Aulas de 3 anos...El pollito perdido (para educar na responsabilidade). El asno y el caballo (para...
Transcript of Aulas de 3 anos...El pollito perdido (para educar na responsabilidade). El asno y el caballo (para...
____________________ Aulas de 3 anos
Estimadas familias, neste PDF continuamos coa estruturación temporal
propostas nos anteriores PDF.
Primeiro:
ASEMBLEA: reunión dos membros da familia. Decidimos as actividades que
imos facer ó longo do día, anotamos o número de persoas que estamos na
casa e o número de persoas que saíron. Escribimos o seu nome (coa vosa
axuda). Marcamos o día no calendario e miramos que tempo fai.
Para iniciar o día continuamos coas mesmas cancións:
- “Buenos días”
- “Los días de la semana”
- “Como está el clima”
- “Os días da semana”
Segundo:
Traballo individual na mesa (podedes escoller unha das actividades
propostas para cada día).
Escribir o nome dos/as compañeiros/as e das profes coa vosa axuda,
contar o número de nomes que foron capaces de recordar e o número
de letras deses nomes.
Debuxar en bandexa de sal ou area as vogais (A,E,I,O,U).
Colorear os animais que indica o número e repasar a grafía do 1,2,3
con lapis e logo con rotulador(ficha 1 do PDF).
Colorear as formas xeométricas seguindo o código de cores (ficha 2
do PDF).
Rodear as siluetas dos animais da granxa, escribir con axuda os
seus nomes (ficha 3 do PDF).
Repasamos as vogais vistas (A,E,I,O,U) grazas ós sons dos animais
da granxa, repasamos e coloreamos (ficha 4 do PDF).
Colorea as imaxes da ficha, recorta e pega en orde o crebacabezas
(ficha 5 do PDF).
Unir cada animal co produto que nos proporciona (ficha 6 do PDF).
Elaborar unha manualidade, O XIRASOL (ficha 7 do PDF).
Escoitar a canción O POLO PEPE e colorear as partes do corpo das que
fala a canción (ficha 8 do PDF).
Podemos xogar ó memory de animais, debemos atopar a parella (ficha
9 do PDF).
Terceiro:
Merenda, xogo libre.
Cuarto:
Momento do conto: podedes seguir empregando os contos clásicos que
teñades na casa e os que se recolleron nos anteriores PDF, engadimos
dous novos (pulsade no enlace):
Las jirafas no pueden bailar.
La gallina Cocorina.
Quinto. Podedes elixir unha das actividades para realizar cada día, por
exemplo: luns actividades dos recantos, martes de música, mércores de
psicomotricidade, xoves praxias e venres experimentos ou valores.
Actividades que desenvolven na aula nos recantos como:
Modelar con plastilina (letras, números, churros…).
Decorar caixas de cartón que serven para gardar obxectos.
Representar simbolicamente accións da vida real, por exemplo, poñer
a mesa…
Verbalizar as posicións onde colocan os xoguetes, por exemplo, este
coche está dentro de, ó carón de…
Asociar pinzas da roupa de cor ou pintadas con figuras xeométricas,
que poden facer coa vosa axuda, da mesma cor.
Buscar imaxes que empecen como o seu nome.
Clasificar alimentos pola súa cor, textura e sabor.
Seleccionar a obra artística “Azul, amarillo y rojo” de Piet
Mondrian. Describir e identificar na obra formas xeométricas e as
cores. Realizar unha copia utilizando a plantilla proporcionada
(ficha 10 PDF), usando diferentes cores, (exemplo, verde, laranxa,
violeta).
Con relación á música a profe Marta envíavos a seguinte proposta:
- O POLO PEPE ( CONTO MUSICADO)
- FUN AO MERCADO ( CANCIÓN CON PICTOGRAMAS)
- ESTABA EL SEÑOR DON GATO ( BAILE CON CONSIGNAS)
- MARIPOSITA. CANTAR. PATRONES RÍTMICOS
Psicomotricidade(Premede no enlace blog dos Mestres de EF).
Para relaxarse e volver a calma podemos utilizar un novo recurso:
“Canción del león”.
Con respecto ás (Praxias)podemos traballar cos seguintes enlaces:
- Praxias divertidas
- Praxias muñeco de nieve
Enviamos tamén outro enlace para traballar a atención. Neste caso temos
que tentar adiviñar que animal é diferente.
- Xogamos a adiviñar que animal é diferente
Un aspecto moi importante en educación infantil é promover a
investigación-acción e para isto, entre outras actividades, facemos
experimentos e actividades variadas... Propoñemos dúas para as dúas
vindeiras semanas.
Experimento 1 :
CORRENTES DE AZUCRE
MATERIAIS:
Chocolates de diferentes cores (tipo Lacasitos).
Un prato, tapa ou tapón.
Auga quente.
PREPARACIÓN:
Nun pequeno prato, tapa ou tapón colocamos unha serie
de chocolates de diferentes cores, intercalando uns
tons e outros. A continuación agregamos un pouco de
auga quente para crear unha fina capa de líquido. As
cores se irán fundindo sen mesturarse entre si.
Experimento 2::
TORNADO
MATERIAIS:
2 botellas de plástico iguais e transparentes
Pegamento.
Auga.
PREPARACIÓN:
Pegar os tapóns das dúas botellas enfrontando as súas caras e facer un
burato que os atravese. Haberá que axustar o tamaño do burato para que
funcione mellor o tornado, pero, aproximadamente debe ser o suficiente
como para que entre unha palliña. Poñer cada botella no seu tapón en
pechado, pero, antes hai que encher unha das botellas con auga (podedes
botarlle colorante para que sexa máis espectacular). Colocar as
botellas de pe, situando debaixo a botella baleira e… ¡coidado, un
tornado!
Para traballar os valores aproveitamos as diferentes situacións do día
a día, mediante contos ou por medio de anacos de películas ou cortos
infantís. Enviamos dous novos enlaces:
El pollito perdido (para educar na responsabilidade).
El asno y el caballo (para educar na amizade).
Unha vez vistos estes cortos falaramos do que acontecía nos mesmos, dos
personaxes, etc.
Sexto
Recollemos e lembramos as actividades feitas.
Algunhas páxinas web que lles gustan son:
https://arbolabc.com/
http://recursostic.educacion.es/infantil/fantasmin/web/
https://www.elbuhoboo.com/
https://www.juegosinfantilespum.com/
http://www.cristic.com/
http://roble.pntic.mec.es/arum0010/
http://www.memo-juegos.com/
https://www.juegosinfantilespum.com/
Para obter recursos podedes empregar:
https://www.orientacionandujar.es/ (contidos de todo tipo)
https://es.ixl.com/math/ (para traballar conceptos matemáticos)
https://www.imageneseducativas.com/
https://www.pequeocio.com/
A CONTINUACIÓN TEDES TÓDALAS FICHAS PARA ESTA QUINCENA
MOITÍSIMO ÁNIMO DE PARTE DE TODO O
PROFESORADO!!!
FICHA 1
FICHA 2
FICHA 3
FICHA 4
COLOREA, RECORTA E PEGA NA ORDE CORRECTA
FICHA 3
FICHA 2
FICHA 5
FICHA 6
XIRASOL Este xirasol é unha actividade didáctica coa que, ademais de pasar un bo rato,
os/as nenos/as aprenderán de onde veñen as pipas, que son as protagonistas desta
actividade.
Prato de cartón
Tesoiras
Pegamento de barra
Cola.
Goma eva ou cartolina amarela e verde
Tesoiras.
Lapis
Pipas.
Corta a goma eva (ou cartolina )amarela en tiras (en forma de rectángulo)e
recorta os pétalos de xirasol en forma triangular.
Usa o lapis para debuxar un talo ancho e dúas follas na lámina de goma eva (ou
cartolina) verde e corta a forma cunhas tesoiras. Pega o borde inferior do talo na parte traseira do prato de cartón.
Despois, pega os pétalos arredor do prato, tal e como aparece no debuxo.
FICHA 7
Finalmente, bota cola branca no medio do prato de papel e bota as sementes de
xirasol sobre o pegamento ata que non poidas ver o prato. Asegúrate de
espallalas ben para que se peguen.
COLOREA AS PARTES DO CORPO DO POLO PEPE QUE APARECEN NA CANCIÓN
O Polo Pepe come o trigo enteiro, E tragao a puñados co seu peteiro,
Polo Pepe non comas tanto, Que te pos moi maliño e non das un salto.
O Polo Pepe come os grans de millo, Das suas grandes patas como me rio
Polo Pepe non comas tanto, Que te pos moi maliño e non das un salto.
FICHA 8
IMPRIME POR DUPLICADO ESTA FOLLA. DALLE A VOLTA A CADA IMAXE, E BUSCA A
PARELLA
FICHA 8
FICHA 9
ELABORA UNHA OBRA SEMELLANTE Á DE PIET MONDRIAN, USA AS CORES QUE
QUEIRAS
FICHA 10