CANDO MARTINO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS - TEATRO

7
TEATRO ADAPTACIÓN DO LIBRO DO MESMO TÍTULO, DE CHEMA HERAS E QUICO DASILVA. ED: KALANDRAKA Adaptación teatral de Antón López González. Ceip Mestres Goldar - Vigo

description

OBRA DE TEATRO BASEADA NO CONTO DO MESMO TÍTULO

Transcript of CANDO MARTINO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS - TEATRO

Page 1: CANDO MARTINO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS - TEATRO

TEATRO ADAPTACIÓN DO LIBRO DO MESMO TÍTULO, DE

CHEMA HERAS E QUICO DASILVA.

ED: KALANDRAKA

Adaptación teatral de Antón López González.

Ceip Mestres Goldar - Vigo

Page 2: CANDO MARTINO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS - TEATRO

Nadal 2009Nadal 2009Nadal 2009Nadal 2009

CANDO MARTIÑO TIVO CANDO MARTIÑO TIVO CANDO MARTIÑO TIVO CANDO MARTIÑO TIVO

GANAS DE MEXAR NA GANAS DE MEXAR NA GANAS DE MEXAR NA GANAS DE MEXAR NA

NOITE DE REISNOITE DE REISNOITE DE REISNOITE DE REIS

Adaptación do libro do mesmo título, de Chema Heras e Quico Dasilva MÚSICA DE ENTRADA

(Entra o avó con dous netos)

NETA 1ª.- Avoíño, avoíño... cóntanos un conto de Nadal deses tan bonitos que ti sa-bes. NETO 2º.- Sí, sí, avoíño que ti sabes contos moi divertidos. AVÓ.- A ver, a ver...sentade por aquí que hoxe vouvos ler un conto que atopei no meu baúl... Vouvos contar a historia de “CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS.

MÚSICA NARRADOR.- Aquel Nadal, Martiño escribiulle u-nha carta aos ReisMagos.

MÚSICA

MARTIÑO.- Queridos Reis: quero que me traiades un tren cunha locomotora e tres vagóns: o primeiro vermello, o do medio azul e o último amarelo.

MÚSICA NARRADOR.- Martiño buscou un cordel para tirar pola locomotora, e inventou unha cantadela. (O neno comeza a cantaruxar.. o tren de Martiño chu, chu,chu... vai polo camiño chucu chucu, chuuuu...) (espazo de música mentres o neno xoga co tren)

Page 3: CANDO MARTINO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS - TEATRO

Aquelas noites de Nadal eran moi longas, e os días moi curtos. Martiño aproveitaba os días de vacacións para facer moitísimas cousas porque non había cole. Facía de todo menos...menos durmir. Estaba tan impaciente agardando a chegada dos Reis que sempre espertaba no medio da noite... Nunca lle daba chegado o día. De súpeto, recibiu unha grata sorpresa. Petaron na súa porta.

Breve espazo de música (Entran ao escenario os de 6º) E quen eran? Pois eran uns amigos moi especiais, que moi ledos lle dixeron: -“ROMPAMOS BARREIRAS”!! Celebremos con ledicia o Nadal xuntándonos con todas aquelas persoas que presentan algunha discapacidade. E así foi como Martiño asistiu, sen agardalo a un fermoso espectáculo. (alumnado de 5º interpreta unha panxoliña en linguaxe de signos) Mentres agardaba a ansiada noite de Reis, Martiño decidiu ir ver a función de títeres que chegaba á vila esa tarde. (O teatrillo está montado. 4º comeza a función) NARRADOR.- E, por fin chegou a noite de Reis. ( a familia está ceando.Sentados á mesa.

Page 4: CANDO MARTINO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS - TEATRO

O pai érguese e achega cara á mesa unha fonte unha fonte con alimentos). TÍA- (dirixíndose á nai) Que boas están estas ameixas! A min non me saen tan sabo-rosas. Tés que me dicir como as preparas. NAI.- Que cho explique aí o Manolo. Xa sabes que isto da cociña se lle dá requete-bén. TÍA.- (dirixíndose a Manolo) Pois si que tés boa man eh? cuñado. PAI.- Faise o que se pode... AVOA.- (Queixándose) Para min están moi duras!! NAI.- Pero miña nai, se tomase o caldiño de polo que lle fixen esta tarde, éralle ben mellor. AVOA.- Eu quero comer coma vós!! NAI.- (Dirixíndose a Martiño) Hoxe tes que te deitar ben cedo. Esta noite veñen os Reis Magos! AVOA.- Deixade o rapás!!, deixade o rapás!!... xa madrugha dabondo cando ten que ir á escola! MARTIÑO.- (fungando) Non, mamá! Eu quero velos, que me fai moita ilusión ver co-mo son!

PAI.- “OS REIS NON ENTRAN NAS CASAS DOS NENOS QUE NON ESTÁN DUR-MIDOS”! MARTIÑO.- (aceptando a situación… resigna-do) Entón vou lavar axiña os dentes e heime deitar ben cedo! Música de ambiente Só queda no escenario Martiño para facer o que vai dicindo o narrador.

NARRADOR.- Antes de se deitar, Martiño deixou enriba da mesa tres puñados de noces e tres cuncas de leite... para os Reis. Tamén encheu tres caldeiros de auga para os camelos.

Page 5: CANDO MARTINO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS - TEATRO

Espazo de música en canto Martiño prepara as cousas para os Reis Despois meteuse na cama e aco-chouse entre as mantas, pensando no tren, na locomotora e nos tres vagóns... O primeiro vermello, o do medio azul e o último amarelo. Breve espazo de música Pensando e pensando durmiu. E durmindo, durmindo soñou.... Soñando e soñando os paxariños aledaban a súa noite en canto agardaba polo tren. Danzando e danzando escoitaba unha e outra vez aquela fermosa melodía que tanto lle gustaba bailar cos nenos do seu colexio. (Danza de Don Melitón) NARRADOR.- No medio e medio da noite, o neno espertou coas ganas de mexar (o nar-rador agarda a que se vexa como o neno es-perta) e escoitou unha voz que viña do corredor. VOZ EN OFF DOS REIS MAGOS.- On-de lle deixamos o tren, aquí ou debaixo da cama? Música moi breve de animación Martiño métese debaixo da manta NARRADOR.- Martiño estaba a pique de mexar por el, pero non se atrevía a erguerse, porque lembraba o que dixera o seu pai: VOZ EN OFF DO PAI.- “OS REIS NON ENTRAN NAS CASAS DOS NENOS QUE NON ESTÁN DURMIDOS”! MARTIÑO.- Que ganas de mexar teño! Non aguanto mais! Se non vou ao baño vou mexar por min! (Breve espazo de música onde se ve a Martiño aguantando as ganas de mexar) NARRADOR.- Como o pobre do rapaz non aguantaba máis, saltou da cama moi amodo e, sen facer ruído, na punta dos pés, foi ata o baño, abriu a porta con moito coidado, levantou a tapa do váter e... (Escóitase o ruído do mexo do neno)

Page 6: CANDO MARTINO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS - TEATRO

o mexo fixo ruído, moooito ruído... pero máis ruído fixo a voz que tronou detrás del. VOZ EN OFF DUN DOS REIS MAGOS.- E ti, que fas aquí! MARTIÑO.- (Tatexando e sen levantar a cabeza)... É... que ...tiña...moitas ganas de...mexar! NARRADOR.- Cos olliños cheos de bágoas, Martiño correu para o seu cuarto e meteuse na cama. Pensando e pensando, durmiu. E durmindo, durmindo soñou... Breve espazo de música MARTIÑO.- (soñando)... non!!, carbón negro non...! levanteime porque tiña moitas ganas de mexar…que eu quero un tren! (MÚSICA QUE INDICA A ENTRADA DOS REIS) (Aparecen os Reis e deixan os paquetes detrás da porta do vestiario. Á beira da cama un paquetiño negro cunha nota que di: ” DESPOIS DA PORTA DO TEU CUARTO, VAI A MODO E DARÁS UN SALTO”. Tamén comen os tres puñados de noces e as tres cuncas de leite) (Entra 2º e sentan en círculo, moi en silencio, agardando a que marchen os Reis) BAILE DO REGADIÑO danza DE 2º) NARRADOR.- Coas primeiras luces da mañá, Martiño abriu os ollos, saltou da cama e foi mirar se os Reis lle trouxeran algo. As cuncas de leite estaban baleiras, e tampouco había noces pero... non estaba o tren. Martiño buscou e rebuscou por toda a casa pero non atopou nin rastro do tren. De súpeto lembrou o que oíra pola noite: VOZ EN OFF DOS REIS MAGOS.- Onde lle deixamos o tren, aquí ou debaixo da cama? Martiño vai correndo a mirar debaixo da cama, e viu algo negro, moiiii, moiii negro. (O narrador diríxese ao público) Que sería? Imaxinades que habería debaixo da ca-ma?..... ( música de misterio)

Page 7: CANDO MARTINO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS - TEATRO

Meteu o brazo e sacou....unha caixa negra, moi negra... cunha nota que dicía: ” DES-POIS DA PORTA DO TEU CUARTO, VAI A MODO E DARÁS UN SALTO”. Martiño, moi intrigado e cheo de desconfianza camiñou paseniñamente cara o cuarto dos xoguetes, temendo o que lle parecía irremediable...que alí houbera unha montaña de carbón negro... moiii negro. ( música de misterio) Asomou tremendo a sús bulideira cabeciña e.... (a música de misterio vai subindo ata que se para de súpeto. Entón escóitase un forte berro de Martiño) MARTIÑO.- AAAAAHHHHHHHHHHHHH!!!! (O neno aparece de novo no escenario, moi desencaixado...) Os pais.- Que pasa fillo? Que che ocorre? MARTIÑO.- Alí, a,a,a alí... están alí... OS PAIS.- Quen están alí? MARTIÑO.- Eles..eles!! OS PAIS.- eles? Quen son eles? (Martiño cálmase e entra de novo no cuarto.... escóitase a música do tren... e aparece Martiño tirando da locomotora que son os nenos e nenas de 3ºvestidos de cores vermellas, azuis...e... bailando ao son da músi-ca de Andrés do Barro e os vagóns do tren, o primeiro vermello o do medio azul e o último... o último era un penico grande, redondo, amarelo e moi fondo. (Báixase o son da música e fala o narrador...) Martiño, cheo de ledicia, chamou a todos os seus amigos para amosarlles o seu fermo-so agasallo e celebrar a festa de Reis con todos eles.

“E, colorín colorado, que teñades un Nadal ben soñado”

FINFINFINFIN ADAPTACIÓN REALIZADA POR: Antón López