A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA · Cuestións básicas Tema 0 1. Diferencia entre coñecemento e...

7
A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA Ciencias para o mundo contemporáneo 1º Bacharelato Tema 0

Transcript of A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA · Cuestións básicas Tema 0 1. Diferencia entre coñecemento e...

Page 1: A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA · Cuestións básicas Tema 0 1. Diferencia entre coñecemento e crenza. 2. Explica as características da ciencia 3. Explica as fases do método científico.

A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA

Ciencias para o mundo contemporáneo 1º Bacharelato

Tema 0

Page 2: A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA · Cuestións básicas Tema 0 1. Diferencia entre coñecemento e crenza. 2. Explica as características da ciencia 3. Explica as fases do método científico.

Características da ciencia Tema 0

A palabra ciencia ven de scire (saber).

A diferenza entre coñecemento e crenza é o criterio de verdade:- Crenzas: - Verdades absolutas. - Non hai criterios de xustificación. - Emanan da autoridade.- Relativismo científico: - Verdades relativas: provisionais, parciais, revisables. - Hai criterios que a xustifican.

A ciencia moderna é unha forma de coñecemento caracterizada por:

- Utilización do método científico- Universalidade. Construción colectiva- Especialización.- Empirismo. Está sustentada en datos, observacións, experimentos, simulacións informáticas, observacións de campo, etc- Replicabilidade. Os experimentos deben ser repliclables- Simplificación. Creación de modelos.- Publicidade e difusión mediante congresos e revistas científicas.- Control. Revisión por pares.

Page 3: A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA · Cuestións básicas Tema 0 1. Diferencia entre coñecemento e crenza. 2. Explica as características da ciencia 3. Explica as fases do método científico.

Método científico Tema 0

1. Identificacion dun problema ou situación que cómpre resolver.2. Observación e recollida de información.3. Establecemento dunha hipótese de traballo que explique razoablemente o problema.4. Dedución dunha predición baseada na hipótese.5. Comprobación do cumprimento da predición mediante observación e

experimentación.6. Reiteración do proceso noutros contextos e circunstancias para verificar ou refutar a

hipótese.

O TRABALLO CIENTÍFICO EMPREGA DIVERSOS RECURSOS: - Pensamento indutivo: - Datos particulares → conclusións xerais - Exemplo: Cisne negro- Pensamento dedutivo: - Principios xerais → explicacións particulares - Exemplo: Sherlock Holmes- Métodos heurísticos: técnicas sen validación pero de importante valor práctico (Exemplo: Navalla de Occam).

Page 4: A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA · Cuestións básicas Tema 0 1. Diferencia entre coñecemento e crenza. 2. Explica as características da ciencia 3. Explica as fases do método científico.

A investigación actual Tema 0

A investigación actual: - Conforme avanza a ciencia precísase maior especialización e profesionalización.

- Os congresos e as publicacións aseguran a difusión dos avances científicos.

- A revisión por pares asegura a detección de posibles fraudes e incorreccións.

- A financiación da ciencia pode ser pública ou privada.

- A ciencia básica busca o aumento xeral do coñecemento, a ciencia aplicada os avances en campos de interese social.

- Hai dous tipos de ciencia:

Ciencia básicaMovida pola curiosidadeFinanciada los estados

Ciencia aplicadaMovida pola necesidade de resolver problemasFinanciada polos estados e pola iniciativa privadaRelacionada coa tecnoloxía

Page 5: A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA · Cuestións básicas Tema 0 1. Diferencia entre coñecemento e crenza. 2. Explica as características da ciencia 3. Explica as fases do método científico.

Ciencia e ética Tema 0

- A finalidade da ciencia é descubrir as verdades científicas. A ciencia non xera normas de conduta.

- Con todo, o coñecemento científico aporta datos que poden influir nos xuízos morais.

- Os produtos científicos son descritivos non normativos. Deles non emanan normas de conduta.

- Extremos opostos: - Optimismo científico e tecnolóxico: o progreso da ciencia resolverá todos os problemas humanos.- Pesimismo científico e tecnolóxico: todo o que se pode facer pode e debe facerse para beneficio dos que ostentan o coñecemento.

- O desenvolvemento científico ten consecuencias no terreo ético.

Page 6: A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA · Cuestións básicas Tema 0 1. Diferencia entre coñecemento e crenza. 2. Explica as características da ciencia 3. Explica as fases do método científico.

Ciencia e pseudociencia Tema 0

As pseudociencias son actividades que pretenden pasar por científicas sen selo, como a astroloxía ou a craneometría.Non son actividades inocuas senón que teñen graves implicacións económicas (fraudes), sociais e persoais (sectas) e sobre a saúde (abandono de terapias).

Características das pseudociencias:

1. Contradín o coñecemento científico asentado.2. Non establecen condicións de refutación.3. Desprezan o coñecemento científico.4. Contradín os principios científicos xerais.5. Conteñen ideas do pensamento máxico.6. Non se desenvolven.7. Non aceptan a investigación.8. Baséanse na autoridade dos fundadores.9. A maior rigor metodolóxico producen peores predicións (ao revés que na ciencia

na que a maior rigor metodolóxico produce mellores predicións.10.Utilización de linguaxe liberadamente escura e incomprensible.11. Victimismo: buscan a simpatía co público e a cohesión do grupo queixándose de

seren perseguidos.12. Remítense aos contidos máis escuros da mecánica cuántica para xustificar as

súas ideas.

Page 7: A IMPORTANCIA DE SABER CIENCIA · Cuestións básicas Tema 0 1. Diferencia entre coñecemento e crenza. 2. Explica as características da ciencia 3. Explica as fases do método científico.

Cuestións básicas Tema 0

1. Diferencia entre coñecemento e crenza.2. Explica as características da ciencia3. Explica as fases do método científico.4. Indica os principais recursos do traballo científico.5. Describe os dous tipos de ciencia.6. Diferencia entre dedución e indución.7. Define investigación empírica.8. Define método heurístico. Explica un exemplo.9. Explica algún conflito entre ciencia e ética.10.Indica as principais características das pseudociencias