Cando a información con sangue entra

23
Vítimas da liberdade de expresión Cando Cando a información a información con sangue entra con sangue entra

Transcript of Cando a información con sangue entra

Vítimas da liberdade de expresión

CandoCando a informacióna información

con sangue entracon sangue entra

Os ditos:

● Ditosos os non violentos...● Ditosos os que traballan pola paz...● Ditosos os perseguidos por causa da

xustiza...● Ditosos cando vos aldraxen, persigan e

calumnien de calquera xeito...● Ditosos vós, cando poñan nas listas negras

o voso nome...(Mateo V, 5,9,10,11 e Lucas VI, 22)

Os feitos:● As agresións aos reporteiros cométense cada vez con

maior barbarie co obxectivo de impedir que exista unha información independente e de disuadir as miradas exteriores.

● Dende 2005 foron asasinados 720 xornalistas.● Os cinco países máis mortíferos para os xornalistas son:

Siria, Palestina, Ucraína, Iraq e Libia.● Só no último ano foron asasinados 66

xornalistas. ● Nun ano duplicáronse os asasinatos de mulleres

xornalistas.● No que levamos de 2015 xa foron asasinados oito

xornalistas.

http://www.14ymedio.com/sociedad/Balance-anual-Reporteros_sin_Fronteras-2014_CYMFIL20141216_0001.pdf

http://es.rsf.org/el-barometro-de-la-libertad-de-prensa-periodistas-muertos.html?annee=2014

Atentado a Charlie Hebdo: un único ataque á liberdade de prensa e doce mortos

Elsa Cayat, Charbonnier Stéphane “Charb”, Jean Cabut “Cabu”, Philippe Honoré, Bernard Maris “tío Bernard”, Mustapha Ourrad, Georges Wolinski,Bernard “Tignous” Verlhac, Frédéric Boisseau(traballador de mantemento),Franck Brinsolaro eAhmed Merabet (policías), Michel Renaud (invitado)

Atentado a Charlie Hebdo

“Só sei que non sei nada

e que non teño medo” (Georges Wolinski)

“Eu non teño fillos, nin esposa, nin coche, nin crédito. Eu prefiro morrer de pé que vivir de xeonllos” (Stéphane Charbonnier, director de Charlie Hebdo, entrevista en 2012 ao diario Le Monde)

http://www.abc.es/internacional/20150107/abci-charlie-hebdo-vidas-truncadas-201501072032.html

http://www.elmundo.es/internacional/2015/01/08/54ae4214268e3ef23d8b4577.html

Raad Mohamed Al-Azaoui (1977-2014)

Cámara e fotógrafo asasinado polo Estado Islámico."A execución dun xornalista tras outro é un crime de guerra"

"O Estado Islámico continúa coas súas prácticas e seguen a eliminar se dubidar a todos os informadores, especialmente aqueles que se negan a reproducir a súa propaganda"

"Os xornalistas que rexeitan someterse a estes yihadistas arriscan as súas vidas seguindo co seu traballo, Como resultado, exercer o periodismo é de forma crecente unha rareza nas zonas controladas polo Estado Islámico, tanto en Iraq, como en Sirya"(Lucie Morillon, de Reporteiros Sen Fronteiras).

http://www.rsf-es.org/news/irak-rsf-condena-la-ejecucion-por-parte-del-estado-islamico-del-camara-mohamed-al-azaoui-/

Julio Anguita Parrado (1971-2003)

Xornalista e correspondente de guerra español. Morreu durante a invasión de Iraq de 2003, alcanzado por un mísil iraquí en Bagdad.

http://elpais.com/diario/2003/04/08/internacional/1049752803_850215.html

http://www.rebelion.org/hemeroteca/spain/040428ja.htm

José Bladimir Antuna García (1970-2009)

Reporteiro mexicano que investigaba a corrupción policíaca e o crime organizado: era incómodo para ambos. Confesou aos seus colegas que non tiña medo á morte, pero non quería ser torturado. O seu cadáver presentaba signos de tortura. Xunto a el había unha mensaxe: "isto pasoume por dar información aos militares e escribir o que non se debe. Coiden ben os seus textos antes de facer unha nota. Atentamente Bladimir"

http://nuestraaparenterendicion.com/tuyyocoincidimosenlanocheterrible/index.php/component/k2/item/64-jose-bladimir-antuna-garcia#.VLZCSsn57o4

http://www.infoamerica.org/libex/libex_2009.htm

Anastasia Baburova (1983-2009)

Activista social comprometida co ecoloxísmo, investigadora de grupos rusos neo-nazis e xornalista do semanario Novaya Gazeta. Resultou ferida de gravidade ao tratar de deter ao asasino do seu acompañante, nese momento, o avogado e defensor dos dereitos humanos Stanislav Markelov. Morreu o mesmo día no hospital. Segundo o analista militar ruso Pavel Felgenhauer os principais sospeitosos, dadas as circunstancias deste asasinato, son os propios servizos de seguridade do estado.

http://en.wikipedia.org/wiki/Anastasia_Baburova

http://www.amnesty.org/es/news-and-updates/carta-padres-anastasiababurova-periodista-rusa-asesinada-20090717

Marie Colvin (1956-2012)

Narrou conflitos como os de Serra Leoa, Timor Oriental, Kosovo, Zimbabwe Chechenia ou Sri Lanka. Morreu Morreu (fiel á súa filosofía de dar a coñer o horror que sofren as vítimas ata o final) na cidade siria de Homs mentres cubría o masacre provocada pola Guerra Civil. Na súa última crónica, denunciou a morte dun bebé a causa dos bombardeos das tropas gobernamentais.

“Non se pode conseguir a información sen ir aos lugares onde se dispara á xente e outros dispáranche a ti. A dificultade estriba en ter a suficiente fe na humanidade para crer que haberá bastante xente -o Goberno, os militares ou a xente da rúa- que lle importe que o que contas chegue ás páxinas dos xornais, a páxina web ou a televisión. Nós temos esa fe porque pensamos que o que facemos ten un impacto" (Colvin)

http://en.wikipedia.org/wiki/Marie_Colvinhttp://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/22/comunicacion/1329914557.html

A opinión pública ten "o dereito a saber o que os nosos gobernos, as nosas forzas armadas, fan no noso nome" (Colvin)

José Couso Permuy (1965 - 2003)

Cámara e reporteiro gráfico, de orixe galega, que morreu durante a invasión de Iraq cando un carro de combate estadounidense disparou contra o hotel Palestina onde se atopaba.http://www.prnoticias.com/index.php/home/59-prensa-pr-/10054545-irak-y-los-ataques-a-la-prensa-jose-couso-tambien-murio-por-fuego-de-eeuu

http://www.primeraplana.net/couso/hechos.htm

http://www.lavanguardia.com/hemeroteca/20110408/54137951680/el-asesinato-en-bagdad-de-jose-couso.html

Dan Eldon (1970-1993)

Artista, fotoxornalista testemuña da fame en Somalia. Implicado en múltiples proxectos solidarios e misións humanitarias para mellorar a situación de milleiros de persoas foi vítima dunha multitude enfurecida que o apedreou ata a morte, en Mogadiscio (Somalia) ao mesmo tempo que outros tres compañeiros.

http://www.rjgeib.com/heroes/eldon/dan-eldon.html

https://cpj.org/killed/1993/dan-eldon.php

James Wright Foley (1973-2014)

Fotoxornalista independente, foi secuestrado no noroeste de Siria polo Estado Islámico mentres cubría a Guerra Civil. En agosto de 2014, foi decapitado nunha execución filmada por representantes do citado Estado Islámico. “deu a vida para intentar mostrar ao mundo o sufrimento do pobo sirio” (James Foley, nai do decapitado).

http://www.abc.es/internacional/20140820/abci-james-foley-vida-para-201408200826.html

http://en.wikipedia.org/wiki/James_Foley_%28journalist%29

http://internacional.elpais.com/internacional/2014/08/25/actualidad/1408978160_937941.html

Tim Lopes (1950 — 2002)

Un dos máis audaces e comprometidos xornalistas brasileiros de investigación.

Narrou as precarias condicións de traballo dos obreiros na construción do metro de Río, para o que traballou como peón na propia obra. Na TV Globo, participou nunha serie de reportaxes que promovían o encontro de familiares de vítimas cos asasinos en prisión... Secuestrado e morto en 2002 por narcotraficantes despois de desvelar a impunidade do tráfico de drogas nas favelas. A súa reportaxe, titulada “Mercado do po”, recibiu o premio Esso de xornalismo.

http://pt.wikipedia.org/wiki/Tim_Lopes

http://blogs.20minutos.es/enguerra/2007/03/19/morir-contar-tim-lopes-asesinado-las-favelas/

Regina Martínez Pérez (1963-2012)

Xornalista mexicana, comezou a traballar nunha televisión estatal de Chiapas; a censura levouna a centrar a súa carreira na prensa escrita. En Veracruz traballou en diversos xornais locais. Unha vez máis enfrontouse contra a censura política polas súas reportaxes e particularmente polos seus traballos sobre violacións de dereitos humanos, corrupción gobernamental, abuso de autoridade e pola súa profunda cobertura sobre as organizacións de tráfico de droga en Veracruz. O 28 de abril de 2012 foi asasinada.http://es.wikipedia.org/wiki/Regina_Mart%C3%ADnez

Shehla Masood (1973-2011)

Activista e publicista hindú asasinada en 2011. Traballaba principalmente na conservación da fauna e en apoiou causas como a boa gobernanza, o dereito a información, as reformas da policía, o medio ambiente, os dereitos das mulleres e a loita contra a corrupción. Unha das posibles causas do seu asasinato podería estar nas súas protestas contra a minería ilegal de diamantes feita coa conivencia de funcionarios do goberno e na loita para salvar tigres, leopardos e bosques masacrados e esquilmados coa colaboración de funcionarios forestais.http://en.wikipedia.org/wiki/Shehla_Masood

James Henry Dominic Miller (1968-2003)

Un dos mellores realizadores de documentais da súa xeración. Rodara reportaxes en Kosovo, Chechenia, Corea, Alxeria, Serra Leoa, Sudán e Afganistán. Traballou sempre como cámara e director independente. O 2 de maio de 2003 encontrábase no sur de Gaza filmando un documental sobre a situación dos nenos titulado Morte en Gaza, cando recibiu un disparo na caluga por parte dun francotirador do Exército israelí.

http://blogs.20minutos.es/enguerra/2006/10/31/morir-contar-james-miller/

http://www.imdb.com/name/nm0588533/bio

Ricardo Ortega Fernández (1966-2004)

Xornalista español asasinado durante a crise de Haití de 2004. Informou in situ sobre os conflitos de Sarajevo, Chechenia, as invasiones de Irak e Afganistán e foi detido en Grozni polo Exército ruso.http://www.elmundo.es/elmundo/2004/03/07/obituarios/1078699918.html

http://peparovira.es/tag/ricardo-ortega/

Anna Stepánovna Politkóvskaya (1958 - 2006)

Xornalista rusa e activista polos dereitos humanos. Escribiu sobre o conflito e a situación de Chechenia e sobre Rusia, denunciando os abusos cometidos polas forzas militares rusas, polos rebeldes e pola administración chechena; informou das violacións dos dereitos humanos e abusos policiais en Chechenia e noutras rexións rusas do Cáucaso norte en libros como Unha guerra sucia: unha reporteira rusa en Chechenia ou Un pequeno curruncho do inferno: crónicas dende Chechenia, que pinta o cadro dunha guerra brutal na que miles de cidadáns inocentes eran torturados, feitos desaparecer ou asasinados ás mans das autoridades chechenas ou federais. Un dos seus últimos proxectos investigaba o suposto envelenamento masivo de centos de nenos chechenos por unha substancia química descoñecida de acción forte e prolongada. Recibiu múltiples premios internacionais polo seu traballo. Morreu tiroteada no ascensor do edificio onde vivía.“O meu oficio é buscar e escribir a verdade... se abandono para salvar a miña pel, entón dimito diante do poder e abandono ao meu país e aos meus compatriotas. Quen me substituirá?”

http://www.fundacionguillermocano.com/?p=286

http://elpais.com/tag/anna_politkovskaya/a/

http://www.sindicatperiodistes.cat/es/node/3580

Christian Poveda (1955-2009)

Fillo e neto de exiliados por mor das guerras, a súa afección pola fotografía está relacionada coa Guerra de Vietnam e cos disturbios do Maio do 68 francés. E apenas puido escaparse da casa, agarrou unha cámara e marchou a fotografar guerras en Mauritania, Serra Leoa, Guatemala, El Salvador, Nicaragua, a Illa de Granada, Cambodia, Iraq e Líbano. Rematou namorado da guerra aberta que en Centroamérica libran as cuadrillas Mara Salvatrucha (ou MS-13) e Barrio 18. Nos seus últimos tres años de vida filmou o documental La Vida Loca, sobre estas bandas. Foi asasinado en 2009.http://www.gatopardo.com/ReportajesGP.php?R=69

http://internacional.elpais.com/internacional/2009/09/10/actualidad/1252533616_850215.html

http://es.wikipedia.org/wiki/Christian_Poveda

Matar ao mensaxeiro

Poderiamos seguir... mais para mostra xa chega!

Agora cómpre reflexionar:

Os medios de comunicación tradicionais e as novas tecnoloxías permítennos, amparados na seguridade dos nosos fogares, saber dos conflitos máis diversos e distantes en tempo real.

Detrás do seguimento dunha nova cruenta, dunha reportaxe impactante ou dunha crítica humorística hai uns xornalistas, uns reporteiros, uns fotógrafos que xogan as súas vidas na elaboración dese traballo que nós recibimos nun ambiente relaxado e sen riscos.

Porque a crítica pode ferir, porque o humor pode malinterpretarse, porque a verdade pode molestar non faltan os que practican a estratexia de matar ao mensaxeiro.

É magoante que as armas suplan as letras, que o ruído das balas silencie a voz dos homes, que o estoupido das bombas afogue a liberdade de expresión e o dereito a vida... É magoante... mais non inusitado.

Se as palabras son armas,o silencio é o armisticio.

Odio o sangue que corre,

odio o sangue que pretende ser pura,odio o sangue que se malvende.

Durante estes días que veñen,haberá familias de loito,

outras asustaranse despois.

Decencia do silencio á agonía,calade, en todas as partes.

Calade, a política non é unha alma,nin un estado de ánimo.

Calade,se as palabras son armas,

o silencio é o armisticio. Leila Alaouf

Cando a información con sangue entraCando a información con sangue entra

O presente memorial

en lembranza dos xornalistas vítimas mortais de múltiples conflitos,

é un traballo colaborativo

do Equipo de Biblioteca e do Club de Lectura “Pedra do Acordo”,

achega para a Celebración da Xornada Escolar da Paz 2015

Moitas grazasMoitas grazas

IES “San Paio” - TUI