evocador final conforman os trazos
máis brillantes desta peza.
FiCha artÍstiCa }Elenco: Isaac rodríguez Miranda (Peter Punk)Dirección e idea orixinal: isaac rodríguez miranda e walter velázqueztécnica teatral: clown, acrobacia, equilibrios e teatro textualDuración: 55 minutospúblico: de 0 anos a cadea perpetua
Peter Punk { Peor imPosible }
+info: www.culturactiva.org
FiCha artÍstiCa }Elenco: isaac rodríguez miranda (Peter Punk)técnica teatral: Malabares, globoflexia e humorDuración: 60 minutospúblico: Para todos os públicos
a CompañÍa }Peter Punk é o mellor pallaso galego do momento. a súa traxec-
toria, recoñecida con premios como o do mundoclown ou o do
festiclown rivas-vaciamadrid, convérteno nunha referencia en
calquera programación. con xiras por brasil, arxentina ou Pales-
tina, é un dos artistas con maior proxección do noso país. isaac
rodríguez agóchase detrás desta personaxe inventada que
procede do país de nunca máis.
os espeCtáCulos }, CHunGo k te CaGasocon este espectáculo, isaac rodríguez regaloulle ao público a
personaxe de Peter Punk. Procedente do país de nunca Máis
e coma un neno que se nega a medrar, Punk xoga en escena
co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos
que vai sacando da maleta onde garda todos os seus tesouros,
dende o seu humor retranqueiro até os malabares.
a CHunGatrona Bera demasiado bo para un só espectáculo! explosivo e potente,
Peter Punk precisaba novas aventuras. tamén o público, que
respondeu con gran entusiamo ao seu primeiro debut, esixía
o seu regreso. Por iso, isaac rodríguez ideou un novo proxecto
con novas rutinas, con xogos inéditos e cun aparello de tortura
pallasa nunca visto: a chungatrona!
FiCha artÍstiCa }Elenco: Isaac rodríguez Miranda (Peter Punk)Dirección e idea orixinal: isaac rodríguez miranda e walter velázquezTécnica teatral: Malabares, globoflexia e clownDuración: 60 minutospúblico: Para todos os públicos
Peter Punk
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }isla letriska, malia a súa ampla traxectoria de dez anos nos esce-
narios, conserva íntegra a ansia artística, pura e rebelde, do prin-
cipiante. nesa contradición pouco habitual, reside o encanto dun
pallaso que forma parte dende os seus inicios profesionais da
ilusionante escena do novo circo galego. en máis dunha década
de carreira, Isla letriska xamais se acomodou nunha mesma
vertente artística. flútua, viaxa, explora. Dese xeito, é capaz de
crear un espectáculo para o circuíto de salas tan exitoso como
é fermín noite para despois regresar ás orixes co seu espectá-
culo de rúa máis refinado e clásico. ademais, Isla mantén a esté-
tica e a liña humorística dos grandes pallasos arxentinos nunha
liña directa co público, na que as falcatruadas agroman a cada
pouco. en definitiva, garda no seu interior un universo creativo
versátil, cheo de sorpresas e de ideas sorprendentes.
o espeCtáCulo }en Inmobile, Isla letriska recupera toda as súas habilidades para
sorprender o público e saír á caza do sorriso. xogos, equilibrios,
sombreiros, dinámicas co público e con “voluntarios”, impresio-
nantes malabares de lume, etc. o artista crea con todos estes
elementos un personaxe eléctrico e bastante tolo que non para
até deixar o público coa boca aberta, xa sexa por un sorriso, xa
sexa pola sorpresa. como sempre demostrou, isla é un completo
artista que destaca pola súa facilidade na palabra e pola improvi-
sación. esas calidades permítenlle outorgarlle aos seus espec-
táculos un ritmo trepidante, carente de altibaixos e cun gran
nivel no tocante ás técnicas de clown e de circo clásicos.
FiCha artÍstiCa }Elenco: Isla letriskatécnica teatral: clown e malabaresDuración: 50 minutospúblico: todas as idades
isla letriska { inmobile }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }mundo mandarina é gargallada, risa, humor. tamén arte, creación
e risco. Dende a súa fundación en 2005, a compañía acadou
grazas ao seu savoir faire galardóns como o Premio do público da
mostra de Pallasos de xirivella, o premio do público e mais o do
mellor espectáculo de sala do festival farándula de gran cana-
ria, o Premio do Público do fast de torredembarra e o Premio do
Público en festiclwon.
Mandarina é laura Muñoz. a artista naceu en 1975 en bos
aires (arxentina). en 1999 e tras licenciarse no conservatorio
de arte Dramática de bos aires, tropeza co clown. ou o clown
tropeza con ela. sexa como for, o encontro prodúcese e muñoz
descobre, a un tempo, o seu gozo e o seu talento á hora de facer
rir coa súa mirada sobre o mundo. con ese espírito, instalouse
no ano 2002 en barcelona e comezou a rodar como pallasa nas
tarimas catalás.
o espeCtáCulo }entre as técnicas circenses que domina mandarina, destaca a
maxia cómica. grazas a esa destreza, a artista preséntanos un
espectáculo no que ilusionismo, clown e monicreques crean o
cóctel perfecto. como guinda, mandarina preséntanos o paxaro
rigoberto, amigo inseparable da protagonista e secundario de
luxo, un deses ruobaplanos que nos entenrece malia ser un
chisco atravesado.
improvisación, humor e maxia. esas son as claves deste espec-
táculo no que coñecemos a vertente máis fantástica de manda-
rina, unha personaxe moi potente, capaz de mesturar a ironía do
mago co despiste para trasladar o público a lugares que serían
inalcanzables sen o poder da fantasía.
FiCha artÍstiCa }Elenco: laura muñoztécnica teatral: maxia cómicaDuración: 50 minutospúblico: infantil
mundo mandarina { laboratorio máxiCo }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }malabartista multidisciplinar e referente no sector, roi Sixto
representa a nova xeración de artistas de rúa que emerxeu en
galicia nos últimos anos. Principiou a súa formación coa compa-
ñía Picompé e continuouna en institucións como la ciudad de
los muchachos e na asociación Pista castro.
Domina diversas técnicas, dende as máis clásicas (aros,
diábolo ou mazas) até outras menos comúns como é o rulo
americano. sixto, ademais, destaca polas rutinas con bólas de
rebote, sendo o único malabarista do país que inclúe esta singu-
lar disciplina nas súas actuacións.
dende que no 2004 iniciase a súa carreira profesional, roi
sixto vén combinando a súa faceta artística co seu traballo
formador. Imparte cursos e obradoiros de malabares, globoflexia
e educación física en programas como noites abertas de ferrol
ou na escola de circo santa cecilia de narón.
o espeCtáCulo }unha hora de malabares, sorrisos e sorpresas. o espectáculo
ideado por roi sixto preséntanos un personaxe inventado, case
máxico, tan áxil e fresco coma a ventada. Roi, o Cagabolas conví-
danos ao aire, ás reviravoltas, a movernos ao ritmo dos aros, das
mazas e dos diábolos que sucan o ceo grazas á destreza do
artista ferrolán. todo iso e moito máis sae da maleta que acom-
paña a un home que transita, ademais, polos vieiros do clown e
da comedia.
Deste xeito tece os fíos dun espectáculo no que, pola súa
orixinalidade e risco, os momentos máis vibrantes chegan cos
número de rebote sobre “uve” ou cos incribles malabares con
fouces subido en tres alturas de táboas sobre un rulo.
FiCha artÍstiCa }Elenco e dirección: roi sixtotécnica teatral: malabaresDuración: 60 minutospúblico: Para todos as idades
roi sixto { roi, o CaGabolas }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }nacido en genk (bélxica), rudi Dudi leva toda unha vida entrega
ao teatro, ao novo circo e ás actuacións nas rúas. formouse na
escola de mimos de antwerpen e nos anos oitenta traballou
como actor, director e autor teatral en bélxica. nos noventa,
accedeu ao circuíto de teatro na educación de irlanda e tras case
unha década dedicado á narración oral naquel país, centrouse na
súa carreira de clown xirando por todo europa até que decidiu
instalarse en 2005 como artista total en galicia.
rudi ten alma de viaxeiro, de vagabundo, de nómade. Dende
moi novo, acompáñao unha das súas mellores pertenzas. a
máis querido, a máis especial. unha maleta máxica que herdou
do seu avó. aló garda toda a súa vida, un mundo enteiro, todo o
que precisa para vivir e facer rir. nesa maleta non falta nin o seu
talento nin o seu humor e, dende logo, o que nunca falta é o nariz
vermello de pallaso.
o espeCtáCulo }Dende música ao vivo até malabarismo, pasando por coreo-
grafías en tutú e un streap-tease a base de gargalladas. e no
medio e medio, rudi Dudi. o clown –belga, mais universal– crea
un espectáculo xurdido da maxia e da forza que veñen do máis
fondo, directamente do corazón. Durante os corenta e cinco
minutos que dura a montaxe, o artista interactúa co público,
enfróntase así a un guión aínda en branco que irá escribindo coa
axuda e mais os sorrisos dos espectadores.
en Rastafarudi, preséntasen2os un antigo ritual para que a
xente se deite todas as noites coa esperanza intacta no mundo.
ao parecer, María callas e elvis, bob Marley e Michael Jackson,
tamén madonna e lady gaga mantiveron vivo este ritual. Pero
só rudi Dudi atrévese a llo ensinar ao mundo.
FiCha artÍstiCa }Elenco: rudi vanminseltécnica teatral: clownDuración: 45 minutospúblico: infantil e familiar
rudi dudi { rastafarudi }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }Os Sete Magníficos Un naceron en 2001 ao abeiro do festival
internacional de clown de galicia (festiclown) e son a súa compa-
ñía oficial. Integrada por un elenco de pallasas e pallasos forma-
dos cos mellores mestres/as a nivel internacional, esta é unha
das compañías máis populares nas programacións galegas dos
últimos anos. con espectáculos coma Dous pallasos en apuros
ou O gordo e o calvo van ao médico e, máis recentemente, Mañá
será outro día ou Bivalvos como galegos!, os Magníficos recupe-
ran as vellas farsas de circo clásico e reinvéntanas trasladando
ao respectable ás máis grandes gargalladas sempre baixo o
prisma da calidade, do espírito clown e do bo facer teatral. reco-
ñecida e aplaudida tanto pola crítica como polo público, os sete
Magníficos máis un converteuse na compañía pioneira en gali-
cia como renovadora do novo circo e do clown.
o espeCtáCulo }tras máis de cen representacións de Dous pallasos en apuros
(2009), Os Sete Magníficos máis Un continuaron a senda aberta
por esa montaxe coa obra Dous pallasos en máis apuros.
creada polo director arxentino walter velázquez e pola propia
compañía, a obra está dirixida por iván Prado a partir de farsas
clásicas do mundo do circo. con Dous pallasos en máis apuros
a compañía volve apostar pola actualización de gags do pallaso
tradicional.
un espectáculo para público infantil e familiar no que a parella
de clowns Pedro brandariz e fran rei recrean números cómicos
a través das ferramentas habituais dos sete Magníficos máis
un: a improvisación, a actitude de risco ou a dignidade clown
para saír das situacións máis complicadas.
FiCha artÍstiCa }autor e dirección: walter velázquez e iván PradoElenco: Pedro brandariz e fran reitécnica teatral: clownDuración: 60 minutospúblico: infantil e familiar
os sete maGnífiCos máis un { dous Pallasos en máis aPuros }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }circo chosco! créase tras a unión de ariñe azkue e Óscar Páez
despois de coñecerse na escola de circo oreka (Pamplona)
na que se formaron durante tres anos. alí aprenderon diferen-
tes técnicas de circo así como de malabar, equilibrios, aéreos,
clowns, interpretación e creación. Despois tomaron diferentes
camiños até que o actor, clown, docente e director walter veláz-
quez, os xuntou para despois botarlles unha man en Chosco!, a
súa primeira montaxe e a que definiu un estilo propio nas súas
actuacións. ariñe azkue participou en festivais de clown e teatro
de rúa e traballou en compañías como oreka zirko, zirika zirkus
ou Panpinpox. Pola súa banda, óscar Páez realizou diferentes
cursos na península e en arxentina de clown, acroportes, danza
e malabar. formou parte de compañías de circo como la banda
e zirzo oreka, ademais de participar en festivais e galas de circo.
o espeCtáCulo }o humor e o absurdo son os fíos cos que se corcose a trama dun
espectáculo no que dous atletas, dous cómplices que se compe-
netran realizando trucos imposibles diante do público, soben ao
escenario. risco, desastre, sorpresa e surrealismo son palabras
que poden aparecer en calquera momentos. mais estes dous
artistas saben saír co seu talento de calquera situación adversa
grazas á súa depurada técnica enportés, acrobacias aéreas,
malabares imposibles e lume. e sempre con espírito de clowns,
agochados baixo a aparencia de superacróbatas, de grandes
magos ou de malabaristas matematicamente perfectos.
con este novo espectáculo, circo chosco afonda na súa crea-
tividade conxunta cun claro obxectivo: facer rir ao público, sen
esquecer a espectacularidade como ferramenta imprescindible.
FiCha artÍstiCa }Elenco: ariñe azkue e Óscar PáezDuración: 50 minutostécnica teatral: acroportes, malabares e clown; e acrobacias aéreas na versión con aéreospúblico: para todas as idades
CirCo CHosCo! { forzud@s }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }Peter Punk é o mellor pallaso galego do momento. a súa longa
traxectoria, con máis de mil funcións realizadas e premios como
o do mundoclown 2008 ou o do festiclown rivas-vaciamadrid de
2013 e 2014, convérteno nunha auténtica referencia en calquera
programación, tanto en galicia coma no exterior. con xiras inter-
nacionais por brasil, arxentina, Palestina, italia ou Portugal, Peter
Punk é un dos artistas con maior proxección do noso país. Isaac
rodríguez agóchase detrás de Peter Punk, un personaxe inven-
tado que procede do país de nunca máis e que leva anos sorpren-
dendo os espectadores, tanto a adultos como rapaces.
na actualidade conta con varios espectáculos dispoñibles
para a contratación, outorgándolle un repertorio versátil, prepa-
rado para desenvolverse en calquera tipo de recinto.
o espeCtáCulo }unha tendereira en equilibrio, seis instrumentos interpretados
en directo, un salto ao baleiro en miniciclo e a chungatrona, esa
máquina de rebeldía pallasa que adoita acompañar a Peter Punk
nas súas aventuras. estes son algúns dos elementos deste
espectáculo dirixido polo prestixioso walter velázquez e no que
participan, man a man, Peter Punk e brais das hortas. os dous
comparten a escena nun espectáculo de guión coidado e inte-
lixente que xira ao redor dun músico e un artista de circo que,
malia calquera aparente diferenza, non deixan de ser dous palla-
sos en constante reconciliación entre eles e co mundo. en defi-
nitiva, un delirio. iso si, un delirio sobre un monociclo pinchado.FiCha artÍstiCa }Elenco: Isaac rodríguez Miranda (Peter Punk) e brais gutiérrez (brais das hortas)Dirección: walter velázqueztécnica teatral: teatro de rúa, clown e música en directoDuración: 60 minutospúblico: todas as idades
Peter Punk { Peter Punk e o neno imPerdible }
+info: www.culturactiva.org
FiCha artÍstiCa }Elenco: girisho gordonDirección e produción: raquel veganzones e girisho gordontécnica teatral: acrobacias aéreas e clownDuración: 45 minutospúblico: todas as idades
a CompañÍa }ano 2004. londres. raquel e girisho uniron os seus camiños
artísticos formando a compañía circo expreso. esa foi a súa
marca até 2011, no que decidiron cambiar a máscara e rebau-
tizarse como Desastronauts tras a creación de Losing Grip. fai
uns anos trasladáronse a españa, onde debutaron co espectá-
culo de rúa Calleret en compostela antes de xirala por diferentes
programacións de galicia. a partir dese momento, instaláronse
en compostela.
os espeCtáCulos }, un tonto no aireteñan coidado porque é grande, estúpido e perigoso. chegará
voando ás súas prazas e pode converterse nun auténtico pesa-
delo. girisho gordon é un artista de circo británico, que leva
varios anos afincado en galicia. graduado na escola de londres
e tras amosar os seus espectáculos aéreos por toda europa e
nas olimpíadas de Doha, achéganos o seu novo espectáculo Un
tonto no aire. trátase dunha peza de circo para toda a familia con
moito humor, habilidade e enerxía.
un día de Praia Braquel e girisho ofrécenlles un espectáculo de circo-teatro cheo
de enerxía, adrenalina e acción. un show que combina trape-
cio, corda e hula-hoops con humor e amor. moi visual e cunha
estética coidada, a peza resulta unha viaxe honesta e auténtica
polos máis e os menos da súa relación FiCha artÍstiCa }Elenco: raquel veganzones e girisho gordontécnica teatral: aéreasDuración: 50 minutospúblico: todas as idades
desastronauts
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }cair nace da fusión de catro talentos baixo a dirección de nata-
lia outeiro ‘Pajarito’. óscar Páez achega a forza das súas acroba-
cias e o dominio da técnica acroportor. ariñe azkue, quen forma
dúo con Páez, é unha artista de altura con grandes capacidades
técnicas. Pola súa banda, santiago montero, referente no mala-
bar experimental, ofrece os seus servizos como manipulador
de obxectos, sempre con resultados únicos. finalmente, Jano
costas, investigador de risas, é un motor de ideas innovadores
e un experimentado profesional da comicidade. os catro confor-
man cair (caídas acrobáticas investigación risas). un cuarteto
formidable que investiga na acrobacia excéntrica para conse-
guir novas accións físicas de impacto. malia o perigo dalgunhas
rutinas, cair consegue arrincarlle o sorriso o público coa súa
brillante execución.
o espeCtáCulo }o espectáculo creado por este cuarteto artístico fórmase grazas
á secuencia de accións sinxelas e cotiás que van derivando en
coreografías de acrobacia excéntrica mediante golpes e caídas
caóticas. Dese xeito agroma un suxestivo contraste entre os
movementos visuais da danza e os malabares. Por outra banda,
a emoción e o risco súmanse ao un humor que roza o absurdo en
moitas das disparatadas accións de circo que observamos. na
función, catro personaxes coinciden en escena. cada un deles
agarda algo, non sabemos moi ben o que. Despois, obsérvanse
entre eles. Decátanse de que se coñecen de todoa a vida. e
comezan a divertirse, a xogar, a imitarse os uns os outros.
FiCha artÍstiCa }Elenco: Óscar Páez, Jano costas, ariñe azkue, santiago monteroDirección: natalia outeiro ‘Pajarito’técnica teatral: clown e circoDuración: 60 minutospúblico: todas as idades
Cair { Cair }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }a gala de novo circo na rúa rÚ@ctiva, de grande formato,
conta sempre coa participación de tres compañías, un presen-
tador e unha banda de música ao vivo nun espectáculo para
todos os públicos, de 100 minutos de duración, co mellor do
noso novo circo. contamos coa presenza das compañías máis
representativas do momento, unha banda que interpreta música
en directo e un presentador, mestre de cerimonias que dá paso
a unha grande variedade de espectáculos e números circenses.
a interacción entre as tres compañías, a participación
do público, a variedade de técnicas artísticas e a presenza
dun presentador como nexo do espectáculo e toda a maxia
e ilusión do circo son os eixos e os maiores atractivos desta
gala de circo.
FiCha artÍstiCa }Elenco: un presentador, tres compañías e un grupo de música en directotécnica teatral: novo circo, clown, malabares e acrobacias aéreasDuración: 100 minutospúblico: todos os públicos
rú@Ctiva { Gala de novo CirCo }
teatro GaleGo { Comedia > adulto }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }Os Sete Magníficos Máis Un naceron en 2001 ao abeiro do
festival internacional de clown de galicia (festiclown) e son
a súa compañía oficial. Integrada por un elenco de pallasas e
pallasos formados cos mellores mestres/as a nivel internacio-
nal, esta é unha das compañías máis populares nas programa-
cións galegas dos últimos anos. con espectáculos coma Dous
pallasos en apuros ou O gordo e o calvo van ao médico e, máis
recentemente Mañá será outro día ou Bivalvos como galegos!,
os Magníficos recuperan as vellas farsas de circo clásico e
reinvéntanas trasladando ao respetable ás máis grandes garga-
lladas sempre baixo o prisma da calidade, do espírito clown e
do bo facer teatral. recoñecida e aplaudida tanto polo crítico
como polo público, Os Sete Magníficos máis Un converteuse
na compañía pioneira en galicia como renovadora do novo circo
e clown.
o espeCtáCulo }a peza busca arrincarlle ao público familiar as gargalladas grazas
á actuación dos clowns Pedro brandariz e fran rei, que levan ao
escenario algúns dos seus mellores sketchs no Luar. a retranca,
a crítica social dende o humor ou a rutina levada ao exceso
conforman as ferramentas que emprega este dúo cómico para
asaltar os espectadores coas súas chanzas. unha oficina de
emprego no que o traballo é pouco e malo, un quiosco con voca-
ción de grandes almacéns ou un restaurante de alta cociña e
pouco xeneroso co bandullo son algúns dos escenarios polos
que se moven brandariz e fran rei para demostrar que, dende a
risa, non hai nada máis ridículo que a vida cotiá.
FiCha artÍstiCa }Elenco: fran rei e Pedro brandarizDirección e idea orixinal: iván Pradotécnica teatral: clownDuración: 60 minutospúblico: adultos
os sete maGnífiCos máis un{ bivalvos Como GaleGos }
+info: www.culturactiva.org
FiCha artÍstiCa }Elenco: luís iglesia e xabier DeiveDirección: avelino gonzáleztécnica teatral: comedia e músicaDuración do espectáculo: 70 minutospúblico: adultos
FiCha artÍstiCa }Elenco: luís iglesia e xabier DeiveDirección: avelino gonzáleztécnica teatral: comedia e músicaDuración do espectáculo: 70 minutospúblico: adultos
a CompañÍa }a produtora boneca lareta nace no ano 2008 como un proxecto
artístico multidisciplinar. funciona como unha fábrica de ideas,
onde operan diferentes creadores do panorama galego cunha
mirada propia, mais aberta o mundo enteiro. crea, idea e produce
para teatro, publicidade, cine ou televisión.
os espeCtáCulos }, filosolfandoboneca lareta volve reunir a xabier Deive e luís iglesia nesta nova
produción. é a continuación natural, talvez a evolución necesaria,
da anterior montaxe da produtora, Sede de Mal. nesta ocasión,
os dous intérpretes soben ao escenario para reflexionar sobre
unha cuestión simple, sinxela, do máis mundana, unha cuestión
que é tan vulgar que lle acontece a calquera, mesmo a un ninguén:
a existencia! esa é a cuestión e non o outra. a filosofía proclama
iso de que un ser humano “pensa, logo existe.” Pero... de verdade
facemos unha cousa antes ca outra? Deive e iglesia comezan
nese punto a interpretar a partitura da obra, escrita e dirixida por
avelino gonzález. se en Sede de Mal, boneca lareta propúñanos
unha comedia a doce cordas sobre o lado escuro da vida, agora as
cordas soan ao redor do lado menos sensato da vida.
sede de mal Bluís iglesia e xabier Deive dan renda solta ao seu lado máis
salvaxe e divertido en sede de mal, unha comedia a doce cordas
sobre o lado escuro da vida. guitarra en man e cancións na gorxa,
os dous artistas asaltan o escenario para demostrar que o ben
está moi ben, pero o mal non está tan mal. humor, teatro, música
ao vivo con dous grandes da escena galega.
boneCa lareta
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }acontrabutaca produccións chegou no ano 2007 coa idea de
normalizar e complementar a oferta teatral existente en galicia,
dirixindo as súas propostas ao gran público, ao habitualmente
coñecido –e ás veces descoidado– público familiar. a produtora
móvese en dous campos de creación diferentes: o de teatro infan-
til de actor e o de teatro universal contemporáneo, programando
ademais distintas actuacións no campo educativo e asistencial.
á fronte de acontrabutaca está xosé lueiro, quen impulsa este
proxecto co obxectivo de servir tamén de plataforma para a difu-
sión de novos actores e directores. e sempre cunha meta clara:
devolverlle ao teatro a capacidade para activar a discusión e a
diversión públicas fuxindo da pura e simple comercialidade.
o espeCtáCulo }acontrabutaca preséntanos un conxunto de monólogos e sket-
chs sobre as relacións de parella, abordadas dende unha pers-
pectiva cómica. a peza constitúe, no fondo, unha terapia de
grupo onde o obxectivo final é rir dun mesmo. a presenza dos
dous actores protagonistas, celso sanmartín e isi, garanten as
gargalladas grazas a súa complicidade co público e ao seu gran
talento. José manuel Puente Isi, é un sospeitoso habitual da
parrilla da tvg. comezou a súa carreira artística coa compañía
tirinautas e saltou á fama ao gañar o programa da tvg O rei da
comedia. Pola súa banda, celso sanmartín é actor, contacontos
e poeta; un artista polifacético que conforma a outra cada dunha
mesma moeda que, nesta montaxe, comparte con isi.FiCha artÍstiCa }Elenco: isi e celso sanmartín Dirección: xosé lueirotécnica teatral: comediaDuración: 75 minutospúblico: Público adulto
aContrabutaCa { dous son Parella e o demais son Calumnias }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }unha compañía que aposta pola sutileza, a sensibilidade e a
emoción para comunicar. composta por ricardo de barreiro,
guillerme fernández e iván folgueira, viriscrón ofrécelles a
estes creadores un mesmo teito artístico. a formación conecta
os seus membros cunha mesma maneira de ver o oficio escé-
nico, cunha mesma aposta pola sutileza e polo mimo para comu-
nicar. e co norte ben claro, para facer as cousas motorizadas
pola sensibilidade e a emoción. os tres artistas únense así para
levar a cabo propostas distintas, propias e de calidade, sempre
co coidado estético e escénico oportuno. viriscrón nace como
vía de canalización de tres persoas en comuñón, que se enten-
den e que camiñan cara a un mesmo horizonte vital e artístico.
o espeCtáCulo }este é un xoguete escénico para cicatrizar feridas, para pechar
os ollos e deixarse levar pola voz apaixoada do actor ricardo de
barreiro e a sensibilidade do músico guillerme fernández. unha
viaxe poético-musical que está a ser o espectáculo intimista do
momento. non é teatro. tampouco un concerto. nin un recital. é
un xoguete para compartir xúntanse dous talentos naturais, o
actor ricardo de barreiro coñecido polo seu traballo en películas
como Somos gente honrada, El desconocido ou 18 comidas. no
teatro, destacou en obras como A piragua e As actas escuras.
guillerme fernández, pola súa banda, é un dos músicos máis
respectados do país, membro de formacións como a xa desapa-
recida berrogüetto ou acadacanto. FiCha artÍstiCa }Elenco: ricardo de barreiro e guillerme fernándeztécnica teatral: recital e músicaDuración: 50 minutospúblico: adulto
virisCrón{ sobre o desamor e outras mariConadas }
teatro GaleGo { Comedia > infantil }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }Titereficciós é unha compañía que principiou a súa andaina en
2009. o seu camiño transcorre entre o teatro e os títeres. culti-
van as dúas disciplinas con mestría para facer visible todo o que
xorde na súa imaxinación, o auténtico motor de toda creación
artística e cultural. Preocupados pola calidade das propostas
que o público infantil merece, titereficciós preparan con coidado
e afán cada un dos seus espectáculos, sempre pensando nos
cativos, mais sen illalos da realidade. Dese xeito, crean espec-
táculos con carácter familiar, para que todos poidan participar
en obras nas que as historias e as personaxes son o máis impro-
tante, nas que cada movemento conta e nas que todos os mati-
ces son importantes. a compañía está formada polos artistas
roberto c. mouriño e sofía espiñeira.
o espeCtáCulo }brincar nas pozas. mollarse co ceo aberto. o amparo dos parau-
gas. o son das pingas sobre as lousas. cando chove, todo gaña
unha textura diferente, un aroma distinto. Porque, da choiva, ao
fin e ao cabo, xorde todo o que nos gusta. sen ela, a herba morre-
ría, ás ábores xamais medrarían e as paisaxes serían escuras.
en Chove!, dúas persoanxes ensínanlle ao público con -bailes,
xogos e leas- a cantidade de cousas nos trae a e nos deixa a
chuvia. unha visión positiva do mar chovido.
este é o espírito que move o espectáculo de titereficcios,
feito para a primeira infancia, respectando os seus estímulos,
tempos e xeitos de asimilación. sen palabras, escrito só coa
lingua universal que entendemos todos.
FiCha artÍstiCa }Elenco: roberto c. mouriño e sofía espiñeiratécnica teatral: teatro infantil, clownDuración: 20 minutospúblico: de 0 a 3 anos
titerefiCCiós { CHove! }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }a compañía código Morsa nace para dar saída ás inquedanzas
teatrais de saleta fernández e alberto torres, dous actores con
preto de dez anos de traxectoria no teatro amador. estes dous
novísimos actores galegos incorpóranse na produción teatral
despois de formárense durante oito anos con fran rei, dentro da
escola de teatro da asociación artística de cuntis e tras partici-
par en diversos obradoiros e cursos monográficos de técnicas
e improvisación, clown, interpretación dramática ou movemento
escénico da man, entre outros, de iván Prado, antón valén, Jesús
Jara, míriam villalobos e anabel gago, a súa primeira incursión
no circuíto teatral profesional chegou en 2011, ao abeiro da
compañía teatro do astracán e da súa primeira montaxe, Ladrón
e Familia, dirixida por evaristo calvo.
o espeCtáCulo }código Morsa homenaxea o mundo dos superheroes, que tanto
estimularon a nosa imaxinación e nos fixeron xogar e soñar.
trátase dun espectáculo de pequeno formato que, polas súas
características, pode adaptarse a calquera espazo escénico,
tanto en interior como na rúa. as verdadeiras protagonistas
desta montaxe -que mestura teatro xestual, clown e o teatro
infantil- son a loucura e a improvisación de alberto torres e
saleta fernández, que botan man da súa creatividade e a súa
actitude de risco, da mímica, do dominio do corpo e dunha
magnífica sonorización para dar vida a esta parella de superhe-
roes: os Supergalácticos, que deberán sobrevivir ás situacións
máis ridículas e perigosas.
FiCha artÍstiCa }Elenco: alberto torres e saleta fernándezDirección: fran reitécnica teatral: teatro cómicoDuración: 60 minutospúblico: todos os públicos
CódiGo morsa { suPerGaláCtiCos }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }Mundo Mandarina é gargallada, risa, humor. tamén arte, crea-
ción e risco. Dende a súa creación en 2005, a compañía acadou
grazas ao seu savoir faire galardóns como o Premio do público
da mostra de Pallasos de xirivella, os premio do público e mais
o de mellor espectáculo de sala do festival farándula de gran
canaria, Premio do Público do fast de torredembarra e o Premio
do Público en festiclwon.
Mandarina é laura Muñoz. a artista naceu en 1975 en bos
aires (arxentina). en 1999 e tras licenciarse no conservatorio
de arte Dramática da cidade porteña, tropeza co clown. ou o
clown tropeza con ela. sexa como for, o encontro prodúcese e
muñoz descobre, a un tempo, o seu gozo e o seu talento á hora
de facer rir coa súa mirada sobre o mundo. con ese espírito,
instalouse no ano 2002 en barcelona e comezou a rodar como
pallasa nas tarimas.
o espeCtáCulo }Laura Mandarina acadou con este espectáculo gran parte do
seu recoñecemento artístico. O Premio do Público de Festi-
clown, o da Mostra de Pallasos de Xirivella ou o Farándula de
Gran Canaria chegáronlle á compañía da man desta obra, que
ben a poderiamos definir como a historia de amor máis grande
xamais contada. Trátase da historia de como se coñeceron os
pais de Mandarina.
A artista propón nesta peza unha mirada ao ridículo que pode
chegar a ser unha persoa namorada. Mandarina enfúndase no
traxe e na pel de dúas personaxes diferentes e preséntanos
unha comedia universal na que a tenrura, o humor e o absurdo
combínanse para emocionarnos.
FiCha artÍstiCa }Elenco: laura muñoztécnica teatral: clown e maxia cómicaDuración: 65 minutospúblico: todos os públicos
mundo mandarina { un ramón de mandarinas }
maxia
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }dende a estrea do seu primeiro espectáculo en 1996 con tan
só 19 anos, o Mago teto converteuse nun dos ilusionistas máis
veteranos e relevantes en galicia. habitual na televisión dende
os seus comezos, goza dun gran recoñecemento por parte do
público. os seus espectáculos adáptanse a calquera tipo de
espazo, dende a rúa ás salas, pasando por grandes teatros. no
seu repertorio combínanse así espectáculos reducidos con
outros de gran formato, outorgándolles aos seus trucos un
amplo abano de posibilidades. o seu debut tivo lugar o Día das
letras galegas de 1992. nese 17 de maio subía ao escenario do
seu instituto de viana do bolo para sorprender os seus compa-
ñeiros. catro anos despois, chegaría o despegue profesional co
espectáculo A maxia dos soños. Dende aquela levou á escena
montaxes como Tolemaxias, Perto de ti ou O Afiador.
o espeCtáCulo }unha carpa recrea un posto de feira de mediados do século xx ,
coas súas lámpadas de luces e bandeirolas de cores. un espec-
táculo de rúa de maxia personalizada e íntima xa que os propios
espectadores elixen que xogo queren ver entre máis de 200
efectos de maxia. é un espectáculo de proximidade, de distan-
cia curta, xa que as mans do mago sitúanse a menos dun metro
do público.
ademais, é un espectáculo no que a maxia se fusiona coa
sétima arte. cada xogo de maxia, está relacionado cunha pelí-
cula da historia do cine. o espectador ten a potestade de elixir
unha película e será o mago quen teña que deseñar de súpeto
un truco relacionado co seu argumento. todo un reto persoal
para o mago teto.
FiCha artÍstiCa }Elenco: mago teto e Jorge PrietoDirección e creación: héctor guerratécnica teatral: maxiaDuración: Pases continuados de dez minutos durante todo o díapúblico: a partir de 5 anos
maGo teto { a feira máxiCa do maGo teto }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }dende que en 2004 Dani garcía fundara a súa propia compañía
co obxectivo de producir e interpretar os seus propios espectá-
culos, o prestixio do seu nome non deixou de medrar. na actua-
lidade e tras unha década de traballo, Dani garcía compaxina as
actuacións en galicia con estancias, funcións e formacións nos
estados unidos. naquelas terras recoñeceron xa o seu talento
con galardóns como o 1º Premio Michigan Magic Day, o 2º Premio
Close Up Contest IBM Rising de st. louse ou o 2º Premio TAOM
Texas.
Dani garcía recolleu así os froitos da súa formación nas diver-
sas ramas da interpretación e da escena. esa bagaxe permítelle
crear producións propias que son auténticas obras de teatro
máxicas, onde todo ten un porqué e unha lóxica que fai do ilusio-
nismo algo intanxible, pero próximo para o público.
o espeCtáCulo }un brillante día de sol chega á praza da vila un vendedor de
xeados co seu carriño e con moitas ganas de sacarlles un
sorriso aos veciños. mais o pobre Don gelati sufrirá todo
tipo de imprevistos e infortunios co seu carro que terá que
arranxar con enxeño e con non pouca maxia antes de que os
seus xeados se derretan.
Dani garcía constrúe, empregando a súa habitual destreza
e con este entrañable personaxe unha comedia máxica onde
a expresión corporal substitúe ás palabras e a comunicación
co público é constante e dinámica. un espectáculo de maxia
de rúa, sinxelo e directo, con grande mobilidade, sen necesi-
dades técnicas externas e practicamente sen límites para a
fantasía.
FiCha artÍstiCa }Elenco: Dani garcíatécnica teatral: Maxia e teatro xestualDuración: 50 minutospúblico: infantil
dani GarCía { don Gelati }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }dende que en 2004 Dani garcía fundara a súa propia compañía
co obxectivo de producir e interpretar os seus propios espectá-
culos, o prestixio do seu nome non deixou de medrar. na actua-
lidade e tras unha década de traballo, Dani garcía compaxina as
actuacións en galicia con estancias, funcións e formacións nos
estados unidos. naquelas terras recoñeceron xa o seu talento
con galardóns como o 1º Premio Michigan Magic day, o 2º Premio
close up contest IbM rising de st. louse ou o 2º Premio taoM
texas.
Dani garcía recolleu así os froitos da súa formación nas diver-
sas ramas da interpretación e da escena. esa bagaxe permítelle
crear producións propias que son auténticas obras de teatro
máxicas, onde todo ten un porqué e unha lóxica que fai do ilusio-
nismo algo intanxible, pero próximo para o público.
o espeCtáCulo }benvidos ao primeiro show de maxia onde o público é quen decide
o guión do espectáculo. nada está escrito nesta montaxe que
se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde lle
daremos unha volta á maxia, unha volta á nosa ruleta. así, o azar
porá en xogo a sorte do mago.
non haberá preguntas por resolver. nin segundos que
gañar. os espectadores teñen o control do que sucede sobre
o escenario. o mago acompáñaos nestas reviravoltas que
van conducindo a maxia a un sorpresivo efecto final, unha
derradeira sorpresa que, a medio camiño entre a realidade e
a ilusión, non deixará indiferente a ninguén. esta é unha obra
de maxia infantil, só apta para nenos e nenas, aínda que xa
peiteen canas.
FiCha artÍstiCa }Elenco: Dani garcíaDirección: fran reitécnica teatral: maxiaDuración: 60 minutospúblico: infantil e familiar
dani GarCía { volta á maxia }
moniCreques e ContaContos
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }Daboapipa narra, canta e musica historias escoitadas nalgún
lugar, escritas nalgún libro, nacidas dende algún lugar do ser.
fusionan o mundo da infancia coa palabra e a música dando
lugar a espectáculos de narración oral para crianzas e familias.
santi Prieto estudou solfexo, piano e harmonía no conservatorio
de santiago de compostela. ademais, cursou acordeón da man
de santi cribeiro e participou en numerosas formacións movén-
dose en estilos que van dende a música tradicional folk ata o
rock. Vero rilo é educadora na rede de escolas da galiña azul
e contadora. cursou estudos de iniciación ao teatro da man de
carlos neira e cursos específicos como contadora con charo
Pita e tim bowley.
o espeCtáCulo }Historias de vida, amor, guerra e case morte é unha fermosa
proposta a medio camiño entre a narración oral e o teatro con
música ao vivo. ao longo de varias historias recollidas de expe-
riencias reais, Daboapipa cóntanos historias dos nosos maio-
res que reflicten dun xeito agarimoso e divertido a realidade
na que vivían. historias de amor, de emigración, de reclusión,
guerra e amor contadas dende a tenrura e a emoción nunha
proposta que arrinca bágoas, lembranzas e sorrisos. no fondo,
Daboapipa percorre a nosa historia e o noso imaxinario colec-
tivo para facernos un retrato de como somos, de que xeitos
sentimos, das mil maneiras en que vivimos. constrúen as
historias coa palabra e a música para chegarnos ao máis fondo
e reivindicar a memoria de todos, para que non se esqueza e
siga transmitíndose en cada unha das súas funcións.
FiCha artÍstiCa }Música: santi Prietoconta e canta: vero rilotécnica teatral: narración oral e música en directopúblico: adultoDuración: 45 minutos
daboaPiPa { Historias de vida, amor, Guerra e Case morte }
+info: www.culturactiva.org
daboaPiPa
FiCha artÍstiCa }conta: vero rilotoca: santi Prietotécnica teatral: música en directo e narración oralDuración: 35 minutospúblico: de 3 a 6 anos
a CompañÍa }Daboapipa é unha compañía de recente formación. no verán
do 2013, de xeito casual, o rodar da vida xuntou o universo da
infancia co amor pola palabra dita e pola música en directo que
profesan vero rilo e santi Prieto. e aquí están! Daboapipa narra,
canta e musica historias, contos escoitados nalgún lugar, escri-
tos nalgún libro, nacidos dende algún lugar do ser.
os espeCtáCulos }, Contos do animalario“unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que
puideramos ver, chea de encontros cos animais máis marabillo-
sos: toupas choscas, chivos enormes e ogros torpes, pombas
doces e dragóns atroces, bechos estraños, cabalos azuis e
cantigas de fai anos e non tantos.” así describe Daboapipa, vero
rilo e santi Prieto, este espectáculo dirixido a nenas/os de 2 a 6
anos e familias. durante 35 minutos, música en directo e palabra
únense para crear un universo máxico a través desta nova pare-
lla artística galega.
vellos, vellas e outras lerias B en Vellos, vellas e outras lerias, Daboapipa ofrece unha reco-
llida de historias que non nos deixan esquecer aos máis maio-
res. eses avós e avoas sempre presentes, coa palabra prepa-
rada para saír en calquera momento pola boca, con contos para
pacientes, para impacientes, para o demo, para tremer de medo,
para o mal tempo boa cara e para amarse e durmir quentiños.
FiCha artÍstiCa }conta: vero rilotoca: santi Prietotécnica teatral: música en directo e narración oralDuración: 35 minutospúblico: de 3 a 6 anos
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }Os Sete Magníficos Un naceron en 2001 ao abeiro do Festi-
val Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e son a súa
compañía oficial. Integrada por un elenco de pallasas e pallasos
formados cos mellores mestres/as a nivel internacional, esta é
unha das compañías máis populares nas programacións gale-
gas dos últimos anos. Con espectáculos coma Dous pallasos
en apuros ou O gordo e o calvo van ao médico e, máis recente-
mente Mañá será outro día ou Bivalvos como galegos!, os Magní-
ficos recuperan as vellas farsas de circo clásico e reinvéntanas
trasladando ao respetable ás máis grandes gargalladas sempre
baixo o prisma da calidade, do espírito clown e do bo facer
teatral. Recoñecida e aplaudida tanto polo crítico como polo
público, Os Sete Magníficos máis Un converteuse na compañía
pioneira en Galicia na renovación do novo circo e clown.
o espeCtáCulo }Protagonizado por fran rei, A Historia de Brancaflor é o
primeiro espectáculo unipersoal de os sete Magníficos máis
un. ademais, trátase da primeira incursión da compañía na
arte dos contacontos.
baixo a dirección de avelino gonzález, nesta montaxe
achegámonos á lenda popular de brancaflor -filla do demo-
a partir da versión que xosé ramón mariño ferro recolleu
na súa escolma Contos Marabillosos. unha trama chea de
probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios.
unha fermosa historia de amor entre brancaflor e Xan, á que
se opón o malvado pai da rapaza. a narración vén acompañada
con xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e,
sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.
FiCha artÍstiCa }Elenco: fran reiDirección: avelino gonzáleztécnica teatral: narración oralDuración: 50 minutos
os sete maGnífiCos máis un { a Historia de branCaflor }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }felipe Díaz (Caxoto) é a persoa que se atopa detrás do mostra-
dor de a trastenda dos contos, un proxecto nado no 2012 que
pretende ser o espazo onde a narración oral conflúa con outras
disciplinas artísticas. nas súas propostas conxugan activida-
des lúdicas, as artes escénicas, contidos educativos, a forma-
ción en valores ou o enfoque social. Deste xeito, esta trastenda
conta cun amplo catálogo de espectáculos nos que a través da
oralidade un achégase a diferentes ámbitos artísticos. este é
o proxecto que impulsou felipe Díaz, caxoto, un home sempre
vencellado ao espazo escénico, tanto a través da música coma
do teatro. caxoto entrou en contacto coa oralidade ao chegar a
kalandraka. Malia comezar de mozo de almacén, convértese no
contador dunha campaña de animación á lectura durante catro
meses. Principiaba así un camiño artístico que o levou a xirar por
toda galicia e participar activamente na creación do festival de
narración oral atlántica.
os espeCtáCulos }niCasso, un Pintor de broCHa Gordatodo o mundo sabe que Picasso foi un dos grandes artistas da
historia, pero non todo o mundo sabe que viviu cinco anos deter-
minantes na coruña. caxoto, decidido a poñer luz no asunto,
repasa a biografía do artista na coruña.
Carteiro en biCiCleta (letras GaleGas)un carteiro dos de antes déixanos acompañar mentres fai o
seu percorrido diario. Polo rueiro descubrimos as placas con
nomes insignes: rosalía, castelao, cunqueiro. achegámonos
a eles dun xeito diferente.
o berCe das verbas (Contos Para bebés)a través da palabra contada, imaxes suxestivas, música en
directo e imaxinación colectiva créase para os máis pequechos
un espazo no que poder soñar sen necesidade de durmir
Contos de medo que deixan durmirun aprendiz de enterrador conta as súas experiencias máis
aterradoramente divertidas, propias para unha peza retran-
queira e atraente.
Contos Para esCoitar mentres bailamos un valse (Contos musiCais) un director de orquestra perdido polo mundo achéganos á
incrible historia da viaxe que fixo sabela por un gran número
de instrumentos. até vinte deles soan en directo ao longo da
obra.
Contos vellos novos finais (Contos da iGualdade)caxoto achégase a través dos contos á situación da muller na
nosa sociedade. repasa os esteriotipos dos contos tradicio-
nais para desmontalos e lembrarnos que aínda queda moito
para conseguir a igualdade verdadeira.
Caxoto ContaContos
monóloGos
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }actriz, clown e pedagoga teatral. fórmase con mestres como
eric de bont, Jango edwars, John wright, leo bassi, serge nail,
kirko koski, alfredo rodríguez, tom greder, claudia contín, angel
burgos, sophie gazel, carlo colombaioni, Pablo muñoz, Johns
Pappila, manuel lourenzo, carlo bosso, etc.
Dende o ano 2000 participa en espectáculos profesionais
nas compañías espello cóncavo, os sete Magníficos máis un,
manicómicos e Produccións Desaqueloutradas.
no ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e
protagonista en series como Padre Casares, A vida por diante,
O Nordés ou Air Galicia, e outros programas da tvg como O
Show dos Tonechos, En Pé de Festa, Zapping Comando, Máxima
Audiencia, Land Rober ou Tourilandia; ademais de realizar curtas,
publicidade e algunha longametraxe, como Os mortos van ás
présas, Onde está a felicidade? ou 9 Ondas.
o espeCtáCulo }Se credes que precisades dos meus servizos non tedes máis
que aturuxar, que desde O Pindo, escoito que flipas porque ten
unha acústica bárbara. Sabedes quen son, non? Ben normal,
nin puta idea, normal. Ademais indo de incógnito menos, claro!
Vouvos dar unha pista. Como mínimo, agora que xa vedes a
estrela encarnada xa o teredes mais claro non?
Non, non son concelleira do Bloque. Igual é que como traba-
llo en negro e hai que ser discreta pois non me recoñecedes.
Eu son Chelo Garcia Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl,
unha superheroína rural galega con denominación de orixe
protexida e os meus poderes proveñen do sulfato!
FiCha artÍstiCa }Dirección, creación e elenco: isabel riscotécnica teatral: monólogoDuración: 45 minutospúblico: adulto
isabel risCo { nabiza Girl }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }pedro brandariz leva media vida subida aos escenarios, ofre-
cendo monólogos por todo canto recuncho da xeografía galega
e española hai. mais detrás deste gran contador, hai unha ampla
formación teatral. brandariz procede do mundo do clown, aínda
que tamén traballou en compañías escénicas de corte máis
clásico e de teatro infantil. a súa presenza no audiovisual tamén
foi unha constante ao longo dunha carreira cuxa formación
procede dos mellores mestres. brandariz ten traballo -e apren-
dido- moito de leo bassi, Jango edwards, loco brusca ou antón
valén.
na actualidade forma parte das compañías os sete Magníficos
máis un, Dinamoteatro, teatro do astracán ou manicómicos.
Deixou, ademais, a súa pegada noutras formacións. Desaque-
loutradas, Dous son compañía ou clowntacontos contaron
habitualmente con brandariz nas súas montaxes.
os espeCtáCulos }PGu (Partido dos Gordos unidos)Pgu é un monólogo cómico no que se narra a vida dun gordo.
Pedro brandariz, cun estilo agresivo e transgresor, conta diver-
sas peripecias da súa vida dende a perspectiva de gordo. “Dende
xa antes de nacer eu xa era gordo. de feito cando lle fixeron a
ecografía a miña nai, eu xa non cabía na pantalla. Por iso inventa-
ron o home cinema.” así comeza un monólogo cargado de ironía,
gargalladas e sentenzas de humor puro.
Pai noso, Padre nuestrotrátase dun monólogo cómico sobre o mundo da relixión e da fe,
pero dende o punto de vista máis enxebre posible, xa que bran-
dariz reflexiona ao longo de noventa minutos sobre a relixión das
parroquias, esa que sufrimos día a día os galegos e as galegas.
no espectáculo móstranse os aspectos máis cómicos das
propias misas e dos curas, os grandes showmans deste país.
Profundizando na Galiza Profundaneste monólogo, Pedro brandariz analiza a vida dos galegos. a
súa cultura, o seu idioma, as súas expresións e, por suposto, a
familia. o intérprete aborda o noso carácter morriñento, o noso
humor, os nosos hábitos, as nosas festas. todo dende un punto
de vista cómico que provocará as gargalladas do público, porque
non hai nada máis gracioso que a pura verdade.
familia? non Grazasa familia! esa cousa. no monólogo analízase, dende unha pers-
pectiva irónica, as relacións familiares que se dan entre fillos
e fillas, nais e pais, avós e avoas, entre irmáns, cos curmáns,
coa tía aquela que nin o seu nome lembramos... todo un nobelo
inmenso que vai desenfiando brandariz co seu característico
ollo clínico de monologuista.
Pedro brandariz
Padre merino { a.m.e.n (aCCións misioneiras evanxéliCas noCturnas) }
+info: www.culturactiva.org
a CompañÍa }baixo a sotana do padre Merino agóchase fran campos. actor
de longo percorrido, ten interpretado diversos papeis en progra-
mas de televisión, series de ficción, curtametraxes e teatro. a
súa formación susténtanse no traballo que foi desenvolvendo
ao carón de intérpretes e clowns tan coñecidos como leo bassi,
ou Philipe gaulier.tamén ten compartido escenario con Johnny
melville, cándido Pazó ou anabell gago.
en teatro, fran campos vén participando nos últimos anos en
montaxes de compañías como acontrabutaca ou bandullo azul,
coa que mantén a obra A verdadeira historia de Robinson Crusoe
e Venres. na televisión ten intervido en programas como Luar, O
Show dos Tonechos e en series como Libro de Familia. compa-
xina o seu traballo na escena coa comunicación. na actualidade,
traballa en radio estrada.
o espeCtáCulo }fran campos ofrece nesta peza, dirixida por fran rei, unha
mestura de diferentes técnicas de actuación. Deste xeito, pasa
do monólogo ao clown para despois entrar nos campos da maxia
e da música en directo. e faino todo transfigurado no Padre
merino, douto mestre do pecado que durante o seu monólogo
pretende arredar o rabaño das tentacións dun diaño que coñeceu
ben durante a súa mocidade. até que en plena madurez descu-
briu un libro de xoán Paulo ii, a súa vida transitou polos terreos da
indecencia. o espectáculo A.M.E.N poderiamos definilo como un
obradoiro sobre o pecado. e como tal, está aberto á participación
de todos.FiCha artÍstiCa }Elenco: fran camposDirección: fran reitécnica teatral: comedia, clown e musicalDuración: 75 minutospúblico: adulto
serGio Pazos { rebento se non o Conto }
a CompañÍa }actor polifacético, é unha das caras máis coñecidas da pequena
pantalla grazas tanto ao seu traballo de audaz reporteiro do noti-
cieiro humorístico Caiga quien caiga como no seu papel na serie
de Pratos Combinados. mais a súa traxectoria profesional, ampla
e contrastada, comezara anos atrás, nos primeiros anos oitenta,
co seu desempeño en todo tipo de roles en compañías teatrais
como caritel e dentro de diversas producións do centro Dramá-
tico gDg.
no ámbito televisivo, participou en distintos programas e no
eido da ficción, tanto para a galega como para as privadas espa-
ñolas antena 3 e tele 5 (Los ladrones van a la oficina, Farmacia
de Guardia, Cuéntame). desde 1990 conta tamén con papeis en
longas tan coñecidas como Airbag (bajo ulloa, 1997) ou O lapis
do carpinteiro (reixa, 2002).
o espeCtáCulo }un galego recoñecido, ou recoñecible segundo se mire, atrévese
a analizar unha realidade tan próxima e tan afastada como a que
conforma españa. Destripa os seus tópicos, as súas mentiras
piadosas e as súas verdades a medias coa ironía como único
bisturí. e sempre coa percepción dun tipo que sae da súa terra
para traballar. como tantos outros. no fondo, “hai máis galegos
fóra que dentro”..
no seu percorrido retranqueiro desta realidade refelxionará
sobre os monólogos, sobre xeito de sermos os galegos e sobre
a idiosincrasia de mariano rajoy. tamén esmiuzará a apocalipse,
os recortes e, sobre todo, falará da crise na política, no goberno,
na zarzuela. é que… se non conta todo iso… rebenta!
FiCha artÍstiCa }Dirección e elenco: sergio PazosDuración: 75 minutostécnica teatral: monólogo
+info: www.culturactiva.org
músiCa
músiCa de esCenario { GaliCia }
NOVODISCO2014-15
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }unha das voces máis celebradas e recoñecidas do pano-
rama musical galego. guadi galego leva toda unha vida enriba
do escenario, levando o seu talento a diversos proxectos.
cantante, compositora e gaiteira, foi –até o ano 2008- a voca-
lista do xa desaparecido grupo berrogüetto. tamén formou
parte de nordestin@as, xunto a abe rábade e ugía Pedreira, e
con guillerme fernández lanzou o disco Espido en 2005. con
fernández embarcouse, na compaña tamén de xabier Díaz
e xosé lois romero, no grupo acadacanto. a nivel individual,
guadi publicou o seu primeiro disco en solitario en 2009. titu-
lado Benzón, explorou diversos camiños creativos dentro do folk
grazas á revisión que realiza de diversas melodías tradicionais
que sempre impresionaron a cantante. naquela primeira aven-
tura en solitario, guadi contou coa colaboración dun feixe de
artistas, dende uxía até leilía, pasando por abe rábade, quim
farinha ou ugia Pedreira.
o espeCtáCulo }guadi galego publicou en novembro de 2014 o seu segundo
disco en solitario: Lúas de outubro e agosto (fol música). neste
novo traballo discográfico preséntase cun son e unha expresión
artística máis madura e, ao tempo, máis atrevida. o álbum reco-
lle fermosas cancións cunha serie de nexos comúns: a natureza
das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción,
a intensidade. tamén a delicadeza e o risco. todo un exercicio
de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer
unha música chea de sinceridade que non deixa de sorprender.
o disco inclúe un total de dez cancións, entre as que destacan
temas como Mergullei ou Matriarcas.
FiCha artÍstiCa }guadi galego: voz e tecladosGuillerme Fernández: guitarrapaco charlín: baixoisaac palacín: bateríapachi alis: Produción musica
Guadi GaleGo { lúas de outubro e aGosto }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }talabarte significa a confluencia artística de tres músicos
imprescindibles do noso país. quim farinha, Pedro Pascual e kin
garcía crean un novo concepto de formación en galicia, estrita-
mente acústico e baseado na música tradicional.
o violín de quim farinha, o acordeón diatónico de Pascual e
o contrabaixo de kin garcía propoñen unha viaxe a través das
músicas populares de galicia, mais tamén doutras latitudes. o
repertorio complétase con composicións propias, enfiadas con
distintos enfoques estéticos que van dende o jazz até a música
tradicional europea, pasando por sensibilidades tan singulares
como o tango.
o espeCtáCulo }quim farinha é un sospeitoso habitual dos escenarios en galicia
dende finais dos anos oitenta. o seu violín deuse a coñecer en
grupos como fía na roca, soou dende as súas orixes en berro-
güetto e forma parte de grupos como a banda das crechas, os
d’abaixo ou o propio talabarte. Pedro Pascual, pola súa banda, é
un virtuoso do acordeón diatónico, sendo profesor no conser-
vatorio de música tradicional. colaborador habitual de diferen-
tes músicos e cantantes, formou parte dende a súa fundación
do grupo marful. kin garcía é un dos contrabaixos máis desta-
cados de galicia e acompaña habitualmente á intérpretes como
susana seivane, uxía, Dulce Pontes, berrogüetto...
FiCha artÍstiCa }Quim Farinha: violínpedro pascual: acordeón diatónicoKin garcía: contrabaixo
talabarte
NOVOespectáculo
+info: www.culturactiva.org
a Festa son eu!!! } a festa galópalles polas veas. en cada un dos seus concertos,
estoupa a galicia tropical. eles son o sonoro maxín e ningunha
outra banda en galicia pode berrar a festa son eu!! con seme-
llante contundencia e cun son tan incontestable. Precisamente
ese é o novo lema da banda, que neste 2015 reinvéntase unha
vez máis e volverá ás estradas galegas cun novo directo cheo
de novidades que, sobre os escenarios do país, se mesturarán
cun repertorio propio que, a tal hora, xa é un auténtico clásico no
circuíto musical galego.
en 2011, o sonoro Maxín publicou o seu primeiro disco e
iniciou unha ampla xira titulada a onda sonora (chega do interior).
o título respondía a un aviso a navegantes, unha proclama de que
o trópico, en galicia, respiraba ás beiras do miño e que se espa-
llaba, dende o corazón de ourense, como a ventada dun furacán
grazas ao traballo desta banda. mais agora, catro anos despois,
a onda sonora fai tempo que chegou para quedar. e agora xa
ninguén ten dúbida de que o sonoro maxín é unha festa sempre
presente, sempre disposta a animar cos seus ritmos cálidos as
noites perante calquera público.
con a festa son eu!!, o grupo dá un paso máis na súa carreira
para ofrecerlles aos seus espectadores un intenso directo, no
que se darán a coñecer novas cancións e cos que o sonoro
maxín demostrarán que, a súa onda, non deixa de se espallar nin
de medrar e tampouco de sorprender.
FiCha artÍstiCa }ico: vocesAbraham “el niño”: guitarracristina asenjo: acordeónXurxo Brea: baixoJaime Mateo: batería e percusiónsMiguel Xanceda: son en directoDavid Rubín: Deseño e ilustracións do disco
o sonoro maxín { a festa son eu!!! }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }xesús vaamonde, Pedro lamas e xosé lois romero son tres músi-
cos sen os que a música galega actual non se podería compren-
der. as súas traxectorias individuais abranguen dende a música
de raíz até o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola composición e
dirección musical. sempre recibiron o recoñecemento do público
e, como docentes e estudosos da nosa tradición, o respecto do
sector. os seus nomes están vencellados a algúns dos mellores
artistas da música galega. o seu talento únese habitualmente,
grazas a diversas colaboracións, á música de, entre outros moitos,
mercedes Peón, fuxan os ventos, acadacanto, susana seivane,
leilía, guadi galego ou xabier Díaz. con eles teñen actuado en
varios continentes, dende Xordania a nova York, pasando por
zimbabwe ou bos aires. en 2006, deciden unir os seus talentos
para amosar a súa particular visión da música popular.
o espeCtáCulo }con esta nova entrega, vaamonde, lamas e romero afondan
na súa estética artística, coa que mesturan as melodías co
humor, co obxectivo de desacralizar a música tradicional e ache-
gala dun xeito diferente ao público. Deste xeito, convertéronse
dende 2006 no trío máis retranqueiro da música actual. nesta
ocasión, preséntanos unha proposta escénica na que se repasa
un repertorio composto exclusivamente por temas dunha forma-
ción única na historia de galicia: os trinta de trives. ofrécennos
a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarto que
triunfou fai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras,
cuxa traxectoria resulta ser un conxunto de anécdotas e vangar-
dismo. Para vaamonde, lamas e romero os de trives impulsaron
un concepto que precisa ser reivindicado: o cosmopolitismo da
montaña ourensá.
FiCha artÍstiCa }Xesús Vaamonde: gaita, percusión, vozPedro Lamas: saxo soprano, vozXosé Lois Romero: acordeón, voz
vaamonde, lamas & romero { o tambor de Prata }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }xesús vaamonde, Pedro lamas e xosé lois romero son tres músi-
cos sen os que a música galega actual non se podería compren-
der. as súas traxectorias individuais abranguen dende a música
de raíz até o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola composición e
dirección musical. sempre recibiron o recoñecemento do público
e, como docentes e estudosos da nosa tradición, o respecto do
sector. os seus nomes están vencellados a algúns dos mellores
artistas da música galega. o seu talento únese habitualmente,
grazas a diversas colaboracións, á música de, entre outros moitos,
mercedes Peón, fuxan os ventos, acadacanto, susana seivane,
leilía, guadi galego ou xabier Díaz. con eles teñen actuado en
varios continentes, dende Xordania a nova York, pasando por
zimbabwe ou bos aires. en 2006, deciden unir os seus talentos
para amosar a súa particular visión da música popular.
o espeCtáCulo }vaamonde, lamas & romero sorpréndennos cunha proposta
orixinal e divertida: un concerto con banda de música en clave de
humor. o espectáculo inclúe arranxos sobre repertorio tradicio-
nal realizados polo saxofonista e compositor roberto somoza,
que de xeito maxistral combinan o sabor popular con elementos
de modernidade. o trío ofrece este espectáculo coa banda de
Música sementeira de cambre ou -se o prefires- coa túa propia
banda. música popular e teatralidade aderezados con grandes
doses de humor e retranca. un auténtico bálsamo terapéutico e
liberador para estes tempos de crise.FiCha artÍstiCa }Xesús Vaamonde: gaita, percusión, vozPedro Lamas: saxo soprano, vozXosé Lois Romero: acordeón, voz
vaamonde, lamas & romero { vl&r Con banda de músiCa }
NOVODISCO2014-15
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }Dende sempre, os membros de Pandeiromus sentíronse atraídos pola
tradición oral, sobre todo pola que estaba asociada con melodías que
engaiolaban o seu ánimo. así xurdiu o grupo, que dende os seus primei-
ros pasos en 1992 dedicouse a percorrer galicia escoitando historias,
retendo melodías, cantando cancións e, en definitiva, recollendo a
nosa tradición musical. con todo ese material, foron conformando un
amplo repertorio que esmiúzan en cada un dos seus concertos, nos
que podemos coñecer o seu talento vocal, mais tamén instrumental.
Dese xeito, as súas voces mestúranse co son das gaitas, do tamboril,
das pandeiretas, da caixa ou do bombo. tamén das culleres, das bote-
llas e mesmo da lata de carburo. ao longo da súa traxectoria, xiraron
por galicia, españa e Portugal. a súa discográfica inclúe tres álbums
- Conserva (1998), Tolerías (2002) e Teño días (2014) - teñen colabo-
rado en discos das leilía, de uxía senlle ou no Jacobsland, editado co
gallo do ano xacobeo 1999.
o espeCtáCulo }o disco Teño días supón un paso adiante na traxectoria de Pandeiro-
mus, un grupo cuxa base musical se sustenta no traballo de investi-
gación e na recollida da música tradicional do noso país. o álbum signi-
fica a mecha dunha triloxía que lle presentarán ao público ao longo do
próximo ano. este traballo conta coa participación de dous poetas,
que crearon senllas letras para que fosen musicadas por Pandeiro-
mus. xavier Picallo regaloulles o texto da canción que lle pon nome
ao disco. Pola súa banda, séchu sende asina a letra de Unha muller e
outra muller. estes temas abren o novo repertorio, arranxado por Pedro
gonzález, Vadin Yukinievich e cristian silva e interpretado por roberto
grandal no acordeón, Xesús Rodríguez na percusión e gaitas e polas
voces e pandeiretas de Rafael Iglesias, Afonso Sestelo e topo vidal.
FiCha artÍstiCa }Rafa Iglesias: voz, percusións (pandeireta, caixa, lata, tambor, cunchas, pandeiro, bombo)Afonso González: voz, percusiónstopo vidal: Voz, percusións, gaita, flautaroberto grandal: acordeónXesús Rodríguez: Percusións, gaita
Pandeiromus { teño días }
NOVODISCO2014-15
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }coanhadeira nace no ano 2006 como unha banda de música
folque que amosa aqueles “restos” musicais conservados até
os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Dese
espírito vén o seu nome, xa que as coanhadeiras eran nalgúns
puntos de galiza as mulleres (tamén a vasoira que empregaban)
encargadas de varrer os restos do cereal durante a malla.
grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus direc-
tos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns
e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur
de europa, como o festival de Pardiñas, a carballeira de zas, o
festival Intercéltico de ortigueira, o sauga folk de cantabria,
o trobada de buners (andorra) ou o festival interceltique de
l’orient, entre outros.
o espeCtáCulo }coanhadeira regresa cun novo disco. neste nadal entrarán no
estudio de gravación onde gardarán nunha caixiña todas as
pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco
anos. bicos con luva pretende sumarse en positivo á musica
feita en galiza, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar, atei-
gar do poder percusivo, de letras sorprendentes, de atmosferas
sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un
dos compoñentes da formación e do camiño conxunto até hoxe
de coanhadeira.
Por eses camiños, este grupo folque continuará unha traxec-
toria musical que xa recolleu o recoñecemento do público e da
crítica. gañadora do concurso nsaio no camiño 2007 ou do folk
escenario Prau de cantabria, coanhadeira está considerado xa,
mesmo antes de lanzar este novo traballo discográfico, como
un grupo referente para o sector.
FiCha artÍstiCa }patricia lópez: voz e PercusiónXerardo Quintela: acordeónchechu pérez: gaitas e zanfonaKinhos Saburido: PercusiónsÓscar Freire: saxo soprano e tenorSamuel Soto: bouzukipaula conde: baixo
CoanHadeira { biCos Con luvas }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }kin garcía, un dos instrumentistas máis destacados do panorama
galego, acompáñase do piano de Jacobo de miguel e mais da bate-
ría de noli torres para crear un son propio, diferente e para engaio-
lar o público coa calidade do seu jazz. De contrastada traxectoria
e presenza impoñente no escenario, kin garcía participa nun feixe
de proxectos e colabora con todo tipo de formacións e cantantes.
deste xeito, é un sospeitoso habitual nos traballos discográficas
e nas actuacións de autores da talla de tom guyon, tony lanzan,
uxía, berrogüetto, Dulce Pontes, Joao afonso ou rodrigo romaní.
ademais, xunto a quim farinha e Pedro Pascual, forma o trío tala-
barte.
o ovetense Jacobo de miguel, pola súa banda, inicialmente
centrou a súa formación no ámbito clásico, pero rapidamente
descubriu a maxia do jazz, campo no que se licenciou no conser-
vatorio superior da coruña. como docente exerceu en cursos
de músicos de oviedo e xixón até converterse en profesor da
fundación de música moderna de avilés.
noli torres iniciouse no mundo clásico no conservatorio de
Pontevedra, estudando disciplina de batería con tony Patchi e
fernando llorca. a súa formación proseguiu en madrid, na escola
de música creativa, onde coincidiu con instrumentistas como
guillermo mcguill, Perico lópez ou manolo calleja. ten traballado
en formacións de moi diferente natureza, como son Jazzers,
Peter Delphinich and friends ou alem.
FiCha artÍstiCa }Kin garcía: contrabaixoJacobo de Miguel: PianoNolo torres: batería
kin GarCía trío
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }a verbena galega de sempre, pero coma nunca a viches. ese
é o espírito deste espectáculo que lle ofrece ao público máis
de cinco horas de música e baile en galego. unha explosión de
música, humor e risa no campo da festa.
trátase, no fondo, dunha revisión do concepto actual de
verbena para crear unha proposta única centrada, por un lado,
na música de baile tradicional e, polo outro lado, na música de
baile máis moderna e mestiza: ritmos latinos, pachanga, cumbia,
reagge, etc. e todo coa opción de seren complementadas con
diversas actividades para público familiar que, de seguro, enche-
rán de cor calquera festa en galicia que queira innovar e diferen-
ciarse das demais.
a verbena galega que culturactiva propón dura cinco horas
de música e baile, co denominador común da lingua galega e coa
fusión da festa tradicional e moderna a un tempo. as actuacións
musicais divídense en 2 pases (un de cada grupo) coa posibili-
dade da intervención dun grupo de animación antes da sesión
musical e un picadiscos como peche das actuacións. ademais,
é posible contar con espectáculos que ofrezan unha alternativa
lúdica para público familiar en torno ao circo, ao clown, ao humor,
etc. no fondo é a verbena de sempre, revisitada e feita a medida
para calquera vila.
FiCha artÍstiCa }1 Grupo de música tradicional1 grupo de pachanga galega1 Picadiscos de música galega+ Tráiler-Escenario móbil+ 40.000 w de son+ 100.000 w de iluminación e robótica
verbena GaleGa
músiCa de rúa { GaliCia }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }a claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arre-
cendo das friameiras, até a xeometría dos cadros dos manteis se
levantan e brindan pola oportunidade dada ao “frote” e ao “arre-
chuche” contaxiada polos ritmos máis modernos da orquestra
“os modernos”.
como consecuencia da súa constate ansia por se renovar e a
experiencia a través de tantas xiras por europa e américa do sur
e do norte, a orquestra os modernos, ofrécelles un repertorio
renovado de bailes como manda a última moda: foxfrot, baiao,
chotis, habanera ou tango americano, corrido, rumba, mazurca
e mesmo un avant-garde twist, se esquecer tampouco eses
ritmos máis arcaicos e propios do noso folclore como a muíñeira
ou a xota.
os bailadores e bailadoras confidentes, séntense protago-
nistas arroupados ao tempo que illados ao estar a música exclu-
sivamente ao servizo do seu baile.
ninguén fica sentado cando toca a orquestra os Modernos.
resulta imposible. cando saen a actuar, enchen o recinto coa
súa presenza. o seu estilo, a súa calidade musical. non pode-
mos ficar quedos, porque o seu son fainos viaxar do aquí agora
ao antes sempre. sempre e máis despois. e todo grazas ao
conxunto de múisicos e voces que se reúnen nesta formación,
dende alonso caxade até xosé tuñas, pasando por Joám casas,
lois mouriño, iria Pinheiro, martín nogueira e Paco nogueira.
todos eles son os modernos. a todos eles débemoslle este
novo vello son que enche as rúas en calquera festa.
FiCha artÍstiCa }Xosé Tuñas: caixaJoám Casas: clarinetelois Mouriño: saxo e gaita de folalonso caxade: bombardinoiria pinheiro: rosalie de choixMartín Nogueira: trompetapaco Noegueiras: bombo-chis
orquestra os modernos
+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico,
que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas da música
clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina,
achegándolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa.
a banda está integrada por instrumentos de vento-metal e
percusións varias. a formación principal a compoñen: trompeta,
clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa
re-adornada, timbais e bombo-platos.
as influencias musicais son varias, comeza polas fanfarrias
de europa do leste, os “brass ensembles” de new orleans, as
charangas carnavalescas caribeñas e brasileiras e a música
tradicional galega.
os integrandes de banda proceden de varios grupos do pano-
rama musical galego: os cuchufellos, os bechuchos, Pelepau,
skandalo gz, Pan de capazo, os festicultores, os Podirdos, a
vaga banda ou a compañía do ruído.
ninguén queda impasible e moito menos inmóbil co brutal
espectáculo que ofrece este particular conxunto musical. con
eles un pode saber cando comeza a música e a festa, pero non
cando remata.
fanfarria taquikardia
FiCha artÍstiCa }Estilo: fanfarria - música de rúaDuración: variablepúblico: Para todas as idadesEspazo: exterior
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }a asociación de Percusionistas e tamborileiros/as (APERTA) foi
creada en Vigo no ano 2004, co obxectivo de apoiar e promocio-
nar a música en xeral e a percusión en particular nunha contorna
social procurando favorecer e desenvolver a inclusión social dun
xeito lúdico e participativo.
traballan en festas durante todo o ano, xa sexa en cabal-
gatas, festas de verán, festas patronais ou festivais. non
obstante, a súa grande especialidade é o entroido, chegando a
desfilar até 60 percusionistas, con vistosos traxes, acadando
unha forte expectación dada a magnitude do son e da enerxía
que desprende o espectáculo, altamente contaxiosa, que en si
mesmo conforma, xunto o impoñente deseño dos uniformes,
unha colorida, xigantesca e dinámica festa móbil.
o espeCtáCulo }Percusión, baile, animación. ritmo e boa enerxía. tamén unha
potencia de son difícil de comprar. nun bloquiño combínanse
todos estes elementos, creando un ambiente único ao seu redor.
ao seu paso, nas prazas, nas rúas, nada é o mesmo e todos, polo
menos quen máis quen menos, para a escoitar, a moverse, a
bailar. mesmo os que máis présa sofren, os que nunca paran no
medio dunha actuación na rúa, os que foxen das festas, marcha-
rán tamén cantaruxando. Porque son magnéticos e a súa música
contaxiosa.
tan só un bloquinho dun mínimo de dez persoas é capaz de
animar a festa, levar a todo o mundo ao movemento sen excep-
ción. o público, en definitiva, verase atrapado por unha marea de
son e baile, grazas a este grupo que explorar sobre todo os prin-
cipais ritmos afrobaianos, tradicionais do entroido do nordeste
de brasil.
FiCha artÍstiCa }Estilo: animación musical, pasarrúas e percusiónDuración: variablepúblico: Para todas as idadesEspazo: exterior
aPerta { bloquinHo de PerCusión aPerta }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }o Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro
de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban
parte de proxectos diferentes como lamatumbá, cinnamon,
gum, mutenrohi e the Pigmalions.
estreáronse en ourense, a súa cidade natal, o 20 de decem-
bro. a partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos
toda a xeografía galega con máis de 150 concertos. en moitos
deles compartiron escenario con músicos como manu chao &
radio bemba sound system shantel & bucovina club orkestra,
los Delinqüentes ou tonino carotone.
o espeCtáCulo }o Sonoro Maxín reinvéntase cun formato no que achega a súa
músicas ás rúas e prazas, un formato reducido e moi adapta-
ble no que a banda viaxa nunha furgoneta que leva o seu propio
equipo de son. a onda sonora viaxa así a calquera lugar onde
sexa necesario, tocando a pé de chan pero con toda a súa forza.
neste formato coñecemos a sonoro maxín denden outra
perspectiva, nun diálogo próximo de ti a ti co espectador. non
hai distancias entre os músicos e o público, son un mesmo ser
que nace de forma espontánea ao xuntarse, sinxelamente, pola
rúa. como dous vellos veciños que se cruzan no medio da praza,
dese xeito funciona a onda sonora na rúa. espállase, viaxa por
entre as beirarrúas e enche a todos dun mesmo son. queres
coñecer por ti mesmo o que esta onda sonora anda a asubiar?.FiCha artÍstiCa }ico: vocesAbraham “el niño”: guitarracristina asenjo: acordeónXurxo Brea: baixoJaime Mateo: batería e percusiónsMiguel Xanceda: son en directoDuración: 50 minutos
o sonoro maxín { a onda sonora na rúa }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }A Magnifique bande dos homes sen medo. ese é o nome a ter
en conta. non o poden esquecer, porque dende fai xa máis dun
lustro este simpático grupo de galopins musicais animan as
nosas vidas e divírtennos coas súas trasnadas harmónico-con-
trapuntísticas cunha elegancia natural e un gusto innato polas
boas melodías e os arranxos de éxito.
a banda condúcenos polo máis destacado da historia musi-
cal con momentos clásicos, fílmicos, jazzísticos, funkeiros ou
rockanroleiros.
Dende as súas orixes non deixaron de xirar por toda galiza,
amosando a súa rochosa sección rítimica integrada por tuba,
fagot, bombo, caixa guitarra e clavinent e a sección de aires,
formada por trompeta, trombón, saxo alto e saxo tenor.
o espeCtáCulo }A Magnifique Bande principiaron a súa andaina sen medo no ano
2007. Dende aquela, aparecen nos carteis de todo tipo de festi-
vais, tanto nos de galicia coma nos de fóra do país. oos seus
directos provocan un berro de admiración parte do público, que
sempre acaba por unirse o seu espírito de troula, de big band, de
todo e mais.
as súas actuacións preséntanse en dous formatos básicos.
o primeiro deles, o de rúa. son concertos itinerantes que van de
praza en praza, pola rúa, nos que a banda soamente precisa dos
seus instrumentos e o seu derroche de inxenio para deleitar a
paseantes e incrédulos. o segundo deles, acóllese ao escenario
clásico.soben as táboas e ofrecen a mesma diversión e enerxía
que nos seus pasarrúas, contaxiando a público da sala.
FiCha artÍstiCa }Alvaro Trillo: Percusión Miguel paz: PercusiónOscar “Bochu” Barcala: tuba abel leonardo: guitarraalex Salgueiro: organo Manuel Espiño: trombónMartiño D. Mato: saxo tenorManuel paino: trompetaOlivier Cano: saxo alto/frauta
a maGnifique bande dos Homes sen medo { sen medo!! }
+info: www.culturactiva.org+info: www.culturactiva.org
Banda/grupo }baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués césar freiria,
músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais.
comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música
tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados
estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos
tan dispares entre si, como a roda ou a banda de punk oxtiax
ke te Pariu.
dende comezos do verán de 2008 e con máis de 150
concertos por ano, este músico leva percorrido toda a xeogra-
fía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país
levando ás costas a súa proposta: cé orquestra Pantasma, un
proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e
variado repertorio, no que se conxuga a perfección toda unha
vida musical.
o espeCtáCulo }apoiándose na recuperación da figura do home orquestra, cé
Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para esca-
par do mundo por uns intres, deixándose levar, entregádose por
completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos,
unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público
deixa de ser espectador para converterse en protagonista. as
posibilidades que ofrece cé orquestra abranguen calquera cele-
bración. a súa especialidade, a animación musical e as actua-
cións de rúa, poden adaptar a calquera tipo de festas,romarías
ou feiras de época. as súas actuacións tamén son accesibles
aos espazos pechado e pode participar en todo tipo de inicia-
tivas, dende recitais poéticos até en celebracións e bailes para
os nosos maiores.
FiCha artÍstiCa }Elenco: césar freiríaEstilo: animación musicalDuración: variablepúblico: para todos os públicos
Cé orquestra Pantasma { Home orquestra }