A luz do sol Em meus ombros Me faz feliz A luz do sol Sobre a água Parece tão adorável.
A TRIBÚ DO SOL
description
Transcript of A TRIBÚ DO SOL
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO.
A TRIBU DO SOL
Cando a tribu dos indios hopi xurdeu das entranas da Terra e poboou por
primeira vez o mundo, nin o sol nin a lúa alumeaban o planeta. Todo estaba
cuberto por un manto de escuridade, e non atoparon nin sequera o xeito co que
acender o lume.
Comezaron a sufrir a fame e a sede. O Gran Xefe enviou exploradores en
busca dalgún lugar onde asentarse. Un deles puido ver unha pequena luz ao
lonxe e descubríu unha chaira alumeada por unha fogueira, con campos de
millo, melóns e xudías arredor. A carón do lume, había un home alto e
fermoso, que levaba un colar e uns pendentes de turquesas.
-Son o home esqueleto -dixo no campo-. Que es?
-A nosa tribu xurdiu das entranas da Terra sen sol e sen lúa está todo tan
escuro que non atopamos nada. -respondeu o explorador.
-Trae a túa tribu ata a miña fogueira, e dareivos de comer e de beber -
concedeu o home esqueleto.
E así foi. A tribu dos hopi seguíu ao explorador ata o
campo, e alí fartaron a súa sede e a súa fame, pero os xefes
hopi eran sabedores de que non podían vivir da
amabilidade do home esqueleto.
-Necesitamos unha lúa -declarou o Gran Xefe.
Cortaron un gran círculo de pel de búfalo, co que recubriron
un anaco redondo de cortiza de árbore, e pintárono de cor
branca. Atáronlle unhas cordas e subiron o gran círculo
branco cara o ceo. Todos os membros da tribu tiraron á vez
das cordas, ata que o círculo quedou suspendido no aire,
convertido nunha brillante lúa.
Comezaron a poder traballar as terras de cultivo, pero non era de abondo para
asegurarse unha boa colleita; necesitaban un sol. Colleron un anaco de tea e
cortaron un bo círculo, recubriron un cacho de cortiza de árbore e pintárono de
cor bronce. Debuxaron no disco unha face sorrinte e decorárono con plumas
dun paxaro vermello. Suspendérono no aire con cordas e o sol alumeou a todo
o mundo. Os hopis puideron cultivar as súas terras e cazar búfalos, e así
viviron e prosperaron.
Pero o disco do sol apagábase cada ano, no solsticio de inverno. Por iso os
chamáns da tribu celebraron un ritual de purificación, o Soyal. Con isto
quixeron das forzas ao sol para iniciar un novo ciclo de vida que os levase á
primavera, á plenitude e á vida.
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO.
TRADICIÓNS DE ESTADOS UNIDOS
Merry Christmas!
Os indios hopi non celebran o Nadal, senón o solsticio de inverno, que é o día
máis curto do ano. Durante a cerimonia, que se denomina soyal na que se
realizan longas sesións de rezos nunhas covas chamada kiva.
O soyal é tamén un momento de troco de regalos e donacións aos chamáns
das tribus, polo que é moi habitual atoparnos regalos de roupa adornadas con
plumas e kachinas, unha bonecas rituais esculpidas coas efixies dos seus
deuses.
Durante as ceremonias comese o pan piki, unha torta delgada de millo feita
con fariña de millo azul, que se coce riba de rochas quentes egraxadas con
sebo.