bbresources.s3.amazonaws.com€¦  · Web viewNa sección Word Games incluíronse divertidos xogos...

122
Nome do Centro: (*) _____________________________________________ Área de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________

Transcript of bbresources.s3.amazonaws.com€¦  · Web viewNa sección Word Games incluíronse divertidos xogos...

Nome do Centro: (*) _____________________________________________

Área de Inglés Curso escolar 200__/0__ (*)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________

ÍNDICE DOS CONTIDOS

BURLINGTON PASSPORT FOR ESO 1

1. Descrición da identidade do centro (*)

2. Introdución e metodoloxía

3. Competencias básicas

4. Secuencia dos Obxectivos Xerais de Área

5. Contidos xerais do primeiro curso

6. Secuencia de contidos das unidades

7. Atención á diversidade

8. Avaliación e promoción (*)

9. Actividades complementarias e extraescolares (*)

10. Materiais e recursos didácticos (*)

(*) Indicamos con este símbolo aqueles puntos que vostede debe completar cos datos necesarios.

2

1. Descrición da identidade do centro (*)

a) Variábel sociocultural (*) - O barrio amplo - O contorno próximo

b) Características do centro (*) - Emprazamento - Funcionalidade - Integración - O alumnado

c) Variábel idade (*)

d) Composición do departamento didáctico (*)

e) Número de grupos (*)

f) Reunións de departamento (*)

3

2. Introdución e metodoloxía

Descrición do curso

Burlington Passport for ESO 1 motivará aos alumnos/as na aprendizaxe do inglés porque lles proporciona as capacidades que necesitan para alcanzaren unha auténtica competencia comunicativa. É un método ben estruturado e sinxelo de usar que lles facilitará a adquisición das competencias básicas que recolle a LOE, enfocado ao desenvolvemento das destrezas de vocabulario, á gramática, á lectura e ás estratexias de comunicación. O método ofrécelles numerosas ocasións para que amplíen os seus coñecementos sobre temas socioculturais e interdisciplinarios e tamén inclúe exercicios adicionais para os alumnos/as máis rápidos, para os que posúen un maior nivel de coñecementos e para as clases que necesitan atender á diversidade.

Dous aspectos fundamentais foron tidos en conta na creación de Burlington Passport 1: a claridade de obxectivos e a facilidade de uso. Por iso se indica claramente onde atopar explicacións máis detalladas e práctica adicional das estruturas aprendidas. Tamén se lles ofrece a oportunidade de elaboraren o seu propio Language Notebook, ademais de ideas e de estratexias para “aprender a aprender” que lles permitirán medir os seus progresos e ir creando o seu Portfolio persoal proposto polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

O Workbook de Burlington Passport for ESO 1 inclúe tres páxinas de atención á diversidade en cada unidade; un apéndice gramatical, un glosario, unha guía de escritura e unha lista de verbos irregulares; un apéndice para facer ditados; unha sección para que os alumnos/as se autoavalíen (My Language Learning Record), e outra a toda cor chamada Word Games para que traballen e consoliden de forma divertida o vocabulario presentado no Student’s Book. O Workbook vai acompañado dun Student’s Activity Multirom para reforzar a súa aprendizaxe, xa que contén exercicios de gramática e xogos de vocabulario, listenings sobre temas socioculturais e un cuestionario para cada unidade, as cancións do Student’s Book e os ditados do Workbook. Todo iso proporcionaralles aos alumnos/as moitas máis oportunidades de practicaren o inglés na casa.

Burlington Passport for ESO 1 ofrécelles aos profesores/as o Teacher’s Manual coas páxinas do Student’s Book intercaladas e con ampla información sociocultural e interdisciplinaria; o Teacher’s All-in-One Pack con material extra para atender aos diferentes niveis de capacidade dos alumnos/as e páxinas interdisciplinarias; o Test Factory and Other Resources CD-ROM con todo o material en formato Word editábel; o DVD Welcome to Britain que mostra aspectos socioculturais da lingua inglesa e contén páxinas de traballo, e os Class Audio CD. Ademais, reciben o último e máis innovador compoñente de Burlington Books, o Passport Cultural and Cros-Curricular Resource Pack: un cartafol que contén pósteres e actividades relacionadas cos mesmos, así como un conxunto de flashcards encadernadas en espiral con información e preguntas de cultura xeral.

Burlington Passport for ESO 1 é un curso completo pero fácil de seguir tanto polos profesores/as coma polos alumnos/as. Toda a clase pode gozar cos seus temas variados e interesantes e as súas actividades motivadoras mentres aprende inglés. A medida que practiquen con Burlington Passport os alumnos/as aprenderán a expresarse con soltura e, grazas aos seus prácticos e claros compoñentes, será un proceso sinxelo e natural.

4

Compoñentes

Student’s Book . Unha unidade introdutoria para repasar o vocabulario básico e a linguaxe da clase. . Nove unidades didácticas que exploran aspectos do noso mundo con preguntas socioculturais e interdisciplinarias frecuentes. . Tres seccións de repaso e de ampliación con exercicios de gramática e de vocabulario, un proxecto, unha canción e un apartado de literatura. . Cadros gramaticais completos. . A páxina My Progress Check en todas as unidades. . A páxina My Language Notebook con consellos para elaborar un caderno do idioma. . Presentación gradual das estratexias de escritura dentro das unidades, para que os alumnos/as aprendan a organizar as súas ideas antes de comezaren a escribir. . Frecuentes exercicios adicionais para os alumnos/as máis rápidos e para os que posúen un maior nivel de coñecementos. . Apéndice de ortografía no que se inclúe unha lista de verbos irregulares coa súa transcrición fonética.

Workbook . Unha unidade de introdución e nove unidades para practicar máis intensamente a gramática e o vocabulario do Student’s Book, ademais dun ditado, unha sección de reading e writing, e actividades extra opcionais para os alumnos/as cun maior nivel de coñecementos. . Páxinas de atención á diversidade (tres por unidade). . Proxectos planificados paso a paso e fichas para facilitar a súa presentación oral. . A sección My Language Learning Record na que se inclúe o Student Learning Record para que os alumnos/as se autoavalíen e un apartado de Self-evaluation por unidade. . Un apéndice gramatical e un glosario bilingües. . Unha Writing Guide con pautas paso a paso que facilitan a autocorrección. . Unha lista de verbos irregulares.

Word Games . Xogos e actividades de vocabulario por unidade. . Tres xogos de repaso (un por trimestre).

Student’s Activity Multirom . Xogos interactivos de vocabulario: dous por unidade en dous niveis de dificultade. . Exercicios interactivos de gramática: dous por unidade en dous niveis de dificultade. . Actividades interactivas de listening baseadas en aspectos socioculturais: unha por unidade. . Cuestionarios de opción múltiple: un por unidade. . As gravacións das cancións que aparecen no Student’s Book. . Os ditados do Workbook.

Teacher’s Manual . Unha presentación do curso e dos seus compoñentes. . Unha sección de avaliación. . Notas didácticas claras e concisas, intercaladas coas páxinas do Student’s Book, nas que se destacan sobre un fondo de cor as referencias a outros compoñentes do curso para facilitar a preparación das clases. . As respostas aos exercicios do Student’s Book. . Información sociocultural e interdisciplinaria adicional. . Cadros fotocopiábeis do Student’s Book para facilitar o traballo na clase.

5

. Actividades de reforzo e de ampliación.

. Transcrición dos listenings.

. Pistas dos Class Audio CD.

. Actividades de ditado opcionais.

. Actividades de listening opcionais.

. Exercicios de corrección de erros.

. As páxinas do Workbook e da sección Word Games reproducidas en tamaño reducido coas respostas a todos os exercicios.

Teacher’s All–in–One Pack . Unha sección de Test que consta de: Un test de diagnóstico e follas de repaso. Un test por unidade en tres niveis de dificultade. Tres tests trimestrais en tres niveis de dificultade. Dous exames finais tamén en tres niveis de dificultade. Un test de comprensión oral (listening) e de expresión oral (speaking) por cada unidade, por cada trimestre e outro final. A clave de respostas. . Unha sección de atención á diversidade (Mixed-Ability section) que inclúe: Para alumnos/as con menos nivel: dúas follas fotocopiábeis por unidade con práctica adicional das estruturas gramaticais e do vocabulario. Para alumnos/as adiantados: unha folla fotocopiábel por unidade para que amplíen os coñecementos adquiridos. A clave de respostas. . Unha sección de materiais interdisciplinarios (Cros-Curricular resources) que consta de: Seis páxinas sobre temas de Ciencias Naturais. Seis páxinas sobre temas de Ciencias Sociais. A clave de respostas. . A sección Speaking Activities and Language Games que contén: Nove actividades fotocopiábeis de expresión oral para realizar en parellas. Exercicios de gramática e de vocabulario. Un xogo de mesa fotocopiábel por trimestre.

Class Audio CD . As gravacións dos textos de lectura e os listenings do Student’s Book. . As actividades de pronuncia do Student’s Book. . Os listenings dos tests do Teacher’s All-in-One Pack. . As cancións. . A lista de verbos irregulares.

Test Factory and Other Resources CD-ROM . Todos os exames recollidos no Teacher’s All-in-One Pack en formato Word editábel. . O resto do material do Teacher’s All-in-One Pack en formato Word editábel.

Passport Cultural and Cros-Curricular Resource Pack . Pósteres atractivos e prácticos con actividades para realizar na clase. . Flashcards sobre temas culturais, encadernadas en espiral, con información e preguntas na cara posterior.

Welcome to Britain DVD . Nove capítulos filmados en Gran Bretaña para ampliar os seus coñecementos socioculturais, que se centran na comprensión oral, na gramática e na linguaxe funcional.

6

. Un pequeno caderno con tres follas de traballo fotocopiábeis por capítulo.

Ensinar con Passport for ESO 1 As nove unidades do Student’s Book comezan cun cuestionario e unha ou varias preguntas para espertar a curiosidade do alumno/a sobre distintos aspectos socioculturais en xeral e sobre algúns temas interdisciplinarios. (A pregunta enlaza co Passport Cultural and Cros-Curricular Resource Pack, que inclúe pósteres e flashcards.) En cada unidade hai dous textos baseados en material auténtico que proporcionan o contexto para as actividades de vocabulario e de gramática, pronuncia, e comprensión e expresión oral.

Os exercicios de comprensión e os baseados en aspectos socioculturais profundan no tema da unidade para aumentar o interese dos alumnos/as e ampliar a súa visión do mundo. A gramática preséntase en cadros claros e practícase en exercicios coidadosamente graduados. As actividades Extra aparecen con frecuencia no Student’s Book e no Workbook, e supoñen un desafío para os alumnos/as con máis nivel e para os que rematan antes. Varias actividades foron deseñadas especificamente para atender á diversidade, permitindo que os alumnos/as con menos nivel participen e traten de igualar aos máis adiantados. As estratexias de escritura preséntanse paso a paso por unidade. Inclúese unha Writing Checklist para que os alumnos/as leven un control da súa aprendizaxe e revisen o seu traballo antes de entregalo.

En todas as unidades aparece Passport to the World, unha páxina con información sociocultural e interdisciplinaria adicional que inclúe unha pequena actividade. E tamén a sección Survival Kit, que permite que o alumno/a practique o inglés en situacións reais. Ademais, inclúese un cadro con información útil que serve de complemento a estas situacións.

Ao final das unidades atopamos as seccións My Language Notebook e My Progress Check. A primeira permite que o alumno/a repase o vocabulario e a gramática aprendidos na unidade, e as diferentes actividades levarano a elaborar o seu propio caderno do idioma. A continuación, coa sección My Progress Check poderá avaliar o seu progreso e prepararse para o test da unidade. Os exercicios que aquí aparecen refírense á unidade e tamén son acumulativos, para repasar o vocabulario e a gramática das unidades anteriores a medida que avanzan.

Tamén no Student’s Book hai tres seccións de repaso e de ampliación, con exercicios acumulativos de vocabulario e de gramática, un proxecto que o alumno/a poderá incluír no seu Portfolio, unha canción con información de apoio e un apartado enfocado á literatura.

Outros compoñentes que forman parte integral do curso Burlington Passport for ESO 1 son: - O Workbook inclúe a sección Word Games e é un complemento práctico á hora de lograr os obxectivos de cada unidade. Os exercicios están graduados en dificultade, comezando polos máis sinxelos. Tamén hai actividades Extra para que os alumnos/as adiantados practiquen cada punto nun nivel máis elevado. O Workbook foi deseñado para que todos poidan repasar e consolidar os coñecementos e as capacidades que acaban de adquirir. Dúas páxinas de repaso e unha de ampliación permiten atender á diversidade. Ademais, un glosario, o apéndice gramatical, a guía de escritura e a sección de autoavaliación facilitarán a súa autonomía na aprendizaxe. Na sección Word Games incluíronse divertidos xogos e actividades de vocabulario que lles

7

permiten repasar as palabras de cada unidade dun xeito entretido e interesante, así como un xogo de mesa por cada trimestre. - O Student’s Activity Multirom que vén co Workbook de forma gratuíta contén xogos de vocabulario, exercicios de gramática, cuestionarios por unidade, listenings interactivos sobre aspectos socioculturais, ditados e cancións. - O Teacher’s Manual, coas páxinas do Student’s Book intercaladas, inclúe claras notas didácticas nas que destacan sobre un fondo de cor as referencias a outros compoñentes para facilitar a preparación das clases. Para simplificar a tarefa do profesor/a na avaliación inclúense varias follas fotocopiábeis que seguen as pautas do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (Common European Framework of Reference for Languages). Con elas poderán coñecer mellor o historial dos seus alumnos/as, os seus estilos de aprendizaxe e a súa actitude ante o inglés. Este compoñente tamén contén actividades opcionais extra que permiten sacar o máximo proveito do material, e amplía a información de referencia sobre moitos dos temas tratados no Student’s Book. - No Teacher’s All-in-One Pack atópase abundante material fotocopiábel, adaptado aos distintos niveis de inglés dos alumnos/as, xa que contén tests en tres niveis de dificultade, tres follas de atención á diversidade por unidade, follas de traballo sobre temas interdisciplinarios e actividades extra de vocabulario, gramática e expresión oral, ademais das respostas correspondentes. - Para facilitar a tarefa do profesor/a, todos os tests e demais materiais do Teacher’s All-in-One Pack aparecen tamén en formato Word no Test Factory and Other Resources CD-ROM, por se necesitan editalos nalgún caso. - O Passport Cultural and Cros-Curricular Resource Pack, o último e máis novo compoñente do curso, ofrece material extra para enriquecer as clases. Consta de tres pósteres con actividades e un conxunto de flashcards de gran tamaño, encadernadas en espiral, con información e preguntas culturais adicionais: un compoñente incríbel con moita información para ampliar a cultura xeral dos alumnos/as á vez que aprenden inglés. - O DVD Welcome to Britain ten unha entretida historia en nove capítulos ambientada no Reino Unido, de gran riqueza cultural, que se centra no vocabulario, na gramática e na linguaxe funcional. Vai acompañado dun pequeno caderno con tres follas de traballo fotocopiábeis por capítulo, o guión da historia e consellos para sacarlle máis partido ao DVD.

Avaliación dos alumnos/as de 1º da ESO e o marco común europeo

Aprender unha nova lingua é seguramente un dos retos máis difíciles aos que se enfrontan os estudantes ao longo da súa vida académica, sobre todo porque supón mergullarse de forma activa nunha cultura e nunha visión da vida moi diferentes da súa e porque contribúe á adquisición das competencias básicas da aprendizaxe. Nesta liña, o obxectivo primordial de Burlington Passport é facilitar o proceso de aprendizaxe e servir de ponte para que os alumnos/as coñezan os lugares nos que se fala inglés e a forma en que o utilizan os adolescentes nativos da súa mesma idade.

Durante o proceso de adquisición da lingua inglesa é habitual que os alumnos/as mostren claras preferencias por determinadas áreas da aprendizaxe. Por exemplo, quizais lles interese máis aprender o inglés que fala a xuventude hoxe en día que as regras gramaticais, ou poida que teñan máis facilidade para unhas destrezas de aprendizaxe que para outras.

Por estas razóns, o método Burlington Passport ofrécelles un amplo abano de actividades para desenvolveren os seus intereses e demostraren os seus puntos fortes, á vez que practican en profundidade todas as áreas da aprendizaxe de linguas. Dada a diversidade dos estudantes, é de vital importancia que o profesorado coñeza

8

canto antes as preferencias e os puntos fortes e débiles de cada quen. Con este obxectivo, ofrecemos unhas follas fotocopiábeis moi útiles para preparar o perfil de cada alumno/a e para rexistrar tanto a avaliación continua do seu progreso coma a avaliación sumativa ou final.

Preparación dos “portfolios” de traballo e avaliación individual dos alumnos/as

Actualmente téndese a fomentar que os alumnos/as -coa axuda dos seus profesores/as- preparen un cartafol dos seus traballos que inclúa referencias aos seus estilos de aprendizaxe, obxectivos de mellora, mostras dos seus progresos e un rexistro dos contactos mantidos con falantes nativos ou dos intercambios culturais con comunidades de fala inglesa. Quizabes o exemplo máis ambicioso deste tipo de cartafoles sexa o chamado Portfolio Europeo das Linguas (European Language Portfolio, ELP) que ten por finalidade animar a aprender máis linguas e a continuar aprendéndoas ao longo de toda a vida, facilitar a mobilidade en Europa e favorecer o entendemento e a tolerancia entre as cidades europeas. Está descrito polo Marco Común Europeo, que se compón de tres elementos básicos:

. Un Pasaporte de linguas no que o alumno/a rexistra as cualificacións que vai obtendo e o seu progreso na lingua, mediante unha escala de autoavaliación recoñecida internacionalmente. . Unha Biografía lingüística na que reflexiona sobre o que sabe facer na lingua que está aprendendo e na que pode avaliar o seu progreso de forma realista. . Un Dossier que contén exemplos de traballos realizados no centro educativo, en varios formatos -gravacións de audio / vídeo, tarefas escritas e informes de visitas-, ademais da documentación que acredite a información contida no Pasaporte e na Biografía.

Esta iniciativa emana da convicción de que o estudante de linguas débese facer responsábel da súa aprendizaxe e adoptar unha actitude o máis activa posíbel no proceso de estabelecer obxectivos e de traballar para alcanzalos. As follas de avaliación que o alumno/a debe cubrir nas páxinas 105-110 do Workbook están baseadas nesta convicción e bríndanlle unha oportunidade idónea para falar sobre os seus contactos coa lingua inglesa, describir os seus logros e fixar obxectivos personalizados para o curso entrante. Este último punto é probabelmente o máis importante, pois esíxelle un esforzo para seleccionar e empregar as estratexias que mellor o poden axudar a mellorar. Moitos dos criterios de autoavaliación incluídos na folla English and Me, na páxina 107 do Workbook, son moi similares aos do Portfolio Europeo das Linguas e facilítanlles aos profesores/as e aos alumnos/as a preparación de cartafoles desta natureza.

Os cadros Student Learning Record (páxina 105) e My English Experience (páxina 106) deben ser cubertos ao comezo do curso; o que está na parte inferior da páxina 106 e as follas English and Me e My Strategies for Progress (páxinas 107 e 108) ao final de cada trimestre; e os de autoavaliación das páxinas 109 e 110, ao rematar a unidade correspondente.

Os alumnos/as deben gardar todas as follas de autoavaliación, e algunhas mostras dos traballos que vaian facendo durante o curso, nun cartafol á parte e amosarllo ao profesor/a periodicamente ao longo do curso escolar. Recoméndase dedicar unha parte do tempo da clase a que cubran esas follas de autoavaliación e que reflexionen sobre a súa propia aprendizaxe.

9

Os proxectos incluídos nas seccións de repaso tamén poden ser gardados nos seus Portfolios. Perfil individual do estudante que entra en 1º da ESO

O desafío que supón para os alumnos/as entrar en 1º da ESO é realmente duro xa que existe unha diferenza abismal entre o que se espera deles en Secundaria e aquilo ao que estaban afeitos en Primaria. Por exemplo, é posíbel que en Primaria tivesen máis oportunidades de expresarse oralmente, pero case todos os profesores/as coinciden en dicir que a maioría dos estudantes chegan de Primaria cunha base moi pobre de inglés. Así e todo, con frecuencia esquécese que esta percepción pode ter a súa orixe nese cambio enorme que senten os alumnos/as cando pasan dun nivel a outro. Para determinar os coñecementos previos de inglés que teñen os alumnos/as que entran en 1º da ESO, Burlington Passport ofrece dúas importantes ferramentas:

- un test de diagnóstico para o comezo do curso co fin de avaliar os seus coñecementos previos (na páxina 2 do Teacher’s All-in-One Pack); - as follas de autoavaliación que hai nas páxinas 105-110 do Workbook, que se poden utilizar como punto de partida do "Portfolio" de cada alumno/a.

Unha lectura atenta dos resultados destas dúas ferramentas de avaliación proporcionaralles aos profesores/as información esencial sobre os seus alumnos/as e fará que os mesmos se sintan máis valorados no seu novo contorno. É importante facerlles ver que os criterios de autoavaliación aplicados en English and Me (páxina 107 do Workbook) resaltan o positivo da súa aprendizaxe e destacan máis o que conseguiron que o que non. Utilizando esta folla de avaliación, todos eles terán comentarios positivos que facer e verán os seus progresos durante o curso. Débenselles recordar constantemente as estratexias que cada un escolleu como favoritas ao comezo do curso para que melloren nas áreas lingüísticas que máis lles gustan (My Strategies for Progress, páxina 108 do Workbook).

A avaliación formativa e sumativa

A folla de avaliación continua ou formativa (Formative Record Sheet) incluída no capítulo 8 desta programación permite que o profesorado anote as cualificacións obtidas polos alumnos/as nas diferentes áreas tratadas en cada unidade, ademais de reflectir as actitudes de cada un deles ante a lingua. Recoméndase contrastar o resultado desta folla cos da autoavaliación levada a cabo polos propios alumnos/as na folla English and Me (páxina 107 do Workbook) antes de calcular a puntuación final na folla Summative Evaluation (capítulo 8), que é a que describe o progreso global do curso. A razón de facer isto é evitar as posíbeis discrepancias entre o que os alumnos/as fixeron baixo a presión das probas e o que realmente son capaces de facer nas situacións normais e distendidas da clase.

De todos os xeitos, o factor máis importante para medir o traballo dos alumnos/as é o progreso individual que realicen desde o inicio do curso ata o final de cada trimestre. A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado nesta nova etapa é continua e a decisión do profesor/a para promover ao alumno/a será adoptada atendendo á consecución das competencias básicas e aos obxectivos da etapa.

10

3. Competencias básicas

Son aquelas competencias que debe desenvolver un alumno/a ao finalizar o ensino obrigatorio para poder lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e para ser capaz de levar a cabo unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

Finalidades

1- Integrar as diferentes aprendizaxes, tanto as formais, incorporadas ás diferentes áreas ou materias, coma as informais e non formais. 2- Permitir a todos os estudantes integrar as súas aprendizaxes. 3- Orientar o ensino, ao permitir identificar os contidos e os criterios de avaliación que teñen carácter imprescindíbel.

Non existe relación entre o ensino de determinadas áreas ou materias e o desenvolvemento de certas competencias. Cada unha das áreas contribúe á realización de diferentes competencias e, ao mesmo tempo, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias áreas ou materias.

No marco da proposta realizada pola Unión Europea identificáronse oito competencias básicas: 1. Competencia en comunicación lingüística 2. Competencia matemática 3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico 4. Tratamento da información e competencia dixital 5. Competencia social e cidadá 6. Competencia cultural e artística 7. Competencia para aprender a aprender 8. Autonomía e iniciativa persoal

En cada materia inclúense referencias explícitas acerca da súa contribución a aquelas competencias básicas ás que se orienta en maior medida. Doutra banda, tanto os obxectivos como a propia selección dos contidos intentan facilitar o desenvolvemento de todas elas. Os criterios de avaliación, serven de referencia para valorar o progresivo grao de adquisición.

1. Competencia en comunicación lingüística

Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, as emocións e a conduta.

Con distinto nivel de dominio e formalización -especialmente en lingua escrita- esta competencia significa, no caso das linguas estranxeiras, poderse comunicar nalgunhas delas e, con iso, enriquecer as relacións sociais e desenvolverse en contextos distintos ao propio. Así mesmo, favorécese o acceso a diversas fontes de información, comunicación e aprendizaxe.

En síntese, o desenvolvemento da competencia lingüística ao final da educación obrigatoria comporta o dominio da lingua oral e escrita en múltiples contextos, e o uso funcional de, polo menos, unha lingua estranxeira.

11

2. Competencia matemática

Esta competencia supón aplicar aquelas destrezas e actitudes que permiten razoar matematicamente, comprender unha argumentación matemática e expresarse e comunicarse na linguaxe matemática, utilizando as ferramentas de apoio adecuadas, e integrando o coñecemento matemático con outros tipos de coñecemento para dar unha mellor resposta ás situacións da vida de distinto nivel de complexidade.

3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

Esta competencia supón o desenvolvemento e a aplicación do pensamento científico-técnico para interpretar a información que se recibe e para predicir e tomar decisións con iniciativa e autonomía persoal nun mundo no que os avances que se van producindo nos ámbitos científico e tecnolóxico teñen unha influencia decisiva na vida persoal, na sociedade e no mundo natural. Así mesmo, implica a diferenciación e valoración do coñecemento científico, ademais doutras formas de coñecemento, e a utilización de valores e criterios éticos asociados á ciencia e ao desenvolvemento tecnolóxico.

En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica o uso responsábel dos recursos naturais, o coidado do medio ambiente, o consumo racional e responsábel, e a protección da saúde individual e colectiva como elementos clave da calidade de vida das persoas.

4- Tratamento da información e competencia dixital

Esta competencia implica ser unha persoa autónoma, eficaz, responsábel, crítica e reflexiva ao seleccionar, tratar e utilizar a información e as súas fontes, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas; tamén ter unha actitude critica e reflexiva na valoración da información dispoñíbel, contrastándoa cando é necesario, e respectar as normas de conduta acordadas socialmente para regular o uso da información e das súas fontes nos distintos soportes.

5. Competencia social e cidadá

Esta competencia supón comprender a realidade social na que se vive, afrontar a convivencia e os conflitos empregando o xuízo ético, baseado nos valores e nas prácticas democráticas, e exercer a cidadanía, actuando con criterio propio, contribuíndo á construción da paz e da democracia, e mantendo unha actitude construtiva, solidaria e responsábel ante o cumprimento dos dereitos e obrigacións cívicas.

6. Competencia cultural e artística

O conxunto de destrezas que configuran esta competencia refírese tanto á habilidade para apreciar e gozar coa arte e outras manifestacións culturais, coma a aquelas relacionadas co emprego dalgúns recursos da expresión artística para realizar creacións propias; implica un coñecemento básico das distintas manifestacións culturais e artísticas, a aplicación de habilidades de pensamento diverxente e de traballo en equipo, unha actitude aberta, respectuosa e crítica ante a diversidade de

12

expresións artísticas e culturais, o desexo e a vontade de cultivar a propia capacidade estética e creadora, e un interese por participar na vida cultural e por contribuír á conservación do patrimonio cultural e artístico, tanto da propia comunidade, coma doutras comunidades.

7. Competencia para aprender a aprender

Aprender a aprender implica a conciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos desde un sentimento de competencia ou eficacia persoal, e inclúe tanto o pensamento estratéxico, coma a capacidade de cooperar, de se autoavaliar, e o manexo eficiente dun conxunto de recursos e de técnicas de traballo intelectual que se realizan a través de experiencias de aprendizaxe conscientes e gratificantes, tanto individuais coma colectivas.

8. Autonomía e iniciativa persoal

Esta competencia supón ser capaz de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

Contribución da materia de Lingua Estranxeira á adquisición das competencias básicas

A aprendizaxe dunha lingua estranxeira contribúe á adquisición das seguintes competencias, todas elas traballadas en cada unidade de Burlington Passport for ESO 1:

Competencia en comunicación lingüística ao completar, enriquecer e buscar novos matices comprensivos e expresivos nesta capacidade comunicativa xeral. Unha aprendizaxe da lingua estranxeira, baseada na potenciación de habilidades comunicativas, contribuirá á adquisición desta competencia básica no mesmo sentido que o fai a primeira lingua. A contribución da lingua estranxeira ao desenvolvemento desta competencia é primordial no discurso oral, por adquirir as habilidades de escoitar, falar e conversar. Así mesmo, a aprendizaxe da lingua estranxeira, mellora a competencia comunicativa xeral ao potenciar a habilidade de se expresar, oralmente e por escrito.

Competencia para aprender a aprender ao facilitar ou completar a capacidade dos alumnos/as para interpretar ou representar a realidade e así construír coñecementos, formular hipóteses e opinións, expresar e analizar sentimentos e emocións. Doutra banda, a competencia para aprender a aprender rendibilízase enormemente se se inclúen contidos directamente relacionados coa reflexión sobre a propia aprendizaxe. Esa é a razón da inclusión no currículo dun apartado específico de reflexión sobre a propia aprendizaxe. A adquisición de estratexias diversas de aprender a aprender prepara ao alumnado de forma progresiva na toma de decisións que favorecen a autonomía para utilizar e para seguir aprendendo a lingua estranxeira ao longo da vida.

Competencia social e cidadá ao favorecer o respecto, o interese e a comunicación con falantes doutras linguas e o recoñecemento e a aceptación de diferenzas culturais e de comportamento. O intercambio de información persoal axuda a reforzar a identidade dos interlocutores. Doutra banda, nunha lingua estranxeira é especialmente

13

relevante o traballo en grupo e en parellas e, a través destas interaccións, apréndese a participar, a expresar as ideas propias e a escoitar as alleas, poténciase a habilidade para construír diálogos, negociar significados, tomar decisións valorando as achegas dos compañeiros, conseguir acordos, e, en definitiva, favorécese a aprendizaxe dos demais e cos demais.

Competencia en tratamento da información e competencia dixital ao acceder de xeito sinxelo e inmediato á información que se pode atopar nesta lingua, á vez que ofrece a posibilidade de comunicarnos utilizándoa. Ademais, facilita a comunicación persoal a través do correo electrónico en intercambios coa xuventude doutros lugares, e, o que é máis importante, crea contextos reais e funcionais de comunicación. Este uso cotián contribúe directamente ao desenvolvemento desta competencia.

Competencia artística e cultural ao incluír un achegamento a manifestacións culturais propias da lingua e dos países onde se fala e propiciar unha aproximación a obras ou autores que contribuíron á creación artística. Así mesmo, a área contribúe ao desenvolvemento desta competencia cando se facilita a expresión de opinións, gustos e emocións que producen diversas manifestacións culturais e artísticas e cando se favorecen os traballos creativos individuais ou en grupo, como poden ser a realización e a representación de simulacións e de narracións.

Competencia autonomía e iniciativa persoal ao fomentar o traballo cooperativo na aula, o manexo de recursos persoais e de habilidades sociais de colaboración e de negociación. Isto supón poñer en funcionamento determinados procedementos que permiten a realización de iniciativas e a toma de decisións na planificación, organización e xestión do traballo, propiciando así a autonomía e a iniciativa persoal.

14

4. Secuencia dos Obxectivos Xerais de Área

Os dez Obxectivos Xerais de Área para Burlington Passport ESO 1 concrétanse nas capacidades que se detallan a continuación:

1º- Escoitar e comprender información xeral e específica de textos orais en situacións comunicativas variadas, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación.

Capacidades:

. Negociar co profesor/a e cos compañeiros/as a organización da clase e as actividades (instrucións, obxectivos, criterios de avaliación, regras) respectando todos os puntos de vista.

. Comprender a información global e algúns datos relevantes de mensaxes orais gravadas e de material semiauténtico e facer tarefas significativas graduadas ao seu nivel (textos sobre os edificios que se atopan nunha veciñanza, unha conversación entre a secretaria dun centro comunitario e un rapaz que quere unirse a el, unha familia que está pedindo comida a través de Internet, uns mozos que están pedindo e dando enderezos e lendo un mapa, unha entrevista radiofónica, etc.).

. Comprender a información global e a específica de mensaxes orais emitidas directamente polo profesor/a e polos compañeiros/as relativas a situacións habituais de comunicación, tales como instrucións para a realización de actividades na aula e aos temas incluídos neste nivel.

. Estruturar ou poñer en orde a información emitida na mensaxe oral.

. Identificar significados apoiándose en claves non lingüísticas (o ton de voz, as ilustracións, os coñecementos previos sobre o tema, o contexto, etc.).

2º- Expresarse e interactuar oralmente en situacións habituais de comunicación, de forma comprensíbel, adecuada e con certo nivel de autonomía.

Capacidades:

. Interaccionar significativamente, de modo bastante controlado, cos compañeiros/as e co profesor/a para saudar, presentarse a si mesmos e aos demais, dar información persoal sobre os propios gustos e intereses, falar sobre os tempos e as horas, expresar gustos e preferencias, pedir comida, falar sobre unha foto, dar e pedir enderezos, intercambiar información, falar das súas vacacións, dos seus plans futuros, etc., e sobre os demais temas incluídos neste nivel.

. Practicar patróns fonolóxicos para mellorar a pronuncia (das terminacións verbais en presente e pasado, de sons consonánticos e vocálicos difíciles, das formas contraídas e dalgunhas formas débiles), o ritmo e a entoación.

. Identificar estratexias lingüísticas e non lingüísticas (expresarse e demostrar comprensión por medio de actos non verbais, pedir que repitan, pedir aclaracións, etc.) para evitar que se interrompa a comunicación.

15

. Identificar a funcionalidade da mensaxe oral (saudar e presentarse, dar información persoal, falar de actividades e rutinas, comprar comida, describir persoas, lugares e cousas, dar indicacións para chegar a un sitio, expresar habilidades, gustos e preferencias, obriga e prohibición, facer suxestións e aceptalas ou rexeitalas, describir experiencias pasadas e plans futuros, etc.).

. Verificar afirmacións sobre a mensaxe oral e o seu contido.

. Organizar a mensaxe oral de modo coherente a través das tarefas e da reflexión (a orde suxeito-verbo, o lugar dos adxectivos na oración, as conxuncións e os conectores de secuencia).

. Producir mensaxes orais en relación directa co profesor/a e cos compañeiros/as expresando a intencionalidade comunicativa que requira a situación, referentes ao funcionamento da clase, saúdos e presentacións, intercambio de información persoal, gustos e preferencias, descricións de persoas, cousas e lugares, expresión de hábitos, peticións, ordes, instrucións, suxestións, enderezos, descrición de accións en curso, actividades de tempo libre, o tempo atmosférico, o pasado, plans futuros, etc.

. Utilizar o vocabulario (referente aos edificios que se atopan nunha veciñanza, os membros dunha familia, actividades que se realizan no tempo libre, o tempo e os fenómenos meteorolóxicos, a comida, as preposicións de lugar, os transportes, as pezas de roupa, os adxectivos, etc.) e as estruturas adecuadas á intención comunicativa das mensaxes orais (os pronomes persoais suxeito, to be en presente e pasado, as partículas interrogativas, o imperativo, have got, os adxectivos posesivos, o Present Simple, as expresións temporais, os adverbios de frecuencia, os pronomes demostrativos, o Present Continuous, os pronomes persoais obxecto, as conxuncións, how much? / how many?, os nomes contábeis, en singular e en plural, e os non contábeis, a, an, the, some, any; there is / there are, can / can’t, etc.).

. Participar en actividades de grupo e en parellas, respectando os compañeiros/as e colaborando con todos os integrantes da clase.

3º- Ler e comprender textos diversos dun nivel adecuado ás capacidades e intereses do alumnado co fin de extraer información xeral e específica, e utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.

Capacidades:

. Comprender a información global e a específica de mensaxes escritas en inglés relativas a situacións habituais de comunicación: mensaxes de correo electrónico, unha páxina web, un blog, un cuestionario, letras de cancións, un folleto informativo, un catálogo, textos breves sobre distintos temas, etc.

. Inferir polo contexto, o apoio visual e os coñecementos culturais, o significado das palabras que aparecen en textos sobre temas e situacións de comunicación familiares.

. Asociar información con imaxes e/ou personaxes.

. Desenvolver estratexias adecuadas de lectura extensiva e intensiva: - Identificar palabras e informacións relevantes a través da reflexión, para utilizar o dicionario de forma correcta e non abusiva.

16

- Predicir información e significados a partir do contexto, do apoio visual, dos títulos e dos coñecementos culturais previos que se teñan sobre o tema para facilitar a comprensión lectora. - Recorrer a fontes de información: dicionarios, glosarios, enciclopedias, explicacións gramaticais. - Identificar a funcionalidade e a intencionalidade do texto escrito. - Identificar información específica facendo unha lectura selectiva (scanning). - Identificar a idea principal do texto sen necesidade de lelo completo. - Identificar o tema dun texto coa axuda das ilustracións que o acompañan.

. Relacionar o tema da lectura con outras disciplinas, coas experiencias persoais e coa propia cultura.

. Obter información específica da lectura seguindo unha tarefa determinada.

. Mostrar unha actitude positiva e de curiosidade ante a lectura.

. Reflexionar de xeito crítico sobre o tema da lectura.

4º- Escribir textos sinxelos con finalidades diversas sobre distintos temas, utilizando recursos adecuados de cohesión e de coherencia.

Capacidades:

. Identificar a funcionalidade da mensaxe escrita (dar información persoal, falar de actividades e de rutinas propias, expresar gustos e preferencias, describir personaxes famosos, a casa na que vivan e a súa cidade, experiencias pasadas en viaxes de vacacións, anunciar unha excursión, etc.).

. Organizar a mensaxe escrita de xeito coherente a través das tarefas e da reflexión (a orde suxeito-verbo, o uso das maiúsculas, os signos de puntuación, o lugar dos adxectivos na oración, as conxuncións e os conectores de secuencia).

. Utilizar o vocabulario (referente aos edificios que se atopan nunha veciñanza, os membros dunha familia, actividades que se realizan no tempo libre, o tempo e os fenómenos meteorolóxicos, a comida, as preposicións de lugar, os transportes, as pezas de roupa, os adxectivos, etc.) e as estruturas adecuadas á intención comunicativa das mensaxes orais (os pronomes persoais suxeito, to be en presente e pasado, as partículas interrogativas, o imperativo, have got, os adxectivos posesivos, o Present Simple, as expresións temporais, os adverbios de frecuencia, os pronomes demostrativos, o Present Continuous, os pronomes persoais obxecto, as conxuncións, how much? / how many?, os nomes contábeis, en singular e en plural, e os non contábeis, a, an, the, some, any; there is / there are, can / can’t, etc.).

5º- Utilizar con corrección os compoñentes fonéticos, léxicos, estruturais e funcionais básicos da lingua estranxeira en contextos reais de comunicación.

Capacidades:

. Identificar estratexias comunicativas lingüísticas e non lingüísticas (uso do apoio visual e dos coñecementos culturais para expresar e inferir significados, repetición de patróns sintácticos e fonolóxicos, etc.) para evitar que se interrompa a comunicación, reflexionando a través das diversas tarefas e contrastando coa súa lingua materna.

17

. Practicar patróns fonolóxicos para mellorar a pronuncia e a entoación.

. Recoñecer os esquemas de entoación correspondentes ás distintas funcións comunicativas e intentar utilizar os específicos das situacións de comunicación incluídas no apartado de contidos correspondentes a este nivel.

6º- Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, reflexionar sobre os propios procesos de aprendizaxe, e transferir á lingua estranxeira coñecementos e estratexias de comunicación adquiridas noutras linguas.

Capacidades:

. Planificar o tempo dedicado á materia fóra da clase.

. Avaliar se o tempo dedicado foi suficiente e frutífero.

. Organizar o seu propio caderno da materia incluíndo partes ben diferenciadas de: tarefas, vocabulario, autoavaliación, etc.

. Completar a sección My Progress Check ao final de cada unidade do Student’s Book e a sección My Language Learning Record (My English Experience, English and Me, My Strategies for Progress, Self-Evaluation) do Workbook, e reflexionar sobre os seus logros e fracasos.

. Identificar os contrastes entre a L1 e a L2 (en aspectos como as regras de puntuación, o uso das maiúsculas, os nomes contábeis e non contábeis, a colocación das palabras na oración, os tempos verbais e demais puntos gramaticais pertencentes a este nivel) e reflexionar sobre os mesmos, para convertelos en estratexias de aprendizaxe autónoma.

7º- Utilizar estratexias de aprendizaxe e todos os medios ao seu alcance, incluídas as tecnoloxías da información e da comunicación, para obter, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito.

Capacidades:

. Organizar o vocabulario construíndo redes léxicas e mapas semánticos ou utilizando estratexias propias, sempre que sexan produtivas para a aprendizaxe: clasificacións léxicas, sintácticas e fonolóxicas; percepcións subxectivas; palabras que habitualmente van xuntas (adxectivos e nomes, preposicións e nomes, etc.).

. Desenvolver as seguintes estratexias de aprendizaxe autónoma: - Utilizar os coñecementos previos. - Utilizar o apoio visual para mellorar a comprensión e a expresión oral e escrita. - Utilizar o contexto para inferir significados e intencións comunicativas. - Utilizar correctamente o dicionario. - Seguir o proceso adecuado na realización da audición. - Atención selectiva para obter información específica dun texto oral ou escrito. - Recorrer ás fontes de información adecuadas: dicionarios, enciclopedias, explicacións gramaticais, glosarios, Internet, etc. - Crear asociacións funcionais. - Transferir conceptos de comprensión oral a expresión oral e viceversa.

18

- Deducir e inducir regras. - Repetición de sons, palabras e oracións. - Repetición significativa de discursos contextualizados preestabelecidos. - Transferir conceptos de comprensión escrita a expresión escrita e viceversa. - Transferir os contidos estudados ás producións propias. - Utilizar e organizar os recursos e materiais didácticos para mellorar a produción propia (caderno, resumos, agrupacións léxicas, tests, etc.). - Utilizar a autocorrección. - Utilizar a autoavaliación para recoñecer a fase de aprendizaxe do momento e planificar as necesidades de mellora. - Interrelacionar os coñecementos propios doutras áreas nas prácticas de aprendizaxe do idioma.

8º- Apreciar a lingua estranxeira como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos.

Capacidades:

. Recoñecer estruturas e tipos de texto para poder transferilos ás producións propias (estruturas gramaticais e funcionais, descricións, correos electrónicos, carteis anunciadores, etc.).

. Identificar as categorías gramaticais e os seus trazos lingüísticos para facilitar a comprensión dos textos: os determinantes e os cuantificadores; o nome (contábeis e non contábeis, os plurais irregulares); o adxectivo (posesivos, o seu lugar na oración); o pronome (persoais suxeito e obxecto, interrogativos e demostrativos); o verbo (to be, have got, o Present Simple, o Present Continuous, o Past Simple, be going to e o Present Continuous con valor de futuro, os verbos modais (can / can’t e must / musn’t); o adverbio (os de frecuencia, modo e intensidade); a preposición (as de tempo e lugar), a conxunción (copulativas, adversativas e causais) e os conectores de secuencia.

. Aplicar técnicas para inferir significados e tempos verbais adecuados a través do contexto, do apoio visual e dos coñecementos culturais.

9º- Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral, como medio de comunicación e entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas diversas evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos e culturais.

Capacidades:

. Reflexionar sobre a capacidade persoal de relacionarse con persoas de distintos países grazas ao inglés. . Identificar estilos de vida de diferentes países e valorar a riqueza cultural que isto supón. . Mostrar unha actitude de respecto ante a cultura anglosaxona. . Identificar as normas de cortesía propias da comunicación en inglés. . Valorar e respectar culturas e formas de vida diferentes da propia, favorecendo a tolerancia e a convivencia. . Recoñecer a influencia dunhas linguas sobre outras: herdanzas lingüísticas, préstamos, a linguaxe científica, etc.

19

10º- Manifestar unha actitude receptiva e de auto-confianza na capacidade de aprendizaxe e no uso da lingua estranxeira.

Capacidades:

. Reflexionar sobre a finalidade da aprendizaxe do inglés.

. Fixar obxectivos persoais para a adquisición da lingua.

. Mostrar unha actitude positiva ante a aprendizaxe.

20

5. Contidos do primeiro curso da ESO

Segundo a lexislación vixente, e para favorecer unha maior claridade ao ler este proxecto curricular, presentamos de forma individualizada os contidos de Burlington Passport for ESO 1, á parte da secuencia de obxectivos xerais de área, que incluímos no apartado 4, e dos criterios de avaliación especificados en cada unidade.

Os contidos preséntanse agrupados en bloques, en relación a tres eixes con características e necesidades específicas en canto ao proceso de ensino e de aprendizaxe:

. as habilidades lingüísticas bloque 1: Escoitar, falar e conversar bloque 2: Ler e escribir

. os elementos constitutivos do sistema lingüístico, o seu funcionamento e relacións

bloque 3: Coñecemento da lingua . a dimensión social e cultural da lingua estranxeira

bloque 4: Aspectos socioculturais e conciencia intercultural

Bloque 1: Escoitar, falar e conversar

Nesta etapa dáselle unha importancia relevante á comunicación oral, por iso o primeiro bloque céntrase en potenciar nos alumnos/as a capacidade para interactuar nestas situacións, e incídese na importancia de que o modelo lingüístico de referencia oral proveña dun variado número de falantes co fin de recoller as variacións e os matices. De aí a forte presenza no currículo do uso dos medios audiovisuais convencionais e das tecnoloxías da información e da comunicación.

Bloque 2: Ler e escribir

Este bloque incorpora tamén os procedementos necesarios para desenvolver a competencia discursiva no uso escrito.

Bloque 3: Coñecemento da lingua

Permite a elaboración dun sistema conceptual cada vez máis complexo acerca do funcionamento da lingua, a través da observación das manifestacións orais e escritas da lingua que se está aprendendo e do seu uso en situacións de comunicación. O punto de partida serán as situacións de uso que favorezan a inferencia de regras de funcionamento da lingua e que permitan a alumnos e alumnas estabelecer cales son os elementos da lingua estranxeira que se comportan coma nas linguas que coñecen e que estratexias lles servirán para progresar nas súas aprendizaxes, co fin de adquirir confianza nas súas propias capacidades.

Bloque 4: Aspectos socioculturais e conciencia intercultural

Os contidos deste bloque contribúen a que o alumnado coñeza costumes, formas de relación social, trazos e particularidades dos países nos que se fala a lingua estranxeira.

21

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

- Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. - Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e non verbais. - Obtención de información especifica en textos orais sobre diferentes lugares dun barrio, un centro comunitario, pedidos por Internet a un restaurante de comida rápida, un plano do metro, unha entrevista nun programa de radio, un proxecto ambiental, un concurso musical, feitos famosos e datas en que ocorreron, roupa e equipaxe, etc. - Uso de estratexias básicas de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación. - Produción de textos orais curtos, con estrutura lóxica e pronuncia adecuada. - Participación en conversacións breves e sinxelas dentro da aula, e en simulacións relacionadas cos saúdos e as presentacións, intercambios de información persoal, intereses e gustos persoais, actividades habituais e que están en curso, horarios, comidas, indicacións para chegar a un lugar, habilidades, obrigas e prohibicións, suxestións, accións pasadas, plans no futuro, intencións, etc. - Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. - Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, facendo uso de elementos verbais e non verbais para expresarse oralmente en actividades de parella e en grupo: demanda de repetición e aclaración entre outras.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

- Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. - Comprensión xeral e identificación de informacións específicas en diferentes textos sinxelos auténticos e adaptados, en soporte papel e dixital, sobre diferentes tipos de barrios, Buckingham Palace, sitios turísticos de Londres e outros lugares de interese de Inglaterra, hábitos alimenticios ingleses, visitas turísticas por Inglaterra, deportes, o medio ambiente: centros de tecnoloxía alternativa e casas construídas con materiais reciclados, instrumentos de música como a guitarra, estrelas do pop, excursións co colexio, escritores famosos, plans para as vacacións, etc. - Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia tales como historias ilustradas con fotografías, entradas dunha enciclopedia, artigos de revistas, páxinas web, folletos informativos, anuncios, cuestionarios, correos electrónicos, extractos literarios, “blogs”, diálogos, cancións, contos, poemas, fábulas, etc. - Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto con axuda de elementos textuais e non textuais, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, por comparación de palabras ou de frases similares nas linguas que coñecen. - Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral. - Traballo da expresión escrita de forma guiada, por exemplo, ordenando os elementos dunha frase, engadindo as maiúsculas e os signos de puntuación, utilizando conxuncións e conectores de secuencia temporal en parágrafos sinxelos e corrixindo erros. - Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente.

22

- Composición de textos curtos dando información persoal, describindo a propia familia, un restaurante, un lugar, unha persoa famosa, un grupo de música coñecido, narrando accións no pasado, contando os plans para as vacacións, e escribindo normas e regras. Utilizaranse elementos básicos de cohesión, con diversas intencións comunicativas, a partir de modelos e utilizando as estratexias máis elementais co proceso de composición escrita (planificación, textualización e revisión). - Uso da orde correcta das palabras nas frases, as maiúsculas, os signos de puntuación, as conxuncións e os conectores de secuencia, e recoñecemento da súa importancia nas comunicacións escritas. - Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos - Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario - Relacionado cos temas tratados: números e cores, días e meses, material escolar, lugares do barrio, membros da familia, actividades de tempo libre, o tempo atmosférico, comida, preposicións de lugar, medios de transporte, adxectivos, deportes e verbos de acción, partes do corpo, natureza, cuartos da casa, móbeis, profesións, instrumentos musicais, sentimentos, roupa e xeografía. - Fórmulas e expresións correspondentes ás funcións e aos temas tratados no curso.

Estrutura e funcións da lingua - Uso da linguaxe que se utiliza na clase: instrucións e preguntas (unidade de introdución). - Saúdos e presentacións. Petición de información persoal. To be e have got; os pronomes persoais suxeito; as partículas interrogativas; a orde de palabras na frase (unidade 1). - Intercambio de información persoal e de información sobre horarios e clases. Expresión dos intereses. O plural dos nomes; os pronomes demostrativos; os adxectivos posesivos e o xenitivo saxón; a, an, some, the; as maiúsculas (unidade 2). - Expresión de gustos e preferencias, e descricións. Fórmulas para pedir comida. There is / there are; os nomes contábeis e non contábeis; some / any; how much / how many; os signos de puntuación (unidade 3). - Indicacións para chegar a un lugar e intercambio de información. O Present Simple e os adverbios de frecuencia e as expresións temporais que o acompañan; o imperativo; a orde dos adxectivos na frase (unidade 4). - Intercambio de información sobre os demais. Expresión de rutinas e de accións en curso. O Present Continuous e as expresións temporais que o acompañan; contraste entre o Present Simple e o Present Continuous; os verbos estáticos; as conxuncións and, but e because (unidade 5). - Expresión de habilidade, obriga e prohibición. Suxestións. Can; must / mustn’t; adverbios de modo e de intensidade; os pronomes posesivos. Uso correcto da puntuación (unidade 6). - Narración de accións pasadas. O verbo to be en pasado e as expresións temporais que o acompañan; as preposicións de tempo on, in e at; there was / there were; uso das maiúsculas (unidade 7). - Narración de accións pasadas. Intercambio de información biográfica. O Past Simple e as expresións temporais que o acompañan; os conectores de secuencia first, then, next e finally (unidade 8).

23

- Expresión de plans futuros e de intencións. O futuro con be going to e as expresións temporais que o acompañan; o Present Continuous con valor de futuro; os erros nos textos escritos (unidade 9).

Fonética - Pronuncia da forma débil de some (unidade 2). - Pronuncia de sons de especial dificultade: /th/ (unidade 3). - A entoación das oracións (unidade 3). - Pronuncia da terminación dos verbos na 3ª persoa singular do presente: /s/, /z/ e /iz/ (unidade 4). - Pronuncia da terminación ing dos verbos en Present Continuous (unidade 5). - Pronuncia das formas débiles can, must e mustn’t (unidade 6). - Pronuncia das formas débiles de was e were (unidade 7). - A acentuación das palabras (unidade 7). - Pronuncia da terminación ed dos verbos regulares en pasado: /d/, /t/ e /ide/ (unidade 8). - A acentuación das oracións (unidades 1 e 9). - O ritmo (unidade 9).

Reflexión sobre a aprendizaxe: - Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. - Uso progresivo de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. - Reflexión guiada sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a distintas intencións comunicativas. - Iniciación en estratexias de autoavaliación e de autocorrección das producións orais e escritas. - Aceptación do erro como algo natural sobre o que reflexionar para avanzar no proceso de aprendizaxe, a través de todas as actividades de autocorrección do texto (comprobacións mediante actividades de audición) e das seccións My Language Notebook e My Progress Check de cada unidade do Student’s Book e da sección Error Correction ao final do Teacher’s Manual. - Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. - Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela. - Participación activa en actividades e traballos de grupo. - Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

- Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula, e con persoas doutras culturas.

Cada lingua leva aparellados uns patróns de comportamento culturais e lingüísticos que nós incluímos de forma implícita en cada situación de comunicación, tanto oral coma escrita. Deste xeito os patróns que o alumnado ha de producir seguirán os modelos que foron presentados.

- Identificación de costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira.

Potenciamos no alumnado a capacidade de recoñecer os costumes e os trazos da vida cotiá presentados de forma explícita ou implícita nos textos, tales como as preferencias dos adolescentes ingleses en canto ás actividades que lles gusta facer no

24

seu tempo de lecer, horarios e comidas típicas do Reino Unido, deportes, ídolos musicais, excursións co colexio, sitios preferidos para pasar as vacacións de verán, etc.

- Uso de fórmulas de cortesía adecuadas nos intercambios sociais.

A través dos contidos socioculturais preténdese potenciar nos alumnos/as a capacidade de usaren rexistros, variedades, fórmulas e estilos adecuados en consonancia coas seguintes situacións de comunicación e funcións lingüísticas: preguntar na clase, saudar, presentarse, intercambiar información persoal, falar dos intereses propios e dos horarios das clases, expresar gustos e preferencias, intercambiar información sobre accións habituais, dar indicacións para chegar a un lugar, expresar habilidade, obriga e prohibición, facer suxestións, falar de plans no futuro, etc.

- Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación.

Trabállanse trazos históricos e xeográficos de países de fala inglesa, tales como o mapa e os lugares máis importantes de Gran Bretaña; a familia real inglesa; información sobre os distintos países que conforman o Reino Unido: poboación, capital, lingua, bandeira e flor nacional; Londres: lugares turísticos, datos interesantes sobre a cidade, as visitas guiadas máis interesantes, o metro; tipos de ecosistemas no mundo; personaxes famosos na historia; escritores famosos; famosos astronautas, etc.

Na sección Passport to the World presentamos aspectos socioculturais doutros países e involucramos ao alumno en situacións de comunicación significativas nas que teñen que reflexionar sobre estes aspectos.

Estes coñecementos desenvólvense a través dos diferentes tipos de mensaxes escritas tales como historias ilustradas con fotografías, artigos de revista ou de Internet, folletos informativos, entradas dunha enciclopedia, “blogs”, letras de cancións, etc.

Neste punto pretendemos que os alumnos/as desenvolvan a súa capacidade de utilizar Internet, Class Audio CD, Multirom do alumno e Welcome to Britain DVD como ferramenta de aprendizaxe en calquera contexto, dentro e fóra da aula, para ampliar os seus coñecementos sobre os países de fala inglesa.

- Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte en papel ou medios dixitais.

Fomentamos este interese a través de actividades guiadas, tanto orais coma escritas, co fin de lograr que os alumnos/as poidan alcanzar certa autonomía para comunicar con outras persoas en inglés, tanto dentro coma fóra da aula.

- Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Neste punto preténdese que desenvolvan a capacidade de: mostrar aprecio polas visións culturais distintas á propia presentadas nas unidades; mostrar respecto ante valores e comportamentos coñecidos a través da lectura e da audición.

25

O contacto con adolescentes doutras culturas como a inglesa, os seus diferentes hábitos, os seus gustos e intereses en canto a música, deporte, preferencias para o lecer, sentimentos, etc., enriquece a visión que os nosos alumnos/as teñen do mundo que os rodea, e permítelles ampliar fronteiras comparando as súas propias experiencias coas da xuventude doutros países.

26

6. Secuencia dos contidos das unidades

UNIDADE DE INTRODUCIÓN: Welcome!

Obxectivos de aprendizaxe

. Escoitar de forma comprensiva varias palabras e frases relacionadas coa linguaxe da clase. . Expresar e interactuar empregando a linguaxe que se utiliza na clase. . Identificar e pronunciar correctamente os números naturais e os ordinais, as cores, os días e os meses, os obxectos da clase e o alfabeto. . Utilizar a linguaxe da clase: instrucións e preguntas.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR . Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. . Debate do tema da unidade na clase. . Audición, comprensión e produción das letras do alfabeto. . Uso da linguaxe da clase adecuada para as diferentes finalidades. . Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR . Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. . Mellora da expresión escrita de forma guiada: identificando os números nunha serpe de letras e completando os espazos, relacionando os números coa súa grafía e co ordinal correspondente, relacionando o vocabulario coas ilustracións correspondentes, ordenando os meses cronoloxicamente, relacionando a linguaxe da clase coas ilustracións, etc. . Uso das regras básicas de ortografía e de puntuación, e recoñecemento da súa importancia nas comunicacións escritas. . Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos . Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario . Os números: números naturais e ordinais. . As cores. . Os días da semana e os meses do ano. . Obxectos da clase. . As letras do alfabeto. . Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua

27

. Uso da linguaxe da clase: instrucións e preguntas.

Fonética . Recoñecemento dos patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación do vocabulario estudado e da linguaxe da clase: imperativos e preguntas.

Reflexión sobre a aprendizaxe: . Reflexión guiada sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a distintas intencións comunicativas. . Iniciación de estratexias de autoavaliación e de autocorrección das producións orais e escritas. . Confianza e iniciativa para usar a linguaxe aprendida na clase. . Indución de regras gramaticais a partir da observación. . Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIO-CULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL . Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula. . Identificación de costumes e de trazos da vida cotiá traballados na unidade, propios doutros países onde se fala a lingua estranxeira:

- A linguaxe da clase. - O nome das materias.

. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, sobre as instrucións e preguntas máis frecuentes que se utilizan na clase. 5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés como: pronuncia adecuada da linguaxe da clase, imperativos e preguntas, pronuncia do léxico repasado e das letras do alfabeto, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

Competencias básicas

. Competencia en comunicación lingüística: - Uso de instrucións e preguntas para interaccionar na aula co profesor/a e cos compañeiros/as.

. Competencia matemática: - Os números naturais e os ordinais en inglés (ata o cen).

. Competencia social e cidadá: - Respecto polo uso da linguaxe apropiada na clase.

. Competencia para aprender a aprender: - My Language Learning Record (My English Experience, English and Me, My Strategies for Progress, Self-evaluation) no Workbook.

28

Temas interdisciplinarios

. Lingua e literatura: - Instrucións e preguntas típicas que se usan na linguaxe da clase.

. Matemáticas: - Os números naturais e os ordinais (ata o cen).

. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - A importancia de manter unha actitude de respecto, tanto ante o profesor/a coma ante os compañeiros/as da clase. - Aprendizaxe e respecto das quendas para tomar a palabra, dentro e fóra da aula.

29

UNIDADE 1: In the UK

Obxectivos de aprendizaxe

. Escoitar de forma comprensiva diálogos nos que se pide e se facilita información persoal. . Saudar e presentarse. . Intercambiar información persoal. . Ler de forma comprensiva e autónoma textos curtos sobre diferentes cidades de Inglaterra, unha entrada enciclopédica sobre o palacio de Buckingham e as demais residencias da raíña de Inglaterra, e un cadro informativo sobre os países que conforman o Reino Unido. . Escribir un parágrafo cos propios datos persoais, prestando atención á orde das palabras na oración. . Utilizar correctamente os pronomes persoais suxeito. . Utilizar correctamente to be e have got. . Utilizar correctamente as partículas interrogativas. . Identificar e producir a entoación das oracións.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR . Predición do tema da unidade mediante o título da mesma, o apoio visual e os coñecementos previos. . Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. . Debate do tema da unidade a partir dun cuestionario. . Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. . Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e non verbais. . Obtención de información específica dun texto sobre os diferentes edificios que hai nun barrio, para contestar unha pregunta de comprensión e elixir as opcións correctas. . Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema. . Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre os edificios que hai nun barrio e sobre os membros da familia, para relacionalo coas fotografías correspondentes e clasificalo correctamente. . Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para relacionar o vocabulario de diferentes lugares co número da fotografía correspondente, para corrixir información falsa dada polo compañeiro/a e para investigar cinco cousas sobre a súa familia utilizando expresións útiles. . Uso do modelo de diálogo proposto onde dous adolescentes intercambian información persoal para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e practicando unha pronuncia adecuada. . Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. . Desenvolvemento de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

30

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR . Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. . Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de textos sinxelos sobre diferentes cidades de Inglaterra, unha entrada enciclopédica sobre o palacio de Buckingham e as demais residencias da raíña de Inglaterra e un cadro informativo sobre os países que conforman o Reino Unido; información sobre os mesmos para elixir a resposta correcta, identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, corrixindo estas últimas, e responder as preguntas de comprensión dadas. . Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. . Lectura dun mapa do Reino Unido para extraer información sobre diferentes lugares e accidentes xeográficos, e responder as preguntas dadas. . Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. . Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección English in Use do Workbook. . Mellora da expresión escrita de forma guiada, completando unha táboa, identificando o suxeito e o verbo nas frases dadas e buscando a información requirida. . Composición dun texto curto con información persoal a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación: a orde das palabras. . Uso da orde das palabras para escribir oracións correctas, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral. . Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas do ‘ blog’ dun adolescente con información persoal, para identificar se as afirmacións son verdadeiras ou falsas, e para responder preguntas de comprensión. . Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. . Tradución á lingua propia de expresións útiles. . Composición dun diálogo en inglés a partir dun guión en lingua propia. . Composición de frases con información persoal.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario . Edificios dun barrio. . A familia. . Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua . Os pronomes persoais suxeito. . O verbo to be e have got (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves). . As partículas interrogativas.

31

. A orde das palabras na oración.

. Saúdos e presentacións.

. Intercambio de información persoal.

Fonética . A entoación das frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe: . Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: familias de palabras, esquemas, etc. . Reflexión guiada sobre o uso e o significado do verbo to be e de have got, sobre o uso das partículas interrogativas e sobre a orde das palabras na oración. . Iniciación en estratexias de autoavaliación e de autocorrección das producións orais e escritas, a través da sección My Progress Check. . Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. . Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. . Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela. . Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. . Indución de regras gramaticais a partir da observación. . Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: . Dúas páxinas de repaso e unha de extensión para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. . Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIO-CULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL . Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. . Identificación de costumes e de trazos da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- Diferentes edificios que se atopan nun barrio británico. - Información sobre as mascotas e os deportes preferidos polos adolescentes ingleses.

. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para saudar, presentarse e intercambiar información persoal. . Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos do Reino Unido, obtendo información por diferentes medios:

- Mapa do Reino Unido. - Diferenza entre Reino Unido, Gran Bretaña e as Illas Británicas. - O palacio de Buckingham e as demais residencias da raíña de Inglaterra. - A familia real inglesa. - Os diferentes países que forman o Reino Unido, a súa poboación, capital, lingua, bandeira e flor nacional.

. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. . Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

32

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, con información persoal e sobre os edificios que hai nun barrio. 2. Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: saúdos, presentacións e intercambios de información, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención de comunicación. 3. Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos con apoio de elementos textuais e non textuais sobre diferentes tipos de barrios británicos, sobre o palacio de Buckingham e as demais residencias da raíña de Inglaterra, e sobre os datos persoais que expón un mozo no seu ‘blog’ . 4. Redactar un texto breve con información persoal, respectando a orde correcta do suxeito e do verbo nas oracións. 5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés como o uso dos pronomes persoais, do verbo to be, de have got, das partículas interrogativas, da entoación das oracións, etc., en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6. Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre o modo de aprender dun mesmo, a aceptación de erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc. 8. Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala a lingua estranxeira, como o Reino Unido e os países que o conforman, as súas diferentes linguas, o palacio de Buckingham, a familia real, etc., e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

. Competencia en comunicación lingüística: Uso da lingua inglesa para:

- Saudar, presentarse e intercambiar información persoal. - Comunicarse empregando os pronomes persoais suxeito, os verbos to be e have got (afirmativa, negativa e interrogativa, e as respostas breves), as partículas interrogativas e unha correcta orde das palabras na oración.

. Tratamento da información e competencia dixital: - Mostra de autonomía, eficacia, responsabilidade e reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Selección e uso da información e das súas fontes para ser unha persoa autónoma, eficaz e responsábel. - Actitude crítica ante a información sobre diferentes aspectos da cultura británica. - Respecto polas normas de conduta, en interaccións co profesor/a ou cos compañeiros/as na clase, ao usar a información e as súas fontes.

. Competencia social e cidadá: - Comprensión das diferenzas entre un barrio inglés e o barrio propio. - Mantemento dunha actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta sobre o Reino Unido e ante as interaccións que se dan na aula.

. Competencia cultural e artística: - Interese por coñecer o patrimonio cultural e artístico da cultura anglosaxona.

33

. Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos. - My Language Learning Record (My English Experience, English and Me, My Strategies for Progress, Self-evaluation) no Workbook.

. Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Mostra do sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan. - Aplicación de estratexias organizativas á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

. Ciencias sociais, xeografía e historia: - O Reino Unido: os países que o conforman, as súas capitais, lugares destacados e accidentes xeográficos nun mapa, a súa lingua, a súa bandeira e a súa flor nacional. - Diferentes países, nacionalidades e as súas linguas. - A familia real inglesa.

. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Reflexión sobre a información, gustos e modos de vida de adolescentes que viven no Reino Unido e comparación cos propios.

. Lingua e literatura: - Os pronomes persoais suxeito. - O verbo to be en afirmativa, negativa e interrogativa. - O verbo have got en afirmativa, negativa e interrogativa. - As partículas interrogativas. - A orde do suxeito e do verbo en inglés. - Tradución no Workbook.

34

UNIDADE 2: Having Fun

Obxectivos de aprendizaxe

. Escoitar de forma comprensiva unha conversación entre un mozo e a secretaria dun centro comunitario xuvenil. . Intercambiar información persoal. . Falar sobre os seus propios intereses. . Falar sobre horarios. . Ler de forma comprensiva e autónoma artigos breves dunha guía turística sobre Londres, unha páxina web sobre un centro dedicado ao coidado do medio ambiente e as anotacións dunha turista sobre os horarios de diferentes lugares. . Escribir un parágrafo sobre a familia, prestando atención ás maiúsculas. . Utilizar correctamente a, an, some e the. . Utilizar correctamente o plural dos substantivos. . Utilizar os pronomes demostrativos, os adxectivos posesivos e o xenitivo saxón. . Identificar e producir a forma débil some.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR . Predición do tema da unidade mediante o título da mesma, o apoio visual e os coñecementos previos. . Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. . Debate do tema da unidade a partir dun cuestionario e dun gráfico que mostra as preferencias dos adolescentes ingleses en canto a actividades de lecer. . Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. . Anticipación do contido xeral do que se escoita con apoio de elementos verbais e non verbais. . Obtención de información específica dun diálogo sobre un mozo que quere facerse socio dun centro comunitario xuvenil, tratando de predicir o contido e para contestar unha pregunta de comprensión. . Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema. . Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade relativo ás actividades que realizamos no noso tempo libre e co tempo atmosférico, para relacionalo coas fotografías correspondentes e clasificalo correctamente. . Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para investigar as actividades que lle gusta realizar no seu tempo libre, para realizar un xogo de memoria cos obxectos da clase, e para contar aspectos sobre a súa familia, utilizando expresións útiles. . Uso do modelo de diálogo proposto para intercambiar información persoal, falar sobre os propios intereses, sobre horarios e clases e sobre as horas de apertura e peche de diferentes lugares públicos, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e practicando unha pronuncia adecuada.

35

. Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. . Desenvolvemento de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR . Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. . Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de artigos breves dunha guía turística sobre Londres, dunha páxina web sobre un centro dedicado ao coidado do medio ambiente e as anotacións dunha turista sobre os horarios de diferentes lugares, para elixir a resposta correcta, identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, corrixir estas últimas, e responder as preguntas de comprensión dadas. . Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. . Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. . Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección English in Use do Workbook. . Mellora da expresión escrita de forma guiada, engadindo maiúsculas onde é necesario, identificando os erros e completando unha táboa cos datos dunha persoa da familia. . Interpretación duns gráficos cos resultados dunha enquisa feita a adolescentes sobre a súa valoración de diferentes preferencias para actividades de lecer, e responder as preguntas realizadas. . Composición dun texto curto sobre un membro da familia a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e de puntuación: o uso das maiúsculas. . Uso correcto das maiúsculas para escribir oracións correctas, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral. . Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de carteis nos que se anuncian diferentes actividades, para elixir a información adecuada e responder unhas preguntas de comprensión. . Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. . Tradución á lingua propia de expresións útiles. . Produción escrita dun diálogo en inglés a partir dun guión en lingua propia. . Produción de frases dando información persoal sobre si mesmo.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario . Actividades que se realizan no tempo libre. . O tempo atmosférico. . Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

36

Estrutura e funcións da lingua . O plural dos nomes. . Os artigos: a, an, some e the. . Os pronomes demostrativos. . Os adxectivos posesivos. . O xenitivo saxón. . O uso das maiúsculas. . Intercambio de información persoal. . Expresión dos seus propios intereses. . Intercambio de información sobre horarios e clases e sobre horas de apertura e peche de diferentes lugares públicos.

Fonética . A pronuncia da forma débil some.

Reflexión sobre a aprendizaxe: . Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: gráficos, relación do vocabulario coa súa representación visual ou cos símbolos dados, etc. . Reflexión guiada sobre o uso e o significado dos artigos a, an, some, the, dos pronomes demostrativos, dos adxectivos posesivos, do xenitivo saxón e sobre o uso das maiúsculas na oración. . Iniciación en estratexias de autoavaliación e de autocorrección das producións orais e escritas a través da sección My Progress Check. . Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. . Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. . Participación activa en tarefas e traballos en grupo. . Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. . Indución de regras gramaticais a partir da observación. . Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: . Dúas páxinas de repaso e unha de extensión para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. . Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIO-CULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL . Recoñecemento e valoración do uso da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. . Identificación de costumes e de trazos da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- Preferencias dos adolescentes británicos en canto ás súas actividades de lecer. - As rúas máis importantes de varias cidades. - Un centro comunitario xuvenil británico e as clases que se alí se imparten. - Horarios de apertura e peche e información de diferentes lugares famosos de Londres.

. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para intercambiar información persoal e falar sobre os intereses e os horarios. . Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos do Reino Unido, obtendo información por diferentes medios:

37

- Lugares famosos e visitas turísticas a Londres, e os horarios de apertura e peche destes lugares.

. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. . Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, con información persoal, sobre os intereses persoais e sobre os horarios. 2. Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: intercambios de información sobre os intereses persoais e os horarios nun centro comunitario e sobre as horas de apertura e peche de diferentes lugares públicos, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención de comunicación. 3. Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos con apoio de elementos textuais e non textuais sobre diferentes lugares turísticos e de interese de Londres e os seus horarios de apertura e peche, e sobre o proxecto Eden, un centro para o coidado do medio ambiente. 4. Redactar un texto breve con información sobre un membro da familia poñendo especial atención no correcto uso das maiúsculas. 5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés como o uso dos artigos a, an, some e the, dos pronomes demostrativos, dos adxectivos posesivos e o xenitivo saxón, da pronuncia da forma débil some, etc., en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6. Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre o modo de aprender dun mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc. 8. Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala o inglés: diferentes lugares turísticos e de interese de Londres, os seus horarios de apertura e peche e os actos máis importantes que teñen lugar neles, etc., e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

. Competencia en comunicación lingüística: Uso da lingua inglesa para:

- Intercambiar información persoal. - Falar sobre os intereses propios. - Falar de horarios e clases.

. Competencia matemática: - Lectura e interpretación de gráficos.

. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: - Coñecemento de diversos ecosistemas e sistemas climáticos para a conservación do medio ambiente, aplicando as novas tecnoloxías e a evolución da ciencia (proxecto Eden).

38

. Competencia social e cidadá: - Coñecemento das preferencias dos adolescentes británicos para o seu tempo de lecer. - Clases e actividades que se ofertan nun centro comunitario xuvenil británico. - Comparación dos horarios de apertura e peche de diferentes lugares turísticos e de interese londinienses. - Mantemento dunha actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

. Competencia cultural e artística: - Interese por coñecer a historia dos lugares turísticos que hai en Londres.

. Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos: My Language Learning Record (My English Experience, English and Me, My Strategies for Progress, Self-evaluation) no Workbook.

. Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Mostra do sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan. - Aplicación de estratexias organizativas á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

. Ciencias da natureza: - O proxecto Eden, un centro para o coidado do medio ambiente que reproduce tres ecosistemas diferentes coas súas condicións climáticas.

. Ciencias sociais, xeografía e historia: - Londres: diferentes lugares emblemáticos e turísticos. A súa bandeira.

. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - O respecto ante os horarios e as normas dos lugares públicos.

. Lingua e literatura: - Os artigos. - Os pronomes demostrativos. - Os adxectivos posesivos e o xenitivo saxón. - O uso das maiúsculas. - Tradución no Workbook.

. Matemáticas: - Lectura e interpretación de gráficos.

39

UNIDADE 3: Taste of Britain

Obxectivos de aprendizaxe

. Escoitar de forma comprensiva un diálogo para pedir comida.

. Expresar gustos e preferencias.

. Pedir comida.

. Falar sobre unha ilustración.

. Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo sobre a comida en Inglaterra e outro sobre a colocación da comida nos supermercados, así como un cuestionario - concurso sobre alimentación. . Escribir un parágrafo sobre o seu restaurante preferido, prestando atención á puntuación. . Utilizar correctamente There is e There are, some e any, How much e How many. . Utilizar correctamente os nomes contábeis e os non contábeis. . Identificar e producir o son /th/ e a entoación das oracións.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR . Predición do tema da unidade mediante o título da mesma, o apoio visual e os coñecementos previos. . Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. . Debate do tema da unidade a partir dun cuestionario e do recoñecemento dos pratos típicos de varias partes de Gran Bretaña. . Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. . Anticipación do contido xeral do que se escoita con apoio de elementos verbais e non verbais. . Obtención de información específica dun texto de diálogo onde varias persoas están pedindo comida rápida por Internet, para completar un formulario. . Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema. . Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre os alimentos e as preposicións de lugar para relacionalo coas fotografías correspondentes, e clasificalo correctamente. . Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para expresar os gustos ou preferencias, pedir comida, falar sobre as ilustracións e sobre a pirámide dos alimentos, utilizando expresións útiles. . Uso do modelo de diálogo proposto sobre a forma de pedir comida nun restaurante para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e practicando unha pronuncia adecuada. . Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. . Desenvolvemento de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR . Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades.

40

. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente.

. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun artigo sobre a comida en Inglaterra e outro sobre a colocación da comida nos supermercados, así como un cuestionario-concurso sobre alimentación, para completar as oracións, corrixir erros e responder as preguntas de comprensión dadas. . Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. . Lectura dun mapa do Reino Unido para extraer información sobre diferentes lugares e accidentes xeográficos e responder as preguntas dadas. . Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. . Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección English in Use do Workbook. . Mellora da expresión escrita de forma guiada, corrixindo a puntuación, identificando os erros e respondendo preguntas sobre restaurantes e comidas. . Composición dunha crítica dun restaurante a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación. . Uso correcto da puntuación en inglés para escribir oracións correctas, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral. . Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun sitio web onde se poden comprar doces con insectos no seu interior, para identificar se as informacións que se dan son verdadeiras ou falsas, e completar oracións coas palabras correctas. . Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. . Tradución de expresións útiles á lingua propia. . Produción escrita dun diálogo en inglés a partir dun guión en lingua propia. . Produción de frases dando información persoal sobre si mesmo.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario . Alimentos, tipos de comidas e bebidas. . Preposicións de lugar. . Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua . There is / There are . Some / any . How much / How many . Nomes contábeis e non contábeis . O uso das maiúsculas. . Expresión de gustos e preferencias. . Intercambio de información para pedir comida. . Descrición dunha ilustración.

41

Fonética . A pronuncia do son /th/. . A entoación das oracións.

Reflexión sobre a aprendizaxe: . Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: relación do vocabulario coa súa representación visual, uso das familias de palabras, discriminación do vocabulario segundo diferentes categorías, etc. . Reflexión guiada sobre o uso e o significado de There is e There are, dos nomes contábeis e non contábeis, de some e any, de How much e How many, e sobre a puntuación nos textos escritos. . Iniciación en estratexias de autoavaliación e de autocorrección das producións orais e escritas a través da sección My Progress Check. . Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. . Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. . Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela. . Participación activa na clase. . Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito . Indución de regras gramaticais a partir da observación. . Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: . Dúas páxinas de repaso e unha de extensión para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. . Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIO-CULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL . Recoñecemento e valoración do uso da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. . Identificación de costumes e de trazos da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- Comidas típicas do Reino Unido. - Os hábitos de comida dos ingleses: horas, alimentos predominantes en cada comida, etc. - A comida rápida en Inglaterra: pratos e prezos. - Tipos de comidas e restaurantes preferidos dos adolescentes ingleses.

. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para falar sobre os gustos e as preferencias, para pedir comida por Internet e nun restaurante, e para describir unha ilustración. . Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos do Reino Unido, obtendo información por diferentes medios:

- Comidas típicas no Reino Unido, dependendo da rexión onde nos atopemos. . Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. . Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

42

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, onde varias persoas están pedindo comida por Internet. 2. Comunicarse oralmente, participando en conversacións e en simulacións sobre os gustos e as preferencias, petición de comida e sobre unha ilustración, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención de comunicación. 3. Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos con apoio de elementos textuais e non textuais sobre as comidas en Inglaterra, a colocación dos diferentes alimentos e produtos no supermercado, e dun cuestionario sobre os hábitos alimenticios saudábeis. 4. Redactar un texto breve sobre o seu restaurante favorito, poñendo especial atención na puntuación. 5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés como o uso de There is, There are, some e any, How much, How many, e dos nomes contábeis e non contábeis, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6. Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre o modo de aprender dun mesmo, a aceptación de erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc. 7. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para producir diálogos a partir de modelos dados e estabelecer relacións persoais, mostrando interese polo seu uso. 8. Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala o inglés como Gran Bretaña, os pratos típicos, os horarios e comidas, hábitos alimenticios ingleses, etc., e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

. Competencia en comunicación lingüística: Uso da lingua inglesa para: - Expresar gustos e preferencias. - Pedir comida nun restaurante. - Falar sobre unha ilustración.

. Tratamento da información e competencia dixital: - Mostra de autonomía, eficacia, responsabilidade e reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Actitude crítica e reflexiva ante a información sobre diferentes pratos típicos de Gran Bretaña. - Selección e uso da información e das súas fontes para ser unha persoa autónoma, eficaz e responsábel.

. Competencia social e cidadá: - Coñecemento dos hábitos ingleses en canto ao número de comidas que realizan ao día e os horarios das mesmas. - Fórmulas adecuadas para pedir comida nun restaurante. - Mantemento dunha actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

. Competencia para aprender a aprender:

43

- Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos: My Language Learning Record (My English Experience, English and Me, My Strategies for Progress, Self-evaluation) no Workbook.

. Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais, a partir de modelos dados. - Aplicación de estratexias organizativas á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula. - Mostra do sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan.

Temas interdisciplinarios

. Ciencias da natureza: - Hábitos alimenticios saudábeis e importancia de levar unha dieta equilibrada. - A pirámide dos alimentos. - A comida rápida.

. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Uso das fórmulas adecuadas para pedir comida nun restaurante.

. Lingua e literatura: - There is / There are - Some / any - How much / How many - Os nomes contábeis e non contábeis. - A puntuación en inglés. - Tradución no Workbook.

44

UNIDADE 4: Getting Around

Obxectivos de aprendizaxe

. Escoitar de forma comprensiva un diálogo no que se piden e se dan enderezos.

. Pedir e dar enderezos.

. Intercambiar información.

. Ler de forma comprensiva e autónoma un folleto sobre o London Duck Tour e unha serie de anuncios relacionados coas viaxes, ademais de breves textos con información sobre lugares turísticos de Londres. . Escribir unha descrición dun lugar de interese turístico, prestando atención á posición do adxectivo na oración inglesa. . Utilizar correctamente o Present Simple. . Utilizar correctamente os adverbios de frecuencia. . Utilizar correctamente o imperativo. . Identificar e producir o son /s/, /z/ e /iz/ das terminacións verbais en inglés.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR . Predición do tema da unidade mediante o título da mesma, o apoio visual e os coñecementos previos. . Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. . Debate do tema da unidade a partir dun cuestionario. . Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. . Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e non verbais. . Obtención de información específica dun texto no que se piden e se dan enderezos, para contestar varias preguntas de comprensión. . Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema. . Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre transportes e adxectivos descritivos, para relacionalo coas fotografías correspondentes e emparellalos cos seus antónimos. . Produción de textos orais curtos nos que empreguen correctamente os adxectivos e practiquen a pronuncia adecuada. . Participación en conversacións breves e sinxelas, para investigar en que medio de transporte está pensando o seu compañeiro/a e para dar e corrixir información falsa dada polo compañeiro/a, utilizando expresións útiles. . Uso do modelo de diálogo proposto, onde dous adolescentes piden e dan enderezos, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e practicando unha pronuncia adecuada. . Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. . Desenvolvemento de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

45

. Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades.

. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente.

. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun folleto sobre o London Duck Tour e unha serie de anuncios relacionados coas viaxes, ademais de breves textos con información sobre sitios turísticos de Londres, para clasificar unha serie de afirmacións en verdadeiras ou falsas, completar un cadro, elixir as respostas correctas e responder as preguntas de comprensión dadas. . Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. . Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. . Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección English in Use do Workbook. . Mellora da expresión escrita de forma guiada, completando unha táboa, colocando unhas oracións na orde correcta e buscando a información requirida. . Composición dun texto curto sobre un lugar de interese turístico a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación: a orde dos adxectivos. . Uso da orde dos adxectivos para escribir oracións correctas, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral. . Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas duns anuncios sobre diferentes lugares de interese turístico para cubrir un cadro e para responder preguntas de comprensión e dun texto sobre un proxecto que se está a realizar en Texas para promover o uso das bicicletas, co fin de completar unhas frases. . Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. . Tradución de expresións útiles á lingua propia. . Produción escrita dun diálogo en inglés a partir dun guión en lingua propia. . Produción de frases dando información persoal sobre si mesmo.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario . Transportes. . Adxectivos. . Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua . O Present Simple (afirmativa, negativa, interrogativa, respostas breves, adverbios de frecuencia e expresións temporais). . Adverbios de frecuencia. . Imperativo. . A orde dos adxectivos na oración. . Dar e pedir enderezos. . Intercambio de información.

46

Fonética . Terminacións verbais.

Reflexión sobre a aprendizaxe: . Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: familias de palabras, esquemas, etc. . Uso progresivo de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. . Reflexión guiada sobre o uso e o significado do Present Simple, sobre o uso dos adverbios de frecuencia, do imperativo e sobre a orde dos adxectivos na oración. . Iniciación en estratexias de autoavaliación e de autocorrección das producións orais e escritas a través da sección My Progress Check. . Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. . Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. . Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela. . Participación activa en tarefas e traballos en grupo. . Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. . Indución de regras gramaticais a partir da observación. . Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: . Dúas páxinas de repaso e unha de extensión para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. . Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIO-CULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL . Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. . Identificación de costumes e de trazos da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- Diferentes zonas turísticas que se atopan no Reino Unido. - Información sobre o metro e outros diversos lugares e iconas do Reino Unido. - Recoñecemento da moeda utilizada no Reino Unido.

. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para pedir permiso e dar as grazas.

. Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos do Reino Unido, obtendo información por diferentes medios:

- Mapa do metro do Reino Unido. - Parte da xeografía de Londres e do Reino Unido. - Diferentes tour de interese en Londres: London Duck Tour. - Diferentes lugares de interese turístico do Reino Unido: Liverpool, o Channel Tunnel, o Aonach Mor, o castelo Carbisdale, o London Eye, o Tower Bridge, o Big Ben ou a catedral de St Paul’s.

. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. . Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

47

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, nos que se dan e se reciben indicacións e enderezos e nos que se describen medios de transporte. 2. Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: adiviñanzas, corrección de información falsa e dar e pedir enderezos, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención de comunicación. 3. Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos con apoio de elementos textuais e non textuais sobre diferentes destinos turísticos do Reino Unido. 4. Redactar un texto breve con información sobre un lugar de interese turístico que coñezan, respectando a orde correcta do adxectivo nas oracións. 5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés como o uso do Present Simple, dos adverbios de frecuencia e das expresións temporais, do imperativo, da pronuncia de certas terminacións verbais de terceira persoa, etc., en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6. Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre o modo de aprender dun mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc. 8. Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala a lingua estranxeira, como o Reino Unido e os diferentes destinos de interese turístico, e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

. Competencia en comunicación lingüística: Uso da lingua inglesa para: - Dar e pedir enderezos. - Intercambiar información. - Describir.

. Competencia matemática: - Realizar cálculos para cambiar liras a peniques.

. Competencia social e cidadá: - Dar e recibir indicacións de modo adecuado e educado. - Mantemento dunha actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

. Competencia cultural e artística: - Interese por coñecer os diferentes lugares de interese turístico do Reino Unido.

. Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos. - My Language Learning Record (My English Experience, English and Me, My Strategies for Progress, Self-evaluation) no Workbook.

. Autonomía e iniciativa persoal:

48

- Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Mostra do sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan. - Aplicación de estratexias organizativas á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

. Ciencias sociais, xeografía e historia: - A xeografía de Londres. - A xeografía do Reino Unido. - Lugares de interese histórico e turístico no Reino Unido.

. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Uso das fórmulas adecuadas para pedir e dar enderezos.

. Lingua e literatura: - O Present Simple. - O imperativo. - A orde dos adxectivos nas oracións en inglés. - Tradución no Workbook.

49

UNIDADE 5: Today’s Sports

Obxectivos de aprendizaxe

. Escoitar de forma comprensiva unha entrevista radiofónica a un xogador de baloncesto. . Falar sobre persoas. . Comparar rutinas e accións en curso. . Ler de forma comprensiva e autónoma un cuestionario-concurso no que se fala de diferentes deportes (incluídos os virtuais), un artigo deportivo dunha revista sobre un programa especial para nenos, Road to Wimbledon, e información sobre os deportes típicos que se practican nos colexios dos países de fala inglesa. . Escribir un parágrafo sobre un deportista. . Utilizar correctamente o Present Continuous e comparalo e diferencialo do Present Simple. . Utilizar correctamente os verbos ”estáticos” . . Identificar e producir a terminación -ing.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR . Predición do tema da unidade mediante o título da mesma, o apoio visual e os coñecementos previos. . Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. . Debate do tema da unidade a partir dun cuestionario. . Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. . Anticipación do contido xeral do que se escoita con apoio de elementos verbais e non verbais. . Obtención de información específica dun texto dunha entrevista radiofónica a un xogador de baloncesto, para dicir se son verdadeiras ou falsas as frases dadas. . Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema. . Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre deportes e verbos de acción e sobre as partes do corpo, para relacionalo coas fotografías e debuxos correspondentes, e clasificalo correctamente. . Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para falar dos deportes que practican, adiviñar en que persoa está pensando o compañeiro/a e manter unha conversación na que simulan necesitar primeiros auxilios, utilizando expresións útiles. . Uso do modelo de diálogo proposto onde dous adolescentes intercambian información sobre os seus gustos deportivos, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e practicando unha pronuncia adecuada. . Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. . Desenvolvemento de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

50

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR . Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. . Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun cuestionario - concurso no que se fala de diferentes deportes (incluídos os virtuais), un artigo deportivo dunha revista sobre un programa especial para nenos, Road to Wimbledon, e información sobre os deportes típicos que se practican nos colexios dos países de fala inglesa, para contestar unha serie de preguntas, atopar sinónimos no texto, identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, e corrixir estas últimas, e responder as preguntas de comprensión dadas. . Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. . Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. . Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección English in Use do Workbook. . Mellora da expresión escrita de forma guiada, completando unha táboa, elixindo os conectores adecuados para un parágrafo, e buscando a información requirida. . Composición dun texto curto sobre un deportista a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación: o uso adecuado dos conectores. . Uso dos conectores para completar un parágrafo; recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral. . Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto curto sobre un novo deporte que consiste en xogar ao rugby baixo a auga e outro sobre montar en monopatín, para elixir as opcións correctas, contestar unhas preguntas de comprensión e identificar se unhas afirmacións dadas son verdadeiras ou falsas. . Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. . Tradución á lingua propia de expresións útiles. . Produción escrita dun diálogo en inglés a partir dun guión na lingua propia. . Produción de frases dando información persoal sobre si mesmo.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario . Deportes. . Verbos de acción. . As partes do corpo. . Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua . O Present Continuous (afirmativa, negativa e interrogativa, respostas breves e expresións temporais) e o seu contraste co Present Simple. . Os verbos “estáticos” .

51

. Os conectores.

. Expresar estados de saúde e de forma física.

. Intercambio de información persoal.

Fonética . A pronuncia da terminación -ing en inglés.

Reflexión sobre a aprendizaxe: . Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: familias de palabras, esquemas, etc. . Reflexión guiada sobre o uso e o significado do Present Continuous e o contraste co Present Simple e sobre o uso de conectores. . Iniciación en estratexias de autoavaliación e de autocorrección das producións orais e escritas a través da sección My Progress Check. . Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. . Participación activa en tarefas e traballos en grupo. . Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. . Indución de regras gramaticais a partir da observación. . Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: . Dúas páxinas de repaso e unha de extensión para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. . Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIO-CULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL . Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. . Identificación de costumes e de trazos da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- O campionato que ten lugar en Wimbledon e a súa importancia e relevancia. - Información sobre os diferentes deportes que se practican e sobre a aparición dos deportes virtuais.

. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para falar de estados de saúde física.

. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, con información sobre deportes, sobre o que están facendo outras persoas e sobre unha entrevista radiofónica a un xogador de baloncesto. 2. Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: falar sobre deportes, sobre estados de saúde física e sobre persoas, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención de comunicación. 3. Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre diferentes deportes e sobre un campionato anual que ten lugar en Wimbledon.

52

4. Redactar un texto breve no que falen dun deportista ao que idolatren, respectando o uso de conectores. 5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés como o uso do Present Continuous e a súa diferenciación co Present Simple, os conectores, etc., en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6. Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación de erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc.

Competencias básicas

. Competencia en comunicación lingüística. Uso da lingua inglesa para: - Expresar estados de saúde e de forma física. - Falar do que están facendo outras persoas. - Describir deportes. - Intercambiar información persoal.

. Tratamento da información e competencia dixital: - Mostra de autonomía, eficacia, responsabilidade e reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Selección e uso da información e das súas fontes para ser unha persoa autónoma, eficaz e responsábel. - Actitude crítica ante a información sobre diferentes aspectos da cultura británica. - Respecto polas normas de conduta en interaccións co profesor/a ou cos compañeiros/as na clase ao usar a información e as súas fontes.

. Competencia social e cidadá: - Coñecemento da existencia dos deportes virtuais. - Mantemento dunha actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

. Competencia cultural e artística: - Interese por coñecer en que consiste o campionato de Wimbledon e un programa para nenos/as que se leva a cabo neste mesmo sitio para permitir que calquera persoa poida xogar e gozar do tenis.

. Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos. - My Language Learning Record (My English Experience, English and Me, My Strategies for Progress, Self-evaluation) no Workbook.

. Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Mostra do sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan. - Aplicación de estratexias organizativas á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

53

Temas interdisciplinarios

. Educación física: - Coñecemento de diferentes deportes e de diversas formas de practicalos.

. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Respecto ante os deportes que practican os demais. - Respecto e interese por un programa que se realiza en Wimbledon e que lle permite a calquera neno xogar neste lugar.

. Lingua e literatura: - O Present Simple e o Present Continuous. - Os verbos “estáticos”- Os conectores. - Tradución no Workbook.

54

UNIDADE 6: Our World

Obxectivos de aprendizaxe

. Escoitar de forma comprensiva un diálogo sobre un proxecto que fixo un rapaz sobre unha parada de autobús en Escocia. . Falar sobre habilidade. . Expresar obriga e prohibición. . Facer suxestións e responder a elas. . Ler de forma comprensiva e autónoma un folleto sobre o centro de tecnoloxía alternativa (CAT), situado en Gales, un artigo de Internet que fala sobre as casas construídas con materiais reciclados ou Earthships e uns textos sobre distintas rexións do mundo. . Escribir normas que axuden a manter o colexio limpo, incluíndo un slogan para cada unha destas normas. . Utilizar correctamente can e must. . Utilizar correctamente os pronomes posesivos. . Utilizar correctamente os adverbios de modo e de intensidade. . Identificar e producir a entoación e os sons das formas débiles dos modais vistos na unidade.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR . Predición do tema da unidade mediante o título da mesma, o apoio visual e os coñecementos previos. . Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. . Debate do tema da unidade a partir dun cuestionario. . Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. . Anticipación do contido xeral do que se escoita con apoio de elementos verbais e non verbais. . Obtención de información específica dun diálogo entre dous adolescentes que falan do proxecto realizado por un alumno escocés, para unir os elementos de dúas columnas distintas formando frases correctas e verdadeiras respecto ao diálogo. . Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema. . Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre animais, elementos naturais, e partes e elementos dunha casa, para relacionalo coas fotografías correspondentes, clasificalo correctamente e xogar ás adiviñanzas. . Produción de textos orais curtos, con estrutura lóxica e con pronuncia adecuada. . Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para relacionar as fotografías de diferentes animais e elementos naturais co seu número e adiviñar en que fotografía está pensando o seu compañeiro/a, corrixir información falsa, expresar obrigas e prohibicións e falar sobre o tempo, utilizando expresións útiles. . Uso do modelo de diálogo proposto onde dous adolescentes fan suxestións sobre a idea que poderían usar nun traballo que deben entregar no colexio, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e practicando unha pronuncia adecuada.

55

. Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. . Desenvolvemento de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR . Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. . Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de textos sinxelos sobre o centro de tecnoloxía alternativa (CAT), situado en Gales, un artigo de Internet que fala sobre as casas construídas con materiais reciclados ou Earthships e uns textos sobre distintas rexións do mundo, para contestar unhas preguntas de comprensión, atopar antónimos, completar un cadro e atopar determinada información no texto. . Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. . Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. . Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección English in Use do Workbook. . Mellora da expresión escrita de forma guiada, puntuando un parágrafo e ordenando palabras para formar frases e relacionalas cunhas fotografías. . Composición dun texto curto no que escriban normas que axuden a manter o colexio limpo, incluíndo un slogan para cada unha destas normas a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e de puntuación: a orde das palabras. . Uso adecuado da puntuación para escribir oracións e parágrafos correctos, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral. . Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto curto sobre o perigoso que é o ruído das discotecas e consellos a ter en conta para identificar se as afirmacións son verdadeiras ou falsas, e para responder preguntas de comprensión; e sobre o Nena’s Ark (un parque zoolóxico onde traballan voluntarios para coidar animais), para responder preguntas de comprensión. . Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. . Tradución á lingua propia de expresións útiles. . Produción escrita dun diálogo en inglés a partir dun guión en lingua propia. . Produción de frases dando información persoal sobre si mesmo.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario . Animais. . Elementos naturais. . Elementos e cuartos da casa. . Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas

56

(ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua . Os adverbios de modo e de intensidade. . Os pronomes posesivos. . A puntuación. . Falar sobre habilidade. . Expresar obriga e prohibición. . Facer suxestións e responder a elas.

Fonética . A entoación das formas débiles de can e must.

Reflexión sobre a aprendizaxe: . Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: familias de palabras, esquemas, etc. . Uso progresivo de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. . Reflexión guiada sobre o uso e o significado dos modais, dos pronomes posesivos e sobre a puntuación. . Iniciación en estratexias de autoavaliación e de autocorrección das producións orais e escritas a través da sección My Progress Check. . Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. . Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. . Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela. . Participación activa en tarefas e traballos en grupo. . Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. . Indución de regras gramaticais a partir da observación. . Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: . Dúas páxinas de repaso e unha de extensión para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. . Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIO-CULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL . Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. . Identificación de costumes e de trazos da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- Centros e organizacións que se dedican a coidar o medio ambiente e os animais. - As casas feitas de materiais reciclados. - Tipos de contaminación en diferentes países. - O clima.

. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para expresar acordo e desacordo ante as suxestións. . Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. . Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

57

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, que consisten en adiviñanzas, nos que se fan suxestións e se expresa acordo e desacordo, e nos que se fala do tempo. 2. Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: facer suxestións e expresar obrigas e prohibicións, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención de comunicación. 3. Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos con apoio de elementos textuais e non textuais sobre o centro de tecnoloxía alternativa (CAT) situado en Gales, un artigo de Internet que fala sobre as casas construídas con materiais reciclados ou Earthships, e uns textos sobre distintas rexións do mundo, sobre o seu clima e os seus elementos naturais máis característicos. 4. Redactar un texto breve no que escriban normas que axuden a manter o colexio limpo, incluíndo un slogan para cada unha destas normas, respectando o uso adecuado da puntuación. 5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés como o uso dos pronomes posesivos, os modais can e must e a puntuación inglesa, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6. Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre o modo de aprender dun mesmo, a aceptación de erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc. 7. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para obter información sobre organizacións e actuacións que favorecen o medio ambiente, mostrando interese polo seu uso.

Competencias básicas

. Competencia en comunicación lingüística: Uso da lingua inglesa para: - Facer suxestións e responder a elas. - Falar sobre habilidade. - Expresar obriga e prohibición.

. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: - Sensibilización cos problemas ambientais e interese por poñer os medios que teñen ao seu alcance para evitalos.

. Tratamento da información e competencia dixital: - Mostra de autonomía, eficacia, responsabilidade e reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Selección e uso da información e das súas fontes para ser unha persoa autónoma, eficaz e responsábel. - Actitude crítica ante a información sobre diferentes aspectos da cultura británica. - Respecto polas normas de conduta en interaccións co profesor/a ou cos compañeiros/as na clase, ao usar a información e as súas fontes.

58

. Competencia social e cidadá: - Mantemento dunha actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

. Competencia cultural e artística: - Interese por coñecer que organizacións se ocupan de coidar e mellorar o medio ambiente e os animais.

. Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser consciente das propias capacidades e coñecementos. - My Language Learning Record (My English Experience, English and Me, My Strategies for Progress, Self-evaluation) no Workbook.

. Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados. - Mostra do sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan. - Aplicación de estratexias organizativas á hora de presentar un traballo escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

. Ciencias da natureza: - Coñecemento dos principais problemas ambientais que existen e sensibilización ante os mesmos.

. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Respecto polo medio ambiente.

. Lingua e literatura: - Os modais can e must. - Os pronomes posesivos. - Os adverbios de modo e de intensidade. - A puntuación en inglés. - Tradución no Workbook.

59

UNIDADE 7: I Love Music!

Obxectivos de aprendizaxe

. Escoitar de forma comprensiva a descrición dun concurso de música.

. Falar sobre eventos pasados.

. Ler de forma comprensiva e autónoma un texto sobre a guitarra, tipos e historia, un texto que versa sobre un programa televisivo: Pop Idol, e un pequeno texto sobre as bandas tributo ou homenaxe. . Escribir un parágrafo sobre o seu cantante ou grupo preferido, prestando atención ao uso de maiúsculas. . Utilizar correctamente o pasado de to be e there was / there were. . Identificar e producir o acento das palabras en inglés e as formas débiles de was / were.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR . Predición do tema da unidade mediante o título da mesma, o apoio visual e os coñecementos previos. . Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. . Debate do tema da unidade a partir dun concurso. . Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. . Anticipación do contido xeral do que se escoita con apoio de elementos verbais e non verbais. . Obtención de información específica dun texto sobre un concurso de música para completar unhas oracións elixindo a resposta correcta. . Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema. . Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre profesións e instrumentos musicais para relacionalo coas fotografías correspondentes e clasificalo correctamente segundo a súa categoría. . Participación en conversacións breves e sinxelas para deducir en que profesión está pensando o compañeiro/a e para explicar en que sitios estivo nun momento determinado, co fin de contestar preguntas sobre un evento pasado e comprar e vender unha entrada para un concerto, utilizando expresións útiles. . Uso do modelo de diálogo proposto onde dous adolescentes falan sobre un concerto que tivo lugar nun momento concreto do pasado, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e practicando unha pronuncia adecuada. . Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. . Desenvolvemento de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR . Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. . Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente.

. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de textos sinxelos sobre a guitarra, sobre un programa televisivo: Pop Idol, e sobre as bandas tributo ou homenaxe, para elixir a resposta correcta, responder as preguntas de comprensión dadas, completar unhas oracións e adiviñar a que famosa banda homenaxean as bandas tributo que aparecen no texto. . Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. . Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. . Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección English in Use do Workbook. . Mellora da expresión escrita de forma guiada, completando unha táboa, escribindo maiúsculas onde sexa necesario e contestando unha serie de preguntas. . Composición dun texto curto sobre un cantante ou un grupo musical, a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e de puntuación: o uso das maiúsculas. . Uso adecuado das maiúsculas para escribir correctamente; recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral. . Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto curto sobre un programa televisivo americano, sobre a música que tivo gran éxito no pasado, e sobre Elvis Presley, para completar unhas oracións, contestar unhas preguntas de comprensión e elixir as respostas correctas. . Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. . Tradución á lingua propia de expresións útiles. . Produción escrita dun diálogo en inglés a partir dun guión en lingua propia. . Produción de frases dando información persoal sobre si mesmo.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario . Profesións. . Instrumentos musicais. . Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua . O pasado do verbo to be e have got (afirmativa, negativa e interrogativa, respostas breves e expresións temporais). . O uso de there was / there were. . O uso adecuado das maiúsculas en inglés. . Falar sobre eventos pasados.

Fonética . O acento das palabras en inglés e as formas débiles de was / were.

Reflexión sobre a aprendizaxe:

61

. Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: familias de palabras, esquemas, etc. . Uso progresivo de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. . Reflexión guiada sobre o uso e o significado do verbo to be en pasado, sobre o uso de there was / there were e sobre o uso das maiúsculas. . Iniciación en estratexias de autoavaliación e de autocorrección das producións orais e escritas a través da sección My Progress Check. . Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. . Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. . Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela. . Participación activa en tarefas e traballos en grupo. . Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. . Indución de regras gramaticais a partir da observación. . Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: . Dúas páxinas de repaso e unha de extensión para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. . Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIO-CULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL . Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. . Identificación de costumes e de trazos da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira: - A música e algúns programas televisivos musicais doutros países. - Información sobre un fenómeno musical: a aparición de bandas ou cantantes que imitan a outros máis coñecidos a modo de homenaxe. . Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para falar de eventos e de acontecementos pasados. . Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. . Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, con información sobre un concurso de música. 2. Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: adiviñanzas e conversacións sobre eventos e accións pasadas, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención de comunicación. 3. Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos con apoio de elementos textuais e non textuais sobre a guitarra (tipos e historia), sobre un programa televisivo: Pop Idol, e sobre as bandas tributo ou homenaxe.

62

4. Redactar un texto breve con información sobre un cantante ou grupo musical, respectando o uso adecuado das maiúsculas. 5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés, como o uso do pasado do verbo to be e de there was / there were, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6. Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre o modo de aprender dun mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc. 7. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para obter información en Internet sobre un cantante, mostrando interese polo seu uso. 8. Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala a lingua estranxeira, como a música e os programas musicais de fama nestes países, algúns instrumentos musicais e a súa historia, e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

. Competencia en comunicación lingüística. Uso da lingua inglesa para: - Falar sobre eventos pasados.

. Tratamento da información e competencia dixital: - Mostra de autonomía, eficacia, responsabilidade e reflexión ao seleccionar

e facer uso da información e das súas fontes. - Selección e uso da información e das súas fontes para ser unha persoa autónoma, eficaz e responsábel. - Actitude crítica ante a información sobre diferentes aspectos da cultura británica. - Respecto polas normas de conduta en interaccións co profesor/a ou cos compañeiros/as na clase ao usar a información e as súas fontes.

. Competencia social e cidadá: - Interese por coñecer que música se escoita noutros países e que

programas televisivos teñen éxito e se emiten ou se emitiron. - Mantemento dunha actitude construtiva e solidaria ante a información que

se presenta e ante as interaccións na aula.

. Competencia cultural e artística: - Interese por coñecer a historia dun coñecido instrumento musical: a

guitarra, e detalles sobre algúns outros.

. Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender

e ser consciente das propias capacidades e coñecementos. - My Language Learning Record (My English Experience, English and Me,

My Strategies for Progress, Self-evaluation) no Workbook.

. Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a

partir de modelos dados. - Mostra do sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan.

63

- Aplicación de estratexias organizativas á hora de presentar un traballo escrito.

- Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Respecto ante os distintos tipos de música e de programas televisivos.

. Lingua e literatura: - O pasado do verbo to be e o uso de there was / there were. - Falar de feitos e de acontecementos pasados. - O uso adecuado das maiúsculas. - Tradución no Workbook.

. Música: - Os instrumentos musicais e a historia dalgúns deles. - A música que se escoita noutros países e os programas televisivos que apareceron ao longo do tempo.

64

UNIDADE 8: Famous People

Obxectivos de aprendizaxe

. Escoitar de forma comprensiva un diálogo no que dous rapaces xogan ás adiviñanzas. . Falar sobre o pasado. . Dar información biográfica. . Ler de forma comprensiva e autónoma un e-mail sobre unha excursión a Stratford-upon-Avon, tres fragmentos literarios e un breve texto sobre os dous primeiros homes que pisaron a lúa. . Escribir un parágrafo sobre unha actividade que realizaron no pasado. . Utilizar correctamente o pasado dos verbos regulares e irregulares. . Identificar e producir as terminacións verbais /d/, /t/ e /ide/.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR . Predición do tema da unidade mediante o título da mesma, o apoio visual e os coñecementos previos. . Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. . Debate do tema da unidade a partir dun cuestionario-concurso. . Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. . Anticipación do contido xeral do que se escoita con apoio de elementos verbais e non verbais. . Obtención de información específica dun diálogo no que dous rapaces xogan a adiviñar datos relacionados con acontecementos históricos, para relacionar estes acontecementos coas datas correspondentes, comparar as súas respostas coas do compañeiro/a e contestar unha pregunta de comprensión. . Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema. . Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre adxectivos e sentimentos para relacionalo coas fotografías correspondentes, completar unhas frases e contestar unhas preguntas. . Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para facer descricións, preguntar e responder información de acontecementos e momentos xa pasados e para dar e corrixir información, utilizando expresións útiles. . Uso do modelo de diálogo proposto onde dous adolescentes dan e piden información biográfica, para adiviñar de que personaxe famoso se trata, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e practicando unha pronuncia adecuada. . Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. . Desenvolvemento de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR . Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades.

65

. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente.

. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun e-mail sobre unha excursión a Stratford-upon-Avon, tres fragmentos literarios e un breve texto sobre os dous primeiros homes que pisaron a lúa, para elixir a resposta correcta, contestar unhas preguntas de comprensión, identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, corrixindo estas últimas, e completar unhas oracións para facer un diálogo. . Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. . Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. . Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección English in Use do Workbook. . Mellora da expresión escrita de forma guiada, poñendo unhas frases en orde cronolóxica, elixindo o conector adecuado e desenvolvendo o eixe cronolóxico dun texto. . Composición dun texto curto sobre un acontecemento que tivo lugar no pasado a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación: os conectores de secuencia. . Uso adecuado dos conectores para escribir parágrafos e textos correctos, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral. . Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto biográfico sobre J.R.R. Tolkien e outro sobre J.K. Rowling para completar unhas frases, contestar unhas preguntas de comprensión e identificar se as afirmacións son verdadeiras ou falsas e corrixir estas últimas. . Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. . Tradución á lingua propia de expresións útiles. . Produción escrita dun diálogo en inglés a partir dun guión en lingua propia. . Produción de frases dando información persoal sobre si mesmo.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario . Adxectivos. . Sentimentos. . Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua . O Past Simple (afirmativa, negativa e interrogativa, respostas breves e expresións temporais) dos verbos regulares e irregulares. . Os conectores de secuencia. . Falar sobre o pasado. . Dar información persoal.

66

Fonética . A pronuncia das terminacións verbais /d/, /t/ e /ide/.

Reflexión sobre a aprendizaxe: . Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: familias de palabras, esquemas, etc. . Uso progresivo de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. . Reflexión guiada sobre o uso e o significado do Past Simple dos verbos regulares e irregulares e dos conectores de secuencia. . Iniciación en estratexias de autoavaliación e de autocorrección das producións orais e escritas a través da sección My Progress Check. . Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. . Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela. . Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. . Indución de regras gramaticais a partir da observación. . Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: . Dúas páxinas de repaso e unha de extensión para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. . Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIO-CULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL . Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. . Identificación de costumes e de trazos da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- Recoñecemento da existencia de Stratford-upon-Avon e dalgúns datos biográficos de escritores e personaxes como Shakespeare, Alexander

Graham Bell, John Logie Baird, Rowling ou Tolkien. - Recoñecemento de tres libros escritos en lingua inglesa con gran

repercusión en España. - Coñecemento de acontecementos históricos pasados. - Coñecemento de datos relacionados coa lúa e os planetas e cos primeiros astronautas que pisaron a lúa.

. Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos do Reino Unido, obtendo información por diferentes medios:

- A existencia de Stratford-upon-Avon e localización, e dalgúns datos biográficos de escritores e personaxes famosos como Shakespeare,

Alexander Graham Bell, John Logie Baird, Rowling ou Tolkien. - Coñecemento dalgúns acontecementos históricos.

. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. . Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

67

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, con información histórica, biográfica e persoal e descricións. 2. Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: intercambios de información histórica, biográfica e persoal, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención de comunicación. 3. Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos con apoio de elementos textuais e non textuais sobre unha excursión a Stratford-upon-Avon, tres fragmentos literarios e un breve texto sobre os dous primeiros homes que pisaron a lúa. 4. Redactar un texto breve con información sobre un acontecemento pasado respectando o uso adecuado dos conectores. 5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés como o uso e a forma do Past Simple, da pronuncia das terminacións verbais de pasado, etc., en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6. Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre o modo de aprender dun mesmo, a aceptación de erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc. 7. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para atopar información, mostrando interese polo seu uso. 8. Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala a lingua estranxeira, como a literatura e algúns acontecementos históricos, algúns inventos, etc., e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

. Competencia en comunicación lingüística. Uso da lingua inglesa para: - Falar sobre o pasado. - Dar información biográfica. - Literatura inglesa e americana dos séculos XX e XXI.

. Competencia matemática: - Ler cifras longas (desde cen).

. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: - Coñecemento do Universo.

. Tratamento da información e competencia dixital: - Mostra de autonomía, eficacia, responsabilidade e reflexión ao seleccionar

e facer uso da información e das súas fontes. - Selección e uso da información e das súas fontes para ser unha persoa autónoma, eficaz e responsábel. - Actitude crítica ante a información sobre diferentes aspectos da cultura británica. - Respecto polas normas de conduta en interaccións co profesor/a ou cos compañeiros/as na clase ao usar a información e as súas fontes.

. Competencia social e cidadá:

68

- Mantemento dunha actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

. Competencia cultural e artística: - Interese por coñecer o patrimonio literario e cultural dos países onde se fala

a lingua inglesa.

. Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender

e ser consciente das propias capacidades e coñecementos. - My Language Learning Record (My English Experience, English and Me,

My Strategies for Progress, Self-evaluation) no Workbook.

. Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a

partir de modelos dados. - Mostra do sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan. - Aplicación de estratexias organizativas á hora de presentar un traballo

escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

. Ciencias da natureza: - Os planetas e satélites: distancia do sol, tamaño e temperaturas dalgúns deles.

. Ciencias sociais, xeografía e historia: - Algúns acontecementos históricos e personaxes famosos de gran

relevancia para a historia.

. Lingua e literatura: - Falar do pasado. - Dar e pedir datos biográficos e históricos. - Literatura inglesa e americana dos séculos XX e XXI. - Os conectores de secuencia. - Tradución no Workbook.

69

UNIDADE 9: Summer Holidays

Obxectivos de aprendizaxe

. Escoitar de forma comprensiva dous diálogos nos que dous rapaces están facendo a maleta mentres falan con súas nais. . Expresar plans futuros e intencións. . Ler de forma comprensiva e autónoma un “blog” no que unha rapaza conta os seus plans para as súas vacacións, un diálogo no que unha nai e unha filla fan plans para as súas vacacións, e varios textos curtos nos que se dá información sobre diferentes sitios turísticos. . Escribir un parágrafo sobre o que van facer durante este verán, prestando atención á corrección de erros, tendo en conta a Writing Checklist que foron vendo durante o curso. . Utilizar correctamente be going to e o Present Continuous con valor de futuro. . Identificar e producir a entoación, o ritmo e o acento das frases en inglés.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR . Predición do tema da unidade mediante o título da mesma, o apoio visual e os coñecementos previos. . Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos compañeiros/as. . Debate do tema da unidade a partir dun cuestionario-concurso. . Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. . Anticipación do contido xeral do que se escoita con apoio de elementos verbais e non verbais. . Obtención de información específica de dous diálogos nos que dous rapaces están facendo a maleta mentres falan con súas nais, para contestar unhas preguntas de comprensión. . Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e do uso dos coñecementos previos sobre o tema. . Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre roupa e sobre elementos da xeografía, para relacionalo coas fotografías correspondentes, e clasificalo correctamente. . Participación en conversacións breves e sinxelas para indagar a que sitio vai o seu compañeiro/a de vacacións a partir da roupa que vai levar; dar e corrixir información facilitada polo compañeiro/a e falar de plans utilizando expresións útiles. . Uso do modelo de diálogo proposto onde dous rapaces falan dos seus plans para as vacacións, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo modelo, cambiando as palabras coloreadas e practicando unha pronuncia adecuada. . Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula. . Desenvolvemento de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR . Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades.

70

. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente.

. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun “blog” no que unha rapaza conta os seus plans para as súas vacacións, un diálogo no que unha nai e unha filla fan plans para as súas vacacións e varios textos curtos nos que se dá información sobre diferentes sitios turísticos, para atopar palabras no texto correspondentes a determinadas categorías, contestar preguntas de comprensión e atopar información específica no texto. . Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia. . Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc. . Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección English in Use do Workbook. . Mellora da expresión escrita de forma guiada, completando unha táboa, corrixindo erros nun texto, elixindo os posíbeis títulos dun texto e contestando unha serie de preguntas sobre un texto. . Composición dun texto curto no que falen dos seus plans para o verán a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e de puntuación estudadas ao longo do curso. . Uso de todos os puntos aprendidos e repasados ao longo do curso para escribir textos correctos, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral. . Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: . Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun catálogo con diferentes destinos turísticos e dun texto sobre o castelo de Alnwick, para completar unhas frases, identificar se as afirmacións son verdadeiras ou falsas e para ordenar unhas palabras para formar oracións. . Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. . Tradución á lingua propia de expresións útiles. . Produción escrita dun diálogo en inglés a partir dun guión en lingua propia. . Produción de frases dando información persoal sobre si mesmo.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario . Roupa. . Elementos da xeografía. . Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua . A estrutura be going to e o Present Continuous con valor de futuro (afirmativa, negativa e interrogativa, respostas breves e expresións temporais). . Repaso de todas as normas ortográficas vistas ao longo do curso. . Falar de plans futuros. . Expresións útiles para falar de plans futuros.

71

Fonética . A entoación, o ritmo e o acento das frases en inglés.

Reflexión sobre a aprendizaxe: . Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico: familias de palabras, esquemas, etc. . Reflexión guiada sobre o uso e o significado da estrutura be going to e do Present Continuous con valor de futuro, e de todas as normas ortográficas vistas ao longo do curso. . Iniciación en estratexias de autoavaliación e de autocorrección das producións orais e escritas a través da sección My Progress Check. . Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo. . Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. . Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela. . Indución de regras gramaticais a partir da observación. . Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: . Dúas páxinas de repaso e unha de extensión para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. . Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIO-CULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL . Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas. . Identificación de costumes e de trazos da vida cotiá que se traballan na unidade, propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira:

- Destinos turísticos máis elixidos pola xente que vive no Reino Unido. - Destinos turísticos para visitar no Reino Unido. - Coñecemento e recoñecemento dos distintos tipos de moeda que se usan nalgúns países.

. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para falar de plans.

. Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos do Reino Unido, obtendo información por diferentes medios:

- O pobo co nome máis longo de Gran Bretaña. - Calendario escolar do Reino Unido. - O material utilizado antigamente para construír castelos.

. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. . Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, de dous rapaces que están facendo as maletas mentres falan con súas nais. 2. Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: clasificar a roupa que se necesita segundo o lugar ao que se vaia, falar sobre plans futuros, corrixir a información dada, planificar unhas vacacións e comprar utilizando

72

diferentes tipos de moedas, para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención de comunicación. 3. Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos con apoio de elementos textuais e non textuais sobre unha rapaza que conta os seus plans para as vacacións no seu “blog”, un diálogo no que unha nai e unha filla fan plans para as súas vacacións e varios textos curtos nos que se dá información sobre diferentes sitios turísticos. 4. Redactar un texto breve sobre o que van facer durante este verán, prestando atención á corrección de erros e tendo en conta a Writing Checklist que foron vendo durante o curso. 5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés como o verbo be going to, o Present Continuous con valor de futuro, a corrección de erros nun texto escrito por eles mesmos, etc., en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. 6. Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre o modo de aprender dun mesmo, a aceptación de erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc. 7. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para buscar e recibir información de distintos tipos, mostrando interese polo seu uso. 8. Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala a lingua estranxeira, como algúns dos destinos turísticos do Reino Unido, etc., e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

. Competencia en comunicación lingüística. Uso da lingua inglesa para: - Falar de plans futuros. - Intercambiar información persoal.

. Competencia matemática: - Aprender o valor de distintos tipos de moedas, saber comprar con elas e

facer o cambio dunha a outra.

. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: - Coñecer posíbeis destinos turísticos e planear vacacións.

. Tratamento da información e competencia dixital: - Mostra de autonomía, eficacia, responsabilidade e reflexión ao seleccionar

e facer uso da información e das súas fontes. - Selección e uso da información e das súas fontes para ser unha persoa autónoma, eficaz e responsábel. - Actitude crítica ante a información sobre diferentes aspectos da cultura británica. - Respecto polas normas de conduta en interaccións co profesor/a ou cos compañeiros/as na clase, ao usar a información e as súas fontes.

. Competencia social e cidadá: - Aprender a facer plans para unhas vacacións e coñecer o formato dun catálogo, distintos destinos turísticos, etc.

73

- Mantemento dunha actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

. Competencia cultural e artística: - Interese por coñecer o patrimonio cultural e artístico da cultura

anglosaxona.

. Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender

e ser consciente das propias capacidades e coñecementos. - My Language Learning Record (My English Experience, English and Me,

My Strategies for Progress, Self-evaluation) no Workbook.

. Autonomía e iniciativa persoal: - Uso da creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a

partir de modelos dados. - Mostra do sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan. - Aplicación de estratexias organizativas á hora de presentar un traballo

escrito. - Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

. Ciencias sociais, xeografía e historia: - Situación xeográfica dalgúns lugares do Reino Unido. - Recoñecemento en inglés dalgúns elementos xeográficos. - Coñecemento dalgúns datos históricos relacionados co Reino Unido.

. Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Respecto ante os plans dos demais.

. Lingua e literatura: - Falar e facer plans futuros. - A corrección de erros nun texto escrito. - Tradución no Workbook.

74

Review and Extension

Burlington Passport for ESO 1 inclúe tres unidades de repaso nas que se presentan exercicios de vocabulario e de gramática, tres proxectos que os alumnos/as poden incluír no seu Portfolio, tres cancións e tres textos literarios.

Foron deseñadas para seren realizadas ao final de cada trimestre do curso escolar, pero pódense relacionar con calquera das unidades estudadas segundo o criterio do profesor/a. Por outra banda, nelas desenvólvense de forma sistemática os contidos e os obxectivos de aprendizaxe expostos nas nove unidades programadas.

. Os exercicios de vocabulario e de gramática que inclúen son moi variados e ofrecen práctica adicional do estudado nas unidades anteriores.

. As cancións reproducen tres temas apropiados á idade e aos intereses dos alumnos/as de 1º da ESO.

- Hello, Goodbye (The Beatles) - I don’ t like Mondays (The Boontown Rats) - Papa was a Rolling Stone (The Temptations)

Ademais de reproducir as letras no Student’s Book para permitir unha completa explotación na clase, as cancións tamén están gravadas no Student’s Activity Multirom, co fin de que os alumnos/as poidan cantalas e familiarizarse, deste xeito, coa pronuncia das palabras.

. Os proxectos son actividades nas que os alumnos/as practican dun xeito divertido todos os coñecementos gramaticais e o vocabulario estudado ata o momento. Estes proxectos remiten ás páxinas do Workbook, onde atoparán instrucións paso a paso que lles permitirán desenvolver a súa capacidade de traballo autónomo e as cue cards, que lles axudarán a facer a presentación oral dos mesmos na clase.

- No proxecto 1 (A persoal profile) concrétanse os obxectivos e os contidos vistos nas unidades 1, 2 e 3. - No proxecto 2 (Make a sports website) concrétanse os obxectivos e os contidos vistos nas unidades 4, 5 e 6. - No proxecto 3 (A music presentation) concrétanse os obxectivos e os

contidos vistos nas unidades 7, 8 e 9.

Estes proxectos poden ser utilizados como ferramenta de avaliación tendo en conta os criterios de avaliación descritos para as unidades respectivas.

. Os textos literarios presentan unha magnífica oportunidade de practicar a comprensión escrita con textos auténticos de diferentes xéneros:

- Old Greybeard (conto popular ilustrado en viñetas) - My new best friend (un poema de Kimberly Kirberger) - How the Turtle Got Its Shell (unha fábula etíope)

75

7. Atención á diversidade

Passport for ESO 1 ten unha metodoloxía ecléctica, xa que hai que contar con varios estilos de aprendizaxe por parte dos alumnos/as e, así mesmo, diversos estilos de ensino por parte dos profesores/as. Por iso, estes materiais prestan maior atención á diversidade.

Como punto de partida tivemos en conta catro ámbitos de diversidade:

A capacidade para aprender a aprender

Cada alumno/a ten a súa propia capacidade para aprender cousas e para retelas, sen que iso sexa sinónimo da súa capacidade intelectual, e todos os alumnos poden alcanzar un nivel mínimo, independentemente do ritmo de traballo que poida ter cada quen. Tales son os aspectos que consideramos na investigación inicial e en todo o desenvolvemento do curso.

Así o reflicten as actividades do Student’s Book e do Workbook, xa que, a través dunha reciclaxe continua de estruturas e de vocabulario, por unha banda ofrecen amplas oportunidades de reforzo aos alumnos/as con menos capacidade e por outro facilitan a ampliación da materia aos que teñen máis nivel.

A motivación para aprender

A motivación do alumno/a para aprender é moi complexa, sobre todo tratándose dun idioma, xa que depende de varios factores: por unha banda, do historial de éxito ou de fracaso que teña ata ese momento e, por outra banda, do proceso de aprendizaxe seguido. Isto influirá notabelmente tanto no nivel de motivacións individuais coma na forma máis lóxica e funcional de presentarlles todos os contidos.

Para levar a cabo a selección dos temas incluídos neste curso realizamos unha ampla investigación, abarcando o punto de vista do profesor/á través de cuestionarios, pero tamén o dos alumnos/as, para así adaptalos ás súas idades, experiencias e contorno.

Os estilos de aprendizaxe

Existen moitos tipos de estudos sobre os diversos estilos de aprendizaxe á hora de estudar un idioma.

Como é ben sabido, os alumnos/as poden ser impulsivos ou reflexivos cando se enfrontan ás súas tarefas escolares. Algúns alumnos poden reaccionar moi rapidamente e sen embargo necesitar varios intentos para asimilaren unha idea, mentres que outros poden traballar máis a conciencia e aprender máis amodo, conseguindo o mesmo resultado. Este factor foi tido en conta dun modo sistemático. Por exemplo, á hora de ensinar as estruturas gramaticais incluíronse exercicios e táboas para aprender e repasar o presentado punto por punto, e tamén unha ampla repetición e práctica en distintas situacións para aqueles alumnos/as que non usen tanto o estilo analítico cando aprenden.

Tamén se prestou unha atención especial á “modalidade sensorial preferente” dos alumnos/as (visual, auditiva ou quinesiolóxica), é dicir, ás posíbeis formas de levar á práctica o aprendido.

76

Xa que logo, á hora de presentar as estruturas e as funcións, tivéronse en conta os distintos modos de aprendizaxe en todas as unidades, ofrecendo aos alumnos/as máis analíticos numerosas oportunidades: táboas, preguntas de comprensión, esquemas e exercicios, e moita e variada práctica. Ademais, ao final das unidades de repaso do Student’s Book dáselles a oportunidade de facer proxectos guiados para que practiquen o vocabulario e as estruturas aprendidas, coas instrucións detalladas no Workbook e co material de apoio necesario para facer presentacións orais na clase.

Os intereses dos alumnos/as

O esforzo por aprender un idioma varía moito duns alumnos/as a outros dependendo do seu interese e/ou necesidade de facelo. Por iso incluímos unha gran variedade de temas, intentando que sexan de interese para a maioría, e ofrecemos materiais para atender aos distintos niveis de coñecemento e estilos de aprendizaxe. Hai actividades graduadas de menor a maior dificultade e de maior a menor control tanto no Student’s Book coma no Workbook. Ao final do Student's Book incluímos un apéndice de ortografía en inglés e ao final do Workbook un glosario, así como apéndices de gramática e de escritura na lingua materna dos alumnos/as para os que necesiten apoiarse máis na presentación teórica.

No Workbook inclúese unha gran variedade de exercicios graduados para practicar máis a gramática e o vocabulario, ademais dun ditado, unha sección de comprensión e expresión escrita e actividades extra opcionais para que os alumnos/as máis avanzados practiquen cada punto nun nivel máis elevado. Para rematar, tamén se inclúen dúas páxinas de repaso e unha de ampliación por unidade que permiten atender á diversidade. Ao final deste compoñente atópase o pequeno caderno Word Games que proporciona xogos e divertidas actividades para consolidar o vocabulario, así como un xogo de mesa por cada trimestre. O Student’s activity Multirom que o acompaña, con xogos de vocabulario e exercicios interactivos de gramática (dúas por unidade, en dous niveis de dificultade), actividades interactivas de listening baseadas en aspectos socioculturais e cuestionarios de opción múltiple (un por unidade), as gravacións das cancións do Student’s Book e dos ditados do Workbook, pretende que os alumnos/as poidan reforzar os contidos na casa.

O Teacher’s Manual ofrece tamén actividades opcionais de reforzo e de ampliación, outras de ditado, listening, corrección de erros e información sociocultural e interdisciplinaria adicional, ademais de continuas suxestións ao profesor/a sobre como dividir a súa axuda segundo as distintas necesidades da clase.

O Teacher’s All-in-One Pack ofrece un test de diagnóstico que se recomenda facer ao comezo do curso para ver o nivel dos alumnos/as, así como exercicios de repaso para que revisen os puntos nos que atoparon maior dificultade. Ademais ofrece nove exames (un por unidade), tres trimestrais e dous finais, todos eles en tres niveis de dificultade, para poder elixir o máis adecuado segundo a capacidade de cada alumno/a. As follas de traballo dividíronse do seguinte xeito:

- Extra Practice (proporcionan práctica adicional co mesmo nivel que o presentado na unidade) - Extension (enfocadas para que os alumnos/as máis avanzados poidan ampliar os coñecementos adquiridos dun xeito máis significativo e motivador)

Tamén proporciona un test con actividades de comprensión e de expresión oral por unidade e trimestre e outro final, todo iso nun mesmo nivel de dificultade.

77

Para rematar, incluímos unha sección de materiais interdisciplinarios co fin de enriquecer as clases e de ampliar a cultura xeral dos alumnos/as á vez que aprenden inglés. Estas páxinas versan sobre temas de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, ademais de actividades fotocopiábeis de expresión oral para facer en parellas, exercicios de gramática e de vocabulario, e un xogo de mesa fotocopiábel por trimestre.

Todos os tests deste compoñente están dispoñíbeis en formato Word no Test Factory and Other Resources CD-ROM co fin de poder editalos e realizar cambios, atendendo ás necesidades da aula.

78

8. Avaliación e promoción

A avaliación será continua e diferenciada segundo as distintas materias do currículo. Os criterios de avaliación das materias serán referente fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias básicas coma o de consecución dos obxectivos.

Pasarase ao curso seguinte cando se superen os obxectivos das materias cursadas ou se teña avaliación negativa en dúas materias como máximo e repetirase curso con avaliación negativa en tres ou máis materias. Co fin de facilitarlle ao alumnado a recuperación das materias con avaliación negativa, organizaranse probas extraordinarias en cada un dos cursos. O alumno poderá repetir o mesmo curso unha soa vez, e dúas veces como máximo dentro da etapa.

a) Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, sobre asuntos cotiáns, se se fala amodo e con claridade. A través deste criterio apreciarase a capacidade do alumno/a para comprender o esencial de diálogos emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, aínda que non se comprenda a súa totalidade. Trátase de avaliar esencialmente a identificación do significado de instrucións, comentarios, preguntas e respostas, diálogos curtos, descricións e narracións breves.

2. Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións sobre temas coñecidos ou traballados previamente, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención de comunicación. Este criterio avalía a capacidade de comunicación oral, participando en conversacións, reais ou simuladas, sobre temas coñecidos. Consistirán esencialmente en expoñer e contestar preguntas, intercambiar ideas e información, relatar experiencias sobre temas familiares en situacións predicíbeis, utilizando os recursos lingüísticos e as estratexias que aseguren a comunicación. As producións poderán ter algunhas incorreccións léxicas, morfosintácticas ou fonéticas que non dificulten a comunicación.

3. Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos adecuados á idade, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre temas variados e outros relacionados con algunhas materias do currículo. A través deste criterio apreciarase a capacidade para comprender textos diversos: instrucións, correspondencia, descricións e narracións breves, mensaxes, cuestionarios, etc. aplicando estratexias básicas de lectura como a inferencia de significados polo contexto ou por elementos visuais, ou a comparación coas linguas que coñece. Con este criterio tamén se avalía a capacidade de ler textos, en soporte papel ou dixital, de certa extensión, para aprender ou para gozar da lectura, utilizando o dicionario cando sexa preciso.

4. Redactar textos breves en diferentes soportes utilizando as estruturas, as funcións e o léxico adecuados, así como algúns elementos básicos de cohesión, a partir de modelos, e respectando as regras elementais de ortografía e de puntuación.

79

Este criterio avalía a capacidade para redactar, aínda que de forma elemental, notas, descricións, correspondencia postal ou electrónica, ou mensaxes. Os textos conterán as palabras de uso habitual, oracións simples e conectores básicos. Valorarase tamén a presentación clara, limpa e ordenada, en soporte papel ou dixital.

5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía), en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas. A través deste criterio apreciarase a capacidade do alumno/a para aplicar os seus coñecementos sobre o sistema lingüístico, usando os aspectos sonoros, de ritmo, entoación e organización da lingua en actividades diversas, e para reflexionar sobre a necesidade da corrección formal que fai posíbel a comprensión tanto das súas propias producións coma das alleas.

6. Identificar, utilizar e poñer exemplos dalgunhas estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe. Este criterio pretende avaliar se se utilizan as estratexias básicas que favorecen o proceso de aprendizaxe como: a capacidade de ir valorando os progresos, a reflexión sobre como pode un mesmo aprender máis e mellor, a incorporación e a aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe; a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico; o uso correcto do dicionario para identificar a acepción adecuada ao contexto; o uso de recursos bibliográficos, informáticos e dixitais para solicitar información, ampliar ou revisar aspectos traballados na aula, etc.

7. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para buscar información, producir mensaxes a partir de modelos e para estabelecer relacións persoais, mostrando interese polo seu uso. Trátase de valorar con este criterio a capacidade de utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de comunicación e de aprendizaxe, en actividades habituais da aula e para estabelecer relacións persoais. As comunicacións que se estabelezan versarán sobre temas familiares previamente traballados e realizaranse a partir de modelos. Tamén se terá en conta a actitude ante a lingua estranxeira, os intentos por utilizala e a valoración da diversidade lingüística como elemento enriquecedor.

8. Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala a lingua estranxeira e mostrar interese por coñecelos. Este criterio pretende comprobar que se coñecen algúns trazos importantes do contexto sociocultural e xeográfico dos países onde se fala a lingua estranxeira e que se amosa interese e aprecio por hábitos culturais distintos aos propios e actitudes de respecto ante os valores e comportamentos doutros pobos.

b) Procedementos e sistemas de avaliación

- Procedementos (*)

- Sistemas de avaliación

80

É preciso levar a cabo varios tipos de avaliación: individual, formativa, sumativa, autoavaliación, etc. Para a avaliación formativa e sumativa incluímos dúas follas fotocopiábeis ao final desta sección. Para as demais avaliacións, incluímos no Workbook unhas páxinas recortábeis (My Language Learning Record) que os alumnos poderán entregar ao profesor e/ou agregar ao seu Portfolio: Student Learning Record, My English Experience, English and Me, My Strategies for Progress e Self-Evaluation.

A avaliación individual permite pescudar os coñecementos de inglés que teñen os alumnos/as. Faise un test de diagnóstico ao comezo do curso e utilízanse as follas de autoavaliación para seguir o progreso de cada quen na lingua, o modo en que aprendeu, a súa experiencia anterior, etc.

Se se teñen demasiados alumnos/as, no canto de recoller as follas English and Me (páxina 107 do Workbook) e de lelas unha por unha, pódeselles pedir que comparen as súas respostas en pequenos grupos, para posteriormente preguntar por elas a man alzada. Deste xeito poderemos ter unha visión xeral da clase.

A avaliación dos coñecementos previos pódese realizar antes de comezar cada unidade pedíndolles aos alumnos/as que adiviñen de que tratan, a partir do título e mirando os obxectivos primordiais detallados ao principio de cada unidade. Deberán ser remitidos a estes obxectivos cando vaian repasar para un exame.

Tamén se debe avaliar o progreso dos alumnos/as nun período de tempo, é dicir, facer unha avaliación formativa. Se un alumno/a que ten un nivel baixo ve como progresa e que o seu esforzo é tido en conta a pesar de non chegar ao aprobado, sentirase máis motivado a continuar traballando para tratar de conseguilo. Isto faise aínda máis patente nas clases heteroxéneas onde os alumnos/as de máis baixo nivel sempre obteñen notas baixas, especialmente se son constantemente comparados con alumnos/as máis avantaxados. Se a nota final inclúe un compoñente de progreso, será un factor especialmente motivador.

As ferramentas de avaliación formativa poden ser as tarefas, a participación, o comportamento e a actitude en xeral, o traballo en parellas e en grupos, o caderno, o progreso en listening, speaking, reading e writing. Recoméndase comparar os resultados da avaliación formativa cos da autoavaliación que os alumnos/as fixeron nas follas de English and Me, antes de cubrir a folla de avaliación sumativa de cada un, para rexistrar como foron progresando durante o ano.

Tamén podemos facer uso dos tests de cada unidade (incluídos no Teacher´s All-in-One Pack) para observar como progresan entre unha unidade e a seguinte e tamén para avaliar a súa actitude ante a lingua. Sempre se debe dicir canto e de que xeito vai contar nas súas notas cada criterio de avaliación.

Para recoller as notas que obteñen en cada unidade e ademais avaliar a súa actitude ante a lingua, e así ver a súa evolución, pódese utilizar a folla de avaliación formativa, ao final desta sección.

A autoavaliación

A autoavaliación é un bo modo de que o alumno/a sexa consciente tanto do seu progreso coma das súas carencias ou necesidades, contribuíndo así a desenvolver a súa autonomía e a responsabilidade da súa aprendizaxe. En Burlington Passport for ESO 1 incluímos exercicios de vocabulario e de gramática na sección My Progress Check, ao final de cada unidade do Student’s Book, para que poñan en

81

práctica o aprendido na unidade. No Workbook, incluímos exercicios para que poñan en práctica as destrezas de escritura (sección de Writing), para que traduzan do inglés á súa propia lingua e que escriban un diálogo en inglés a partir dun guión (sección English in Use), e para que teñan a oportunidade de avaliaren o seu progreso (Self-Evaluation, páxinas 109 e 110). Tamén é aconsellábel que se autoavalíen noutros aspectos importantes da súa aprendizaxe como son os proxectos, as actividades de listening, o seu grao de cumprimento das normas e calquera outro aspecto que se considere importante.

Con alumnos/as desta idade, as follas de avaliación deben ser planificadas con coidado e discutidas na clase antes de seren cubertas, xa que deben saber por que e como facelo de forma correcta, é dicir que trataremos de que sexan responsábeis e sinceros. Tamén hai que tratar de evitar darlles follas de autoavaliación con excesiva frecuencia ou que sexan demasiado longas, senón os alumnos/as cansarán rapidamente.

O seu interese pola autoavaliación decaerá se non lle ven utilidade. É necesario que aprendan a reflexionar e saquen conclusións da súa propia valoración, pero non a realizarán seriamente se o profesor/a non a ten en conta. O profesor ten a última palabra sobre a nota, pero pode pactar cos alumnos unha forma de incluír a súa propia valoración na avaliación global. Se conseguimos que a tomen en serio, a autoavaliación pode ser un elemento moi motivador.

Hoxe en día téndese cada vez máis a animar aos alumnos/as a que preparen un portfolio do seu traballo, un documento no que se recollen o seu estilo de aprendizaxe, os seus obxectivos para mellorar, as probas dos seus progresos e un rexistro dos seus contactos con falantes nativos ou os seus intercambios culturais. Con este fin, o noso proxecto tomou como referencia un documento promovido polo Consello de Europa chamado Portfolio Europeo das Linguas, no que os alumnos/as poden rexistrar as súas experiencias de aprendizaxe da lingua e da cultura inglesa e reflexionar sobre as mesmas. O marco de referencia europeo proporciona unha base común para a aprendizaxe, o ensino e a avaliación de linguas en toda Europa, e sobre todo mellorará a capacidade de autoavaliación do alumnado.

O alumno/a, de forma autónoma, poderá non só repasar ou reforzar os coñecementos que vaia adquirindo en cada unidade a través do Multirom interactivo de Burlington Passport for ESO 1, senón tamén mellorar a súa comprensión oral cos textos, diálogos e cancións incluídos no mesmo, así como practicar a expresión oral. Con iso tamén se pretende que teña a posibilidade de estar en contacto coa lingua inglesa en calquera momento e que non se vexa limitado ás horas escolares para a súa aprendizaxe.

Os proxectos incluídos nas tres unidades de repaso, que hai despois das unidades 3, 6 e 9, están pensados para que os alumnos/as poñan en práctica os contidos e as estruturas gramaticais que aprenderon ata ese momento. No Workbook atoparán unha detallada explicación dos pasos a seguir e material de apoio. Así e todo, o profesorado pode optar por non encomendarlles estes proxectos sen que por iso se produza ningún desequilibrio na adquisición dos contidos programados para este nivel.

Finalmente, os alumnos/as poderán ampliar os aspectos socioculturais coa sección Passport to the World ao final de cada unidade do Student´s Book, que contén un ou varios textos breves, un cuestionario ou unha táboa informativa e unha actividade, ademais do apartado Survival Kit. O propósito desta sección é fomentar o interese por coñecer aspectos socioculturais de países de fala inglesa e doutras linguas, e

82

contrastalos cos do propio país, e tamén de axudalos a reproducir aspectos da vida cotiá empregando a lingua estranxeira.

83

Formative Record Sheet

Name ________________________________________

Class ________________________________________

School Year ___________________________________

Unit 1 2 3 4 5 6 7 8 9Date

Communication

Skills

ReadingWritingListeningSpeaking

LanguageSkills

GrammarVocabularyPronunciationFunctional Language

AttitudeUse of English in classHomeworkBehaviourProjects

Observations

Score: 1 – 101 = Insufficient5 = Sufficient10 = Outstanding

84

Photo ofstudent

to go here

Summative Evaluation Name _______________________________

Class _______________________________ School Year __________________________

Diagnostic Test

Term 1

(circle

Term 2

(circle

Term 3

(circle

Final Exam 1

Final Exam 2

Final Mark

Reading

Speaking

Listening

GrammarVocabularyWriting

Observations

85

c) Criterios de promoción (*)

86

9. Actividades complementarias e extraescolares (*)

87

10. Materiais e recursos didácticos (*)

88