A verdadeira historia de carapuchiña

12
D A N I E L G I L 2 0 0 5 P R E M I O L I B R O I N F A N T I L A. R. Almodóvar Marc Taeger

description

Libros para soñar. Os contos do trasno

Transcript of A verdadeira historia de carapuchiña

Page 1: A verdadeira historia de carapuchiña

•D

ANIEL GIL 20

05

•PREMIO

LIBROINF

ANTIL

A. R. Almodóvar

Marc Taeger

Page 2: A verdadeira historia de carapuchiña
Page 3: A verdadeira historia de carapuchiña
Page 4: A verdadeira historia de carapuchiña

Colección

© do texto: A.R. Almodóvar, 2004© das ilustracións: Marc Taeger, 2004© da tradución: Vitoria Ballesteros, 2004© desta edición: Kalandraka Editora, 2013Italia, 37. 36162 PontevedraTelf.: 986 860 [email protected]

Deseño: equipo gráfico de Kalandraka e Marc Taeger

Impreso en Gráficas Anduriña, PoioPrimeira edición: novembro, 2004Terceira edición: febreiro, 2013ISBN: 978-84-8464-512-2DL: PO 498-2008

Reservados todos os dereitos

Esta versión de Carapuchiña baséase en textos da tradición oral francesa, estudados polo granfolclorista Paul Delarue. Tamén ten en conta as discusións teóricas doutros estudosos, comoantropólogos, semiólogos e psicanalistas, principalmente Bruno Bettelheim e Erich Fromm,arredor das distintas adaptacións posteriores do conto.

A.R. AlmodóvarAo meu neto Marcos, que pertence á primeira xeraciónda verdadeira historia de Carapuchiña. E aos outrostres que viñeron despois: Antonio, Adriana e Marta.

Marc TaegerPara Neo, Frank, Yanik, Bhavna, Miquel e Arnau.

Page 5: A verdadeira historia de carapuchiña

A VERDADEIRA HISTORIA DE

CARAPUCHIÑA

Antonio Rodríguez Almodóvar Marc Taeger

Page 6: A verdadeira historia de carapuchiña

Había unha vez unha nena moi xeitosa

que vivía nunha aldea, preto dun bosque.

Chamábanlle Carapuchiña, ou Carapuchiña Vermella,

porque a súa avoa, que vivía noutra aldea dos arredores,

regaláralle unha capa desa cor,

cunha carapucha para o frío.

Á nena prestáballe tanto aquela peza

que a quería pór un día si e outro tamén.

Mais a súa nai dixéralle que era só para saír da casa,

cousa que non ocorría moi a miúdo.

Page 7: A verdadeira historia de carapuchiña
Page 8: A verdadeira historia de carapuchiña

As máis das veces Carapuchiña pasaba o tempo aprendendo a coser,

veña a coser. Pero como isto non lle gustaba nada,

no canto de meter a agulla pola tea, prefería poñer alfinetes.

Así remataba antes.

Page 9: A verdadeira historia de carapuchiña

Un día, a súa nai, que tiña o bo costume

de facer toda clase de tortiñas, madalenas

e outros doces no forno da casa,

sacou uns bolos de leite que recendían.

Así como Carapuchiña os uliu

soltou a costura e apareceu correndo na cociña:

–Podo comer un, mamá?

–Non miña filla, que están moi quentes

e faríanche mal na barriga.

Mellor, vai á casa da avoa,

que está un pouco enferma,

e lévaslle uns cantos.

Cando chegues, seguro que xa arrefriaron.

Ah! E tamén lle levas unha botella de leite.

Page 10: A verdadeira historia de carapuchiña
Page 11: A verdadeira historia de carapuchiña
Page 12: A verdadeira historia de carapuchiña