4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora,...

16
4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: CIENCIA, lmoxín E RELIXI~N NA ESPA~~A CONTEMPORÁNEA Por Alfredo IGLESIAS DIÉGUEZ Departamento de Historia I Universidade de Santiago de Compostela Abstract: The analysis of this discoursive complex includes from rnethodological ques- tions and scientific research (the step forward in the field of human paleonto- logy) to philosophical or even theological argumentations about the subject of the origin of mankind. In this way important conclusions are reached about scientific epistemology (the need for delimiting the scientific and non-scienti- fic elements), the development of human paleontology (the preparation of research programmes, the analysis of the history of this science, the recogni- tion of the mechanisms that allowed the construction of particular non-scien- tific explanations of the presence of rnankind on the earth ...), philosophy (deli- mitation and identification of the opposition between a scientific theory such as darwinism or orthogenesis and a philosophical doctrine such as evolutio- nism or finalism) or even theology (analysis and definition of creationism as opposed to evolutionism as non-contradictory, whereas fixicism is recogized as contradictory as opposed both to christian evolutinism and to disciplines like the theory of evolution by natural selection, sociobiology or the neutralist theory). Keywords: Creatinism, Evolutionjsm, Human Evolution, Science. Dende o momento en que se formulou a teoría científica darwinista, que designa a evolución por selección natural, esta trasladouse ó ser humano, ini- ciándose, daquela, unha polémica na que o antagonismo ciencia-relixión era patente. A teoría dannrinista da evolución vai permitir, por primeira vez, resolver o enig- ma principal do ser humano, a súa orixe. Malia que non hai un único modelo evo- lutivo que explique a nosa presencia na Terra, na actualidade a penas ninguén pon en dúbida o feito da evolución humana. Así, a mesma lgrexa católica, logo dun século de confrontación coa ciencia, aceptou como válida a evolución huma- na a partir duns antepasados comúns con outros grandes simios africanos. É máis, recentemente, Xoan Paulo II admitiu a evolución como un feito; sen embar- go, para o Papa (e con el para toda a lgrexa católica) ese feito só e asumible cin- xindoo ás seguintes limitacións: 1. Que Deus fose o creador do universo e da vida. 2. Que Deus inspirase ó Home a alma.

Transcript of 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora,...

Page 1: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: CIENCIA, l m o x í n E RELIXI~N NA E S P A ~ ~ A CONTEMPORÁNEA

Por Alfredo IGLESIAS DIÉGUEZ

Departamento de Historia I Universidade de Santiago de Compostela

Abstract: The analysis of this discoursive complex includes from rnethodological ques- tions and scientific research (the step forward in the field of human paleonto- logy) to philosophical or even theological argumentations about the subject of the origin of mankind. In this way important conclusions are reached about scientific epistemology (the need for delimiting the scientific and non-scienti- fic elements), the development of human paleontology (the preparation of research programmes, the analysis of the history of this science, the recogni- tion of the mechanisms that allowed the construction of particular non-scien- tific explanations of the presence of rnankind on the earth ...), philosophy (deli- mitation and identification of the opposition between a scientific theory such as darwinism or orthogenesis and a philosophical doctrine such as evolutio- nism or finalism) or even theology (analysis and definition of creationism as opposed to evolutionism as non-contradictory, whereas fixicism is recogized as contradictory as opposed both to christian evolutinism and to disciplines like the theory of evolution by natural selection, sociobiology or the neutralist theory).

Keywords: Creatinism, Evolutionjsm, Human Evolution, Science.

Dende o momento en que se formulou a teoría científica darwinista, que designa a evolución por selección natural, esta trasladouse ó ser humano, ini- ciándose, daquela, unha polémica na que o antagonismo ciencia-relixión era patente.

A teoría dannrinista da evolución vai permitir, por primeira vez, resolver o enig- ma principal do ser humano, a súa orixe. Malia que non hai un único modelo evo- lutivo que explique a nosa presencia na Terra, na actualidade a penas ninguén pon en dúbida o feito da evolución humana. Así, a mesma lgrexa católica, logo dun século de confrontación coa ciencia, aceptou como válida a evolución huma- na a partir duns antepasados comúns con outros grandes simios africanos. É máis, recentemente, Xoan Paulo II admitiu a evolución como un feito; sen embar- go, para o Papa (e con el para toda a lgrexa católica) ese feito só e asumible cin- xindoo ás seguintes limitacións:

1. Que Deus fose o creador do universo e da vida. 2. Que Deus inspirase ó Home a alma.

Page 2: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

No transcurso deste debate déronse unha serie de procesos dos que quere- mos salientar dous:

1. Da negación da evolución como Único xeito de afirmar a creación, pása- se á súa complementariedade. Substitúese a confrontación creación vs evolución coa coexistencia da creación e da evolución.

2. No discurso antropolóxico sancionable como científico, ó tempo que se avanza na complementariedade anterior, introdúcense elementos extra- científicos procedentes da ideoloxía (branco inicial, centración, conver- xencia/diverxencia e, entre outros, Punto Omega).

Pensamos que o mellor xeito de estudiar os termos nos que se estableceu o debate ciencia-relixión, a súa historia, ás súas modificacións e o desenvolve- mento que faría compatible a ciencia coa relixión, era limitando a análise do dis- curso a un período e país concretos, escollimos para acadar este obxectivo a España franquista (1 936-1 976)'.

1. PERIODIZACI~N DA INVESTIGACIÓN EN ESPANA SOBRE O EVOLU- CIONISMO HUMANO

En 1936, como todos sabemos, comeza a Guerra Civil española, o que supu- xo a instauración dun modelo político dictatorial que implicou o control da ciencia pola Igrexa; sobre este feito podemos manter as seguintes afirmacións:

Os teólogos e os filósofos católicos trazan os límites do saber científico. Así, a validez das teorías científicas estará determinada pola súa aceptación do dogma católico. Neste sentido, as voces principais veñen, agás contados casos, de homes alleos ó saber científico e a investigación:

1. Cómpre mencionar, en primeiro lugar, a Pujiula2, que se convirte no prin- cipal portavoz da causa creacionista, negando validez ó materialismo para explicar a vida apelando ós argumentos da harmonía e a vida como potencia. Ámbolos dous conceptos ben coñecidos na tradición aristotéli- co-escolástica.

2. Atoparnos tamén a doutrina aristotélica da forma -o que determina a especie é a forma- en Rojas Fernández, quen asegura, en aplicación desa teoría, que a acción dos seres vivos da mesma especie só pode crear un individuo da mesma especie; polo tanto, as formas novas deben ser creadas. Así, o Home, que ten unha forma subsistente e espiritual inédita no Reino animal, esta tivo que ser creada.

' Este límite temporal parécenos sen lugar a dúbidas obxectivo. Politicamente coincide coa dic- tadura; cientificamente tanto o ano 1936, que supón unha drástica ruptura coa herdanza científica e intelectual anterior, coma o 1976, cando entramos de cheo na discusión internacional e na rnundiali- zación da ciencia, son anos de referencia na historia do discurso antropolóxico español.

Para unha mellor localización cronolóxica das obras e dos autores mencionados ó longo deste artigo enviamos ós lectores á sinopse final.

Page 3: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

3. Outro dos autores que cómpre salientar é Roldán, que centra a súa obra en torno ás seguintes cuestións:

A contradicción entre a evolución menor e a maior, que no caso do Home é máxima por causa da súa constitución dual (corpo e alma inmortal outorgada por Deus), e O Principio do Recto Naturalismo, que en última instancia se rexe por un criterio de verdade que é a evidencia (que non é outra cá revelada por Deus)

4. Así mesmo, Echarri contribúe ó fortalecemento deste discurso ó admitir como posible o evolucionismo antropolóxico mitigado e finalista sempre que Deus empregue o concurso pasivo da naturaleza, actuando sobre un corpo mais ou menos afín ó organismo humano.

5. Por último, tamén poderiamos salientar a actividade intelectual de Termes Ros ou de Bartina.

Neste contexto, que non só se vivía en España (lembremos que malia as dis- tintas circunstancias políticas esta situación era semellante en Francia, Italia ou Portugal), promúlgase en 1 950 a encíclica Humani generis, de Pío XI 1, que cons- titúe unha certa autorización papal para investigar a orixe do Home sempre que se manteñan as seguintes verdades:

e A acción divina tivo por obxecto a creación da alma. O Home non puido chamar pai a un animal inferior; logo, é preciso defender unha acción especial de Deus na formación do corpo do primeiro Home.

0 A creación do corpo da primeira muller tamén estivo suxeita á acción divina. O monoxenismo é a única doutrina válida para a Igrexa.

Sen embargo, non só os teólogos e os fiiósofos católicos se mostraban parti- darios do creacionismo. Tamén o primeiro Meléndez ou Cámara Nitío se rnostran claramente contrarios ó evolucionismo. Así, Cámara Niño manifiesta que por apreciación dos feitos a evolución das especies resulta fantástica; mantendo que:

Non existe ningunha transición entre as especies, As especies teñen continuidade temporal, e A estructura dos fósiles, semellante á dos seres vivos, corrobora o fixismo.

Así mesmo, asistimos a unha nova revisión esexética, trátase da que esta- blecía Arnaldich en 1957, que foi tamen un dos relixiosos que participaron en la elaboración de La Evolución (1 966), que sostiña o seguinte:

0 Nos textos relativos a orixe de Adán e Eva afírmase o feito da crea- ción, na que Deus interviu de xeito especial As circunstancias sobre o modo en que se fixo a creación non son correspondentes cunha realidade obxectiva histórica.

Page 4: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

A materia da que se valeu Deus para formar os primeiros corpos humanos non está especificada no texto bíblico.

o Adán e Eva foron humanos no momento da infusión da alma. o En todo o relato presuponse a unidade da especie humana.

Finalmente, en El Evolucionismo en filosofía y teología (1 956) os teólogos e os filósofos cristiáns analizan a posibilidade do feito evolutivo, establendo o seguinte:

o A descendencia de todos os homes de Adán é necesaria para a existencia do dogma do pecado orixinal. As investigacións científicas só poden cinxirse á evolución do corpo humano. Deus interviu de xeito inmediato na formación do corpo e da alma do Home.

Noutro nivel, dentro do mesmo respecto pola relixión, cómpre salientar a Andérez, o primeiro antropólogo español que elabora unha reflexión conxunta de toda a orde Primate e integra na súa reflexión sobre as nosas orixes xéneros como Australopithecus, Paranthropus e Plesianthropus, que xa nos anos ci n- cuenta eran comúnes no discurso científico anglosaxón. Así mesmo, considera que o Pithecanthropus e o Sinanthropus se debían situar na base da Humanidade, rompendo coa tradición de arqueólogos como Obermaier. Sen embargo, a pesar desta aparente modernización do discurso, manten a existen- cia do (<limo terrae), que identifica co corpo dalgún antropomorfo de finais do Terciario ou principios do Cuaternario.

Segundo Andérez o Home está na base da orde primate á mesma altura cós primeirros lemures, xa que segundo esta teoría todas as subordes evolucionaran de xeito restrinxido, non habendo relación na orixe entre lemures, simios e huma- nos. En síntese, esta teoría propuña que a filiación entre estas subordes era mor- folóxica e sistemática, non xenética.

Fóra deste círculo restrinxido de teólogos e filósofos mantense un discurso que non é o propio da lgrexa e a filosofía católica, é o que defende Obermaier e García y Bellido en El hombre prehistórico y los orígenes de la humanidad (1 941), que afunde as súas raíces nos discursos habituais no saber dos científi- cos católicos do primeiro tercio de século. Nesta mesma traxectoria intelectual situaranse Jorda Cerda, Maluquer ou Pericot entre outros.

Neste ambiente de poucas libertades e de escasa actividade científica algo se movía, proba diso son os traballos de Villalta e Crusafont sobre os Pónxidos fósi- les do Vallés-Penedés; tamén se poden mencionar os de Fusté, García Sánchez e Garralda entre uns poucos científicos analíticos; fóra do ámbito da Paleontoloxía (aínda que non sempre da evolución) pódense citar unha serie de científicos como Margalef, Cordón ou Sabater Pi, ós que se deben sumar todos os científicos analíticos e neopositivistas dos últimos anos sesenta y setenta. Sen embargo, estes científicos non terán grandes oportunidades de éxito nin o seu discurso será influínte ata despois de 1959. Non obstante, Meléndez define

Page 5: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

por primeira vez en 1948 as leis da evolución dende unha perspectiva teleolóxi- ca; estamos ante o mesrno caso de Lyell ou Gray, que admitiron a evolución aceptando que seguía unhas leis divinas; tamén Crusafont, xa na década dos cincuenta, comezou asentar as bases teóricas da que será a doutrina imperante na década dos sesenta.

Primeiro pola influencia dos científicos telexenéticos italianos e logo pola de TeiIhard de Chardin, imponse unha nova concepción do mundo e unha nova filo- sofía. Neste camiño teñen un nome propio Crusafont, quen en 1953 se constitúe no primeiro defensor e introductor do pensamento teilhardiano nos circuitos cien- tíficos españoles, tarefa que comparte con Aguirre e numerosos teólogos e filó- sofos posteriores á súa primeira intervención no discurso teórico español defen- dendo o pensamento teilhardiano. Así mesmo, a influencia da leis da ortoxéne- se, defendidas por Meléndez en 1948 e 1959, non se debe descartar e ten a súa importancia.

Así, por un mecanismo ideolóxico, que é posible detectar no complexo dis- cursivo español, vaise substituíndo a visión estática do universo e a creación, o fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e setenta, exercerá unha gran influencia entre os científicos e o público xeral. Esta doutrina pretende que a evo- lución está dirixida cara a un fin, a humanidade, empregando para iso datos observables na natureza (tomados da bioloxía, a xenética e a paleontoloxía) que son sometidos a unha interpretación filosófica, cando non teolóxica, allea á pro- pia natureza.

2. O FlNALiSMO NON É UNHA TEOR~A CIENT~FICA, É UNHA DOUTRINA FILOSÓFICA

A substitución do fixismo polo evolucionismo, analizada no contexto franquis- ta, ten os seus fitos discursivos. Cómpre salientar, porén, que as primeiras mani- festación~ deste proceso coinciden co que historiograficamente se coñece como franquismo aperturista, quere dicir, os anos da chegada ó poder da tecnocracia do Opus Dei, que defenden unha certa <<desideoloxización~ da sociedade e da política española.

En La Teoría de la evolución a los cien años de Darwin (1 959), na que cola- boraron entre outros Aguirre, Meléndez, Crusafont ou Margalef, analizáronse diferentes aspectos relativos á evolución dende tres puntos de vista ben distintos entre si:

Q No relativo á Teoloxía estudiouse a compatibilidade entre a fe e a ciencia, a posibilidade de que existise unha evolución do corpo humano ou, entre outros tantos temas, a doutrina da lgrexa a partir da Humani generis. Dende o punto de vista da Filosofía elaborouse unha síntesis entre f inalismo (filosofía) e a teoría da evolución (ciencia) fundamentada na ortoxénese.

Page 6: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

Por último, o terceiro punto de vista recollido nesta monografía é o da Ciencia, que se pon de manifesto na análise dos mecanismos xenéticos e bioxeográficos da evolución.

Outras obras que contribuíron decisivamente a esta tarefa foron Evolucion y ascensión (1 960) de Crusafont, El hombre en la cumbre del proceso evolutivo (1 961) de Crusafont; Aguirre e Truyols ou a adaptación dunha obra alemana que baixo o título El Origen de la vida y del hombre (1963), incluía dous artigos de Crusafont e Aguirre sobre a orixinalidade bioespiritual do Home. Sen embargo, a obra fundamental deste discurso evolutivo é La Evolucion (1966), unha obra colectiva dirixida por Crusafont, Meléndez e Aguirre na que se defende aberta- mente que a evolución é un feito.

Nesta obra Crusafont analiza a dinámica biolóxica da antropoxénese (que ten como fitos fundamentais o bipedismo, a cefalización e a linguaxe) para argu- mentar que a singularidade da liña homínida (que non é outra cá presencia do espíritu) fará completamente insensible e non apreensible por métodos científi- cos o tránsito da animalidade prehurnana á Humanidade.

En La Evolución (2%d., 1974) introdúcense importantes cambios que afectan sobre todo á explicación da nosa orixe; a labor de Aguirre neste punto é funda- mental para a difusión do paradigma científico anglosaxón (sinonimización de Homo erectus, aceptación de Homo habilis na base do xénero Homo, distinción entre Ramapithecus e Kenyapithecus situando a este último na base da familia Hominidae, da que separaba ó primero); sen embargo, Aguirre nunca abando- nou o finalismo característico do seu pensamento cristián.

A partir das investigacións de Tort (1 983), podemos advertir que no interior de calquera conxunto textual establecido en torno a unha ciencia determinada se distinguen dous tipos de textos: o texto científico e o texto da ideoloxía. Á súa vez estes textos reflecten tres tipos de discursos: o discurso científico, o discurso ide- olóxico do científico e o discurso ideolóxico non científico. No seguinte esquema observanse as contradiccións que se poden distinguir no interior de calquera cornplexo discursivo.

1) o discurso (sancionado) da ciencia

Texto científico

\ 2) o discurso ideolóxico do científico

Texto da ideoloxía / 3) o discurso ideolóxico non científico

Page 7: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

tir CO

Seguindo as observacións epistemolóxicas de Tort (1 983), ternos que adver- que a oposición entre o discurso da ciencia e o discurso ideolóxico do científi-

N é capital.

Le discours -sanctionné ou sanctionnable- de la science forme en effet, avec celui de I'idéologie, un seul texte, un seul complexe de dis- cours qui exige, d'une instance critique qui devra nécessairement se situer du c6té de la science, la distinction entre ces deux composantes. (Tort, 1983, 13).

Para situarnos nesta posición crítica distinguimos no seo deses complexos discursivos catro elementos que tomamos tanto de Tort (1983), coma de Althusser (1 974):

1. A ciencia paleontolóxica moderna. 2. A filosofía espontánea do científico. 3. Afilosofía. 4. A concepción do mundo.

A posición que tomamos no seo da ciencia paleontolóxica e da bioloxía moderna é a que está sancionada pola práctica darwinista materialista; o darwi- nismo, para nós, é unha teoría científica que designa a evolución por selección natural. Fronte a esta práctica científica distinguimos unha práctica ideolóxica, o creacionismo e o finalismo.

Deste xeito veremos, como observou Tort (1983), que poden existir as siguientes contradiccións:

1. Entre o discurso da ciencia e o discurso ideolóxico. 2. Entre o discurso da ciencia e o discurso ideolóxico do non-científico. 3. Entre os elementos do discurso ideolóxico do científico. 4. Entre os elementos do discurso ideolóxico do non-científico. 5. Entre o discurso ideolóxico do científico e o discurso ideolóxico do non

científico.

Así, podemos advertir o seguinte mecanismo de substitución do fixismo polo evolucionismo actuando en tres niveis diferentes:

-No nivel da concepción do mundo. Crusafont en numerosas ocasións afir- mou que era bastante máis atractiva a visión da evolución e do Home coma punta de frecha dirixíndose cara a Deus cá concepción fixista e estática do creacionismo tradicional ou a dos materialistas, que negaban que houbese un sentido na evolución e afirmaban que todo se debía ó azar.

-No nivel da filosofía. Bergson, os vitalismos en xeral e Teilhard de Chardin en particular contribuíron decisivamente á elaboración dunha forma máis desa filosofía do progreso que naceu coa Revolución Industrial e que facía compatible Ciencia e Relixión nunha nova forma da mesma historia do Idealismo.

Page 8: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

-No nivel do discurso sancionado como científico atopamos a influencia da concepción cristiana do mundo e da filosofía finalista tanto na elaboración dos programas de investigación científica, coma na metodoloxía e na inter- pretación. Centrémonos neste Último aspecto.

Realizando unha análise da filoxénese dos Símidos e da filoxénese dos Primates que elaborou Crusafont en dous momentos diferentes da súa traxecto- ria investigadora pódese detectar a influencia que exercen os elemetos extra- científicos (concepción cristiana do mundo e finalismo) na súa producción san- cionada como científica.

-Filoxénese dos Símidos3. Segundo esta hi pótese os Símidos acadaran unha gran diversidade no Mioceno, puidendo inclusive caracterizarse unha subfamilia Dryopithecinae (que abranguese varios xéneros e especies europeas( fronte a unha familia Simiiae e outra Hilobatinae. Neste esque- ma, dun antepasado común -Propliopithecus- xorden todos os posterio- res Simíidos ou Antropomorfos. Os Homínidos, que tiñan un aspecto dife- rente, non se atopaban nesta filoxénese. Sen embargo, debido a esta prác- tica segregacionista que deriva nesta multiplicidade de especies e xéneros diferentes (aínda nun mesrno xacemento) podemos apreciar de xeito espontáneo, e quizais inconsciente, a diverxencia que caracteriza ós Ponxidos, fronte ós Homínidos, que están centrados, son converxentes e de gran homoxeneidade. Dous conceptos (diverxencia/converxencia e cen- tración) de gran fecundidade na obra teilhardiana e despois crusafontiana, conceptos que remiten á autoevolución e á converxencia de Horno para a súa confluencia no Punto Omega.

-Filoxenia dos Primates4. Outro caso que nos permite detectar a influencia da filosofía e a ideoloxía no discurso científico é o punto de vista que adop- taron Crusafont e Hürzeler despois do <(redescubrimento>> do Oreopithecus bambolii. Segundo esta filoxénese a póla humana non era unha secuela serodia, lateral e insignificante do tronco dos Anthropomorfos, senón que era unha liña evolutiva propia enraizada nos máis antergos tempos xeoló- xicos, volvendo a repetirse os conceptos anteriores. Deste xeito, o <<phy- lum>> humano sería singular, peculiar e ancestral, o que vén moi ben a un discurso que nos pretende afastar da Natureza. Noutra orde de cousas debemos indicar que esta filoxénese preséntase como <<darwinista>>, o que entendemos como unha apropiación da obra de Darwin que está relacio- nada cunha estratexia discursiva que buscaba nuna falsa lectura do Origin e do Descent of man un apoio efectivo para desarticular un pensamento evolucionista baseado na evolución gradual no seo dos Hominoideos ata chegar á formación da Humanidade. Esta mesma práctica é detectable en numerosos discursos antropolóxicos non darwinistas.

Agora ben, á luz do devandito, ha¡ unha reflexión que afecta á relación cien-

Vid. fig. 1. Vid. fig. 2.

Page 9: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

cia-relixión no seo do propio discurso científico. Abriamos este artigo aludindo á aceptación que Xoán Pablo II fixo da evolución; logo, ¿é contradictoria a evolu- ción e a creación? A resposta, 6 negativa. Nos últimos anos, diferentes corren- tes filosóficas que abranguen dende o metarrealismo ata o holismo ás diferentes doutrinas emanadas da fonte común do idealismo, xunto con certos sectores católicos instalados na ciencia, defenderon que a creación non é incompatible coa evolución, xa que a primeira é atemporal e a segunda temporal, xa que logo, lonxe de seren opostas, son complementarias.

A oposición creación e evolución non existe na esfera filosófica do discurso; sen embargo é obvia entre as diferentes teorías científicas. A exclusión e no nivel das teorías científicas -fixismo, ortoxénese, neodarwinismo social, teoría sinté- tica da evolución e teoría neutralista-, podendo observarse que entre elas non hai posibilidade ningunha de síntese ou integración; o fixicismo admite unica- mente a inmutabilidade das especies, a ortoxénese, unhas leis de fondo que guían a evolución, entre o neodarwinismo social e a teoría sintética as diferen- cias son menores e a teoría neutralista reduce a evolución a un mecanismo neu- tralista totalmente aleatorio. O finalismo 4ou t r i na filosófica-, sen embargo, no nivel teórico e na concepción do mundo fixo compatibles unha teoría evolutiva unha integración do creacionismo e o evolucionismo.

2' Especies fixas -+ Fixismo

Creacionismo +CREACIÓN Especies cambiantes Ortoxénese

f 3 Neodawinismo social Evolucionismo+ EVQLUCION + Evolución das especies -+Teoría sintética

\ da evolución Teoría neutralista

3. SOBRE CIENCIA E IDEOLOX~A: ALGUNHAS CONCLUSIONS

Fronte a aqueles que amparados nunha epistemoloxía científica nitidamente popperiana, pensamos que da análise do complexo discursivo evolucionista español, pódense derivar unhas conclusións menos idealizadas da Ciencia.

-A ciencia non é unha entidade ideal que se desenvolva por si mesma de acordo cunha Ióxica inmanente, senón que é un complexo proceso arrai- gado en contextos institucionais e nas sociedades que os posibilitan.

-A ciencia non é neutral con respecto á filosofía (neutralidade ontolóxica). -A ciencia non é neutral con respecto ós valores e ás normas éticas (neu-

tralidade axiolóxica). -A ciencia, como compoñente da superestructura dunha formación social,

está indisolublemente unida ás ideoloxías e está enmarcada nun contexto de relaciones sociais fóra das cales carece de toda posibilidade e sentido.

Page 10: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

Se a relación entre ciencia e filosofía, ciencia e ideoloxías e ciencia e socie- dade é certa, como probamos para o franquisrno español, unha pregunta lexíti- ma que nos podemos formular é: Aten sentido establecer criterios de demarca- ción ou de distinción entre o pensamiento científico e o resto das formas de pen- samento (pseudociencias, creacionismo científico, pensamiento metafísico...)?

Alén da simple discusión de teorías, que é precisa, mesmo no sentido máis popperiano, debemos establecer os mecanismos, no nivel dos programas de investigación, que permitan a construcción científica liberada de deformacións ideolóxicas e fagan posible o desenvolvemeto científico de acordo cos intereses xerais da Humanidade.

Page 11: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

AGUIRRE, E. (1992). <<Paleontología humana en España,,. En Origen y evolución del hombre, Zaragoza, p. 11 -36.

ALEMAN BERENGUER, R. (1 996). Evolucián y creación. Barcelona. ALTH USS E R, L. (1 974). Philosophie et philosophie spontanée des savants. Paris. ANDÉREZ ALONSO, V. (1947a). .¿La opinión transformista en crisis?.. Razón y Fe,

59617, 207-228. ANDEREZ ALONSO, V. (1947~). <<Etapas científico-hist0ricas de la demostración del

transformismo,,. Miscelánea Comillas, 8, 367-41 4. BLAN D I NO, G. (1 964). Problemas y teorías sobre la naturaleza de la vida: una exposición

crítica de la moderna biología teórica, ed. española, refundida e ampliada con respec- to á obra orixinal. Madrid.

BOWLER, P. J. (1 985). El eclipse del darwinismo. Barcelona. BUENO, G. (1 996). El mito de la cultura: ensayo de una filosofía materialista de la cultu-

ra. Barcelona. CORDÓN, F. (1 976a). La función de la ciencia en la sociedad. Madrid. COR DÓN , F. (1 976b). Pensamiento general y pensamiento científico. Madrid; Barcelona. CRUSAFONT, M. (1 948). <<Concepciones cosmovitalistas del evolucionismo~~.

Publicaciones del Museo de Sabadell, 4, 5-29. CRUSAFONT, M. (1 951). <<El tema de la evolución orgánica en España,,. Estudios

Geológicos, 1951 , 1 3, 159-1 75. CRUSAFONT, M. (1965a). «Neoda~linismo y ortogeneticismo: un intento de concilia-

ción),. Atlántida, 1 6, 394-401 . CRUSAFONT, M. (1 965b). <<Organización de la investigación científica,>. Fossilia, 516,

2-6. CRUSAFONT, M. (1966). (<Problemática de la evolución en las ciencias positivas,,. En La

evolución, Madrid, p. 1-51. CRUSAFONT, M. (1 974). ((Ciencia y síntesis,, . En La evolución, Madrid, p. 1096-1 11 2. CUNCHILLOS, Ch. (1997). (<Reductionnisme, hasard, nécessité et téléologie>>. En Pour

Darwin, Paris, p. 357-377. DARWIN, C. (1 991). The descent of man, and selection in relation to sex (1871). DARWIN, C. (1 994). On the origin of species by means of natural selection, or the pre-

servation of favoured races in the struggle for life (1 859, 6-d. definitiva 1 872). DlCTlONNAlRE du darwinisme et de I'evolution, dir. por Tort, P. Paris. FAR RI N GTON , B. (1 967). El evolucionismo: iniciación a la teorlá del origen de las espe-

cies. Barcelona. FEY ERABEND, P.K. (1 970). Against method: outline of an anarchistic theory of knowled-

ge. Minneapolis. FORMIGARI, L. (1 984). El mono y las estrellas. Barcelona. FOUCAULT, M. (1 966). Les mots et les choses: une archéologie des sciences humaines.

Paris. GHISELIN, M.T. (1983). El triunfo de Darwin. Madrid. GIBERT CLOLS, J., GIBERT BEOTAS, P., TALLANTE, 1. (1993). <<La paleontologia huma-

Non incluímos nesta bibliografía as obras que nos serviron d e análise; sen embargo, algunhas delas están recollidas na táboa cronolóxica.

Page 12: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

na: una clau per a I'estudi de la controversia ciencia-fe>>. En ler. Col.loquisobre Ciencia i Fe. Actas. Lleida, p. 153-1 59.

GOULD, S.J. (1992). La flecha del tiempo: mitos y metáforas en el descubrimiento del tiempo geológico. Madrid.

HABERMAS, J . (1 982). Conocimiento e interés. Madrid. IGLESIAS DI ÉG U EZ, A. (Inédito). Hominización e ideoloxía: deconstrucción e recons-

trucción do proceso de hominización. IGLESIAS DIÉGUEZ, A. (1 999). A invesfigación en España sobre o evolucionismo huma-

no (1936-1976). Teses de Doutoramento en CD-ROM, Santiago de Compostela. IGLESIAS DIÉGUEZ, A. (1 999). Historia do pensamento antropolóxico en Galicia: o dis-

curso sobre a evolución humana (1859-1976). Santiago de Compostela. IGLESIAS DIÉGUEZ, A., GIBERT CLOLS, J. (1997a). ~~Evolucionistas fronte creacionis-

tas: a antropofoxía evolutiva na España contemporánea>,. En Actas do 111 Congreso de Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Aplicada. Santiago de Com postela, p. 97- 1 20.

IGLESIAS DIÉGUEZ, A,, GISERT CLOLS, J. (1 997b). <<Origine topologique de IIHumanité et dispersion des Hominidés: les positions culturaliste et écologiste dans le débat espagnol,,. En Pour Darwin, Paris, p. 895-91 3.

IGLESIAS DIÉGUEZ, A., GIBERT CLOLS, J. (1997~). <(Variaciones en torno al creacio- nismo humano en España (1936-1997),,. En Conferencia Internacional sobre Evolucionismo y Racionalismo: resúmenes de las comunicaciones. Zaragoza, p.37-38.

JUFFÉ, M. (1 972). Biología e ideología. Barcelona. KUHN, Th .S. (1 971 ). La estrucfura de las revoluciones científicas. México, D. F. LECOU RT, D. (1 972). Pour une critique de I'épistémologie. Paris. LEFEBVRE, H . (1 980). La présence et I'absence: contribution a la théorie des représen-

tations. Paris. LIMOGES, C. (1 970). La celection naturelle: éfude sur la premiere constitution d'un con-

cept -1837-1859-. Paris. MAYNARD SMITH, J. (1 970). La teoría de la evolución. Madrid. MAYNARD SMITH, J. (1987). Los problemas de la biología. Madrid. MAYR, E. (1 982). The growth of biological thougth. Cambridge (Mass.). MAYR, E. (1 992). Una larga controversia: Darwin y el darwinismo. Barcelona. MELÉNDEZ, B. (1 948). <<La paleontología ante las nuevas tendencias de síntesis neo-dar-

win istas,, . Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, 46, 1 5 1 - 1 43. MELÉNDEZ, B. (1949). <<Las nuevas tendencias de síntesis en el transformismo>>. Razón

y Fe, xan., 70-76. MELÉNDEZ, B. (1 963). orientaciones actuales del evolucionismo~~. Las Ciencias, 28,

separata. MERTON, R. K. (1 977). La sociologlá de la ciencia: implicaciones teóricas y empíricas.

Madrid. MOLINA, E. (1 992a). (<Evolución de los homínidos e implicaciones seudocientíficas>>. En

Origen y evolución del hombre, Zaragoza, p. 135-1 51. MOLINA, E. (1 992b). ~~Evolucionismo, creacionismo, seudociencia y divulgación en la

sociedad de los datos paleontológicos>~. En Paleontología y Sociedad: Actas de la Sesión Monografica de las VI Jornadas de Paleontología, Granada, 1990. Madrid ; Granada, p. 121 -1 34.

MOYA, A. (1 989). Sobre la estructura de la teoría de la evolución. Barcelona. POUR Darwin, ed. por Tort, P. Paris. QUINTANILLA, M.A. (1 976). Ideología y ciencia. Valencia.

Page 13: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

ROVIRA, J. (1993). <<La relació ciencia-fe des de la perspectiva de la filosofia>,. En Ir Col'loqui sobre Cieencia i Fe. Actes. Lleida, p. 49-62.

SAHLINS, M. (1 982). Uso y abuso de /a biología: una crítica antropológica de la sociobio- logía. Madrid.

SCH RODINGER, E. (1 997). La naturaleza y los griegos. Barcelona. SENENT-JOSA, J . (1 977). Miseria y dependencia cientjfica en España. Barcelona. SIMPSON, G.G. (1 961). El sentido de /a evolución. Buenos Aires. TARNAS, R. (1 997). La pasión del pensamiento ocidental: para la comprensión de las

ideas que modelaron nuestra cosmovisión. Barcelona. THERBORN, G. (1 987). La ideología del poder y el poder de la ideología. Madrid. TORT, P. (1 983). La pensée hiérarchique et I'évolution. Paris. TORT, P. (1997a). c<Darwin et la laicisation du discours sour I'hornme>>. En Pour Danuin,

Paris, p. 11 -44. TORT, P. (1 99713). Darwin et le datwinisme. Paris. TORT, P. (1 997c). <<Faustino Cordon et I'unité dans la theorie biologique: reperes pour une

bibliographie intellectuelle>>. En Pour Darwin, Paris, p. 343-355. TRIGER, B.G. (1 992). Historia del pensamiento arqueológico. Barcelona. ULIANOV, V. l. (1 976). Materialismo y empiriocriticismo. Moscij.

Page 14: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

1936

1941

1944

1947

Comeza a Guerra Civil EspaAola. A instauración dun modelo político dictatorial supuxo o control da ciencia pola Igrexa: -Os teúlogos e os filósofos católicos trazan os limites do saber científico - O creacionismo impúxose como única explicación admitida da orixe do Horne. Vilfalta e Crusafont: "Hallazgo del Dlyopithecus fonfani en el vindoboniense de la cuenca del Vallés-Penedés" Obermaier e García y Bellido: El hombre prehistdrico y los orígenes de la humanidad (2a ed.) Villalta e Crusafont: "Dos nuevos antropomorfos del Mioceno español y su situación dentro de la moderna sistemática de los símidos" Obermaier e García y Bellido: El hombre prehistórico y los orígenes de la humanidad (3' ed.) Jorda Cerda: El hombre fósil

1948

1949 1950

1952 1953 1954

1955

1956

1957

1 1 Maluquer e Pericot: La humonidadprehistórica 1

Obermaier e García y ~ellido: El hombre prehisfdrico y los orígenes de la humanidad (4" ed.) Termes Ros: "La evolución y el origen del cuerpo humano" Meléndez: Problemas paleobiológicos Rojas Fernández: El origen del hombre se& el Génesis y a la luz de la ciencia Comeza a actividade científica de Margaief Echam: "El hombre en sus primeros orígenes: evolucionismo antropológico" Hurnani generis Roldán: Evolución CAmara Niño: "La hntasia evolucionista" Crusafont: "La noosfera y el cvenómeno humano según las ideas del Padre Teilhard de Chardin" Crusafont e Villalta: 'fAlmogaver', un nuevo primate del Eoceno pirenaico" Soto Fernández: Cosmologia : la unidad del universo Bartina: Hacia los orígenes del hombre Crusafont: "Reflexiones sobre la evolución" Crusafont e Villalta: "Sobre la verdadera situación sistemática del género Almogaver" Meléndez: Origen y evolución de la vida y del hombre Obermaier, García y Bellido e Pericot: El hombre prehistórico y los orígenes de la humanidad (5' ed.) El Evolucionismo en$losofia y teología Andérez: Hacia el origen del hombre Crusafont: El fendmeno humano según los puntos de vista del Padre Teilhard de Chardin. Arnaldich: El origen del mundo v del hombre según la Biblia

1958

1959

1960

1961

1962 1963

1964

- - Fusté: "Algunas observaciones sobre la orientación de la región occipital en cráneos neandertalenses" Aguime: "La ortogknesis y el problema de la evolución biológica moderna" Cordón: Introducción al origen y evolucidn de la vida Comeza a actividade científica de Sabater Pi. La Teoria de la evolucidn a los cien d o s de Darwin Crusafont: "El oreopiteco y el origen del hombre" Bujanda: El origen del hombre y la feologia católica Maluquer e Pericot: La hummzidadprekisfórica Crusafont: Evolución y ascensión Aionso del Real: Sociologfapre y protohistórica Crusafont e Hürzeler: "Les Pongidés fossiles d'EspagneV Crusafont, Truyols e Aguirre: El hombre en la cumbre del proceso evolutivo Iniciase a escavación de Torralba e Ambrona (Howell) Meléndez: Evolucionismo y evolucionismo humano E1 Origen de la vida y del hombre Iniciase a escavación de Budiño (Aguirre) Zubin: "El origen del hombre"

1972

1973

1 1 Descúbrense os xacementos de Aiapuerca e Orce.

22

1965 1966

1967 1968 1969 197 1

M.A de Lumley publica os restos fósiles da Carigüela xunto con García Sdnchez Aguirre: "Les rapports phylétiques de Rmpithecus et de Kenyapithenrs et I'ongine des Hominidés" Benavente: ¿Qué es la evolucidn? Aguine: El origen del hombre Crusafont e Golpe Posse: 'Wew Pongids localities from the Miocene of Vallés-Penedés basin"

1974 1975 1976

Crusafont: Origen, evolución y singularidad del hombre La Evolución Cordón: La evolucidn conjunta de los animales y su medio Crusafont: El fenómeno vital Crusafont: El proceso de la antropogénesis en la problemática teilhardiana Pericot e Maiuquer: La humanidad prehistdnca Garralda e Irwin: Caialogue offossil Hominid (Spain)

Iniciase a escavación do xacemento de El Aculadero (Thibault) La Evolución (2a ed.) Alonso del Real: Sobre algunos problemas de hominacidn La Evolución ( la reirnp. da 2l ed.).

Page 15: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

os Horninidos terían un antepasado diferente.

Page 16: 4 EVOLUCIONISMO VERSUS CREA CIONISM07: … · fixismo, por outra máis dinámica e transformadora, o evolucionismo cristián. O finalismo, que será fundamental nos anos sesenta e

.ape@uewnH ep ug.euuo4 p JeSay:, ele soaywou!woH sop oas ou lenpKJ6 uw'qana eu opeaseq elguwnlma o~uauiesuad un Jelnqvesap e~ed w a j a o!ode un ueuf~o JUWSW op a u!6w op eJnpal esle4 eyunu sqmsnq onb ws rnqp WaleJlsa e4um epeuWelaJ pFa anb uiMiea ap eJqo ep uqpejdatde equn o u m souiapualua anb o ',emu!Miep, ouim asmuqsaid asauwoly w a sesntx, ap apro &noN -1eipwue a ~e!jn3ad 'iep6u!s ellas oueuinu ,wnfl@, o eianbea 's03#9iopc sodwa~ solouiaJ qyui sou epeqruua @ O J ~

wplona ay!¡ eyun tua anb uguas ' soyou iodo~~sop tx,uo~l op atuw.u&su! a laralel 'ejpiel elamas equn wa uou eueunq e@ e asauvoly etsa opunf3es ?!~oqrueq sn3aWm0 op ,evwn=apaJ, ep 0601 (satu!nBes a 0 ~ 6 ~ ) JaiaunH a (salu!n6as a 8~62.) J U O J ~ S N ~ uae~dope anb o !o4 elqn ap o~und a= ' (~86 c 'uoqsg) salmyd sop yuexolg 8p euianbtq e ~ n & j