50º Aniversario O camiño - WordPress.com

1
50º Aniversario Sesión do 4 de decembro de 2020 O camiño a Yol. Turquía, 1982. Cor, 114 min. Drama | Dirección: Yilmaz Güney, Serif Gören | Guión: Yilmaz Güney | Fotografía: Erdoan Engin | Música: Sebastian Argol | Intérpretes: Tarik Akan (Seyit), Serif Sezer (Ziné), Halil Ergün (Mehmet), Meral Orhonsoy (Emine), Necmettin Çobanoglu (Ömer), Sevda Aktolga (Meral) | Produción: Güney Film, Cactus Film PREMIOS a Festival de Cannes 1982 Palma de Ouro (ex-aequo) e Premio FIPRESCI SINOPSE a Cinco prisioneiros dun cárcere turco reciben permiso para viaxar ás súas casas durante unha semana. Cada un deles ten os seus propios proble- mas, preocupacións e nostalxias. Ri- gorosas leis, escritas e non escritas, e un sistema brutal son unha carga que pesa sobre eles. Sofren violencia e exercen violencia. As vacacións, comezadas con esperanza, terminan con dor. NOTAS DA PELÍCULA Algúns críticos consideran a Yilmaz Güney o Clint Eastwood turco pola súa reconversión: pasou de ser un popular actor especializado en cine- ma de xénero e acción, para mutar nun cineasta de profundo activismo e sensibilidade a principios dos 70. a Cineasta comprometido de etnia kur- da, crítico, reformista, revolucionario e marxista, pasou boa parte da súa vida no cárcere. A súa primeira es- tancia en prisión data de 1961, indu- cida pola realización dunha curta considerada subversiva polas autori- dades turcas. Despois de filmar a que é considerada a súa primeira obra maior, Umut, foi encarcerado de novo tras dar acubillo a uns anar- quistas. a Tras ser liberado, en 1974 volve ser arrestado, acusado de asasinar un xuíz tras unha disputa nocturna bai- xo os efectos do alcol. Daquela esta- ba a rodar a súa película Endi e ş . Este tráxico episodio provocou a súa con- dena a 18 anos de prisión. a Güney escribiu o guión de Yol desde unha cela da prisión. Nun principio, confía a dirección do filme a Erden Kiral como substituto, pero non está satisfeito co seu traballo e despíde- o. Esta converteuse na base da se- guinte película de Kiral, Yolda. a Finalmente decide traballar con Se- rif Gören. Como Güney é un preso exemplar, adoita obtén permisos de saída de fin de semana, o que lle permite coñecer ao equipo de roda- xe e manter certo control sobre o set. Gören visítao na prisión para fa- lar do guión; estas visitas son unha oportunidade para que Güney dea indicacións escénicas para a roda- xe. Houbo rumores de que varios prisioneiros vían gran parte das ima- xes de Gören nunha parede da pri- sión. a Güney practica unha “estética do distanciamento” con secuencias de esperas, longos silencios que abren espazo á reflexión do espectador. a En outubro de 1981, Güney aprovei- tou un breve permiso para fuxir de Turquía. Donat F. Keutsch, produtor suízo, lévao no maleteiro do seu co- che ata a fronteira. Despois alugan un iate que deixan en Grecia. Gra- zas á intervención de Melina Mer- couri, ministra de Cultura grega, co ministro francés do Interior, Gaston Deferre, Güney chegou a Francia en avión e atopou alí asilo. a En febreiro de 1982, ao pouco da súa chegada, comezou a montar a película coa editora suíza Elisabeth Waelchli. A película montouse apre- suradamente para poder competir no Festival de Cannes. Para con- vencer á dirección do festival de que seleccionase Yol, proxectouse sen son con Güney interpretando as voces masculinas en directo. a Zulfu Livaneli fixo a música do filme, pero por mor da atmosfera política en Turquía, utilizou o alcume de Se- bastian Argol para evitar posibles sancións dos tribunais turcos, que operaban baixo o golpe de estado de 1980. a En maio de 1982, a atención dos medios cara a Güney foi grande por- que o procuraban a policía turca e a Interpol. Yol proxéctase por primeira vez no 35º Festival de Cannes. O pú- blico saudouno cunha ovación de 15 minutos. O director gañou a Palma de Ouro pola película, empatado con Missing de Costa-Gavras. a En 1984, Güney falecía dun cancro de estómago que lle impediu reini- ciar a súa carreira sen a censura opresora do seu país. Só puido facer un filme máis, Duvar . a Durante 17 anos, a película foi cen- surada en Turquía. Así, en 1982, as obras de Güney (libros, artigos e pe- lículas) foron prohibidas no país, baixo a ditadura militar. Esta censura explícase en particular pola repre- sentación da cultura e da lingua kur- da nas súas obras. a Fatos Güney, viúva do director, loitou duramente contra a censura e creou unha fundación, a Fundación Yilmaz Güney, para conciliar aos turcos co cineasta. A fundación traballaba para lograr proxectar Yol nos cinemas turcos. Fatos Güney investiu varios centos de miles de dólares para re- novar tecnicamente a banda sono- ra. O filme proxectaríase por fin en 27 cinemas de dez cidades occiden- tais en febreiro de 1999. a Unha nova versión de Yol preséntase en Cannes Classics en 2017, que ofrece unha sexta historia que fora cortada durante a edición e os sons limpos. Esta controvertida versión foi impulsada por Keutsch, que di ter os dereitos de autor, unha reclamación disputada pola familia de Güney. Vindeira sesión, domingo 6: Fellini, oito e medio · Federico Fellini

Transcript of 50º Aniversario O camiño - WordPress.com

Page 1: 50º Aniversario O camiño - WordPress.com

50º AniversarioSesión do 4 de decembro de 2020 O camiño

a

Yol. Turquía, 1982. Cor, 114 min. Drama | Dirección: Yilmaz Güney, Serif Gören | Guión: Yilmaz Güney | Fotografía:Erdoan Engin | Música: Sebastian Argol | Intérpretes: Tarik Akan (Seyit), Serif Sezer (Ziné), Halil Ergün (Mehmet),Meral Orhonsoy (Emine), Necmettin Çobanoglu (Ömer), Sevda Aktolga (Meral) | Produción: Güney Film, Cactus Film

PREMIOSa

Festival de Cannes 1982Palma de Ouro (ex-aequo) e PremioFIPRESCI

SINOPSEa

Cinco prisioneiros dun cárcere turcoreciben permiso para viaxar ás súascasas durante unha semana. Cadaun deles ten os seus propios proble-mas, preocupacións e nostalxias. Ri-gorosas leis, escritas e non escritas,e un sistema brutal son unha cargaque pesa sobre eles. Sofren violenciae exercen violencia. As vacacións,comezadas con esperanza, terminancon dor.

NOTAS DA PELÍCULA

Algúns críticos consideran a YilmazGüney o Clint Eastwood turco polasúa reconversión: pasou de ser unpopular actor especializado en cine-ma de xénero e acción, para mutarnun cineasta de profundo activismoe sensibilidade a principios dos 70.a

Cineasta comprometido de etnia kur-da, crítico, reformista, revolucionarioe marxista, pasou boa parte da súavida no cárcere. A súa primeira es-tancia en prisión data de 1961, indu-cida pola realización dunha curtaconsiderada subversiva polas autori-dades turcas. Despois de filmar aque é considerada a súa primeiraobra maior, Umut, foi encarcerado denovo tras dar acubillo a uns anar-quistas.a

Tras ser liberado, en 1974 volve serarrestado, acusado de asasinar unxuíz tras unha disputa nocturna bai-xo os efectos do alcol. Daquela esta-ba a rodar a súa película Endi eş . Estetráxico episodio provocou a súa con-dena a 18 anos de prisión.a

Güney escribiu o guión de Yol desde

unha cela da prisión. Nun principio,confía a dirección do filme a ErdenKiral como substituto, pero non estásatisfeito co seu traballo e despíde-o. Esta converteuse na base da se-guinte película de Kiral, Yolda.

a

Finalmente decide traballar con Se-rif Gören. Como Güney é un presoexemplar, adoita obtén permisos desaída de fin de semana, o que llepermite coñecer ao equipo de roda-xe e manter certo control sobre oset. Gören visítao na prisión para fa-lar do guión; estas visitas son unhaoportunidade para que Güney deaindicacións escénicas para a roda-xe. Houbo rumores de que variosprisioneiros vían gran parte das ima-xes de Gören nunha parede da pri-sión.

a

Güney practica unha “estética dodistanciamento” con secuencias deesperas, longos silencios que abrenespazo á reflexión do espectador.

a

En outubro de 1981, Güney aprovei-tou un breve permiso para fuxir deTurquía. Donat F. Keutsch, produtorsuízo, lévao no maleteiro do seu co-che ata a fronteira. Despois aluganun iate que deixan en Grecia. Gra-zas á intervención de Melina Mer-couri, ministra de Cultura grega, coministro francés do Interior, GastonDeferre, Güney chegou a Francia enavión e atopou alí asilo. a

En febreiro de 1982, ao pouco dasúa chegada, comezou a montar apelícula coa editora suíza ElisabethWaelchli. A película montouse apre-suradamente para poder competirno Festival de Cannes. Para con-vencer á dirección do festival deque seleccionase Yol, proxectousesen son con Güney interpretando asvoces masculinas en directo.a

Zulfu Livaneli fixo a música do filme,pero por mor da atmosfera política

en Turquía, utilizou o alcume de Se-bastian Argol para evitar posiblessancións dos tribunais turcos, queoperaban baixo o golpe de estadode 1980.a

En maio de 1982, a atención dosmedios cara a Güney foi grande por-que o procuraban a policía turca e aInterpol. Yol proxéctase por primeiravez no 35º Festival de Cannes. O pú-blico saudouno cunha ovación de 15minutos. O director gañou a Palmade Ouro pola película, empatado conMissing de Costa-Gavras.a

En 1984, Güney falecía dun cancrode estómago que lle impediu reini-ciar a súa carreira sen a censuraopresora do seu país. Só puido facerun filme máis, Duvar.a

Durante 17 anos, a película foi cen-surada en Turquía. Así, en 1982, asobras de Güney (libros, artigos e pe-lículas) foron prohibidas no país,baixo a ditadura militar. Esta censuraexplícase en particular pola repre-sentación da cultura e da lingua kur-da nas súas obras.a

Fatos Güney, viúva do director, loitouduramente contra a censura e creouunha fundación, a Fundación YilmazGüney, para conciliar aos turcos cocineasta. A fundación traballaba paralograr proxectar Yol nos cinemasturcos. Fatos Güney investiu varioscentos de miles de dólares para re-novar tecnicamente a banda sono-ra. O filme proxectaríase por fin en27 cinemas de dez cidades occiden-tais en febreiro de 1999.a

Unha nova versión de Yol preséntaseen Cannes Classics en 2017, queofrece unha sexta historia que foracortada durante a edición e os sonslimpos. Esta controvertida versión foiimpulsada por Keutsch, que di ter osdereitos de autor, unha reclamacióndisputada pola familia de Güney.

Vindeira sesión, domingo 6: Fellini, oito e medio · Federico Fellini