A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel...

12
1 A negrura do mar X E R A I S

Transcript of A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel...

Page 1: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

1

A negrura do mar

X E R A I S

Page 2: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

2

o autorRamón CarideRamón Caride Ogando (Cea, Ou re n s e ,1957) é o autor desta cuarta entrega daserie “As aventuras de Said e Sh e i l a” naque comparten protagonismo un neno eunha nena, irmáns e orfos, que viven nunf u t u ro ao que nós temos acceso a travésdo que eles escriben nun ord e n a d o r. Op r i m e i ro libro fora Perigo ve xe t a l, queacadara o Premio Merlín 1995; o segun-do, Ameaza na An t á rt i d a, e o terc e i rorecibiu o título de O futuro ro u b a d o.Biólogo e profesor de ensino secundario,Ramón Caride, vai introducindo nosseus libros aquelas temáticas que lle pre-ocupan e que xiran en torno á ecoloxía.Conta tamén con obra poética comoFlor no desert o ( Premio Cidade de

Ourense de Poesía, 1994), aínda que é maior a súa produción narrativa na que, ade-mais de libros para o público infantil e xuvenil, coma os xa citados, ou Micifú e osseus amigos, Historia dunha sobreira e A incerteza dos paraísos, ten varios libros paraadultos coma Soños eléctricos, co que acadou o Premio Blanco Amor 1992.

Page 3: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

3

o ilustradorMiguelanxo PradoAs deste libro, igual que as dos outros da serie «As aventuras de Said e Sheila» foronrealizadas por Miguelanxo Prado.Este ilustrador, nado no ano 1958 na Coruña, é recoñecido e galardoado interna-cionalmente coma creador de banda deseñada. Son famosos os seus álbumsFragmentos da Enciclopedia Délfica, Stratos, Tanxencias e Trazo de xiz.Dedícase tamén á animación, realizando neste campo o «Xabarín» para o programada TVG e o deseño da serie «Os Vixiantes do Camiño». A partir de 1998 colaboracoa produtora de Spielberg nos Estados Unidos.A falta de cor vese suplida polo realismo dos debuxos nos que cada personaxe é reco-ñecible nos trazos e expresións. Algún deles pode recordar, incluso, a algunha persoacoñecida. Obsérvase a afinidade do debuxante co cómic na utilización variada dosplanos e angulacións, así coma no tratamento do debuxo.

o libroRecolle tres relatos protagonizados polos irmáns Said e Sheila. Os dous primeiros, A negrura do mar e O misterio do prión, están relacionados con feitos que sucederonnos últimos tempos en Galicia: o afundimento do petroleiro Prestige coa conseguin-te marea negra e o caso das chamadas «vacas tolas», ambos referidos a problemasmedioambientais e de saúde. O terceiro, A primeira aventura, fora xa publicado den-tro do volume colectivo Historias para calquera lugar. Neste caso é a guerra o temaprincipal do relato, unha contenda bélica que nos sitúa en Oriente Medio.

Page 4: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

4

relato 1

temas e valoresO medio ambiente e a necesidade de coidaloUn relato de ficción no que se nos narra unha realidade que acabamosde vivir: a última e máis grave marea negra sufrida por Galicia.

Sentirse protagonista da historiaFacerlle fronte á realidade, sendo quen de cambiala.

O presenteenténdese coñecendo, tamén, o pasado.

A NEGRURA DO MARO título do primeiro dos relatos, que lle dá nome ao libro, acompañado pola ilus-tración da capa, situaranos fronte a unha realidade coñecida por todos os lectores dovolume: a marea negra que sufriu Galicia a finais do 2002 polo naufraxio dun petro-leiro fronte ás súas costas. Os irmáns cóntannos esa historia dende o seu presente, oano 2076, cando unhas manchas negras aparecen no Atlántico ante o seu abraio, poisxa nin se utilizan os hidrocarburos como combustible nin se transportan dende haianos.As cartas que unha velliña lles entrega, escritas polo seu irmán alá polo inverno do2002, daralles a clave para descubrir que son os restos do chapapote almacenado nunpetroleiro afundido que se van liberando. Desa maneira contarásenos os sentimentosdun mozo ante o sucedido –unha vivencia experimentada– e a aventura de Said eSheila –unha ficción– construída sobre esa realidade.O relato vai da boca de Sheila á de Said pasando polas cartas de Daniel.

Page 5: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

5

actividades• Podemos pedirlles que vaian situando nun mapa de Galicia e noutro da terra oslugares que aparecen citados no texto: océano Atlántico e Antártico, O Báltico, AsAntillas, Cuba, Gran Caimán, Pequeno Caimán, Illa de Brac, Estados Unidos, NewYork, Madrid, golfo de Biscaia, Bruxelas, cabo Fisterra e Touriñán, illas Sisargas, illade Arousa, Muxía, Costa da Morte, Rías Baixas, mar de Ardora, cabo Corrubedo,Malpica, Camelle, Carnota, Lires, Cangas, Aguiño…

• Os protagonistas da historia viven nun muíño. Fálannos do aliviadoiro e da canle,de como teñen que manobrar eses días de tanta chuvia para non ter problemas.Pedirémoslle que se documenten acerca das partes dun destes muíños de auga, parafacerse idea de como será unha parte da vivenda destes rapaces.

• Sitúase a acción no tempo correspondente. Seguindo as cartas de Daniel pódese irfacendo un seguimento do sucedido, en relación á marea negra, a partir do mérco-res 13 de novembro de 2002.

• «Vale máis pecar de precavido que de confiado»; «Non poñas o carro antes dosbois»; «Chove sobre mollado»; «Pan para hoxe e fame para mañá»; «Unha patada álúa»; «Son can vello»; «Non lle chegaba a camisa ao corpo»; «Non as tiña todas comi-go»… Coméntanse as frases feitas que aparecen no texto e apúntanse outras.

• Os irmáns, a pesar de ser novos, traballan realizando deseños de tapices e alfom-bras. Reflexionarase acerca do traballo que realiza cada un dos participantes.

• Podemos xogar a ser detectives buscando no relato unidades de medida, vocabula-rio relacionado coa contaminación ou con combustibles, vocabulario que pode ofre-cer dificultade, lugares que non están recollidos nas actividades anteriores, localizara descrición do Prestige e situar os nomes dos petroleiros e cargueiros responsables dacontaminación na Galicia da época de Daniel, os nomes das aves petroleadas, loca-lizar as palabras «nunca máis» nas cartas de Daniel, as cifras dos quilómetros de costacontaminados e das aves afectadas, recursos literarios como a comparación ou asmetáforas…

• Baseándonos nos datos que nos van achegando, sobre todo un do outro, podemosir describindo a Sheila e Said.

• Os protagonistas amósansenos como persoas sempre dispostas a actuar para cambiaro decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o.

• Unha vez lido cada un dos capítulos podemos pedirlles que lles poñan título.

• Ilustrar o parágrafo recollido na carta de Daniel, na páxina 57.

• Explicar que son o radares, os batiscafos e as centrais térmicas.

Page 6: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

6

actividades• Said e Sheila entenden o presente lendo as cartas que fai anos Daniel lle escribira á súairmá. A correspondencia pode resultar unha boa fonte de investigación, pero aínda quenon fose así, sempre será unha maneira interesante de comunicarnos. Probémolo escri-bíndolle a alguén co que nos interese «falar por escrito, paseniño, pensando…».

• Daniel, referíndose aos sucesos do Prestige, fala dunha serie de despropósitos.Enuméraos.

• Preguntémonos: ¿Cales son os sentimentos que parecen embargar a Daniel e á súafamilia naqueles días de finais do 2002? ¿Cal é o concepto que teñen das autoridades?¿Onde se realizan manifestacións naqueles días? ¿Que son os paraísos fiscais?

• Daniel chega a dicir «Os responsables, por chamarlles algo» , «Os que nos desgobernan».O avó de Daniel confésalle ao neto ás agachadas: «volvemos estar na guerra».Comentemos o que todo isto nos suxire.

Page 7: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

7

relato 2

temas e valoresA guerraBusquemos nas páxinas 69, 70 e 71 as argumentacións do avó Xan enrelación ás guerras.

As diferenzas«¿Importa máis o que nos fai idénticos ou o que nos separa, o superfi-cial: a cor da pel, a lonxitude do nariz, o rizado do cabelo?»

A culpabilidade, a responsabilidade…«Os que soltaron as bombas non son os peores, senón os que mandaronfacelo. (…) Ningún ser humano é culpable de cousa ningunha polofeito de nacer en algures, nin pola cor da súa pel, nin polas súas cren-zas… Non todos os que nos perseguen son iguais en maldade, nin

sequera eles.»

A PRIMEIRA AVENTURA DE SHEILA E SAIDNeste relato cóntasenos o pasado máis remoto deses dous irmáns, Sheila e Said.Agora, por fin, entendemos a razón que os levou a volver ao muíño do seu avó, enGalicia, e a vivir sos desde tan noviños.A guerra é a causa.

Page 8: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

8

actividades• Para situarnos na historia dánsenos unhas coordenadas temporais (ano 2067) e espa-ciais (paralelo 32 do hemisferio norte). Busquemos o paralelo nun mapamundi.Localicemos Israel e Irán e digamos canto sabemos deses dous países. Fagámolo taméncon Chipre, a onde son evacuados os superviventes.

• Erg é o deserto de area. Reg é o deserto de pedra, o pedregal. ¿Que sabemos dos deser-tos? ¿E dos oasis? Documentémonos ou ben en libros ou a través de internet.

• Contestemos: ¿A que adultos deciden enviar cos rapaces e rapazas para salvalos? ¿Porque será? ¿En que foxen? ¿Quen os salva? ¿En que lugares do mundo hai agora mesmoguerra e nenos aos que lles está pasando algo así? Situémolos no mapa.

• Podemos ilustrar o parágrafo que comeza na páxina 60 e continúa na 61. Esta podeser unha imaxe veraz da guerra.

• Dise que o azul cobalto é a cor preferida dos poetas. ¿Cal será a dos músicos? ¿E a dosfilósofos? Seguide relacionando as cores coas diferentes profesións.

• No oasis artificial no que vivían antes da guerra, entre os dous desertos, a poboaciónconseguira cultivar a terra e beneficiarse dos adiantos da técnica grazas á enerxía solar.Indaguemos canto poidamos acerca desta enerxía limpa.

• Os bombardeos acaban nun instante con todo aquilo que levou tempo construír. É aguerra. As forzas da morte que acaban nun instante coa vida que tardou tantos anos endesenvolverse. Falemos acerca disto: do tempo da construción e o da destrución.Apliquémolo a todas a circunstancias que se nos ocorran.

• É a primeira aventura de Said e Sheila; sucede cando teñen catro e dous anos sucesi-vamente. Xa coñecemos a estes personaxes polas novelas Perigo vexetal, Ameaza naAntártida e O futuro roubado. Agora cóntasenos como empezou todo. Por grupos, pode-mos presentar cada un destes relatos, de forma que poidamos ir escoitando os argu-mentos das diferentes narracións, comezando polo principio, é dicir, por este.

• Está ben isto de viaxar coa imaxinación, fantasiando… Fagamos agora unha viaxe aolugar que máis nos apeteza e describámola.

• Podemos observar recursos da linguaxe coma as imaxes do deserto, «mar de area infin-do», e das dunas, «ondas minerais, conxeladas no seu movemento incesante». Logo ilus-tralas. E tamén, pensar no mar os días da marea negra e as imaxes que nos xurdían desavisión.

Page 9: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

9

relato 3

temas e valoresOs intereses económicos…prevalecendo sobre a saúde.

O mal das vacas tolas

A aplicación do método científicona resolución de problemas.

Animais herbívoros e carnívoros

Sentirse protagonista da historiaInvestigar a realidade e denunciar as irregularidades

O presenteenténdese coñecendo tamén o pasado

O MISTERIO DE PRIÓNNesta aventura trátase o tema das «avestruces tolas», enfermidade producida polainxesta de restos de ovellas que padeceron o mal da tremeira, e nela faise referenciatamén ao mal das vacas tolas que afectou a Galicia a finais do século XX.

Page 10: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

10

actividades• Ordenar cronoloxicamente as tres aventuras que se relatan no libro, colocando ao ladodo título de cada relato o ano en que sucedeu.

• Explicar o significado das seguintes palabras buscándoas na narración e no dicionario,nos casos nos que resulte necesario: biotecnoloxía, hidrofobia, hipótese, perímetro,indemnización, incinerar, codificados, protocolos, terminal, microscópicas, encéfalo,mesencéfalo, sistema nervioso central, medula espiñal, microbio, virus, prión, bacteria,fungos, proteína, coláxeno, insulina, albumina, hemoglobina, gandería intensiva, pen-sos cárnicos.

• Coma detectives, busquemos as respostas:

—¿Quen descubriu a cura para a rabia?

—¿Cal é a ilegalidade que provocou o mal nas avestruces da granxa de Brais?

—¿Quen a cometeu?

—¿Cal é a cousa máis difícil de eliminarse, aínda máis que o prión, á que se refire odoutor Souto?

—¿Onde se produciron mortes de humanos causados polo prión?

• «O falar non ten cancelas», é unha frase feita. Buscaremos outras e aplicarémolas nafala.

• Expliquemos as frases de Said: «Os malos políticos traballan a curto prazo», e«Debemos aprender da historia para que non se repita máis».

Page 11: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

11

doutros librosEste libro abriranos portas a outros como:—os referidos á marea negra do Prestige entre os que poderiamos citar A praia da espe -ra n z a ou Nunca máis ( l i b ro colectivo, editado por Kalandraka e elaborado polos rapacese rapazas galegos que viviron esta experiencia).

—un bo grupo de materiais publicados no ano seguinte a esta catástro f e .

—a serie das aventuras de Said e Sheila que conta xa con catro títulos, tres novelas, eeste libro de relatos.

—outros libros de aventuras ou de ficción científica.

—libros nos que aparezan recollidos temas medioambientais como As flores radioactivasou O rescate do peneireiro.

—outros libros escritos por este autor.

—os libros ilustrados por Miguelanxo Prado.

Page 12: A negrura do mar - recursos.grupoanaya.es · o decorrer da historia. Reflexionarase sobre o papel dos participantes ao re s p e c t o. •Unha vez lido cada un dos capítulos podemos

12

Pedidos a:

C o m e rcial Grupo AnayaPol í gon o d e B e rg o n d o1ª Tr avesía - Pa rcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Te l f. : 981 795 656 / Fa x : 981 795 660

EDICIÓNS X E R A I S DE GALICIA

X E R A I SDoutor Marañón, 1 2 . 36211 V i goA p a rtado Postal 1446. 36200 V i goTe l é fonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: xe r a i s @ xe r a i s . e sh t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2005© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2005Depósito legal: VG. 72-2005