As manoplas de carapuchiña

19
NOVIDADE ISBN: 978-84-9871-286-5 TÍTULO: AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA AUTOR: INÉS ALMAGRO // MIKEL MARDONES EDITORIAL: OQO editora COLECCIÓN: O LUGAR, DATA E Nº DE EDICIÓN: PONTEVEDRA, OUTUBRO 10, 1ª PÁXINAS: 36 ENCADERNACIÓN: CARTONÉ TAMAÑO: 25X23 cm. PECIO C/IVE: 12,50TEMÁTICA: INFANTIL IDIOMAS: GALEGO, CASTELÁN

Transcript of As manoplas de carapuchiña

Page 1: As manoplas de carapuchiña

NOVIDADE ISBN: 978-84-9871-286-5

TÍTULO: AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA AUTOR: INÉS ALMAGRO // MIKEL MARDONES EDITORIAL: OQO editora COLECCIÓN: O

LUGAR, DATA E Nº DE EDICIÓN: PONTEVEDRA, OUTUBRO 10, 1ª

PÁXINAS: 36

ENCADERNACIÓN: CARTONÉ

TAMAÑO: 25X23 cm.

PECIO C/IVE: 12,50€

TEMÁTICA: INFANTIL IDIOMAS: GALEGO, CASTELÁN

Page 2: As manoplas de carapuchiña

OQO editoraQ

Inés Almagro & Mikel Mardones

As

man

opla

s d

e C

arap

uch

iña

As manoplas de

Carapuchiña

-

OQOeditora

Page 3: As manoplas de carapuchiña
Page 4: As manoplas de carapuchiña

Edición orixinal: OQO editora

© do texto© das ilustracións

© da tradución do castelán© desta edición

Alemaña 72T 986 109 270

[email protected]

DeseñoImpresión

Primeira ediciónISBN

DL

Inés Almagro 2010Mikel Mardones 2010Marisa Núñez 2010OQO editora 2010

36162 PontevedraF 986 109 356www.OQO.es

OqomaniaTilgráfica

outubro 2010978-84-9871-286-5PO 522-2010

Reservados todos os dereitos

OQO editora

texto de Inés Almagro ilustracións de Mikel Mardones

As manoplas deCarapuchiña

Page 5: As manoplas de carapuchiña

Ía un frío espantoso.

Carapuchiña fora buscar un xersei de la

e unha bufanda vermella.

E as manoplas: unha para cada man.

Tapou ben as orellas

e saíu brincando cara ao bosque.

Page 6: As manoplas de carapuchiña

Blam!

Ao pouco parou de brincar.

Un vento feroz empurrouna tan forte

que foi a rolos pola neve…

—Como doe!

Carapu ergueuse dun salto e sen chorar,

como as cativas valentes.

Blam!

Blam!

—Veña, Carapu! Que a avoa está agardando!

Page 7: As manoplas de carapuchiña

Estaba acabando de dicilo cando… plin!,unha folerpa lle bicou o nariz.

Levantou a cabeza amodiño e plin!… plin!… plin!…unha chea de bicos de neve molláronlle a fronte.

Un caeulle nun ollo.—Que raro! –dixo Carapu, mentres poñía a carapucha–. No meu conto nunca neva!

Page 8: As manoplas de carapuchiña

Cris! Cris! Cris!…triscaban as botas vermellas de Carapu na neve,

que xa case lle daba polos xeonllos.

Así era imposible brincar.

E apañar flores, aínda máis difícil:

non había ningunha!Só neve por todas as partes.

Page 9: As manoplas de carapuchiña

—Que raro! –dixo–.

Nunca esquecín a cesta… E agora que lle vou levar á avoa?

Entón Carapu decatouse dunha cousa:

esquecera a cesta co mel e os bolos!

Page 10: As manoplas de carapuchiña

Corre que corre, a saltiños pequechos,

Carapu deixou atrás unha árbore,

dúas árbores,

tres árbores…

e cando chegou á cuarta,

quedou quieta coma un boneco de neve.

Era a árbore do lobo!

En calquera momento

saltaría enriba dela…

Page 11: As manoplas de carapuchiña

Carapu pechou os ollos moi forte

e, con vociña de rato, contou:

—Un, dous, tres…

Abriu un ollo un chisquiño e, como non viu nada,

seguiu contando:

—… catro, cinco, seis…

Page 12: As manoplas de carapuchiña

… E sete!

Vaia chasco!

Onde se metera o lobo?

Non había nin rastro del:

nin detrás da cuarta árbore,

nin enriba das pólas brancas,

nin debaixo das botas vermellas…

—Que raro! –dixo–.

O lobo sempre me viña asustar!

Page 13: As manoplas de carapuchiña

Aos brincos,

Carapu chegou

á casa da avoa.

Toc! Toc! Toc!…

Sen flores, sen cesta, sen lobo

e co nariz tan frío coma un xeado, petou:

—Avoa, son Carapuchiña! Estás na casa?

Page 14: As manoplas de carapuchiña

Toc! Toc! Toc!…Non se oía nada.

—Avoíña!… Podo entrar? Que raro! A avoa sempre contesta.

Page 15: As manoplas de carapuchiña

Carapu achegouse á xanela,

arrimou o nariz ao cristal e…

o que viu foi tan raro, tan raro

que case lle saíron os ollos das cuncas

e, sen querer, abriu a boca coma un hipopótamo.

Page 16: As manoplas de carapuchiña

Estaban todos alí dentro:

a avoa, o lobo, o leñador, as flores…e ata a cesta co mel e os bolos!

Page 17: As manoplas de carapuchiña

—Veña, Carapuchiña!

Estabamos esperando por ti!

–dixo o lobo

mentres sorbía unha cunca de chocolate.

—Pero… que facedes aquí? Moito cambiou o conto!

—E logo non te decataches? Chegou o inverno! Con este frío, non hai xeito de contar o noso conto de sempre. E a casa da avoa é a única que ten cheminea.

Page 18: As manoplas de carapuchiña

—Que raro! –dixo Carapu–. Nunca tanto me apetecera unha cunca de chocolate ben quente!

Page 19: As manoplas de carapuchiña