Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
-
Upload
revoltadafreixa -
Category
Education
-
view
3.898 -
download
0
Transcript of Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
UNHA (POSIBLE) DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS
[Para a creación literaria] “todo escritor é un
manipulador, un fabricante de artificios,
mesmo cando manexa aquelas palabras
que ten máis preto do corazón, como as
empregadas para escribir o seu diario.
Pero tamén as outras, as que utiliza nas
súas memorias ou nas súas novelas. Non
hai ilusionismo sen truco. O máis que se
pode pedir, como nos ocorre cos magos, é
que non se note” (Carlos Casares, “O día que me regalaron a Miguel
Torga”, Un país de palabras).
1
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
CLASIFICACIÓN (seguimos a Denis Vicente Rodríguez)
Primeira etapa (“ciclo de
aprendizaxe”)
Adaptación das técnicas
renovadoras das
narrativas europeas e
americanas
Vento ferido (1967)
Cambio en tres (1969)
Xoguetes para un tempo
prohibido (1975)
Segunda etapa Os escuros soños de Clío
(1979)
Terceira etapa
(madurez)
Ilustrísima (1980)
Os mortos daquel verán
(1987)
O galo de Antioquía (1994)
Deus sentado nun sillón
azul (1996)
Un polbo xigante * (2000)
O sol do verán (2002)
*Relato de difícil
clasificación porque pode
considerarse literatura
infantil e de adultos.
2
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
3
PRIMEIRA ETAPA
CARACTERÍSTICAS
Inclúese no movemento coñecido como nova narrativa
galega: “Un dos obxectivos principais da
xeración de escritores que se deu a
coñecer daquela, centrouse na
creación dunha narrativa de
ambiente urbano, na que o mesmo
nome dos protagonistas tiña unha
significación deliberadamente
neutra e internacional,
desconectada da realidade
inmediata, sen outra vinculación
coa historia do país que a
utilización da propia lingua.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
4
Non é de estrañar que con ese propósito
baseado no afán inxenuo de demostrar
que o costumismo non resultaba
consubstancial coa literatura galega, se
recorrese á imitación dos modelos
externos que máis ían reforzar aquela
tese. Foi así como apareceu o que entón
se comezou a denominar cun rótulo que
posteriormente gozaría de gran fortuna,
a ‘nova narrativa’” (Casares, 1998: 89-
90)
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
5
Tecnicamente cómpre salientar:
• O tempo reducido nos relatos e
novelas.
• A corrente de conciencia e o
monólogo interior.
• O multiperspectivismo: a historia
pode ser contada a través da
mirada de varios narradores.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
6
Vento ferido (1967)
• Componse dunha ducia de
relatos nos que se empregan
técnicas da nova narrativa:
“Cos presupostos de Robbe-
Grillet, Casares escribe os contos
de Vento ferido, o seu primeiro
libro, que sae en 1967 e ten unha
excelente recepción na crítica dos
xornais” (Noia, 2002: 135).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
7
Tamén son observables as
influencias doutros autores
europeos: Camus (existencialista)
ou
Pavese (unha cita deste encabeza
Vento ferido)
e Pratolini (neorrealistas).Albert Camus
Cesare Pavese Vasco Pratolini
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
8
•Os personaxes padecen o
asolagamento psicolóxico que
provoca a falta de liberdade.
• Os personaxes están
construídos por medio do estilo
directo, dos
diálogos e do monólogo
(Bermúdez, 2009: 18).
Ilustración de Xulio Maside
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
9
Os relatos ambiéntanse no clima abafador dos inicios da
ditadura:
“Hai en Vento ferido algún recordo, non
exactamente biográfico, pero parecido a
feitos que eu vivín. Por exemplo, un neno
que azoutaron diante miña con bimbios.
O demais é a visión literaria dun
fenómeno universal: a crueldade dos
nenos” (Rei Núñez, 1990: 163).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
10
O clima de violencia paira por toda a obra. Tamén están
presentes a temática amorosa, a intolerancia, a soidade…
“En los relatos de Vento ferido, cercanos
al neorrealismo, presenciamos escenas
límite, densas tensiones que se ciernen
sobre sujetos asfixiados por el peso de la
angustia. En realidad, si bien el tema del
hombre aprisionado por la irracionalidad
del medio es característico de la época,
será unha idea recurrente en toda la
creación de Casares”
(Silvia Gaspar, 1999).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
11
Cambio en tres (1969)
• Destacan tres trazos técnicos: obxectalismo,
multiperspectivismo e monólogo interior.
• Tamén xoga coa distribución espacial: espazos en
branco, figuras xeométricas, caligramas…
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
12
• O vangardismo da novela non
afasta a temática social.
• Un narrador testemuña conta a
vida de Cachorro, mozo de clase
obreira que padece o drama da
emigración: “A morte dun emigrante
camiño de Reims é o cráter da
novela” (Iglesias, 2002).
• A visión do narrador vese
complementada con outras dúas
perspectivas.Ilustración de
Xohán Ledo
para Cambio en
tres
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
13
•O monólogo interior é o
recurso técnico máis
salientable nesta novela. O
autor utilízao para contar os
feitos, manifestar os
sentimentos dos personaxes
e amosar aspectos
ideolóxicos e críticos coa
sociedade do momento.
Ilustración de Xohán Ledo
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
14
Xoguetes pra un tempo prohibido (1975)
“Quería facer con ela a novela dos
universitarios do meu tempo. Neste
sentido, hai nese libro elementos
biográficos de varios amigos meus”.
• Con esta novela inicia o abandono da
narrativa experimental.
• Trátase dunha novela de formación:
narra o proceso de maduración do
protagonista (Elías) dende a nenez á
mocidade.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
15
• O protagonista pode ser considerado
como representante de toda a súa
xeración: a dos universitarios que viviron
as revoltas de maio do 68.
•Na narración van alternándose dúas
voces.
• Xoguetes considérase o inicio da
novela posfranquista: renuncia ao
hermetismo, temática social,
simplificación de recursos expresivos…
(Silvia Gaspar: 2002).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
16
“En Xoguetes […] seguía eu
preocupado polos aspectos formais,
un asunto que agora apenas me
interesa” (Revista Galega do Ensino, novembro de 1998).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
17
Os escuros soños de Clío (1979)
Conxunto dunha ducia de relatos de
carácter fantasista, encabezados por
unha cita de Fernando Pessoa: “Tudo o
que vemos é outra coisa”.
• Parte da crítica considera estes relatos
como un intento de narrar a historia
alternativa de Galicia.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
18
Mestura “historia” e ficción. O
punto de partida dos relatos é un
feito que o lector pode considerar
histórico para derivar logo cara ao
plano da fabulación.
Aconxunta esta obra dúas liñas
narrativas: a de Cunqueiro e a de
Borges.
A crítica coincide en que esta
obra representa un caso particular
na traxectoria literaria do autor.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
19
Ilustrísima (1980)
• Relata a loita dun bispo liberal contra o
fanatismo e a intolerancia do clero. O motivo
aparente da pelexa é a instalación dun
cinematógrafo:
“A batalla por aquel barracón de feira no
que se proxectaban as primeiras
películas da historia, converteuse nun
elemento definidor da novela, de maneira
que todos os personaxes […] obteñen a
súa identidade en relación coa actitude
que adopten ante este feito” (Casares, 1998: 150).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
20
Para o personaxe do bispo, o autor serviuse dun
parente (Enrique Pérez Serantes), arcebispo en
Cuba:
“As [lembranzas] máis remotas teñen que ver coa
imaxe dun cura gordo que de cando en vez aparecía
pola casa dos meus pais, nos anos da miña infancia, e
do que tardei en ser consciente de que non era un
simple cura, senón arcebispo, e que ademais
pertencía á familia. Máis tarde, xa en plena
adolescencia, souben que o parente arcebispo
desempeñara un papel de primeira importancia na
revolución cubana e que era firme partidario de Fidel
Castro, a quen salvara a vida cando o fracaso do
asalto ó cuartel de Moncada” (Casares, 1998: 144).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
21
O protagonista preséntao como home “agradable,
flexible, intelixente, culto e refinado”, ademais de
benévolo, paciente e dotado dun agudo sentido crítico.
Acabará derrotado por unha curia intransixente,
intolerante e dogmática:
“Gústanme persoas como Ilustrísima,
que ás veces buscan a incomodidade
da súa propia vida con tal de ser fieis
ó que cren e ó que pensan. Aí si que
me sinto identificado con el”
(Rei Núñez, 1990: 166).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
22
•Punto de vista: narrador en terceira persoa.
• “A soidade do personaxe central é outro
dos trazos distintivos e recorrentes na
narrativa de Casares” (González-Millán,
2003: 169).
• Espazo e tempo: vila de provincias a inicios
de século XX. Na novela non se esquecen
as convulsións sociais do momento:
organización do movemento obreiro,
folgas…
• “Ilustrísima é un canto á tolerancia e a fe
no cambio social e tecnolóxico, unha
refutación do fanatismo” (Iglesias, 2002).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
23
Os mortos daquel verán (1987)
Retoma a temática da Guerra
Civil (1936). Tamén a da intolerancia
e o dogmatismo, que aparecen
noutras obras.
Tecnicamente, a novela recolle as
declaracións dunhas testemuñas
sobre o asasinato dun farmacéutico.
O punto de vista sobre os feitos
narrados vai cambiando segundo o
informante.
O estilo empregado é o da prosa
xurídica.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
24
Nesas declaracións
aparece reflectido o ambiente
de miseria moral vivido pola
sociedade da época.
Cada testemuña vai
contando a historia dende a
súa perspectiva e dende o
seu posicionamento
ideolóxico.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
25
O galo de Antioquía (1994)
“O conto O galo de Antioquía ten […]
elementos esenciais da prosa do meu
pai e tamén da súa personalidade. En
canto ó humor, compartía na súa vida
e cando escribía o gusto polas
situacións absurdas e surrealistas, os
personaxes pintorescos, dos que por
certo moitos eran de Xinzo, e tamén
os curas.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
26
O outro tema deste conto é esa
concepción da intolerancia como o
gran mal das persoas, xerme do
fanatismo, da violencia, da inxustiza e
do sufrimento. O galo de Antioquía
recolle estes dous elementos para
contarnos unha historia fermosa”.
(Da introdución de Hakan Casares Berg para a edición de 2003).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
27
Conta a historia do ferreiro Antonio
Madarro, O Calatrón, ao que lle
empezaron a suceder cousas raras:
poñer ovos, saírlle plumas, entender
linguas estrañas… O seu párroco
tentou axudalo, pero por culpa dun
amigo deste acabou na fogueira
inquisitorial.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
28
A acción sitúase en 1645.
Este conto estivo incluído na colección “Contos do
Castromil (1994).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
29
Dios sentado nun sillón azul (1996)
• Relata unha historia de amor no ambiente represivo da
posguerra.
• A voz narradora é a dunha muller que axexa o protagonista
a través da fiestra e vainos contando os acontecementos que
converteron aquel home prometedor nun vello derrotado,
despois de se ter convertido nun individuo soberbio,
intransixente e fascista:
“La verdad es que esta novela se
empezó a componer en Berlín […]
fui a pasear a orillas del lago y me
encontré con un letrero que decía:
‘Casa de la conferencia de
Dantzig’ […]
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
30
Estás en aquel lugar tan
bonito, a orillas del lago,
un sitio paradisíaco,
donde todo invita a estar
tranquilo, feliz, y es
precisamente ahí donde
los nazis deciden acabar
con los judíos…
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
31
Aquella noche, después de tomar la
decisión de eliminar a los judíos, dos
jerarcas […] sentados al fuego de la
chimenea se recitaban poemas
románticos alemanes y cantaban
canciones. […] Aquella visita me sirvió
para reflexionar sobre el papel del
intelectual, sobre su responsabilidad”
(Quimera 158-159, 1997).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
32
•Segundo Darío Villanueva (2003:
198), Deus sentado nun sillón azul “en
certo modo inclúe tres novelas: unha
novela de amor, unha novela histórica
e unha novela de ideas, todas elas
amalgamadas por mor dunha
narrativa equilibrada e versátil, á que
serve, polo demais, un estilo límpido e
sinxelo”.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
33
A saber: unha das cuestións que se
tratan nesta novela é a da
“responsabilidade pública dos
intelectuais” (Monteagudo, 2003:
37); recolle momentos históricos
moi relevantes (nazismo, II
República, Guerra Civil, o
franquismo dos anos duros, o
maquis…); latexa por toda a novela
a relación amorosa que sostiveron
“el” e mais “ela”.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
34
Un polbo xigante (2000)
Conto que se move entre o
real e o mitolóxico.
A temática tratada: mitos,
lendas, naufraxios, a nenez,
a vida, a morte… A fantasía
convértese neste relato en
tema de reflexión.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
35
A voz narradora semella a dun neno, pero en realidade é a
dun adulto que lembra a nenez.
O narrado diríxese a lectorado de calquera idade.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
36
Cóntanos a desaparición
de Nicolás, arrastado por
un polbo xigante.
A historia desenvólvese
en espazos coñecidos do
narrador e por personaxes
cos que garda unha
relación de familiaridade.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
37
O sol do verán (2002)
• Relata a historia dun amor frustrado. Os
protagonistas viven unha historia de amor
imposible: “O suicidio de Carlos, un mozo
de vintesete anos, é o detonante que abre
a caixa das lembranzas de Helena, dous
anos máis nova ca el, que vai evocando a
relación que mantiveron ámbolos dous ó
longo de cáseque vinte anos” (Salgado,
2003: 176).
• A historia enmárcase entre 1949 e 1968.
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
38
O sol do verán “é ademais unha historia
familiar na que se describe a vida de relación
dos seus membros, retratados con mestría
nas súas vivencias cotiás, nos seus conflitos
persoais e interpersoais. O autor préstalle
atención ás súas actitudes e reaccións ante
os diversos temas de conversa, e mesmo ós
pequenos acenos que fai cada un deles como
indicativo da súa opinión” (Noia, 2003:28-9).
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
39
• Como as anteriores, trátase dunha
novela de personaxe. O sol actúa como
leit motiv que vai marcando o seu devir
vital.
•“A novela, sen dúbida, continúa con
coherencia o proxecto narrativo do
escritor. En primeiro lugar, porque supón
un avance decidido no camiño –que
tantas veces Casares confesara estar
empeñado en percorrer– de depuración
estilística, de busca dun rexistro literario
fundamentalmente comunicativo, que
non actuase como barreira senón como
ponte cara aos lectores” (Vilavedra:
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1. ALONSO, Fran (2003): “A obra infantil de Carlos Casares”. Véxase referencia
4.
2. BERMÚDEZ, María Teresa (2009): Véxase referencia 9.
3. CASARES, Carlos (1998): Un país de palabras. Vigo, Galaxia.
4. DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, Francisco e Henrique MONTEAGUDO (2003):
Carlos Casares. A semente aquecida da palabra. Consello da Cultura
Galega.
5. GASPAR, Silvia (1999): “Primavera en Compostela”, Quimera nº 158-159.
6. GASPAR, Silvia (2002): “El universo narrativo de Carlos Casares o retrato del
mundo tras un cristal”, Quimera 217, xuño. IGLESIAS, Bieito (2002): “La
ciudad cuyo nombre contiene oro”, Quimera 217, xuño.
7. GONZÁLEZ-MILLÁN, Xoán (2003). Véxase Díaz-Fierros Viqueira (2003).
8. NOIA, Camiño (2003): “Carlos Casares na narrativa galega actual”. Véxase
VARIOS (2003).
40
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
9. NOIA, Camiño / Olivia Rodríguez / Dolores Vilavedra (2009): Actas Simposio
Carlos Casares. Fundación Carlos Casares.
10.NOIA, Camiño (2002): “A literatura galega desde 1936 ata hoxe: narrativa e
tradución”, Galicia. Literatura. A Coruña, Hércules de Ediciones.
11. REI NÚÑEZ, Luís (1990): Oficio de escribir. Sada, Edicións do Castro.
12. VARIOS (2003): Carlos Casares. (Monografías), Revista de Estudios
Miñoranos, Instituto de Estudios Miñoranos.
13.VICENTE RODRÍGUEZ, Denis (2014): Carlos Casares. Compromiso con
Galicia. Vigo, Ir Indo.
14.VILAVEDRA, Dolores (2002): “La verdad de ser y de sentir: O sol do verán,
última novela”, Quimera 217.
15.VILLANUEVA, Darío (2003): véxase Díaz-Fierros Viqueira (2003).
41
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
PROCEDENCIA DAS IMAXES
Imaxe do título e da diapositiva 1 tomada de VICENTE RODRÍGUEZ, Denis
(2014): Carlos Casares. Compromiso con Galicia. Vigo, Ir Indo. Serigrafía de
Pulido.
Diapositiva 3: http://www.datuopinion.com/nouveau-roman
Diapositiva 4: http://editorialgalaxia.gal/autor/franz-kafka/ e
http://editorialgalaxia.gal/autor/james-joyce/
Diapositiva 5: http://cuartop-ln.blogspot.com.es/2008/07/monlogo-interior-o-
corriente-de-la.html
Diapositiva 6: https://www.amazon.fr/Pour-nouveau-roman-Alain-Robbe-
Grillet/dp/2707322857
Diapositiva 7: https://fr.wikipedia.org/wiki/Albert_Camus /
https://gl.wikipedia.org/wiki/Cesare_Pavese e
https://it.wikipedia.org/wiki/Vasco_Pratolini
Diapositiva 9: http://editorialgalaxia.gal/produto/vento-ferido/
Diapositiva 10: Revista Quimera 158-159, 1999.
Diapositiva 11: http://literaturagalega.as-pg.gal/obras/cambio-en-tres.html
Diapositiva 15: http://editorialgalaxia.gal/produto/xoguetes-para-un-tempo-
prohibido/
42
Carlos Casares (1941-2002). Obra narrativa
43
Diapositiva 17:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Os_escuros_so%C3%B1os_de_Cl%C3%ADo
Diapositiva 18: http://editorialgalaxia.gal/produto/os-escuros-sonos-de-clio/
Diapositiva 20: https://gl.wikipedia.org/wiki/Enrique_P%C3%A9rez_Serantes
Diapositiva 21: https://viajesextraordinarios.wordpress.com/2015/09/11/y-se-hizo-el-
cine/
Diapositiva 22: http://editorialgalaxia.gal/produto/ilustrisima/
Diapositiva 23: http://literaturagalega.as-pg.gal/obras/os-mortos-daquel-veran.html
Diapositiva 28: http://www.monbus.es/es/espana/rutas-regionales
Diapositiva 29: https://v6-moving-
pictures.com/wannseekonferenz/?idt=1372571618&sprache=de#.WJo-CfJ5eB4
Diapositiva 30: http://www.portalsaofrancisco.com.br/historia-geral/campo-de-
auschwitz
Diapositiva 31: https://de.wikipedia.org/wiki/Carl_Schmitt e
https://gl.wikipedia.org/wiki/Vicente_Risco
Diapositiva 39: http://editorialgalaxia.gal/produto/o-sol-do-veran/
Diapositivas 40 e 41: http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=3010