1968

17
1968

Transcript of 1968

Page 1: 1968

1968

Page 2: 1968

En 1968...

Martin Luther King é asasinado en Memphis (EEUU) o 4 de abril.

Robert F. Kennedy, candidato ás primarias do Partido Demócrata á presidencia dos EEUU, é asasinado o 5 de xuño.

O 3 de agosto, aos 79 anos, o ditador portugués Oliveira de Salazar sofre unha caída. Ao cabo dunha semanas descúbrense as consecuencias: unha hemorraxia cerebral que esixe cirurxía. En previsión dunha incapacidade ou morte inminente, é reemprazado coma Presidente do Consello de Ministros por Marcelo Caetano o 27 de setembro. Oliveira de Salazar viviría aínda dous anos máis. Ninguén se atreveu a dicirlle que xa non tiña cargo público e até a súa morte continuou a recibir visitas como se fose o líder máximo do país, sen ter xamais a máis mínima sospeita dos cambios acontecidos.

Cinco países do “Pacto de Varsovia” (URSS, República Democrática Alemá, Bulgaria, Polonia e Hungría) invaden Checoslovaquia na noite do 20 ao 21 de agosto. Esta contundente acción militar -centos de miles de soldados e miles de tanques e avións- puxo fin á “apertura” política en Checoslovaquia derivada da elección do reformista Alexander Dubček coma secretario xeral do PC.

Page 3: 1968

O 2 de outubro, dez días antes de que comecen os Xogos Olímpicos de México, a policía reprime violentamente unha manifestación estudantil na Praza das Tres Culturas de Tlatelolco. Oficialmente o goberno recoñece 20 vítimas; estimacións posteriores elevan o número de vítimas a case 300.

Gaña as eleccións presidenciais nos EEUU Richard Nixon (5 de novembro).

Sae á venta en decembro o disco dos Rolling Stones Beggars Banquet, que inclúe a mítica Sympathy for the devil.

O Apollo 8 orbita arredor da Lúa. Os seus tripulantes convértense nos primeiros seres humanos en veren ao vivo a “cara oculta”.

O xaponés Yasunari Kawabata gaña o Premio Nobel de Literatura.

Page 4: 1968

En 1968 naceron...

Os actores e actrices Daniel Craig, Patricia Arquette, Ashley Judd, Will Smith, Naomi Watts, Hugh Jackman, Owen Wilson, Brendan Fraser, Rachel Griffiths.

O director afroamericano John Singleton, primeiro cineasta negro en ser candidato ao Oscar (por Boyz in the hood).

Marine Le Pen e Mohammed Atta, líder dos ataques do 11S.

E morreron Alice Guy-Blaché (1873), Lise Meitner (1878), Otto Hahn (1879), Helen Keller (1880), Carl T. Dreyer (1889), Mae Marsh (1894), John Steinbeck (1902), Yuri Gagarin (1934)...

Page 5: 1968
Page 6: 1968

Filmes de 1968:

2001: A Space Oddissey (Stanley Kubrick)Funny Girl (William Wyler)The Odd Couple (Gene Saks)Bullitt (Peter Yates)Oliver! (Carol Reed)Rosemary's baby (Roman Polanski)Planet of the Apes (Franklin J. Schaffner) Night of the Living Dead (George A. Romero)The Lion in Winter (Anthony Harvey)Barbarella (Roger Vadim)Yellow submarine (George Dunning)A hora do lobo (Ingmar Bergman)Vergonza (Ingmar Bergman)Die Artisten in der Zirkuskuppel: Ratlos (Alexander Kluge)Lebenszeichen (Werner Herzog)C'era una volta il West (Sergio Leone)Seduto alla sua destra (Valerio Zurlini)Peppermint Frappé (Carlos Saura)¡Al fuego, bomberos! (Milos Forman)

Page 7: 1968

John CassavettesN: Nova York (EEUU), 9 de decembro de 1929M: Los Angeles (EEUU),

3 de febreiro de 1989

Faces

Drama protagonizado por John Marley, Gena Rowlands (compañeira de Cassavettes), Fred Draper, Seymour Cassel e Lynn Carlin (estes dous últimos foron candidatos aos Oscars nas categorías de actor e actriz secundaria). Filmado en 16mm e B/N, cunha fotografía moi contrastada. A influencia de Cassavettes é notábel coma antecedente do que hoxe chamamos “cinema independente”.

Page 8: 1968

Jean-Marie StraubN: Metz (Francia), 8 de xaneiro de 1933

Danièle HuilletN: París (Francia), 1 de maio de 1936

M: Cholet (Francia), 9 de outubro de 2006

Chronik der Anna Magdalena Bach

Primeira longametraxe da parella Jean-Marie Straub e Danielle Huillet, presenta fragmentos das obras de Bach asociados a un diario ficcional escrito pola súa segunda esposa, Anna Magdalena Bach.

Page 9: 1968

Jean-Marie Straub e Danièle Huillet coñecéronse en 1954. Straub estaba moi relacionado coa cinefilia parisina da época (era amigo de François Truffaut) e exerceu coma asistente de dirección de Robert Bresson, Abel Gance, Jean Renoir e Jacques Rivette. Jean-Marie e Danièle casaron en 1959 e formaron parella, na vida e na arte, até a prematura morte dela en 2006 vítima dun cancro.

Malia seren os dous franceses, o seu traballo desenvolveuse sobre todo na Alemaña e en Italia. A súa carreira iniciouse en 1963 coa curta Machorka-Muff (1963), á que lle seguiu a mediometraxe Non reconciliados (1965).

Page 10: 1968

En 1968 dirixiron Crónica de Anna Magdalena Bach, que participou no Festival de Berlín dese ano. Curiosamente, o filme foi emitido en TVE pouco máis dun ano despois, o 6 de setembro de 1969, dentro dun ciclo dedicado ao cinema alemán de posguerra.

Logo viñeron, entre outras moitas, Leccións de historia (1972), Moisés e Aaron (1975), Fortini/Cani (1976), Dalla nube alla resistenza (1979), Trop tot, trop tard (1982), Relacións de clase (1984), A morte de Empédocles (1987), Sicilia! (1999), Operai, contadini (2002), Quei loro incontri (2006)...

Page 11: 1968

O cinema dos Straub-Huillet é austero, rigoroso e esixente, un cinema de planos fixos e longos fervorosamente antinaturalista, defensor das interpretacións declamativas que fan das súas películas unha festa sonora. Un xenuíno desafío intelectual que adapta ou se inspira en material alleo, con frecuencia pouco convencional, incluídas óperas e textos políticos. Un cinema que reivindica as bases esenciais da sétima arte, de David Wark Griffith a John Ford.

A súa influencia no cinema de autor contemporáneo é altísima, nomeadamente o portugués Pedro Costa (Juventude em marcha, Cavalo dinheiro), que fixo un excelente documental sobre a parella, Onde jaz o teu sorriso.

Page 12: 1968

Ousmane SembeneN: Ziguinchor (Senegal), 1 de xaneiro de 1923

M: Dakar (Senegal), 9 de xuño de 2007

Mandabi

Primeiro filme do director falado en wolof, adaptación dunha novela súa, Le mandat, editada en galego por Rinoceronte co título O xiro postal. Presentouse no Festival de Venecia en 1968.

Page 13: 1968

O “pai dos cinemas africanos”, aprendeu a facer filmes en Rusia con Mark Donskoi nos 60, cando contaba case corenta anos. Nesa altura xa acadara certo recoñecemento coma escritor con libros coma Le Docker noir e Les Bouts de Bois de Dieu. Entregouse ao cinema con paixón, convencido de que era unha ferramenta máis útil para falarlle aos espectadores africanos, mais nunca abandonou a literatura: publicou logo máis novelas e coleccións de contos, entre elas Le mandat e Xala.

Page 14: 1968

Filmografía:

1963 Borom Sarret (curta)1964 Niaye (curta)1966 La Noire de... | Premio Jean Vigo1968 Mandabi | Sección informativa Mostra de Venecia1971 Emitaï | Premio de prata, Festival de Moscú1975 Xala | Premio especial do xurado Karlovy-Vary1977 Ceddo | Forum New Cinema Belinale1987 Camp de Thiaroye (co-director, Thierno Faty Sow) | Gran premio do xurado, Mostra de Venecia1992 Guelwaar | Competición internacional Mostra de Venecia 2001 Faat Kiné 2004 Moolaadé | Premio Un Certain Regard, Festival de Cannes

Page 15: 1968
Page 16: 1968
Page 17: 1968

1968 é unha presentación feita por Martin Pawley para O ano que o cinema nos cativou, obradoiro de cinema do Centro Ágora. Fonte das imaxes: Wikipedia.