Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro,...
Transcript of Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa ... · pulo definitivo do mosteiro,...
1 MARTÍNEZ MARTÍNEZ, Martín: Cartulario de Santa María de Carracedo 992 - 1500, Volumen I e II. Ano 1997. En adiante: CARTULARIO. O texto integro da súa carta fundacional foi copiado polo frade Don Antonio Yepes, na súa: Corónica de San Benito. Año 1615, Valladolid.
Xenealoxías do Ortegal
84 Xosé Lois Lamigueiro
Capela do Adiantado Maior de Galicia do mosteiro de Santa María de Carracedo. Xosé Lois Lamigueiro
O mosteiro berciano de Santa María de Carracedo foi fundado1 polo rei Bermudo
II, o 27 de decembro do ano 992 nunha herdade: “...quae vocatur Carraceto, in terra
vergidensium...”. O serenissimus princeps, pretendía con elo dar albergo os diversos monxes
e abades fuxidos da opresión musulmán, impulsada polo seu vitorioso caudillo Almanzor,
dándolles así: “...refugium et consolationem...”. Situado en pleno camiño de Santiago, vixía
das portas de Galiza, foi vítima segundo da tradición, da furia do caudillo no ano 997 ficando
totalmente destruído.
Aproximación histórica.
Fachado do chamado: “Mirador da reiña”. Ano 2008. Foto 1 autor: Lamigueiro
2 BALBOA DE PAZ, José Antonio: El Monasterio de Carracedo. Instituto Leonés de Cultura. Ano 2005. En adiante: BALBOA DE PAZ. A infanta Dona Sancha afirma que foi soterrado en Carracedo e aínda permanecía alí: “...qui in eo sepultus est, usque in deim hac...” . O documento en QUINTANA, A: Monasterios de Corullón. T.B. II, 494, apénd. III. Segundo M. Carriedo, Bermudo II, permaneceu en Carracedo ata o seu traslado a San Isidoro de León no ano 1142. 3 QUINTANA PRIETO, Augusto: Monasterios de Corullón. Cit. 446, apén. III páx. 494. 4 LAMIGUEIRO FERNÁNDEZ, Xosé Lois: Ascendencia próxima de García Rodríguez de Valcarce o das Pontes. Cátedra, Revista eumesa de estudios. Nº 13, ano 2006. Tamén: A liñaxe dos Valcarce: Addenda et Corrigenda. Cadernos do Ateneo Eumés. Nº 5 Ano 2007. Documentos que formaron parte de ambos estudos, onde detallei a relación dos Valcarce có mosteiro, e establecín o elenco de cabaleiros da liñaxe entre os séculos XII ó XVI. En Adiante ASCENDENCIA, e ADDENDA.
Xenealoxías do Ortegal
85 Xosé Lois Lamigueiro
O falecemento do seu fundador e impulsor no ano 999, deixaría os proxectos de
reconstrución con serías dificultades, o que non foi segundo parece, impedimento para ter
acollido o corpo do monarca seguindo o seu propio desexo 2. Despois de anos de silencio o
pulo definitivo do mosteiro, viría novamente chegado o século XII, da man da monarquía
galaico-leonesa en tempos de Afonso Raimúndez, impulsor da nova corrente Cisterciense. O
seu territorio formaba parte do Infantádigo de Carracedo, sendo a súa señora natural a
infanta irmá do emperador, Dona Sancha, quen dende o cenobio gobernou a súa tenencia do
Bierzo ata o ano 1158. O mosteiro foi refundido e xunguido ao mosteiro veciño de Santa
Mariña de Corullón no ano 1138, por sendas cartas de privilexio outorgadas polo rei Don
Afonso VII, e a súa irmá Dona Sancha. En elas confirmaban tódalas doazóns concedidas por
Don Bermudo II, engadindo outras moitas propiedades, de xeito que o cenobio puidera vivir:
“...in honore Dei, et beate Mariae, et omnium sanctorum suorum edificetur...” 3
O mosteiro e os Valcarce.
A liñaxe dos Valcarce, tivo unha relación chea de encontros e desencontros co
mosteiro de Carracedo entre os séculos XII ó XV; xa que a meirande parte dos seus membros
foron encomendeiros perpetuos do cenobio. Por iste motivo o seu tombo é fundamental para
o estudo dista nobre familia, debido os numerosos documentos que en relación aos seus
principais individuos atesoura. Entre eles destacan a doazón feita no ano 1228, onde dáse
conta da filiación de Don García Rodríguez Carnota ou Barba; como fillo de Don Rodrigo
Fernández, Alcalde de Benavente. Asemade o aforamento do ano 1306, a Don García
Rodríguez “...fillo de García Rodríguez de Valcárcel...” 4; onde utilízase por primeira vez o
apelido Valcárcel/Valcarce, ligado a un membro dista liñaxe. E como non as valiosas
doazóns feitas en tempos dos pais do Adiantado Maior de Galicia, en especial da súa nai:
Dona María Fernández, quen no ano 1308 doaba sendo viúva, as propiedades de Toral dos
Vados con todo seu señorío ao mosteiro. O documento xa recolle a existencia dunha capela
previa, baixo a advocación de San Cristovo, onde Dona María promete albergar o seu corpo,
dotándoa con oito eguas e un poldro, para o seu -refasemento-. O dato non pode pasar inad-
Xenealoxías do Ortegal
86 Xosé Lois Lamigueiro
-vertido, xa que a doazón de Dona María, inaugurará unha longa etapa onde os membros da
liñaxe, elixirán a igrexa monacal de Santa María de Carracedo como panteón familiar.
Segundo varias testemuñas documentais, foron soterrados despois de Dona María; seu fillo o
Adiantado, e seu neto tamén chamado García Rodríguez; e posiblemente seu bisneto, o
afamado Señor das Pontes:
“Eu, donna Maria Fernandez muller que foe de Garcia Rodriguez de Valcarce,
que Dios perdone me quito 5, y me partio para sempre jamays de la vila de Toural, con todo
sou senorio que nos seu el rey don Sancho, que Dios perdone, e nos confirmou el rey Don
Fernando, sou fijo, que Garcia Rodriguez, que Dios perdone, e eu Donna María vos diemos
al monasterio de Sancta María de Carracedo por nosas almas, e a la capiella de Sancti
Cristofori, por muy bona carta seellada con nossos seellos pendentes, e signada de
escribano público, e por bienes que ende recivimos, e asperarmos e recivir daque endelante
por nosas almas. E eu, donna María, teniendo este sobredito lugar de Toural por en mia
vida del monasterio sobredito, e entendiendo que no era provecho de mia alma, nem de
García Rodriguez de lo tener, quitome e partiome del para sempre jamays, e doulo al abat
don frey Johan Lópes, e al convento del monasterio sobredito e a los sucessores que despoys
de vinieren, que fagan del lugar sobredito toda sua voluntad assi como de todos los outros
ferdamentos seus propios. E vos, don frey Johan Lópes, e convento sobreditos e vostros
sucessores, que diedes a mi, donna María Fernández sobredita, mentre eu vivir cent e
sesenta maravedises de a ocho soldos el maravedi por la fiesta de sant Miguel de vendimias
cada anno, por el lugar sobredito de Toural, e por todas las cousas que y ganamos, e
compramos García Rodriguez, que Dios perdone, e eu donna María sobredita, o y podemos
ganar o comprar en todos los dias de la nossa vida. Otrosí me quito eu donna María, de la
vinna que chaman Rabo de Oro, que yas so el signo de la campana de Sant Martino de
Peneyros, que era mia la metad, e seya la vinna sobredita toda vossa entregamente, con
mitad otra que os dió García Rodriguez, mio marido, que Dios perdone. E vos don abad, e
convento sobreditos, que me diedes cada anno, quantos annos eu vivir en tempo de
vendimias en Sorriba al voso lagar oyto medros de vino mosto, e oyto cestos de bullo por
aquel cesto que vos echades a las vossas cubas. Otrosí eu donna Maía sobredita, dou a vos
don abad, e convento sobreditos, oyto yenguas, e una poltra por mia alma, e de García
Rodriguez, para refasemento de la nossa capiella de Sant Cristovo sobredicha, enque yo
prometo mio corpo e soterrar, que vos nos diestes en vosso monasterio. Estas yenguas y esta
poltra, vos dou logo en presente, que seyan vosas para sempre jamays; e se nasceren destas
yeguas mulachos, e mulachas, ou potras, que haya eu donna María las duas partes por en
5 CARTULARIO...Tomo II, páx 85, doc 738. Documento datado o 24 de xuño de 1308.
Xenealoxías do Ortegal
87 Xosé Lois Lamigueiro
mios dias, para mio mantenimiento, e vos don abat e convento, la tercia parte. E se nasceren
poltras femias, dou estas yenguas ante mio quitas la ditas yenguas con todos seus frutos e
sen outro encargo nenguno. E se algún de mi fillos, o de mias fillas, e outro de mia parte
contra esto quisier passar, aya la ira de Dios, e la de Sancta María, e la mia maldicion, e la
de seu padre, Garcia Rodriguez, e que pechen a vos don abat, e convento seis mil
maravadises, e non seya creido, nen oido ante rey, nen ante juyz, nen alcalde, etc. Eu frey
Johan López, abad sobredito, e o convento, outorgamos de cumplir a vos donna Maria
Fernandez, todas las cousas que en estas cartas dis que vos nos debemos a fasser, etc. E las
parte rogamos a Pedro Fernandez, notario público en cacavellos, por don Rodrigo,
arzobispo de Santiago, que fesese desto duas cartas partidas por A.B.C. etc. Feytas vinte e
quatro de Junio, era de mil e trecientso e quarenta s seys annos.
Los testimonios que foron presentes: Frey Alfonso, prior; frey Johan Vermudez,
soprior, frey Pedro, cellareyro, frey Johan Martinez, fisico; Fernán García, Fernán López,
etc moradores en Villafranca; frey Tomé, prior de Sancta Marina.
Yo Alfonso Pérez las escriví por mandado del notario sobredito. E yo, Pedro
Fernandez, notario sobredito, etc.”
Vista aérea do mosteiro de Carracedo. Foto 2 autor: Google
Restos identificados como per-tencentes á Capela dos Valcarce
Xenealoxías do Ortegal
88 Xosé Lois Lamigueiro
Don Garcia Rodríguez Carnota
(Garcia Roderici, Garcias Roderici de Vinnales, García Roy Barba) + Mar 1250
-Mórdomo Real en 1205, Meiriño Maior de León 1209, Alcalde de Benavente 1228, Meiriño en todo Bergido 1231, tenente Bergido 1240, Molina 1241, Meiriño de Asturias 1244, Meiriño Maior do Bierzo en 1249-
c.c. Dña. Lambra Rodríguez
(Vs domina Lambra Roderici)
Don García Rodríguez de Valcarce
+ ant 1306 -Cabaleiro e Tenente de Valcárcel, Sr de Toral dos Vados-
c.c. Dña. María Fernández
-Doa en 1308 a Carracedo para “refasemento” da Capela de San Cristovo-
Don García Rodríguez de Valcarce
+ 1329, Soterrª, Staª Mª de Carracedo -Sr da Casa Forte de Guitiriz, Castelo de Moeche, Cotos de Frieira e Entoma, Mórdomo Real 1314, Adiantado Maior de Galicia 1328, Encomendeiro do Mosteiro de Carracedo. Dotou á Capela de Carracedo onde pide ser enterrado de varias herdades-
c.c. (tuvo + matrimonios) Dña. Teresa
Anes Sarraça
Don García Rodríguez de Valcarce
ts 1364 s.s.
Dña. Leonor García de Valcarce
c.c.
Don Arias Fernández de Neira
c.s. Sres de Aguiar, (León)
Dña. Constanza García de Valcarce
c.c.
Don Johan Freire de Andrade
+ ant 1367 -Sr Coutos Mougá, Balón, e Brión-
Don García Rodríguez de Valcarce e Valboa
+1410/13 -Sr da Casa de Valcárcel, Coutos de Balón, Brión, Mougá, Mandia, Lamas e Cerdido,
etc. Foi preso na Batalla de Náxera en 1367, recibiu a Vila das Pontes en 1372- c.c.
Dña. Inés Fernández
ts 1395, + 1422 c.s.
Casa dos Condes Lemos, Sres de Sober, etc.
Táboa dos Cabaleiros da Casa de Valcarce S. XIII - XV
Xenealoxías do Ortegal
89 Xosé Lois Lamigueiro
O herdeiro do Señor de Toral dos Vados, García Rodríguez de Valcarce, e Dona
María Fernández; foi outro García Rodríguez 6, Cabaleiro de Valcarce, e Adiantado Maior do
Reino de Galicia; cargo ao que accederá no ano 1328, e que desempeñará ata o ano da súa
morte en 1330. A través do seu testamento, atopamos as seguintes referencias a unha capela
funeraria en Carracedo. O personaxe pedirá ser soterrado nela, xa que afirma que el mesmo a
fixera. Outro dato de interese é que anteriormente ao outorgamento do seu testamento, xa se
atopaban sepultadas na capela as súas mulleres 7:
“Era de mil e tresientos e sesenta e oyto annos, mércores vinte e un dias de
marcio. Sepan quantos esta crabsulla de testamento viren, como a presencia de mi Gonzalvo
Yannes, notario público jurado do concello de Villafranca, e dos testimonias, etc. Estando en
el monasterio de Sancta María de Carracedo, de la orden de Cistel, fuy leido e publicado o
testamento e codicilio de Garcia Rodrigues, cavaleyro de Valcarce, por mi o dito notario. E
este testamento e codicilio leído y publicado por don frey Fernando, por la gracia de Dios
abade de Carracedo disco e frentou a Lope Péres, juys de Cacavellos por lo muyto onrado
sennor don frey Vreguel, por la gracia de Dios arzobispo de Santiago, que por astrenemento
de seu officio mandase a mi o dito notario, que examinase e catase y dito testamento
codicilio, posque en el mío poderío estaba, porque entendía que y avía algunas mandas que
el dito García Rodrigues fesera al dito monasterio de Carrasedo, e a la capiella del dito
García Rodrigues. Eu el dito notario, a pedimento del dito don frey Fernando, abade de
Carracedo, e por consentimiento de dito juys examiney, e catey o dito testamento e codicillio,
e en el testamento decía asy primeyramente: Era de mil e tresentos e sesenta e seys annos,
vinte e tres días de setembro 8. Sepan quantos este testamento viren, como eu García
Rodrigues de Valcarce, adelantado mayor, por el rey en Galicia, sano e con saude, e con
todo meu entendemento, qual me lo Deus quiso dar, ordeno, es establesco meu testamento en
esta manera: Mando mi alma a Deus, e a Sancta María, e mando suterrar mio corpo en mia
capella que eu fis en Sancta María de Carraseco, e mando y conmigo a mia cama, e a
mellor acemellas que trover a dia de meu finamento. E en otra parte dice assí: Yten mando
que aquellos herdamentos que eu mandey a la mia capella de Carrasedo, que llos tenga o ca-
O Adiantado Maior de Galicia maila súa capela.
6 ASCENDENCIA... En adiante tódalas filiacións que son citadas están documentadas nos traballos dos que se fixo referencia. É aconsellable consultar a táboa xenealóxica diste presente traballo. 7 CARTULARIO...Doc. 815 páx. 137. Tumbo de Carracedo, fol. 351, núm.8. 8 Ibídem. Doc. 813. páx. 136. Tumbo de Carracedo, fol. 351 v núm. 8-2º. Como se pode comprobar pola sinatura orixinal dos documentos, o primeiro correspóndense coa acta notarial da lectura do testamento, e o segundo coa descrición das mandas relacionadas co mosteiro.
Xenealoxías do Ortegal
90 Xosé Lois Lamigueiro
-pellán que y diser la misa, e las oras; e o capellán que receba os bienes dellos, e se provea
por llos; e rogo al abade que le faza y decir las oras cada dia. Iten, mando al monasterio de
Carrasedo, aquel heramento que eu comprey en Villafranca de frey Gonzalvo Fernandes,
freyre della orden de los predicadores, e mando quella aya monasterio de Carrasedo por tal
condición, que el abad e el convento dia una carta la mays firme enque me eu mando
suterrar, un capellán que diga cada dia missa, e las outras oras canónicas para sempre
jamays en la dita capella por mia alma, e das mias mulleres, de que eu soy tenido e y
fougueren enterradas en la dita capella. E Outrosy mando al abad, e convento de Carrasedo
quanta herdade eu comprey en Toural e en Carrasedo, con aquelo alque y avía comprado e
ganado. E en lugar dice asy: E se algún dellos meus fillos e fillas, en alguna manera contra
este meu testamento, o contra parte del quissier pasar, aya la mia maldición, e quanto lle eu
mandar en o meu testamento, que lle non seua vallioso, e que se torne alos outros meus
fillos. Testimoya deste testamento: Alvar Fernandes; Alvar García, Macía Gomes; Mendo
Gonzales; frey Gonzalo; frey Joan García, etc. Eu Gonzalo Yannes, notario sobredito, etc.
Non hai evidencia algunha de que a capela de San Cristovo, dotada por Dona
María para o seu refasemento no 1308; e a capela feita polo seu fillo antes do 1328 sexan
unha. Parecería incluso evidente, que o Adiantado fora o executor das mandas maternas,
levando a cabo a reforma da capela de San Cristovo; rematara o proxecto, e finalmente
apropiárase da súa autoría. Non obstante varias evidencias que máis adiante desenrolaranse,
lévanos a pensar que o que realmente hoxe estamos a identificar a priori, como a capela
funeraria dos Valcarce, non é máis que a sancristía da primitiva igrexa conventual, derrubada
para edificar no século XVIII, a que actualmente podemos ollar na parte norde do mosteiro.
A única testemuña real da existencia dunha capela onde foi soterrado o
Adiantado, é unha lápida funeraria de pedra timbrada coas súas armas, que atópase case a
restes do chan, entre dous arcos que semellan xacigos. Pola transcrición da súa lenda, tivo
que formar parte do monumento funerario do personaxe, e a súa situación actual é máis que
sospeitosa, de estar fora do seu emprazamento primitivo. O resto dos obxectos decorativos
que atópanse perto da lápida repiten insistentemente as armas dos Valcarce, e axudan a
recrear un espazo, que invita a pensar que estamos efectivamente dentro da primitiva capela
do Adiantado; porén estamos diante dunha recreación historicista.
Unha lectura de perto da súa inscrición arroxa interesantes incógnitas:
7 Trascrición do texto: D. Fernando Dopico Blanco; a quen aproveitando a ocasión quixera darlle as gracias pola súa estimable colaboración e amizade. 8 DÍAZ MARTÍN, Luis Vicente. Colección Documental de Pedro I de Castilla 1350 - 1369. Tomo II. Páx 328-331. En senso contrario o derradeiro documento onde aparece o Adiantado en vida, anterior o seu testamento, é quizabes unha carta fechada o 29 de xullo de 1328, pertencente o tombo do mosteiro de Oia, no que e citado un: “...Ruy García de Espinhoso, Meirinno en Toronho por García Rodríguez de Valcarçer, Endeantado mayor en Galizia por el Rey don Alfonso...”. Publicado por: FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Manuel. Toronium...Doc. 17, páx. 235-236. Entre xullo de 1328 e abril de 1329, García Rodríguez seguía en vida segundo parece ao tenor de ambos documentos, o que contradí o texto da lápida de Carracedo. 9 URGORRI CASADO, Fernando. Nuevos datos sobre el primitivo Concejo de As Pontes. Untia. Boletín do Seminario de Estudios Mariñáns, nº3, páx 51. Ano 1987. En adiante URGORRI.
AQ‾ . IASE . G‾IA . RS . DE . VALCA | CER . ADELĀTADO . MAIOR . DE | GALIZIA . FIZO . ESTA . CAPILLA |
MORIO . A . XX . IIII . DE SETIĒBRE | ERA DE MIL . CCC . LX . VIII . ANOS 7. |||
Xenealoxías do Ortegal
91 Xosé Lois Lamigueiro
Lapida funeraria do Adiantado. Ano 2008. Foto 3 autor: Lamigueiro
A data do falecemento de Don García Rodríguez segundo pódese ler na lápida, é
a do 24 de setembro de 1328; exactamente un día despois do outorgamento do seu
testamento. O dato haino que poñer en dúbida, xa que existe outro documento posterior
fechado na Vila de Madrid o 15 de abril de 1329; polo que o Adiantado aínda en vida,
outorgaba a doazón da Casa Grande de Guitiriz a Orde de Santiago8. O texto non deixa marxe
ao erro: “...Et por mas firmedunbre / fis la sellar con mio seello de çera colgado, que fueron
fechas en Madrit, quinse dias de abril, era de mill e tresientos e sesenta e siete annos...”. Do
que temos por certo e que en 1330 estaba falecido, xa que a súa viúva Dona Teresa -así faino
constar- doa a súa metade da mesma propiedade a Orde, por haberlle concedido o hábito de
Santiago 9.
Representación dos bastóns ou paus Foto 5. Nobiliario de Fernando Mexía. S. XV.
10 A HISTÓRIA DE DON SERVANDO. Estudo e Edizón de José António Souto Cabo. Seminario de Estudos Galegos. Santiago 2007. Páx 76. 11 Ver foto 3. Quizabes o tempo deformou o termo -pao en -estacha, pois ambos gardan algunha similitude.
Xenealoxías do Ortegal
92 Xosé Lois Lamigueiro
“BARCAÇARES. Ten seu soar en terra de Vacarzel junto Ò Monte Cyperio, que
ali sayron a Ulid y Muça quando quizo pasar a Galizia. E ali les sayron e desbarataron os
mouros en conpana de outros fidalgos, donde moreron mays de dous mill mouros, e dos
christianos moreron XX. E as armas eran unhas estachas de pao con ferros. E os que
quedaron por esta fazana se chamaron Vacaçares. E tran por divisa unhas estachas en
campo roxo. E son bos fidaldos.” 10
Deseños heráldicos encaixados no xacigo. Lousas inf. e sup. Ano 2008. Foto 4, autor: Lamigueiro
A heráldica nos restos de Carracedo.
Así foron descritas lendariamente as armas da liñaxe dos Valcarce nos nobiliarios
clásicos, e así foron transmitidas pola bibliografía heráldica ata chegar a nós. Porén, as tan
traídas e levadas estachas, non aparecen representadas como tal na heráldica usada polo
Adiantado 11. O exemplo máis evidente o atopamos na propia lápida, onde o que pasan por
ser estachas, son cinco faixas en pau, moito máis acorde coa heráldica hispana; e por enriba
Xenealoxías do Ortegal
93 Xosé Lois Lamigueiro
de todo, pola usada polos seus parentes maiores, os Señores de Cabrera e Rivera, de onde
descende o propio Adiantado como bisneto de Don Roi Fernández o Feo 12; heráldica
recollida por Salazar de Mendoza cando trata da Casa de Cabreira e Riveira, que levaría o
medio irmán de Don García Carnota:
“...D. Rodrigo Rodriguez vivio en Galicia en la Torre de Ribera, siendo Señores
de la casa de su padre Don Fernando y Don Ramiro, sus hermanos. Tuvo estrecha amistad
con Don Pedro Fernandez Mata, Maestre de Santiago, y dióle á él y á su muger Doña Teresa
González los heredamientos que su Orden tenia en Villa Afan. Ellos se obligáron a dexarla
por heredera. Fué el primero que usó por armas las tres fajas verdes en campo de oro, que
traen los de Ribera, sus descendientes por Lope Ruiz de Ribera su hijo...” 13
12 ADDENDA...Páx 53 en adiante. Don Roi Fernández o Feo, Tenente de Benavente dende o ano 1209, e Tenente de Riveira no 1212, e Cabreira no 1216; tivo na súa primeira muller Dona Sancha Rodríguez ou Ramírez, filla do Conde Don Ramiro de Cifontes, e da súa muller tamén chamada Dona Sancha Rodríguez; a Don García Rodríguez (I) Carnota, e a Don Lopo Rodríguez Carnota, destacados membros a corte galaico-leonesa de Fernando III. Fillo de Don García Carnota e Dona Lambra Rodríguez, filla asemade de Don Rodrigo Sánchez de Cacabelos, cabaleiro de Villamartín, e da súa dona Elvira Rodríguez; foi o Don García Rodríguez de Valcarce (II), Tenente e Cabaleiro de Valcarce e Señor de Toral dos Vados, marido de Dona María Fernández, pais do Adiantado. 13 SALAZAR DE MENDOZA, Pedro. Origen de las dignidades seglares de Castilla y León. Año 1744. Edición Facsimil. Páx 207. 14 Ver as diferencias nas fotos: 3, 6, 9, y 10.
Detalle da ornamentación da lousa inferior co escudo que representa tres faixas que difiren coas cinco que se atopan no escudo da lápida. Ano 2008. Foto 6, autor: Lamigueiro.
O número de faixas usadas na heráldica dos Valcarce, é totalmente aleatorio
segundo os diferentes exemplares conservados, que poden ser achacados directamente aos
membros da liñaxe 14. Entre eles dous que aínda pódense ollar na torre do homenaxe do
Castelo de Moeche, atribuídos a priori a: Don García Rodríguez de Valcarce e Valboa, Señor
das Pontes; baseándose no vínculo que o personaxe tivo coa fortaleza. Os achádegos
arqueolóxicos realizados no recinto do castelo “moderno”, previos á súa restauración,
descubriron que o edificio actual fica ergueito enriba do seu antecesor medieval.
15 RAMIL GONZÁLEZ, Emilio. Escavacións arqueolóxicas no castelo de Moeche. Catedra nº 11, ano 2004, páx 270. 16 A través dos seus avós: Dona Constanza García, filla do Señor da Pontes, e Don Pedro Álvarez Osorio, I Señor de Cabrera e Rivera por mercede de Xoán I en 1388. O castelo pertencía a muller do I Conde de Lemos Dona Beatriz Enríquez de Castro, xa que era cabeza do seu Señorío en Cedeira. Sobre isto consultar PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, Eduardo. Los Señores de Galicia, Tomo II. Doc. 22, 38, 49, 171, e 178. 17 Armas de Vilafranca que representan: Valcarce, Osorio, Pimentel, Zúñiga, e Toledo.
Xenealoxías do Ortegal
94 Xosé Lois Lamigueiro
Asemade o trazado e disposición dos muros e torres de un e outro, non son
coincidentes, de xeito que pódese afirmar que o castelo actual substituíu completamente ao
anterior. A historiografía que se ocupou diste tema, atribuíu a súa destrución a primeira
Guerra Irmandiña do ano 1431 15; sen que aínda póidase probar iste feito documentalmente.
En todo caso é necesario reformularse a adxudicación dos escudos de Moeche ao Señor das
Pontes; fixándonos de seguido nos seus descendentes directos os Osorio, especialmente no
primeiro Conde de Lemos, Don Pedro Álvarez Osorio 16, mailo seu neto do Don Rodrigo,
aos que seguramente haberá que achacar finalmente a autoría da heráldica que presenta hoxe
en día o edificio: Osorio e Valcarce, en alianza coas armas dos Enríquez de Castro. Da
representación múltiple da heráldica familiar nun mesmo edificio, amosa certo paralelismo o
Castelo de Vilafranca levantado en 1515, e que non se afasta moito do modelo presentado
polo Castelo de Moeche 17, xa que practicamente ambos os dous son coetáneos, e conservan
senllos escudos dos Valcarce herdados a través de ligazóns parentais cos Osorio.
Armas dos Enríquez de Castro e Osorio en Moeche. Ano 2009. Foto 8, autor: Lamigueiro
Ano 1991. Escavacións arqueolóxicas dentro do Castelo de Moeche que fixeron agromar o castelo medieval. Foto 7, publicada por D. Emilio Ramil.
Xenealoxías do Ortegal
95 Xosé Lois Lamigueiro
Castelo de Moeche. Ano 2009. Foto 9, autor: Lamigueiro
Castelo de Vilafranca. Ano 2008. Foto 11, autor: Lamigueiro
Castelo de Moeche. Ano 2009. Foto 10, autor: Lamigueiro
Si admitimos o paralelismo entre os dous exemplares, estaríamos diante das
armas reais de Castela-León. Só poderíase xustificar a súa presenza sumada a dos Valcarce, si
descontextualizamos a lousa inferior, da superior, e da lápida funeraria. Trataríase entón
dunha lousa moito máis moderna posiblemente do século XV ou XVI, época na que Santa
María de Carracedo foi usurpado polos Osorio de Lemos, e empregado nas súas guerras
familiares contra os Pimentel. Segundo o testemuño de Frei Jerónimo de Llamas no ano
1583, tódolos sepulcros presentes na igrexa de Carracedo foron desfeitos: “...con justo título
se quitaron, pues se avía tomado aquella nave tiránicamente...19”
Xenealoxías do Ortegal
96 Xosé Lois Lamigueiro
Volvendo a Carracedo, entre os elementos decorativos da lousa inferior do muro
do xacigo, existen outros dous mobles heráldicos: un león e un castelo, xunto as bandas dos
Valcarce 18. Nunha primeira lectura puidérase achacar o león os Valboa, porén, o castelo
presenta moitas máis dificultades para emparentalo coa heráldica dos Valcarce. Por iso é
necesario tornar o Castelo de Moeche para atopar un exemplo con certa similitude.
18 Ver foto 4. 19 LLAMAS, Fr Jerónimo. Biblioteca Nacional. Manuscrito. M. 714, fol. 277.
Foto 12, Castelo de Moeche. Foto 13, lousa de Carracedo. Autor: Lamigueiro
Finalmente, o derradeiro elemento decorativo identificable co Adiantado, é unha
estraña composición na lousa superior entre tres medallóns florais desiguais. Trátase sen
dúbida dunha variante en pedra do xa coñecido selo usado polo Adiantado coas súas armas,
Selo en pedra do Adiantado. Foto 14, Autor: Lamigueiro
Xenealoxías do Ortegal
97 Xosé Lois Lamigueiro
20 URGORRI...Páx 21. Don Fernando remitía a Salazar y Castro, que copiara o selo dunha plica dunha carta do Adiantado que segundo parece se garda na Academia de Historia. Fondo Salazar. Nº 46231 u 6. Fol 22. 21 BALBOA DE PAZ...Páx 238. O autor atribúe segundo a súa opinión, o dragón as armas antigas dos Valboa, (que en algunha das súas representacións modernas aparece: de roxo león de ouro sostendo unha espada na destra, e vencido os seus pés un dragón de sinople). O castelo atribúeo aos Valcarce, explicando sen documentalo, que istas armas pasan por ser máis antigas que as coñecidas para istes liñaxes: “blasón más antiguo que sus posteriores estacas...”. Porén, convén cuestionarse polo de agora istas opinións.
xa citado por Urgorri Casado no seu traballo do ano 1987, sobre o Señor das Pontes: Don
García Rodríguez de Valcarce e Valboa, sendo este autor o primeiro que tratou a liñaxe
botando man da documentación 20. Ámbolos dous representan efectivamente as armas dos
Valcarce; aínda que con notables diferenzas entre os dous exemplos.
Selo reproducido por Urgorri Casado na colección Salazar e Castro. Foto 15.
Elemento máis misterioso é un animal que contén no seu centro o selo pétreo de
Carracedo, que semella ser unha pomba, unha ave fantástica, un grifo alado, ou quizabes un
dragón. Segundo parece un dragón, e un castelo, aparecen nos restos da teitume mudéxar da
antiga igrexa medieval do mosteiro, conservada no Museo Arqueolóxico de León 21. Sen
embargo non deixa de ser un elemento estraño a heráldica coñecida dos Valcarce.
Imaxe central do selo pétreo. Foto 16. Autor: Lamigueiro
22 Ver foto aérea nº 2.
A primeira impresión que pódese levar calquera de nós, ao visitar actualmente o
recinto chamado vulgarmente: Capela dos Valcarce, ou do Adiantado, é que estamos diante
dun rompecabezas onde todo parece ter unha lóxica perfectamente encaixada. Nembargantes
ningunha das pezas que alcanzamos a ollar, son o que realmente parecen ser. A pequena
construción amosa ter unha arquitectura con certa coherencia visual. Fixarémonos na súa
planta rectangular, onde chaman poderosamente a atención os senllos arcos oxivais
enfrontados dous a dous, e encaixados en muros de mamposto de lousa. Enriba deles existen
restos de ménsulas e nervios da antiga bóveda apuntada, e todo elo evidencia pola
irregularidade dos materiais empregados, distintas épocas ou reformas. O chan atópase
soterrado aproximadamente metro e medio respecto ao nivel do adro exterior da igrexa,
carecendo de muro de peche cara a ese lado. O conxunto áchase xunto os muros da crucería
norde,22 a carón da nova igrexa do século XVIII, permanecendo totalmente
descontextualizado e desintegrado do conxunto, amosando moita máis antigüidade. Unha
revisión da bibliografía conservada, das testemuñas que visitaron o recinto cando estaba
aínda en pé, arroxa unha visión ben distinta da que actualmente os nosos ollos están a ver.
Xenealoxías do Ortegal
98 Xosé Lois Lamigueiro
A inexistente capela do Adiantado.
Interior da chamada capela dos Valcarce. Ano 2008. Foto 17, autor: Lamigueiro
Lousa sup.
Lousa inf.
Lápida e escudo
Cordón
Xenealoxías do Ortegal
99 Xosé Lois Lamigueiro
“...Era este García Rodríguez de Valcarce el cavallero mas rico que a la sazon
avia en esta tierra 23, por que aún no avia este Estado de Villafranca, y la dicha villa con la
de Cacabelos eran del arzobispo de Santiago. Era el sobredicho señor de Cabrera y
adelantado de El reyno de Galicia y muy deseoso él y sus herederos de meterla mano en la
hacienda de esta casa y ansi pretendió y aún se intituló comendatario de este monasterio
hasta que lo supo el sobredicho sr. Rey D. Alonso II (sic), y ansi hizo poner sus armas en la
nave 3ª de la iglesia de hacia el norte como pareze en las soleras de la techumbre de
palnudillo 24de la dicha nave y se sepultó en ella en la parez aquilonar 25en una hornecina
de la mesma nave donde despues se puso al altar de la Cruz, y su hijo de este hizo la capilla
que llaman sacristía vieja en la mesma nave, y su nieto 26 del mismo nombre se sepultó en la
mesma nave junto a la boca de la capilla de san Miguel y aún duró allí en un lucillo de
piedra con su mujer sobre unos leones hasta el año de 1583, que con justo título se quitaron,
pues avía tomado aquella nave tiránicamente...”
O fillo homónimo do adiantado danos a través do seu testamento fechado en
Lugo a 12 de febreiro de 1364, varias pistas sobre a capela que -segue a reafirmar- edificou
seu pai. Do texto seguinte despréndese que si o fillo pide ser soterrado xunto ao pai na capela
edificada por aquel, e anteriormente ao seu falecemento edificara a sancristía, segundo
testemuño de Frei Xerome, ámbolos dous espazos ficaban necesariamente ben diferenciados:
“...Et quando Deus tover por ven de faser sua volontade de mi que yo finar, mando que
de qualquier lugar que yo finar, que le leben el meu corpo meu bien e onrradamiente e la
yglesia de Sancta María de Carrasedo, e que me suterren en a dita iglesia, en a capella ut
jaz el dito García Rodrigues, meu padre...(sigue)...Primeramente, mando a la capella de
Carrasedo, que edificou meu padre por minna alma e satisfasemento do aquelo a que yo sou
tenudo a Deus todo quanto yo ayo, casa e herdades, e pobro de ganado, e todas las cousas
que eu ayo, e debo aver en Villaverde...27”
23 BALBOA DE PAZ...Páx 72. Remite a Llamas, Fr. J: M.714, ff. 277. 24 Techumbre de palnudillo: Deformación de Par y Nudillo, sistema arquitectónico moi usado nas igrexas mudéxares en artesoado, e dicir, que recordan a unha artesa invertida, polo que a teitume adoitaba un perfil trapezoidal, onde a Par serían os lados diagonais coas limas, o Nudillo o lado corto horizontal do teito, e o tirante a base máis larga. 25 Parez aquilonar / pared aquilonial: de aquilón o norte, Lat: aquilo, Õnis. 26 O neto do adiantado do seu mesmo nome, (ver esquema xenealóxico), foi o Señor da Vila das Pontes, Don García Rodríguez de Valcarce e Valboa (+1410); marido de Dona María Fernández. Segundo Frei Malachias, o Señor das Pontes, foi soterrado na capela de San Salvador da Igrexa de San Francisco de Vilafranca. O dato de Frei Xerónimo de Llamas, contradí polo tanto o afirmado por Frei Malachias. En todo caso en ningunha das súas localizacións existe hoxe en día, resto algún que evidencie que albergara a sepultura do Señor das Pontes. 27 CARTULARIO...Páx. 189, doc. 884.
Xenealoxías do Ortegal
100 Xosé Lois Lamigueiro
No ano 1979, vía a luz a obra: Catálogo monumental de la provincia de León; do
académico granadino Don Manuel Gómez Moreno, (Granada, 1870 - Madrid, 1970), grande
arqueólogo e epigrafista, membro das Reais Academias de Historia, da Lingua Española, e de
Belas Artes de San Fernando. O erudito visitou entón o mosteiro de Santa María de
Carracedo, no seu percorrido pola provincia leonesa. Segundo o seu estudo a primitiva igrexa
tiña 50 m de longo por 15 m de ancho. A súa nave central unha luz de 6,5 m., e as laterais de
3, 42 m. cada una 28. No testo das naves achábanse os tres ábsidas, un por cada nave, que
contiñan os altares: Maior, de San Miguel, e de San Xoán Bautista. Nos laterais das naves
adxacentes atopábanse os altares de Santa Mariña e o Altar da Cruz.
Retrato fotográfico de Don Manuel Gómez Moreno. Foto 18. Autor descoñecido.
Precisamente baixo iste altar, foi soterrado o Adiantado, segundo do testemuño
do século XVI de Frai Jerónimo de Llamas, recordemos: “...y ansi hizo poner sus armas en la
nave 3ª de la iglesia de hacia el norte como pareze en las soleras de la techumbre de
palnudillo de la dicha nave y se sepultó en ella en la parez aquilonar en una hornecina de la
mesma nave donde despues se puso al altar de la Cruz...”. E dicir enterrouse no muro
exterior da nave 3ª ao norde. A través dos datos aportados polo frade, é posible reconstruír o
espazo da Igrexa medieval do mosteiro. Secuencialmente o Señor das Pontes neto do
Adiantado, estaba soterrado embocado a Capela de San Miguel; e dicir en primeiro lugar
diante do ábsida que o albergaba. Seguiría en segundo lugar a sancristía, edificada polo fillo
como xa se dixo, a cal tiña necesariamente que estar nun punto perto do altar maior para
poder asistir ao culto. Esta sancristía que Frai Jerónimo chamou Vella, debe de ser
identificada cos restos que hoxe podemos ollar xunto a igrexa de Carracedo. En terceiro
lugar, atoparíanse os xacigos cos enterramentos dos membros da liñaxe dos Valcarce ao
longo do muro norde. Como remate diste artigo, preséntase unha reconstrución hipotética do
trazado antigo da igrexa medieval, baseada na planta orixinal do mosteiro, a cal axudaranos a
entender de que xeito estaban integrados tódolos compoñentes que acábanse de describir, e
así entender de que magnífica obra privounos o inexorable paso do tempo.
Xenealoxías do Ortegal
101 Xosé Lois Lamigueiro
29 BRAUNFELS. Wolfgang. Monateries of Western Europe. The architecture of the orders. 1972.
Foto. 19: Planta ideal dun mosteiro cisterciense segundo W. Braunfels 29.
Vista aérea do mosteiro de Carracedo. Foto 20, autor: Google
A
B C D
A. Sancristía Vella. F. Altar de San Miguel. B. Nave 3ª (Norte): Altar da Cruz. G. Altar de San Xoán Bautista. C. Nave 2ª (Central) . H. Posible enterrª do Sr das Pontes. D. Nave 1ª: Altar de Santa Mariña. I. Lucillos.
E
F G
E
N S
O
H
I