A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre...

12
[email protected] Ano V • Nº 9 • Dec. 2005 • BOLETÍN INFORMATIVO DA FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL www.culturamaritima.org FOTO: Lino Prieto Pax. 03 Mar de E ar de E ar de E ar de E ar de Enco nco nco nco ncontro A F A F A F A F A FGCMF e o pa F e o pa F e o pa F e o pa F e o patri ri ri ri rimo mo mo mo monio nio nio nio nio ma ma ma ma material e i erial e i erial e i erial e i erial e inma nma nma nma nmaterial erial erial erial erial Reg eg eg eg egatas e reg tas e reg tas e reg tas e reg tas e regatas tas tas tas tas Pax. 07 Pax. 06 Fin da t n da t n da t n da t n da tem em em em empa pa pa pa pada 2005 da 2005 da 2005 da 2005 da 2005 Pax. 02

Transcript of A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre...

Page 1: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

[email protected] V • Nº 9 • Dec. 2005 • BOLETÍN INFORMATIVO DA FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL

www.culturamaritima.org

FOTO: Lino Prieto

Pax. 03MMMMMar de Ear de Ear de Ear de Ear de Enconconconconconnnnntttttrrrrrooooo

A FA FA FA FA FGGGGGCCCCCMMMMMF e o paF e o paF e o paF e o paF e o patttttriririririmomomomomonionionionioniomamamamamattttterial e ierial e ierial e ierial e ierial e inmanmanmanmanmattttterialerialerialerialerial

RRRRRegegegegegaaaaatas e regtas e regtas e regtas e regtas e regaaaaatastastastastas

Pax. 07

Pax. 06

FFFFFiiiiin da tn da tn da tn da tn da tememememempapapapapada 2005da 2005da 2005da 2005da 2005Pax. 02

Page 2: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

Xaquin Cuíñas

Agora que chegamos ó final da tempada,cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseirosnas facianas, dende o enterro da sardina enPortonovo alá en febreiro, ate a concentación deembarcacións na Coruña xa en setembro. Nun anomarcado pola VII edición dos Encontros, houbomar e vento para outras moitas cousas, como asconcentracións das novas asociacións, caso da«Volta á Illa de Toralla», a «I Semana Mariñeirade Vilaxoán», ou a regata de dornas da nova aso-ciación da Illa de Arousa «A Fasquía». Taménnovas actividades de asociación veteranas, comoa «Operación Acougo» en Ferrol, «Regata da AreaSeva» dos Mecos, ou o «Trofeo Javier Cortizo»dos Suestes.

Consolídanse as concentracións fluviais comoa «Festa do Río» de Chantada e as da outra beirado Minho, Vila do Conde e Lanhelas, e as máisrecentes como a de Muros, Cortegada ou Moaña.E as clásicas seguen a ser iso, clásicas, AParrocheira, Combarro, Bueu, a Volta a Arousa...

Novos barcos uníronse á flota, o racú deBouzas, a Traíña e o Bote Polbeiro da Escola Marde Vigo ou o «Ría de Ferrol» de Bedoia (trinca-do?), e pronto veremos as Dornas do Desafío A

Tope, algunha como a da Illa de Arousa xa moi avanza-da.

Este ano foi tamén o «I Encontro Vasco-Galego»en Pasaia, que de seguro terá continuidade máis aló dosegundo centenario da cidade dos amigos de Albaola,con quenes cada ano vemos un achegamento maior, igualque con Itsas Begia organizadores de Zokoa 2005.Ademais do Atlántico e o Cantábrico, navegamos taménpolo Ebro e o Mediterráneo, e estamos convidados a Ir-landa 2006, Sete 2007 e a Brest 2008, neste caso moiprobablemente como convidados de honra.

Cando escribo este atigo quedan apenas 5 días paraa resolución da candidatura para a declaración de Patri-monio da Humanidade á Tradición Oral galego-portu-guesa, da que a FGCMF forma parte activa dende oprimeiro momento. Por certo que desta candidatura,como da Iniciativa Lexislativa Popular «Salvemos osnosos Ríos», e de tantas outras cousas tedes informa-ción na nosa web, tamén de estreno e mellorando día adía.

Na derradeira asemblea xeral do ano presentaraseunha nova directiva, que terán ante si grandes retos, osEncontros do futuro, o novo marco de relaciónsinstitucionais, e a atención a un tecido asociativo me-drando e como motor de abordo deste barco que é a Fe-deración, sorte e saúdos mariñeiros.

Cambados, novembro 2005

FFFFFiiiiin da tn da tn da tn da tn da tememememempapapapapada 2005da 2005da 2005da 2005da 2005FOTO: Rosa García

Page 3: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

diversidade das tipoloxías. Nonhabía tempo dende a rampla de San-to Tomé a Tragove. Chegabamos ómar.

O Vento. Algún momento deincertidume e preocupación porqueos que chegaban das Rías dePontevedra ou Vigo atopábanse naArousa cunha realidade máis cru-da, pola tarde o mar ía a peor, forzas7-8, mariñeiros de Cambados esanoite non poideron sair ó mar a cau-sa do forte vento. O trincado «Ríade Ferrol» no seu primeirodesprazamento fóra de Artabria,servíanos de enlace dende o medioda Ría no seu navegar rumbo aCambados e informabanos das ve-las que se atopaba no seu camiño,máis ou menos todos tiraban.Algúns chegaron ben mollados -otros un pouco máis- no medio desemar. Houbo quen acordou, sabia-mente, non arriscar e fixeron

MMMMMar de Ear de Ear de Ear de Ear de EnconconconconconnnnntttttrrrrroooooFernando Piñeiro

O domingo día 3, xa chegaranós peiraos de Cambados, outrasagardaban en portos proximos,como O Grove, Ribeira ou a Illa deArousa o momento da Festa da Arri-bada para izar velas rumbo aCambados, pero durante os días 5e 6 sobre todo a actividade nospeiraos era continua e por teléfonoun seguimento dos que por estradaatravesaban a península dendetódolos ventos. Era o momento deremata-las conversas queescomezaran no inverno, depoñerlle forma as voces. Un dosprimeiros foi o currahg irlándes quechegaba dende Pasaia, e que logofaría o camiño de volta coa«Ameriketatike» a bogar, delicado

barco de coiro que precisou a axudade moita xente para ser botado ómar.

As Obras Vivas. Logo apingueira que mantiña a gría ocu-pada no peirao de Tragove todo odía 6, e as lanchas de seguridade doEncontro pendente das noticias dosque se acercaban por mar no mediodo forte nordés. Bonito foi ver arri-bar a Traiñeira de Pasaia que viñadende Muros e que o chegar aCambados viña vela arribaaproveitando o vento do nordés queas 15,00h soplaba. Pero sen dúbidatamén foi curioso e bonito contem-plar a diversidade das construciónsnunha parte do barco que no marsoio ven os peixes a súa obra viva,os amantes das embarcaciónsafartabanse a tirar fotos da

FOTO: Fernando Piñeiro

Page 4: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

«noites» na Illa de Salvora, ondeforon perfectamente atendidosdespois dunha benvida un tantoseca. O vento escomezaba a ser oinvitado imprevisible.

Por Tragove baixaron os ami-gos de Cataluña, os botesCartageneros, espectaculares coasúa vela latina, Levante co«Tamarit» onde cada un dos tripu-lantes era dunha zona diferente daComunidade Valenciana, a Albufe-ra ou a Vela Latina de Catarroja, osbotes do Seixal da A.N. Sarilhense,mimados no seu pintar e dotadosdun grande colorido tanto como ostamén portugueses de P. Leve. E to-dos aqueles que non o fixeron nasrampas de Santo Tomé.

Tamén recordar que omércores se «bautizou» a Parisinaque veu de Noia, das xunqueiras doTambre, para vivir no L’Este daArousa -que non é unha dorna- des-lucido polo vento, por eso ondemeior se bautizou foi na festa queos armadores montaron e a que to-dos estivemos invitados e onde sedisfrutou dunhas sardiñas e bo viño,animado cunha cantareira. E polomesmo non se poido facer tal comomerecía a ocasión darlle a benvidaós «loros» da Asociación Unicor-nio, e feitos polo fillo do «Tojes»en Corbillón, parroquia deCambados, trataban de recuperar asfasquías de aqueles que nos anossesenta disputaban na Valvanera nasregatas (no mesmo escenario ondeeses días era o Encontro), queda-ron nos pantaláns amarrados ócarón do «Tranchito» que sendúbida lles falará das súas memo-rables regatas propulsado pola for-za dos irmáns Somoza de SantoTomé en rivalidade cos xovesmariñeiros de Corbillón ou Triana(barrios mariñeiros de Cambados)

Non poido ser. Con este ventoo Xoves chegaban algúns barcos depequena eslora por mar, os menos,mollados de pes a cabeza o comen-

tando o perigoso da travesía e se-guían a chegar barcos por terra.Dende Riveira decíannos que eraperigoso pasa-lo canal e Uxío Alloconfirmabanolo ó describirnoscomo tiveron que rematar de remol-car, dende a boca da Ría a «Fe enDeus» a impresionante lancha dePovoa de Varzim, que xa se averia-ra a altura da Garda e que viñaremolcada pola lancha deSalvamente Maritimo, o mar noPombeiro cargaba duro. En terraagardabamos o milagre quepermitira desenvolver a Gran Festada Arribada. Non puido ser, etivémonos que conformar con veraxitarse as diferentes velas den-tro do porto de Santo Tomé nunacto que manifestaba o desexo denavegación frustrada, pero quenon deixou de amosar a beleza dasdiferentes embarcacións. A festatiña escomezado.

O venres, por mandato deEolo confirmouse a mesma pre-dicción meteoroloxica e a

seguridade das embarcaciónsaconsellaba permanecer amarra-dos o que non impediu que os bar-cos de maior eslora puderan luciras súas habilidades no mar ómesmo tempo que algúnspequenos probaran a saír. E queincluso as dornas da Escola deVela Tradicional da ACD. Dorna,con dous rizos tomados, fixeran asúa entrada logo de pasalo Boidono medio das ouvellas que pinta-ba o mar. Ai que ver como nave-gan as dornas ¡!

O que non puido impedir ovento foi unha singular regata deembarcacións a remo: Traiñeiras,bateis, gamelas, bucetas, botescataláns, do Ferrol e de Carril,dornas e loros disputaron no re-cinto do Encontro unha singularregata que como non podía serdoutro xeito gañaron na ecuaciónespacio/tempo os amigos deAlbaola que dende Pasaia boga-ron coa Ameriketatike. Ó remateparte das embarcacións partici-

FOTO: Rosa García

Page 5: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

pantes no Encontro, fixeron unhavarada na praia de Sto. Tomé,reproducindo unha estampa singulare que noutro tempo estaría marcadapor dornas, mecas e carreiranas,bucetas, gamelas e botes. A escali-nata do Asilo serviu de testemuña.Ó mesmo tempo os amigos deCartagena animaban o públicocunhas espectaculares manobras den-tro do porto nas que poñían a probaa súa destreza mariñeira e avelocidade das súas embarcacións,oubo aplausos entre os asistentes emolladura –inevitable- nalgún botecartaxenero.

Ou si, ou si. Non había outraeleción, os diferentes patróns mani-festaron a súa intención de sair ó mar,era Sábado e as tripulacións nonaguantaban máis, moitosquilómetros, moitos mesesagardando a cita eran motivo sufi-ciente para que se saíra ó mar, nonvalería que a organizacióndesaconsellara a navegación. E ovento baixou, non de todo, andaba

fresco pero ó redor das seis datarde puidemos ver a estampamáis bonita do Encontro. Era aFesta do Mar. Latinas de Portu-gal, Cataluña, Valencia, Murcia,do Ferrol de Carril e de Bueu,con Cangrexas e Relingas o ter-cio do Pais Vasco. Botes,Dornas: xeiteiras, polbeiras, detope de escarva , mecas ecarreiranas. Galeóns, Gamelas,Balandros, Bateis, Traiñeiras,Polbeiros, Llauts, Muletas, Lan-chas de jávega, do xeito, da ven-dimia, barcos de altura debaixura, de vela, remo, vapor.De pesca de lecer de augassalgadas e doces... grandes e moigrandes, pequenos e máispequenos, pasaron do cento,nunha sinfonía inesqueciblecomo inesquecible será asatisfación das tripulacións porter saído ó mar. E iso reflectíaseno interés en lucir na manobra eandar e disfrutar como xa facíafalla.

Ese día ademais, dúaspresenzas especiais a Lancha deJávega, «Rosario e Ana»chegada dende Málaga polamañán e o bote Moliceiro quearribaba dende Aveiro xusto aesa hora, dous fermosos barcosque destacaron coa súa presenza.

Destacar a importante e ricaaportación portuguesa, das máisgrandes. Xunto coa deCatalunya.

Ó solpor, un acto que tivomáis de homenaxe que outracousa, o recoñecemento dos bar-cos e das tripulacións, foi o mo-mento do «desfile». Os diferen-tes territorios marítimos que par-ticiparon no VII Encontrotiveron a oportunidade de ser re-presentados polas súasembarcacións. Así foi fermosover como un bote polbeiro deBueu se saudaba co Llaut deCalella Palafruguel o

«Farigola», mentras unhapolbeira da Arousa facíamanobras de cambios de vela enavegación, ou a lancha deJávega malagueña, afiada cor-taba o mar propulsada pola for-za dos remos. Cada un deles nunespazo exclusivo que facía máisgrande a súa presenza. En terraoportunamente informábase aabundante concorrencia quen eraquen, de onde viña e a que seadicaba. E foise o sol.

O remate foi no domingo,o sábado xa se choraba o día enas facianas escomenzábanse aver as despedidas e as promesasde volvernos ver, foron moitosos que viaxaron dende toda a Pe-nínsula Ibérica e de máis alá, esapoderá ser a gran repercusión donoso (da cultura marítima e flu-vial de Galicia) Encontro. Anecesidade de seguirpromocionando todos xuntos ogran esquecido das culturas opatrimonio marítimo e fluvial eo compromiso de que a Confe-deración Ibérica pola CulturaMarítima e Fluvial bote paradiante e defenda os nosos inte-reses tal como se manifestou osábado polo presidente daFGCMF e os seus homólogos deCataluña e Andalucía.

E de remate as Dornas nasúa Regata, dicir que non foronmoitas, pouco pasaron de 30,pero pouco se podía pedirdespois dos días de festa e vento.Con elas rematouse o Encontro etamén o vento pola tarde do do-mingo mentres uns cargabanembarcacións outros pelexabanpor saír do peirao de Cambadosco mar «como un plato» e un solde xustiza.

O Ría do Ferrol deixou a es-cala pendurada do peiraocambadés e alí se perdeu. Semprese acordarán. E nos tamén.

Saúdos mariñeiros.

Page 6: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

Fernando Piñeiro

Un ano máis rematou atempada e como sempre se falamosde regatas temos que falar dasdornas que son as que o levan apeito e este ano máis que outros,pois o calendario foi máis preto.

Tamén suliñar que xa tivemosen Cangas as primeiras regatas deGamelas, adiante, cada día somosmáis.

Voltando ás Dornas, moitasregatas, e tanto na Arousa como enVigo isto e bon e ven a poñer demanifesto o que xa levamos dicindodende hai tempo; as EmbarcaciónsTradicionais crean «adisión».

Puidemos ver unha fermosaregata na Illa como despedida detempada onde se mesturou a nave-gación a vela con bordos a remo,fermoso e axeitado á realidade.Dende aquí esperamos que fagaexemplo.

Tivemos tamén un trofeo co-ordinado dende a FGCMF (comi-sión navegación); chamouseGalicia 2.005 e patrocinouno a Fun-dación Deporte Galego. Dispuxode cinco regatas repartidas entre OGrove, Cambados, A Illa e Ribeira,participaron nel un total de 51

embarcacións, o cal non é unhamala cifra, e a media depaticipación rondou as 30embarcacións por regata.

A dorna máis regular foi a «Li-viana» de Aldán que patronea To-más Perez con «Peixe» e púxollomoi difícil a «Pereka» da Illa deArousa con Toño Dorado e AlbertoVicente («Chica»).

É importante destacar osfroitos da Escola de Navegación daIlla que este ano poido ver comodous dos seus «rapaces» (candochegaron) xa apareceron entre osprimeiros. Pimón e Manu souberonestar cos mellores a bordo da«Laberca» e para eles e para aEscola os parabéns. O traballosegue.

RRRRRegegegegegaaaaatas .tas .tas .tas .tas ....... e reg. e reg. e reg. e reg. e regaaaaatastastastastas

Tamén puidemos ver nalgunharegata a Ramón Blanco(«Moncho») un dos pioneiros quevoltou a colle-la caña para impartirmaxisterio.

Suliñar os Amigos da DornaMeca que este ano puxeron 9dornas nas regatas e convirtíronseen animadores desta festa que duremoitos anos. Seguen ahí a ACD.Dorna e Lajareu, que garantizan ofuturo coa súa laboura ano tras ano,e tamén o CM. Salnés, Rabandeira,Sueste e a xente de Cangas.

A única queixa que se deixousentir foi quizais a cantidade deregatas, que unido as xuntanzas doresto da FGCMF, fan para a xentedas dornas un calendario esgotador.Desenvolvéronse en total 12 regatasdende Xuño a Setembro, o queplantexa a necesidade dunha plani-ficación axeitada ós compromisosdas asociacións e as súas xentes.Como dato, dicir que o 13 de agos-to celebrouse regata en Cangas e enRiveira, 40 dornas no mar en dúasRías.

Para o ano entrarán comoobrigatorias as medidas deseguridade nas velas coa recupera-ción da desaparecida «Poxa de Co-rrer» e segue a traballar a comisióntratando de axustar cada día máisas medidas de seguridade na regatasen desmerecela mesma.

Agora xa estamos a traballarno calendario do seguinte ano.

FOTO: Fernando Piñeiro

FOTO: Luís da Fonte

Page 7: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

A FA FA FA FA FGGGGGCCCCCMMMMMF e o paF e o paF e o paF e o paF e o patttttriririririmomomomomonionionionioniomamamamamattttterial e ierial e ierial e ierial e ierial e inmanmanmanmanmattttterialerialerialerialerial

Francisco Fernández Rei

Existe un inmenso patrimonio inmaterial común a Galicia e ás comarcas estremeiras deAsturias, León e Zamora, compartido con todo o norte de Portugal, que moitos arelamos queo vindeiro 25 de novembro a Unesco o declare Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial daHumanidade. Sería o triunfo dunha candidatura de base, impulsada no seu inicio pola asocia-ción escolar «Ponte... nas Ondas», pero que no seu camiñar foi contando co inequívoco apoiode moi diversas asociacións e institucións galegas e portuguesas, e tamén de variasasociacións e entidades do Eo-Navia, do Bierzo e das Portelas de Zamora.

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) forma parte daComisión Promotora que leva tempo traballando arreo para divulgar ese patrimonio eprocurando apoios para que a Unesco o recoñeza. No 2004 a FGCMF adicou o nº 6 doseu boletín O Apupo a esta candidatura e, meses despois, o primeiro número da revistaArdentía adicouse íntegramente ó patrimonio inmaterial dos mares e ríos galegos eportugueses miñotos. En xullo do 2004 a FGCMF acudiu ó porto bretón de Douarnenez,nos días en que se celebraba a gran festa da cultura marítima de toda a fachada atlánticaeuropea, para mostrar unha parte da rica tipoloxía de barcos tradicionais galegos (eportugueses miñotos) e para presentar ese número de Ardentía, con textos en galego eportugués, pero que excepcionalmente nese número se acompañaron de resumos enfrancés.

FOTO: Lino Prieto

Page 8: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

No 2005 a FGCMF seguiudifundindo o patrimonio material einmaterial galego e portugués. O 4de xuño cruzou o Miño para acudira Melgaço, onde se celebrou un actosobre a devandita candidatura, or-ganizado pola Câmara Municipale a asociación «Ponte... nas Ondas».A Melgaço levouse a exposicióndos primeiros dez anos de vidadunha Federación creada en 1992,que empezou sendo do mar daArousa para logo acollerasociacións do litoral comprendidoentre Burela e Viana do Castelo,ademais de asociacións das cuncasdo Miño e Sil.. «O mar, o barco emais nós» é o título desa exposi-ción, o segundo verso do emblemá-tico texto «Sós» do vangardistapoemario De catro a catro de Ma-nuel Antonio, que deu categoría li-teraria a tantas humildes vocesmariñeiras de Rianxo e doutrosportos arousáns.

Tamén se levou a Melgaçounha dorna de escarva da Illa daArousa e o nº 2 de Ardentía, dedi-cado ós barcos e ás xentes, e queen certo modo foi a carta de pre-sentación do VII Encontro deEmbarcacións Tradicionais, que secelebrou en Cambados entre o 6 eo 10 de xullo do 2005. EsteEncontro foi unha demostración davitalidade do patrimonio materialtradicional galego e portugués, par-ticularmente no relativo á tipoloxíade embarcacións e a certos oficios,como o dos cesteiros que están arecuperar patelas e cestosmariñeiros ou o das atadoras, que écomo sempre se lles chamou enCambados ás redeiras, con gran tra-dición neste porto do costado doleste da ría da Arousa polos moitosbarcos de cerco de xareta que nelsempre houbo. Cesteiros, atadorase diversos artesáns estiveron envivo mostrando o seu xeito detraballaren e dando explicacións aquen se lles achegaba e se interesa-

ba polo seu labor.Ademais, o Encontro de

Cambados foi unha excelente de-mostración do patrimonio inmate-rial, xa que o bo saber de Luis Reitrouxo á vila de Cabanillas osmellores contacontos galegos e ex-celentes grupos de música tradicio-nal (e de música e danza modernacon raigame popular), así comooutros portadores da cultura marí-tima e fluvial. E alí tamén estivoSantiago Veloso, de «Ponte... nasOndas» e infatigable animador dacandidadura á Unesco da TradiciónOral Galego-Portuguesa. Veu pre-sentar a fermosa revista da candi-datura dentro dos actos da Feira doLibro do Encontro cambadés.

Dentro da intensa campañainiciada a mediados de setembro do2005 para divulgar ese patrimonioinmaterial e esa candidatura, o pa-

sado 22 de outubro fíxose un actono Museo do Pobo Galego, enCompostela, con intervención derepresentantes de varias dasentidadades promotoras (Asocia-ción «Ponte...nas Ondas», RealAcademia Galega, o propio Museodo Pobo e a Consellería de Culturae Deportes, que estivo representa-da pola Conselleira ÁnxelaBugallo). A seguir, houbo unha ac-tuación de cantantes e músicos por-tadores da tradición oral, entre elesxente de Malvela que participara noprograma «Embarcados nun can-tar», no VII Encontro deEmbarcacións; e proxectouse ovídeo da candidatura que no relati-vo á cultura marítima tradicionalcontén moitas imaxes deseEncontro de Cambados, sobre tododa arelada navegación que os bar-cos fixeron na tarde do sábado 9 de

FOTO: Lino Prieto

Page 9: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

xullo, cando xa amainara o duro nordés que nos díasprecedentes obrigara á maioría dos barcos a estarenatracados ou abarloados nos peiraos de San Tomé eCambados, e tamén no porto de Tragove, cabo dopiñeiral «enraizado nas laxes fendidas da veira do mar»cantado por Cabanillas e onde segue cheirando a resi-na, fiúncho e marusía na honra do poeta das Irmandadesda Fala.

A FGCMF sumouse a ese acto de Compostelainaugurando ese mesmo día, na parte alta do claustrodo propio Museo do Pobo, unha exposición do Patri-monio Marítimo, con diversos paneis do patrimoniomaterial e algún do inmaterial, aínda que esta divisióné moi relativa pois un e outro tipo de patrimonio po-den considerarse dúas caras dunha mesma moeda. Estaexposición acompáñase doutra de publicacións daFGCMF (revistas dos Encontros de Embarcacións,Apupos, Ardentías...) e parte dos carteis e dos xornaisdo Encontro de Cambados.

Os textos dos paneis desta exposición do Patri-monio Marítimo son obra de Dionísio Pereira e as fo-tos son de Pepe Gondar. Cada panel leva douspandullos con cadansúa rabiza que tensan os paneis e

que á vez lle dan un aquel moi mariñeiro, como ben seve en www.culturamaritima.org na reportaxe fotográ-fica que fixo Lino Prieto, presidente da «Dorna Meca».Son os mesmos paneis que, co mesmo texto en galego,estiveron de marzo a xullo do 2001 na illa de Tatihoucon motivo da exposición «Vivir no Atlántico norte»,que viaxara a esa illa da Normandía francesa despoisde estar en Reikiavik, Bergen e Compostela. Despoisde levar máis de catro anos viaxando dun lugar a outroen locais moi diferentes (ás veces na rúa como pasoucando estivo en Muros), para así difundir o noso patri-monio marítimo e ensinar a valorizalo. Esa exposiciónagora acouga uns días no Museo do Pobo, un museopluralista e apartidario, froito de moito amor a Galicia,á súa cultura tradicional e á xente humilde que mantivoesta cultura vehiculada sempre en galego.

Para a xente da FGCMF é unha honra mostrarmoso noso traballo nese museo nacional de Galicia, de in-negable relevancia e aceptación social, un museo ondeo mar tivo (e ten) unha presenza importante xa desde asúa inauguración en 1977. A primeira sala do Museodo Pobo, situada no refectorio do antigo convento deSan Domingos de Bonaval, é precisamente a sala domar onde se expoñen, entre outros, barcos tradicionaisaparellados: unha dorna meca, unha traiñeira e unha«bruta» e fermosa ghamela da Guarda coa súa vela decor da casca, antecedente das estilizadas ghamelascoruxeiras da ría de Vigo e das «masseiras» de Caminhae doutros portos da costa de Entre-Douro-e-Minho.

Se o 25 de novembro do 2005 a Unesco nonrecoñece a tradición oral galega e portuguesa comoObra Mestra da Humanidade, despois dunha certa (elóxica) decepción, pensemos que o intenso labor debase feito para a consecución desa candidatura, e par-ticularmente no que atinxe á FGCMF, non foi traballoperdido, en absoluto.

Estou seguro de que haberá xente que seguirámergullándose na tradición oral para devolvernos his-torias de vida de galegos e portugueses (e de eonaviego,bercianos e portelaos), cos seus xeitos de falar, de igualxeito que seguirá habendo quen recolla contos, lendas,romances e tamén música tradicional para devolvelacoa maior beleza posible, e os contacontos seguirán aentreternos e facernos rir nese seu galego coidado e ávez popular.

Estou seguro de que en Santiso de Abres, naAsturias de lingua galega, seguirán coa súa festa damalla no verán e co seu magosto cando veña acastañeira, do mesmo xeito que en Vilafranca do Bierzocontinuarán potenciando o seu maio-mozo, o únicoexemplar vivo dos maios humanos galegos, con rapa-ces que se visten con «cañaveiras ou mazandois», os

Page 10: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

populares «maios», como tamén sechama «maio» o ramo de xesta queo derradeiro día de abril, antes dosol baixo, a xente dos costados domar da Arousa segue poñendo naporta das casas e nos coches, comoantes o poñían nos carros tiradospor animais.

Estou seguro de que en Lubián,entre a Portela da Canda e a doPadornelo, seguirán festexando o seupatrón San Mamede coa recuperadatradición do «carro enfeitado», uncarro que se inza de flores evexetación e que se pasea pola vilacoa xente detrás bailando, cantandoe bebendo. E iso faise cada 8 desetembro, cando en Muxía e enRianxo, en Amil e no Cebreiro, naSaínza e na Franqueira e en tantas pa-rroquias se celebran festas e rituaisque a igrexa acabou adicando á Virxe,seguramente para cristianizartradicións populares que, como nocaso de Lubián, deben ser anterioresá entrada do cristianismo nas terrasda Gallaecia, como o deben ser os ri-tos dos «maios» que MartiñoDumiense ou Bracarense, alá poloséc. VI; denunciaba como propios de

seres infernais.Estou seguro de que xente das

cuncas do Miño e do Sil (e doutrosríos galegos e do norte de Portugal)seguirá recuperando barcas (e a cul-tura das barcas), que en moitos casosson a base de topónimos como a Bar-ca, de Ibias, á beira do río Navia; etamén doutras Barcas, como a Ponteda Barca, na desembocadura do Umiaen Cambados, ou no norte de Portu-gal a Ponte da Barca, sobre o río queos galegos chamamos Limia e os por-tugueses Lima.

Estou seguro de que as moitasasociacións do litoral galego e por-tugués, integradas ou non naFGCMF, seguirán a recuperar erevitalizar embarcaciónstradicionais e toda a cultura maríti-ma, non cunha visión saudosista efolclórica, senón para valorizar aherdanza recibida, engadindo novase frutíferas achegas desde o traballomariñeiro de hoxe e de mañá.

E tamén estou seguro que des-de comezo do verán e ata ben en-trada a primavera de outono, que écomo de xeito tan poético oslabregos da Terra Chá, da Terra de

Montes e doutras terras da Galiciainterior denominan a estación do anoque vai da vendima á castañeira comodiría Otero Pedrayo, os patróns daEscola de Navegación Tradicionalda Illa da Arousa seguiránaprendéndolle a velear en dorna (een lancha xeiteira) a quen estea in-teresado na cultura marítima, á vezque lle transmitirán o léxico e ossaberes mariñeiros que elesaprenderon no salgado libro do mare tamén os que aprenderon dos ve-llos patróns da Illa.

Con ou sen recoñecementopola Unesco, estas accións e moitasoutras que se fan ás dúas beiras doEo, do Miño e do Sil (e dos portos dePedrafita e da Canda) son unha ga-rantía para que o inmenso caudal dastradicións orais galegas e portugue-sas (e particularmente as nosastradicións marítimas e fluviais) serecupere, se revitalice e se transmitapara gozo noso e das vindeirasxeracións, e asemade poder contribuíra afianzar a nosa identidade nestaxeira globalizadora e uniformizadora.

(Grupo Etnográfico «Mascato»de Cambados )

arararararqqqqquuuuuivivivivivo amo amo amo amo amrrrrr

FOTO: Archivo AMR Comunicación

Page 11: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

Manuel Iglesias, pte. do C.R.A.C. de Coruxo.

Coruxo, parroquia pertencente ao concello deVigo, deixou de ter alcalde pedáneo, como pobo sin-gular, na década dos sesenta. Aghora, xa no século XXI,loitamos por manter esa idiosincrasia que nos fai dife-rentes, loitamos por conservar as nosas tradicións, quemorren cada día polo lóxico avance da cidade de Vigoque devora sen compaixón, que nos sorbeurbanísticamente e que nos engaiola co seu progresoindefinido e caótico.

Pero aínda resistimos. Por tradición e pola pro-pia historia o patrimonio de Coruxo, tanto materialcomo inmaterial, sobrevive grazas ao esforzo d@sidealistas que investigan, que recuperan, que transmi-ten e que conservan os nosos tesouros. Porque sonmoitos. E porque moitos deles seguen agochados.

A parroquia de Coruxo, xeográficamente falando,limita ao sul co concello de Nigrán, fronteira case quenatural, no cumio do monte, coa súa altura máissobresaínte, o Maúxo. Descende en pendente sempreata rematar no mar, tamén coruxeiro. Entremedias,veighas e campos de cultivo, que cada día son menospola sobrevaloración dos terreos. Por esta característi-ca xeográfica, pola súa orografía, o pobo sempre foilabrego e mariñeiro, ou mariñeiro e labrego, que daigual. Normalmente os campos, no pasado os cultiva-ban as mulleres e os fillos, deixando a laboura mariñeiraaos homes.

Lembro a miña primeira baixada á praia daCalzoa. Ou á do Fechiño. Recordo como coñecín asprimeiras pedras das praias, na subida e na baixadadas mareas, como aprendín a camiñar descalzo por elas;e recordo con naturalidade, como se foran parte dapaisaxe, ás embarcacións varadas nos areais, ás ama-rradas no mar preto das orillas, ás que parecíanafundidas; todas as cores do arco da vella sobre osbanzos; cada mariñeiro cunhas sinais propias e incon-

CCCCCooooorrrrruuuuuxxxxxooooo, mar mi, mar mi, mar mi, mar mi, mar missssstututututurararararado coa tdo coa tdo coa tdo coa tdo coa terra.erra.erra.erra.erra.

fundibles. Cando voltaban da pesca, a media mañá, xaas mulleres agardaban no alto e xa distinguían as corestradicionais da embarcación que buscaban, cestas debimbio para o peixe, patelas coas verzas frescas paraas luras, un caldeiro para os polbos, a colleita máxicada GHAMELA CORUXEIRA.

Deixemos para outra ocasión a súa historia, apolémica do seu nacemento. Usémola para facerunha homenaxe conxunta.

Antes da Guerra Civil en Coruxo non existíanas ghamelas. Os mariñeiros ían ao mar en botes máisgrandes (algún día construiremos un deles), de atasete tripulantes, e baixábanos para o mar con gran-des dificultades, polo seu peso. Construíanse –pásmense vostedes- nunha carpintería de ribeira, aprimeira que houbo en Coruxo… mesmo no mediodo monte! Baixábanos en carros de bois ou taméntraían o bote desmontado en pezas e rematábano namesma praia. A historia deses primeirosconstrutores, do tío Lourenzo e dos seusdescendentes ata chegar ao Sr. Juan merece máis queestas pobres liñas. O momento de contala nonchegou. Merece unha investigación exhaustiva e ri-gurosa, pola honra dos constructores e tripulantesde ghamelas coruxeiras.

Posteriormente á desgraciada contenda españo-la, o bote, o barco colectivo e solidario, desapareceudas praias coruxeiras por arte de maxia. Comezaron aaparecer as ghamelas, moito máis livianas e fáciles desubir e baixar polos areais. Foi o principio daindividualidade en Coruxo, do egoísmo, de só para mín… e seguimos desgraciadamente nas mesmas.

O obxectivo deste artigo é outro moito máissinxelo, pretendo demostrar que os froitos do marmisturaranse sempre cos da terra, porque osdeseñadores e construtores, os que vivían do campo,eran tamén mariñeiros e porque os mariñeiros taméndisputaban con fervor a auga para regar. Desexariamosdemostrar, en definitiva, que todos somos iguais.

Agora mesmo, na actualidade, quedan únicamentedúas carpinterías de ribeira. Como non pode ser doutroxeito, unha está situada á beira do monte comunal deCoruxo, rexentada por Antonio, descendente directodos antiguos construtores. A outra, á beira da praia doFechiño, pertence aos descendentes do recentementedifunto Sr. Juan. Normalmente pechada, traballa noseu interior Virgilio, carpinteiro e mariñeiro, construtorpor tradición aprendida das ghamelas coruxeiras, fillodo Sr. Juan, e creador da nosa última estrela: «ACORUXEIRA». Será protagonista, sen dúbida, dosnosos encontros. Un barco para e pola unión d@[email protected] ao tempo.

Page 12: A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial Cuíñas Agora que chegamos ó final da tempada, cumpre falar dela cando ainda rezuman os salseiros nas facianas, dende o enterro da sardina

F.G.C.M.F.Edif. Multiusos, Campo da Mercede, s/n.

36630 CAMBADOS PontevedraTelf. 986 52 48 45

E-mail: [email protected]

CONSELLO DE REDACCIÓN:Lino, Jabucho

COLABORADORES:Fernando, Paco Rei, Xaquim,

Manuel

FOTOGRAFÍA:Fernando, Lino, Rosa e outros

DESEÑO E MAQUETACIÓN:Alfonso M. MourelosAMR Comunicación

1 CRAC CORUXO 986 460 736 [email protected]

2 Real Cofradía da Dorna de Ribeira 606 061 363

3 Amigos da Dorna Meca 986 732 805 [email protected]

4 Asc. de Embarcacións Tradicionais «Os Galos» 986 321 799 [email protected]

5 Club do Mar de Ferrol 981 353 499 [email protected]

6 Asc. «As Joritas» 986 542 056

7 Grupo Etnográfico Mascato 986 520 008 [email protected]

8 Asc. Cultural e Deportiva DORNA 649 190 098 [email protected]

9 Asc. De Gameleiros Asodiña 986 222 441 [email protected]

10 Asc. Mariñeiros San Miguel de Bouzas 678 502 029 [email protected]

11 Asc. SODINÁUTICA 986 222 441

12 Asc. De Veciños «Boureante» 669 897 537

13 Clube Mariño «A Reiboa» 669 897 537 [email protected]

14 R.C.N. De Sanxenxo 670 544 295 [email protected]

15 Asc. «A Rabandeira» 636 643 137 [email protected]

16 Amigos da Dorna de Portonovo 686 982 062 [email protected]

17 Clube Mariño Salnés 986 526 927 [email protected]

18 Asc. Barcas do Minho 982 465 218 [email protected]

19 Asc. Canle de Lira 981 184 906 [email protected]

20 Asc. Cultural «A Figueiriña-Lanchas do Sil» 988 682 146 [email protected]

21 Asc. Mar da Pedra 986 307 044 [email protected]

22 Club Náutico de Redes 647 368 795 [email protected]

23 Asc. «A Rompetimóns» 659 834 701 rompetimóns@rompetimóns.org

24 Asc. Barcos do Norte. Viana do Castelo 938 014 101 [email protected]

25 Asc. Amigos das Embarcacións Tradicionais 981 220 020

26 Asc. Mar de Noia 981 821 681 [email protected]

27 Asc. Mar de Muros 981 763 979

28 Asc. Sueste 986 315 250 [email protected]

29 Escola Obradoiro Mar de Vigo II 986 462 090 [email protected]

30 Asc. Cultural «A Gamela». Cabo da Cruz 649 987 012

31 Esteirana de Remo 981 826 040 [email protected]

32 Asc. Cultural «Gameleiros». Breadouro. 986 490 592 [email protected]

33 Asc. Marítima e Cultural Vilaxoan 653 350 045 [email protected]

34 Fundación Expomar 982 586 232 [email protected]

35 Asc. Lajareu por Barlovento [email protected]

36 Asc. Cultural, Deportiva Fasquía 986 551 282 [email protected]

LiLiLiLiLissssstatatatatado acdo acdo acdo acdo actututututualalalalaliiiiizazazazazado de asociacións memdo de asociacións memdo de asociacións memdo de asociacións memdo de asociacións membbbbbrrrrro da Fo da Fo da Fo da Fo da F.....GGGGG.....CCCCC.M.M.M.M.M.....FFFFF.....