ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha...

36
ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro 2011 BO NADAL

Transcript of ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha...

Page 1: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro 2011

BO

NADAL

Page 2: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252

Bispo Sarmiento, 35

MONDOÑEDO (Lugo)

Teléfono 982 521 014

Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

Estrada Ourense - Lugo, km. 14

32102 - READEGOS - Ourense

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 3: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

A M E N C E R

editan:REALSEMINARIO CONCILIAR

DE SANTA CATALINAe

ASOCIACIÓN CULTURALAMIGOS DE «AMENCER»

----------Praza do Seminario, 1

Apartado, 2

27740 - MONDOÑEDO (Lugo)

director:VICTOR AMIEIRO MASEDA, 4º ESO

subdirector:LUIS TORREIRA GARCÍA, 3º ESO

redactor xefe:JUAN JOSÉ MONTOUTO CHAVEZ, 2º ESO

consello de redacciónXAIRO FORMOSO PENA, 4º ESOCRISTIAN FERNANDEZ LÓPEZ, 3º ESOJACOBO CHAO LOMBADERO, 2º ESOERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 1º ESODANIEL DÍAZ VILLAMEL, 1º ESO

profesores responsables:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

depósito legal: LU -1609-82

número 215novembro-decembro

2011

taboleiro

. tapa: ¡BO NADAL!

. taboleiro, 1

. a xeito de cancela, 2

. falamos con...Remedios Ledo Vizoso, 3

. faise saber..., 13

--especial Nadal-, 15

. a carón do lume,15

. follas novas, 17

. o Nadal e os nosos escritores, 23

. chispa, 29

. colaboraron, 31

sumario

- 1 -

A M E N C E R

www.mondonedoferrol.org/amencer.htm

Page 4: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

A XEITO DE CANCELA

- 2 -

A M E N C E R

Este é o derradeiro número de AMENCER do ano2011. Neste número, dado que o día vinte e tres dedecembro se cumpren os cen anos do nacemento deAlvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa conRemedios Ledo Vizoso, a filla de Manuel Ledo Bermúdez,O Pallarego, que tratou moito ó escritor de Mondoñedo.O resto do número, non podía ser doutro xeito, vai dedi-cado ó Nadal.

Hoxe a luz baixou do ceo.Hoxe brila unha nova luz

Todos os que facemos AMENCER queremos unNadal cheo de amor; un Nadal en paz; un Nadal solidario;un Nadal que non se quede só nos agasallos, en consu-mir, en comer...; un Nadal no que celebremos o central:que Deus veu vivir a nosa mesma vida, para enchernosdo seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar comoEl nos ama.

O noso desexo dun bo Nadal que nade naquilo quelle é máis propio e xenuíno: a vida familiar, a atenciónespecial ós máis pequenos, a ledicia sana e comparti-da... e todo nun marco de sinxeleza e paz.

¡BO NADAL! FELIZ ANO 2012

a redacción

Page 5: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 3 -

A M E N C E Rfalamos con...

REMEDIOS LEDO VIZOSO, profesora

«A obra de Cunqueiro non tendesperdicio algún. Cunqueirosempre soubo introducir aolector dentro da súa pantasía»

«Cunqueiro, ademais de ser un granconversador, era un gran lector»

Rotu

lou

: MA

NU

EL

BE

LLO

TR

IGO

, 3º

ES

O

Page 6: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 4 -

A M E N C E R falamos con...

- ¿Cal foi a súa relación con AlvaroCunqueiro?

- Dada a súa amizade con meu pai edado o estreito lazo que os unía, xa que pa-saban os días enteiros xuntos, eu atopeimedurante a miña nenez metida dentro de eselazo, que se mantivo ata o día do seufalecemento.

- ¿Que recordos lle trae á mente aBarbería de «O Pallarego»?

- Os recordos son moitos porque eu forxeimenela. Sendo moi cativa ía para ela e desdeque saía da escola ata a noite que nosvíñamos para a casa estaba con meu pai,unhas veces facendo os deberes e outrasfalando coa xente que ía alí, ou xogando polaFonte Vella.

REMEDIOS LEDO VIZOSO é a fillade Manuel Ledo Bermúdez«O Pallarego», quen tivo unha relaciónmoi estreita con Alvaro Cunqueiro.Remedios é profesora no CEIP«Alvaro Cunqueiro» de Mondoñedo.Como o vinte e tres do mes dedecembro se cumpren os cen anosdo nacemento do escritor mindoniense, decidimos falarcon Remedios (para Cunqueiro era Remediños) e asíachegarnos un pouco máis á figura do autor de Merlín.Agradecémoslle todas as atencións que tivo connoscoe o material que nos facilitou.

Eu atopeimedurante a miña

nenez metidadentro de ese

lazo, que semantivo ata o

día do seufalecemento

Page 7: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 5 -

A M E N C E Rfalamos con...

- ¿Que tiña de especial a Barberíade "O Pallarego" para que seconvertese en lugar de tertulia?

- Hai anos as barberías eran uns dosprincipais lugares de reunión nos pobos,pero ademáis había outra cousa moi im-portante que era o carácter afable e comu-nicativo de meu pai. Se a isto lleengadimos a presenza de Cunqueiro nelafixo da barbería un lugar de tertulia moiconcurrido, un ateneo, como ten dito Tra-pero Pardo "onde se trataba do divino edo humano", xa que por ela pasaronmoitos intelectuais.

- ¿Que escritores frecuentaron abarbería?

- Cunqueiro influíu moito na presenza

Hai anos asbarberías eranuns dosprincipais lugaresde reunión nospobos, peroademáis habíaoutra cousa moiimportante queera o carácterafable ecomunicativo demeu pai.

Na barbería, nos primeiros anos. Está arreglando ó seu amigoXesús López Díaz, Sucesor de Mancebo

Page 8: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 6 -

A M E N C E R falamos con...

de escritores na barbería. Un dos primeirospersoaxes que pasou por ela foi Castelaoantes da sua emigración a Arxentina. Sei quepor alí pasaron Camilo José Cela, reflexadono libro Do Miño ó Bidasoa; EvaristoCasariego, Aquilino Iglesia Alvariño, DiazCastro, Pimentel, Trapero Pardo, GamalloFierros, Diaz Jácome, Uxio Novoneira, Ma-nuel Maria, Francisco Mayán, e seguro queme olvido de algún máis.

- Manuel Ledo Bermúdez, "O

Pallarego", seu pai, foi músico, barbeiro,mecenas de Cunqueiro e Aquilino IglesiaAlvariño... , segundo a súa opinión ¿calfoi o labor de seu pai na culturamindoniense?

- Efectivamente foi mecenas deCunqueiro e Aquilino, pero tamén o foi deTrapero. El sempre apoiou aos amigos den-tro das súas posibilidade. Por outra banda,desde moi novo participou en todas as acti-vidades culturais que houbo na cidade,dirixiu corais e rondallas, escribiu obrasmusicais preparou música para orquestras,recolleu cantigas populares como a que llededicou a Cunqueiro con motivo do seu in-greso na Real Academia Galega, fixo a mú-sica dos Maios, etc. Aínda que a súa granlabor foi o ensino musical,desinteresadamente a tantos e tantos xovesque pasaron pola sua "academia".

- ¿Cómo era Cunqueiro?

Efectivamentefoi mecenas de

Cunqueiro eAquilino, perotamén o foi de

Trapero. Elsempre apoiou

aos amigosdentro das súas

posibilidade.Por outra banda,desde moi novo

participou entodas as

actividadesculturais que

houbo nacidade

Page 9: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 7 -

A M E N C E Rfalamos con...

- Eu era moi nena cando o coñecín esempre o vin como unha persoa amiga dosnenos. Máis adiante puiden ver que era unapersoa próxima a todo o mundo, que lle gus-taba moito falar cos paisanos. Comigo, dadoa súa amizade con meu pai sempre mantivounha especial deferencia.

- ¿ Que afeccións tiña

- Eu lembroo na barbería como unhome moi falador que aproveitaba a conver-sa cos paisanos para logo reflexalo en moitosdos seus libros. Ademais de ser un granconversador era un gran lector. Gustáballe

Rondalla do «Frente de Juventudes» en 1959 en Foz. Manuel Ledo,«O Pallarego» está na parte dereita. Era o director.

Máis adiantepuiden ver queCunqueiro erauna persoapróxima a todoo mundo, quelle gustabamoito falar cospaisanos

Page 10: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

A M E N C E R

- 8 -

falamos con...

moito pasear cos amigos e tamén era aman-te da boa comida.

- ¿Que destacaría da sua obra?

- A súa grande imaxinación paraescribila, cousas que foran verdade ou non,pero o lela todo parece verdadeiro.

- ¿Que é o que máis lle gusta da obrade Cunqueiro? ¿Por que?

- Non podería decirvos porque a obrade Cunqueiro non ten desperdicio algún.Cunqueiro sempre soubo introducir ao lec-tor dentro da súa pantasía.

- ¿Como lembra hoxe a AlvaroCunqueiro?

- Lémbroo como unha persoa moiachegada a meu pai e a min naqueles mo-mentos e como a alguén por quen tiven uncariño especial.

- Temos oído que Cunqueirocompuxo para vostede algunha poesíacon motivo dalgún acontecemento da súavida ¿lembra algunha?

- Como non as vou lembrar.Os únicaspanxoliñas que escribiu foron dedicadas amin para que logo as recitase na parroquia odía de Reis. Foron varios anos facéndomase sempre me ensinaba como debía recitalas.Hai unha que sempre me gustou moito e quema fixo cando eu tiña catro anos, e que di:

Cunqueirosempre soubo

introducir aolector dentro da

súa pantasía

Os únicaspanxoliñas que

escribiu forondedicadas a

min para quelogo as recitase

na parroquia odía de Reis

Page 11: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

A M E N C E R

- 9 -

falamos con...

Pedinlle eu a D. Felipeque me fixese él un versopra botarllo a Xesús nenoa carón do Nacemento.Medio quilo de xabónnestes tempos de extraperlo,val como un ollo da cara,i-a todos nos ven «al pelo».Pro... non vos é pra vosoutros,mal está en que eu o diga;que é pra San José e o Neno,e mais pra a Virxen MaríaAquí queda, meus santiños,¡mesmo parece que é queixo!,sirve pra laval-a roupa,e mais pra afeitarse o vello.E si en máis podo servirvos,preguntao aló no pueblopor unha nena mui guapaque é filla do Pallarego.

Outro poemiña é este:

Porque son mui pequeniñanon che me deixaban virpero díxenlle a abuelitaque me trouxera hasta aquí.

Pensei traerche un regalounha rosquilla ou un bolopero aínda a min tuveronque traerme aquí no colo.

Velaquí outros poemas escritos paramin por Alvaro Cunqueiro:

Remediños recitando un poema

Page 12: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 10 -

A M E N C E R falamos con...

Poema de Cunqueiro feito para Remedios Ledo

Page 13: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 11 -

A M E N C E Rfalamos con...

Poema de Cunqueiro feito para Remedios Ledo,con correccións do autor de Merlin e familia

Page 14: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 12 -

A M E N C E R falamos con...

- ¿Garda algún recordo especial deCunqueiro?

- De Cunqueiro gardo moitos recordos.O Domingo de Ramos sempre lle levaba apalma despois da procesión. Pero hai unrecordo que levo moi dentro de min. Era oprimeiro nadal despois do falecemento demeu pai e el, que daquela xa estaba en Vigo,tróuxonos o turrón para miña nai e para min.

- ¿Lembra alguna anécdota deCunqueiro?

-Esta contáramo seu irmán Pepe.Sendo xa mozo ía Lence paseando pordiante da Catedral e el correndo sacoulle osombreiro. Logo correron un detrás do outropola praza. O que non sei e como acabou apersecución.

JACOBO CHAO LOMBARDERO, 2º ESODIEGO CORNIDE YANES, 2º ESOJUAN JOSÉ MONTOUTO CHAVES, 2º ESO

As de Ouros no queCunqueiro lle desexou fortu-na a Manuel Ledo Bermúdez,«O Pallarego»

De Cunqueirogardo moitos

recordos. Perohai un recordque levo moi

dentro de min.Era o primeironadal despois

do falecementode meu pai e el,que daquela xaestaba en Vigo,

tróuxonos oturrón para miña

nai e para min

Page 15: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 13 -

A M E N C E R

Rotulou:ADRIAN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 3º ESO

faise saber...

... Que foi noticia:

... a celebración, pasado día vinte e cinco de novembro, da festade Santa Catarina de Alexandría, a patrona do noso Seminario. Houbodiversas actividades deportivas ó longo da mañá: Voleibol, Tenis deMesa e a Carreira de Santa Catalina. Á última hora da mañá celebrouseunha Eucaristía na honra da nosa patrona que presidiu o Vigairo Xeralda Diocese, don Antonio Rodríguez Basanta, e na que concelebrarono Reitor, formadores e outros sacerdotes. A continuación houbo unxantar de festa e pola tarde fixemos o Risk Santa Catalina, rematan-do coa entrega de premios das actividades deportivas e dos concur-sos literario e de debuxo.

... a celebración do concurso literario no que resultarongañadores: 1º) Braulio Casabella Amieiro, de segundo de ESO, polotraballo titulado «Soño de Nadal»; 2º Adrián Carballeira Montenegro,

Page 16: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 14 -

A M E N C E R faise saber...

Nadal», e 3º) Xairo Formoso Pena, de cuarto de ESO, polo poematitulado «O Nadal é pra se alegrar».

... os premios do concurso de debuxo foron para: CristiánFernández López, de terceiro de ESO; Ernesto Barro Jiménez, deseundo de ESO, e Luis Torreira García, de terceiro de ESO.

... o torneo de Tenis de Mesa que gañou Marc Silva Celma deterceiro de ESO, quedando segundo Luis Toreira García, tamén deterceiro de ESO.

... a celebración da carreira da milla que gañou Bruno EstevesFernández, de cuarto de ESO; sendo, respectivamente, segundo eterceiro, Luis Torreira García e Marc Silva Celma, ambos de terceirode ESO.

... Que é noticia:

... o remate das obras de acondicionamento da Praza do Semi-nario e da rúa da Fonte levadas a cabo polo Ministerio de Fomentocon fondos do 1% cultural. Haberá que esperar o que pasa co tráficoe cos aparcamentos, pero coidamos que os peatóns perdemos unsespazos que tiñamos gañados. Veremos a ver que pasa.

...a publicación do libro Valentín Paz Andrade, a memoria doséculo XX do que é autor Tucho Calvo e que foi presentado no nosoSeminario o pasado día catorce.

... Que vai ser noticia:

... a celebración dos trinta anos da nosa revista AMENCER, nomes de abril, con diversos actos.

DIEGO CORNIDE YANES, 2º ESOJUAN JOSE MONTOUTO CHAVEZ, 2º ESO

Page 17: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 15 -

A M E N C E Ra carón do lume

Rotulou: CRISTIAN FERNÁNDEZ LÓPEZ, 3º ESO

Eu Marijusta de Camuzame chamo, pequeniño,e veño desde a Veiga,meu Neniño.Díxome miña madriña:- ¿Pra onde vas, Marijusta?¿Pra onde vas, Marijustiña?- Vou ver ó Nenoque naceu entre as pallase está morrendo de frío.E díxome miña madriña:

- Tamén van alí os reisese lévanlle incenso, mirrae unha presadiña de ouro.- E eu que son pequeniña¿que lle hei levar a Manuel?Díxome miña madriña:- Este pouquichín de mele meu pai, Mañas,que ben o conoces,hache facer unhas zocaspra cando vaias a Grove.

VERSO DE NADAL

Recollido no GROVE - VILAMOR por BRAULIO CASABELLAAMIEIRO, 2º ESO, a quen llo dixo súa avoa, María JustaFernández Palacios, que o recitou na igrexa de Santa María deVilamor ante o nacemento.

Page 18: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 16 -

A M E N C E R a carón do lume

Recollido en DISTRIZ (Vilalba)

por FÉLIX VILLARES MOUTEIRA,a quen llo dixo

ANICETO SANTALLA PENA

.

R O M A N C E

Caminito, caminitoel que va a Nazaret.Como el camino era largoel niño tenía sed.- No pidas agua, mi vida,no pidas agua, mi bien,que los ríos bajan turbiosy no hay agua para beber.Allí abajo a la derechahay un lindo naranjalque un ciego guarda,ciego que la luz no ve. - Ciego, deme una naranjapara el Niño entretener.- Coja, coja, señora,cuantas hay en el naranjal. Elle coge de una en unay nacen de tres en tres; cuantas más naranjas cogemás lindo está el naranjal. Ya se marcha la Señoracamino de Nazarety el ciego comienza a ver. - ¿Quién ha sido esta Señoraque me ha hecho tanto bien?La Virgen María ha sidoque otra no ha podido ser.La Virgen María ha sidoquien me ha hecho tanto bien

LENDA

Cando a Sagrada Familia íade Belén para Exipto fuxindo dossoldados de Herodes que queríanmatar o Neno Xesús, prendeullenunha silva o manto á Virxe Ma-ría, quedando o Neno Xesús ta-pado polo manto. E os soldadospreguntáronlle : - ¿Que leva aí?A Virxe respondeu: - un neno. Senon o levara non o diría.

Por iso no se pode maldicirá silva.

Recollida en DISTRIZ (Vilalba) porFÉLIX VILLARES MOUTEIRA,a quen lla dixo

JOSEFA SANTALLA QUEIJA

Debuxo de:MARC SILVA CELMA, 3º ESO

Page 19: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

A M E N C E R

-1 7 -

follas novas

O NADAL

O Nadal é un tempo especial,pois achégase a salvacióne esperámola con emoción.

O Fillo de Deus xa naceupois a Virxe María xa deu a luze admirado queda quen o veu.

O pastores e toda a xentea Belén o foron visitarpois con ledicia e emocióno querían loar e adorar.

LUIS TORREIRA GARCÍA, 3º ESO

Rotulou:MARC SILVA CELMA, 3º ESO

Page 20: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

A M E N C E R

- 18 -

follas novas

O NADAL É PRA SE ALEGRAR

En Nadal,todos a se xuntarpara celebraro nacemento de Xesús.

¡O Nadal é pra se alegrar!

Turróns e mazapáns,todos a se agasallar,os vilancicos a cantar:toda a xente hase alegrar.

¡O Nadal é pra se alegrar!

Soan as campás.O momento está a chegar:o Noso Señor moi lonxexa non está.

¡O Nadal é pra se alegrar!

Todos a Eucaristíaestán a celebrare o noso Neno Xesúsnon lles falta por bicar.

¡O Nadal é pra se alegrar!¡Bo Nadal!

XAIRO FORMOSO PENA, 4º ESO

Xa logo chega o Nadal e preparados debemos estarpara recibir a Cristo nese día tan especial.Endreitemos os nosos camiños, que non quede ningún sen endreitarpara que na túa vida e corazón Xesús sexa benvido.Cando chegue ao noso corazón, poderémolo alabare darlle eternas gracias polo seu amor sen igual.

BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 2º ESOCH

EG

A O

NA

DA

L

Deb

uxou

: CR

IST

IAN

CO

RN

IDE

YA

NE

S, 3

º E

SO

Page 21: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 19 -

A M E N C E Rfollas novas

NADAL

Este Nadaldeixarei de ladotodo consumismoe todos os agasallos

Dareille moita importanciaaos máis necesitadoscolaborando con ONGscompartindo os meus bensmáis preciados.

Axundando aos que non teñene intentando reducir gastospredicarei a mensaxe depaz.

E así en familia,disfrutar moito máisdesta festividade

de gozo e alegría.

ADRIÁN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 3º ESO

Ledicia e cantar,festa a rachar,todo sen mal¡Isto é o Nadal!

A festa do nacementoese foi o acontecemento.El é Xesúsde cerca de Emaús

MANUEL TRIGO BELLO, 3º ESO

LEDICIA DE NADAL

De

bu

xou

: LU

IS T

OR

RE

IRA

GA

RC

ÍA, 3

º E

SO

Page 22: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 20 -

A M E N C E R follas novas

.

POESÍA DE NADAL

Polo Oriente veñen os Reis Magos,cargados de regalospara o Neniño que dormeno berce entre unha mula e un boi.Tamén están María e Xosécoidando do seu Filloque tamén o é de Deus.Foi enxendrado polo Espírito Santoque é unha pomba de paz.

XÓAN XOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 2º ESO

Chega o Nadal.Sentir as campásrepicando no teu corazón.Anuncian con seus sonsa apresenza do amor.Amor e entrega a todosos do arredor.Sentir esa paz e entreganon teu corazónó compartir cos demais.Chega o Nadal.Brinda co teu calor,co teu amor, coa túa entrega.Chega o Nadal:sente e comparte felicidade.

DIEGO CORNIDE YANES, 2º ESO

CHEGA O NADAL

Deb

uxou

: ER

NE

ST

O B

AR

RO

JIM

ÉN

EZ

, 1º E

SO

Debuxou:DIEGO GARCÍA LÓPEZ, 3º ESO

Page 23: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 21 -

A M E N C E Rfollas novas

O N A D A L

O Nadal é unha época de festa onde se celebra onacemento de Xesús. É tempo de tenrura e felicidade, depoñer nas casas a árbore de Nadal e os beléns.

As familias reúnense o día de Noiteboa e cean todosxuntos. Pero tamén é tempo de acordarse dos máisdesfavorecidos, dos nenos que pasan fame, dos que dormenna rúa, dos anciáns que viven sós e, sobre todo, dos nososfamiliares que non poden compartir con nós a mesa deNadal por encontrarse lonxe ou por estar con Deus no ceo.

ADRIÁN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 3º ESO

Debuxo

u:

AD

RIÁ

N C

AR

BA

LLE

IRA

M

ON

TE

NE

GR

O,

ES

O

A Belén camiñabaVirxe Maríae San Xoséfacíalle compaña.O lombo dun burriñoían con moita présaxa que empezaba a nevare a noite estaba fría.Cando chegaron a Belén,ningunha casa aberta había

e ó pobre san Xoséas lágrimas lle caían.Un pesebre atoparone ata o día deitaron,pero á medianoitenaceu o Neno Xesús.Choraban de alegríaporque nacera o Nenomentres que o mundo dormía

A BELÉN

ERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 1º ESO

Page 24: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 22 -

A M E N C E R follas novas

SOÑO DE NADAL

Alexo era un neno baixo para a súa idade, tiña once anos,depelo louro e ollos azuis, el vivía só con súa mai, Xazmín, porque seupai, Gastón, estaba traballando nun barco que faenaba en Noruega eseu irmán, Froilán, era sarxento no exército profesional e estaba enAfganistán en misión de paz. Seu pai viña un par de veces ao ano ácasa e seu irmán dúas ou tres, pero o problema é que ese ano xa nonlles quedaban visitas…

Alexo, todos os días miraba o telexornal para comprobar quenon lle sucedera nada malo a seu irmán e deitábase todos os díasrezando unha oración, pregándolle a Deus que seu pai e seu irmánpuidesen vir pasar o Nadal á casa.

Chegou a Noiteboa e cearon os dous sós, Alexo e súa mai. Parael foi unha noite moi triste, a pesar de que súa mai intentou por todosos medios animalo.

Cando se deitou, pregou con máis ansia ca nunca para que odía de Nadal puidesen celebralo en familia todos xuntos: Gastón,Froilán e eles dous.

O día de Nadal pola mañá ergueuse a fume de carozo porquedesde o seu cuarto oiu a alguén falando con súa mai, pero candochegou á cociña, comprobou que era a súa avoa Virginia e aínda quese alegrou de vela, levou unha gran decepción porque non era ningunhadas outras visitas que el tanto ansiaba.

Alexo subiu ao seu cuarto e púxose a chorar sen consolo.Ás doce soou o timbre pero el non baixou e ás dúas voltou a

soar e foi cando se decidiu a baixar e atopou na cociña o mellor regalode Nadal…ese que el tanto ansiaba: seu pai e seu irmán, abrazandoa súa mai, mentras a avoa Virginia miraba para eles emocionada.Correu e abrazouse a eles chorando de emoción. Eran tantas as gañasque tiña de velos!

Aquel Nadal, Alexo non pedía xoguetes, só pedía poder disfrutarda compaña do seu pai e do seu irmán.

Non sempre o material é o máis importante. Casi nunca o é!

BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 2º ESO

Page 25: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 23 -

A M E N C E Ro nadal e os nosos escritores

D. José María López García entregounos unha carpeta con programas deactos levados a cabo en Mondoñedo polo Nadal e diversos versos e diálogospara seren recitados polos nenos e nenas ante o nacemento nas parroquias dacidade.

Entre os poemas, aparece a última estrofa dun en castelán de LeoncioLópez de las Casas, ex-alumno do noso Seminario e que, en 1937 (data dopoema), estaba de cura en Santiago de Bravos. Tamén indica unhas instruciónspara recitar o poema. Mágoa que falte o resto do poema.

Estes poemas están sen o nome do autor, agás un que é de AmadorMontenegro. Reproducimos nas páxinas seguintes algúns destes poemas queestán escritos na nosa linguua. Publicámolos coa ortografía coa que forone scritosno seu momento.

Rotulou: CRISTIAN CORNIDE YANES, 3º ESO

Page 26: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 24 -

A M E N C E R o nadal e os nosos escritores

Año 1925

Fue recitada y compuesta porD. Amador Montenegro

(El niño que ha de recitar, se separará de sus compañeros yacercándose poco a poco, comtemplará unos momentos al niño -Dios en el pesebre, diciento luego en voz alta)

¡Miña prenda! despidiñoE sobre palla deitado,Con un pesebre por berceNin máis compaña que o gandoViñeche ô mundo, meu rei,Como un probiño, no estrado,De unha cuadra, tí que podeVivir nos máis grandes pazos,Vistir os máis lindos traxes,Ter ô servicio criados,Paxes que a corte che fagan,E quén che faga regalos.A sufrir viñeche ô mundo,A sufrir hastra o CalvarioPor culpas que non tiveche,Por nos salvar do pecado.

(Al llegar aquí se volveráa sus compañeros y llamán-dolos con la mano, seguirá)

Vinde, vince, compañeiros,Vinde e compaña fagamosA quén os seus pais non teñenNin paxelos pra tapalo.Frores do campo traguede,Traguei polas de carballo,Palla dos vosos palleiros,

Debuxou: CRISTIAN FERNÁNDEZ LÓPEZ, 3º ESO

Page 27: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

-2 5 -

A M E N C E Ro nadal e os nosos escritores

Herbiñas secas dos prados,Facer vamos unha chouzaCuberta por todos lados.¡Miña xoia! está tembrandoDe frío. Rapaces, vamos,Á presa traguede frores,Traguede â presa ramallos... (pausa)Mais, sobre todo, traguedeCorazóns limpos e sanos,Que o neno-Dios, que se amañaSobre pallas y-antre o gando,En un cortello en que zoaO vento pol-os buratos,Quer corazóns e almas limpasComo as áugas dos regatos,Como un ceo sin nuveiros,E de neve os copos brancos,Que esto é solo o que nos pideQuén todo nos está dando.Vinde, pois, anque vestidosSolo esteñais de farrapos,Anque descalzos veñadesNon receleis acercarvos:Dios veu ô mundo por todosE mais pol-os desherdados.

Deb

uxo

de :

ER

NE

ST

O B

AR

O J

IMÉ

NE

Z, 1

º E

SO

AMADOR MONTENEGRO

Page 28: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 26 -

A M E N C E R o nadal e os nosos escritores

COMA O JESUSIÑO

Debuxo de: LUIS TORREIRA GARCÍA, 3º ESO

Coma o Jesusiñoque está no portalaínda non vin outroque lle fose igual.

Eu durmindo estabacando veu meu paie cólleme a orella.- Levántate, Brais,a Belén correndotodo o mundo vai.

E salín fuxindoenvolto nun manteloarrimado a un mocofeito de ameneiroe vin desde lexosun pobre pendelloe nel unha nenacuidando do neno.

E xunto ó pesebre,estaba un carpinteirofacendo un barreloe enchendo de fieitos;y a nena collendoo neno dicíalle:dúrmete sin medo.

Eu na miña vidavin neno tan feito;ten unhos olliñosque nin o luceiro

e unha sonrisiñae un caris e un peloque me daban ganashastra de comelo.

Antonzas a nenapra sacarme o medo,díxome «Braisiño,vente, bica o neno»e funme achegandocon algún recelohastra darlle un bicoda cara no medio.

El quedouse rindoy eu marchei contentopetando pouquiñomirando ó barrelo,y arrimeime un pouco;case sen sabeloxunto a porta bellaque tiña o pendello.

Mais o carpinteiropousando o martelodíxome: Braisiño¿gústache o pequeno?Y eu díxenlle antonzas:o neno é muy guapose mo da eu levoo.

Page 29: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 27 -

A M E N C E Ro nadal e os nosos escritores

Debuxou:CRISTIAN FERNÁNDEZ LÓPEZ, 3º ESO

[XA CHEGARON OS REIS MAGOS]

Xa chegaron os reis magosxunto ó neno do portal,alá vamos, pastorciños,vamos ver o que fan.

Deitado está no pesebresobre dunhas poucas pallase como non ten pañalesa nai coa mantela o tapa.

Haivos un boy y unha mulaque non paran de miraloe como vai tanto fríoco folgo queren quentalo.

Eses reises que viñeron quedous son brancos e un mouromoita mirra, incenso e ouroó meniño lle ofreceron.

Page 30: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

- 28 -

o nadal e os nosos escritoresA M E N C E R

E NON SINTE O FRÍO...

Mirade ó meu Nenonas pallas durmindo.¡Que fror medio aberta!;¡que roibo, que lindo!

Sin roupa durmindo nas pallas, meu pobre¡e non sinte o frío!

¡Que noite mási negrainverno, Dios mío!Non hai lume nin berce,nin pan nin abrigo...

¡I-o Neno furmindo nas pallas ó aire!¡e non sinte o frío!

Xa me entra a friaxe,non sei si vivo!:no colo cantandocollo ó meu santiño...

I-El dáme cen chuchos na boca e na frente¡e non sinte o frío!

Do monte cantandobaixan de camiñoos ledos pastorespra ver ó meu fillo.

I-El goza con eles e ri, ¡miña prenda!¡e non sinte o frío!

¿Tes frío, vidiña?,dinlle moi baixiño...I o Neno respondecantando e surrindo,

¡Eu baixei dos ceos pra acender a terrae non teño frío!

Debuxou:DIEGO GARCÍA LÓPEZ, 3º ESO

Page 31: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

SOPA DE LETRAS

por BRUNO ESTEVES FERNÁNDEZ, 4º ESO

Busca o nome de NOVE figuras que podes atopar nun nacemento

RPUISAOTEOZASN

AAAFGBVTYLMÑEO

MSESTRELAFRNBS

OTRAABLGRI

OÑNA

NOONNILSEXCMOI

TRYNTIATIHABVR

EEARISSESLAPVE

VSVSOXNALEVEIS

IJOAGBEOUTREIS

VUNQOEROSCILOA

EI

MSXCIRDESIRD

OSRTANOSEDOREH

EATXOSETACOTAO

CABVELAGARCIAN

chispa

- 29 -

Rotulou: DIEGO GARCÍA LÓPEZ, 3º ESO

A M E N C E R

Page 32: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

por CRISTIAN FERNÁNDEZ LÓPEZ, 3º ESO

Entre o debuxo A e o B hai oito diferenzas. Búscaas

A M E N C E R chispa

- 30 -

.SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS DO NÚMERO 214

AS DIFERENZAS

A B

Page 33: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

colaboraron

de 1º de ESO

Ernesto Barro JiménezDaniel Díaz Villamel

De 2º de ESO

Braulio Casabella AmieiroJacobo Chao LombarderoDiego Cornide YanesJuan José Montouto Chaves

de 3º de ESO

Adrián Carballeira MontenegroCristian Cornide YanesCristian Fernández LópezDiego García LópezMarc Silva CelmaLuis Torreira GarcíaManuel Trigo Bello

de 4º de ESO

Félix Villares Mouteira

Composición da tapa: a redacción

A M E N C E R

- 31 -

Xairo Formoso PenaBruno Esteves Fernández

Page 34: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 35: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

CORTINAS - HOGAR:Camiño Real, 53 Campo de Puente, 11Tfno.: 982 245 354 Tfno.: 982 512 82927004 LUGO 27800 VILALBA

ALFOMBRAS: PINTURAS E DECORACION:Camiño Real, 37 Curros Enríquez, 40Tfno.: 982 221 272 Tfno.: 982 245 35427004 LUGO 27004 LUGO

ESPERÁMOLOS NAS NOSAS TENDAS:

CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

Page 36: ANO XXIX - NÚMERO 215 noveembro - decembro … · 2015-03-27 · Alvaro Cunqueiro, aparece unha ampla conversa con ... do seu amor y da súa paz e para ensinarnos a amar como ...

Publicidade

Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo

A revista AMENCER está subvencionada por: