1987

13
1987

Transcript of 1987

1987

En 1987...

Obsérvase a primeira supernova a simple vista dende 1604, a SN 1987-A. Visíbel só no hemisferio sur, alcanzou en maio o seu pico de brillo con magnitude 3.

O 13 de abril os gobernos de Portugal e China acordan a devolución de Macau, definido nese momento coma “território chinés baixo administración portuguesa”. A transferencia de soberanía faríase efectiva o 20 de decembro de 1999.

O 19 de abril “debutan” en TV Os Simpson, daquela en forma de curtas dentro do show de Tracey Ullmann. A serie co formato actual chegou á pequena pantalla en 1989.

Catro anos despois de ser extraditado de Bolivia xulgan en Francia a Klaus Barbie (1913-1991), xefe da GESTAPO en Lyon entre 1942 e 1944. Condenado a cadena perpetua, morreu en prisión dun cancro.

O 17 de agosto suicídase na prisión de Spandau o dirixente nazi Rudolf Hess. Levaba encarcerado dende 1941.

Comeza en decembro a primeira Intifada, levantamento palestino contra a ocupación israelí. O detonante foi un accidente de tráfico dun vehículo das forzas armadas de Israel que provocou a morte de catro cidadáns palestinos no seu coche. O movemento de protesta baseouse inicialmente na desobediencia civil e a resistencia sen armas: folgas xerais, boicots, barricadas, graffitis, etc.

En 1987 naceron...

Os actores e actrices Milles Teller, Ellen Page e Zac Efron.

Morreron os directores Douglas Sirk (1897), Rouben Mamoulian (1898), Mervyn LeRoy (1900), John Huston (1906), Georges Franju (1912), Norman McLaren (1914), Bob Fosse (1927), Andy Warhol (1928)...

...e os actores e actrices Pola Negri (1897), Randolph Scott (1898), Mary Astor (1906), Danny Kaye (1918), Robert Preston (1918), Rita Hayworth (1918), Geraldine Page (1924) e Lee Marvin (1924).

Transcorre o filme Fargo dos irmáns Coen, rodado en 1996.

Filmes de 1987:

The Last Emperor (Bernardo Bertolucci)Au revoir les enfants (Louis Malle)The Belly of an Architect (Peter Greenaway)Cobra Verde (Werner Herzog)Intervista (Federico Fellini)King Lear (Jean-Luc Godard)Matewan (John Sayles)Moonstruck (Norman Jewison)Near Dark (Kathryn Bigelow)Pelle Erobreren (Bille August) [Palma de Ouro 1988]Sorgo Rojo (Zhang Yimou)Sous le soleil de Satan (Maurice Pialat) [Palma de Ouro 1987]

Gabriel AxelN: Aarhus (Dinamarca),

18 de Abril de 1918M: Bagsværd (Dinamarca),

9 de febreiro de 2014

Babettes gæstebud

Adaptación dun conto de Isak Dinesen, estreouse na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes e

acabou por gañar o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa.

Protagonizada por unha sensacional Stephane Audran, disque é o filme

preferido do Papa Francisco. Tamén é un dos favoritos do escritor galego

Agustín Fernández Paz.

Souleymane CisséN: Bamako (Mali), 21 de abril de 1940

Yeelen

Falado nas linguas bambara e fula e inspirado en lendas do pobo bambara,

o filme relata a aventura heroica e espiritual dun mozo con poderes

máxicos. Levou o premio do xurado no Festival de Cannes 1987.

Souleymane Cissé

N: Bamako (Mali), 21 de abril de 1940

Cinéfilo apaixonado dende a infancia, formouse en Dakar e regresou a Mali coa independencia do país. Participou como axudante na rodaxe dun documental e iso acabou de convencelo da súa vocación fílmica. Obtivo unha bolsa para estudar cinema e TV na URSS; de volta a Mali traballou como cámara e reporteiro para o departamento de cinema do Ministerio de Información. Axiña comezaría a desenvolver proxectos máis ambiciosos.

Filmografía

1972 Cinq jours d’une vie 1975 Den muso 1978 Baara | Festival de Locarno1982 Finye | Festival de Cannes, Un Certain regard1987 Yeelen | Festival de Cannes, competición – Premio do xurado1995 Waati | Festival de Cannes, competición2009 Min Ye | Festival de Cannes, sesión especial2015 Oka | Festival de Cannes, sesión especial

Abbas KiarostamiN: Teherán (Irán),

22 de xuño de 1940

کجاست دوست خانهOnde está a casa do

amigo?

Ao volver da escola, un neno descobre que levou sen querer o caderno do seu compañeiro. Consciente de que se el

non fai os deberes poderá ser expulsado, inicia unha odisea para

atopar a súa casa e poder devolverlle o caderno. Premiado no Festival de

Locarno 1987, é o filme que verdadeiramente descobre en

Occidente ao gran mestre iraniano.

Abbas Kiarostami

N: Teherán (Irán), 22 de xuño de 1940

Cineasta, fotógrafo e poeta, empezou a facer filmes nos 70 despois de traballar uns anos en publicidade. Onde está a casa do amigo? e Close-Up descubrírono ante a cinefilia occidental; a partir dese momento o seu prestixio non deixou de medrar e a súa presenza nos máis importantes festivais volveuse habitual. É xa unha das figuras capitais do cinema de todos os tempos.

Filmografía seleccionada:

1976 The Wedding Suit

1987 ¿Dónde está la casa de mi amigo?

1990 Close-up

1991 La vida y nada más

1994 A través de los olivos

1997 El sabor de las cerezas

1999 El viento nos llevará

2002 Ten

2003 Five

2008 Shirin

2010 Copia certificada

2012 Like someone in love

1987 é unha presentación feita por Martin Pawley para O ano que o cinema nos cativou, obradoiro de cinema do Centro Ágora. Fonte das imaxes: Wikipedia.