BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3....

11
1 BIBLIOTECA UNIVERSITARIA MODULO 3: BUSCAR INFORMACIÓN 3.1 FONTES DE INFORMACIÓN 3.1.1 Que é unha fonte de información 3.1.2 Tipos de fontes de información 3.2 O PROCESO DE BUSCA DE INFORMACION 3.3 BUSCAR NA WEB DA BUSC 3.4 BUSCAR EN INTERNET 3.1. FONTES DE INFORMACIÓN 3.1.1 Que é unha fonte de información Chamamos fontes de información a todos aqueles recursos dos que dispoñemos para buscar, localizar e identificar información independentemente do soporte no que se atopen. 3.1.2 Tipos de fontes de información As fontes de información poden conter información orixinal sobre un tema (fontes primarias) ou ben información sobre outros documentos, datos, etc (fontes secundarias). Segundo este criterio podemos diferenciar en canto a fontes de información: Fontes que conteñen información orixinal sobre un tema: Libros ou monografías, revistas, periódicos, publicacións oficiais, teses, actas de congresos, ... A monografía é unha publicación que contén un texto completo e homoxéneo nun volume ou nun número limitado deles e presenta un estudo completo dunha materia determinada. Xeralmente identifícase monografía co libro. Dentro das monografías os

Transcript of BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3....

Page 1: BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN 4

1

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA

MODULO 3: BUSCAR INFORMACIÓN

3.1 FONTES DE INFORMACIÓN

3.1.1 Que é unha fonte de información

3.1.2 Tipos de fontes de información

3.2 O PROCESO DE BUSCA DE INFORMACION

3.3 BUSCAR NA WEB DA BUSC

3.4 BUSCAR EN INTERNET

3.1. FONTES DE INFORMACIÓN

3.1.1 Que é unha fonte de información

Chamamos fontes de información a todos aqueles recursos dos que dispoñemos para

buscar, localizar e identificar información independentemente do soporte no que se atopen.

3.1.2 Tipos de fontes de información

As fontes de información poden conter información orixinal sobre un tema (fontes

primarias) ou ben información sobre outros documentos, datos, etc (fontes secundarias).

Segundo este criterio podemos diferenciar en canto a fontes de información:

Fontes que conteñen información orixinal sobre un tema: Libros ou monografías,

revistas, periódicos, publicacións oficiais, teses, actas de congresos, ...

A monografía é unha publicación que contén un texto completo e homoxéneo nun

volume ou nun número limitado deles e presenta un estudo completo dunha materia

determinada. Xeralmente identifícase monografía co libro. Dentro das monografías os

Page 2: BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN 4

MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN

2

manuais son publicacións que recollen os coñecementos esenciais dunha ciencia,

técnica ou arte.

Unha publicación periódica é unha publicación colectiva (nela interveñen moitos

autores con distintas contribucións) que aparece, -cun tipo de periodicidade

determinada (mensual, trimestral, anual...)-, en volumes ou fascículos sucesivos,

relacionados entre si por orde numérica e cronolóxica durante un tempo non limitado

de antemán. Xeralmente identificámolas coas revistas. Pero tamén son consideradas

publicacións periódicas os xornais (de periodicidade diaria) e os anuarios (de aparición

anual).

As revistas proporcionan a información máis actualizada. A meirande parte da

información científica, especialmente nas áreas científico-técnicas e da saúde,

transmítese a través dos artigos que aparecen nelas. A tendencia actual é facelo en

formato electrónico e, dentro deste, vaise abrindo camiño a publicación en acceso

aberto (gratuíto) a texto completo.

Algunhas revistas especializadas na área de Economía e da Empresa son, por exemplo:

o Nacionais:

▪ Cuadernos económicos de ICE. Madrid : Ministerio de Comercio y Turismo, 1973- . ISSN 0210-2633

▪ Eco: revista de economía atlántica. [Santiago de Compostela]: Economía Atlántica, 1991- . ISSN 1130-8478

▪ Economía Industrial. Madrid : Ministerio de Industria y Energía, Servicio de Publicaciones, 1966-. ISSN 0422-2784

▪ Harvard-Deusto Business Review. Bilbao : Ediciones Deusto, 1980-. ISSN 0210-900X

▪ Papeles de Economía Española. Madrid : Confederación Española de Cajas de Ahorros, 1980-. ISSN 0210-9107

▪ Revista Alimarket. Madrid : Publicaciones Alimarket, [1991]-. ISSN 1134-8151

▪ Revista Galega de Economía. Santiago de Compostela : Universidade, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 1990-. ISSN 1132-2799

o Internacionais:

▪ The Economist. London : Economist newspaper, 1843-. ISSN 0013-0613

▪ Harvard business review. Boston : Graduate school of Business Administration, Harvard University, 1922-. ISSN 0017-8012

▪ Problèmes économiques. Paris : La Documentation Française, 1948- . ISSN 0032-9304.

Page 3: BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN 4

MODULO 3.1. FONTES DE INFORMACIÓN

3

o Prensa económica:

▪ Cinco Días. Madrid : DIESA, 1978-. ISSN 1699-3594

▪ Expansión. Madrid : Area, 1986-. ISSN 1698-7136

▪ Gaceta de los negocios. Madrid : SPESA, 1992-. ISSN 1134-3931

Unha tipoloxía de publicación periódica que pode resultar de especial interese son os

boletíns como o DOGA ( Diario oficial de Galicia), ou o BOE (Boletín Oficial del Estado)

que recompilan disposicións e normas emitidas por diferentes organismos. Moitas

entidades do campo da Economía e da Empresa editan os seus propios boletíns, que

adoitan ofrecer na súa páxina web en acceso aberto. Algúns exemplos son o do Banco

de España ou o do Fondo Monetario Internacional.

Page 4: BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN 4

MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN

4

Obras de referencia ou consulta: Están realizadas para conter moita información e a súa

estrutura serve de guía para chegar a eses datos ou informacións puntuais. Algunhas

pretenden recompilar o saber, outras están máis enfocadas a proporcionar datos

específicos. Algúns exemplos:

o Dicionarios e enciclopedias: Oxford Reference, accesible na rede da USC, desde

a páxina inicial da web da BUSC (clicando no enlace Recursos electrónicos, ou

desde a icona reBUSCa, Diccionarios-Enciclopedias) ofrece acceso a obras de

referencia especializadas en todas as áreas do saber. Para Economía e Empresa

ofrece 11 dicionarios, 8 baixo a materia Social Sciences – Economics, e 3 baixo a

materia Business and Management. Outros recursos destacados son o Palgrave

Dictionary of Economics , elaborado e revisado continuamente polos mellores

especialistas da área; ou The Concise Encyclopedia of Economics, que recolle

artigos e biografías de famosos economistas.

o Atlas: World Atlas & Map Library; The Atlas of Economic Complexity.

o Directorios: The Global Resource Directory, ofrece unha colección de milleiros

de recursos relacionados co comercio internacional, seleccionados pola

Universidade de Michigan pola calidade dos seus contidos e organizados en

categorías temáticas coa finalidade de axudar a estudantes e investigadores.

A nivel galego cómpre coñecer o directorio Ardán, que recolle datos de máis de

10000 empresas galegas, ofrecendo listaxes por facturación, localidade e sector,

así como informes de competitividade, diagnóstico I+D+I, etc (pódese consultar

na Biblioteca).

A BUSC ofrece unha selección de obras de consulta en formato

electrónico, tanto gratuítas como de subscrición.

Lembra que os recursos electrónicos de pago son accesibles

dentro da rede da USC e, ademais, algúns permiten o acceso

en remoto desde fóra da universidade utilizando o sistema SIR,

tal como vimos no módulo anterior.

Page 5: BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN 4

MODULO 3.1. FONTES DE INFORMACIÓN

5

Catálogos e bases de datos documentais: son o resultado da análise e organización das

fontes que conteñen información orixinal para facelas máis accesibles:

o Catálogo de biblioteca: relación ordenada de rexistros bibliográficos que identifican

todos os recursos existentes na Biblioteca. Dous exemplos son o Catálogo da BUSC1

(ao que dedicaremos o apartado 3.3) e o catálogo de Rebiun (Red de Bibliotecas

Universitarias). Neste último podes localizar os recursos existentes nas bibliotecas

que conforman a rede, xa que todas colaboran activamente na súa alimentación

(incluída a BUSC), cada una coa achega dos rexistros da súa propia colección. É un

exemplo do que se coñece como “catálogo colectivo”. Outro exemplo sería o

Worldcat, formado por coleccións de bibliotecas de todo o mundo, e que constitúe

unha fonte fundamental de información.

o Base de datos: conxunto de información estruturada en rexistros e almacenada nun

soporte electrónico, lexible desde un dispositivo con conexión a internet.

Cada documento correspóndese cun rexistro bibliográfico. A súa finalidade é

organizar ditos rexistros para, posteriormente, poder realizar buscas e recuperar a

información.

Como bases de datos multidisciplinares cabe destacar a Web of Science e Scopus,

que recollen información científica e académica a nivel mundial nas areas das

ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades, e inclúen actas de congresos,

informes, workshops, etc. Estes recursos son accesibles a través de reBUSCa, e

falaremos deles polo miúdo no apartado 3.3 deste módulo.

Pola súa banda, como bases de datos especializadas na área de Economía e

Empresa cómpre ter en conta:

Business Source Premier (BSP): ofrece información das áreas de

empresas, economía, xestión, finanzas, contabilidade, negocios internacionais...

Deseñada especificamente para bibliotecas e escolas de Empresariais, esta base de

datos contén documentos extraídos de revistas, periódicos e informes, que en boa

parte están a texto completo.

Entre as revistas que inclúe atópanse as máis prestixiosas do mundo como

Harvard Business Review, Academy of Management Journal, Journal of Marketing

1 A Biblioteca de Económicas elaborou un tríptico sobre o catálogo e as súas principais prestacións. Podes

descárgalo aquí.

Page 6: BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN 4

MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN

6

Research (JMR), etc. Algunhas delas, -máis de 200-, ofrecen o texto completo en

formato PDF, desde o ano 1965, ou desde o inicio da publicación.

O acceso á BSP é por subscrición (EBSCO) polo que para poder consultala

cómpre empregar un ordenador da Biblioteca ou ben acceder co noso propio

dispositivo a través do SIR (podes consultar como facelo aquí).

Como sabemos, as buscas de información baséanse no uso de “descritores”

ou palabras chave preestablecidos polo propio recurso de información. Isto implica

que o usuario debe coñecer de antemán que descritor/es debe empregar á hora de

facer unha determinada busca. No caso de elixir o descritor adecuado (o mesmo

elixido pola base de datos cando llo asignou ao documento), o usuario obterá un

resultado pertinente. Neste sentido, a BSP ofrece axuda mediante unha listaxe de

“descritores suxeridos”, sempre que ao lanzar a busca teñamos escollida esta

opción:

Unha vez obtidos os resultados, no caso de ser demasiados ou pouco

pertinentes, a BSP permite restrinxilos empregando filtros (columna da esquerda),

activando ou desactivando as opcións que nos interesen.

Page 7: BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN 4

MODULO 3.1. FONTES DE INFORMACIÓN

7

Cómpre destacar tamén a opción que ofrece a BSP para buscar por “Compañía

ou Entidade”, xa que permite coñecer a literatura existente sobre esa compañía, e

mesmo podemos obter o análise DAFO da entidade combinando a busca co

descritor “SWOT” (DAFO polas súas siglas en inglés) no campo “texto completo”.

Para saber máis sobre as técnicas de busca na BSP consulta o titorial na

sección de “Recursos a un clic” do curso.

Regional Business News: Base de datos a texto completo de publicacións de

negocios de ámbito rexional. Inclúe xornais e información publicada en Internet, que

abarca todas as áreas metropolitanas e rurais de Estados Unidos e Canadá.

Actualízase diariamente. O acceso a esta base de datos é por subscrición (a través de

EBSCO), polo que o dito para a BSP é válido tamén para esta ferramenta.

SABI (Sistema de Análise de Balances Financeiros) : é unha base de datos con

información financeira de máis de 2.000.000 de empresas españolas e 500.000

empresas portuguesas (a BUSC non ten contratado o acceso ás portuguesas).

Permite a creación e descarga de informes, realización de estatísticas e

comparativas de empresas ou grupos de empresas, ilustracións de balances, gráficas,

etc.

Trátase, polo tanto, dunha ferramenta imprescindible na análise financeira e

márketing estratéxico, que se caracteriza pola súa extensa cobertura, a

estandarización dos estados financeiros, a facilidade no manexo do software e pola

flexibilidade para a obtención e explotación da información.

Os datos actualízanse periodicamente e obtéñense de fontes oficiais como o

Rexistro Mercantil ou o BORME.

Page 8: BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN 4

MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN

8

Para cada compañía pódense visualizar diversos gráficos que ilustran a evolución da

magnitude escollida en función do tempo. Por exemplo, ver como variaron nos últimos 8 anos

os ingresos de explotación en forma de gráfico de barras.

Ademais, cada empresa forma

parte dun grupo por defecto segundo

a súa actividade e o sistema permite

ilustrar gráficos comparativos de

cada empresa respecto ao seu grupo

de referencia.

O sistema de busca permite

empregar diversos conceptos,

combinando á vez, diferentes

criterios. Os resultados pódense

imprimir, gardar nun ficheiro, exportar en diferentes formatos ou enviar por correo electrónico.

O acceso a esta base de datos tamén é por subscrición. Podes atopala na web da

Biblioteca, na sección de Recursos electrónicos, Bases de datos (están por orde alfabética).

Westlaw: Trátase da base de datos máis completa que existe actualmente en España no

ámbito do dereito, incluíndo, entre outras cousas:

✓ Información detallada das actividades e situación económico-financieira de

tódalas sociedades españolas. Subvencións, puxas e concursos.

✓ Acceso a tódalas cotizacións bursátis do mercado continuo, novo mercado e IBEX

35.

✓ Lexislación do Estado dende 1930

✓ Lexislación das Comunidades Autónomas dende o seu inicio

Portais de información: sitio web que ofrece ao usuario, de xeito integrado e fácil,

acceso a recursos e servizos relacionados cun tema. Inclúe documentos, enlaces, foros,

buscadores, etc. A meirande parte dos sitios web institucionais configúranse na

actualidade como portais de información no seu ámbito.

Page 9: BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN 4

MODULO 3.1. FONTES DE INFORMACIÓN

9

Vexamos algúns exemplos:

▪ BASE (Bielefeld Academic Search Engine) http://www.base-search.net/

BASE é un dos buscadores máis potentes do mundo para o acceso aberto a recursos web

académicos. Recolle, normaliza , e indiza os datos en acceso aberto de máis de 60 millóns de

documentos, de máis de 3.000 fontes. Pode acceder os textos completos de preto de 70% dos

documentos indexados. O contido é continuamente mellorado pola integración doutras fontes.

Aínda que é multidisciplinar, permite restrinxir as buscas á área da Economía de xeito

sinxelo, escollendo o número que lle corresponde na Clasificación Decimal Universal2 (o

número 33):

2 A CDU é a clasificación utilizada na meirande parte dos catálogos bibliográficos e bibliografías de España. Intenta organizar todos os campos do coñecemento en dez clases principais, que á súa vez son dividas noutras dez, e estas novamente, en dez seccións. Polo tanto, hai 10 clases principais, 100 divisións e 1000 seccións.

A TER EN CONTA... ✓ Coloquialmente chamamos páxina web

indistintamente a un sitio web ou a un portal mais, en realidade, un sitio web inclúe varias páxinas web.

✓ Internet ofrece unha grande cantidade de información procedente de diversas fontes, con datos fiables e non fiables.

Page 10: BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN 4

MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN

10

▪ Eumed (Enciclopedia y Biblioteca Virtual de las Ciencias Sociales, Económicas y Jurídicas)

Neste sitio web pódese atopar gratis e accesible libremente, o texto completo de

dicionarios, libros, revistas, teses doutorais, cursos, vídeos e presentacións multimedia sobre

Economía, Dereito e outras Ciencias Sociais.

Esta web está elaborada por un equipo de investigación especializado no estudo das

consecuencias económicas e sociais de Internet. Promove o uso social e educativo da rede e

organizan congresos científicos internacionais a través da mesma.

▪ Eurostat (Statistical Office of the European Communities)

É a oficina estatística da Comisión Europea, que produce datos sobre a Unión Europea e

promove a harmonización dos métodos estatísticos dos estados membros.

Algúns dos seus papeis particularmente importantes son a produción de datos

macroeconómicos que apoian as decisións do Banco Central Europeo na súa política monetaria

para o euro, e os seus datos rexionais e clasificación (NUTS), que orientan as políticas

estruturais da Unión Europea.

En España, a principal fonte de datos estatísticos en acceso aberto é o Instituto Nacional

de Estatística (INE), cuxo equivalente en Galicia é o IGE.

▪ RePEc (Research Papers in Economics)

É un esforzo de colaboración de centos de voluntarios, procedentes de 82 países, para

mellorar a divulgación da investigación en Economía e ciencias afíns. O corazón do proxecto é

unha base de datos bibliográfica descentralizada, formada por documentos de traballo, artigos

de revistas, libros, capítulos de libros e compoñentes de software.

▪ EconPapers: portal de acceso a

información especializada en Economía

que recolle referencias de documentos

impresos ou en formato electrónico,

códigos económicos, recursos en

Internet... nutríndose da base de datos

RePEC, a máis ampla colección en liña

de documentos de traballo e artigos científicos sobre Economía. A meirande parte dos textos

son libremente accesibles, mais algúns requiren de subscrición e /ou rexistro.

Page 11: BIBLIOTECA UNIVERSITARIA - usc.es · de España ou o do Fondo Monetario Internacional. MODULO 3. BUSCAR INFORMACIÓN 4

MODULO 3.1. FONTES DE INFORMACIÓN

11

▪ Buscador de Economía e Empresa: plataforma educativa creada por un equipo de

profesores da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña que conta coa

colaboración do equipo técnico da Biblioteca. Pretende facilitar a calquera usuario interesado a

procura de información sobre Economía e Empresa.

▪ Unidade Galicia Emprende (IGAPE): Anteriormente coñecida como BIC Galicia, ten entre

as súas funcións fomentar o espírito emprendedor, apoiar a creación de empresas, dotar os

futuros empresarios dos coñecementos e habilidades necesarias para xestionar a súa empresa

e apoiar a consolidación e innovación no tecido empresarial galego.