apuntamentos gramática lingua galega
-
Upload
forasturies -
Category
Documents
-
view
345 -
download
9
Transcript of apuntamentos gramática lingua galega
1
1 Fonemas, sons e grafías.
1.1 Sistema vocálico: • Punto de articulación: Lugar da boca onde se articula:
• Anteriores ou Palatais, Central, Posteriores ou Velares. • Modo de articulación: Abertura da boca:
• Pechadas, Semipechadas, Semiabertas, Abertas. • Sonoridade: Todas as vogais son sempre sonoras.
Posición tónica e pretónica: 7 vogais.
Punto de articulación
Abe
rtura
Anterior-Palatal Central Posterior-Velar
Pechada /i/ /u/
Semipechada /e/ /o/
Semiaberta /Ɛ/ /Ↄ/
Aberta /a/
Posición átona: 5 vogais.
Punto de articulación
Abe
rtura
Anterior-Palatal Central Posterior-Velar
Pechada /i/ /u/
Semipechada /e/ /o/
Aberta /a/
Posición átona final: 3 vogais.
Punto de articulación
Abe
rtura
Anterior-Palatal Central Posterior-Velar
Semipechada /e/
/o/
Aberta /a/
Son vogais semiabertas en posición tónica as seguintes:
• Os nomes das seguintes letras: e, o, efe, ele, eme, ene, eñe, erre, ese. • Os nomes rematados en -el e -ol (e os seus plurais): mel, papel, papeis, sol, caracol, caracois. • Os nomes rematados en -elo(s) ou -ela(s): amarelo, carambelo, vela, cidadela, subela. • As seguintes palabras: fento, sete, , home, nora, rogo, Son vogais semipechadas en posición tónica as seguintes:
• Os nomes das seguintes letras: be, ce, de, gue, pe, que, te, xe, ceta.
2
• As palabras rematadas en -es: marqués, cambadés, Salnés. • O o do ditongo ou: touro, roupa, mouro, ouro. • As seguintes palabras: medo, rede, neno, remo, collo,agora, morro, xenro, dedo,
1.2 Sistema consonántico: • Punto de articulación: Lugar da boca onde se articula:
• Bilabiais (beizos), Labiodentais (beizo inferior contra dentes superiores), Interdentais (punta da lingua entre os dentes), Dentais (lingua contra a parte de dentro dos dentes), Alveolares (punta da lingua no comezo das enxivas), Palatais (lingua apertada contra o padal), Velares (parte traseira da lingua contra o veo do padal).
• Modo de articulación: Modo en que se articula: • Oclusivas (a saída do aire interrómpese ó pronunciar o son), Fricativas (o aire sae sen interromperse en
ningún intre), Africadas (teñen unha primeira fase de fricación e unha segunda de oclusión), Nasais (o aire sae en parte polo nariz), Laterais (o aire sae por ambos lados da lingua), Vibrantes (a punta da lingua vibra unha vez -simple-, ou máis veces -múltiple-).
• Sonoridade: As consoantes poden ser xordas (non vibran as cordas vocais) ou sonoras (vibran as cordas vocais). As consoantes xordas son: /p/, /t/, /k/, / ʧ/, / θ /, /s/, / ʃ /, /f/. Regra nemotécnica: as consoantes que están nas tres palabras seguintes son xordas: petaca, chozas, xefe. Tódalas demais son sonoras.
Modo de articulación Punto de articulación
Bilabial Labiodental Interdental Dental Alveolar Palatal Velar s x s x s x s x s x s x s x
Oclusiva /b/ /p/ /d/ /t/ /g/ /k/ Fricativa /f/ /θ/ /s/ /ʃ/ Africada /ʧ/ Nasal /m/ /n/ /ɲ/ /ŋ/
Líqu
ida Lateral /l/ /ʎ/
Vibrante Simple /ɾ/ Múltiple /r/
A representación gráfica destes fonemas é a seguinte:
-/p/: p -/d/: d -/t/: t -/f/: f -/s/: s -/m/: m -/n/: n -/l/: l -/b/: b (boi); v (vulto); w (wagneriano) -/k/: c+a,o,u (casa, cousa, cu); qu+e,i (queixo, quixen); k (kantiano) -/g/: g+a,o,u (gato, gorentar, gusto); gu+e,i (guerra, guitarra) -/θ/: z+a,o,u (zapato, zoscar, zume); c+e,i (cear, cinco) -/ʃ/: x (xamón, xerra, coxo) -/ʧ/: ch (chafallada, che, chorar, choiva) -/ɲ/: ñ (baño, soño, poñer) -/ŋ/: nh (unha, algunha, anhelo); -n final (un, camión) -/ʎ/: ll (coello, pallaso) -/ɾ/: r en posición intervocálica e final (caro, pera, calor) -/r/: r en posición inicial e tras consoante (roubar, xenro) e rr en posición intervocálica (carro, correr)
3
1.3 Os ditongos. Cando hai dúas vogais na mesma sílaba estamos ante un ditongo. Para que haxa un ditongo unha das dúas
vogais ha de ser forte (a, e, o) e a outra débil (i, u), sendo a tónica sempre a vogal forte: pai, cantei, bocoi / pau, leu, levou / piar, consciente,criterio / ruada, conspicuo . Se a tónica é a vogal débil entón prodúcese un hiato: país, peíño, oído / baúl / ría, asubíe, río / lúa, recúe, enfío.
Tamén se produce un ditongo cando dúas vogais débiles van na mesma sílaba: subiu, puiden. Sen embargo para que haxa ditongo a vogal tónica ha de ser a primeira; se a tónica é a segunda entón non hai ditongo senón hiato: miúdo, ruín.
A combinación de tres vogais na mesma sílaba (tritongo) tende a non existir no galego falado, preferíndose a división en dúas sílabas: Bi-ei-to, vi-ei-ros, a-mi-ei-ro, min-gu-ou.
Se o ditongo comeza por vogal forte (a, e, o) chámase decrecente, e se comeza por vogal feble (i, u) crecente.
1.4 A gheada e o seseo. A gheada consiste en articular o fonema oclusivo, velar, sonoro /g/ como fricativo, velar, sonoro /h/.
Normativamente pódese optar por calquera destas dúas pronuncias, sendo ambas igual de correctas. Sen embargo na escrita non se reflicte o fenómeno da gheada.
O seseo consiste na non existencia no sistema fonético do fonema fricativo, interdental, xordo /θ/; en lugar deste fonema sempre se pronuncia o fricativo, alveolar, xordo /s/. Se o seseo se produce en todas as posicións chámase explosivo (sinco, des), e se só se produce en posición final de sílaba chámase implosivo (cinco, des). Igual que ocorre coa gheada o seseo non se reflicte na escrita.
1.5 Anotacións sobre certas pronuncias. • A contracción da preposición a co artigo o resólvese graficamente como ao ou ó. En calquera caso a única
pronuncia admisible é /Ↄ/ (o semiaberto), que é a que se dá en todo o territorio galego. • As seguintes palabras son agudas en galego: chofer, fluor. • Son palabras graves: acne, ástur, atmosfera, diocese, elite, heroe, karate, medula, mísil, omoplata,
parasito, réptil, téxtil, traquea. • Son esdrúxulas: aeródromo, aerólito, alvéolo, amálgama, auréola, dínamo, díodo, énclise, óboe,
olimpíada, período, próclise, rubéola, termóstato.
1.6 O alfabeto. Letras ou grafemas do galego: a, b, c, d, e, f, g (gue), h (hache), i, l, m, n, ñ, o, p, q (que), r, s, t, u, v, x, z.
Ademais existen os dígrafos (combinación de dúas letras para representar un son): ch (ce hache), gu (gue u), ll (ele dobre), nh (ene hache), qu (que u), rr (erre dobre).
• Escríbense con b: abalar, abelá (abeleira, abeledo), baldeirar, baleirar, bidueiro, billa, birollo, bolboreta, débeda, dúbida, fibela, gabián, goberno, marabilla (marabilloso), móbil (automóbil, inmóbil, mobilidade), pobo, rebentar, ribeira, trobador (trobar, trobadoresco).
• Escríbense con v: adival, acivro, avó, avogado, corveta, covarde (covardía), chuvasco (chuvasqueiro, choiva), deslavazado, devalar, devecer, devesa, eiva, escaravello, escarvar, esvelto, gravar (gravación, gravado), gravata, louvar, ouvear, vaixela, varrer, vasoira, vermello, verniz, verza, viruxe, voda, voitre, vulto (avultar, avultamento).
• Escríbense sen h: aí, baía, ermida, ermo, inchar (inchable), irmán, oco, ombro, orfo, óso, ovo, úmero... • Escríbense con h: harmonía (harmónica, filharmonía, filharmónica), hedra, Henrique, Helena, helmo,
hendecasílabo, hindú. • Escríbense con s: escavar (escavación, escavadora), estender (pero extensión, extenso), estrañar (estraño,
estrañeza), estranxeiro, estremo.
4
2 A acentuación e puntuación.
2.1 Uso do til. Segundo a posición que a sílaba tónica ocupe dentro da palabra, estas clasifícanse en:
• Monosílabas: Só teñen unha sílaba: mel, sol, dor, e, xa. • Agudas: A sílaba tónica é a final: papel, pastor, papán, arroz, avó. • Graves: A sílaba tónica é a penúltima: mesa, libro, zapato, útil. • Esdrúxulas: A sílaba tónica é a antepenúltima: lóxico, díxoo, tímpano, tépedo.
Para saber cal é a sílaba tónica en cada palabra utilízase o til agudo (´) sobre a vogal tónica. As regras de
colocación do til son as que seguen:
• As palabras monosilábicas non se acentúan nunca, a non ser con función diacrítica. • As palabras agudas acentúanse só se rematan en vogal, -n, -s, -ns: irmá, aquí, fatón, fusís, corazóns.
Non se acentúan as palabras agudas que rematan en ditongo decrecente ou ditongo decrecente máis -s: bocoi, mirei, partiu, ademais, despois, animais.
• As palabras graves acentúanse cando rematan en consoante que non sexa -n, -s, -ns: difícil, mártir, bíceps, tórax.
• As palabras esdrúxulas sempre levan til: mágoa, díxoo, cágado, próximo, plástico. • Cando as vogais i, u son tónicas e van antes ou despois doutra vogal forte (a, e, o) levan til: acentúo,
aínda, baúl caída, egoísmo, moía, raíña, roía, saúdo. • Cando dúas vogais débiles (i, u) van xuntas non se pon til se a tónica é a primeira das vogais, e ponse
til se a tónica é a segunda: puido, Tui, partiu / ruído, muíño, miúdo, fluír, ruín. • Non se acentúan: • Os adverbios rematados en -mente: comunmente, dificilmente, friamente. • Os demostrativos e o numeral un: quero esta mesa-quero esta, mira esa casa-mira esa, dáme un. • As interrogativas e exclamativas directas: cal, canto, como, onde, ¿que queres?, ¿cando vés?, ¡que
desgraza! • Nas interrogativas indirectas os pronomes non levan til, agás cando cómpre evitar confusións ou
ambigüidades: pregúntalle cando volve, dille que queres/dille qué queres.
2.2 O acento diacrítico. Úsase para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma escrita, pero que se diferencian polo seu
significado; en moitos casos o til diacrítico diferenza unha vogal semiaberta dunha vogal semipechada (o til diacrítico úsase entón sobre a vogal semiaberta, non levando til a semipechada):
• ó, á, ós, ás (preposición a + artigo) /// o, a, os, as (artigo) • có, cá, cós, cás (partícula comparativa ca + artigo) /// co (con+o) , ca (part. comparativa), cos (con +
os). • nós, vós (nosoutros, vosoutros) /// nos (en + os, pron. átono), vos (pron. átono) • máis (adv) /// mais (conxunción equivalente a ‘pero’) • só (adx. e adv.) /// so (preposición: ‘debaixo de’) • fóra (adv: ‘lugar exterior’ /// fora (verbo ser, ir) • nó (subst. ‘atadura’) /// no (en + o) • bóla (subst: ‘esfera’) /// bola (subst: ‘peza de pan’) • dó (subst: ‘compaixón’) /// do (de + o) • pé (subst: ‘parte do corpo’) /// pe (subst: ‘nome de letra’) • óso (subst: ‘parte do esqueleto’) /// oso (subst: ‘animal’) • póla (subst: ‘rama’; ‘poñela’) /// pola (por + a; subst: ‘galiña’) • présa (adv: ‘apuro’) /// presa (subst: ‘presada’; adx: ‘prendida’) • té (subst: ‘infusión’) /// te (pronome)
5
• chá (adx: ‘plana’) /// cha (che + a) • má (adx: ‘mala’) /// ma (me + a) • pór (vbo: ‘poñer’) /// por (prepos.) • cómpre (vbo: ‘é necesario’) /// compre (vbo: ‘merque’) • cómpren (vbo: ‘son necesarios/as’) /// compren (vbo: ‘merquen’) • é (vbo ser) /// e (conxunción) • dá (vbo dar) /// da (de + a) • dás (vbo dar) /// das (de + as) • vés (vbo vir) /// ves (vbo ver) • vén (vbo vir) /// ven (vbo ver)
Estas formas diacríticas manteñen o til cando entran en combinación con pronomes: “éche moi bo”, “ti
dásmo a min”, “vou pólo enriba da mesa”.
2.3 Os signos de puntuación.
A coma. Indica unha pequena pausa dentro da oración. En xeral, sepáranse con coma:
• Os elementos dunha serie que non van unidos por conxunción. • Os vocativos: agradézovos, amigos, a vosa confianza. • Calquera aclaración que interrompa a liña argumental e de entoación:
o unha aposición: o sol, implacable, queimaba as viñas. o unha oración de relativo explicativa: as bicicletas, que non contaminan, poden circular polo
parque. o adverbio ou locución: a súa reacción, efectivamente, era a esperada.. o calquera aclaración: calquera día, sen darse conta, tira o leite pola fiestra o para separar oracións curtas: despediuse cun aceno, colleu o abrigo, baixou as escaleiras e
perdeuse na rúa baldeira.
O punto e coma. Marca unha pausa que separa oracións intimamente ligadas polo sentido, especialmente se xa existen
comas no parágrafo: o camareiro, moi cerimonioso, entrégalles a carta; elas mírana, de vagar, mentres seguen a conversa.
O punto. Marca unha pausa que separa oracións.
Os dous puntos. Indican o corte dunha liña entoacional. Úsanse nos seguintes casos:
• Para indicar unha enumeración: Os membros do grupo Nós son: Castelao, Risco, Otero Pedraio e Cuevillas.
• Para pór exemplos: non se acentúan as palabras graves rematadas en vogal: casa, porta, fecho. • Para iniciar citas de diálogo en estilo directo: Antón díxolle á nai: -“Vereite mañá”.
Interrogación e exclamación. Marcan, respectivamente, unha entoación interrogativa ou emocional. Só é obrigatorio o signo de peche,
aínda que opcionalmente se poden utilizar o de inicio e o de peche: Que queres?, Que mágoa!
Os puntos suspensivos. Úsanse para indicar que unha frase non remata, ou ben porque o falante se interrompe, ou ben porque é
interrompido: -Saín de alí a iso das once, fun á parada.... -Non sigas.... Xa coñezo a historia.
6
Tamén se empregan indicando a interrupción dunha lista ou enumeración que podería continuarse: Dos clásicos gústanme moitos: Mozart, Beethoven, Wagner, Schubert...
As parénteses. Úsanse para intercalar unha aclaración ou exemplificación.
O trazo ou guión. Emprégase para dar noticia do personaxe que fala, na transcrición dun diálogo en estilo directo, así como
para introducir o mesmo diálogo: —Isto que ves —dixo Carmela— é o que quedou despois do accidente.
Tamén se pode utilizar en lugar das parénteses.
As comiñas. Úsanse para indicar citas textuais.
7
3 Grupos consonánticos. Sufixos e terminacións.
3.1 Cultismos, semicultismos e palabras patrimoniais. A maioría das palabras do noso léxico actual teñen a súa orixe no latín vulgar, na lingua traída polos
romanos na época da conquista (anos 137 e 19 a.C.). Estas palabras sufriron moitos cambios na súa forma e no seu significado, e hoxe diferéncianse notablemente das orixinais. Son as palabras patrimoniais. Ó longo da historia tamén se tomaron do latín culto moitas palabras que pasaron ó galego; se isto ocorreu hai moito (Idade Media) a palabra latina que se introduciu no seu momento foi cambiando ó mesmo tempo que cambiaban os demais termos da lingua, dando lugar a semicultismos. Cando a palabra do latín non evolucionou (por ser tomada recentemente) e ten a forma orixinal desa lingua, estamos ante un cultismo. Ex: A palabra do latín regula introducida en Galicia polos romanos deu lugar á palabra rella. Posteriormente (varios séculos despois) tomouse esta palabra do latín; a palabra evolucionou, pero só dende o momento de entrada (non tivo as evolucións anteriores), dando lugar ó termo regra. Máis tarde, en época recente, tomouse a palabra latina regula para crear palabras como regulamento, regular. Este mesmo proceso sufriuno a palabra latina clavicula (‘chave pequena’), que hoxe ten en galego tres resultados: chavella (palabra patrimonial, ‘pasador de madeira que serve para amarrar o cabezallo ó carro ou o temón ó arado’), caravilla (palabra semiculta, ‘anaco de ferro cun gancho curvo que se introduce nun buraco para asegurar ou pechar portas ou ventás’) e clavicula (palabra culta, ‘óso que forma o ombro’).
3.2 Grupos consonánticos.
No que respecta ás agrupacións de consoantes, a adaptación gráfica dos cultismos e dos préstamos faise de acordo cos principios xerais seguintes:
• O normal é que os grupos consonánticos se conserven nos cultismos: abdicar, abdicación, abdome, abstención, abstracto, obsceno, arácnido, técnica, tecnoloxía, anécdota, agnóstico, cognitivo, alumnado, amnesia, amnistía, himno, psicanálise, psicoloxía, adolescencia, ascender, piscina...
• Os grupos bl, cl, fl, gl, pl, tl consérvanse nos cultismos, pero os semicultismos cambiaron o l por r: aprazar, branco, brancura, brando, compracer, cravar, cravo, cravuñar, cumprir, dobrar, emprazar, empregar, escravo, fraco, fraqueza, frauta, frecha, frouxo, igrexa, nobre, obrigar, pracer, praga, praia, prata, prato, praza, pregar, preito...
• Os grupos -ct- e -cc- mantéñense tras vogal a,e,o e perden o primeiro elemento tras i,u: acto, efecto, acción, inspección, cocción /// abdución, aflición, condución, conduta, condutor, conflito, construción, contradición, dedución, delito, destrución, dicionario, ditado, ditadura, ditar, estrito, estrutura, flutuación, frutífero, frutificar, indución, introdutorio, lutuoso, obstrución, produción, produto, restrición, tradutor, vítima, vitoria, vitorioso, xurisdición,...
A pesar do dito, algunhas palabras non se axustan a esta norma, ben por seren palabras pouco frecuentes na lingua o ben para evitar homonimias: adicción, adicto, convicción, convicto, dicción, dúctil, edicto, ficción, ficticio, invicto, pictórico, succión, veredicto...
• O grupo ks mantense na escrita como x: axila, exacto, exame, excelente, exilio, éxodo, léxico, sexo, téxtil, texto... Porén, algunhas voces populares deben escribirse con s: escavar, escavación, escavadora, estender (extensión, extenso), estrañar, estraño, estrañeza, estranxeiro, estranxeirismo, estrema...
Caso especial: cando na mesma palabra aparece dúas veces x (a primeira con valor /ks/ (exame) e a segunda con valor palatal africado (xouba) pódese optar por substituír o primeiro x por s (esaxerar, esixencia, esixir, osíxeno) ou por mantelo (exaxerar, exixencia, exixir, oxíxeno).
3.3 Sufixos e terminacións.
• -ancia, -encia, -iencia, -uencia, -cia, -cio, -za, -zo. Nas palabras cultas o galego, igual có castelán e o portugués, mantén estas terminacións: abundancia, distancia, elegancia, ganancia, substancia, tolerancia /// adolescencia, inocencia, referencia, residencia, urxencia, virulencia /// audiencia,
8
ciencia, conciencia, conveniencia, experiencia, obediencia /// afluencia, anuencia, confluencia, consecuencia, delincuencia, frecuencia /// avaricia, delicia, eficacia, falacia, inmundicia, malicia /// comercio, divorcio, ficticio, maleficio, sacrificio, silencio, vicio.
Pero hai palabras patrimoniais que presentan a solución -zo, -za: andazo, avinza, cansazo, cobiza, crenza, diferenza, doenza, espazo, estanza (estrofa), graza, licenza, mantenza, nacenza, perseveranza, pertenza, presenza, prezo, desprezo, querenza, sentenza, servizo, terzo, xuízo, prexuízo, xustiza, inxustiza.
• -ción, -sión. Mantéñense nos cultismos, pero algunhas palabras patrimoniais teñen a solución -zón: doazón, razón sazón, torzón, traizón...
• -se. É a solución galega dos nomes gregos en -sis, sempre feminina: análise, antítese, diérese, diocese, eclipse, énfase, xénese...
• -ite, -te. Son as solucións das terminacións gregas -itis e -tis, sempre femininas: apendicite, artrite, bronquite... Non pertence a este grupo gratis.
• -ble/-bel. Son válidas tanto -ble coma -bel (plural -bles ou -beis): amable (amables)/amábel (amábeis), bebible (bebibles)/bebíbel(bebíbeis). Consecuentemente: establecer/estabelecer, establecemento/estabelecemento...
• -eu, -ao, -au. Rematan en -eu: eu, meu, teu, seu, chapeu, romeu, sandeu (fem. sandía), xubileu, xudeu (fem. xudía). Rematan en -ao: arao, cacao, callao, grao, pardao, peirao. Rematan en -au: bacallau e pau.
• -iño/-iña, -ino/-ina. Teñen -iño/-iña as palabras patrimoniais: andoriña, campiña, campesiño, mariño, menciña, mesquiño, pergamiño, veciño. Os préstamos teñen -ino/-ina: albino, asasino, aspirina, canino, cortina, cristalino, destino, divino, doutrina...
• -e. Rematan en -e as palabras abdome, ditame, costume, crime, chantaxe, feluxe, home, imaxe, exame, lume, orde, virxe...
• -dade, -idade. As seguintes palabras rematan en -dade: bondade, herdade, novidade, lealdade, trindade, virxindade, liberdade, puberdade. En -idade: necidade, sucidade.
• -ería / -aría. Aínda que se prefire a solución -aría, tamén é válida -ería: armaría (armería), artillaría (artillería), carpintaría (carpintería), cervexaría (cervexería), consellaría (consellería), zapataría (zapatería).
9
4 O substantivo.
4.1 Definición. • Semántica: Son substantivos as palabras que designan os seres (materiais ou inmateriais), obxectos,
sentimentos, ideas, procesos, etc. • Sintáctica: O substantivo é o núcleo dunha frase substantiva.
4.2 Xénero. Tódolos substantivos galegos teñen xénero, aínda que non sempre a diferenza de xénero leva implícita unha
diferenza de sexo. En galego só existen o xénero masculino e o feminino (cando un substantivo ou adxectivo debe concordar cun pronome neutro faino en masculino).
4.2.1 Substantivos que só admiten un xénero. • Son xeralmente masculinos os seguintes substantivos:
o os rematados en –o: o seixo, o aparello, o estómago, o ruído, o muíño. Con todo hai excepcións: a radio, a foto, a moto, a libido.
o os que indican nome de letra: o a, o be, o ce, o de, o xe. o os rematados en –au, –oi: o bacallau, o pau, o bocoi. o os rematados en –(u)me: o lume, o fume, o arume, o cerume, o costume, o estrume, o cume,
os legumes, o gume, o volume, o vagalume... Pero: a podredume, a servidume, a incertidume. o os rematados en –ote: o dote, o amorote, o lote, o bote. o tamén: o cárcere, o arume, o berce, o cal, o costume, o couce, o cume, o cuspe, o diadema, o
dote, o fel, o friame, o labor, os legumes, o leite, o lume, o mel, o nariz, o pelame, o riso, o sal, o sangue, o sinal, o sorriso, o til, o ubre.
o • Son xeralmente femininos os seguintes substantivos:
o os rematados en –a: a aba, a acha, a ala, a caluga, a cámara, a lámpada, a pantasma, a cadeira. Pero: o día, o clima, o mapa, o cometa, o problema, o lema...
o os rematados en –á: a ra, a la, a mañá, a mazá. Pero: o sofá. o os rematados en –axe (agás paxe, traxe, garaxe e personaxe): a viaxe, a rodaxe, a aldraxe, a
friaxe, a paisaxe, a tonelaxe, a linguaxe, a personaxe de Xulia, o personaxe de Antón. o as palabras cultas rematadas en -se e -ite: a análise, a paréntese, a crise, a eclipse, a énfase, a
tendinite, a otite, a hepatite... o os rematados en –ade: a liberdade, a vontade,a lealdade, a verdade. o os rematados en –ción: a canción, a oración, a devoción, a institución, etc. o os nomes das árbores froiteiras: a cerdeira, a nogueira, a pereira, a maceira, a oliveira, a
ameixeira, a amendoeira, a laranxeira, a abeleira... Pero: o piñeiro, o castiñeiro, o limoeiro, o pexegueiro...
o tamén: a alma, a árbore, a arte, a auga, a cal, a canle, a calor, a cor/a color, a dor/a dolor, a febre, a fronte, a marxe, a orde, a orixe, a ponte, a sebe, a sede, a sentinela, a síndrome, a suor, a viruxe.
o Hai que ter en conta que nunca se varía o xénero dos determinantes ou artigos por motivos de fonética sintáctica ou cacofónicos: a auga, a alma, a aguia, a arte.
4.2.2 Substantivos coa mesma forma para os dous xéneros. Neste caso o xénero vén especificado polos determinantes: o atleta / a atleta, o herexe / a herexe, o pianista / a pianista, o artista / a artista, o camarada / a camarada...
10
4.2.3 Substantivos que admiten os dous xéneros. Formación do feminino. • O feminino fórmase mediante un morfema de xénero:
o Os substantivos rematados en vogal átona perden a vogal final e engaden –a: fillo-filla, xefe-xefa, tío-tía, elefante-elefanta, avogado-avogada.
o Os substantivos rematados en vogal tónica ou en ditongo tónico engaden –a sen alterar a base: avó-avoa. Sen embargo moitos destes substantivos teñen a mesma forma para os dous xéneros: israelí, chimpancé... Casos especiais son grou-grúa, xudeu-xudía e sandeu-sandía.
o Os substantivos rematados en consoante que non sexa –n engaden –a sobre o masculino: deus-deusa, francés-francesa, rapaz-rapaza, español-española, doutor-doutora.
o Os substantivos rematados en -n: • Os rematados en -án forman o feminino en á (vilán-vilá, curmán-curmá), salvo os
despectivos e pexorativos, que o fan en -ana (papán-papana, pailán-pailana, burrán-burrana, burricán-burricana, charlatán-charlatana, folgazán-folgazana, lacazán-lacazana, langrán-langrana, mentirán-mentirana, orellán-orellana, pailán-pailana, papán-papana, pillabán-pillabana, porcallán-porcallana).
artesán ,artesá aldeán, aldeá ancián, anciá capitán, capitá chan, chá cidadán, cidadá cirurxián, cirurxiá comarcán, comarcá cortesán, cortesá cotián, cotiá cristián, cristiá curmán, curmá ermitán, ermitá
escribán, escribá gardián, gardiá insán, insá irmán, irmá livián, liviá marrán, marrá musulmán, musulmá nugallán, nugallá pagán, pagá rufián, rufiá san, sa sultán, sultá tecelán, tecelá
temperán, temperá truán, truá van, va verán vilán, vilá afgán, afgá alemán, alemá castelán, castelá catalán, catalá ferrolán, ferrolá ourensán, ourensá
o Os rematados en -ón fano en -oa (patrón-patroa, león-leoa, anfitrión-anfitrioa, bretón-bretoa,
campión-campioa, ladrón-ladroa, león-leoa, patrón-patroa, teutón-teutoa), agás os aumentativos e pexorativos que o fan en -ona (cabezón-cabezona, preguntón-preguntona, mullerón-mullerona, casón-casona, abusón-abusona, faltón-faltona, preguntón-preguntona).
o Os rematados en -ín fórmano en -ína (bailarín-bailarina), excepto ruín, que é invariable. • O feminino fórmase mediante un morfema derivativo:
heroe-heroína, tsar-tsarina, galo-galiña, rei-raíña, abade-abadesa, barón-baronesa, príncipe-princesa, sacerdote-sacerdotisa, profeta-profetisa, poeta-poetisa, emperador-emperatriz, actor-actriz.
• O feminino fórmase cunha palabra diferente á masculina: cabalo-egua, touro-vaca, pai-nai, xenro-nora, carneiro-ovella, home-muller, macho-femia, padriño-madriña.
• Formacións e casos especiais: o Con moitos nomes de animais existe só unha forma (masculina ou feminina) e cando se quere
indicar o xénero hai que apostilar “macho” ou “femia”: a cobra, a formiga, a aguia, a pega, o furón, o xílgaro, o xabaril femia.
4.2.4 Valor semántico do xénero. En ocasións a lingua recorre á flexión de xénero para conseguir outros valores:
• Designación de obxectos distintos: o zapato-a zapata, o caldeiro-a caldeira. • Diferenciación de formas ou tamaños (o feminino soe designar o obxecto maior): o carballo-a
carballa, o cancelo-a cancela, o portelo-a portela, o cesto-a cesta, o sacho-a sacha. • Uso do feminino para indicar valor colectivo: o leño-a leña, o froito-a froita.
11
4.3 O número.
É o segundo dos morfemas constitutivos do nome. Ten dúas flexións, o singular (para referirse a un único ser) e o plural (para referirse a máis de un). A maioría dos substantivos poden aparecer en singular ou en plural, pero hai que ter en conta as seguintes consideracións:
• Algúns substantivos só se empregan en singular: norte, sur, leste, oeste, babor, estribor, maio, xuño, balor...
• Outros só se usan en plural: cartos, cóxegas, folgos, exequias, andas... • Outros, rematados en –s ou –x, teñen a mesma forma para o singular e o plural: o luns-os luns, o
martes-os martes, o oasis-os oasis, o paraugas-os paraugas, o fax-os fax.
4.3.1 Formación do plural. • As palabras rematadas en vogal ou en ditongo forman o plural engadindo -s: mesa-mesas, irmá-irmás,
lei-leis, rei-reis... Os estranxeirismos engaden -s ou respectan a forma de plural da lingua de orixe: spray-sprays, hippy-hippys ou hippies.
• As palabras rematadas en consoante -n tamén forman o plural engadindo -s: camión-camións, tren-trens, irmán-irmáns...
• As palabras rematadas en -r, -z ou -s forman o plural engadindo -es: calor-calores, luz-luces... Os estranxeirismos tamén: palier-palieres, dólar-dólares, deus-deuses; cando son palabras pouco integradas tamén se poden formar engadindo -s: póster-pósteres/posters, gángster-gángsteres/gángsters...
• As palabras que rematan en -l forman o plural de acordo coas seguintes regras: o Os monosílabos rematados en -l fan o plural engadindo -es: cal-cales, tal-tales, el-eles, gol-
goles, mal-males, sal-sales, pel-peles, val-vales. Excepción: fiel-fieis, cruel-crueis. o As palabras agudas rematadas en -l forman o plural engadindo -is: animal-animais, papel-
papeis, cruel-crueis, civil-civís, español-españois, azul-azuis... o As palabras graves rematadas en -l forman o plural engadindo -es: túnel-túneles, fácil-fáciles,
útil-útiles, mísil-mísiles, réptil-réptiles, téxtil-téxtiles... (Como excepción a esta regra hai que citar o sufixo -bel, que fai o plural en -beis: amábel-amábeis...
o As palabras compostas en que o segundo elemento é un monosílabo rematado en -l forman o plural como os monosílabos, engadindo -es: chuchamel-chuchameles, xirasol-xirasoles, ollomol-ollomoles...
• As palabras que rematan en grupo consonántico (incluídas as acabadas en -x) non varían: luns, fax, unisex...
• No nomes compostos caben tres posibilidades: o Cando os compoñentes se escriben separados, o morfema de plural deben levalo ambos os
dous: garda civil-gardas civís, gato montés-gatos monteses... o Se o segundo elemento vai introducido coa preposición de o morfema de número engádese só
ó primeiro elemento: pita do monte-pitas do monte, cabalo do demo-cabalos do demo... o Cando os dous elementos forman unha soa palabra o número engádese ó segundo elemento:
vacaloura-vacalouras, vagalume-vagalumes, paporrubio-paporrubios...
4.4 Morfemas derivativos. Os máis importantes son os aumentativos e os diminutivos (-echo, -elo, -exo, -uco, etc). O de máis
rendemento no galego é o sufixo -iño, pois pódese empregar coa maioría dos substantivos; a adición deste sufixo réxese polas seguintes normas:
• Cando o substantivo remata en vogal átona, está pérdese ó engadir o diminutivo: cousa-cousiña, tea-teíña, pola-poliña, mesa-mesiña...
12
• Cando remata en vogal tónica esta consérvase: café-cafeíño, pé-peíño, papá-papaíño... Pero tamén se pode formar intercalando un -c-: cafeciño, peciño, papaciño...
• Os rematados en ditongo -io, -ia asimilan o -i- do ditongo co do sufixo: raia-raíña, saia-saíña, xoia-xoíña...
• Se rematan en ditongo decrecente ou vogal seguida de -n, engádese -c-: nai-naiciña, irmán-irmanciño, can-canciño... As formas que forman o feminino en -á forman o diminutivo sobre o masculino: irmá-irmanciña...
• Os que rematan en consoante distinta de -n consérvana: rapaz-rapaciño, culler-culleriña, francés-francesiño...
13
5 O adxectivo.
5.1 Definición. • Semántica: O adxectivo é a palabra que atribúe calidades ó substantivo. • Sintáctica: O adxectivo é o núcleo dunha frase adxectiva, que por regra xeral funciona como modificador
do núcleo dunha frase substantiva.
5.2 Graos do adxectivo. O adxectivo posúe tres graos: o positivo (o adxectivo sen gradar, que expresa calidades), o superlativo
(indica que unha calidade se posúe no grao máis elevado) e o comparativo (establece unha comparación entre unha calidade atribuída a varios substantivos).
5.2.1 O superlativo. O superlativo pode ser de dous tipos:
• Absoluto: indica o grao máis alto nunha escala. Constrúese de diversos modos: o mediante a anteposición de adverbios: moi, ben, bastante... (Era moi grande, Estaba ben alto...) o repetindo dúas veces o adxectivo: Era alto alto; Estaba bo bo. o a través do sufixo -ísimo: Era grandísimo, Estaba altísimo... Algúns adxectivos non forman o
superlativo engadindo -ísimo senón -érrimo: celebérrimo (célebre), libérrimo (libre), misérrimo (mísero), paupérrimo (pobre), pulquérrimo (pulcro). Outros teñen un superlativo sintético: máximo (grande), mínimo (pequeno), óptimo (bo), pésimo (malo), supremo (alto), ínfimo (baixo).
• Relativo: indica o grao máis alto ou máis baixo pero en relación a un grupo; fóra dese grupo o superlativo deixa de ter sentido. Constrúese con o máis / o menos + adxectivo (+ de / entre): O galgo é o máis rápido dos cans.
5.2.2 O grao comparativo. A comparación pode ser de igualdade, de superioridade ou de inferioridade.
• A comparación de igualdade constrúese coa partícula tan / tanto + adxectivo + como / coma + Segundo elemento que se compara. O tamén coa fórmula: igual (de) + adxectivo + ca / que / do que. Como e coma pódense usar indistintamente, pero hai que ter en conta que coma é obrigatorio diante dos pronomes persoais e que nunca se pode utilizar diante dun verbo; pola súa banda, como é obrigatorio ante verbo e non se pode empregar diante dun pronome persoal:
• Este rapaz é tan alto coma ti. • O papaventos ía tan alto como / coma un avión. • O individuo fíxoo tan ben como sabía.
• A comparación de superioridade constrúese segundo o seguinte esquema: máis + adxectivo + ca / que / do que + Segundo elemento que se compara. Hai que ter en conta que o uso de ca é obrigatorio diante de pronome persoal, e o uso de do que obrigatorio diante de verbo; no resto dos casos poden empregarse indistintamente:
• Fíxoo máis rápido ca min. • Fíxoo máis rápido do que pensaba. • Era máis veloz ca / que / do que un galgo.
• A comparación de inferioridade ten o mesmo esquema cá de superioridade, pero emprégase menos en vez de máis. No que respecta ó uso de ca / que / do que ten as mesmas regras cá de superioridade:
• Fíxoo menos rápido ca min. • Fíxoo menos rápido do que pensaba. • Era menos veloz ca / que / do que un galgo.
14
Os seguintes adxectivos empregan formas comparativas sintéticas: maior (grande), menor (pequeno), mellor (bo), peor (malo), superior (alto), inferior (baixo): Xoán é maior ca o seu primo (Xoán é maior có seu primo), Isto é peor do que eu pensaba.
15
6 O artigo.
6.1 Definición. • Semántica: O artigo é un morfema sen contido semántico que precede sempre a un substantivo, ou a unha
palabra ou sintagma ó que substantiva. • Sintáctica: O artigo cumpre a función de Determinante dentro da frase nominal.
O artigo pode ser determinado ou indeterminado. O artigo determinado refírese a entidades ou obxectos coñecidos ou identificados (Cheguei á casa) e o artigo indeterminado refírese a entidades ou obxectos non identificados (Cheguei a unha casa).
6.2 O artigo determinado.
6.2.1 Formas. As formas do artigo determinado son: o, a, os, as. Estas formas son as comúns, as que chamamos primeiras
formas do artigo; ademais delas tamén existen lo, la, los, las, chamadas segundas formas do artigo. Estas segundas formas do artigo só son obrigatorias tras a preposición por (polo, pola, polos, polas) e o adverbio u (u-lo caderno?, u-la carpeta?, u-los cadernos?, u-las carpetas?).
Pódese empregar a segunda forma do artigo, de maneira voluntaria e optativa (nunca obrigatoria), nos seguintes casos:
a) Despois das formas verbais rematadas en -r ou -s (menos os participios): Facer o traballo : Face-lo traballo; Ti colles os libros : Ti cólle-los libros. (Sempre leva guión)
b) Despois dos pronomes enclíticos nos, vos, lles: Fixéronnos o traballo : Fixéronno-lo traballo; Tróuxovos a maleta : Tróuxovo-la maleta; Deilles os cartos : Déille-los cartos.(Leva guión).
c) Despois dos pronomes tónicos nós, vós: Fomos nós os catro : Fomos nó-los catro. (Con guión). d) Despois de ambos, ambas, entrambos, entrambas e todos, todas: Estaban ambas as familias :
Estaban ámbalas familias; Fixérono entrambos os dous : Fixérono entrámbolos dous; Todos os días nos di o mesmo : Tódolos días nos di o mesmo. (Sempre sen guión).
e) Despois da conxunción copulativa e mais: Fixéstelo ti e mais a túa irmá : Fixéstelo ti e maila túa irmá. (Sen guión).
Ademais a segunda forma do artigo é obrigatoria sempre nos seguintes casos:
f) Despois das preposicións tras, por: está tras o muro : Está tralo muro; Vai polo camiño.(Sempre sen guión).
g) Despois do adverbio interrogativo u: U-los teus amigos? (Sempre con guión).
Aínda que a segunda forma do artigo non se sinale na escrita, recoméndase a súa realización sempre na pronuncia.
6.2.2 Contraccións. O artigo determinado contrae coas preposicións a, con de e en:
Artigo Prepos. o a os as a ao / ó á aos / ós ás con co coa cos coas de do da dos das en no na nos nas
A contracción da preposición a e do artigo o, os resólvese na escrita como ao, aos ou como ó, ós. Con todo,
a única pronuncia válida é o semiaberto [Ↄ] e nunca [ao].
16
Coa preposición por xa vimos que aparece a segunda forma do artigo: polo, pola, polos, polas. Se un topónimo vai precedido dunha destas preposicións (por, a, con, de, en) realízase igualmente a contracción: pasea pola Coruña; vive no Carballiño.
6.2.3 O artigo coa conxunción comparativa ca. Podemos optar por sinalar a contracción (có, cá, cós, cás) ou por non sinalala (ca o, ca a, ca os, ca as): é
máis alto có seu irmán : é máis alto ca o seu irmán.
Se a conxunción ca vai seguida da preposición a non contrae (deille máis a el ca a ela), e tampouco cando vai seguida dunha contracción de a con artigo (deille máis a el ca ó seu amigo).
6.2.4 Usos específicos do artigo indeterminado. • O posesivo constrúese sempre con artigo determinado en galego: a súa idea, os seus amigos, os teus
cans. As excepcións son as seguintes: con nome de parentesco pode aparecer o non artigo (teu pai é mariñeiro / o teu pai é mariñeiro); con vocativos e exclamacións pode non aparecer o artigo (meu rei!); tampouco aparece o artigo se o posesivo vai precedido dun demostrativo (eses teus amigos non che me gustan nada); finalmente, o posesivo non leva artigo se forma parte dun título (Súa Maxestade aínda non chegou).
• Os nomes propios van precedidos a miúdo de artigo, tanto en nomes de lugar (A Coruña, O Carballiño,...) como de persoa (o Antón é amigo da Xulia).
• O interrogativo que pode ir precedido de artigo para preguntar por algo que non quedou claro: -Dixo que non viría -O que?.
6.3 O artigo indeterminado. As formas son un, unha, uns, unhas, e contraen coas preposicións con, de, en: cun, cunha, cuns, cunhas;
dun, dunha, duns, dunhas; nun, nunha, nuns, nunhas.
17
7 O pronome persoal.
7.1 Definición. • Semántica: Os pronomes persoais son palabras que serven para substituír os substantivos ou sintagmas
nominais referidos a persoas ou obxectos, designándoos ademais por medio das persoas gramaticais. • Sintáctica: O pronome cumpre as mesmas funcións sintácticas có substantivo.
7.2 Formas. Dentro dos pronomes persoais podemos distinguir dous tipos de formas, segundo teñan ou non acento
propio:
• Formas tónicas: Teñen unha autonomía total, e poden desempeñar a función de suxeito (Elas dixérono pero nós non) ou termo de preposición (Esquecéronse de vós).
• Formas átonas: Sempre van cun verbo, uníndose a el en posición enclítica. Poden desempeñar a función de Complemento directo (Escoiteinos mentres falaban) ou Complemento indirecto (Pedinlles demasiadas cousas).
7.2.1 Formas tónicas. SUXEITO TERMO PREPOSICIÓN Prep. CON
Non reflexivo Reflexivo Non reflexivo Reflexivo 1ª eu min min comigo comigo 2ª ti ti ti contigo contigo 3ª el, ela el, ela si con el, con ela consigo 4ª nós / nosoutros, -as nós / nosoutros, -as nós / nosoutros, -as connosco connosco 5ª vós / vosoutros, -as vós / vosoutros, -as vós / vosoutros, -as convosco convosco 6ª eles, elas eles, elas si con eles, con elas consigo
Observacións:
• As formas de cortesía son vostede, vostedes. • Ó lado de nós e vós, de uso xeral, existen tamén nosoutros,-as e vosoutros,-as, pero estas formas só se
usan para delimitar un grupo, deixando fóra a todos os que non pertenzan a el: Se ides vosoutros, nosoutros quedaremos aquí.
• As formas connosco e convosco conviven coas formas con nós, con vós: Se vés connosco / con nós habémosche pagar o cine.
• O pronome de terceira persoa (el, ela, eles, elas) contrae coas preposicións de e en: DE: del, dela, deles, delas. EN: nel, nela, neles, nelas.
7.2.2 Formas átonas. CI CD Reflexivo (CD)
1ª me me me 2ª che te te
3ª lle o, lo, no a, la, na se
4ª nos nos nos 5ª vos vos vos
6ª lles os, los, nos as, las, nas se
18
Observacións:
• As formas o, lo, no do CD de 3ª persoa úsanse de acordo cos seguintes criterios: o o, a, os, as: úsanse de forma xeral, excepto nos contextos nos que se usa algunha das outras
formas, que se describen a continuación. Ex: Lévoo, Comérona. o lo, la, los, las: úsanse cando o pronome é enclítico e vai tras forma verbal rematada en -s ou -
r (Teño que facelo, Ti cómelo agora, Farémolo hoxe, Traerédelo canto antes) e tamén tras o pronome interrogativo u (Ulo?).
o no, na, nos, nas: úsanse cando o pronome é enclítico e vai tras forma verbal rematada en ditongo (Leveina onte á casa, Contouno el, Levareinos alí).
• A forma para o CD de segunda persoa é sempre te (Lévote no meu coche, Meteute nun compromiso, Funte buscar e non te atopei) e a forma para o CI é sempre che (Vouche ver esa ferida, Pregunteiche a hora, Collinche un lapis). A nivel práctico pódese pasar a oración á terceira persoa, e se se usa o/a poñerase te, mentres que se se usa lle debe usarse che
Vouche contar un segredo - Voulle contar un segredo. O petardo estoupouche na man - O petardo estoupoulle na man. Sóbranche os cartos - Sóbranlle os cartos. Vinte na feira - Vino na feira. Atópote todos os días ó saír - Atópoo todos os días ó saír. Felicítote polo teu exame - Felicítoa polo seu exame.
• Cando o pronome átono reflexivo nos vai tras forma verbal rematada en –mos (primeira persoa do
plural), entón a forma verbal perde o –s: ímonos, deitámonos.
7.2.3 Concorrencias. Cando concorren nunha mesma frase dous pronomes átonos, o de CI precede sempre ó de CD. Estas
concorrencias dan como resultado as seguintes formas contractas:
CI CD o a os as
me mo ma mos mas che cho cha chos chas lle llo lla llos llas nos nolo nola nolos nolas vos volo vola volos volas lles llelo llela llelos llelas
Deicho pero non mo quixeches coller.
Se llelo dixeras ti onte, agora non me habían preguntar.
Nunca volas neguei, nin sequera cando mas quixestes roubar.
7.2.4 Colocación das formas átonas na frase. O pronome átono, por carecer de acento fonético propio, busca o seu apoio nas palabras tónicas máis
próximas, principalmente no verbo, do que é complemento. Dese apoio vai depender a súa colocación na frase, que se rexe polas seguintes regras:
• O pronome átono non pode encabezar nunca unha frase tras pausa, de aí que a súa posición habitual sexa a enclítica (despois do verbo): Cóntame o que saibas, Regaloulle o transistor.
• Nas oracións simples e nas principais o pronome átono tamén vai enclítico (Un neno dicíame onte que lle gustaba xogar). Sen embargo o pronome átono vai proclítico (antes do verbo) nos seguintes casos:
o Cando a oración é negativa ou cando vai introducida por unha conxunción ou un adverbio negativos: Nunca se soubo, Non o notei, Ninguén llo pediu.
19
o Cando a oración vai introducida por un adverbio: Xa llo dixen, Sempre o esqueces. Sen embargo hai algúns adverbios e locucións adverbiais cos que pode ir enclítico; trátase sobre todo de adverbios de tempo e de lugar: antonte, onte, hoxe, mañá, antes, agora, despois, entón, daquela, aquí, alí, aí, dentro, fóra, enriba, debaixo, lonxe, preto, diante, detrás...: Mañá disllo a teu pai.
o Cando a oración é introducida por un pronome interrogativo ou exclamativo: ¿Canto me pagas?, ¡Como o quería!, ¡Mal raio te parta!
o Cos indefinidos todos e alguén: Todos o querían, Alguén te busca. • Nas oracións subordinadas o pronome átono vai sempre proclítico (antes do verbo): Penso que cho
dei onte, Cando o teña, pásocho. • Nas oracións en que hai un verbo conxugado seguido de infinitivo ou xerundio, o pronome átono
pode ir coa forma verbal conxugada ou enclítico co infinitivo ou xerundio: Veno ver : Ven velo; Non o veñas comer : Non veñas comelo; Estívoo buscando : Estivo buscándoo. Se entre o verbo e o infinitivo hai unha partícula de relación (preposición ou conxunción), entón as posibilidades de colocación do pronome átono son tres: pode ir co verbo (Téñollo que dicir, Acabeicho de facer), anteposto ó infinitivo (Teño que llo dicir, Acabei de cho facer) ou posposto ó infinitivo (Teño que dicircho, Acabei de facercho).
7.2.5 Pronome de solidariedade. É unha forma mediante a cal implicamos afectivamente ó noso interlocutor na acción expresada polo verbo.
A presenza do pronome de solidariedade non afecta á frase, podendo suprimirse sen que isto afecte para nada o significado da mesma; sen embargo si se perde o ton de afectividade que caracteriza estas formas. Na análise sintáctica sinálase como CS (Complemento de Solidariedade), pois obviamente non é un CI).
A forma que se usa cando hai un só interlocutor é che, e cando hai varios úsase vos; se tratamos á persoa á que nos diriximos de vostede, os pronomes son lle para so singular e lles para o plural: Vouche dar unha volta, a ver se me relaxo, Estouche preparando un exame, Non che me gusta nadiña, Probeivos varios traxes e ningún me servía...
7.2.6 Pronome de interese. Trátase dunha forma de CI (me, che, lle, nos, vos, lles) que se emprega para indicar a persoa
subxectivamente afectada pola acción do verbo. Igual que pasa co pronome de solidariedade, cando se analiza sintacticamente hai que sinalalo como CInt (complemento de interese). Estes rapaces non che me comen nadiña, O meu neno naceume cando quería, Os rapaces non nos estudan nada.
7.2.7 Pronome reflexivo e verbos pronominais. Para indicar a reflexividade úsanse as formas me, te, se, nos, vos, si, comigo, contigo, consigo, connosco e
convosco. Cómpre ter en conta as seguintes cuestións:
• Unha acción é reflexiva cando o suxeito que a realiza é a mesma persoa que quen a recibe: Eu lávome, Ti érgueste, El cortouse co coitelo..
• En galego só hai reflexividade no caso comentado anteriormente; por tanto hai moitos verbos que non se constrúen como reflexivos: durmir, espertar, adormecer, afogar, podrecer, marchar, rir, morrer, quecer, caer, calar, parar, estremecer, quedar, ficar, recordar, lembrar, casar, romper, murchar, sorrir, enfermar... Deste xeito temos: Caín dunha árbore, Xoán casou con María, Marchei da festa ás nove, Lembras o que che dixo Antón?, Onte afogou un neno no río, pero O suicida afogouse no río (reflexivo: ‘O suicida afogouse a si mesmo no río’).
• En galego non se dan nunca expresións como *Bebinme un vaso de auga, *Coméronse dúas centolas, *Merecíanse unha derrota maior.
20
7.2.8 Valores do pronome se. • Se soe ser un pronome reflexivo en función de CD: El peitéase. • Se pode ser tamén un pronome en función de CI en construcións do tipo: Os namorados mándanse
cartas (eles mandan cartas a si mesmos); Déronse bicos. • Se pronominal, utilizado con verbos que esixen a súa presenza: Despediuse de nós, Esquecéronse de
dicircho. • Se pasivo reflexo, que se dá nas oracións pasivas reflexas (a acción non a realiza o suxeito, senón que
a recibe). Trátase dunha oración pasiva construída en voz activa: Véndese casa (a casa non se vende a si mesma, senón que é vendida), O acordo firmouse polos presidentes (o acordo non se firma a si mesmo, senón que é firmado), Suspendeuse o exame.
• Se pasivo impersoal, que é un caso coma o anterior pero sen haber un suxeito: Neste sitio cómese moi ben.
21
8 Os pronomes relativos
8.1 Definición. • Sintáctica: Os pronomes relativos son nexos que introducen as cláusulas subordinadas adxectivas ou de
relativo; ó mesmo tempo dentro da súa cláusula o relativo funciona como un pronome, pois substitúe a un nome anterior co cal concorda (antecedente), e como tal pode desempeñar as funcións propias do substantivo. Por tanto, os pronomes relativos teñen sempre dúas funcións, unha de nexo e outra como suxeito ou complemento do verbo na súa cláusula.
8.2 Formas e usos. Os relativos galegos son que, quen, cal, canto e cuxo.
• Que e quen son invariables, cal presenta variación no número (cales), e canto e cuxo no xénero e no número (canta, cantos, cantas; cuxa, cuxos, cuxas).
• Quen só se refire a persoas; o seu emprego é literario, sendo na fala substituído por que. Quen é sempre invariable, e por tanto non ten plural: O compañeiro con quen traballo / Os compañeiros cos que traballo. Na construción ser quen de o valor de quen equivale ó de capaz: Non fun quen de erguerme pola mañá.
• Cal tamén se tende a substituír por que na lingua falada, e sempre vai precedido de artigo: El era o neno do cal me falaches.
• Canto funciona como correlativo de todo,-a,-os,-as ou tanto,-a,-os,-as: Tivo todo canto quixo, Ten tanto canto quere. É de uso pouco frecuente na fala.
• Cuxo, cuxa, cuxos, cuxas non ten uso na lingua popular, aínda que foi recuperado na lingua culta a partir da forma medieval “cujo”.
• Ocasionalmente tamén funcionan como pronomes relativos onde, cando, como (teñen antecedente): Deixo a casa onde nacín, O día cando chegaran os soldados nevara, O xeito como cho contaron non foi moi ortodoxo..
Tamén poden ter valor de pronome relativo as formas como, cando, onde, cando se refiren a un antecedente: O xeito como me mirou non che me gustou nada; Deixo a casa onde nacín; O sitio onde apareceu estaba moi lonxe da casa.
22
Os pronomes interrogativos e os pronomes exclamativos
8.3 Definición. • Semántica: Os interrogativos son palabras que serven para preguntar, directa ou indirectamente, pola
identidade dunha persoa, dun animal ou dunha cousa; os exclamativos serven para introducir exclamacións.
8.4 Formas e usos. As formas dos interrogativos e dos exclamativos coinciden coas dos relativos: que, quen, cal, canto, cando,
onde, como, u.
• Que pode funcionar como interrogativo ou exclamativo: Que queres?, Que loucura! É moi frecuente que se empregue como exclamativo precedido de artigo: A que alí se armou!, O que tivemos que oír!
• Quen é sempre invariable, e pode funcionar como interrogativo ou exclamativo: Quen o fixo?, Quen o diría! Utilízase co verbo en singular, quitando o verbo ser, co que se pode empregar en plural: Quen é ese que berra? - Quen son eses que berran?, Quen está na horta?
• Cal só se emprega como interrogativo, nunca como exclamativo: Cal é o máis axeitado?, Cales son os que me sentan mellor?
• Onde e cando só se usan como interrogativos: Canto falta?, Cando vén? • Canto e como pódense usar como interrogativos ou como exclamativos: Canto choras!, Canto
queres?, Como corría!, Como o fixeches? • O adverbio u é unha forma especial de interrogativo: U-los libros que che emprestei? Ulos?
23
9 Os pronomes demostrativos
9.1 Definición. • Semántica: Os demostrativos son palabras que se usan para sinalar, á vez que achegan unha idea de
distancia respecto o falante. A distancia pódese referir ó espazo (esta mesa/aquela mesa) ou ó tempo (este ano/aquel ano), e tamén a algo que xa se dixo anteriormente (iso que fixo é marabilloso).
• Sintáctica: Sintacticamente os demostrativos poden ter función substantiva (núcleo dunha frase substantiva: quero este) ou determinante (determinante dunha frase nominal: quero este libro).
9.2 Formas. As formas do demostrativo teñen unha forma para o masculino, outra para o feminino e outra para o neutro:
este esta estes estas isto ese esa eses esas iso aquel aquela aqueles aquelas aquilo
9.3 Contraccións. O demostrativo pode combinarse (non é obrigatorio) co indefinido outro, dando lugar ás seguintes formas:
estoutro estoutra estoutros estoutras esoutro esoutra esoutros esoutras aqueloutro aqueloutra aqueloutros aqueloutras
Aínda que podemos optar pola forma contracta ou a forma plena (non quero este, senón aqueloutro / non quero este, senón aquel outro), no neutro non existe a forma contracta: aquilo outro.
O demostrativo tamén contrae, obrigatoriamente, coas preposicións de e en:
DE: deste, desta, destes, destas, disto - dese, desa, deses, desas, diso - daquel, daquela, daqueles, daquelas, daquilo.
EN: neste, nesta, nestes, nestas, nisto - nese, nesa, neses, nesas, niso - naquel, naquela, naqueles, naquelas, naquilo.
Estas mesmas preposicións, cando preceden ás formas contractas do demostrativo co indefinido outro, volven introducir unha segunda contracción: destoutro, destoutra, destoutros, destoutras - desoutro, desoutra, desoutros, desoutras - daqueloutro, daqueloutra, daqueloutros, daqueloutras: Non falo dese día, senón daqueloutro no que ti me tiraches ó río.
9.4 Usos e valores especiais dos demostrativos. • O demostrativo aquel(a) pódese usar con valor substantivo cun significado que depende do contexto:
Co aquel (=motivo, pretexto) do accidente non quere volver a conducir, Ten moita aquela (=arte, habilidade, astucia) para os negocios.
• A contracción daquela ten dous usos e valores especiais: a) adverbial, equivalente a ‘entón’, ‘naquel momento’ (Tamén daquela pasaban estas cousas), e b) de conxunción consecutiva, equivalendo a ‘polo tanto’, ‘xa que logo’ (Se é así como dis, daquela non hai perigo).
• As contraccións nisto, niso, nestas, nesas utilízanse adverbialmente cos significados de ‘entón’, ‘nese momento’, ‘de repente’, etc. Iámonos xa, e nisto vólvenos chamar.
24
10 Os pronomes posesivos
10.1 Definición. • Semántica: Os posesivos son palabras que expresan unha idea de posesión ou pertenza. • Sintáctica: Os posesivos poden ter función substantiva (núcleo dunha frase substantiva: dáme o meu) ou
función adxectiva (modificadores do núcleo dunha frase substantiva: dáme o meu libro).
10.2 Formas.
1ª Persoa: meu miña meus miñas 2ª Persoa: teu túa teus túas 3ª Persoa: seu súa seus súas 4ª Persoa: noso nosa nosos nosas 5ª Persoa: voso vosa vosos vosas 6ª Persoa: seu súa seus súas
10.3 Usos e valores especiais dos posesivos. • O posesivo constrúese sempre con artigo determinado en galego: a súa idea, os seus amigos, os teus
cans. As excepcións son as seguintes: con nome de parentesco pode aparecer o non artigo (Teu pai é mariñeiro / O teu pai é mariñeiro); con vocativos e exclamacións pode non aparecer o artigo (meu rei!); tampouco aparece o artigo se o posesivo vai precedido dun demostrativo (Eses teus amigos non che me gustan nada); finalmente, o posesivo non leva artigo se forma parte dun título (Súa Maxestade aínda non chegou).
• As formas do posesivo, en masculino e singular, cando se usan precedidas da preposición de (de meu, de teu, de seu, de noso, de voso) adquiren os valores de pertenza exclusiva ou calidade inherente: Non ocorre nada especial, invítanos porque é xeneroso de seu, Dende que teñen casa de seu non volveron vir á nosa, Sempre fuches orgulloso de teu, pero agora terás que abaixarte, Agora que tendes coche de voso xa non vindes tanto connosco.
• As formas cadanseu, cadansúa, cadanseus, cadansúas son coñecidas como posesivos distributivos, por distribuíren unha ou varias posesións entre varios posuidores. Cadanseu equivale a ‘cada persoa un obxecto masculino’: Colleron cadanseu pau e tirárono á auga; cadansúa equivale a ‘cada persoa un obxecto feminino’: Había moitas abelás; colleron cadansúa e marcharon; cadanseus equivale a ‘cada persoa varios obxectos masculinos’: Hai moitos caramelos, collede cadanseus; cadansúas equivale a ‘cada persoa varios obxectos femininos’: vinde para coller cadansúas camisetas, pero que ninguén colla máis de tres.
• As formas femininas (miña, túa, súa, nosa, vosa, súa) úsanse en ocasións co valor de de + pronome persoal: Viñeron atrás nosa (de nós) todo o tempo; pasaron por enriba túa (de ti) coma se tal cousa; estaba diante miña (de min).
• Cando o posesivo acompaña a un numeral pasa a ter un valor aproximativo, non exacto: xa ha ter os seus cincuenta anos.
• As construcións o meu, o teu, o seu, o noso, o voso poden adquirir en certos contextos valor ponderativo para indicar gran cantidade: por hoxe xa traballamos o noso; este ano xa leva chovido o seu, a ver se para dunha vez.
• A forma meu pode empregarse como vocativo: Onde vas, meu, que xa pechou. • En galego existen as formas de respecto mi, tu, su, noso, voso, su que se utilizan só cos substantivos
“padre, madre, señor, amo, tío”: Mi madre, déixeme ir.
25
11 Os pronomes indefinidos.
11.1 Definición. • Semántica: Chámanse indefinidos unha serie de palabras que serven para facer referencia a un conxunto
de unidades de forma xenérica e indeterminada. • Sintáctica: Os indefinidos poden ter función substantiva ou adxectiva, e algúns mesmo adverbial.
11.2 Formas. • Algún, algunha, algúns, algunhas • Ningún, ningunha, ningúns, ningunhas. • Alguén; algo. • Ninguén; nada, ren. • Un, unha, uns, unhas • Varios, varias. • Pouco, pouca, poucos, poucas. • Bastante, bastantes. • Abondo, abonda, abondos, abondas. • Moito, moita, moitos, moitas. • Ben. • Demasiado, demasiada, demasiados, demasiadas. • Máis, menos. • Tanto, tanta, tantos, tantas. • Todo, toda, todos, todas. • Cada; cada cal; cadaquén. • Ambos, ambas; entrambos, entrambas. • Outro, outra, outros, outras. • Calquera. • Quenquera, tal, tales. • Mesmo, mesma, mesmos, mesmas. • Propio, propia, propios, propias. • O demais, a demais, os demais, as demais. • O máis, a máis, os máis, as máis. • Certo, certa, certos, certas. • Determinado, determinada, determinados, determinadas.
11.3 Contraccións. Algún e outro contraen coas preposicións de e en.
DE: dalgún, dalgunha, dalgúns, dalgunhas / doutro, doutra, doutros, doutras.
EN: nalgún, nalgunha, nalgúns, nalgunhas / noutro, noutra, noutros, noutras.
Cando se usa o indefinido un(s), unha(s) como pronominal xeralmente represéntase a contracción coas
preposicións de e en, dando lugar ás formas dun(s), dunha(s), nun(s), nunha(s): Están sempre a falar mal dun; A resposta hai que buscala nun mesmo. Por contra, non se representa na escrita a contracción coa preposición con: Tanto se comprometía con un coma con outro; Cada domingo ía ao cine con unha, nunca o viamos coa mesma rapaza.
26
12 Os numerais
12.1 Definición. • Semántica: Os numerais son as palabras que empregamos para referirnos a realidades contables para
precisar a súa cantidade ou a orde. • Sintáctica: Os numerais sintacticamente poden ter función adxectiva ou pronominal.
12.2 Formas. • Cardinais: Indican o número preciso dunha cantidade contable.
Un/unha, dous/dúas, tres, catro, cinco, (...), dezaseis, dezasete, (...), dezanove, vinte, vinte e un, vinte e dous, (...), trinta e un, (...), corenta, corenta e un, (...), cincuenta e un, (...), sesenta e un, (...), oitenta, oitenta e un, (...), noventa e un, (...), cen, cento un, cento dous/dúas, (...), cento oitenta e tres, (...), douscentos / duascentas, douscentos un, (...), trescentos/trescentas, (...), catrocentos/catrocentas, (...), cincocentos/cincocentas-quiñentos/-as, (...), seiscentos/seiscentas, (...), mil, mil un, mil dous, (...), mil cincocentos trinta e tres, (...), millón, (...), billón.
A pesar de que as combinacións se escriban separadas, a conxunción e contrae na pronuncia coa vogal final do numeral, nunha realización [Ɛ]: vinte e nove [bintƐ’ nƆβe], trinta e catro [tɾintƐ’ katɾo], oitenta e tres [oitentƐ’ tɾes].
• Ordinais: Indican a orde que se ocupa nunha serie. Primeiro/-a/-os/-as, segundo, terceiro, cuarto, quinto, sexto, sétimo, oitavo, noveno, décimo, décimo
primeiro - undécimo, décimo segundo - duodécimo, décimo terceiro, (...), vixésimo, vixésimo primeiro, (...), trixésimo, (...), cuadraxésimo, (...), quincuaxésimo, (...), sexaxésimo, (...), septuaxésimo, (...), octoxésimo, (...), nonaxésimo, (...), centésimo, (...), duocentésimo...
• Multiplicativos: Indican o número de veces que unha realidade contable contén a outra menor; dito doutro xeito, indican o resultado dunha multiplicación:
Dobre/duplo, triplo, cuádruplo, quíntuplo, séxtuplo, séptuplo, óctuplo, nónuplo, décuplo, (...), céntuplo.
• Partitivos: Indican unha fracción ou parte dun todo; é dicir, o resultado dunha división: Medio/metade, terzo, cuarto, quinto, sexto, sétimo, oitavo, noveno, décimo, onceavo, doceavo, treceavo,
(...), vinteavo, (...), trintaavo, (...), centésimo...
Colectivos: Ás veces relaciónanse cos numerais algúns substantivos numerais ou colectivos, pero en realidade trátase exclusivamente de substantivos: par, parella, decena, ducia, quincena, trío, terceto, cuarteto, cento, millón, etc.
27
13 O verbo
13.1 Definición. • Semántica: Un verbo é unha palabra capaz de indicar accións, estados ou fenómenos; ó mesmo tempo
engade significacións de tipo modal, temporal, numeral e persoal. • Sintáctica: O verbo é o núcleo dunha frase verbal, e é o requisito necesario para que exista unha cláusula.
13.2 Temas de presente e de pretérito. Ó estuda-los paradigmas verbais cómpre ter en conta que toda conxugación se articula sobre dous temas: o
de presente e o de pretérito. Os tempos que teñen a mesma raíz do tema de presente son o presente, o copretérito, o futuro, o pospretérito, o presente de subxuntivo, o imperativo, o infinitivo, o xerundio e o participio. Os tempos que teñen a mesma raíz có tema de pretérito son o pretérito, o antepretérito, o pretérito de subxuntivo e o futuro de subxuntivo. Ex:
13.2.1.1.1.1.1.1.1 PODER Tema de presente: pod- (podes, podías, poderás, poderías, poidas, pode, poder, podendo, podido.
Tema de pretérito: puid- (puiden, puidera, puidese, puider).
13.3 Temporalidade verbal. A temporalidade do verbo galego toma sempre como punto de referencia o momento no que se está a falar
(O). A acción (V) pódese indicar como simultánea (oV)ó momento no que se fala, anterior (-V) ou posterior (+V). Segundo isto o presente indica unha acción simultánea ó momento en que se fala; isto represéntase, de dereita a esquerda, como (O oV). O futuro indica unha acción posterior ó momento no que se fala (O+V). O pretérito indica, de maneira xenérica, unha acción anterior ó momento no que se fala, sen facer máis precisións (O-V).
Presente: Eu corro polo camiño. (O oV) Futuro: Eu correrei polo camiño.(O+V) Pretérito: Eu corrín polo camiño. (O-V)
Ademais destes tres tempos básicos, na lingua podemos establecer unha acción non en relación ó momento
no que falo (O), senón en relación a un momento do pasado (O-V); así, unha acción pode marcarse como simultánea a ese momento do pasado, anterior a ese momento do pasado, o posterior a el. O copretérito indica que unha acción se produce de xeito simultáneo a algo que ocorreu no pasado (O-V) oV; o antepretérito indica que unha acción se produciu anteriormente a algo que ocorreu no pasado (O-V)-V; o pospretérito indica que unha acción se vai producir con posterioridade a un momento do pasado (O-V)+V.
Copretérito: Ás nove da mañá eu entraba no instituto. (O-V) oV. O momento do pasado son as nove, e a acción de entrar no instituto é simultánea a ese momento do pasado.
Antepretérito: Ás nove da mañá eu xa entrara no instituto. (O-V)-V. O momento do pasado son as nove, e a acción de entrar no instituto xa se producira á esa hora.
Pospretérito: Onte díxome que iría a Santiago. (O-V)+V. O momento do pasado é onte, cando alguén me di algo, e a acción de ir a Santiago é posterior a ese momento.
28
13.4 Verbos regulares
1ª Conxugación: ANDAR INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente ando andas anda andamos andades andan
andaba andabas andaba andabamos andabades andaban
ande andes ande andemos andedes anden
anda andade
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX andei andaches andou andamos andastes andaron
andara andaras andara andaramos andarades andaran
andase andases andase andásemos andásedes andasen
andar andares andar andarmos andardes andaren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais andarei andarás andará andaremos andaredes andarán
andaría andarías andaría andariamos andariades andarían
andar andares andar andarmos andardes andaren
INF andar
XER andando
PART andado
3ª Conxugación: PARTIR INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente parto partes parte partimos partides parten
partía partías partía partiamos partiades partían
parta partas parta partamos partades partan
parte partide
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX partín partiches partiu partimos partistes partiron
partira partiras partira partiramos partirades partiran
partise partises partise partísemos partísedes partisen
partir partires partir partirmos partirdes partiren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais partirei partirás partirá partiremos partiredes partirán
partiría partirías partiría partiriamos partiriades partirían
partir partires partir partirmos partirdes partiren
INF partir
XER partindo
PART partido
2ª Conxugación: VARRER
INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT Presente Copretérito Presente Presente varro varres varre varremos varredes varren
varría varrías varría varriamos varriades varrían
varra varras varra varramos varrades varran
varre varrede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX varrín varriches varreu varremos varrestes varreron
varrera varreras varrera varreramos varrerades varreran
varrese varreses varrese varrésemos varrésedes varresen
varrer varreres varrer varrermos varrerdes varreren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais varrerei varrerás varrerá varreremos varreredes varrerán
varrería varrerías varrería varreriamos varreriades varrerían
varrer varreres varrer varrermos varrerdes varreren
INF varrer
XER varrendo
PART varrido
• En galego non existen tempos compostos. Cómpre por tanto evitar formas como *había dito, *haxa cantado...
• O futuro de subxuntivo coincide co infinitivo conxugado nas conxugacións regulares. Nas irregulares fórmase a partir do tema de perfecto.
29
• A cuarta e quinta persoas do copretérito, do antepretérito e do pospretérito teñen acentuación grave (andabamos, andabades; andaramos, andarades; andariamos, andariades). Estas persoas teñen acentuación esdrúxula no pretérito de subxuntivo: andásemos, andásedes.
• Os verbos rematados en -cer e -cir (agás facer, dicir e os seus derivados) son totalmente regulares; cómpre por tanto evitar formas como *agradezco, *conduzca no canto das formas regulares agradezo, conduza. Tamén hai que evitar formas como *conduxen, *traduxera no canto de conducín, traducira.
• Os verbos rematados en -uír son tamén regulares; débense evitar formas como *destruio, *destruia no canto de destrúo, destrúa.
• Nos verbos ler, crer, rir, e sorrir prodúcese a contracción nalgúns encontros vocálicos: leo, les, le, lemos, ledes, len, lía, lías, lía, liamos, liades, lían, lin, liches, leu, lemos, lestes, leron, lera, leras.../// creo, cres, cre, cremos, credes, cre, cría, crías, cría, criamos, criades, crían, crin, criches, creu, cremos, crestes, creron, crea, creras... /// río, ris, ri, rimos, rides, rin, ría, rías, ría, riamos, riades, rían, rin, riches, riu, rimos, ristes, riron, rira, riras...
• O futuro e o pospretérito en galego fórmanse de xeito regular sobre o infinitivo en todos os verbos (agás dicir e facer); por tanto son regulares o futuro e o pospretérito dos verbos valer, saír, caber, saber: valerei, sairei, caberei, saberei.
13.5 Verbos semirregulares.
13.5.1 Verbos rematados en -aer, -oer, -aír, -oír. Estes verbos presentan un -i- intercalado entre o lexema e as desinencias na primeira persoa do presente de
indicativo e en todo o presente de subxuntivo:
CAER: caio, caes, cae, caemos, caedes, caen /// caia, caias, caia, caiamos, caiades, caian. MOER: moio, moes, moe, moemos, moedes, moen /// moia, moias, moia, moiamos, moiades, moian. SAÍR: saio, saes, sae, saímos, saídes, saen /// saia, saias, saia, saiamos, saiades, saian. OÍR: oio, oes, oe, oímos, oídes, oen /// oia, oias, oia, oiamos, oiades, oian.
13.5.2 Verbos con alternancia vocálica. Os verbos da terceira conxugación (-ir) que teñen como última vogal do radical e poden presentar dous
tipos de alternancia:
• Un grupo cambia o e en i na 1ª, 2ª, 3ª e 6ª persoas do presente de indicativo, mantendo o e na 4ª e 5ª. Segundo este modelo conxúganse: adherir, advertir, divertir, agredir, transgredir, conferir, diferir, inferir, preferir, proferir, referir, transferir, competir, repetir, concernir, discernir, espelir, espir, dixerir, inxerir, suxerir, inserir, medir, pedir (e derivados), reflectir, vestir, investir e revestir.
ADVERTIR
INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO Presente Presente Presente advirto advirtes advirte advertimos advertides advirten
advirta advirtas advirta advirtamos advirtades advirtan
advirte advertide
• Outro grupo mantén e semipechado [e] en posición átona (4ª e 5ª persoas do presente de indicativo);
na 2ª, 3ª e 6ª persoas o e convértese en semiaberto [ε]; na 1ª persoa do presente de indicativo e en todo o subxuntivo aparece a vogal i. Segundo este modelo conxúganse: ferir, mentir, sentir, seguir e servir, ademais dos derivados destes verbos: malferir, desmentir, asentir, consentir, resentir, conseguir, perseguir e proseguir. Nótese que conferir, inferir, diferir, etc, non son derivados de ferir, e polo tanto conxúganse como advertir.
30
SERVIR
INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO Presente Presente Presente sirvo serves [ε] serve [ε] servimos [e] servides [e] serven [ε]
sirva sirvas sirva sirvamos sirvades sirvan
sirve servide
Os verbos da terceira conxugación (-ir) que teñen como última vogal do radical u pódense conxugar segundo dous modelos:
• A maioría dos verbos en -u...ir (discutir, conducir, etc) conxúganse de xeito totalmente regular, seguindo o modelo de partir:
DISCUTIR
INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO Presente Presente Presente discuto discutes discute discutimos discutides discuten
discuta discutas discuta discutamos discutades discutan
discute discutide
• Un grupo, máis reducido, muda o u en o semiaberto na 2ª, 3ª e 6ª persoas do presente de indicativo;
no subxuntivo non presentan alternancia. Segundo este modelo conxúganse: acudir, bulir (e rebulir), cubrir, descubrir, encubrir, recubrir, cumprir (‘ser mester’), cuspir, durmir, engulir, fundir, fuxir, lucir, deslucir, entrelucir, relucir, translucir, tremelucir, mulir, muxir, pulir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, sumir, consumir, ensumir, tusir, ulir, urdir, xunguir e xurdir.
FUXIR
INDICATIVO SUBXUNTIVO IMPERATIVO Presente Presente Presente fuxo foxes [Ɔ] foxe [Ɔ] fuximos fuxides foxen [Ɔ]
fuxa fuxas fuxa fuximos fuxides fuxan
fuxe fuxide
13.5.3 Produtividade da 2ª e 3ª conxugacións. Pertencen á 2ª conxugación: converxer, emerxer, encher, erguer, esparexer, fender, ferver, premer, render,
repeler, rexer, toller, xemer, bater (abater, combater, debater, rebater), correr (concorrer, decorrer, discorrer, escorrer, incorrer, ocorrer, percorrer, recorrer, socorrer, transcorrer), romper (corromper, interromper, irromper, prorromper) e verter (converter, inverter, perverter, reverter, subverter).
Pertencen á 3ª conxugación: concibir e derivados, escribir e derivados, vivir e derivados, dicir e derivados, elixir e derivados, aducir, recibir.
31
13.6 Verbos irregulares.
CABER INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente caibo cabes cabe cabemos cabedes caben
cabía cabía cabía cabiamos cabiades cabían
caiba caibas caiba caibamos caibades caiban
cabe cabede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX couben coubeches coubo coubemos coubestes couberon
coubera couberas coubera couberamos couberades couberan
coubese coubeses coubese coubésemos coubésedes coubesen
caber caberes caber cabermos caberdes caberen
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais caberei caberás caberá caberemos caberedes caberán
cabería caberías cabería caberiamos caberiades caberían
couber couberes couber coubermos couberdes couberen
INF caber
XER cabendo
PART cabido
DAR INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente dou dás dá damos dades dan
daba dabas daba dabamos dabades daban
dea deas dea deamos deades dean
dá dade
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX dei deches deu demos destes deron
dera deras dera deramos derades deran
dese deses dese désemos désedes desen
dar dares dar darmos dardes daren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais darei darás dará daremos daredes darán
daría darías daría dariamos dariades darían
der deres der dermos derdes deren
INF dar
XER dando
PART dado
DICIR INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente digo dis di dicimos dicides din
dicía dicías dicía diciamos diciades dicían
diga digas diga digamos digades digan
di dicide
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX dixen dixeches dixo dixemos dixestes dixeron
dixera dixeras dixera dixeramos dixerades dixeran
dixese dixeses dixese dixésemos dixésedes dixesen
dicir dicires dicir dicirmos dicirdes diciren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais direi dirás dirá diremos diredes dirán
diría dirías diría diriamos diriades dirían
dixer dixeres dixer dixermos dixerdes dixeren
INF dicir
XER dicindo
PART dito
ESTAR INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente estou estás está estamos estades están
estaba estabas estaba estabamos estabades estaban
estea esteas estea esteamos esteades estean
está estade
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX estiven estiveches estivo estivemos estivestes estiveron
estivera estiveras estivera estiveramos estiverades estiveran
estivese estiveses estivese estivésemos estivésedes estivesen
estar estares estar estarmos estardes estaren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais estarei estarás estará estaremos estaredes estarán
estaría estarías estaría estariamos estariades estarían
estiver estiveres estiver estivermos estiverdes estiveren
INF estar
XER estando
PART estado
32
FACER
INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT Presente Copretérito Presente Presente fago fas fai facemos facedes fan
facía facías facía faciamos faciades facían
faga fagas faga fagamos fagades fagan
fai facede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX fixen fixeches fixo fixemos fixestes fixeron
fixera fixeras fixera fixeramos fixerades fixeran
fixese fixeses fixese fixésemos fixésedes fixesen
facer faceres facer facermos facerdes faceren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais farei farás fará faremos faredes farán
faría farías faría fariamos fariades farían
fixer fixeres fixer fixermos fixerdes fixeren
INF facer
XER facendo
PART feito
HABER INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente hei has ha, hai habemos habedes han
había habías había habiamos habiades habían
haxa haxas haxa haxamos haxades haxan
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX houben houbeches houbo houbemos houbestes houberon
houbera houberas houbera houberamos houberades houberan
houbese houbeses houbese houbésemos houbésedes houbesen
haber haberes haber habermos haberdes haberen
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais haberei haberás haberá haberemos haberedes haberán
habería haberías habería haberiamos haberiades haberían
houber houberes houber houbermos houberdes houberen
INF haber
XER habendo
PART habido
IR
INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT Presente Copretérito Presente Presente vou vas vai imos ides van
ía ías ía iamos iades ían
vaia vaias vaia vaiamos vaiades vaian
vai ide
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX fun fuches foi fomos fostes foron
fora foras fora foramos forades foran
fose foses fose fósemos fósedes fosen
ir ires ir irmos irdes iren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais irei irás irá iremos iredes irán
iría irías iría iriamos iriades irían
for fores for formos fordes foren
INF ir
XER indo
PART ido
OUVIR INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente ouzo ouves ouve ouvimos ouvides ouven
ouvía ouvías ouvía ouviamos ouviades ouvían
ouza ouzas ouza ouzamos ouzades ouzan
ouve ouvide
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX ouvín ouviches ouviu ouvimos ouvistes ouviron
ouvira ouviras ouvira ouviramos ouvirades ouviran
ouvise ouvises ouvise ouvísemos ouvísedes ouvisen
ouvir ouvires ouvir ouvirmos ouvirdes ouviren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais ouvirei ouvirás ouvirá ouviremos ouviredes ouvirán
ouviría ouvirías ouviría ouviriamos ouviriades ouvirían
ouvir ouvires ouvir ouvirmos ouvirdes ouviren
INF ouvir
XER ouvindo
PART ouvido
33
PARIR
INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT Presente Copretérito Presente Presente pairo pares pare parimos parides paren
paría parías paría pariamos pariades parían
paira pairas paira pairamos pairades pairan
pare paride
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX parín pariches pariu parimos paristes pariron
parira pariras parira pariramos parirades pariran
parise parises parise parísemos parísedes parisen
parir parires parir parirmos parirdes pariren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais parirei parirás parirá pariremos pariredes parirán
pariría parirías pariría paririamos paririades parirían
parir parires parir parirmos parirdes pariren
INF parir
XER parindo
PART parido
PODER INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente podo podes pode podemos podedes poden
podía podías podía podiamos podiades podían
poida poidas poida poidamos poidades poidan
pode podede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX puiden puideches puido puidemos puidestes puideron
puidera puideras puidera puideramos puiderades puideran
puidese puideses puidese puidésemos puidésedes puidesen
poder poderes poder podermos poderdes poderen
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais poderei poderás poderá poderemos poderedes poderán
podería poderías podería poderiamos poderiades poderían
puider puideres puider puidermos puiderdes puideren
INF poder
XER podendo
PART podido
POÑER
INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT Presente Copretérito Presente Presente poño pos pon poñemos poñedes poñen
poñía poñías poñía poñiamos poñiades poñían
poña poñas poña poñamos poñades poñan
pon poñede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX puxen puxeches puxo puxemos puxestes puxeron
puxera puxeras puxera puxeramos puxerades puxeran
puxese puxeses puxese puxésemos puxésedes puxesen
poñer poñeres poñer poñermos poñerdes poñeren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais poñerei poñerás poñerá poñeremos poñeredes poñerán
poñería poñerías poñería poñeriamos poñeriades poñerían
puxer puxeres puxer puxermos puxerdes puxeren
INF poñer
XER poñendo
PART posto
PÓR INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente poño pos pon pomos pondes pon
puña puñas puña puñamos puñades puñan
poña poñas poña poñamos poñades poñan
pon ponde
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX puxen puxeches puxo puxemos puxestes puxeron
puxera puxeras puxera puxeramos puxerades puxeran
puxese puxeses puxese puxésemos puxésedes puxesen
pór pores pór pormos pordes poren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais porei porás porá poremos poredes porán
poría porías poría poriamos poriades porían
puxer puxeres puxer puxermos puxerdes puxeren
INF pór
XER pondo
PART posto
34
PRACER
INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT Presente Copretérito Presente Presente prazo praces prace pracemos pracedes pracen
pracía pracías pracía praciamos praciades pracían
praza prazas praza prazamos prazades prazan
prace pracede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX prouguen prougueches prougo prouguemos prouguestes prougueron
prouguera prougueras prouguera prougueramos prouguerades prougueran
prouguese prougueses prouguese prouguésemos prouguésedes prouguesen
pracer praceres pracer pracermos pracerdes praceren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nomin. pracerei pracerás pracerá praceremos praceredes pracerán
pracería pracerías pracería praceriamos praceriades pracerían
prouguer prougueres prouguer prouguermos prouguerdes prougueren
INF pracer
XER pracendo
PART pracido
QUERER INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente quero queres quere queremos queredes queren
quería querías quería queriamos queriades querían
queira queiras queira queiramos queirades queiran
quere querede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX quixen quixeches quixo quixemos quixestes quixeron
quixera quixeras quixera quixeramos quixerades quixeran
quixese quixeses quixese quixésemos quixésedes quixesen
querer quereres querer querermos quererdes quereren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais quererei quererás quererá quereremos quereredes quererán
querería quererías querería quereriamos quereriades quererían
quixer quixeres quixer quixermos quixerdes quixeren
INF querer
XER querendo
PART querido
SABER
INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT Presente Copretérito Presente Presente sei sabes sabe sabemos sabedes saben
sabía sabías sabía sabiamos sabiades sabían
saiba saibas saiba saibamos saibades saiban
sabe sabede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX souben soubeches soubo soubemos soubestes souberon
soubera souberas soubera souberamos souberades souberan
soubese soubeses soubese soubésemos soubésedes soubesen
saber saberes saber sabermos saberdes saberen
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais saberei saberás saberá saberemos saberedes saberán
sabería saberías sabería saberiamos saberiades saberían
souber souberes souber soubermos souberdes souberen
INF saber
XER sabendo
PART sabido
SER INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente son es [ε] é [ε] somos sodes son
era eras era eramos erades eran
sexa sexas sexa sexamos sexades sexan
sé sede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX fun fuches foi fomos fostes foron
fora foras fora foramos forades foran
fose foses fose fósemos fósedes fosen
ser seres ser sermos serdes seren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais serei serás será seremos seredes serán
sería serías sería seriamos seriades serían
for fores for formos fordes foren
INF ser
XER sendo
PART sido
35
TER
INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT Presente Copretérito Presente Presente teño tes ten temos tendes/tedes teñen
tiña tiñas tiña tiñamos tiñades tiñan
teña teñas teña teñamos teñades teñan
ten tende/tede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX tiven tiveches tivo tivemos tivestes tiveron
tivera tiveras tivera tiveramos tiverades tiveran
tivese tiveses tivese tivésemos tivésedes tivesen
ter teres ter termos terdes teren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais terei terás terá teremos teredes terán
tería terías tería teriamos teriades terían
tiver tiveres tiver tivermos tiverdes tiveren
INF ter
XER tendo
PART tido
TRAER INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente traio traes trae traemos traedes traen
traía traías traía traïamos traïades traían
traia traias traia traiamos traiades traian
trae traede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX trouxen trouxeches trouxo trouxemos trouxestes trouxeron
trouxera trouxeras trouxera trouxeramos trouxerades trouxeran
trouxese trouxeses trouxese trouxésemos trouxésedes trouxesen
traer traeres traer traermos traerdes traeren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais traerei traerás traerá traeremos traeredes traerán
traería traerías traería traeriamos traeriades traerían
trouxer trouxeres trouxer trouxermos trouxerdes trouxeren
INF traer
XER traendo
PART traído
VER
INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT Presente Copretérito Presente Presente vexo ves ve vemos vedes ven
vía vías vía viamos viades vían
vexa vexas vexa vexamos vexades vexan
ve vede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX vin viches viu vimos vistes viron
vira viras vira viramos virades viran
vise vises vise vísemos vísedes visen
ver veres ver vermos verdes veren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais verei verás verá veremos veredes verán
vería verías vería veriamos veriades verían
vir vires vir virmos virdes viren
INF ver
XER vendo
PART visto
VIR INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente veño vés vén vimos vindes/vides veñen
viña viñas viña viñamos viñades viñan
veña veñas veña veñamos veñades veñan
ven vinde/vide
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX vin viñeches veu viñemos viñestes viñeron
viñera viñeras viñera viñeramos viñerades viñeran
viñese viñeses viñese viñésemos viñésedes viñesen
vir vires vir virmos virdes viren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais virei virás virá viremos viredes virán
viría virías viría viriamos viriades virían
viñer viñeres viñer viñermos viñerdes viñeren
INF vir
XER vindo
PART vido
36
VALER INDICATIVO SUBXUNT IMPERAT
Presente Copretérito Presente Presente vallo vales vale valemos valedes valen
valía valías valía valiamos valiades valían
valla vallas valla vallamos vallades vallan
vale valede
Pretérito Antepretérito Pretérito INF.CONX valín valiches valeu valemos valestes valeron
valera valeras valera valeramos valerades valeran
valese valeses valese valésemos valésedes valesen
valer valeres valer valermos valerdes valeren
Futuro Pospretérito Futuro F. Nominais valerei valerás valerá valeremos valeredes valerán
valería valerías valería valeriamos valeriades valerían
valer valeres valer valermos valerdes valeren
INF valer
XER valendo
PART valido
13.7 As formas nominais.
13.7.1 O infinitivo e o infinitivo conxugado. O infinitivo ten valor verbal (e como tal leva complementos) cando forma parte dunha perífrase verbal e
cando vai referido a un suxeito (Puxéronse a escoitar un disco). Pola contra, ten valor nominal cando non se refire a ningún suxeito e funciona como núcleo dunha frase substantiva (Gustábame o seu mirar doce).
O infinitivo conxugado é unha forma verbal característica do galego e do portugués. En realidade trátase dun infinitivo do que se indica cal é o seu suxeito. Úsase o infinitivo conxugado nos seguintes casos:
• Cando o suxeito do verbo e o suxeito do infinitivo son distintos: É raro non viren teus pais á festa, Chamáronnos xusto despois de saíres ti co teu sobriño, Coido que terás todo solucionado ó chegarmos, Convén saírmos xa para chegar a tempo.
• Cando o infinitivo vai introducido por unha preposición ou locución prepositiva e ten suxeito propio: Berrouche por non faceres o traballo; Despois de chegarmos xa falaremos; Para teres sitio seguro, tes que reservar a praza; De seguirmos así, non chegaremos a tempo.
Nunca se pode utilizar o infinitivo conxugado (e por tanto hai que usar o invariable) cando o infinitivo vai
con outro verbo e ten o mesmo suxeito ca el (en perífrases e formando parte dun complexo verbal): Temos que ir alí, Cando queres facer algo non hai quen cho impida.
13.7.2 O xerundio. O xerundio ten valor verbal (e como tal leva complementos) cando forma parte dunha perífrase verbal e
cando ten suxeito: Segue traballando, Vin o rapaz traballando no campo. Ten valor adverbial (cumpre a función dun adverbio) cando desempeña a función de complemento circunstancial: Saíron da festa cantando.
13.7.3 O participio. O participio ten valor verbal cando funciona como verbo auxiliado nas perífrases verbais: Teño pasado
moito por alí, O tema foi estudado a conciencia. Ten valor de adxectivo cando forma parte dun sintagma nominal e modifica ó núcleo deste: Trouxo a man escordada; como adxectivo pode estar substantivado: O falado antes non é posible; Ese presumido non chega.
37
Hai verbos que teñen dous participios: un regular (que funciona como verbo: perífrases) e outro irregular (que funciona como adxectivo), aínda que ás veces os dous poden funcionar como adxectivos.
Verbos regulares con participio irregular:
abrir .................... aberto adscribir .............. adscrito circunscribir ........ circunscrito describir .............. descrito entreabrir ............ entreaberto escribir ................ escrito
inscribir ............... inscrito manuscribir ......... manuscrito morrer ................. morto prescribir ............. prescrito proscribir............. proscrito reabrir ................. reaberto
reescribir ............. reescrito reinscribir ............ reinscrito sobrescribir ......... sobrescrito subscribir ............ subscrito transcribir ............ transcrito
Verbos irregulares con participio irregular:
afacer ............... afeito antepoñer ......... anteposto antepor ............. anteposto apoñer .............. aposto apor .................. aposto arrepoñer .......... arreposto arrepor ............. arreposto compoñer ......... composto compor ............. composto contrafacer ....... contrafeito contrapoñer ...... contraposto contrapor .......... contraposto cubrir ............... cuberto depoñer ............ deposto depor ................ deposto desafacer .......... desafeito descompoñer .... descomposto descompor ....... descomposto descubrir .......... descuberto desdicir ............ desdito desfacer ............ desfeito dicir .................. dito dispoñer ........... disposto dispor ............... disposto encubrir ............ encuberto
entrever ............ entrevisto expoñer ............ exposto expor ................ exposto facer ................. feito impoñer ............ imposto impor ............... imposto indispoñer ........ indisposto indispor ............ indisposto interpoñer ......... interposto interpor ............ interposto opoñer .............. oposto opor .................. oposto poñer ................ posto pór .................... posto pospoñer .......... posposto pospor .............. posposto predicir ............. predito predispoñer ...... predisposto predispor .......... predisposto presupoñer ....... presuposto presupor ........... presuposto prever ............... previsto propoñer ........... proposto propor .............. proposto recompoñer ...... recomposto
recompor .......... recomposto recubrir ............ recuberto redescubrir ....... redescuberto refacer .............. refeito repoñer ............. reposto repor ................. reposto rever ................. revisto satisfacer .......... satisfeito sobreexpoñer.... sobreexposto sobreexpor ....... sobreexposto sobrepoñer ....... sobreposto sobrepor ........... sobreposto subexpoñer ....... subexposto subexpor .......... subexposto superpoñer ....... superposto superpor ........... superposto supoñer ............ suposto supor ................ suposto traspoñer .......... trasposto traspor .............. trasposto ver .................... visto xustapoñer........ xustaposto xustapor ........... xustaposto
Verbos con dous participios: regular / irregular:
absolver .............. absolvido / absolto acender ................ acendido / aceso acoller ................. acollido / acolleito aflixir .................. aflixido / aflito aprender .............. aprendido / apreso avolver ................ avolvido / avolto bendicir ............... bendicido / bendito cansar .................. cansado / canso ceibar .................. ceibado / ceibo chocar ................. chocado / choco circuncidar .......... circuncidado / circunciso coller ................... collido / colleito comer .................. comido / comesto contradicir ........... contradicido / contradito
converter ............. convertido / converso descalzar .............. descalzado / descalzo desencoller .......... desencollido / desencolleito desenvolver ......... desenvolvido / desenvolto desprover ............. desprovido / desprovisto devolver ............... devolvido / devolto disolver ................ disolvido / disolto elixir .................... elixido / electo encoller ................ encollido / encolleito envolver ............... envolvido / envolveito enxugar ................ enxugado / enxoito erguer .................. erguido / ergueito escoller ................ escollido / escolleito espertar ................ espertado / esperto
38
eximir .................. eximido / exento fartar ................... fartado / farto fixar .................... fixado / fixo fritir ..................... fritido / frito frixir .................... frixido / frito imprimir .............. imprimido / impreso inserir .................. inserido /inserto limpar .................. limpado / limpo malcomer ............ malcomido / malcomesto maldicir ............... maldicido / maldito nacer ................... nacido / nado pagar ................... pagado / pago posuír .................. posuído / poseso prender ................ prendido / preso prover .................. provido / provisto recluír .................. recluído / recluso recoller ................ recollido / recolleito reelixir ................ reelixido / reelecto
refritir .................. refritido / refrito refrixir ................. refrixido / refrito reimprimir ........... reimprimido / reimpreso reinserir ............... reinserido / reinserto resolver ................ resolvido / resolto retorcer ................ retorcido / retorto revolver ............... revolvido / revolto romper ................. rompido / roto salvar ................... salvado / salvo secar .................... secado / seco sepultar ................ sepultado / sepulto soltar .................... soltado / solto suspender ............. suspendido / suspenso suxeitar ................ suxeitado / suxeito toller .................... tollido / tolleito torcer ................... torcido / torto volver .................. volvido / volto
13.8 As perífrases verbais. Unha perífrase verbal está formada por dous verbos, un en forma conxugada (auxiliar) e outro en forma non
persoal (auxiliado: infinitivo, participio ou xerundio); o verbo en forma conxugada perde o seu significado, conservándoo o verbo auxiliado, para expresar entre ambos unha significación conxunta: Anda facendo o parvo todo o día; Pode levantar a pedra.
Cando aparecen dous verbos xuntos sen que formen perífrase, estamos ante un complexo verbal: Fixo chamar ós seus amigos; Pode que veña hoxe.
As perífrases, segundo o seu valor ou significación gramatical, poden ser:
• Temporais: o De futuridade:
ir + infinitivo Mañá vai facer unha viaxe. haber (de) + infinitivo Mañá has (de) traerme un agasallo.
o De inminencia: estar para + infinitivo O tren está para chegar. querer + infinitivo (fenómenos atmosféricos): Parece que quere chover.
• Modais: o De hipótese:
haber (de) + infinitivo Han (de) ser as oito da tarde. deber (de) + infinitivo Deben (de) ser cinco ou seis. poder + infinitivo Penso que poden ser cinco ou seis.
o De obrigación: deber (de) + infinitivo Debes (de) guiarte polos teus pais. ter que + infinitivo Temos que levar o gando ó monte. haber (de) + infinitivo Habemos (de) levar o gando ó monte.
• Aspectuais: o Imperfectivas (acción durativa, non concluída, en proceso):
estar + xerundio / estar a + infinitivo Estou escribindo/estou a escribir unha carta. andar + xerundio / andar a + infinitivo Ando buscando/ando a buscar un libro. levar + xerundio / levar a + infinitivo Levo estudando/levo a estudar toda a mañá. ir + xerundio Eses dous ían escoitando música. vir + xerundio Xoán e Antía veñen sendo irmáns. seguir + xerundio Nós seguimos estudando na universidade.
39
o Perfectivas (acción concluída): acabar de + infinitivo Acaba de chegar dende Santiago. deixar/parar de + infinitivo Deixou de traballar cando casou. dar + participio Se non dás feito o traballo a tempo, non che pagarei. ter + participio Teño levado moitas veces ó neno no colo.
o Incoativas (acción que comeza): comezar/empezar + a + infinitivo Ás nove comezou a chover. botar(se) a + infinitivo Cando chegou botouse a chorar. poñer(se) a + infinitivo Cando chegou púxose a rir. romper a + infinitivo Cando chegou rompeu a chorar. dar en + infinitivo Cando chegou deu en rir.
o Reiterativas (acción que se repite): volver/tornar + infinitivo Onte volveu escoitar a música de sempre. acostumar/habituar + infinitivo Eu acostumo durmir no chan.
o Terminativas (acción que remata): chegar a + infinitivo Ti nunca chegarás a ser bo músico. acabar por + infinitivo Acabou por darlle a razón. deixar de + infinitivo Ó chegar deixou de falar mal de Antón.
• De voz pasiva: ser + participio: A mazá foi comida pola vaca.
40
14 O adverbio.
14.1 Definición. • Semántica: Os adverbios son palabras invariables que indican circunstancias de lugar, tempo, modo,
cantidade, afirmación, etc. • Sintáctica: O adverbio funciona como núcleo dunha frase adverbial.
14.2 Clasificación.
14.2.1 De lugar: o Adverbios:
• acá, aquí, acó / aí, acolá / alá, alí, aló (acó, aló só se usan para indicar movemento) • aquén, alén. • arriba, enriba, derriba, encima / abaixo, embaixo, debaixo. • diante, adiante / detrás, atrás / avante. • arredor, derredor. • dentro / fóra. • cerca,preto / lonxe. • velaquí, velaí. • algures / ningures / xalundes. • onde, ¿u?
o Locucións adverbiais:
• á beira, a carón, ó lado, ó pé • a rente • ó redor. • en fronte.
14.2.2 De tempo: o Adverbios:
• trasantonte, antonte, onte, hoxe, mañá, pasadomañá • antes / agora, arestora / despois, logo. • cedo, pronto / tarde. • antano/ hogano /outrora, noutrora / daquela, entón. • acotío, decote, decotío • arreo • asemade • endexamais, nunca, xamais / sempre • mentres, entrementres, namentres. • axiña, logo, decontado, decontino, deseguida, deseguido, enseguida. • xa / inda, aínda • xacando • cando
o Locucións adverbiais: • a cada canto, a cada pouco, ás veces, por veces, de cando en cando, de cando en vez, de vez
en cando, de tempo en tempo, de raro en raro. • ó pouco, de alí a pouco, de aquí a pouco • ós poucos, pouco a pouco, pouco e pouco • de momento
41
• hoxe en día. • a deshora, a destempo / a tempo • a diario / a miúdo
14.2.3 De modo: o Adverbios:
• adrede, amodo, asemade, así, ben, como, devagar, engorde, gratis, mal, paseniño.
o Locucións adverbiais: • a propósito, á mantenta • a correr, a escape, á presa,ás présas • ó xeito. • a dereitas,ó dereito • á fin, ó cabo, ó fin • de repente, de golpe, de pronto, de socate, de socato, de súpeto. • de balde, en balde. • ó chou • ás toas • a treo. • a eito.
14.2.4 De cantidade e precisión: o Adverbios:
• abondo, dabondo, algo, apenas, bastante, ben, canto, case, demasiado, máis, malamente, menos, mesmo, moi, moito, nada, pouco, só, soamente, talmente, tan, tanto, xustamente, xusto.
o Locucións adverbiais:
• a medias, de máis, de menos, de sobra, de todo, por aí.
14.2.5 De afirmación: o Adverbios:
• si, abofé, tamén, xaora.
o Locucións adverbiais: • así mesmo, de certo.
14.2.6 De negación: o Adverbios:
• non, nin, sequera, tampouco.
o Locucións adverbiais: • non xa
14.2.7 De dúbida: o Adverbios:
• seica, disque, acaso, quizais, quizabes, talvez.
o Locucións adverbiais: • ó mellor, poida que, se cadra.
42
15 A interxección.
15.1 Definición. • Semántica: A interxección é un tipo de palabra invariable que se caracteriza por formar un grupo aberto e
por ter independencia en relación ó resto dos elementos da oración. • Sintáctica: A interxección está illada dentro da cláusula á que pertence, en non realiza ningunha función
primaria dentro desta.
15.2 Clasificación. As interxeccións poden expresar moi variados sentimentos ou emocións; entre as diversas manifestacións
das interxeccións podemos destacar:
• abandono: Voume! • aclamación: Bravo! • sorpresa: Ah!, Vaites!, Arre Demo! • advertencia: Sentidiño! • alegría: Ben!, Estupendo! • alivio: Uf!, Menos mal! • chamamento: Ei! • felicitación: Ánimo!, Chapó! • desculpa: Perdón!, Desculpe! • desexo: Oxalá! • despedida: Adeus! • dor, pena: Ai!, Oh! • escorrentamento: Fóra!, Lisca!, Afasta!, Xo!, Vaite! • desagrado: Bah!, Boh! • saúdo: Ola!, Boa noite! • silencio: Psss!, Silencio!
43
16 A preposición.
16.1 Definición. • Semántica: A preposición é un tipo de palabra invariable que relaciona dúas unidades sintácticas.
Distínguese entre formas plenas, con significado (entre, sobre, xunta...) e formas baleiras, carentes de significación (a, en, de...).
• Sintáctica: A preposición funciona sempre como director ou enlace dunha frase preposicional, que á súa vez actúa como modificador doutra unidade sintáctica.
16.2 Formas. • a • aga / agás • ante • após • ata / até • baixo • bardante • cabo • canda • con • conforme
• consonte • contra • de • deica • dende / desde / des • en • entre • malia • onda • para • perante
• por • salvo • segundo • sen • senón • so • sobre • tras • xunta
44
17 A conxunción.
17.1 Definición. • Semántica: As conxuncións poden ser de dous tipos, coordinantes (relacionan elementos sen achegar
ningún significado) e subordinantes (engaden significados diversos ás cláusulas que unen). • Sintáctica: As conxuncións son palabras que, como nexos, serven para expresar diversas relacións entre
cláusulas.
17.2 Clasificación.
17.2.1 Copulativas. Conxuncións: e, nin. Locucións conxuntivas: a mais, e mais.
17.2.2 Disxuntivas e distributivas. Conxuncións: ou. Locucións conxuntivas: ben... ben, nin... nin, ou... ou, xa... xa..
17.2.3 Adversativas. Conxuncións: pero, mais, porén, senón, emporiso.. Locucións conxuntivas: a menos que, agás que, agora ben, aínda que, asíe e todo, con todo, inda que, non
obstante....
17.2.4 Concesivas. Conxuncións: así. Locucións conxuntivas: a pesar de que, aínda que, inda que, mal que, por máis que, por moito que...
17.2.5 Condicionais. Conxuncións: se. Locucións conxuntivas: a menos que, a non ser que, con tal que, excepto que, excepto se, salvo que, salvo
se...
17.2.6 Causais. Conxuncións: porque. Locucións conxuntivas: como queira que, dado que, por causa de que, por cousa de que, por mor de que,
posto que, visto que, xa que.
17.2.7 Consecutivas. Conxuncións: entón, daquela, conque, logo, pois.. Locucións conxuntivas: así pois, así que, de forma que, de maneira que, de xeito que, polo tanto, por
conseguinte, por tanto, xa que logo...
17.2.8 Finais. Conxuncións: que. Locucións conxuntivas: para que, a fin de que...
17.2.9 Temporais. Conxuncións: apenas, asemade, mentres.. Locucións conxuntivas: antes de que, ó que, así que, ata que, axiña que, cada vez que, dende que, des que,
desde que, despois de que, despois que, inda ben non, sempre que...
45
17.2.10 Modais. Conxuncións: cal, como, conforme, consonte, segundo. Locucións conxuntivas: así como, coma se, como se, de xeito que, de forma que...
17.2.11 Comparativas. Conxuncións: ca, coma, como, que. Locucións conxuntivas: do que.
17.2.12 Completivas. Conxuncións: que, se.