28 de xuño - steg.gal€¦ · O hermafroditismo foi a coartada e o travestismo o instrumento do...
Transcript of 28 de xuño - steg.gal€¦ · O hermafroditismo foi a coartada e o travestismo o instrumento do...
28 de xuño
Día Internacional Contra a Homofobia
ACTIVIDADE 1.
DIFERENTES TIPOS DE FAMILIAS
A finalidade desta actividade será a de presentar na aula o que entendemos por familia e como se desenvolveron os modelos actuais.
O desenvolvemento desta actividade comezará pola división da aula en grupos repartin-do a realización das seguintes actividades
1.- Pescuda de información sobre os diferentes tipos de familias que existen na actu-alidade no mundo occidental. Familia nuclear, familia monoparental, parella de feito, matrimonio (diferenciar o civil do eclesiástico), familia homoparental.
2.- Pescuda de información sobre os diferentes tipos de familias que existen na actuali-dade noutras culturas. Matrimonios plurais (polixinia e poliandria)
3.- Pescuda de información sobre a evolución da familia en Europa.
O paso seguinte sería que cada grupo expuxera, en forma de mural esquemático, a in-formación recollida, e por último entre todas as persoas da aula terían que elaborar un cadro conceptual que recolla as características comúns das familias atopadas nos tres puntos anteriores.
ACTIVIDADE 2.
A finalidade desta actividade será buscar as causas que puideron levar á elección deste lema e as demandas que se propoñen co lema esgrimido nesta manifestación.
O traballo será feito de xeito individual ou por grupos que se distribuirán de xeito que se poida recoller a maior cantidade de información posible, que será exposta na clase para a elaboración dun mural.
Propoñemos traballar seguindo as seguintes preguntas:
1. Pescudar o significado de “Familia Nuclear”.
2. Indagar sobre a súa existencia, cando e onde se desenvolve este tipo de familia no mundo.
3. ¿Paréceche que a familia nuclear é excluínte doutros tipos de familias?. Xustifica a túa resposta.
ACTIVIDADE 3.
Extraída do libro: “El Respeto a la Diferencia por Orientación Sexual. Homosexualidad y Lesbianismo en el Aula”, Xente Gai Astur, XEGA, 2ª edición, 2004.
“Tanto gais como lesbianas participaron na loita dos movementos locais ou nacionais de todo o mundo pola defensa dos Dereitos Humanos. Do mesmo xeito que a loita en pro dos dereitos humanos da muller, das persoas baixo o apartheid, dos pobos indíx-enas, das persoas refuxiadas, das “desaparecidas” e das superviventes da tortura non pode nin debe ser patrimonio exclusivo das propias persoas afectadas, senón de todos e todas nós, na loita en defensa dos dereitos fundamentais dos gais e lesbianas tamén debemos participar todas as persoas”.
(Amnistía Internacional. “Rompamos o silencio. Violacións de dereitos humanos base-adas na orientación sexual”, 1994, páx.8)(Nota: Tradución ao galego e corrección da linguaxe sexista nosa)
Actividades sobre o documento anterior:
1.- Pescuda o significado da palabra homofobia e realiza as cuestións seguintes:
- Nomea cinco accións de contido homofóbico.
- Elabora a túa propia definición dos termos “Gaifobia”, “Lesbofobia” e “Transfobia”. - Trata de establecer similitudes ou diferenzas entre estes termos:
- Misoxinia/Lesbofobia. - Misantropía/Misoxinia. - Homofobia/Homofilia. - Heterofobia/Heterosexismo.
- Fai un listado de palabras que conteñan os lexemas: “-fobia”, “Hetero-“, “Homo-“.
2.- Procura información sobre Amnistía Internacional e a defensa dos Dereitos Huma-nos.
ACTIVIDADE 4.
Extraída do libro: “El Respeto a la Diferencia por Orientación Sexual. Homosexualidad y Lesbianismo en el Aula”, Xente Gai Astur, XEGA, 2ª edición, 2004.
OUTRAS CULTURAS:
A finalidade desta actividade é que o alumnado coñeza as diferentes culturas nas que o matrimonio homosexual estivo ou está presente e reflexionar sobre a homosexualidade humana máis alá da cultura occidental.
Coa aula dividida en grupos, cada un deles elixirá unha das culturas que se citan no documento anterior e realizará as seguintes actividades:
- Un breve informe sobre a mesma atendendo á área na que se desenvolveu ou desen-volve, os rasgos culturais máis destacados e a súa situación actual.
- Buscar imaxes, fotos ou outros documentos sobre a mesma.
- Elaborar un mural no que se pinte o continente no que se sitúa a cultura estudada e no que se teñen que pegar algunhas das imaxes atopadas.
ACTIVIDADE 5.
Recomendamos como lectura a seguinte obra, da que aportamos algunhas notas sobre o seu argumento e sobre a biografía do autor.
Argumento: Elisa Sánchez Loriga —convertida en Mario— e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño de 1901. Na primeira parte deste libro descríbense as súas peripecias na Coruña, Porto e Bos Ai-res, analízanse as medidas adoptadas pólas autoridades eclesiásticas, académicas e xudiciais sobre o matrimonio sen home e reconstrúese a repercusión pública do caso. Na segunda parte faise unha lectura desta historia desde o hermafroditismo, o lesbianismo, o travestismo e o femi-nismo. O hermafroditismo foi a coartada e o travestismo o instrumento do que Elisa se valeu para consagrar os seus amores con Marcela, que, posteriormente, as reivin-dicacións feministas farán viables.
Autor: Narciso de Gabriel é catedrático de Teoría e Historia da Educación e na actu-alidade decano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Algunhas das súas últimas publicacións son «La Revolución francesa, Condorcet y la educación española» (2000), Escolantes e escolas de ferrado (2001, Premio de Inves-tigación María Barbeito, Losada Diéguez e da Crítica), Arximiro Rico, luz dos humildes (2001, en colaboración con X. M. Sarille), «La historiografía educativa regional en Es-paña» (2005), Ler e escribir en Galicia. A alfabetización dos galegos e das galegas nos séculos XIX e XX (2006, Premio de Investigación Concepción Arenal) e «Clases popu-lares y culturas escolares» (2007).