AMBIENTALIZACIÓN EVENTOS MASIDE
-
Upload
alejandro-girola -
Category
Documents
-
view
219 -
download
2
description
Transcript of AMBIENTALIZACIÓN EVENTOS MASIDE
MEMORIA EXPLICATIVA DO PROXECTO DE “AMBIENTALIZACIÓN DE EVENTOS, ACONTECEMENTOS E
FESTAS POPULARES DO CONCELLO DE MASIDE
“ Proxecto de Ambientalización de Eventos, Acontecementos e Festas Populares do Concello de Maside
- PROXECTO DE AMBIENTALIZACIÓN DE EVENTOS, ACONTECEMENTOS E FESTAS
POPULARES DO CONCELLO DE MASIDE
Maside, é un pequeno concello, situado na parte noroccidental da provincia de Ourense,
distando da capital da provincia uns 20 km. Pertence á Comarca do Carballiño e limita cos
seguintes concellos: polo Norte co Concello de San Cristobo de Cea, polo Oeste co Concello
do Carballiño, polo Sur co Concello de San Amaro e polo Leste cos Concellos de Punxín e de
Amoeiro, este último pertencente á Comarca de Ourense.
Como en tódalas zonas rurais de Galicia, desenrólanse ó longo do ano no territorio
do concello, unha serie de festas e eventos populares con ampla participación cidadá e
concorrencia masiva. Moitos destes eventos desenvoltos nas áreas do rural ou en zonas de
montes, permiten o recoñecemento pola cidadanía de lugares de gran fraxilidade ambiental
afectados por verteduras de residuos clandestinos de diversa índole dende residuos
voluminosos,rcd´s orgánicos etc. Por outra parte as distintas festas populares xeran un forte
consumo masivo nun momento puntual coa consecuente xeración de residuos e consumo
de enerxía e auga. A ambientalización de eventos destas características supón a redución e
minimización, así como a compensación dos impactos ambientais xerados debido a este
(antes, durante e despois). En termos xerais intentar explicar os impactos que calquera
actividade leva consigo é un proceso que implica aumentar a nosa conciencia e visión
sistémica da realidade.
Para iso proponse realizar unha campaña que englobe esta preocupación e que sirva de eixe argumental no desenvolvemento das festas durante o ano 2011. Xunto a esta toma de coñecemento e sensibilización proponse a toma de compromiso por parte da cidadanía e os organizadores dos distintos eventos. Coa intencion de cumprir con estes obxectivos realizásense distintas accións formativas e informativas antes de cada evento e logo de realizalos, co propósito de poder medir o efecto e compromiso alcanzado.