2na fronteira presentacion ALMA

1
2naFronteira Carmen Penim (voz). Maurizio Polsinelli (piano e harmonio). 2naFronteira. Duo formado no ano 2008. A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli afincados en Moaña (Pontevedra) ofrecennos este traballo discográfico titulado; “Alma” Inmersos desde fai dous anos na composición de músicas para poesía en galego, elixen unha coidada selección de poemas para este CD, amosando o gran amor de Carmen e Maurizio pola poesía en xeral, e en concreto pola poesía en galego. García Lorca · Rosalía de Castro · Fernando Pessoa · Paz Andrade · Celso Emilio · Curros Enríquez · Manuel Rivas · Alfonso Láuzara · e a propia Carmen Penim con un tema orixinal “Nana do Couto Mixto” · Moitos dos temas son unha mostra dun proxecto musical maior: os temas de García Lorca forman parte do proxecto “Federico García Lorca, amando en galego”, musicalización do libro do poeta Seis poemas gallegos, que esperan poder editar un día xunto cos poemas e as partituras. Tamén Rosa de abril de Rosalía, é unha mostra dun traballo de musicalización de seis extractos de Cantares Gallegos. Os dous temas de Fernando Pessoa forman parte asimesmo dun traballo de musicalización de seis poemas do poeta portugués titulado “O poeta é un finxidor”. Alma reflexa a principal característica do dúo, unha perfecta unión entre unha elevada calidade técnica e unha grande paixón interpretativa que non deixa indiferente, cunha expresión absolutamente libre e variada desde ritmos máis populares de “A nana do Couto Mixto” para harmonio, ata melodías máis achegadas ao mundo culto como en “Catrivium da mapoula”. Ademais da expresión artística, “Alma”, tamén pretende contribuir á difusión da lingua e a cultura galega. C o n t a c t o mail: [email protected] www.2nafronteira.com Telf: 986164615 e 699845312 Promoción. Xusto Molejón · [email protected] · 638 676 259 – 886 115 343

Transcript of 2na fronteira presentacion ALMA

Page 1: 2na fronteira presentacion ALMA

2naFronteira Carmen Penim (voz). Maurizio Polsinelli (piano e harmonio). 2naFronteira. Duo formado no ano 2008. A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli afincados en Moaña (Pontevedra) ofrecennos este traballo discográfico titulado;

“Alma”

Inmersos desde fai dous anos na composición de músicas para poesía en galego, elixen unha coidada selección de poemas para este CD, amosando o gran amor de Carmen e Maurizio pola poesía en xeral, e en concreto pola poesía en galego.

García Lorca · Rosalía de Castro · Fernando Pessoa · Paz Andrade · Celso Emilio · Curros Enríquez · Manuel Rivas · Alfonso Láuzara ·

e a propia Carmen Penim con un tema orixinal “Nana do Couto Mixto” ·

Moitos dos temas son unha mostra dun proxecto musical maior: os temas de García Lorca forman parte do proxecto “Federico García Lorca, amando en galego”, musicalización do libro do poeta Seis poemas gallegos, que esperan poder editar un día xunto cos poemas e as partituras. Tamén Rosa de abril de Rosalía, é unha mostra dun traballo de musicalización de seis extractos de Cantares Gallegos. Os dous temas de Fernando Pessoa forman parte asimesmo dun traballo de musicalización de seis poemas do poeta portugués titulado “O poeta é un finxidor”. Alma reflexa a principal característica do dúo, unha perfecta unión entre unha elevada calidade técnica e unha grande paixón interpretativa que non deixa indiferente, cunha expresión absolutamente libre e variada desde ritmos máis populares de “A nana do Couto Mixto” para harmonio, ata melodías máis achegadas ao mundo culto como en “Catrivium da mapoula”. Ademais da expresión artística, “Alma”, tamén pretende contribuir á difusión da lingua e a cultura galega.

C o n t a c t o mail: [email protected] www.2nafronteira.com Telf: 986164615 e 699845312

Promoción. Xusto Molejón · [email protected] · 638 676 259 – 886 115 343