boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum...

13
boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL Boletín nº2: 26 de novembro ACTIVIDADES - Programación Sala Fernando Rey, decembro 2019. Fórum Metropolitano - Programación Sala Marilyn Monroe, decembro 2019. Fórum Metropolitano - Pílulas de (T)alentó. Agrupación Cultural Alexandre Bóveda - Ciclo de Cinema e Natureza. Afundación - Documental "Castelao. De chumbo a verba". Fórum Metropolitano - Paseos pola Coruña literaria, “As naturezas da Torre”. Normalización Lingüística e AELG - Somos o que lemos”, encontros coa literatura contemporánea: María Hesse. Fundación Seoane - Xornadas de consumo responsable “Enraizar nas Persoas”, de EspazoCoop e Zocamiñoca - Ciclo de concertos "Cataventos". Afundación - Concerto Benéfico OSG de bandas sonoras de cinema. Pazo da Ópera - Fanzine Fest 2019 - Axenda semanal de concertos na Coruña CURSOS - II Seminario de defensa persoal para a muller. Judo Club Coruña CONCURSOS - Premio Gloria Fuertes de Poesía Nova 2020. Fundación Gloria Fuertes - Concurso-exposición Letras Galegas 2020. Secretaría Xeral de Política Lingüística - Premio de Ensaio e Creación audiovisual Xohana Torres. Concello de Santiago de Compostela - 12º Concurso de maquetas "Queixo maquetón". Concello de Arzúa - 30º Concurso fotográfico "Caminos de Hierro". Fundación dos Ferrocarrís Españois - Concurso Reporteiros na Rede 2020. Ibercaja VARIOS - Prazas para auxiliares de conversación no estranxeiro. Ministerio de Educación e FP - “A Casa dos xoguetes”: recollida e entrega de xoguetes. OMIC - Canal de Whatsapp Xuventude. D.X. Xuventude, Participación e Voluntariado

Transcript of boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum...

Page 1: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL Boletín nº2: 26 de novembro

2019

ACTIVIDADES - Programación Sala Fernando Rey, decembro 2019. Fórum Metropolitano - Programación Sala Marilyn Monroe, decembro 2019. Fórum Metropolitano - Pílulas de (T)alentó. Agrupación Cultural Alexandre Bóveda - Ciclo de Cinema e Natureza. Afundación - Documental "Castelao. De chumbo a verba". Fórum Metropolitano - Paseos pola Coruña literaria, “As naturezas da Torre”. Normalización Lingüística e AELG - “Somos o que lemos”, encontros coa literatura contemporánea: María Hesse. Fundación Seoane - Xornadas de consumo responsable “Enraizar nas Persoas”, de EspazoCoop e Zocamiñoca - Ciclo de concertos "Cataventos". Afundación - Concerto Benéfico OSG de bandas sonoras de cinema. Pazo da Ópera - Fanzine Fest 2019 - Axenda semanal de concertos na Coruña

CURSOS - II Seminario de defensa persoal para a muller. Judo Club Coruña

CONCURSOS - Premio Gloria Fuertes de Poesía Nova 2020. Fundación Gloria Fuertes - Concurso-exposición Letras Galegas 2020. Secretaría Xeral de Política Lingüística - Premio de Ensaio e Creación audiovisual Xohana Torres. Concello de Santiago de Compostela - 12º Concurso de maquetas "Queixo maquetón". Concello de Arzúa - 30º Concurso fotográfico "Caminos de Hierro". Fundación dos Ferrocarrís Españois - Concurso Reporteiros na Rede 2020. Ibercaja

VARIOS - Prazas para auxiliares de conversación no estranxeiro. Ministerio de Educación e FP - “A Casa dos xoguetes”: recollida e entrega de xoguetes. OMIC - Canal de Whatsapp Xuventude. D.X. Xuventude, Participación e Voluntariado

Page 2: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ACTIVIDADES

Programación Sala Fernando Rey, decembro 2019

A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc Valleé

CANDO:

28, 29 e 30 de novembro: "Dallas Buyers Club", de Jean-Marc Valleé (EEUU, 2013). V.O. en castelán. NRM 12 anos

5, 6 e 7 de decembro: "C.R.A.Z.Y", de Jean-Marc Valleé (Canadá, 2005). V.O.S. en castelán. NRM 13 anos

12, 13 e 14 de decembro: "Café de Flore", de Jean-Marc Valleé (Canadá, 2011). V.O.S. en castelán. NRM 12 anos

19, 20 e 21 de decembro: "The Young Victoria", de Jean-Marc Valleé (Reino Unido, 2009). V.O. en castelán. NRM 16 anos.

HORARIO: - xoves e venres ás 20.30 h - sábados ás 17.30 e 20.30 h

PREZO:

3 € (+65 anos, persoas desempregadas ou carné xove, 2 €)

Sesión do espectador (sábados ás 17.30 h): 1,50 €

Abono 5 películas: 12 € Venda de entradas: - no despacho de billetes, desde 1/2 hora antes (se quedan entradas) - na conserxería de Fórum, de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20 h e sábados de 10 a 13 h.

LUGAR / INFORMACIÓN: Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 293 - www.facebook.com/ForumMetro

Web: www.coruna.gal/cultura

Programación Sala Marilyn Monroe, decembro 2019

A sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano presenta en decembro o ciclo de cine "Dereitos Humanos"

CANDO:

28, 29 e 30 de novembro: "Gañar ao vento", de Anne-Dauphine Juliand (Francia, 2016). V.O.S. en castelán. NRM 7 anos

5, 6 e 7 de decembro: "La noche de los 12 años", de Álvaro Brechner (España-Arxentina, 2018). V.O en castelán. NRM 16 anos

12, 13 e 14 de decembro: "Detroit", de Kathryn Bigelow (EEUU, 2017). V.O.S. en castelán. NRM 12 anos

19, 20 e 21 de decembro: "Alma Mater", de Philippe Van Leeuw (Bélxica, 2017). V.O. en castelán. NRM 16 anos.

HORARIO: - xoves e venres ás 20.15 h - sábados ás 17.15 e 20.15 h

PREZO:

3 € (+65 anos, persoas desempregadas ou carné xove, 2 €)

Sesión do espectador (sábados ás 17.15 h): 1,50 €

Abono 5 películas: 12 € Venda de entradas: - no despacho de billetes, desde 1/2 hora antes (se quedan entradas) - na conserxería de Fórum, de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20 h e sábados de 10 a 13 h.

LUGAR / INFORMACIÓN: Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 293 - www.facebook.com/ForumMetro

Web: www.coruna.gal/cultura

Page 3: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ACTIVIDADES

Pílulas de (T)alento

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda presenta en novembro a I edición de Pílulas de (T)alento, unha actividade dirixida especialmente á xente moza: 9 propostas moi diferentes, con 9 persoas moi singulares para nun tempo moi curto (13 minutos) contar unha experiencia, un saber, un desexo…

Intervirán:

Manel Cráneo, con "Soñar en galego"

Lucía Aldao, con "O outro lado do poema"

Alba Rodríguez Carrera, con "01/01/2019. Un antes e un despois"

Martin Pawley, con "A desaparición da noite"

Garchu de Ezetaerre, con "Dignidade, solidariedade e humildade"

Marcos Nine, con "De Mareas Vivas a Mareas Negras"

Afra Torrado, con "El gallego mola mazo"

Aquel-e, con "A min non me preguntes, eu só vin rebolar"

Isabel Risco, con "Bogando na maruxía con este oficio"

CANDO: 30/11/2019

HORARIO: de 11.00 a 13.00 h.

PREZO: gratuito, previa inscrición no formulario dispoñible en www.acalexandreboveda.gal/events/pilulas-de-talento

LUGAR / INFORMACIÓN: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda Rúa Olmos, 16-1º (15003- A Coruña) Tel.: 981 200 869 www.acalexandreboveda.gal

Ciclo de Cinema e Natureza en Afundación

Afundación organiza, dentro do programa de actividades paralelas á mostra "O noso planeta", un ciclo de Cinema e Natureza, no que se proxectarán os 5 filmes galardoados con importantes premios internacionais que tratan o tema do medio ambiente desde distintas ópticas

Todas as películas serán en V.O. con subtítulos en castelán

CANDO:

2 de decembro: La princesa Mononoke (Japón, 1997), de Hayao Miyazaki. NRM 7 anos

9 de decembro: Mañana (Francia, 2015), de Cyril Dion e Mélanie Laurent. Todos os públicos

16 de decembro: Alma Salvaje (EEUU, 2014), de Jean-Marc Vallée. NRM 16 anos

23 de decembro: Wall-E (EEUU, 2008), de Andrew Stanton. Todos os públicos

30 de decembro: El viaje del emperador (Francia, 2005), de Luc Jacquet. Todos os públicos

HORARIO: todos os luns de decembro ás 19:00 h.

PREZO: entrada gratuíta ata completar capacidade

LUGAR / INFORMACIÓN: Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8 (15003 - A Coruña) Tel.: 981 185 060 correo-e: [email protected] Web: www.afundacion.org

Page 4: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ACTIVIDADES

Documental "Castelao. De chumbo a verba"

A Asociación de Veciños Oza Gaiteira Os Castros e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda proxectan no Fórum Metropolitano, e dentro do ciclo Cine de Barrio, "Castelao. De chumbo a verba"

Trátase dun documental ficcionado de Miguel López no que se mestura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao ou flashbacks que nos achegan a dúas décadas da vida do artista e escritor rianxeiro e nos axudan a entender o seu pensamento e vida persoal, cultural e política

CANDO: 2 de decembro de 2019

HORARIO: 19.30 h

PREZO: de balde (ata completar capacidade)

LUGAR: Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 293 / correo-e: [email protected] www.facebook.com/ForumMetro

MÁIS INFORMACIÓN: www.redeoza.org

Paseos pola Coruña literaria: As naturezas da Torre Paseos pola Coruña literaria é unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e a Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega, consistente na programación dunha serie de paseos pola nosa cidade da man das autoras e autores que escribiron obras ambientadas na Coruña Número de prazas: 55 por paseo

CANDO: último paseo, 30 de novembro de 2019, con Antonio Sandoval e "As naturezas da Torre"

HORARIO: ás 12.00 h.

INSCRIPCIÓNS: presencialmente no Centro Ágora, no tel. 981 184 200 ext. 34322 ou no correo-e a [email protected]

REQUISITOS: maiores de 16 anos

PREzO: gratuíto, previa inscrición

MÁIS INFORMACIÓN: Centro Ágora Lugar da Gramela, 17 (15010 - A Coruña) Tel.: 981 189 888 correo-e: [email protected] Web: www.coruna.gal/lingua

Somos o que lemos, encontros coa literatura contemporánea

A Fundación Seoane organiza o ciclo "Somos o que lemos. Encontros coa literatura contemporánea", un programa no que destacadas figuras do panorama das letras contemporáneas presentarán ao público os seus últimos traballos a través dunha serie de encontros dirixidos e coordinados por Javier Pintor.

O próximo encontro será coa escritora e ilustradora María Hesse (Sevilla, 1982) que presenta a súa obra "El placer" (Ed. Lumen, 2019).

CANDO: 9 de decembro de 2019

HORARIO: 20.00 h.

PREZO: entrada gratuíta ata completar capacidade

LUGAR / INFORMACIÓN: Fundación Luis Seoane San Francisco, 27 (15001 - A Coruña) Tel.: 981 216 015 correo-e: [email protected] Web: https://fundacionluisseoane.gal

Page 5: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ACTIVIDADES

Xornadas de consumo responsable “Enraizar nas Persoas”

EspazoCoop e a cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca promoven esta iniciativa coa que pretenden promocionar fórmulas e proxectos para un consumo responsable xurdidas dende o sector da economía social e o cooperativismo.

Estas xornadas abertas buscan dar a coñecer distintas entidades, plataformas, produtos e servizos e o impacto que xeran como alternativas de consumo, na creación de emprego e no seu mantemento.

CANDO e ONDE: sábado 30 de novembro: - no Centro Cívico Monte Alto:

de 11.00 a 14.00 h.: unhas 12 organizacións participarán nas distintas intervencións, mesas de debate, obradoiros e actividades lúdicas

17.00 h.: mesa “O Plan Alimentario nas Mariñas Coruñesas 2014-2022”

17.00 h.: obradoiro “Empoderamento fiscal e económico”, dinamizado por Étikas

18.30 h.: mesa “Cooperativismo de consumo” - no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio:

18.30 h.: obradoiro “Experimentación sobre coidados en saúde - na Cervexería Artesá Caneca Furada:

20.30 h.: monólogo de Chusco & Bruneti sobre consumo responsable domingo 1 de decembro. - no Campo da Leña:

desde as 11:00 h: Mercado Ecolóxico

13:00 h.: Mesa “Consumo responsable a pequena escala”, congrupos de consumo da provincia

13:00 h.: Festa 10º Aniversario da Cooperativa Zocamiñoca, amenizada por Espantallo Beat. PREZO: gratuíto *para asistir a calquera das actividades do 30 de novembro é necesaria inscrición previa en https://espazo.coop/ MÁIS INFORMACIÓN: Espazocoop Trav. San José, 10 Ent.A (15002 – A Coruña) Tel.: 881 887 456 Correo-e: [email protected] WEB: https://espazo.coop

Ciclo de concertos "Cataventos" en Afundación

Afundación organiza os xoves de decembro o ciclo de concertos para instrumentos de vento "Cataventos"

CANDO:

5 de decembro: "CatroCores", recital de trompa do cuarteto de mulleres CatroCores

12 de decembro: "Zoar Ensemble", conxunto interesado polo repertorio descoñecido, a recuperación do patrimonio musical e o compromiso coa nova creación

19 de diciembre: "Hércules Brass", finalistas na 8th International Jan Koetsier Competition for Brass Quintet e 1º premio no IV Concurso de Vent- Metall Valeriano Machi i Esparza

HORARIO: os xoves ás 20:00 h.

PREZO: 5€/concerto venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com

LUGAR / INFORMACIÓN: Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8 (15003 - A Coruña) Tel.: 981 185 060 correo-e: [email protected] www.afundacion.org

Page 6: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ACTIVIDADES

Concerto Benéfico OSG de bandas sonoras de cinema

A Orquestra Sinfónica de Galicia organiza o vindeiro xoves 28 de novembro un concerto benéfico a favor do Banco de Alimentos Rías Altas no que interpretarán coñecidas bandas sonoras como Star Wars, Piratas do Caribe, Gladiator, Bailando con Lobos, E.T., Jurassic Park ou Forrest Gump

CANDO: 28/11/2019

HORARIO: 20.30 h

PREZO: de 10€ a 15,50€

Venda de entradas: - anticipada: en Afundación, en liña en https://entradas.ataquilla.com ou por teléfono no 902 504 500 - día do concerto: no Palacio da Ópera de 11 a 14 h e de 17 h. ata o comezo do espectáculo

LUGAR / INFORMACIÓN: Pazo da Ópera Glorieta de América s/n (15004 - A Coruña) Tel.: 981 14 04 04 www.facebook.com/palacioopera Web: www.palaciodelaopera.com

Fanzine Fest 2019

A Coruña acolle en diferentes espazos da cidade a 5ª edición do Fanzine Fest, unha das citas imprescindibles para as persoas aficionadas á música electrónica e de vangarda

CANDO: do 05/12/2019 ao 07/12/2019

LUGAR:

Planetario xoves 5 de decembro, ás 21.00 h.: Death Whistle - Live A/V. Entradas agotadas

Fundación luis seoane venres 6 de decembro, de 11:00 a 3:00 h.: Amulador - DJ Set / Bosidilong - DJ Set / Dinamite - DJ Set / Galaxian - Live / Kushan Khan - DJ Set / Lefrenk - Live / Oswld - Live / Pervert - DJ Set / RAM - Live / The Panic Room - DJ Set / Viktor Flores - DJ Set. Entrada libre

Domus sábado 7 de decembro, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00: Taller de montaxe do módulo eurorack Music Thing Mikrophonie. Entrada: 50€

Teatro Colón sábado 7 de decembro de 12:00 a 14:00 h.: Dorian Concept - Live / Galgo - Live. Entradas: 15€

Sala o Túnel (coliseum) sábado 7 de decembro de 18:00 a 3:00 h.: Alienata - DJ Set / Fasenuova - Live / Lagoon - Live / Lena Andersson - Live / Levon Vincent - DJ Set / Roi - DJ Set / Sergi Palau - VJ Set / The Horrorist - Live / VJ Caskbel - VJ Set. Entradas: 20€/25€ *venda de entradas en https://fanzinefest.com

MÁIS INFORMACIÓN: Fanzine Fest www.facebook.com/fanzinerecordsspain Web: https://fanzinefest.com

Page 7: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ACTIVIDADES

Axenda de concertos na Coruña

Programación de concertos desta semana nas salas de concentos e outros espazos da cidade Teatro Rosalía. R/ Riego de Agua, 37 (15001 - A Coruña) www.coruna.gal/cultura xoves 28 ás 20.00 h.: BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA. Entrada: gratis domingo 1 ás 19.00 h.: XV CICLO DE COROS HISTÓRICOS CANTIGAS DA TERRA. Entrada: gratis

Pazo da Ópera. Glorieta América (15004 - A Coruña) www.palaciodelaopera.com venres 29 ás 20.30 h.: VANESSA MARTÍN. Entradas: desde 30€

Centro Ágora. Lugar da Gramela, 17 (15010-A Coruña) http://www.coruna.gal/agora sábado 30 ás 19.00 h.: VI FESTIVAL DIAPASÓN. Entradas: gratis

Museo de Belas Artes. Rua Zalaeta s/n (15002 - A Coruña) http://museobelasartescoruna.xunta.es domingo ás 12.00 h.: Ciclo “Concertos de Outono”, CONCERTUS CRUNIENSIS (cuarteto vocal e de cordas). Entradas: gratis

Afundación. Cantón Grande, 8 (15003 - A Coruña) www.facebook.com/Afundacion xoves 28 ás 20.30 h.: JEFF BALLARD TRÍO. Entradas: 14€

Sala Mardi Gras. Travesía da Torre, 8 (15002-A Coruña) www.facebook.com/salamardigras sábado 30 ás 22.30 h.: SEX MUSEUM. Entradas: 10€/20€

Bâbâ Bar. R/ Pérez Cepeda, 23 (15004 - A Coruña) www.facebook.com/baba.bar.7 jueves 28 a las 21.00 h.: MIKE ROSS. Entradas: 8€/10€ viernes 29 a las 22.00 h.: RAQUEL CAPOTE. Entradas: 10€ sábado 30 a las 22.00 h.: SILVIA PENIDE. Entradas: 6€

Sala Garufa Club. R/ Riazor, 5 (15004-A Coruña) www.facebook.com/SalaGarufaClub xoves 28 ás 22.30 h.: GARUFA BLUE DEVILS BIG BAND. Entradas: 12€ venres 29 ás 23.00 h.: OCTOPUS´S GARDEN. Entradas: 7€ sábado 30 ás 22:00 h.: THE LIMBOOS. Entradas: 12€/16€

Jazz Filloa. R/ Cega, s/n (15003 – A Coruña) www.facebook.com/Filloa-Jazz-Club sábado 30, pases ás 22.00 e 23.00 h: GARCÍA & SANMAMED. Entradas: 7€

Playa Club. Plataforma de Riazor s/n (15011 - A Coruña) http://playaclub.club/programacion venres 29 ás 22:30 h.: OS ZIGARROS. Entradas: 16€ sábado 30 ás 21:00 h.: DVICIO. Entradas: 20€

Sala LeClub. R/ Rey Abdulah, 13 (15004 – A Coruña) www.facebook.com/salaleclub venres 29 ás 22.00 h.: LEMOT. Entradas: 10€

Sala Pelícano. Avda. do Porto, 3 (15003 – A Coruña) https://salapelicano.com sábado 30 ás 22.30 h.: NOVEDADES CARMINHA. Entradas: 16€/20€

Page 8: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix CURSOS

II Seminario de defensa persoal para a muller

Seminario organizado por Judo Club Coruña cuxa recadación irá a beneficio de Tierra de Hombres.

CANDO: 10, 12 e 14 de decembro de 2019

HORARIO:

Grupo A: martes e xoves de 10:00 h a 11:00 h

Grupo B: martes e xoves de 21:00 h a 22:00 h

Grupo C: sábado de 10:00 h a 12:00 h

Grupo D: sábado de 18:00 h a 20:00 h

REQUISITOS:

Idade: a partir dos 10 anos

PREZO: 10 €, a beneficio de Tierra de Hombres

LUGAR / INFORMACIÓN: Ximnasio Judo Club Coruña R/ Pintor Seijo Rubio, 19 Tel.: 981 290 739 [email protected] https://twitter.com/gimjudocoruna

Page 9: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix CONCURSOS

Premio Gloria Fuertes de Poesía Nova 2020

A Fundación Gloria Fortes convoca o Premio Gloria Fuertes de Poesía Nova 2020.

INSCRICIÓNS: ata o 31/12/2019 REQUISITOS:

poetas e poetisas de calquera nacionalidade, entre os 16 e os 25 anos, con libros escritos en lingua castelá non premiados anteriormente en outro concurso.

Os orixinais, con liberdade de tema e forma, e coa advertencia de que non é un premio de poesía infantil, deberán ser inéditos na súa totalidade e ter unha extensión non inferior a 500 versos nin superior a 700.

Enviarase un só exemplar, en folios impresos por unha soa cara, debidamente numerados e encadernados, cosidos ou grapados. Os libros presentados deberán ir asinados polos seus autores, con indicación do seu domicilio, teléfono, e-mail e acompañados dunha breve nota biográfica e dunha fotocopia do carné de identidade como acreditación.

DOTACIÓN: 300 € e edición do libro

MÁIS INFORMACIÓN: Fundación Gloria Fuertes Apartado 19.186 (28080 – Madrid) Tel: 913 590 315 / correo-e:[email protected] Web: www.gloriafuertes.org/premio-gloria-fortes-poesia-novo

Concurso-exposición Letras Galegas 2020 A Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa colaboración da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2020, Ricardo Carballo Calero, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.

INSCRIPCIÓNS: ata o 22/01/2020 REQUISITOS:

Poderán participar todos os centros docentes do ensino público non universitario dependentes da Consellería de Educación, Universidade e FP, establecéndose as seguintes categorías: Categoría A: centros de Ed. Infantil e Primaria; Categoría B: centros de Ed. Secundaria e Bacharelato, de FP e ensinanzas especiais.

traballo será cooperativo e implicará a colaboración activa do alumando e profesorado de diferentes departamentos, niveis, ámbitos, materias, áreas e/ou módulos.

A exposición constará de: 10 carteis de 70x50 cm. en disposición vertical, e unha guía ou cuestionario dunha extensión máxima de 28 páxinas, que terán o obxectivo de guiar a observación da exposición e fomentar o labor de investigación do alumnado. Incluirá portada, páxina de créditos e contraportada.

Os traballos serán orixinais e inéditos. A técnica que será libre e poderanse presentar en cor.

Os traballos entregaranse en formato dixital PDF e JPG, e a guía en formato PDF. Consultar modos de presentación nas bases.

DOTACIÓN: 2000 € para a exposición gañadora de cada categoría O profesorado que participe de forma activa nas exposicións gañadoras recibirá un 1º premio de innovación educativa (20 horas de formación permanente do profesorado)

MÁIS INFORMACIÓN: Secretaría Xeral de Política Lingüística Rúa San Roque, 2 (15781 - Santiago de Compostela) Tel.: 881 996 324 / correo-e: [email protected] WEB: http://www.lingua.gal

*DOCUMENTO: Bases completas (352 KB)

Page 10: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix CONCURSOS

Premio de Ensaio e Creación audiovisual Xohana Torres 2019

O Concello de Santiago de Compostela convoca o premio Xohana Torres de ensaios e creacións audiovisuais sobre a Memoria Histórica das Mulleres de Galicia.

INSCRICIÓNS: ata o 31/12/2019 REQUISITOS:

Os traballos tratarán da participación social e política das mulleres e terán como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica, e sempre se referirán a mulleres compostelás.

Pode participar calquera persoa, de xeito individual ou colectivo, que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade, nunha das seguintes modalidades: - Modalidade ensaio: a) presentar por duplicado un único traballo en soporte dixital, en formato PDF cun tamaño máximo do arquivo de 100 MB presentándose en cadanseu DVD ou Pendrive. Os traballos terán unha extensión mínima de 150 e máxima de 300 páxinas, a dobre espazo, tamaño da fonte 12, con marxes de 2,5 centímetros, a unha soa cara e numeradas. b) estrutura: introducción (tema e obxectivo); desenvolvemento do tema; conclusións; bibliografía - Modalidade creación audiovisual: a) os traballos, en calquera tipo de expresión artística (flashmob, textos lidos ante a cámara, videoclips, fotomontaxes, curtas etc), presentaranse por duplicado cunha duración mínima de 15 min. b) presentaranse en formato DVD, no que se incluirá unha copia do vídeo e un link a unha plataforma de vídeos na cal poder ver a obra (Youtube ou Vimeo).

Todas as obras empregarán lingua galega e linguaxe non sexista.

DOTACIÓN: Premio modalidade de ensaio: 2.500 € Premio modalidade de creación audiovisual: 2.500 €

MÁIS INFORMACIÓN: Concello de Santiago de Compostela Isaac Díaz Pardo 2- 4 (15705 Santiago de Compostela) Tfno.: 981 542 465 / correo-e: [email protected] web: http://santiagodecompostela.gal

PUBLICACIÓN: BOP 13/03/2019 (bases)

12º Concurso de maquetas "Queixo maquetón"

O Concello de Arzúa organiza este concurso co obxectivo de elixir o grupo ou solista que actuará no Festival do Queixo o sábado 29 de febreriro de 2020, dentro da 45º Festa do Queixo.

INSCRICIÓNS: ata o 15/01/2020, ás 15:00 h. REQUISITOS:

Grupos ou solitas con residencia en España que non teñan álbum publicado, coa excepción dos autoeditados, ou non teñan firmado contrato discográfico.

Só se admitirán traballos encadrados estilisticamente dentro do pop rock e novas tendencias: Rock, Pop, Post Rock, Tecno Pop, Power Pop, Art Rock, Indie, Indie Pop, Electrónica, Electro Pop,…

Enviar a [email protected] a información e documentación detallada nas bases.

DOTACIÓN: 1.300 € + actuación no Festival do Queixo 2020 + entrevista promocional en Radio Arzúa e redes sociais do evento

MÁIS INFORMACIÓN: Concello de Arzúa R/ Santiago, 2 (15810 – Arzúa, A Coruña) Tel: 981 500 222 / correo-e: [email protected] Web: www.festadoqueixo.org

*DOCUMENTO: Bases completas (214 KB)

Page 11: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix CONCURSOS

30º Concurso fotográfico "Caminos de Hierro"

A Fundación dos Ferrocarrís Españois convoca a 30ª edición do concurso fotográfico "Caminos de Hierro", co obxectivo de fomentar a creatividade no ámbito do ferrocarril.

INSCRICIÓNS: ata o 21/01/2020 REQUISITOS:

Cada autor/a poderá presentar un máximo de 3 fotografas individuais ou unha serie fotográfica (3, 4 ou 5 fotografías, montadas nun único ficheiro.) relacionadas co mundo do ferrocarril, todas inéditas.

As fotografías individuais poderán ter un formato mínimo de 24x30 cm e máximo de 40x60 cm. O tamaño total das series non poderá exceder de 90x45 cm (horizontal ou vertical).

As fotografías enviaranse en formato jpg. (máximo 1,5 MB) a través da web do concurso. Das propostas enviadas, preseleccionaranse un máximo de 150 obras que se deberán presentar en formato papel para optar á selección (70 fotografías finalistas) e aos premios.

DOTACIÓN: - 1º premio: 4.000 €. - 2º premio: 2.000 €. - Premio Autor Novo (fotógrafos de ata 25 anos cumpridos durante 2019): 1.200 €. - Accésits: catro de 300 € cada un.

MÁIS INFORMACIÓN: Fundación dos Ferrocarrís Españois Rúa Santa Isabel, 44 - 28012 Madrid Tel..: 911 511 015 / correo-e: [email protected] Web: http://www.caminosdehierro.es/

*DOCUMENTO: Bases do concurso (509 KB)

Concurso Reporteiros na Rede 2020 Ibercaja convoca esta proposta de ámbito nacional para fomentar a investigación e o uso da tecnoloxía por parte dos estudantea. INSCRICIÓNS: ata o 17/01/2020. REQUISITOS:

Poderán participar estudantes de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos (idade límite 20 anos) de centros educativos españois, coordinados por un profesor do seu centro.

Ten 2 áreas temáticas (Ciencia-Mobilidade e Educación Financeira) e 2 modalidades ("Artigo Escrito" e "Peza Audiovisual Curta:vídeo”). Poderase participar nunha temática ou ambas, cunha modalidade ou ambas (un alumno podería participar ata en 4 obras de diferente temática e modalidade)

O artigo non poderá ser inferior a 1.000 palabras nin superior a 1.500, e estará escrito en español e en documento Word ou LibreOffice

O vídeo será inédito, non poderá exceder os 5 minutos e o audio estará en español ou, na súa falta, subtitulado en español. O arquivo final non poderá superar os 600 MB de tamaño e a altura dos fotogramas non poderá ser inferior a 480 píxeles.

A inscrición realizarase na web do concurso ata o 7 de xaneiro de 2020, e a entrega dos traballos finalizará o 7 de febreiro.

DOTACIÓN: - Premio de 1150 € para os gañadores en cada modalidade en cada etapa educativa - Os profesores coordinadores recibirán unha gratificación en efectivo. MÁIS INFORMACIÓN: Fundación Ibercaja Sede Central: Joaquín Costa, 13 (50001 - Zaragoza) Tel.: 976 971 910 / correo-e: [email protected] web: www.fundacionibercaja.es/concurso-reporteiros-en-a-rede-2020

*DOCUMENTO: Bases do concurso (755 KB)

Page 12: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix VARIOS

Prazas para auxiliares de conversación no estranxeiro

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca prazas para auxiliares de conversación españois no estranxeiro para o curso académico 2020-2021.

Destinos: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Estados Unidos, Federación de Rusia, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Nova Zelandia, Reino Unido, Suecia e Suíza.

DURACIÓN: Entre o 1 de outubro de 2020 e o 31 de maio de 2021.

INSCRICIÓNS: ata o 18/12/2019 en la aplicación Profex, accesible desde www.educacionyfp.gob.es

REQUISITOS:

Ter nacionalidade española.

Estar nalgunha das situacións académicas seguintes: a) Obter o título de graduado, licenciado ou mestre nunha das titulacións que se relacionan no Anexo

I da convocatoria no curso académico 2015-2016 e ademais posuír ou estar a cursar un título de Máster Oficial de Ensino do Español como Lingua Estranxeira, no ámbito da didáctica de linguas estranxeiras, ou Máster que habilita para o exercicio da función docente ou equivalente.

b) Obter unha das titulacións que se relacionan no Anexo I da convocatoria nos cursos académicos 2016-2017, 2017-2018 ou 2018-2019.

c) Ser estudante de último curso durante o presente curso 2019-20 dunha das titulacións que se relacionan no Anexo I da convocatoria. Entenderase que os solicitantes deben estar en condicións de obter unha titulación ao finalizar o curso académico 2019-2020, para iso deben estar matriculados de todos os créditos necesarios para finalizar os estudos.

Non ocupar praza de auxiliar de conversación no presente programa con anterioridade.

Cumprir cos requisitos específicos de cada país que se relacionan no Anexo II da convocatoria.

DOTACIÓN: A axuda consistirá nunha compensación económica indicada, a título orientativo, no Anexo V da convocatoria, en concepto de

gastos de aloxamento e manutención e determinada polas autoridades educativas do país de destino. No caso de Canadá e Estados Unidos, o financiamento corre a cargo do Ministerio de Educación e Formación Profesional MÁIS INFORMACIÓN: Ministerio de Educación e Formación Profesional Paseo de Prado, 28 (28014 - Madrid) Teléfono 91 506 55 94 Correo-e: [email protected]

Web: www.educacionyfp.gob.es

PUBLICACIÓN: BOE 22/11/2019 (Extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS(Identif.):482540

Page 13: boletín semanal de convocatorias www ... - edu.xunta.gal · A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en decembro un ciclo de cinema dedicado ao director canadense Jean-Marc

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix VARIOS

“A Casa dos xoguetes”: recollida e entrega de xoguetes

O Concello da Coruña, a través da OMIC, pon en marcha A Casa dos Xoguetes; unha iniciativa de economía circular na que un servizo municipal de recollida almacenará, para a súa posterior entrega, as doazóns desinteresadas de xoguetes destinados a nenas/os de ata 14 anos.

Ademais os rapaces e rapazas que se acheguen ata “A Casa dos Xoguetes” no poboado de Nadal en María Pita poderán construír os seus propios xoguetes, adornos de Nadal, escoitar contos e xogar, todo elo co obxectivo de fomentar un consumo e hábitos responsables en torno aos xoguetes. CANDO e ONDE: datas e lugares da recollida de xoguetes:

do 12 ao 29 de novembro de 2019 na Rúa Alfredo Vicenti, nº 31, baixo: de luns a venres de 10 a 20 h.

do 07 ao 22 de decembro de 2019 na Praza de María Pita (na caseta habilitada dentro do poboado de Nadal): de luns a venres, de 17 a 20 h, sábados e domingos de 12 a 14 e de 17 a 20 h.

do 23 de decembro de 2019 ao 01 de xaneiro de 2020 na Praza de María Pita (na caseta habilitada dentro do poboado de Nadal): todos os días de 12 a 14 e de 17 a 20 h.

* horarios especiais do mes de decembro e xaneiro:

día 24: de 12 a 14 e de 17 a 19 h.

día 25: de 17 a 20 h.

día 31: de 12 a 14 e de 17 a 19 h.

día 1: de 17 a 19 h

REQUISITOS:

dos xoguetes: - deben ser produtos deseñados para ser utilizados con fins de xogo por menores de 14 anos. - deben de reunir boas condicións de hixiene e de estado. - deben de ser seguros.

Para participar nos obradoiros educativos: inscrición previa das/os participantes (as inscricións abrirán 30 min. antes da actividade)

MÁIS INFORMACIÓN: Oficina Municipal de Información as Persoas Consumidoras (OMIC) Tel.: 981 189 820 Tel. de información xeral do concello: 010

WEB: www.tendasolidariacoruna.gal

Canal de Whatsapp Xuventude

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, poñerá en marcha por primeira vez un canal de WhatsApp, a través do cal dará a coñecer todos os programas, novidades e futuras accións nas que pode participar a mocidade.

Ao mesmo tempo, responderá tamén a todas as dúbidas, preguntas e inquedanzas que lles fagan chegar.

CANDO: desde novembro de 2019

REQUISITOS:

Ter entre 18 e 30 anos.

Enviar un correo-e co asunto “WhatsApp de Xuventude” a [email protected]

MÁIS INFORMACIÓN: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Edif. de Traballo, 3º andar. San Lázaro 15707 - Santiago de Compostela Correo-e: [email protected] Web: xuventude.xunta.es